tesouros agochados

15
1º premio Categoría 1º ciclo ESO Tesouros agochados María Asunción Alonso Lemus

Upload: patricia-aa

Post on 10-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Autora: María Asunción Alonso Lemus 1º premio do 1º Ciclo Relato gañador do concurso de narrativa do CPI O Cruce 2012

TRANSCRIPT

Page 1: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

Tesouros agochados

María Asunción Alonso Lemus

Page 2: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

Page 3: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

Síle vivía apaciblemente en Dublín cando unha carta chegou, alterando así súa vida e cambiándoa para sempre.

A misiva chegou un domingo, cedo, aínda que Síle non a leu ata case o mediodía. Saíu comprar o pan e outras cousas que necesitaba para cociñar, co vermello cabelo peiteado nunha trenza, e non reparou que na porta do seu buzón sobresaía un sobre de cor marrón. Á volta, detívose e meteu a chave na súa pechadura. Recolleu o sobre e observouno con curiosidade. Seguro que era para ela? Sí,aí o poñía: Síle Clark. Encolleuse de ombros e subiu correndo as escaleiras ata o seu apartamento. Deixou o pan e os demais alimentos enriba da mesa da cociña, as chaves sobre a mesa e correu ó salón, onde se sentou no seu sofá preferido, de coiro azul, e abriu a carta.

Contiña un montón de papeis. Empezou a contar con rapidez as páxinas pero desistiu ó comprobar que eran máis de vinte. Empezou a ler. As primeiras páxinas eran un acta de falecemento, da súa tía avoa. Os demais, eran as escritura da casa que tiña nun pobo lonxano de Dublín, que lle deixara en herdanza.

Page 4: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

Sorprendeuse. Practicamente non coñecía a existencia desa familiar… E agora ¡tiña unha casa! Sorriu. Era un soño feito realidade. Botaría de menos Dublín pero sempre quiso alonxarse da cidade, poder perderse nos bosques do seu país que vería cada mañá desde a súa fiestra ó despertar. Decidiu enseguida abandonar o seu apartamento e ir vivir a súa casa.

Ademais, co diñeiro que tamén lle deixara, tiña para vivir ben unha boa tempada ata atopar traballo. Estaba moi ilusionada.

Ese luns avisou ó seu caseiro de que marchaba e comenzou a empaquetar todas as súas cousas.

Dúas semanas despois arrancou, ilusionada co seu pequeño coche. A empresa de mudanzas saíra había un par de horas coas súas cousas pero ela vírase obrigada a quedar unhas horas para resolver derradeiros asuntos. Polo retrovisor, dirixiu unha breve mirada nostálxica ó seu pequeno apartamento. Decidida, arrancou e saíu da cidade, tiña unhas horas de viaxe por diante.

Page 5: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

Como ía bo tempo e non había demasiado tráfico, puxo un CD e comezou a cantaruxar en voz baixa, alegre.

As paisaxes, nos que predominaban os verdes de todas as tonalidades, sucedíanse interminablemente. Os bosques invitábana a perderse e non regresar, a aspirar o seu arrecendo forte e purificar os seus pulmóns.

O tímido sol acariñaba as súas mans e o seu rostro. Abriu un pouco a xanela para permitir que a leve brisa que sopraba inundara de olor a lavanda o vehículo.

En canto divisou o desvío que levaba o seu novo fogar, xirou o volante e acercouse. A vila foi pasando mentras ela se acercaba á súa casa. Xa estivera alí cando era moi pequena pero case non o recordaba. A súa casa quedaba ó final do pobo, algo illada no alto dun outeiro. Subiu no seu coche e aparcou diante da porta, onde xa estaba o servizo de mudanzas. Charlou cos homes un par de minutos e foilles indicando onde debían situar cada cousa.

Admirou a fachada, imperial, antiga pero en perfecto estado, as portas de madeira de carballo tallado, o chan, tamén de madeira…

Page 6: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

Notou unha presenza tras ela e xirouse, nerviosa.

-Ola! Es a nova propietaria?-sinalou a casa de Síle.

Ela asentiu e observou ó seu interlocutor, Era un xoven moi alto e forte, de robustas mans e pelo revolto, bastante escuro. Os seus ollos eran azuis e desprendían un brillo de intelixencia.

-Son Ryan. Vivo aquí ó lado-sinalou cara atrás.Aínda que non viu ningunha casa, asentiu de

novo para non parecer descortés.-Se necesitas algo…xa sabes onde atoparme-

engadiu.-Por certo, que non me presentei!-exclamou

ela, ruborizándose- Son Síle.Déronse a man. Permaneceron uns segundos

sen falar, mirando a casa con atención.-Debo marchar- desculpouse Ryan.Ela despediuno con un xesto da man e entrou

na casa.Era enorme. Cos seus mobles non ocuparía nin

a metade das habitacións. Cando todo estivo máis ou menos como ela desexaba, comezou a deambular polas habitacións. Algunhas eran

Page 7: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

xigantes, outras, diminutas. Encantáballe. Decidiu saír a un pequeno balcón, que daba á parte traseira, e sentar nunha das cadeiras de ferro forxado que alí había. Logo, baixou a despedirse dos homes da mudanza e quedou soa.

Nun principio, asustouse un poco de estar soa nunha casa tan grande pero deseguida se esqueceu.

Esa noite, no seu dormitorio, durmiu ó instante, esgotada por tantos sentimentos e emocións novas.

Os días foron pasando, e na casa reinaba unha inexplicada aura de misterio. Síle non era capaz de percorrer todas as habitacións, que gardaban unha cantidade abismal de misterios esperando ser resoltos.

Unha tarde, remexendo nos caixóns dun armario, atopou unha recompilación de fotografías que lle chamaron moito a atención. En case todas, aparecía unha moza idéntica a ela, vestida con fermosos vestidos longos, con adornos rechamantes. As fotografías eran en branco e negro, e estaban fechadas no século XIX e sempre aparecía

Page 8: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

un mesmo nome: Mary. O seu parecido deixouna abraiada, o cabelo vermello, as faccións…

Unha noite, antes de preparar a cea, entrou no soto. O chan era de madeira, excepto nunha parte na que as táboas estaban levantadas e era de terra. Acercouse e observou, intrigada. Habería algo debaixo? Non, era demasiado fantasioso. Pero Síle, algo aburrida, decidiu mirar o que había. Subiu correndo ó faiado, onde observara que había unha pa e demáis utensilios para cavar un burato.

Baixou de novo, con coidado de non tropezar, e empezou a quitar a terra con torpeza.

O son do timbre sobresaltouna, concentrada como se atopaba. Quen chamaría a súa porta un día como aquel, tan tarde e ca choiva azotando a paisaxe? Acercouse, temerosa. Na porta había un paragüeiro. Armouse cun paraugas e comenzou a abrir a porta moi amodiño. Era un home. Levaba un impermeable negro, a auga azotábao con fereza. Suspirou ó ver que se trataba de Ryan.

-Querías matarme dun susto?-exclamou, deixando o paraugas no seu sitio e permitíndolle que pasara.

Page 9: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

-E ti dun paraugazo? -bromeou- Mellor que non o abriras, iso trae mala sorte.

-Son só lendas-replicou, colgando o impermeable do mozo para que secara.

-Ás veces as lendas son certas-comentou, esquivo, evitando a súa mirada.

Ela non indagou máis.-Que querías?-preguntou.-Viña ver se tiñas electricidade-explicou-Pola

tormenta, está habendo cortes eléctricos.Ela sinalou as lámpadas acesas e, como se

estas pretenderan levarlle a contraria, centellearon e apagáronse.

El soltou unha breve gargallada e ela mirouno fixamente.

Ryan mirouna moi fixamente e ela púxose nerviosa.

-Pasa algo?-Recórdasme a Molly-referíase á antiga dona

da mansión.-Como era ela?-interesouse Síle.-Era unha muller estraña . Non saía moito

desta casa, non falaba demasiado ca xente… Aínda que eu coñecíaa bastante ben. De pequeno (e non

Page 10: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

tan pequeno) viña aquí e ela contábame lendas, contos, deixábame xogar polas habitacións…-lembrou con tenrura -Foi unha pena que morrera. Aínda que así conñecinte-sorriu.

Síle ficou apampada nun breve silencio e logo, preguntou:

-Queres botarme unha man?-Con que?-respondeu , encolléndose de

ombros.-Unha cousa que atopei no soto. Ven abaixo e

comprenderalo.El seguiuna. Viu a desfeita que a xoven

montara, terra por todas partes e os instrumentos tirados de calquera maneira. Sorriu sen falar.

Ela explicoulle rapidamente a súa situación e el accedeu a axudala.

-Pero, necesitamos luz.Ela colleu un par de lanternas.-Aluméame. Ela accedeu e viu como cavaba con rapidez e

precisión. A pa chocou contra algo e sonou un ruído metálico.

-Creo que nos tocou o gordo-murmurou Síle, impresionada.

Page 11: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

Sacaron o obxecto co que a pa topara. Era unha caixa de madeira, forxada en metal.

-Como a abrimos?-inquietouse ela.El non respondeu, apoiou o borde da pá na

pechadura e, dun golpe seco e xordo, fíxoa saltar. -Aberta-sorriu.Acercáronse a contemplar o contido da caixa.-Espera-pediu el- Meus avós contáronme unha

vez unha lenda. Nesta casa había unha especie de tesouro e ninguén podería atopalo excepto un descendente de…de… non o lembro. Hai moito diso-disculpouse.

-Pois moi ben escondida non estaba que se diga. Podería atopala calquera-mofouse.

El encolleuse de ombreiros, supersticioso, dirixíndolle unha mirada de esguello.

Apartouno do seu camiño e abriu a caixa. Nela había todo tipo de obxectos antigos e valiosos: desde vestidos con encaixe, ata plumas de ouro, pasando por espellos de prata e colgantes en forma de medallón. Ó fondo, había unha carta. Empezouna a ler, en voz alta. Era unha caligrafía fermosa, afiada e antiga.

Querido ou querida, descendente:

Page 12: Tesouros agochados

1º premio

Categoría 1º ciclo ESO

Se atopaches isto, significa que eu xa estarei morta. Pasarían moitos anos dende que a guerra terminara, tal vez, traxicamente. Quixen resgardar estes obxectos persoais para os meus descendentes, se é que algún día chego a telos. Todos estes son obxectos persoais e aínda que é posible que non sobrevivan ó paso dos anos, son demasiado valiosos como para deixar que se perdan ou destrúan. Espero que para a persoa que os atope sexan igual de valiosos que para mín.

Mary,

21-08-1815.

A nota remataba cunha temblorosa firma. Mirou a Ryan. Estaba emocionada. Comezaron a mirar con cuidado cada un dos obxectos, comprendendo a historia que quedaba detrás, perdida no tempo e comprometéndose tacitamente a investigar que foi de Mary.