traballadores e de comisións obreiras, con movo da · 2017-11-21 · conmemoración do 25 de...

2
As Confederacións Sindicais da Unión Xeral de Traballadores e de Comisións Obreiras, con movo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, manifestamos a nosa máis rotunda condena e repulsa da violencia que se exerce sobre as mulleres en todos os ámbitos e niveis. A violencia de xénero constúe unha das máis terribles lacras sociais, que atenta contra os dereitos humanos e contra o dereito fundamental á igualdade e non discriminación por razón de sexo. No que vai de ano, segundo cifras oficiais, 44 mulleres foron asasinadas a mans de homes que dicían querelas. Tamén oito nenas e nenos foron asasinados por pais maltratadores que ñan o deber de protexelos. Malia que a nosa Constución proclama o dereito á vida e á igualdade, e as normas de desenvolvemento lexislavo prevén mecanismos de protección e sanción contra as condutas de violencia machista, esas condutas reitéranse, ano tras ano, sen que as estascas de datos sobre violencia de xénero reflictan mellora ningunha nin avances na súa erradicación. Segundo os datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, en 2016 rexistráronse 142 893 denuncias por violencia de xénero. No primeiro semestre de 2017 xa se rexistraron un total de 83 198 denuncias, un 18,45 % máis ca no mesmo período do ano anterior, e estas cifras tenden a incrementarse. Os fortes recortes en dereitos sociais e no gasto público durante os úlmos anos supuxeron un gran retroceso no desenvolvemento das polícas para a igualdade de xénero e na loita contra a violencia machista, o que está a ter unha repercusión más ca evidente no agrandamento desta lacra. Este feito, xunto coa necesidade de adoptar novas medidas, dada a gravidade da situación, para eliminar os déficits detectados en relación coa loita contra a violencia de xénero, tanto no ámbito xurídico coma no orzamentario, no xudicial, policial, de servizos sociais, educavo, sanitario eno laboral, lévannos a reivindicar a adopción urxente dun Pacto de Estado contra a comisións obreiras

Upload: others

Post on 23-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Traballadores e de Comisións Obreiras, con movo da · 2017-11-21 · conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, manifestamos

As Confederacións Sindicais da Unión Xeral de Traballadores e de Comisións Obreiras, con mo�vo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, manifestamos a nosa máis rotunda condena e repulsa da violencia que se exerce sobre as mulleres en todos os ámbitos e niveis.

A violencia de xénero cons�túe unha das máis terribles lacras sociais, que atenta contra os dereitos humanos e contra o dereito fundamental á igualdade e non discriminación por razón de sexo. No que vai de ano, segundo cifras oficiais, 44 mulleres foron asasinadas a mans de homes que dicían querelas. Tamén oito nenas e nenos foron asasinados por pais maltratadores que �ñan o deber de protexelos.

Malia que a nosa Cons�tución proclama o dereito á vida e á igualdade, e as normas de desenvolvemento lexisla�vo prevén mecanismos de protección e sanción contra as condutas de violencia machista, esas condutas reitéranse, ano tras ano, sen que as esta�s�cas de datos sobre violencia de xénero reflictan mellora ningunha nin avances na súa erradicación.

Segundo os datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, en 2016 rexistráronse 142 893 denuncias por violencia de xénero. No primeiro semestre de 2017 xa se rexistraron un total de 83 198 denuncias, un 18,45 % máis ca no mesmo período do ano anterior, e estas cifras tenden a incrementarse.

Os fortes recortes en dereitos sociais e no gasto público durante os úl�mos anos supuxeron un gran retroceso no desenvolvemento das polí�cas para a igualdade de xénero e na loita contra a violencia machista, o que está a ter unha repercusión más ca evidente no agrandamento desta lacra.

Este feito, xunto coa necesidade de adoptar novas medidas, dada a gravidade da situación, para eliminar os déficits detectados en relación coa loita contra a violencia de xénero, tanto no ámbito xurídico coma no orzamentario, no xudicial, policial, de servizos sociais, educa�vo, sanitario eno laboral, lévannos a reivindicar a adopción urxente dun Pacto de Estado contra a comisións obreiras

Page 2: Traballadores e de Comisións Obreiras, con movo da · 2017-11-21 · conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, manifestamos

Violencia de Xénero, conxuntamente con dis�ntos estamentos da sociedade, organizacións de mulleres, sociedade civil e par�dos polí�cos.

O pasado mes de setembro, o Congreso dos Deputados aprobou o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que consideramos insuficiente porque non resolve todas as carencias detectadas, aínda que se recollen medidas que consideramos moi posi�vas e que, sen dúbida, suporán unha mellora no tratamento da violencia contra as mulleres. Por iso CCOO e UGT demandamos a inmediata posta en marcha do Pacto co compromiso económico establecido e a nosa par�cipación ac�va na Comisión de seguimento e avaliación das medidas e acordos que se alcancen.

A mellora dos dereitos laborais e de protección social das ví�mas de violencia de xénero non quedou suficientemente garan�da neste Pacto, e desde as organizacións sindicais defendemos a necesidade de mellorar o acceso e o mantemento do emprego para estas mulleres, establecendo un sistema de protección social máis axeitado que non as penalice e que lles permita garan�r a súa independencia económica e a súa autonomía persoal.

UGT e CCOO denunciamos que o Plan para a inserción laboral de mulleres ví�mas de violencia de xénero que recolle a Lei 1/2004 non está funcionando ao xeito, e os datos así o revelan:

No ano 2016 apenas se realizaron 707 contratos bonificados a mulleres ví�mas de violencia de xénero e, deles, só 173 foron indefinidos. É dicir, que o 75,5 % da contratación a estas mulleres foi temporal. Dos 239 contratos de subs�tución, en 64 casos estas foron subs�tuídas por homes. Porén, máis de trinta mil (30 582) mulleres ví�mas de violencia de xénero foron beneficiarias de servizos de inserción laboral.

Por iso desde CCOO e UGT demandamos unha corrección destes déficits que dea resposta aos problemas reais cos que se enfrontan estas mulleres para acceder ao ámbito laboral, así como que se poñan en marcha novas actuacións e medidas para a contratación e fomento do emprego das mulleres ví�mas de violencia de xénero.

O acoso sexual e por razón de sexo é outra manifestación máis da violencia que se exerce contra as mulleres, de aí a importancia de aplicar o Convenio de Istambul para o recoñecemento de dereitos a todos os �pos de violencia contra a muller. Segundo un informe publicado pola Axencia Europea de Dereitos Fundamentais en 2014, es�mase que entre 83 e 102 millóns de mulleres na Unión Europea sufriron acoso sexual desde os 15 anos.

Nese sen�do, UGT e CCOO tamén demandamos unha norma internacional para erradicar a violencia de xénero no ámbito laboral, e esiximos ao Goberno de España o apoio para a adopción dun Convenio da Organización Internacional do Traballo contra a violencia sobre as mulleres nos lugares de traballo.

CCOO e UGT condenamos tamén a violencia sexual contra millóns de mulleres e nenas en todo o mundo e denunciamos os integrismos relixiosos e culturais que xus�fican a violencia sobre as mulleres, polo que instamos as autoridades e organismos responsables a actuaren de forma eficiente e decidida contra todo �po de violencia, tráfico e explotación sexual, mu�lación xenital, matrimonios forzosos, exclusión e feminización da pobreza.

Desde a Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras chamamos á par�cipación nas dis�ntas mobilizacións que as organizacións de mulleres, sociais e sindicais convoquen o 25 de novembro en todas as cidades do Estado, para manifestar o noso compromiso coa erradicación da violencia contra as mulleres.

comisións obreiras