tema d.- o escenario físico das actividades humanas. · en américa do sur destacan a meseta...

12
3º ESO - Tema D - páx. 1 Tema D.- O escenario físico das actividades humanas. Introdución. 1.- As grandes unidades do relevo terrestre. O relevo é o conxunto de formas diversas que presenta a superficie terrestre, tanto nas terras emerxidas (continentes e illas) como baixo os océanos. O relevo terrestre é moi complexo e presenta elementos moi variados, froito dunha evolución de millóns de anos. As formas de relevo continental máis simples son as montañas, as mesetas, as chairas e as depresións. Estas formas diferéncianse entre si pola súa altura, pendente e extensión. As principais formas de relevo costeiro son os cabos, os golfos, as penínsulas e as rías. As principais formas de relevo submarino son a plataforma continental, o noiro continental e as chairas abisais, as cales están accidentadas por dorsais oceánicas e fosas mariñas. 1.- Lembra o que estudaches en cursos anteriores. Explica o significado dos termos subliñados. 2.- Imos facer un repaso dos caracteres físicos máis importantes de cada continente. Le detidamente os apartados seguintes e, coa axuda dun atlas e dos mapas do libro, sitúa nun mapamundi físico mudo os elementos subliñados. 1.1.- África. África limita ao Oeste co océano Atlántico, e ao Leste co océano Índico e o mar Vermello. Está separado de Europa polo mar Mediterráneo e de Asia polo mar Vermello. O Canal de Suez une ambos os dous mares. As principais unidades de relevo do continente africano son: A.- A gran meseta africana. Ocupa gran parte do continente: esténdese desde o sur de África ata o mar Vermello, e ten escasa altitude. Na súa zona occidental hai áreas afundidas, chamadas cubetas, percorridas polos ríos Congo e Níxer, entre outros. Na parte oriental atópase o chamado Rift Valley, un enorme sistema de fallas formado por bloques elevados como o Macizo Ruwenzori ou o Macizo Etíope e bloques afundidos chamados fosas tectónicas; estas están ocupadas por lagos como o Vitoria, o Tanganica e o Malawi. Aquí localízanse a maioría dos volcáns africanos, como o Kilimanxaro, que con 5.895 m é a maior altura de África. Nesta zona atópanse tamén dous dos grandes ríos africanos: o Nilo e o Zambeze. B.- Os sistemas montañosos. As grandes cordilleiras sitúanse nos extremos do continente: os Montes Atlas no NO e os Montes Drakensberg no Sur. No interior destacan os macizos de Ahaggar, Tibesti e Darfur, no deserto do Sáhara. 1.2.- América. América limita ao Norte co océano Glacial Ártico, ao Leste co océano Atlántico e ao Oeste co océano Pacífico. Esténdese case desde o Polo Norte ata rozar o Círculo Polar Antártico, e separa dous océanos, o Atlántico e o Pacífico. O continente americano está formado por dous grandes conxuntos: América do Norte e América do Sur, e entre ambos sitúase o istmo de América Central e os arquipélagos do mar das Antillas (ou mar Caribe), entre os cales destaca a illa de Cuba, a máis extensa. O relevo americano sitúase en dirección meridiana [isto é, de N a S], e consta de tres grandes unidades: no Oeste localízanse cordilleiras novas e elevadas; no centro, grandes chairas; e ao Leste sistemas montañosos máis antigos. A.- A gran cadea montañosa occidental. Un gran conxunto montañoso esténdese case sen interrupción desde Alaska á Terra do Fogo. Está formado, de Norte a Sur, polos Montes de Alaska, as Montañas Rochosas, a Sierra Madre Occidental, e a gran Cordilleira dos Andes, en América do Sur, na que se atopa o Aconcagua, o pico máis alto do continente [6.959 m]. B.- As cordilleiras orientais. Nas costas atlánticas existen conxuntos montañosos de pequeno tamaño e escasa altura. Os Montes Apalaches, no Norte, están formados por montañas antigas moi erosionadas. En América do Sur destacan a Meseta Brasileira e o Macizo das Güianas. C.- As chairas centrais. Na parte central, entre os sistemas montañosos do Oeste e do Leste, esténdense amplas chairas polas que discorren os grandes ríos americanos. En América do Norte destacan as Grandes Chairas, regadas polo río Misisipi e o seu afluente Misuri. Estas chairas van perdendo altitude cara á Baía de Hudson e o golfo de México. Están salpicadas de grandes lagos, entre os que destacan o Superior, o Hurón e o Míchigan, que serven de fronteira entre Estados Unidos e Canadá. En América do Sur, destacan Os Llanos ao oeste do Macizo das Güianas, percorridos polo río Orinoco, en Venezuela, e, sobre todo a Chaira Amazónica, percorrida polo río Amazonas, que é o río máis caudaloso do mundo. Ao sur da Meseta de Brasil localízanse outras chairas: a Cunca do Paraná-Paraguai e a Pampa. 1.3.- Asia O continente asiático é unha gran masa de terra situada na parte oriental de Eurasia. Limita ao Norte co océano Glacial Ártico, ao Sur co océano Índico, e ao Leste co océano Pacífico. O seu límite occidental é unha fronteira convencional formada polos Montes Urais, o mar Caspio, a cordilleira do Cáucaso e o mar Negro, que comunica co mar Mediterráneo. O mar Vermello separa Asia de África, e o Estreito de Bering separa Asia de América.

Upload: others

Post on 25-Feb-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

3º ESO - Tema D - páx. 1

Tema D.- O escenario físico das actividades humanas.

Introdución.

1.- As grandes unidades do relevo terrestre.

O relevo é o conxunto de formas diversas que presenta a superficie terrestre, tanto nas terras emerxidas (continentes e illas) como baixo os

océanos. O relevo terrestre é moi complexo e presenta elementos moi variados, froito dunha evolución de millóns de anos. As formas de relevo continental máis simples son as montañas, as mesetas, as chairas e as depresións. Estas formas diferéncianse entre si pola

súa altura, pendente e extensión. As principais formas de relevo costeiro son os cabos, os golfos, as penínsulas e as rías. As principais formas de relevo submarino son a plataforma continental, o noiro continental e as chairas abisais, as cales están accidentadas por

dorsais oceánicas e fosas mariñas. 1.- Lembra o que estudaches en cursos anteriores. Explica o significado dos termos subliñados.

2.- Imos facer un repaso dos caracteres físicos máis importantes de cada continente. Le detidamente os apartados seguintes e, coa

axuda dun atlas e dos mapas do libro, sitúa nun mapamundi físico mudo os elementos subliñados.

1.1.- África.

África limita ao Oeste co océano Atlántico, e ao Leste co océano Índico e o mar Vermello. Está separado de Europa polo mar Mediterráneo e de

Asia polo mar Vermello. O Canal de Suez une ambos os dous mares. As principais unidades de relevo do continente africano son:

A.- A gran meseta africana.

Ocupa gran parte do continente: esténdese desde o sur de África ata o mar Vermello, e ten escasa altitude. Na súa zona occidental hai áreas afundidas, chamadas cubetas, percorridas polos ríos Congo e Níxer, entre outros. Na parte oriental atópase o chamado Rift Valley, un enorme sistema de fallas formado por bloques elevados como o Macizo Ruwenzori ou o Macizo Etíope e bloques afundidos chamados fosas tectónicas; estas están ocupadas por lagos como o Vitoria, o Tanganica e o Malawi. Aquí localízanse a maioría dos volcáns africanos, como o Kilimanxaro, que con 5.895 m é a maior altura de África. Nesta zona atópanse tamén dous dos grandes ríos africanos: o Nilo e o Zambeze.

B.- Os sistemas montañosos.

As grandes cordilleiras sitúanse nos extremos do continente: os Montes Atlas no NO e os Montes Drakensberg no Sur. No interior destacan os macizos de Ahaggar, Tibesti e Darfur, no deserto do Sáhara.

1.2.- América.

América limita ao Norte co océano Glacial Ártico, ao Leste co océano Atlántico e ao Oeste co océano Pacífico. Esténdese case desde o Polo Norte

ata rozar o Círculo Polar Antártico, e separa dous océanos, o Atlántico e o Pacífico. O continente americano está formado por dous grandes conxuntos: América do Norte e América do Sur, e entre ambos sitúase o istmo de América Central e os arquipélagos do mar das Antillas (ou mar Caribe), entre os cales destaca a illa de Cuba, a máis extensa.

O relevo americano sitúase en dirección meridiana [isto é, de N a S], e consta de tres grandes unidades: no Oeste localízanse cordilleiras novas e elevadas; no centro, grandes chairas; e ao Leste sistemas montañosos máis antigos.

A.- A gran cadea montañosa occidental.

Un gran conxunto montañoso esténdese case sen interrupción desde Alaska á Terra do Fogo. Está formado, de Norte a Sur, polos Montes de Alaska, as Montañas Rochosas, a Sierra Madre Occidental, e a gran Cordilleira dos Andes, en América do Sur, na que se atopa o Aconcagua, o pico máis alto do continente [6.959 m].

B.- As cordilleiras orientais.

Nas costas atlánticas existen conxuntos montañosos de pequeno tamaño e escasa altura. Os Montes Apalaches, no Norte, están formados por montañas antigas moi erosionadas. En América do Sur destacan a Meseta Brasileira e o Macizo das Güianas.

C.- As chairas centrais.

Na parte central, entre os sistemas montañosos do Oeste e do Leste, esténdense amplas chairas polas que discorren os grandes ríos americanos. En América do Norte destacan as Grandes Chairas, regadas polo río Misisipi e o seu afluente Misuri. Estas chairas van perdendo altitude cara á Baía de Hudson e o golfo de México. Están salpicadas de grandes lagos, entre os que destacan o Superior, o Hurón e o Míchigan, que serven de fronteira entre Estados Unidos e Canadá. En América do Sur, destacan Os Llanos ao oeste do Macizo das Güianas, percorridos polo río Orinoco, en Venezuela, e, sobre todo a Chaira Amazónica, percorrida polo río Amazonas, que é o río máis caudaloso do mundo. Ao sur da Meseta de Brasil localízanse outras chairas: a Cunca do Paraná-Paraguai e a Pampa.

1.3.- Asia

O continente asiático é unha gran masa de terra situada na parte oriental de Eurasia. Limita ao Norte co océano Glacial Ártico, ao Sur co océano

Índico, e ao Leste co océano Pacífico. O seu límite occidental é unha fronteira convencional formada polos Montes Urais, o mar Caspio, a cordilleira do Cáucaso e o mar Negro, que comunica co mar Mediterráneo. O mar Vermello separa Asia de África, e o Estreito de Bering separa Asia de América.

3º ESO - Tema D - páx. 2

Asia ofrece grandes disparidades físicas: alí atópanse as montañas e as mesetas máis altas do mundo, así como as depresións más profundas. É un continente compacto, dunha elevada altitude media; nas súas costas abundan os entrantes -que forman golfos coma o golfo de Bengala- e saíntes -que forman penínsulas de gran tamaño, entre as que destacan a Península Arábiga no SO, a de Indochina no SL e a de Kamchatka no NL. Ao Leste do continente sitúanse tres grandes arquipélagos: Xapón, illas Filipinas e Indonesia, de gran actividade sísmica e volcánica.

O complexo relevo de Asia pode agruparse en tres grandes espazos:

A.- O terzo setentrional do continente [Rusia].

Está ocupado pola extensa chaira de Siberia Occidental; é unha inmensa planicie que se converte no centro na meseta de Siberia Central e na metade oriental está fracturada por diversas cordilleiras, entre as que cabe citar os Montes Stanovoi e os Montes de Chersky. Esta gran chaira está atravesada por longos ríos que desembocan no océano Glacial Ártico, coma o Obi, o Ienisei e Lena.

B.- O centro do continente está formado por terras altas e grandes cordilleiras.

Entre as altiplanicies destacan a extensa meseta de Mongolia, onde se localiza o deserto frío de Gobi, e, sobre todo, a meseta do Tíbet [China], a máis elevada do mundo, con máis de 5.000 m de altitude.

As cordilleiras de Asia central forman un complexo cordón que se estende desde Turquía (Montes Tauro) e o Cáucaso ata o norte da India. Entre elas cabe destacar, de Oeste a Leste, os Montes Zagros no sur de Irán, a cordilleira de Hindukush, os montes Kuenlun e, sobre todo, a gran cordilleira do Himalaia [China, India, Nepal, Bután]. É a rexión máis elevada de todo o planeta, e nela sitúanse as cimas do mundo [dez das catorce cimas con máis de 8.000 m de altura]: o Everest, con 8.846 m e o K2 con 8.611 metros.

Nesta rexión hai grandes vales percorridos por ríos que nacen nas montañas centrais. Son moi caudalosos e algúns forman deltas na súa desembocadura, coma o Mekong, que nace no Himalaia e desemboca no mar de China Meridional; o Ganxes [India], que nace no Himalaia occidental e desemboca no golfo de Bengala; e o Indo [India-Pakistán], que nace no Tíbet e desemboca no mar Arábigo. Outros ríos discorren cara ao Leste; son o Huang He e o Chang Jiang (ou Iangtsé), que nacen no Tíbet, percorren a chaira chinesa e desembocan no océano Pacífico.

No extremo occidental levántase a meseta de Anatolia, que ocupa a maior parte do territorio de Turquía. Tamén se localizan aquí dúas grandes zonas deprimidas, ocupadas por lagos, que pola súa extensión e profundidade se denominan mar: son o mar Caspio (ao que verte augas o río Ural, que nace nos Montes Urais), e o mar de Aral, no que desembocan os ríos Sir Daria e Amu Daria.

C.- O sur do continente.

Aquí atópanse mesetas que conforman amplas penínsulas: a Meseta de Arabia ocupa a maior parte da península homónima, a cal separa o mar Vermello do golfo Pérsico e o golfo de Omán; a Meseta do Deccán esténdese por case toda a India e é unha gran altiplanicie con poucas alteracións. Nesta zona meridional de Asia os ríos son menos caudalosos porque atravesan rexións máis áridas. Os máis longos son o Tigris e o Éufrates que discorren por Iraq e desembocan no golfo Pérsico, unindo os seus cursos de auga a uns 200 km da desembocadura.

1.4.- Europa

Desde o punto de vista físico Europa non é un continente illado, senón unha península de Eurasia. As súas dimensións, comparadas coas dos

demais continentes, son reducidas (menos de 11 millóns de km2), e a súa altitude media é baixa, en torno a 375 m. Limita ao N co océano Glacial Ártico; ao L cos montes Urais, o mar Caspio e a cordilleira do Cáucaso; ao S co mar Mediterráneo e o mar Negro, e ao O co océano Atlántico. O relevo de Europa é o resultado dunha historia xeolóxica moi longa e complicada. Nel poden distinguirse tres grandes unidades:

A.- Relevos antigos.

Localízanse na zona setentrional e oriental do continente; son montañas moi antigas e erosionadas, que orixinan unha paisaxe variada, de formas redondeadas e de altitude pouco elevada, pois raramente superan os 2.000 m. Os máis importantes son os montes Escandinavos no Norte, e os Montes Urais no Leste, considerados a barreira natural que separa Europa e Asia. No Sur destacan o Macizo Central francés e a Meseta española.

B.- As chairas centrais.

Na zona central de Europa localízase unha ampla zona de chairas inclinadas cara ao Atlántico. A chaira máis extensa é a Gran Chaira Europea, que se estende desde o norte de Francia ata os montes Urais. Por ela discorren ríos como o Rin, que nace nos Alpes suízos e desemboca no Mar do Norte, o Dnieper e o Don, que nacen nas mesetas de Rusia central e desembocan no mar Negro. O río máis importante é o Volga, pois percorre toda a parte setentrional e oriental desta chaira ata desembocar no mar Caspio.

C.- As cordilleiras alpinas.

Son as montañas máis recentes; teñen unha elevada altitude e orixinan paisaxes de formas abruptas, pouco erosionadas. Están dispostas en forma de arco ao longo da costa mediterránea. De O a Le sobresaen: os Pireneos, que forman fronteira entre España e Francia; os Alpes, onde se localiza o Mont Blanc, con 4.807 m de altura; os Cárpatos e os Balcáns, entre os cales discorre o río Danubio, que percorre varias capitais europeas e desemboca no mar Negro; e pechando o continente polo SL, a cordilleira do Cáucaso, onde se sitúa o monte Elbrus [5.633 m].

Europa non forma un bloque macizo como África ou como gran parte de Asia. O litoral do continente presenta no seu conxunto unhas costas de

formas moi recortadas. En función do tipo de relevo e dos océanos ou mares que as bañan, Europa ten dous tipos de costas moi contrastadas:

- As costas atlánticas: abranguen as costas do mar Báltico, do mar do Norte e do mar Cantábrico. Nelas salientan a península Escandinava [Noruega, Suecia e Finlandia] e a de Xutlandia (Dinamarca), que cerran o mar Báltico. Estas penínsulas, xunto coas illas Británicas, delimitan o Mar do Norte. ✓ Os ríos máis importantes que desembocan no litoral atlántico son: o Vístula, o Elba, o Rin, o Sena, o Loira e os ríos da Meseta española.

- As costas mediterráneas. Nelas sitúanse tres grandes penínsulas, de O a L: a Ibérica, a Itálica e a Balcánica, que forman fondos arcos e limitan mares como o Tirreno, o Xónico, o Adriático e o Exeo. No interior do continente sitúase o mar Negro, que comunica co Mediterráneo a través do estreito do Bósforo. No mar Mediterráneo atópanse numerosas illas como as Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia, Creta e Chipre entre outras. ✓ Os ríos máis importantes que desembocan no litoral mediterráneo son: o Ebro, o Ródano, o Po, e os que desembocan no Mar Negro.

3º ESO - Tema D - páx. 3

1.5.- Oceanía.

Oceanía está situado ao sueste de Asia e, con 9 millóns de km2, é o máis pequeno dos continentes. Está formado por multitude de terras dispersas,

na súa maioría illas de orixe coralina e volcánica, que se distribúen por todo o océano Pacífico. Adoitan agruparse en varios conxuntos: Australasia: está formada por Australia -a maior illa da terra, case tan extensa como Europa-, a pequena illa de Tasmania, situada ao sur da

anterior, e o arquipélago de Nova Zelandia, formado por dúas illas separadas polo estreito de Cook. Melanesia: é un conxunto de illas que se chaman así pola cor escura da pel dos seus habitantes. Destaca polo seu tamaño a illa de Nova Guinea,

onde sobresae o pico Puncak Jaya de 5.030 m de altura. Micronesia: quere dicir conxunto de illas pequenas. Entre elas están as illas Marianas, onde se atopa a maior profundidade da terra, a Foxa de

Challenger, con 11.033 m. Polinesia: é un conxunto de illas moi dispersas. No hemisferio norte só están as illas Hawai, que forman parte de Estados Unidos.

- Australia é unha gran illa situada ao SL de Asia. Limita ao Norte e ao Leste co Océano Pacífico, e ao Sur e ao Oeste co Océano Índico. A maior parte do seu territorio está constituído por chairas e mesetas baixas. As chairas máis extensas localízanse no centro e no Sur, onde se atopan as chairas de Nullarbor e a Gran Cunca Artesiana. As mesetas sitúanse na metade oeste e no Norte, onde se atopa a meseta de Kimberley. O único conxunto montañoso de certa importancia é a Gran Cordilleira Divisoria, que percorre a parte oriental. Nela nace o río australiano máis importante, o Murray, co seu afluente o río Darling. A parte occidental da illa é a máis árida; nela destacan dous desertos: o Gran Deserto de Area e o Gran Deserto Victoria.

- Nova Zelandia atópase a uns 2.000 km ao SL de Australia e está formada por dúas grandes illas montañosas de orixe volcánica que teñen relevos moi abruptos e frecuentes movementos sísmicos. Destacan os Alpes do Sur, na illa meridional, que alcanzan os 3.764 m de altura no monte Cook.

1.6.- A Antártida.

A área polar sur atópase ocupada pola Antártida, un enorme continente xeado, de máis de 13 millóns de km2, arrodeado polo océano Glacial Antártico. Está constituído por unha gran masa de xeo, cun grosor medio de 2.000 m, na que salienta a Cordilleira Transantártica, con altitudes superiores aos 4.000 m. A maior altura alcánzase no Macizo Vinson, con 5.140 m.

2.- As unidades do relevo de España. 3.- Le a información das páx. 12 e 13, e, coa axuda do mapa ou dun atlas, vai enchendo os ocos que atopes.

− España e Portugal comparten o territorio da ............................................................................. Situada na zona temperada do hemisferio norte, é

a máis occidental das tres penínsulas europeas bañadas polo mar Mediterráneo. Ocupa unha posición de encrucillada entre dous continentes,

...................................... e ....................................., e entre un mar e un océano: o ................................................ e o ..............................................

− O territorio do Estado español está formado por: a maior parte da península ibérica; dous arquipélagos, as illas ......................................... e as

illas .........................................; e as cidades autónomas de ......................... e ......................... no N de África . Ten unha superficie de 505.990 km2.

− As principais unidades do relevo peninsular son:

1.- A Meseta: é a unidade de relevo máis extensa. Ten unha altitude media que oscila entre os 650 e 700 metros, ocupa o centro-oeste da península,

e está lixeiramente inclinada cara ao ....................................................................................................., polo que os ríos discorren de Leste a Oeste.

A Meseta está formada por dúas extensas depresións separadas polo Sistema Central: a .......................................................................................,

con máis de 700 metros de altitude media, e a ..................................................................................con 600 metros de altitude por termo medio.

A Submeseta Norte está percorrida pola cunca do río ....................................................., e a Submeseta Sur está percorrida por dous grandes ríos,

o ...................................... e o ............................................................., as cuncas dos cales están separadas polos Montes de Toledo.

− As cordilleiras interiores da Meseta son o .............................................................................. e os ..............................................................................,

dúas aliñacións montañosas de distinta extensión que atravesan a Meseta en dirección ........................................

O Sistema Central está composto por unha serie de serras que se estenden ao longo de 400 Km. As máis destacadas, de Leste a Oeste son:

Somosierra; Guadarrama, onde se atopa o pico de ............................................................... de 2.430 m; Gredos, onde se sitúa o pico máis

alto, ..............................................................................................., que alcanza os 2.591 m; a serra de Gata e a serra da Estrela, xa en Portugal.

Na Submeseta Sur atópanse os Montes de Toledo, formados por serras illadas e de escasa altura.

2.- As cordilleiras que rodean á Meseta ou rebordes da Meseta: unha serie de montañas rodean a Meseta agás polo Oeste, por onde penetra a

influencia do océano Atlántico ata Estremadura.

− Polo Noroeste peninsular esténdense o .......................................................................... e os ....................................................................... Trátase

de relevos moi antigos, de formas suaves, xa que están moi desgastadas pola erosión. Os cumes máis destacados son: no Macizo Galaico,

.............................................................................................., con 1.781 m, e Pena Trevinca, con 2.124 m, situada no límite entre as provincias de

Ourense, León e Zamora.; nos Montes de León, o pico ...................................................., de 2.183 metros. Estas montañas están atravesadas por

3º ESO - Tema D - páx. 4

numerosos vales por onde circula a rede fluvial. Os ríos máis importantes son o ............................................ e o seu afluente o ................... Este

último separa os Montes de León da serra dos Ancares, na parte oriental do Macizo Galaico.

− O borde Norte da Meseta está formado pola .......................................................................................................... Trátase dunha cordilleira

elevada, de ladeiras verticais, con poucos pasos e de difícil acceso, como o porto de ................................................., que comunica Asturias e

León. O seu punto culminante é ............................................................... con 2.650 m, nos Picos de Europa.

− O borde Leste da Meseta está formado polo ......................................................................................., un complexo arco de montañas calcarias de

dirección NO-SL. O Sistema Ibérico está formado por varias serras: no parte N localízase o cumio máis elevado do sistema, o ...............................,

con 2.313 m. Ao sur do río Jalón o sistema divídese en dúas aliñacións, unha interior e outra costeira; nesta destaca o pico..................................,

que supera os 2.000 m de altura. No Sistema Ibérico nacen varios dos principais ríos españois: o ................................., e o ............................., que

desembocan no océano Atlántico, e o .................................... e o ....................................., que desembocan no mar Mediterráneo.

− O borde Sur da Meseta está formado por .................................................................................... É un chanzo montañoso que separa a Meseta da

Depresión do Guadalquivir. As súas altitudes non superan os 1.400 m, pero é difícil atravesala, de aí a importancia dos pasos de montaña, como

o paso de ............................................................................. A montaña máis alta de serra Morena é .................................................... con 1332 m.

3.- As cordilleiras exteriores á Meseta están separadas da Meseta e situadas na periferia peninsular: no N sitúanse os ..............................................,

que separan España de Francia; no NL as ........................................................................................, e no S as ............................................................

− Os Pireneos esténdense desde o ......................................................................... ata o ............................................................................. Forman

unha importante barreira montañosa duns 435 km de lonxitude e uns 150 km de ancho. Os Pireneos centrais ou aragoneses son as zonas máis

elevadas da cordilleira. De Oeste a Leste salientan os seguintes picos: ..........................................................., con 3.355 m; ...............................,

con 3.369 m; e o ....................., que é o cumio máis alto, con .......... m. Nos Pireneos cataláns destaca ..................................................................,

de 3.142 m. Nos Pireneos nacen os principais afluentes do río Ebro: o ..........................., o ............................ e o ........................

− Ao Oeste da Cordilleira Pirenaica sitúanse os ..................................................................., prolongación dos Pireneos occidentais, de menor altura

e formas suaves e onduladas. Os seus maiores cumios son ............................................... e ............................................., que roldan os 1.500 m.

− As Cordilleiras Costeiras Catalás forman unha dobre barreira montañosa no NL peninsular, que separa a Depresión do Ebro do Mediterráneo.

Nela destacan serras como ................................................................ na parte Norte, onde se atopa o pico ............................................................,

que é a maior altura do sistema, con 1.706 metros.

− As Cordilleiras Béticas sitúanse no S e no SL peninsular, desde Cádiz ata Alacante, e prolónganse baixo o Mediterráneo ata as illas Baleares, onde

sobresaen na .......................................................................................................... en Mallorca. Teñen uns 800 km de longo e uns 200 km de ancho.

As Cordilleiras Béticas forman un complexo conxunto de aliñacións. A aliñación litoral chámase ...............................................................................

e comprende serras importantes como ......................................................................, onde se atopa a montaña máis alta da Península, o pico

..................................., con .............. metros. A aliñación interior chámase ................................................................................... e está formada por

distintas serras; as principais alturas sobrepasan os 2.000 m, como no pico ............................., con 2.381 m. Na Cordilleira Subbética nace un dos

principais ríos peninsulares, o .............................................., que percorre a depresión homónima e desemboca no ................................................

4.- As depresións exteriores á Meseta. Son extensas zonas chás afundidas entre grandes cadeas montañosas e teñen unha forma lixeiramente

triangular: a ..................................................................................... e a .......................................................................................................................

− A Depresión do Ebro forma un extenso triángulo entre o ...................................................................., os ............................................ e as

............................................................................................................... Polo fondo da depresión pasan o Ebro e os seus afluentes. As terras

próximas ao curso dos ríos son moi fértiles, debido aos sedimentos que estes depositan. As áreas afastadas dos cursos de auga son moi áridas.

− A Depresión do Guadalquivir sitúase entre ....................................................................... e as ..................................................................................,

e está aberta ao mar. A proximidade ao mar orixinou unha ampla zona de marismas, isto é, un conxunto de terras baixas pantanosas, nas que

entran en contacto as augas do río Guadalquivir e as do océano Atlántico.

− As demais depresións españolas son de pequena extensión. Polo xeral son chairas litorais, entre as que salientan a de Valencia, formada polos

aluvións dos ríos ................................ e ..............................., e a de Murcia, formada polo río ................................

O relevo español complétase cos arquipélagos canario e balear. O relevo canario distínguese polo seu carácter volcánico; na illa de Tenerife

atópase a máxima altura de España, o .............................., que alcanza os ............. metros. O relevo balear é unha prolongación das Cordilleiras

Béticas, pero de menor altura. A maior elevación alcánzase na serra de Tramuntana, no ....................................................., con 1.445 m.

3º ESO - Tema D - páx. 5

3.- As costas e os ríos de España. 4.- Le a información das páx. 14 e 15. Despois realiza as seguintes actividades:

a.- Cales son os trazos predominantes do litoral da península ibérica?

b.- Resume as características e os principais ríos das vertentes hidrográficas da península ibérica.

5.- Practica o que estudaches. Sitúa nun mapa mudo físico de España:

1 río Nervión

11 río Segura

21 cabo da Nao

31 Rías altas (...)

2 río Nalón 12 río Xúcar [Júcar] 22 cabo de Palos 32 Rías baixas (...)

3 río Navia 13 río Turia 23 cabo de Gata 33 golfo de Roses

4 río Miño 14 río Mixares [Mijares] 24 Punta de Tarifa 34 golfo de Valencia

5 río Sil 15 río Ebro 25 cabo de S. Vicente 35 golfo de Alacant [Alicante]

6 río Ulla 16 río Segre 26 cabo Fisterra 36 golfo de Mazarrón

7 río Douro [Duero] 17 río Llobregat 27 cabo Ortegal 37 golfo de Almería

8 río Texo [Tajo]

18 río Ter 28 Estaca de Bares 38 golfo de Cádiz

9 río Guadiana 19 cabo de Creus 29 cabo de Peñas 39 golfo de Biscaia

10 río Guadalquivir 20 delta do Ebro 30 cabo Machichaco 40 golfo de León

4.- Xeografía de Galicia: unidades de relevo, costas e ríos.

6.- Le a información das páxinas 4 a 7 do anexo de Xeografía. Despois realiza as seguintes actividades:

a.- Elabora un sinxelo esquema sobre a organización do relevo de Galicia.

b.- Realiza as actividades 4 a 7 da páxina 7.

c.- Practica o que estudaches. Sitúa nun mapa mudo físico de Galicia:

1 ría de Ribadeo

16 cabo Touriñán

31 serra do Faro

46 río Sor

2 ría de Foz 17 illas Sisargas 32 serra do Suído 47 río Eume

3 ría de Viveiro 18 cabo Ortegal 33 serra da Capelada 48 río Mandeo

4 ría de Ortigueira 19 Punta de Estaca de Bares 34 serra do Barbanza 49 río Xallas

5 ría de Ferrol 20 serra da Faladoira 35 serra do Morrazo 50 río Tambre

6 ría de Betanzos e Ares 21 serra do Xistral 36 depresión Tui-Padrón 51 río Ulla

7 ría de A Coruña 22 serra dos Ancares 37 chaira de Bergantiños 52 río Umia

8 ría de Muros e Noia 23 serra do Courel 38 depresión das Pontes 53 río Lérez

9 ría de Arousa 24 serra do Eixe 39 depresión de Monforte 54 río Miño

10 ría de Pontevedra 25 serra Segundeira 40 depresión da Limia 55 río Avia

11 ría de Vigo 26 serra de Queixa 41 Meseta de Lugo 56 río Arnoia

12 illas Cíes 27 serra de San Mamede 42 Terra Chá 57 río Sil

13 illa de Ons 28 serra do Xurés 43 río Eo 58 río Limia

14 cabo Corrubedo 29 serra da Loba 44 río Masma 59 río Támega

15 cabo Fisterra 30 serra da Cova da Serpe 45 río Landro 60 río Navia

3º ESO - Tema D - páx. 6

5.- As paisaxes da Terra.

Unha paisaxe é unha área xeográfica con características propias, que lle dan unidade e, ao mesmo tempo, a diferencian doutros espazos. As paisaxes naturais están constituídas por elementos físicos e biolóxicos: solo, clima, auga, vexetación e fauna. Sobre estes elementos incidiu a acción humana, que modificou profundamente a maioría das paisaxes naturais e as transformou en paisaxes humanizadas.

As variacións que se aprecian dunhas paisaxes a outras explícanse en gran medida polas súas diferenzas climáticas, xa que en función do clima desenvólvense unha vexetación, unha hidrografía, uns solos e unha fauna determinados.

Tempo e clima.

O tempo e o clima son dous fenómenos que teñen lugar na troposfera, a capa da atmosfera máis próxima á superficie terrestre. O tempo atmosférico é o estado da atmosfera sobre un lugar concreto e nun momento determinado. O tempo é cambiante, e, polo tanto, pode

variar no termo de poucas horas. Así, podemos dicir que o tempo é fresco ou seco pola mañá e caloroso ou húmido pola tarde. O clima é o estado medio da atmosfera sobre un lugar, e vén dado pola sucesión habitual de tipos de tempo sobre ese lugar ao longo do ano. O

clima ten trazos máis estables que o tempo. Para determinar eses trazos é necesario estudar, durante polo menos trinta anos, un conxunto de elementos e factores que permiten caracterizalo. Así, podemos dicir que o clima na Coruña é oceánico.

Elementos e factores do clima.

Os elementos do clima son os compoñentes medibles da atmosfera, cuxa acción conxunta define o clima dun lugar. Os máis importantes son a temperatura, as precipitacións, a presión atmosférica e o vento.

Os factores do clima son aqueles axentes ou variables que exercen unha influencia permanente sobre o clima e modifican os seus elementos. Os máis destacados son a latitude, a altitude e a distancia ao mar.

A temperatura.

A temperatura é o grao de calor do aire na atmosfera, debido á radiación solar. Mídese co termómetro, exprésase en graos centígrados (°C) e represéntase nos mapas mediante isotermas ou liñas que unen os puntos da Terra que teñen igual temperatura. Os factores que inflúen na temperatura son:

A latitude: as temperaturas diminúen desde o ecuador cara aos polos porque, dada a curvatura da Terra, os raios solares non chegan co mesmo ángulo de inclinación a todas as latitudes da Terra. Nas latitudes baixas, próximas ao ecuador, os raios do Sol inciden perpendicularmente, polo que se concentran en menor superficie e esta se quenta máis. A medida que aumenta a latitude (cara ao Norte ou cara ao Sur), a temperatura vai baixando porque o ángulo de inclinación dos raios solares é maior, polo que a súa enerxía repártese entre unha superficie máis extensa.

A altitude: as temperaturas diminúen 0,6 °C por cada 100 metros de altura, por termo medio. A distancia ao mar: as temperaturas son máis suaves cerca da costa que no interior, porque o mar atenúa os contrastes térmicos. Así, as

diferenzas de temperatura (amplitude térmica) entre o día e a noite, e entre o verán e o inverno, son menores nas zonas costeiras que nas zonas do interior. Esta situación explícase porque o mar, como todos os líquidos, tarda moito en quentarse e en arrefriarse, mentres que a Terra, como todos os sólidos, se quenta e se arrefría máis rapidamente.

Na Terra podemos distinguir tres grandes zonas térmicas en función da latitude: cálida, temperada e fría.

As precipitacións.

A precipitación é a auga procedente da atmosfera, que cae á superficie terrestre en forma líquida ou sólida. Mídese co pluviómetro, exprésase en milímetros (mm) ou en litros por metro cadrado (l/m2) e represéntase nos mapas mediante isohietas ou liñas que unen os puntos da Terra que teñen igual precipitación. Os factores que inflúen nas precipitacións son:

A latitude: nas zonas de baixa latitude, próximas ao ecuador, as precipitacións son polo xeral máis elevadas que nas zonas temperadas e frías, xa que o aire cálido contén máis vapor de auga que o aire frío. É dicir, as precipitacións diminúen do ecuador aos polos.

A altitude: as precipitacións aumentan coa altitude, pois segundo as masas de aire ascenden, arrefríanse e prodúcese a condensación do vapor de auga (paso do estado gasoso ao estado líquido) e a precipitación.

A distancia ao mar: polo xeral, as zonas costeiras reciben máis precipitacións que as zonas interiores, porque as masas de aire húmidas descargan na costa e perden humidade conforme penetran no interior dos continentes.

A presión atmosférica.

A presión atmosférica é o peso que exerce o aire sobre a superficie terrestre. Mídese co barómetro, exprésase en milibares (mb) e represéntase nos mapas mediante isóbaras ou liñas que unen os puntos da Terra que teñen igual presión. A presión normal, medida a nivel do mar, é de 1.013 milibares. Este valor considérase o límite entre as altas e as baixas presións.

As altas presións ou anticiclóns son zonas con presión superior a 1.013 milibares. Orixinan un tempo estable e seco. As baixas presións, depresións ou borrascas son zonas con presión inferior a 1.013 milibares. Orixinan un tempo inestable e con precipitacións. Os factores que inflúen na presión atmosférica son: A altitude: a presión diminúe coa altura ao reducirse o espesor da capa de aire. A temperatura do aire: o aire cálido é máis lixeiro e tende a ascender, co que forma áreas de baixa presión, mentres que o aire frío é máis denso

e tende a descender, polo que orixina áreas de alta presión.

O vento.

O vento é o movemento horizontal do aire dunhas zonas a outras. A súa velocidade mídese co anemómetro e exprésase en kilómetros por hora (km/h), e a súa dirección mídese co cataventos. Nos mapas represéntase con frechas que indican o lugar cara ao que sopra. Os ventos reciben o nome do lugar de onde proceden (vento do Norte, do Noroeste...).

O factor que orixina o vento é a diferenza de presión. O vento sopra sempre desde as áreas de alta presión ás áreas de baixa presión, e a súa velocidade é maior canto maior é a diferenza de presión entre anticiclóns (representados cun A nos mapas) e depresións (representadas cun B).

3º ESO - Tema D - páx. 7

Os climas da Terra.

A combinación dos elementos e os factores do clima dá como resultado diferentes tipos de clima na Terra. En función da temperatura, a Terra

divídese en tres grandes zonas climáticas: zona de climas cálidos, zona de climas temperados e zona de climas fríos.

A.- Os climas cálidos.

Este conxunto de climas esténdese pola zona intertropical, aproximadamente entre os 30° de latitude N e os 30° de latitude S. A súa principal

característica é que non xea nunca, xa que as temperaturas son sempre elevadas, superiores a 20 °C de media. A dinámica atmosférica está condicionada pola presenza dos alisios, ventos regulares que sopran desde as altas presións subtropicais cara ao Ecuador.

A maior ou menor abundancia de precipitacións e os contrastes entre períodos de seca e de chuvias permiten distinguir tres grandes subtipos climáticos: ecuatorial, tropical e desértico. Cada un deles caracterízase por unhas paisaxes vexetais determinadas.

A.1.- O clima ecuatorial.

Esténdese polo Ecuador e as súas proximidades, ata os 10°-15° de latitude N e S (Cunca do río Congo, Cunca do Amazonas, Indonesia...).

Caracterízase por temperaturas [T] moi cálidas e precipitacións [P] abundantes durante todo o ano. A T media anual é elevada, superior aos 25 °C; os días e as noites duran case igual e a amplitude térmica anual [AT] é inferior a 3 °C. As P son elevadas e constantes, superiores a 2.000 mm anuais, repartidos regularmente ao longo do ano. A humidade do aire é moi elevada e

non hai estación seca. Por iso, a auga é abundante e os ríos son caudalosos. A vexetación característica é a selva virxe, un bosque denso e sempre verde, composto por multitude de especies perennifolias que varían

segundo a altitude. A vexetación distribúese en pisos en función da luz que necesita cada planta. As árbores son moi altas -ata 40 m-, teñen follas grandes e deixan pasar moi pouca luz ás plantas que viven debaixo, entre as que hai fentos, lianas e enredadeiras. A fauna é diversa e moi abundante.

A.2.- O clima tropical.

Localízase nas proximidades dos Trópicos, aproximadamente entre os 10°-30° de latitude N e S. Caracterízase por T moi cálidas e P abundantes e desigualmente repartidas. A T media anual alcanza os 25 °C; os meses máis cálidos roldan os 30° e os menos cálidos superan os 20°; a AT anual é maior que no clima

ecuatorial (entre 3 °C e 10 °C) e aumenta conforme nos afastamos do ecuador. As P son inferiores ás do clima ecuatorial e concéntranse en determinados meses. Presenta dúas estacións contrastadas: un verán chuvioso e un

inverno seco. En función da duración da estación seca distínguese: un tropical húmido, (3-4 meses) con P superiores a 1.000 mm anuais, e un tropical seco (6 meses) con P entre 600-1.000 mm. Este é xa un clima de transición entre as áreas tropicais húmidas e as zonas de clima desértico.

A vexetación característica é a sabana ou pradería tropical; está formada por altas herbas salpicadas por algunhas árbores illadas como as acacias e os baobabs. As herbas medran rapidamente durante a estación de chuvias e secan ao terminar as precipitacións. As árbores teñen profundas raíces para sobrevivir nos meses secos. Ao carón dos ríos hai bosques galería. A sabana ocupa unha grande extensión no continente africano. A sabana dá paso gradualmente á estepa semidesértica, vexetación de transición entre a zona tropical e o deserto. A estepa é un tapiz de herba de pequeno talle, pobre e descontinua, que non recobre todo o chan. Só na curta estación chuviosa recibe auga suficiente e pode medrar.

Un tipo especial de clima tropical é o clima monzónico, que se estende por Asia do S e do SL (India, Bangladesh, península de Indochina...) en

latitudes onde noutros continentes hai desertos (o SL asiático atópase na mesma latitude que o deserto do Sahara). O nome deste clima procede dos monzóns, ventos estacionais que sopran desde o mar (do océano Índico ou do océano Pacífico) ao continente en verán, polo que son cálidos e moi húmidos (monzón de verán) e provocan chuvias abundantes, superiores aos 2.000 mm anuais; en inverno sopran desde o interior cara ao mar (monzón de inverno), polo que son ventos fríos e moi secos (o inverno é a estación seca). Este contraste estacional de P é a característica definitoria do clima. As T son similares ás dos climas tropicais, cun marcado contraste entre a estación húmida (cálida) e a seca (máis fría).

A vexetación das zonas de clima monzónico é o bosque tropical, con trazos similares ao bosque ecuatorial pero menos exuberante, pola existencia dunha marcada estación seca. As especies predominantes son a teca, o bambú, as lianas... A abundancia das chuvias durante a estación cálida facilitou o desenvolvemento nas chairas aluviais dun tipo de cultivo que esixe ao mesmo tempo moita auga e moita calor, o arroz, o cal permite as enormes concentracións demográficas desta zona, a máis poboada da Terra.

A.3.- O clima desértico cálido.

Sitúase nalgunhas zonas en torno aos trópicos de ambos hemisferios (Sáhara, Kalahari, Australia...). Caracterízase por T moi cálidas e P moi

escasas. Esta é a zona onde se rexistran as T máis altas do mundo; no entanto, hai variacións extremas de temperatura entre o día -moi cálido- e a noite

-moi fría- (AT diaria). A T media anual adoita superar os 20 °C. As P son moi escasas, case inexistentes (inferiores aos 250 mm anuais); estas P son moi irregulares: pode caer unha chuvia torrencial e non volver

a chover en anos; os ceos son claros e o aire é moi seco. A vexetación dos desertos é moi escasa ou nula, adaptada á escaseza de auga e á elevada insolación. As plantas (palmito, esparto...) son de

pequeno tamaño, duras e espiñentas, e algunhas almacenan auga no seu interior: son as plantas carnosas, coma os cactos, adaptados á sequidade. Só nos oasis, onde hai auga, se dá unha vexetación máis densa e variada.

B.- Os climas temperados.

Os climas temperados son os propios das latitudes medias, e esténdense entre os paralelos 30° e 65° aproximadamente. Caracterízanse por ter

T e P máis moderadas que os climas extremos (cálidos e fríos), presentan catro estacións térmicas e a súa dinámica atmosférica está condicionada polos ventos do oeste. As T medias anuais sitúanse entre os 8° e 18 °C, e as P van desde 300 a máis de 1.000 mm anuais.

Dentro dos climas temperados distinguimos tres grandes subtipos: mediterráneo, oceánico ou atlántico e continental.

3º ESO - Tema D - páx. 8

B.1.- Clima mediterráneo.

Localízase nos países que bordean o mar Mediterráneo, e noutras áreas menores das fachadas occidentais dos continentes: costas de California,

Chile central, rexión de O cabo (Sudáfrica) e o S e SO de Australia. Caracterízase por ter invernos suaves e veráns calorosos e secos. T media anual entre 15 e 20 °C; veráns calorosos (22°-25 °C) e invernos temperados (8°-12 °C); AT anual entre 10-15 °C. As P oscilan entre os 300 e 800 mm anuais, con máximos en primavera e outono. É o único clima no que o verán é a estación seca; os invernos

presentan chuvias moi irregulares. A vexetación natural das zonas de clima mediterráneo está adaptada ao verán cálido e seco. Son plantas con follas pequenas e duras, que reducen

a evaporación, e profundas raíces. A formación característica é o bosque mediterráneo, formado por un reducido número de especies, entre as que destacan árbores de folla perenne, como a aciñeira [encina], o piñeiro e a sobreira [alcornoque]. A acción humana (corta, pastoreo, incendios...) fai desaparecer o bosque e no seu lugar medra unha matogueira densa (garriga) formada por arbustos, como xaras, breixos, tomiño, lavanda...

B.2.- Clima oceánico ou atlántico.

Sitúase aproximadamente entre os 40° e 60° de latitude na franxa costeira dos continentes (Europa occidental, costa occidental de Norteamérica,

costa meridional de Chile, e costa SL de África, Australia e Nova Zelandia...). Caracterízase por T suaves e P abundantes durante todo o ano. T media anual en torno a 15 °C, veráns frescos (15°-19 °C) e invernos suaves (máis de 6 °C). AT moderada, entre 10-12 °C. As P son abundantes e suaves, cun total anual entre 1.000 e 1.500 mm. Non existe estación seca e a precipitación repártese regularmente ao

longo de todo o ano, aínda que existe un mínimo estival, máis acusado canto máis baixa sexa a latitude. A vexetación característica é o bosque atlántico, ou bosque de frondosas, formado por árbores caducifolias de grandes follas, como castiñeiros,

faias, carballos e freixos. O aspecto do bosque cambia moito dunha estación a outra, xa que durante o inverno as árbores perden as follas. Nalgunhas zonas as frondosas aparecen mesturadas con coníferas. Ao degradarse o bosque aparecen as landas, formación vexetal constituída por arbustos, entre os que destacan a uz [brezo], as xestas [retama] ou o toxo. Nas zonas máis húmidas ou deforestadas medra o prado natural.

B.3.- Clima continental.

Localízase no interior dos continentes, case exclusivamente do hemisferio norte (Canadá, NL dos Estados Unidos, Suecia, Europa oriental e Rusia). Presenta fortes contrastes entre o inverno -frío e con nevadas variables (con T inferiores a 0 °C)-, e o verán -caloroso (con T superiores a 22 °C)

e chuvioso-. Esta forte amplitude térmica é o trazo esencial do clima continental. A T media anual adoita situarse entre os 0 °C e os 10 °C. O total de P anuais non é moi abundante, oscila entre 400 e 600 mm. A distribución é irregular, o máximo de P rexístrase en verán.

A área de clima continental é moi ampla, e nela hai moitas variacións. As zonas máis próximas aos polos teñen invernos máis longos e fríos (-50 °C nos casos máis extremos), e veráns máis curtos e frescos, case inexistentes (11°-12° nos dominios máis rigorosos).

As formacións vexetais máis típicas son o bosque boreal ou taiga, e as praderías. A taiga é un espeso bosque de coníferas -especies perennifolias como piñeiros, abetos, bidueiros...- que cobre grandes extensións nas áreas máis frías, situadas máis ao N. As praderías son extensas chairas sen árbores, cubertas de herbas baixas que serven de alimento ao gando, que se estenden polas zonas máis temperadas: as grandes praderías de América do Norte, as pampas de América do Sur, os veldt do sur de África e as estepas de Eurasia.

C.- Os climas fríos.

Localízanse nas altas latitudes (rexións polares) e nas zonas montañosas máis elevadas. O seu trazo esencial son as baixas T. C.1.- O clima polar.

Sitúase ao N do Círculo Polar Ártico (illas árticas, Grenlandia) e ao S do Círculo Polar Antártico (A Antártida). Caracterízase por T extremadamente

baixas, ás veces inferiores a -50 °C; carece de estación cálida e o mes menos frío ten sempre unha T media inferior a 10 °C. A T media anual é inferior a 0 °C. As P son moi escasas, inferiores a 200 mm anuais, e case exclusivamente en forma de neve.

Nas zonas de clima continental extremado, nas cordilleiras máis elevadas da Terra e nalgunhas de clima polar o subsolo permanece conxelado todo o ano, e só a capa máis superficial se desconxela no verán, formando áreas pantanosas. A vexetación característica é a tundra. A tundra está formada por especies perennifolias de escaso crecemento e resistentes ao frío, aos fortes ventos e aos invernos escuros; medran na breve estación de desxeo: pequenos arbustos, carrizas, mofos e liques.

C.2.- O clima de alta montaña.

É propio de cordilleiras elevadas e está determinado pola altitude, que provoca un descenso das T e un aumento das P. Localízase a alturas

diferentes segundo a latitude: así, no Ecuador sitúase a partir de 4.000 m, mentres que na zona temperada dáse a partir dos 2.500 m. Os veráns son curtos e frescos, e os invernos longos e moi fríos. A T media é inferior a 10 °C, e no inverno as T son inferiores a 0 °C. As P son moi

abundantes, polo xeral superiores a 1.000 mm ao ano, e caen en forma de chuvia ou neve. A vexetación de alta montaña varía coa altura e disponse en pisos segundo a gradación de T e P. Nas zonas máis baixas hai bosque (caducifolias,

coníferas), logo arbustos, matogueiras, prados, e finalmente a vexetación desaparece, deixando rochas núas e zonas de neves perpetuas. 7.- Le a información das páxinas 16 a 19. Despois elabora un esquema sobre o poboamento (poboación e actividades económicas)

característico de cada un destes climas.

6.- As paisaxes de España.

8.- Le as páxinas 20 a 23 do libro. Coa información que che proporcionan, enche o seguinte cadro sobre os trazos básicos das

paisaxes de España [completa a información que falta nos espazos co •]

3º ESO - Tema D - páx. 9

LOCALIZACIÓN

CLIMA

VEXETACIÓN POBOAMENTO

Temperaturas [ºC] Precipitacións [mm]

ES

PA

ÑA

A

TLÁ

NT

IC

A

• •

* T media anual: ± 12º a 15º

- Veráns:

- Invernos:

* AT moderada: 10º - 12º

* P total: superior a 1.000 mm

* Máximos de P: en outono e inverno

* mínimo en verán; descenso acusado

das P, pero non hai meses secos

• •

ES

PA

ÑA

M

ED

ITE

RR

ÁN

EA

• * T media anual cálida: 15º a 18º

• Veráns:

• Invernos:

* AT un pouco maior que no clima

oceánico, pero non elevada: de 15 a 18º

* Escasas e irregulares: P total inferior a

800 mm

• P máxima:

* Mínimo no verán, con varios meses

secos [aqueles nos que a barra das P está

por debaixo da curva das T]

• •

ES

PA

ÑA

IN

TE

RIO

R

• • Clima:

• Veráns:

* TM: 24 a 26º

• Invernos:

* AT elevada: superior a 18º

• P:

* P total entre 300 e 800 mm

* Máximos de P en primavera e outono

* mínimo de P durante os meses estivais

(o verán é a estación seca)

• •

AL

TA

M

ON

TA

ÑA

• • T:

* T media anual inferior a 10º

• Veráns:

• Invernos:

• P:

* P total superior a 1000 mm anuais

• •

IL

LA

S C

AN

AR

IAS

• Zona tropical seca, preto do Trópico

de Cáncer

- Latitude: ± 28 - 29º N

- Lonxitude: ± 13 - 18º O

• • • •

3º ESO - Tema D - páx. 10

7.- Elaborar e interpretar un climograma.

Un climograma é un gráfico que representa dous dos principais elementos do clima: as temperaturas e as precipitacións. Reflicte

datos recollidos nun período de tempo moi longo, duns 30 anos. Permítenos coñecer dunha maneira moi sinxela os trazos esenciais do

clima e analizar as súas variacións ao longo do ano.

1.- Para a súa elaboración necesitamos ter datos sobre as temperaturas e as precipitacións.

✓ Os datos da temperatura exprésanse en graos centígrados (°C), e indican a temperatura media de cada un dos meses do ano.

Calcúlase sumando a temperatura media de cada día do mes e dividindo o resultado entre o número de días do mes.

✓ Os datos das precipitacións exprésanse en milímetros (mm), e indican o total de precipitación de cada un dos meses do ano.

a.- Imos debuxar o climograma nunha folla de papel milimetrado. En primeiro lugar, trazamos un eixe horizontal de 12 cm na parte

inferior, no cal colocaremos os doce meses do ano. A letra inicial do mes debe estar situada no centro do cm de cada mes.

b.- A continuación, debuxamos o eixe das temperaturas na parte esquerda do gráfico, e o eixe das precipitacións na parte dereita

(eixes verticais). Normalmente, a escala das precipitacións é o dobre que a escala das temperaturas: se indicamos as

temperatura a razón de 5° por cada cm de altura do eixe, indicaremos as precipitacións a razón de 10 mm por cada cm.

c.- Por último, representaremos no gráfico a media térmica e o total de precipitacións recollidas en cada mes:

▪ As temperaturas represéntanse mediante puntos que logo se unen cunha liña continua de cor vermella. O punto debe

colocarse no centro do espazo correspondente a cada mes (1cm). Se a temperatura baixa de 0 °C prolóngase o eixe vertical

das temperaturas por debaixo da liña horizontal dos meses.

▪ As precipitacións represéntanse mediante barras de cor azul. Deixaremos un espazo de 2 mm a cada lado da barra, para

separar as barras; polo tanto, o ancho de cada barra será de 6 mm.

2.-Para a súa interpretación debemos seguir os seguintes pasos básicos:

a.-Describimos os seus caracteres térmicos. Centrarémonos nos seguintes:

▪ A temperatura media anual [T]: normalmente xa ven dada nos datos da gráfica (se non o está debemos calculala a partir das

temperaturas medias mensuais). Indicamos cal é e valoramos se pode considerarse elevada, baixa, moderada...

▪ A temperatura media do mes máis cálido [TM]: indicamos cal é, en que mes se dá, e valoramos como pode considerarse.

▪ A temperatura media do mes máis frío [Tm]: indicamos cal é, en que mes se dá e valoramos como pode considerarse.

▪ A amplitude térmica anual [AT]: é a diferenza entre a TM e a Tm. Calculamos canto é e valorámola.

b.-Describimos os seus caracteres pluviométricos. Centrarémonos nos seguintes:

▪ O total anual de precipitacións [P]: normalmente xa ven dado nos datos da gráfica (se non o está debemos calculalo a partir

das precipitacións de cada mes). Indicamos canto é e valoramos se pode considerarse elevado, escaso, moderado...

▪ O mes e estación en que se produce o máximo de precipitacións [PM].

▪ O mes e estación en que se produce o mínimo de precipitacións [Pm]. Indicaremos se hai meses secos (aqueles en que o total

de P do mes é inferior ao dobre da T media do mes; no gráfico, aqueles en que a barra das P está por debaixo da liña das T).

▪ Comparando estes dous datos podemos valorar se as precipitacións se distribúen de forma regular ao longo do ano, se hai

unha gran diferenza entre os máximos e os mínimos, se estes se corresponden cos meses cálidos ou fríos...

c.-Identificamos e localizamos o clima.

▪ A partir dos datos anteriores, deducimos a que clima corresponde a gráfica.

▪ Despois indicamos en que área ou áreas se localiza o clima.

▪ Por último, resumimos os trazos esenciais do mesmo (T e P).

d.-Explicamos cal é a paisaxe característica dese tipo de climas: indicaremos os trazos elementais da vexetación e do poboamento.

9.-Elabora e comenta os seguintes climogramas:

1

Meses Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual

T en ̊C 21 23 26 28 27 25 24 24 23 23 22 21 T media: 23,9

P en mm 5 7 10 40 106 73 99 127 170 150 68 10 Total: 865 mm

2

Meses Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual

T en ̊C 9 9 12 12 14 17 19 19 18 15 12 10 T media: 14 ̊C

P en mm 119 89 74 82 88 66 59 84 114 134 134 155 Total: 1.198 mm

3

Meses Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual

T en ̊C 10,8 11,2 12,5 15 18,5 21 24,5 25 22,5 18,3 15,5 11,5 T media:

P en mm 53 41 33 29 43 33 12 30 57 125 63 57 Total:

4

Meses Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual

T en ̊C 5,5 7,5 9,5 13,5 16,6 21,7 26 24,2 20,5 17 10 5,5 T media:

P en mm 89 84 67 51 56 26 4 8 33 60 68 70 Total:

10.- Comenta os seguintes climogramas:

3º ESO - Tema D - páx. 11

1 Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual

TºC -5'6 -4'2 0'7 8'7 15'1 18'2 19'3 18'6 13'9 8,1 2'1 -2'3 T media: 7'7

Pmm 47 46 39 49 53 73 88 69 47 35 51 52 P total: 649

caracteres

térmicos

caracteres

pluviométricos

identificación,

localización

e trazos

vexetación e

poboamento

2 Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual

TºC 16 16'9 20 23'7 27'2 28'6 29 28'3 27'2 24'6 21'1 17'8 T media: 23'4

Pmm 20 28 37 101 168 236 256 310 265 150 70 15 P total: 1656

caracteres

térmicos

caracteres

pluviométricos

identificación,

localización

e trazos

vexetación e

poboamento

3º ESO - Tema D - páx. 12

3 Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual

TºC 11'4 12'3 13'7 15'1 17'4 20'2 22'4 22'8 21'7 18'5 14'5 11'8 T media: 16'8

Pmm 110 111 69 64 39 21 5 6 26 80 114 108 P total: 753

caracteres

térmicos

caracteres

pluviométricos

identificación,

localización

e trazos

vexetación e

poboamento

4 Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual

TºC 26'7 26'6 26'7 26'6 26'8 26'4 26'2 26'3 26'4 26'5 26'6 26'7 T media: 26'5

Pmm 360 312 340 429 371 205 156 134 137 288 375 402 P total: 3509

caracteres

térmicos

caracteres

pluviométricos

identificación,

localización

e trazos

vexetación e

poboamento