toponimia 2ºbach (2) 08
TRANSCRIPT
ÉTIMO:
Latín *fons frigida
SIGNIFICADO:
Alude a unha fonte que destacaba pola frescura das súas
augas
ÉTIMO:
Latín *fontoria < fons
SIGNIFICADO:
“Lugar abondoso en mananciais”
ÉTIMO:
Latín faucem
SIGNIFICADO:
“Boca”, referida á desembocadura dun
río
ÉTIMO:
Latín fratres
SIGNIFICADO:
“Irmáns”
Debe aludir a un lugar onde se localizaba un
mosteiro
ÉTIMO e SIGNIFICADO:
É moi inseguro. Popularmente
relaciónase con lava colea, falsa expresión
latina co hipotético significado de “lavar os testículos, en referencia a un suposto costume
dos pelegríns xacobeos. Algúns relacionan o
primeiro elemento coa raíz prerromana nava,
que presuntamente significa “chaira entre
montañas”
ÉTIMO e SIGNIFICADO:
Latín legio
O nome procede da Legio VII Gemina,
asentada no noroeste hispano co fin
principal de vixiar e controlar as
explotacións mineiras da zona. Co tempo, resultou ser a única
lexión romana presente na Península
Ibérica
ÉTIMO e SIGNIFICADO:
É de orixe incerta. Relaciónase con outros
semellantes, como LOURIDO e LOURO, por exemplo. Hai quen ve neles a palabra latina
laurus, “loureiro”, mais non se documenta
abundancia desa planta nos lugares así
chamados. Outros propoñen unha hipotética raíz
prerromana *lor-, supostamente “pedra”
ÉTIMO:
Lucus Augusti
SIGNIFICADO:
“Bosque sagrado de Augusto”
ÉTIMO:
Latín vulgar *mattianeta <
mattiana
SIGNIFICADO:
“Lugar abondoso en mazás ou maceiras”
ÉTIMO:
Latín Emerita Augusta
SIGNIFICADO:
“Cidade dos soldados veteráns de Augusto”
ÉTIMO:
Relacionado co latín miliarium
SIGNIFICADO:
Segundo parece, era un lugar onde
os peregrinos xacobeos
depositaban pedras nos lugares altos
desde onde se vían os santuarios ós que chegaban
ÉTIMO:
Latín Mindunietum
SIGNIFICADO:
Aínda que o topónimo latino
está documentado, a
súa orixe non está clara. Hai quen o
relaciona co nome latino do río Miño
(Minius)
ÉTIMO:
Amalgama de dúas palabras latinas:
mons e fortis
SIGNIFICADO:
“Monte forte”, “Monte amplo”
ÉTIMO:
Latín *ollarios
SIGNIFICADO:
Indica un lugar onde debía haber
tradición dese oficio
ÉTIMO:
Latín *urticaria, relacionado con
urtica
SIGNIFICADO:
Alude a un lugar abondoso en
ortigas
ÉTIMO:
Derivado do latín hordeum, “cebada”
SIGNIFICADO:
Topónimo abundancial
ÉTIMO:
Latín *ursaria, relacionado con
ursus
SIGNIFICADO:
Refírese a unha zona onde debeu haber presencia notable de osos
ÉTIMO:
Derivado do latín aurum
SIGNIFICADO:
Parece que o sufixo –antes se especializou en
nomes colectivos, polo que ourantes serían xentes que extraían ouro ou o
traballaban
ÉTIMO e SIGNIFICADO:
Pódense citar dúas teorías:
1)Procede de *auriense, co que aludiría á
abundancia de ouro na bisbarra onde se fundou a cidade
2) Procede de *aqua urente, que significa “auga quente”; neste
caso, referiríase á presencia de augas
termais na zona
ÉTIMO:
Latín *altarium, derivado de altus
SIGNIFICADO:
“Lugar elevado”
ÉTIMO e SIGNIFICADO:
Supostamente, vén do latín
patronem, quizais relacionado co
sustantivo petra. Así, referiríase á gran rocha sobre a que se asenta o
convento do Carme. Mais non
é seguro
ÉTIMO:
Latín *petram fictam
SIGNIFICADO:
“Pedra chantada”, co senso de
“marco”, “pedra limítrofe”
ÉTIMO:
Amalgama da palabra do látín tardío pinna
(“rocha”) e o adxetivo albus, -a, -um. Mais –alba
pode proceder dunha suposta raíz
preindoeuropea co significado de “altura”
SIGNIFICADO:
“Rocha branca” ou “Rocha alta”
ÉTIMO:
Raíz prerromana *per-, so sufixo abundancial de
procedencia latina -aria
SIGNIFICADO:
Aínda que é inseguro, “lugar
elevado”