textos respecto da lingua

13
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 21 DE FEBREIRO 2015

Upload: jose-maria-lores-perez

Post on 08-Apr-2016

221 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Escolma textual para ler na conmemoración do Día da Lingua Materna 2015

TRANSCRIPT

Page 1: Textos respecto da lingua

DÍA INTERNACIONALDA LINGUA MATERNA

21 DE FEBREIRO 2015

Page 2: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 2

Índice Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO...........................................................................................3O galego no mundo..............................................................................................................................4O galego hoxe.......................................................................................................................................5Paleos e neos.........................................................................................................................................6Resumo dos últimos datos estatísticos sobre o galego.........................................................................7Artigo do xornal El País.......................................................................................................................7Declaración institucional da Real Academia Galega...........................................................................7Lingua materna.....................................................................................................................................9Que non se perda un idioma, que non se extinga unha lingua............................................................10Renunciade á vella lingua...................................................................................................................11A fala é comuñón e sentimento...........................................................................................................11A nosa nobre fala ten..........................................................................................................................12O idioma é a chave.............................................................................................................................12

A lingua materna non é un problema,é unha riqueza que non podemos estragar.

Longa vida á nosa lingua materna!

Page 3: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 3

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova1

A educación inclusiva por medio do idioma e con el - Os idiomas contan

En 2015 cúmprese o 15º aniversario do Día Internacional daLingua Materna; é tamén un ano decisivo para a comunidade internacional, por ser o prazofixado para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e o momento en que os paísesdefinirán unha nova axenda de desenvolvemento sostible.

A axenda despois de 2015 debe centrarse na prioridade de promover a educación para todos:ampliar o acceso, garantir a igualdade e a inclusión e fomentar a educación para a cidadaníamundial e o desenvolvemento sostible.

Impartir a educación na lingua materna é esencial para alcanzar

estes obxectivos -facilitar a aprendizaxe e reforzar as competencias enmateria de lectoescritura e aritmética. Para progresar nestes ámbitos é necesariodar máis importancia á formación docente, a revisión dos programas de ensino e a creación deámbitos propicios para a aprendizaxe.

A UNESCO impulsa estes obxectivos en todo o mundo (...) A educación nalingua materna non só favorece a educación de calidade senón queademais é esencial para consolidar o plurilingüismo e o respectoda diversidade lingüística e cultural en sociedades que setransforman rapidamente.

Dende 2000 houbo enormes progresos cara á consecución dos obxectivos da Educación paraTodos. Hoxe debemos mirar cara a adiante, para rematar as tarefas inconclusas e facer fronte a

novos desafíos. O Día Internacional da Lingua Materna é un momentopropicio para que todos nós poñamos de relevo a importancia dalingua materna para que prosperen todas as iniciativas en materiade educación, mellore a calidade do ensino e se chegue aos quequedaron á marxe. Cadaquén, nena ou varón, muller ou home, debe contar coasferramentas necesarias para participar plenamente na vida da sociedade da que forma parte: este éun dereito humano fundamental e un vector de sostibilidade en toda iniciativa de desenvolvemento.

1 http://unesdoc.unesco.org/images/0023/002316/231624S.pdf

Page 4: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 4

O galego no mundo2

Por número de falantes o galego ocupa o lugar 160 entre as 5.500 linguas do mundo, o lugar23 entre as 150 linguas europeas e é a segunda lingua europea máis falada entre as non oficiais enningún estado. O galego ten máis falantes que algunhas linguas oficiais europeas como eslovaco,esloveno, maltés, islandés e gaélico e, xunto con vasco e catalán, son as tres únicas linguas europeasnon oficiais de estados que poden ser utilizadas nas institucións da Unión Europea.

O galego está ben asentado no mundo cultural en Galicia: 1980 editáronse en galego 187títulos e en 2010, 2.500. Na actualidade é unha literatura recoñecida en todo o mundo e o volume deobras literarias galegas traducidas a outras linguas vai en aumento. Tamén, en galego, existe unhaimportante produción teatral e audiovisual.

Por outra parte, o galego é lingua de uso nas aplicacións máis utilizadas na rede:navegadores como Firefox, Chrome ou Explorer; os buscadores Google ou Bing; as redes sociaisFacebook e Tuenti; os xestores de contidos Wordpress ou Xoops. Tamén funcionan en galegodistintos tradutores e aplicacións comerciais e de software libre.

O galego encóntrase entre as 30 linguas máis usadas na internet no mundo, por diante delinguas que o triplican ou quintuplican en número de falantes. No que atinxe á Wikipedia,atendendo á calidade, a Galipedia ocupa o posto número 36; segundo o número de artigos, onúmero 43 -tendo en conta que non se empregan robots para a edición, mentres outras linguas si ofan- e, por último, ocupa o posto 33, segundo o número de artigos por número de falantes.

Tamén é lingua regularizada no mundo político e no mundo educativo, xa que, segundoestablece a lexislación, a metade das materias escolares son impartidas en lingua galega. A súaintrodución no ensino promoveu unha edición cada vez maior de recursos e materiais didácticos epedagóxicos en galego. Cómpre indicar que, na actualidade, o galego estúdase en máis de corentauniversidades. A maior parte delas teñen lectores –licenciados en Filoloxía Galega ou en Traducióne Interpretación- asentados en departamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, queimparten materias de lingua e cultura galegas adaptadas ás necesidades do alumnado de cadauniversidade (gramática, cursos de conversa, lingua e civilización, literatura etc.). Existen Centrosde Estudos Galegos en universidades de Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Croacia, España,EEUU, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Rusia.Moitos estudantes destes e doutros países asisten durante o verán aos Cursos de Lingua Galega paraEstranxeiros que se imparten nas tres universidades galegas.

Aínda que non plenamente normalizado, o galego está moi presente nas administraciónslocais e autonómica e é a lingua máis empregada nestes eidos. Onde o galego non ten unha presenzamaioritaria é no mundo empresarial, nos medios de comunicación privados, no mundo relixioso eno campo xurídico, ámbitos nos que os prexuízos ideolóxicos en contra do uso do galego aíndaestán moi presentes.

2 http://www.realacademiagalega.org/datos-uso

Page 5: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 5

Se ben as últimas estatísticas indican que o uso do galego descendeu moito entre a xentenova e urbana –debido á perda de transmisión familiar e á insuficiencia das medidasnormalizadoras-, o galego aínda segue a ser a lingua habitual do 40% dos habitantes de Galicia,mentres que outro 35% usa indistintamente galego e castelán en función das circunstancias. Asestatísticas tamén indican que o 98% dos galegos entende o galego sen dificultade, isto é; ten uncoñecemento pasivo que se podería activar se se introducisen medidas claras que favorecesen o seuuso. Nos territorios exteriores de lingua galega, o uso do noso idioma abala entre o 35 % de uso nooccidente de León e un 75-90 % no resto das zonas (Asturias, Zamora e Cáceres).

Á parte de todo isto, o galego é intercomprensible oralmente e por escrito co portugués, poriso os galegofalantes teñen un acceso moi doado a 250 millóns de persoas que se expresan enportugués, a sexta lingua máis falada no mundo. Co galego podemos percorrer territorios lusófonoscomo Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guinea-Bissau, Cabo Verde, Timor Leste, Macau-China… entendendo e facéndonos entender sen problemas.

Malia todo este dinamismo e vitalidade, e as vantaxes internacionais da intercomprensión coportugués, o galego ten un serio problema porque aínda non deu contido a perda de falantesocasionada por históricas políticas de desprestixio e prexuízos sociais. As iniciativas normalizadorasnon lograron a erradicación deses prexuízos e dos medos aos usos públicos da lingua.

O galego hoxe3

A Constitución española de 1978 declara no seu artigo 3 que o galego será lingua oficial naComunidade Autónoma de Galicia, contendo un mandato de respecto e protección activa da linguagalega.

O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 establece, no seu artigo 5, a oficialidade dogalego e declara que o galego é a lingua propia de Galicia; contén ademais un mandato aos poderespúblicos de potenciación do emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural einformativa, dispoñendo os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento e a recuperación deusos, co fin de superar a situación de desprestixio en curso.

A Lei de Normalización Lingüística de Galicia de 1983, aprobada por unanimidade noParlamento, foi un lóxico desenvolvemento do artigo 5 do Estatuto, que marcaba como obxectivo anormalización da lingua galega. Esta Lei tratou de regular os dereitos lingüísticos dos galegos e oestatus das dúas linguas cooficiais de Galicia.

O Plan Xeral de Normalización de 2004, aprobado por unanimidade no Parlamento, foielaborado por case 200 especialistas de todos os sectores sociais e recolle máis de 400 medidasconcretas que procuran favorecer o uso do galego na sociedade para permitir poder facer vidanormal en galego en Galicia. Este Plan pretendeu darlle concreción práctica a moitos dos artigosestablecidos na Lei de Normalización de 1983 para procurar estender os usos sociais e públicos dogalego: sanidade, mocidade, medios, ensino, administración etc.

3 http://www.realacademiagalega.org/estatus-actual

Page 6: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 6

Outramente, o galego autóctono de fóra de Galicia ten unha lexislación protectora moitomenor ou inexistente: o Estatuto de Autonomía de Castela e León de 2007 establece no seu artigo5.3 que a lingua galega será obxecto de respecto e protección nas zonas onde sexa lingua habitual.O mesmo se di na Lei da Comarca do Bierzo de 2010. Non é unha declaración de oficialidade, peroé a primeira vez que se recoñece o galego nun estatuto de autonomía diferente do galego. O galegofalado en Asturias e Estremadura non son nin citados en cadanseus estatutos, pero en Asturias ogalego ten certo recoñecemento (baixo o glotónimo de "galego-asturiano") na Lei de Uso eProtección do Bable/Asturiano de 1998 e o galego de Estremadura (baixo o glotónimo de "A Fala")foi declarado polo seu Parlamento como Ben de Interese Cultural en 2001. Na práctica estesrecoñecementos non supoñen ningún grao de protección do galego nestas zonas.

A Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (Consello de Europa) foi subscritapor España en 1992 e ratificada en 2001, e forma parte do Ordenamento xurídico interno españolsegundo prevé o artigo 10.2 da Constitución. Este tratado internacional é de gran axuda lexislativapara as linguas minorizadas cooficiais estatutariamente e con leis de normalización, pero é vitalpara aquelas zonas onde se falan linguas ou variantes que carecen de protección real, pois estableceunha serie de dereitos lingüísticos no ensino, na xustiza, na administración, na sanidade, nocomercio etc, que non se recollen en leis ou estatutos autonómicos e que, porén, grazas á Carta, sonplenamente constitucionais e reivindicables polos falantes.

Por último, todas as declaración internacionais de dereitos recollen o da non discriminaciónpor razón de lingua e o de conservación da propia lingua no seu territorio natural. Así, aDeclaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948 (artigo 2.1), a Convención Internacionalsobre os dereitos da infancia de 1989 (artigo 17.d, 20.3 e 30) e a Declaración Universal dos DereitosLingüísticos (1996).

PALEOS E NEOS4

No noso país, en 2015, a lingua galega é a máis falada, pero segundo os últimos datos sobreo uso do noso idioma estamos asistindo á súa substitución como lingua materna maioritaria,rompéndose a cadea de transmisión interxeracional, e provocando deste xeito a maior ameaza dahistoria para a súa supervivencia.

Tecnicamente pódese expresar dicindo que, a cada ano que pasa, temos menospaleofalantes, que son as persoas que falan unha lingua desde que naceron. Pola contra, a quen seinstala nun idioma na idade adulta, chámaselle neofalante.

Neo- e paleo- son dous prefixos de orixe grega de sobra coñecidos, porque entran naformación de multitude de palabras, sobre todo a partir do XIX. Cando se xuntan con falante-derivado do latín fabulare, que signficaba ‘falar’, ‘entreterse co diálogo e a conversa’- serven paraetiquetar dous tipos de galegofalantes definidos pola súa lingua de partida (lingua inicial ou linguaprimeira), e tamén pola súa relación co idioma que utilizan, sempre ou maioritariamente: comoquedou dito, os paleos son competentes na lingua do país por adquisición desde os primeiros mesesde vida, os neos acadan a competencia por aprendizaxe, xa medrados, e esta distinción ten taménconsecuencias no tipo de lingua que empregan uns e outros. Así, os especialistas din que os paleosgañan en fonética e sintaxe, mentres que os neos sobresaen por coidaren a morfoloxía e o léxico.

4 Ver texto completo en http://portaldaspalabras.gal/miraquedin/paleos-e-neos

Page 7: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 7

O novo galego será neofalante, ou non será, chegou a dicir o escritor Sechu Sende. Aíndaestá nas nosas mans quitarlle a razón.

Para ter un resumo dos últimos datos estatísticos sobre ogalego preme aquí.

Artigo do xornal El País: El gallego enciende las alarmas

O GALEGO DÁ VIDA, POLA VIDA DO GALEGODECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA REAL ACADEMIA GALEGA5

A Coruña, 30 de xaneiro de 2015

Grazas aos esforzos de innúmeras persoas e colectivos e contra os desatinos da historia, ogalego conseguiu manterse e soerguerse, superando séculos de marxinación e décadas depersecución. Nunca agradeceremos dabondo a xenerosidade, a afouteza e a visión de futuro demoitos galegos e galegas que foron quen de rescatar o noso idioma da prostración e de facelo pularnos distintos ámbitos, da creación literaria aos medios de comunicación, o ensino ou os diversosámbitos profesionais. Eses esforzos son a mellor mostra da adhesión do pobo galego cara ao idiomade seu. Estamos certos de que a inmensa maioría das xentes do país –independentemente da súaideoloxía ou mesmo do idioma que falan– valoran a lingua, téñenlle lei e desexan que siga vivindo.Nesa certeza descansa a nosa confianza no seu futuro.

Con todo, os datos estatísticos recentemente publicados veñen apuntar un preocupanteretroceso do seu uso nos últimos anos, especialmente entre as novas xeracións, agravando unhatendencia histórica que pode conducilo á decadencia. En cumprimento dos seus deberes estatutarios,a Real Academia Galega, ante a alarma que estes datos provocaron en amplos sectores da nosasociedade, decidiu facer pública a seguinte declaración institucional:

1.- O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade en 2004 un Plan Xeral de Normalización daLingua Galega que viña concretar as previsións da Lei de Normalización Lingüística. Éresponsabilidade do goberno galego asumilo, poñendo en marcha as medidas previstas nel dun xeitoprogramado, verificable e suxeito a avaliación. Non se pode demorar por máis tempo o momento deemprender iniciativas concretas con prazos precisos. Instamos a que o mesmo consenso político queposibilitou a aprobación da Lei e do Plan citados impulse agora a súa plena e eficazimplementación.

5 http://www.realacademiagalega.org/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/o-galego-da-vida-pola-vida-do-galego-declaracion-institucional-da-real-academia-galega?redirect=http%3A%2F%2Fwww.realacademiagalega.org%2Fnovas%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_count%3D2%26p_r_p_564233524_categoryId%3D10311

Page 8: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 8

2.- O sistema educativo é unha peza clave para garantir o porvir do galego. A evolución dos últimosanos evidencia que os cambios legais non só tiveron resultados insatisfactorios, senón quesupuxeron un retroceso evidente. No seu día, a RAG recorreu legalmente o decreto chamado deplurilingüismo aprobado en 2010. Hoxe, con máis razón, reclamamos a súa derrogación e oestablecemento dun marco legal que permita unha presenza suficiente do galego no ensino, deacordo cos compromisos contraídos polo Estado Español na Carta Europea de Linguas Rexionais eMinoritarias.

3.- A infancia e a mocidade constitúen sectores prioritarios. É imprescindible darlles facilidades aoscativos e aos mozos para o uso do galego alén das relacións familiares e das aulas. Demandamosque se promova unha maior oferta televisiva, de produtos audiovisuais e de recursos, actividades eespazos de lecer en idioma galego específicos para a xente máis nova.

4.- A Universidade é o ámbito principal de formación de profesionais e da investigación do país. Asuniversidades galegas están obrigadas a facer un esforzo a prol do galego na docencia e a fomentaras liñas de investigación en diversas áreas que contribúan ao seu pleno desenvolvemento comoidioma útil e capaz de afrontar os desafíos do século XXI.

5.- A presenza do galego nos medios de comunicación escritos, audiovisuais e en liña non éproporcionada á que o idioma ten na sociedade galega. Urximos os medios, públicos e privados, aque contribúan positivamente á súa difusión, ao tempo que reflicten verazmente a realidadelingüística de Galicia.

6.- O desempeño do galego no ámbito empresarial, sindical, comercial, profesional e publicitarioestá moi por debaixo da súa utilización na vida real da maioría da poboación. Animamos asempresas, sindicatos, colexios e colectivos profesionais a que se adapten debidamente ao usolingüístico de clientes, usuarios e públicos a quen dirixen os seus servizos. Exhortamos tamén aIgrexa, que goza dunha importante implantación social, pero que non responde ás propiasproclamas oficiais de se comprometer a un maior uso do galego na liturxia, na predicación e nacatequese.

7.- As institucións públicas deben garantir que os cidadáns e cidadás poidan ser atendidos engalego, e para isto é imprescindible recuperar un nivel proporcionado de esixencia de coñecementoe de emprego profesional del. Cómpre que o galego sexa debidamente requirido e valorado nasprobas de acceso e promoción na función pública.

8.- A mellor garantía para a pervivencia e vitalidade do idioma é a transmisión das xeraciónsmaiores ás máis novas e o compromiso individual de cada un dos falantes no seu uso. Convidamosos avós e as avoas, os pais e as nais a que empreguen a lingua propia do país nas súas relacións cosseus fillos e fillas, netos e netas, e animamos as persoas que recibiron o idioma en herdo a que sesintan orgullosas del e non renuncien a utilizalo na súa vida diaria. Asístenos o dereito a vivir engalego e esiximos que ese dereito sexa amparado e respectado.

9.- As institucións culturais teñen unha responsabilidade específica tanto no prestixiamento dogalego coma na creación e a divulgación de instrumentos que faciliten o seu uso e melloren a súacalidade. A Real Academia Galega comprométese a cumprir as súas funcións coa maior dilixencia eofrece a súa colaboración ao goberno galego e calquera outra instancia que llo solicite. En ningúncaso a RAG vai declinar da súa obriga máis importante, que é a "defensa, ilustración e promociónda lingua galega" (art. 1º Estatutos).

Page 9: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 9

10.- A sociedade galega leva investido unha gran cantidade de recursos, enerxías e ilusións na tarefade normalizar o idioma propio. Ese esforzo non pode derramarse. A responsabilidade de seguirabríndolle o camiño é de todos e todas nós, pero son as institucións públicas e nomeadamente ogoberno galego, as que contan cos recursos máis poderosos e os instrumentos máis eficaces paraconseguilo, ademais de estaren legal e moralmente obrigadas a facelo. Urxe unha reflexión seria,cómpre un novo impulso para evitar o desafiuzamento do galego da súa propia casa, Galicia. Unmarco normativo máis axeitado, pero sobre todo, un discurso renovado, positivo e proactivo.Correspóndelle á Xunta de Galicia tomar a iniciativa e liderar o esforzo social para seguirmosavanzando.

Unha lingua é un universo de seu, pertence ao mellor saber da humanidade. É unha ponteentre xeracións, un precioso elo coa historia e unha ferramenta valiosísima para o futuro, un mediode comunicación e tamén un recurso con valor emocional e económico. É un ben público, o máissemellante ao ar que respiramos. Temos un tesouro para compartir, sería imperdoable desbaldilo.Ter un idioma propio, orixinal, único, impón a obriga moral e práctica de conservar ese herdo paranós e para toda a humanidade. O galego non é un problema, é unha riqueza que non podemosestragar. Longa vida á lingua galega!

MUTTER SPRACHE6

Ich habe michin mich verwandeltvon Augenblick zu Augenblickin Stücke zersplittertauf dem WortwegMutter Sprachesetzt mich zusammenMenschmosaik

LINGUA MATERNA

Transformeimeen min mesmade instante en instanteesnaquizadapolo camiño da palabraLingua maternarecompónmemosaico humano

6 Rose Ausländer (1901-1988), unha das máis destacadas poetas en lingua alemá do século XX, de orixe xudía.http://www.tierradenadie.de/archivo/literatura/roseauslaender/rosepoemas.htm

Page 10: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 10

QUE NON SE PERDA UN IDIOMA, QUE NON SE EXTINGA UNHA LINGUA7

Que non se perda un idioma,porque a ignorancia asoma,que non se extinga unha lingua,porque a cultura mingua.

Idioma é intelixencia,o que fai a diferenza,comunicación humana,que ás rexións emparella.

Linguaxe igual a intelecto,propio do ser máis correcto,idiosincrasia dun pobo,produto do seu cerebro.

A fala é o fundamento,comprensión e entendemento,dunha raza. . . a súa conciencia,distinción e pertenza.

Lingüístico é o problemaque se aborda no poema,globalización avanza,como fera, cruel, con decisión!

Extinguindo tradiciónsda xente. . . as súas paixóns,rematando coa historiadas nacións. . . a súa gloria.

Un non á modernidade!,a aquela que, sen piedade,pende sobre o pasadoque, no ben, se cimentou.

Se se abandona un idioma,o dano vólvese axioma,se hai esquecemento dunha lingua,escurantismo sen tregua.

Triste adeus ás raíces,na alma cicatrices,despedimento á identidade,por Deus, que barbaridade!

Que dicir dos dialectos,dos vellos. . . predilectos?,o seu desuso cruel presaxio:"do costume. . . naufraxio".

Hai que preservar o noso,como dixera o mestre,e ensinalo ás xuventudes,dun idioma. . . as virtudes.

7 Poema de Gonzalo Ramos Aranda (México)http://zona14telesecundarias.blogspot.com.es/2014/02/poema-por-el-dia-internacional-de-la.html

Page 11: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 11

48

Renunciade á vella linguaque nos vén tan de lonxe,tan de fondo, luída con amorxeneración tras xeneración,soporte do noso espírito,flor do noso sentimento,fonte da que agromao cachón potente do pensar.Renunciade á vella lingua,a creación máis xenialdo noso pobo, a cuncasacra que garda a fondae total plenitude do noso ser.Renunciade á vella lingua,dádevos ás flamenqueríase os amos quedaránpara sempre satisfeitos:veredes que benvos han de pagarco seu desprezo.Renunciade á vella lingua,a fala nai, e seredesentón máis señoritos,seredes máis “castizos”.Renunciade á vella lingua-aínda que non sei comofaredes para borrar eseescuro acento delator-e quedaredes capados,sen as palabras precisaspara aquecer o corazón,para expresar de verdadeo que vós sodes.Renunciade á vella linguaque dende séculos vénmamando o noso poboe quedaredes envoltos,sulagadosna tebra e na impotencia.Quedaredes mudos,sen a palabraque alumea e que revela.

79

A fala é comuñón e sentimento,historia compartida intimamente,sufrimento de todos,amor de cada une tamén amor de todo o pobo,laio e canción,nai que nos abrangue e arrola,estrela milagreira que nos guíae fai que os nosos corazóslatexen xuntos.A fala é a voz da terrae máis do mar,o vencello que nos xungueno tempo cos que forone máis cos que han de ser.Desconfía, ¡ouh pobo meu!,estén alerta contra aquelesque deixan a túa falae dicen que te aman.Quen non está contigoé teu nemigo, aíndaque os seus beizosche mintan un amorque nunca alumou seu corazón.

8 MANUEL MARÍA, Obra poética completa, I (1950-1979), Espiral Maior (Opera Omnia), A Coruña, 2001. Versos para un país de minifundios (1969) pp. 331-2

9 Ibíd. pp. 334-5

Page 12: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 12

910

A nosa nobre fala ten zunido de carballale máis de onda; rumorde vento entre trigaise centeeiras; ritmode arada, de esfolla,de sementeira,de sacha e de seitura;son de regueiro cristalinoe puro entre penedos;sangue, pulso e latexo-vida xa eternizada-de todos os galegos queforon, que son e serán.A nosa nobre fala tenchíos de paxaros,forza de trono,luz de alborada,tristura de seráne fondura de noite;garda o suor comúnnado do traballo,dos que teñen sidopobo galego de verdade.Falala é afirmarse,ser fidel ás raigañas,esteo imprescindíbelpara poder erguerun futuro de luzque merecemos.A revelación, o milagre,a posesión e a comprensiónenteira de Galizasomentes a pode dara fala, a fonduracomunicábel da palabra.

A FALA11

O idioma é a chavecoa que abrimos o mundo:o salouco máis feble,o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,o coitelo da dor,o murmurio do vento,a palabra de amor.

O idioma é o tempo,é a voz dos avóse ese breve ronselque deixaremos nós.

O idioma é un herdo,patrimonio do pobo,maxicamente vello,eternamente novo.

O idioma é a patria,a esencia máis nosa,a creación comúnmeirande e poderosa.

O idioma é a forzaque nos xungue e sostén.¡Se perdemos a falanon seremos ninguén!

O idioma é o amor,o latexo, a verdade,a fonte que agromaa máis forte irmandade.

Renunciar ao idiomaé ser mudo é morrer.¡Precisamos a linguase queremos vencer!

10 Ibíd. pp. 336-711 MANUEL MARÍA, Obra poética completa, I (1950-1979), Espiral Maior (Opera Omnia), A Coruña, 2001. As rúas

do vento ceibe (1979) pp. 680-1

Page 13: Textos respecto da lingua

Día da Lingua Materna 2015 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio” 13

Adaptación sobre orixinal en http://www.ousman.com/imatge.php?f=02-julio-08blog.jpg

MAIS OS GALEGOS FALAMOSEN GALEGO PARA CHAMAR A

ATENCIÓN, PARA DISCRIMINARE PARA PEDIR A INDEPENDENCIA

XA HAI QUE TERGANAS DE LERIA

E SER REVIRADOS!