terremotos e volcáns

10
A Terra e a súa dinámica. Terremotos e volcáns

Upload: cerredo

Post on 05-Jun-2015

238 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: terremotos e volcáns

A Terra e a súa dinámica.Terremotos e volcáns

Vicente Pérez Soloviev Nº 17 2ºC

Page 2: terremotos e volcáns

Terremotos e volcáns

Coñecemento do interior da terra:

Sondaxes: Permitiron penetrar no interior da terra ata trece quilómetros debaixo do noso planeta.Ondas sísmicas: Paschwitz, un científico alemán descubriu que as vibracións que producen os terremotos poden viaxar longas distancias. Estas vibracións son as ondas sísmicas e poden medirse cós sismógrafos. Pólo interior da Terra propáganse dous tipos de ondas sísmicas:

As ondas P. Son as mais rápidas. Propáganse a maior velocidade nos médios sólidos ca nos médios líquidos ou nos fundidos.

As ondas S. Viaxan a menor velocidade cás ondas P. Nos medios líquidos ou nos fundidos deixan de propagarse.

Os sismógrafos están formados por unha masa suspendida dun resorte. A masa ten un lapis, que debuxa unha línea sobre un papel enrolado nun cilindro que xira en función do tempo. Cando se produce un terremoto, o cilindro vibra e o trazo deixa de ser rectilíneo. Agora xa hai inventados sismógrafos mais tecnolóxicos que poden ser mesmo dixitais.

2

Page 3: terremotos e volcáns

A dinámica das placas tectónicas:

A litosfera é a capa mais externa da xeosfera. Está formada póla codia terrestre e a parte mais externa do manto. A litosfera non é continua senón que está fragmentada nuns anacos xigantescos que se chaman placas tectónicas ou placas litosféricas.

Unha placa tectónica o placa litosférica é un fragmento de litosfera que se move como un bloque ríxido sen presentar deformación interna sobre a astenosfera da Terra. Entre as placas tectónicas os bordos de placa son as rexións de maior actividade xeolóxica interna da Terra, volcánica e sísmica.

Entre as placas poden atoparse tres tipos de bordos, que se clasifican en función do movemento relativo entre elas:

Bordos converxentes. Neles, converxen dúas placas tectónicas. O choque entre dúas placas producen unhas presións tan fortes que repregan o bordo dunha delas e forman cordilleiras montañosas. Ando as placas da litosfera rompen, empezan a vibrar, orixinando así numerosos terremotos. En moitos bordos converxentes prodúcense volcáns debido a alta temperatura.

Bordos diverxentes. Neles, as placas tectónicas sepáranse. As placas sepáranse a ambos os dous lados do eixe central das dorsais, que son uns relevos submarinos de orixe volcánica. Por ese eixe flúen grandes cantidades de lava que, ao solidificarse, forman as rochas volcánicas da codia oceánica. Grazas a este proceso, a litosfera oceánica crece a ambos lados do eixe central da dorsal; por este motivo chámanse tamén bordos constructivos.

Bordos pasivos. Neles, as placas tectónicas móvense lateralmente. As dúas placas tectónicas deslízanse. O rozamento das placas xera presións moi elevadas que poden fracturar as rochas ríxidas da litosfera, o que orixina frecuentes terremotos. Chámanse bordos pasivos porque neles nin se destrúe nin se constrúe a litosfera, como sucede nos bordos converxentes e diverxentes. Estes bordos tamén reciben o nome de fallas transformantes.

As rochas parcialmente fundidas do manto que hai baixo a litosfera flúen en lentas correntes de convección, como consecuencia da enerxía interna da Terra. Estas correntes arrastran as placas litosféricas de forma pasiva.

Según do lugar onde estean situadas as placas tectónicas, a litosfera pode ser: A litosfera continental. Esténdese baixo os continentes e está formada por rochas

de densidade baixa( nalgunhas cordilleiras poden alcanzar os 150 quilómetros). A litosfera oceánica. Sitúase baixo os fondos dos océanos. É unha capa delgada

que está construída por rochas algo máis densas cás da litosfera continental.

3

Page 4: terremotos e volcáns

Os volcáns:

As temperaturas elevadas do interior da xeosfera poden orixinar masas de rochas fundidas denominadas magmas. Estes fundidos son menos densos cás rochas que os rodean e están sometidos a presións moi fortes, pólo que tenden a ascender. Cando os magmas alcanzan a superficie terrestre, fórmanse os volcáns.

Os volcáns son orificios ou gretas pólos que se expulsan ao exterior os materiais fundidos procedentes do interior da xeosfera. Segundo a localización dos volcáns, poden ser:

Volcáns subaéreos. Cando a súa actividade se desenvolve en áreas terrestres. Volcáns submarinos. Cando a súa actividade se desenvolve baixo a superfície

do mar.

Nun volcán pódense distinguir as partes seguintes: A cámara magnética. É o lugar onde se atopa o magma. A chimenea volcánica. É o conducto pólo que ascende o magma. Comunica a

cámara magnética co cráter. O cráter. É o orificio de saída dos materiais fundidos. As coadas de lava. Son os materiais fundidos que se deslizan pólas ambas do

volcán. Ao se arrefriaren, solidifícanse e orixinan capas de rochas volcánicas. O cono volcánico. É a montaña volcánica que se forma póla acumulación de

coadas e doutros productos expulsados pólo volcán.

A saída de materiais a través dun volcán prodúcese cada certo tempo e chámase erupción. Durante unha erupción un volcán pode votar tres tipos de productos:

4

Page 5: terremotos e volcáns

1. Piroclastos: As bombas volcánicas. Son grandes bloques de material fundido que

solidificou no aire, tras ser expulsado de forma violenta pólo volcán. O peso dalgunhas bombas pode superar a tonelada.

O lapíli. Son fragmentos de menor tamaño(2mm-64mm). A súa orixe é similar á das bombas.

As cinzas volcánicas. Son partículas moi finas que lanza o volcán á grande altura. O seu diámetro é inferior a 2 mm.

2. Lavas: As lavas fórmanse cando o magma alcanza a superficie terrestre e perde a maior parte dos seus gases. As lavas flúen, como os ríos, ata que se arrefrían e se consolidan. Algúns volcáns expulsan lavas moi fluídas, que percorren distancias longas. As súas temperaturas son elevadas (1000º). Outros volcáns botan lavas menos quentes e mais pastosas, que adoitan fluír con bastante dificultade. A temperatura destes é mais baixa.

3. Gases volcánicos: Cando o maga chaga á superficie terrestre, libera os gases. Este proceso pode ser tranquilo ou violento. Os principais gases son o vapor de auga, o dióxido de carbono e o dióxido de xofre. Os gases inflúen notablemente no tipo de erupción volcánica. Cando exercen moita presión no fundido, as erupcións son explosivas e moi violentas. Unha vez perdidos os gases, xeralmente, as erupcións caracterízanse pola emisión tranquila de coadas de lava.

Os volcáns constitúen un risco moi importante para a nosa humanidade. En ocasións estes fenómenos poden causar catástrofes naturais como a morte de persoas. Os principais riscos volcánicos son:

As lavas. Ao fluír, como os ríos, destrúen todo o que se atopan ao paso:cidades, coches, bosques,etc...

Os gases volcánicos. Aféctanlles aos aparatos respiratorios dos animais e das persoas.

Os fluxos. piroclásticos ou nubes ardentes. Son masas de piroclastos e gases volcánicos moi quentes, que descenden a gran velocidade polas abas do cono volcánico. Orixínanse en volcáns con erupcións moi explosivas. O seu poder destructivo é enorme.

Os lahares. Fórmanse naqueles volcáns que teñen neve no seu cume. Ao derreter a neve do volcán, debido ás elevadas temperaturas dos productos que expulsa, a auga metúrase coas cinzas do cono volcánico e fórmanse ríos de lama.

5

Page 6: terremotos e volcáns

O barro descende rapidamente pólas abas e pode provocar inundacións moi perigosas para as poboacións próximas.

Segundo o lugar onde estean situados os volcáns poden clasificarse en: Os volcáns de bordos da placa. Sitúanse sobre todo, nos bordos converxentes e

diverxentes. Os volcáns do interior da placa. A súa orixe está relacionado co ascenso do

magma que procede de zonas profundas do manto terrestre.

A predicción volcánica pretende coñecer con antelación cando e onde vai acontecer a erupción dun determinado volcán. A prevención volcánica ten como finalidade a adopción de medidas encamiñadas a minimizar os danos ocasionados pola actividade dos volcáns. Entre as principais medidas de prevención destacan a elaboración de mapas de risco volcánico; o desenvolvemento de Programas de Protección Civil; e as obras correctivas coma a construcción de canles para poder desviar a lava por outro camiño que non lave á catástrofe.

A predicción volcánica basease en diferentes indicios que preceden ás erupcións: a abundancia de terremotos, a saída de gases volcánicos, a elevación da temperatura das augas subterráneas, a elevación do térreo,...Actualmente, é posible predecir unha erupción volcánica coa suficiente antelación.Claro que despois de dar a alerta volcánica grazas á predicción temos avisar á poboación para prevenir a catástrofe.

Os terremotos:

Os terremotos, movementos sísmicos ou sismos son sacudidas bruscas de intensidade variable e xeralmente, de curta duración. As zonas da terra con maior actividade sísmica localízanse nos bordos das placas.Os terremotos prodúcense como consecuencias da dinámica das placas tectónicas. A maioría dos terremotos están causados pólas vibracións que orixinan as rochas do interior da Terra cando rompen, debido ás elevadas presións ás que están sometidas.Os terremotos tamén se orixinan despois doutro fenómeno natural como os volcáns, ou os impactos de meteoritos; mesmo por orixe artificial como as explosións de bombas ou de barrenos, pero da baixa actividade sísmica.Os movementos sísmico mídense mediante dous parámetros: intensidade e magnitude.

A intensidade. É unha medida baseada nas sensacións percibidas pólas persoas durante a sacudida e nos efectos que produce o terremoto no térreo e nas construccións.

A magnitude. Mide a cantidade de enerxía que libera un terremoto. Determínase coa escala de Ritcher, que non ten límite superior. Os sismos mais grande chegaron a 9 como o de Fukushima (2011). A partires do nivel 5 poden causar danos importantes.

As ondas sísmicas en territorio mariño poden provocar tsunamis ou maremotos.

Tsunami ou maremoto é un evento complexo que implica un grupo de alta enerxía de ondas de tamaño variable que ocorren cando un fenómeno extraordinario vertical despraza unha gran masa de auga.

6