tetón

76
O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón está situado no concello de Tomiño (parroquia de Tebra).

Upload: maria-lemos-cerqueira

Post on 24-May-2015

191 views

Category:

Documents


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tetón

O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón está situado no concello de Tomiño (parroquia de Tebra).

Page 2: Tetón

Tomiño pertence á comarca de O Baixo Miño (situada ao sur da provincia de Pontevedra, xusto na desembocadura do Miño -tal e como o seu nome indica-).

Page 3: Tetón

A comarca de O Baixo Miño está formada polos concellos de: O Rosal, Tomiño, Tui, Oia e A Guarda.

Page 4: Tetón

Esta rica comarca está repleta de lugares de interese paisaxístico e cultural (localidades de Tui e a Guarda, mosteiro de Oia, estuario e desembocadura do Miño, Monte Santa Tegra e Monte Aloia, entorno natural de Mougás, muíños de Folón-Picón…).•

Page 5: Tetón

Ademais, nesta comarca, hai lugares con restos arqueolóxicos moi destacables, como por exemplo: - O Castro do Monte Santa Tegra.

- O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón (espa-zo onde se pode disfrutar de espléndidas manifes-tacións de arte rupestre e dun entorno paisaxístico de gran beleza).

Page 6: Tetón
Page 7: Tetón

Este Ecoparque, ofrece mostras de arte rupestre -petróglifos- de gran relevancia (xa que nel atopamos as máis grandes e espectaculares combinacións de círculos concéntricos do con-tinente europeo).

Pero… ¿Tedes claro o que son os petróglifos?

Seguramente saberedes que son gravados feitos sobre rochas ao aire libre; manifestacións artísticas dos homes e mulleres prehistóricos…

Estas insculturas (xunto coas mámoas e os castros) son os elementos materiais que mellor identifican a nosa Prehistoria.

Page 8: Tetón

Galicia alberga un dos máis importantes conxun-tos de arte rupestre ao aire libre de Europa.

A maior concentración destas manifestacións atopámola na provincia de Pontevedra (ao longo do curso do río Lérez e nas marxes das Rías Bai-xas -con escasa difusión polo norte e interior do país-).

Page 9: Tetón

As rochas de granito -tan abundantes en Galicia-foron os soportes sobre os que os homes daquela época gravamos os petróglifos (circunstancia que permitiu a súa conservación durante tanto tempo).

Teño que dicirvos que nós (os gravadores de pe-tróglifos) diferenciabamos moi ben os tipos de gra-nito existentes, coñeciamos as súas propiedades, eramos quen de avaliar a súa dureza…

Page 10: Tetón

Para realizar os gravados empregabamos lascas e percutores extraídos de rochas de cuarzo (seleccionadas pola súa dureza e resistencia) que recolliamos nas proximidades das laxes que iamos gravar.

• Coas lascas delineabamos as figuras (fase de deseño).• Abriamos os sucos sobre o duro soporte con percutores gran-des e puntiagudos (fase de piqueteado). • Ampliabamos os sucos con percutores máis pequenos e ro-mos (fase de rebaixe e debastamento).• Empregabamos pequenos cantos de cuarcita para regularizar os sucos cun sinxelo traballo de abrasión (fase de puído).

Page 11: Tetón
Page 12: Tetón

Nos petróglifos galegos podemos observar unha variada tipoloxía de motivos abstractos: coviñas, combinacións circulares e círculos concéntricos, labirintos, espirais, cadrados e reticulados, esváticas, paletas, zigs- zágs…

Ademais, aparecen motivos figurativos -ou sexa naturalistas- como por exemplo: antropo-morfos, animais, armas, pegadas, embarcacións…

-

Page 13: Tetón

As coviñas -motivo máis sinxelo- son puntos gravados que apa-recen nas máis variadas posicións: ciscadas de xeito aparente-mente anárquico pola rocha; agrupadas dentro dun circo ou dun cadrado; no centro dun circo ou dunha combinación circular; en- tre os aneis destas combinacións…

Page 14: Tetón

Outro motivo, que aparece case sempre caracterizando a arte rupestre galega, son os círculos (hai fermosos exemplos nos petróglifos de Mogor, na Laxe das Rodas en Cotobade ou na Laxe de Rodas en Muros…).

Poden aparecer sós (con sucos radiais, con liñas que parten desde o anel exterior…) ou en combinacións circulares que percorren a laxe gravada.

Page 15: Tetón

Outro motivo abstracto (de execución técnica máis complexa e gravados en escasas ocasións) eran os labirintos. Tedes magníficos exemplos na Pedra do Labirinto de Mogor; na de Valongo -en Cortegada-; na Laxe Cruzada…

Page 16: Tetón

Outro motivo que gravabamos nos petróglifos eran as espirais.

Tedes un precioso exemplo na Laxe de Rodas, no concello de Muros.

Page 17: Tetón

Para completar o apartado abs-tracto hai figuras (menos nume-rosas) como esvásticas, cadra-dos, reticulados, formas en phi, ferraduras, alfabetiformes…

Portela das Laxes Cotobade

Laxe CruzadaOuteiro dos Lameiros

Page 18: Tetón

Como xa vos dixen, ademais de motivos abstractos, tamén gravabamos nos pe-tróglifos figuras que podedes identificar con modelos reais (xa sexan naturais ou obxectos inanimados): homes, animais, armas…

As especies de animais que adoitabamos gravar nos petróglifos eran: cabalos, cans, e sobre todo, cervos.

Outeiro dos Lameiros

Page 19: Tetón

As escenas de caza son frecuentes nos petróglifos galegos. Nuns vinte paneis hai presenza dun xi-nete dacabalo (que pode soster as bridas, portar unha arma…).

Os cabalos representados distínguense facilmente dos cervos, pola súa longa e espesa cola. Ás veces, as súas patas apóianse sobre unha gre-ta ou fisura que simula a liña do solo e dispóñense coma se foran a galope.

Page 20: Tetón

Habitualmente, o animal cazado é un cérvido macho adulto (ao que se recoñece facilmente polas súas grandes cornas e por ser a figura de maior tamaño dentro do panel -ocupando unha posición visualmente privilexiada na escena-).

Page 21: Tetón

Os nosos artistas gravadores amosaban un gran coñe-cemento do comportamento destes animais, represen-tando: mandas de cérvidos alineados, escenas de có-pula ou loita, cervos bramando ou olfacteando xeni-tais…

Tamén podedes observar nos petróglifos, escenas de caza de grandes cervos lanceados e con feridas; con lazos ou con colares ao redor do pescozo e incluso montados polo home…

A caza de grandes cervos era, sobre todo, unha acti-vidade de prestixio e de relevancia social.

Page 22: Tetón

Outro dos motivos naturalistas que adoitabamos representar nos petróglifos eran as armas (puñais, espadas, alabardas, escutiformes…).

Nos petróglifos de Agua da Laxe en Vincios (na Pedra da Procesións) podedes admirar o principal conxunto de armas prehistóricas gravadas en pe-dra de toda Europa .

Page 23: Tetón

Na Pedra das Ferraduras -Fentáns- aparecen representados os chamados “ídolos-cilindro” (valiosos elementos para a datación xa que se coñecen modelos reais).

Page 24: Tetón

Outro dos motivos figurativos que aparecen nos petrógligos (aín-da que con escasa frecuencia) son as embarcacións.

Temos por exemplo o caso dos petróglifos de Pedornes en Oia -no entorno do río Vilar- que, segundo os expertos-, “representan embarcacións con máis de tres mil anos” (establecéndose para algunha delas unha clara similitude cos modelos do antigo Exipto).

Page 25: Tetón

Estou seguro de que teredes moita curiosidade por saber o significado dos petróglifos.

Os historiadores e os arqueólogos teñen investigado moito, facéndose moitas preguntas ao respecto (fonte: Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro)

• ¿Que son estas figuras? ¿Quen as faría?

• Hainas por todo o mundo… ¿Trátase dunha linguaxe universal? ¿Comunican sen palabras? ¿Transcriben as mesmas narracións ou son coincidencias?

• ¿Que sentido encerran…? ¿Serán visións máxicas? ¿Estarán relacionadas co mundo dos astros? ¿Preten-derían facer propicia a caza ou a vida máis doada? ¿Representarían o poder do guerreiro…?

Mmmm… Hipóteses todas elas interesantes…!

Parece evidente a súa función simbólico-relixiosa . A través deles, os homes prehistóricos deixaron plasmadas (en rochas que para eles tiñan unhas connotacións especiais) unhas crenzas e mensaxes que pretendían perpetuar no tempo…

O mundo dos petróglifos e tan apaixoante que paga a pena seguir investigando, non si…?

Page 26: Tetón
Page 27: Tetón

Imos agora analizar os petróglifos que aparecen no Monte Tetón:

PETRÓGLIFO DE AS PORTAXES E PETRÓGLIFO DE REAL SECO.

Page 28: Tetón

PETRÓGLIFO DE AS PORTAXESEste petróglifo (gravado sobre unha pedra de máis de cen me-tros cadrados) -con sucos anchos e profundos moi ben conservados- é o que amosa unhas mellores condicións de visibilidade.

Este afloramento granítico é o que conserva unha maior cantidade de grabados de temática abstracta e naturalista (utilizándose as irregularidades da laxe para realzar o deseño).

Page 29: Tetón

Fonte: foto de TeresalaLoba

Page 30: Tetón

Entre os motivos abstractos destacariamos: numerosas coviñas, cuadrangulares e unha gran con-centración de combinacións circulares.

Completan o repertorio diferentes motivos naturalistas: figuras de cérvidos; unha escena de monta e algunhas figuras antropomorfas esquemáticas (unha figura humana aparece portando algún tipo de arma ou instrumentos chamánicos...).

Aparecen tamén muíños naviculares.

Page 31: Tetón
Page 32: Tetón

Pero o que máis chama a atención é a impresionante combinación de 18 círculos concéntricos -de 2 metros de diámetro- que xunto ao Petróglifo de Real Seco -ao pé da caseta forestal- son as máis es-pectaculares do conxunto de petróglifos galaicos e as máis grandes de Europa -polo menos atopadas ata o momento-) .

Page 33: Tetón
Page 34: Tetón
Page 35: Tetón
Page 36: Tetón
Page 37: Tetón
Page 38: Tetón
Page 39: Tetón

No petróglifo de Real Seco (máis desgastado, e visi-ble unicamente con boas condicións de luz) destaca a impresionante combinación de 16 círculos con-céntricos de 3 metros de diámetro.

PETRÓGLIFO DE REAL SECO

Page 40: Tetón

No Ecoparque aparecen indicacións para axudar a coidar este patrimonio cultural tan valioso.

Esta colaboración é moi necesaria porque son moitos os facto-res que poñen en perigo a conservación da arte rupestre.

Analizaremos algúns deles.

Page 41: Tetón

Os petróglifos son fráxiles e vulnerables. Foron gravados ao aire libre hai 4.000 anos, e co paso do tempo, foron sufrindo un lento proceso de de-gradación natural (colonizados por diversos orga-nismos -bacterias, fungos, algas, liques…-).

Page 42: Tetón

Pero o máis triste é pensar que na actualidade o principal inimigo dos petróglifos é a man do propio home.

Os cambios de uso do solo, o urbanismo, as actividades de reforestación, as canteiras, os incendios e distintos actos de vandalismo, aceleraron o dano e ocasionaron a perda de moitos deles .

Pedra de Santiago (Praia do Prado -Parroquia de Corrubedo-) destruído por unhas obras decanalización.

Xacemento rupestre de Boaventura na parroquia de Burgueira, no concello de Oia (completamente destruído polas  obras que se levaron a cabo para facer unha xigantesca plantación de kiwi).

Page 43: Tetón

Este é o estado de abandono no que se atopa o petróglifo de Pedra Moura -Coruxo- (igual que pasa con outros moitos petrógli-fos galegos).

Page 44: Tetón

Nos últimos anos intensificáronse os labores para recuperar os nosos petróglifos. Equipos de especialistas esfórzanse por limpar e consolidar os gravados rupestres e por recuperaren a paisaxe nas que estes encontran sentido).

Observade, por exemplo, os traballos para acometer a musealiza-ción de Outeiro dos Lameiros (no concello de Baiona).

Page 45: Tetón

A protección dos petróglifos comeza pola adecua-da documentación e rexistro (calcos dos motivos gravados; obtención de modelos tridimensionais dos gravados e do seu soporte -efectuados con escaner láser…-).

Para limpar o soporte úsanse brochas, cepillos, pinzas, bisturís…

Para calcar os gravados empregan lenzos de pa-pel ou plástico, papel carbón, rotuladores espe-ciais e focos de luz que realzan as figuras.

Page 46: Tetón
Page 47: Tetón

(Fotos de paneis do Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro)

Page 48: Tetón
Page 49: Tetón
Page 50: Tetón

Todas estas tarefas teñen que estar realizadas por expertos.

As persoas que visiten -intencionada ou casualmente- os petróglifos, deben ser extremadamente respectuo-sas con eles (evitando pisalos e raialos ou pintalos para poder velos mellor -danando así a súa pátina ori-xinaria-).

Page 51: Tetón

Os petróglifos coinciden coa aparición das pri-meiras comunidades campesiñas e co descu-brimento da metalurxia do cobre e do bronce.

Ao longo dos milenios III e II a.C foi cando se fixo o principal conxunto de petróglifos galegos (3.000-2.000 a.C)

NOTA: Esta contextualización está recollida (os textos e gran parte das imaxes) do Centro Arqueolóxico de Campo Lameiro.

Page 52: Tetón

Vou intentar explicarvos como era a nosa vida durante a Idade do Bronce.

Daquela, no territorio no que vos vivides agora, a tempe-ratura era algo máis fresca e o nivel de chuvia similar ao actual.

No relevo, destacaban cristas rochosas graníticas, valga-das e pequenas cuncas. Os solos situábanse nas ladei-ras cubrindo boa parte dos afloramentos rochosos.

A queima e corta dos bosques, aumentou a erosión alte-rando a paisaxe orixinaria; entón afloraron as pedras e laxes utilizadas para gravar os petróglifos.

Carballos, bidueiros, toxos, xestas, pastos, freixos e fen-tos completaban o escenario.

Page 53: Tetón

Os antigos habitantes do Bronce levantamos os nosos poboados nas zonas altas das serras ou en pequenas chairas situadas a media ladeira.

Procurabamos a proximidade das cuncas húmi-das (fontes de pastos frescos).

Estes espazos (de solos lixeiros e ben drenados) facilitábanos a práctica da agricultura (cultivo dos campos con arado, tiro animal e fertilizados) e a explotación gandeira (ao ter acceso a pastos fres-cos durante todo o ano).

Page 54: Tetón
Page 55: Tetón

Unha vez practicada a agricultura, xurdiu a necesidade de moer os cereais para convertelos en fariña e continuar coa súa panificación. Foi así como apareceron os muíños rupestres.

Dúas eran as pezas que compoñían os muíños rupestres:

• O “durminte” (no que se depositaba o gran).

• A “man” -pétrea- coa que se relaba (nunha operación continuada de vaivén sobre a superficie do muíño -superficie que se ía desgastando pouco a pouco-).

Ás veces, o durminte e a man, eran pezas móbiles que se podían trasladar de lugar; pero tamén había muíños naviculares de soporte fixo (co durminte excavado na rocha nai, e que, polo tanto, non eran móbiles).

Page 56: Tetón

Da actividade gandeira (bóvidos, ovellas, cabras, por-cos…) obtiñamos: carne (compoñente básico da nosa dieta); leite (co que se elaboraban produtos como o queixo); coiro e la (para confeccionar prendas de abri-go e elementos de uso cotiá…); graxa natural…

A caza de cervos, corzos, xabarís, coellos, perdices… complementaban as reservas.

Tamén consumiamos peixes e mariscos.

Os cans resultábannos moi útiles para axudar na caza, nos labores de pastoreo e na defensa do grupo e dos poboados. Os cabalos (ademais de formar parte da nosa dieta) estaban considerados animais de prestixio e de gran importancia social.

Os bóvidos proporcionaban forza para arar os campos.

Page 57: Tetón

Os arqueólogos saben (polos restos de vexetación aparecidos nas escavacións e os estudos do pole efectuados), que -ademais de carne e peixe- consu-miamos tamén, alimentos de orixe vexetal:

Diversas especies cultivadas (fabas, chícharos, cebada, avea, centeo, trigo, verzas grelos…).

Froitos silvestres recolectados (coma por exemplo landras e abelás).

Page 58: Tetón

As nosas vivendas eran bastante confortables:

As cabanas (que construiamos con materiais perecedoiros) tiñan forma oval ou circular.

Apoiábanse en robustos postes de carballo so-bre os que se urdía un entramado de varas de abeleira (revocado en palla e en barro para illa-las do frío e da auga).

Empregabamos xestas para o teitume e o chan era de terra batida.

Page 59: Tetón
Page 60: Tetón

O interior contaba con espazos de uso diferenciado:

• Unha zona para durmir (ocupada con camas de fentos e de peles).

• O resto da cabana distribuíase como zona de traballo (para tratar as peles, tecer a la…) e de almacenamento (empregando recipientes cerámicos e de cestería).

Page 61: Tetón
Page 62: Tetón

Nós, a xente do Bronce, dominabamos o traba-llo da pel:

Despois de esfolar o animal, obtiñamos unha pel suave e manexable usando raspadeiras.

Despois de secar as peles, iniciabamos un no-vo proceso de raspado con graxa e mineral moí-do.

Empregabamos perforadores e punzóns para esburacalas e poder introducir a agulla que (en-fiada con fibras vexetais ou animais) permitía o cosido das peles e a confección de vestimentas.

Page 63: Tetón

Durante a Idade do Bronce, seguiamos utilizando a pedra -cuarzo, cuarcita e sílex- para fabricar algúns útiles.

Os experimentados artesáns realizaban unha variada gama de ferramentas adaptadas ás máis diversas fun-cións: puntas de frecha para cazar, raspadores para rascar, machadas e aixolas para cortar, fouciños para segar e muíños para triturar.

Page 64: Tetón
Page 65: Tetón
Page 66: Tetón

A produción de cerámica era unha das actividades máis importantes das comunidades da Idade do Bronce.

Fabricabamos os recipientes con arxila que moldeabamos a man, unindo tiras de barro ata conseguir a forma dese-xada (formas campaniformes lisas e algunha decoración incisa).

Logo, cociamos ao lume as vasillas para darlles a dureza e consistencia necesaria.

Almacenar os excedentes procedentes do campo e coci-ñar e consumir os alimentos era posible grazas á exis-tencia dunha completa vaixela doméstica adaptada aos diferentes usos e funcións.

Page 67: Tetón
Page 68: Tetón

Na Idade do Bronce dedicabamos moito tempo a fabricar recipientes e utensilios con fibras vexetais (palla de cere-ais, vimbios, pólas de abeleira, salgueiro, xesta ou silva): pequenos cestos, grandes colectores con ou sen asas, tapadeiras e peches…

Estes recipientes, ademais de servir para transportar e recolleitar (leña, landras, bagas, cogumelos…) permitían almacenar excedentes agrícolas (legumes, cereais…).

Page 69: Tetón

Dominabamos a metalurxia.

En cobre ou bronce faciamos abundantes armas: espadas, puñais, machadas, puntas palmela e alabardas.

Utilizabamos o ouro e maila prata para realizar obxectos de adorno persoal: colares, diademas e espirais.

Os produtos realizados en metal, ademais da súa funcionalidade práctica, eran un claro símbolo de status e prestixio social.

Page 70: Tetón
Page 71: Tetón
Page 72: Tetón

Durante o Bronce, realizabamos distintos ritos funerarios, enterrando aos nosos mortos en túmulos de pequeno tamaño, foxas, covas….

O tipo de enterramento máis habitual era a cista: os corpos inhumábanse -individualmente- en foxas escavadas no chan rodeadas por laxes de pedra.

O defunto colocábámolo en posición fetal -decúbito lateral- acompañado de ofrendas compostas por vasillas cerámicas cheas de alimento e de bebidas -como a cervexa- e por ele-mentos persoais.

Page 73: Tetón
Page 74: Tetón
Page 75: Tetón

Durante o Neolítico Final e a Idade do Bronce a organización social baseada en estruturas comu-nais dá paso a unha sociedade desigual controla-da por grupos de poder masculino.

Esta reorganización reflíctese en motivos repre-sentados nos petróglifos: o cervo coma icona na-tural e sobrenatural; o home como domesticador do salvaxe e as armas como instrumento de po-der.

Page 76: Tetón

E, finalmente, unha última cousa…

Xa vos dixen que os petróglifos son unha das mostras máis representativas do patrimonio cultural galego, e que é moi importante conser-valos para que poidan disfrutar deles as xera-cións futuras.

¡Non esquezades nunca que en Galicia tedes auténticas xoias desta arte rupestre e que debedes aprender a aprecialas e respectalas…!

Eu estou seguro de que vai ser así… Non si…?