tema 5_6 galego anaya 3º eso

21
Exercicio nº 1.- Pon guión, parénteses e comiñas onde sexa preciso: A linguaxe das leis é de carácter xurídico administrativo. Xurxo Souto Os Diplomáticos de Monte Alto vén o xoves ao instituto para pronunciar unha conferencia. Escoitamos unha voz que dicía: E vós que facedes aí? O nome Irene en grego significa paz. A TVG Televisión de Galicia colabora con esa campaña. Exercicio nº 2.- No seguinte texto subliña os determinantes, sinala cales son artigos e indica que elementos forman as contraccións de artigos con preposición. No castro deste nome, todas as noites hai unha luciña debaixo dun penedo que hai no medio da croa. Un día que foi un pequeno gardar as ovellas para este lugar, apareceulle unha muller moi guapa que, acercándose a el, lle dicía que era de familia moi rica, pero que estaba alí encantada había moitos anos. X. M. González Reboredo: Lendas galegas de tradición oral, ed. Galaxia.

Upload: jose-castro

Post on 27-May-2017

251 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

Exercicio nº 1.-

 

Pon guión, parénteses e comiñas onde sexa preciso:

 

  A linguaxe das leis é de carácter xurídico administrativo.

  Xurxo Souto Os Diplomáticos de Monte Alto vén o xoves ao instituto para pronunciar unha conferencia.

  Escoitamos unha voz que dicía: E vós que facedes aí?

  O nome Irene en grego significa paz.

  A TVG Televisión de Galicia colabora con esa campaña.

 

 

 

Exercicio nº 2.-

 

No seguinte texto subliña os determinantes, sinala cales son artigos e indica que elementos forman as contraccións de artigos con preposición.

 

No castro deste nome, todas as noites hai unha luciña debaixo dun penedo que hai no medio da croa.

Un día que foi un pequeno gardar as ovellas para este lugar, apareceulle unha muller moi guapa que, acercándose a el, lle dicía que era de familia moi rica, pero que estaba alí encantada había moitos anos.

 

X. M. González Reboredo: Lendas galegas de tradición oral, ed. Galaxia.

 

 

 

Exercicio nº 3.-

 

Subliña os adxectivos determinativos e distingue entre demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos e exclamativos:

Page 2: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

 

  Que susto levou ese rapaz!

  O meu tío Paco ten oito fillos.

  Cantos metros de tea se necesitan para facer un disfrace de pallaso?

  Que nome aparece aí? Non entendo esa letra.

 

 

 

Exercicio nº 4.-

 

Le atentamente o texto e responde:

 

Esta é como Santa Maria acrecentou o vinho no tonel, por amor da boa

dona de Bretanha.

 

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho.

 

Desto direi um miragre que fez em Bretanha

Santa Maria por ua dona mui sem sanha,

em que muito bom costum' e muita boa manha

Deus posera, que quis dela seer seu vezinho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

 

Sobre toda-las bondades que ela havia,

era que muito fiava em Santa Maria;

e por ende a tirou de vergonha um dia

del Rei, que a sa casa vinhera de caminho.

Page 3: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

 

A dona polo servir foi muit' afazendada

e deu-lhe carn' e pescado e pam e cevada;

mas de bom vinho pera el era mui menguada,

ca nom tinha senom pouco em um tonelcinho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

 

E dobrava-xe-lh' a coita, ca pero quisesse

havé-lo, nom era end' em terra que podesse

por dinheiros nem por outr' haver que por el desse,

se nom fosse pola Madre do Velh' e Meninho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

 

E com aquest' esperança foi á eigreja

e diss' : "Ai, Santa Maria, ta mercee seja

que me saques daquesta vergonha tam sobeja:

se nom nunca vestirei ja mais lãa nem linho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

 

Mantenent' a oraçom da dona foi oída,

e el Rei e sa companha toda foi comprida

de bom vinh' , e a adega nom ém foi falida

que nom achass' i avond' o riqu' e mesquinho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

Page 4: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

 

Afonso X

 

a  Explica cales son os dous grupos en que se dividen as Cantigas de Santa María e sinala a cal deles pertence esta. Cres que o seu contido se axusta á estrutura deste tipo de composicións?

b  Resume o seu argumento.

c  Que é unha tenzón? Coñeces o título dalgunha obra histórica en prosa escrita en galego durante a Idade Media?

d)  Que tipo de composicións se coñece co nome de pranto? Como se chama a versión do Códex Calixtinus escrita en galego na Idade Media?

 

 

 

Exercicio nº 5.-

 

a)  Escribe o significado destas abreviaturas:

 

etc.                                 cént.                                     adx.

S.L.                                Ilmo.                                     EE. UU.

 

b)  Escribe o significado destes símbolos:

 

L                                     $                                           m/s

m3                                   CV                                         min

 

 

 

Exercicio nº 6.-

 

Page 5: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

a)  Subliña e clasifica os posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos e exclamativos que atopes neste texto.

 

Cada noite abro a ventá do meu cuarto íntimo e escoito como o río baixa ledo, e corre pola súa canle coma o sangue polo corpo dun príncipe durmido. E vexo como todas as lúas do ano marcan pasadizos de nácara que levan ao extremo sur do xardín. Por eles camiñan as estrelas, que se deteñen nas dúas árbores, trocando as follas en rizos brancos axitados pola brisa.

 

Fina Casalderrey: Lúas de nácara, Edicións Xerais

 

posesivos numerais indefinidos interrogativos exclamativos

         

 

b)  Diferencia entre os que son adxectivos determinativos e os que son pronomes.

 

 

 

Exercicio nº 7.-

 

a)  Cales foron as causas principais da castelanización que se produciu en Galicia a partir do século XV?

b)  Que cambio importante se vai dar neste proceso coa chegada do século XVIII?

 

 

SOLUCIÓNS:

Page 6: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

Exercicio nº 1.-

 

Pon guión, parénteses e comiñas onde sexa preciso:

 

A linguaxe das leis é de carácter xurídico administrativo.

Xurxo Souto Os Diplomáticos de Monte Alto vén o xoves ao instituto para pronunciar unha conferencia.

Escoitamos unha voz que dicía: E vós que facedes aí?

O nome Irene en grego significa paz.

A TVG Televisión de Galicia colabora con esa campaña.

 

 

Resposta:

 

  A linguaxe das leis é de carácter xurídico-administrativo.

  Xurxo Souto (Os Diplomáticos de Monte Alto) vén o xoves ao instituto para pronunciar unha conferencia.

  Escoitamos unha voz que dicía: "E vós que facedes aí?".

  O nome "Irene" é grego e significa "paz".

  A TVG (Televisión de Galicia) colabora con esa campaña.

 

 

 

Exercicio nº 2.-

 

No seguinte texto subliña os determinantes, sinala cales son artigos e indica que elementos forman as contraccións de artigos con preposición.

 

No castro deste nome, todas as noites hai unha luciña debaixo dun penedo que hai no medio da croa.

Page 7: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

Un día que foi un pequeno gardar as ovellas para este lugar, apareceulle unha muller moi guapa que, acercándose a el, lle dicía que era de familia moi rica, pero que estaba alí encantada había moitos anos.

 

X. M. González Reboredo: Lendas galegas de tradición oral, ed. Galaxia.

 

 

Resposta:

 

No (en + artigo o) castro deste (de + este) nome, todas as (artigo) noites hai unha luciña debaixo dun (de + un) penedo que hai no (en + artigo o) medio da (de + artigo a) croa.

Un día que foi un pequeno gardar as (artigo) ovellas para este lugar (...), apareceulle unha muller moi guapa, que, acercándose a el, lle dicía que era de familia moi rica, pero que estaba alí encantada había moitos anos.

 

 

 

Exercicio nº 3.-

 

Subliña os adxectivos determinativos e distingue entre demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos e exclamativos:

 

Que susto levou ese rapaz!

O meu tío Paco ten oito fillos.

Cantos metros de tea se necesitan para facer un disfrace de pallaso?

Que nome aparece aí? Non entendo esa letra.

 

 

Resposta:

 

  Que (exclamativo) susto levou ese (demostrativo) rapaz!

Page 8: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

  O meu (posesivo) tío Paco ten oito (numeral cardinal) fillos. 

  Cantos (interrogativo) metros de tea se necesitan para facer un (indefinido) disfrace de pallaso?

  Que (interrogativo) nome aparece aí? Non entendo esa (demostrativo) letra.

 

 

 

Exercicio nº 4.-

 

Le atentamente o texto e responde:

 

Esta é como Santa Maria acrecentou o vinho no tonel, por amor da boa

dona de Bretanha.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho.

Desto direi um miragre que fez em Bretanha

Santa Maria por ua dona mui sem sanha,

em que muito bom costum' e muita boa manha

Deus posera, que quis dela seer seu vezinho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

Sobre toda-las bondades que ela havia,

era que muito fiava em Santa Maria;

e por ende a tirou de vergonha um dia

del Rei, que a sa casa vinhera de caminho.

Page 9: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

A dona polo servir foi muit' afazendada

e deu-lhe carn' e pescado e pam e cevada;

mas de bom vinho pera el era mui menguada,

ca nom tinha senom pouco em um tonelcinho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

E dobrava-xe-lh' a coita, ca pero quisesse

havé-lo, nom era end' em terra que podesse

por dinheiros nem por outr' haver que por el desse,

se nom fosse pola Madre do Velh' e Meninho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

E com aquest' esperança foi á eigreja

e diss' : "Ai, Santa Maria, ta mercee seja

que me saques daquesta vergonha tam sobeja:

se nom nunca vestirei ja mais lãa nem linho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

Mantenent' a oraçom da dona foi oída,

e el Rei e sa companha toda foi comprida

de bom vinh' , e a adega nom ém foi falida

Page 10: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

que nom achass' i avond' o riqu' e mesquinho.

Como Deus fez vinho d' água ant' archetecrinho,

bem assi depois sa Madr' acrecentou o vinho

 

Afonso X

 

a Explica cales son os dous grupos en que se dividen as Cantigas de Santa María e sinala a cal deles pertence esta. Cres que o seu contido se axusta á estrutura deste tipo de composicións?

b Resume o seu argumento.

c Que é unha tenzón? Coñeces o título dalgunha obra histórica en prosa escrita en galego durante a Idade Media?

d) Que tipo de composicións se coñece co nome de pranto? Como se chama a versión do Códex Calixtinus escrita en galego na Idade Media?

 

 

Resposta:

 

a)  As Cantigas de Santa María son un total de catrocentas vinte e sete composicións en honor da Virxe que se dividen en dous grupos: cantigas narrativas, que contan milagres realizados pola Virxe, onde podemos incluír a cantiga presente, e líricas ou composicións en forma de oracións, loanzas e cantos en honra de María. Entre estas destacan as de loor, que se intercalan ente cada nove cantigas narrativas e son unha especie de cantigas de amor ao xeito divino, nas que a Virxe é a dona a quen eloxia e ama o rei trobador. O contido desta composición estrúcturase de acordo co esquema que se repite nas cantigas narrativas: introdución e presentación do personaxe, situación de perigo ou tentación e intervención da Virxe.

b)  Nárrasenos como a Virxe axuda unha piadosa muller que se atopa nunha situación comprometida cando o rei vai á súa casa e ela se decata de que apenas ten viño para ofrecerlle. Santa María oe a súa oración e multiplica o viño do tonel, de maneira que a anfitriona pode satisfacer a sede dos seus visitantes.

c)  É un dos chamados xéneros menores da nosa literatura medieval; é unha cantiga dialogada onde dous autores discuten sobre as súas habilidades versificatorias, tomando a palabra un en cada estrofa. A crónica troiana e A historia troiana.

d)  É un dos chamados xéneros menores da nosa literatura medieval, un poema de loanza a un personaxe morto, normalmente de grande importancia social. Os miragres de Santiago.

 

 

Page 11: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

 

Exercicio nº 5.-

 

a) Escribe o significado destas abreviaturas:

 

etc. cént. adx.

S.L. Ilmo. EE. UU.

 

b) Escribe o significado destes símbolos:

 

L $ m/s

m3 CV min

 

 

Resposta:

 

a)  etc.: etcétera, cént.: céntimo, adx.: adxectivo, S.L.: Sociedade Limitada, Ilmo.: ilustrísimo, EE. UU.: Estados Unidos.

b)  L: Leste, $: dólar, m/s: metro por segundo, m3: metro cúbico, CV: cabalo de vapor, min: minuto.

 

 

 

Exercicio nº 6.-

 

a) Subliña e clasifica os posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos e exclamativos que atopes neste texto.

 

Cada noite abro a ventá do meu cuarto íntimo e escoito como o río baixa ledo, e corre pola súa canle coma o sangue polo corpo dun príncipe durmido. E vexo como todas as lúas do ano marcan pasadizos de nácara que levan ao extremo sur do xardín. Por eles camiñan as estrelas, que se deteñen nas dúas árbores, trocando as follas en rizos brancos axitados pola brisa.

Page 12: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

 

Fina Casalderrey: Lúas de nácara, Edicións Xerais

 

posesivos numerais indefinidos interrogativos exclamativos

         

 

b) Diferencia entre os que son adxectivos determinativos e os que son pronomes.

 

 

Resposta:

 

a)  Cada noite abro a ventá do meu cuarto íntimo e escoito como o río baixa ledo, e corre pola súa canle coma o sangue polo corpo dun príncipe durmido. E vexo como todas as lúas do ano marcan pasadizos de nácara que levan ao extremo sur do xardín. Por eles camiñan as estrelas, que se deteñen nas dúas árbores, trocando as follas en rizos brancos axitados pola brisa.

 

posesivos numerais indefinidos interrogativos exclamativos

meu

súadúas

Cada

(d)un

todas

   

 

b)  Son todos adxectivos determinativos.

 

 

 

Exercicio nº 7.-

 

Page 13: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

a) Cales foron as causas principais da castelanización que se produciu en Galicia a partir do século XV?

b) Que cambio importante se vai dar neste proceso coa chegada do século XVIII?

 

 

Resposta:

 

a)  A substitución da nobreza galega por outra foránea durante o reinado dos Reis Católicos, coa chegada de funcionarios e cregos de orixe castelá; castelanización da Igrexa nas prácticas relixiosas e no ensino; creación da Universidade de Santiago e chegada da imprenta a Galicia. 

b)  Xorden as voces dalgúns ilustrados que procuran a dignificación de Galicia, estudan a súa lingua, recuperan o cultivo literario e van sentando as bases do Rexurdimento. Destaca neste momento a obra do Padre Feixoo e o Padre Sarmiento.

 

Exercicio nº 1.-

 

Page 14: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

Pon guión, parénteses e comiñas onde sexa preciso:

 

  Fina, tan xenerosa coma sempre, foi a única que non participou no agasallo de Fernando.

  A palabra petróglifo ten catro sílabas: pe tró gli fo.

  A Brais fixéronlle o contrato por medio dunha ETT Empresa de Traballo Temporal.

  Eu nacín nunha aldea da Fonsagrada Lugo.

  Lede o Canto ao Idioma Galego, que está na páxina vinte da Antoloxia Poética de Manuel María.

 

 

 

Exercicio nº 2.-

 

No seguinte texto subliña os determinantes, sinala cales son artigos e indica que elementos forman as contraccións de artigos con preposición.

 

Mais antes quixo matar a sede que o esligaba había longo pedazo bebendo nun claro regato (...). Xa entremedias dos camiñantes ao se mesturar con eles, dirixiuse cara ao templo para facer as súas cotiás oracións e darlle grazas a Deus pola protección que lle dispensara na viaxe.

 

X. M. González Reboredo: Lendas galegas de tradición oral, ed. Galaxia.

 

 

 

Exercicio nº 3.-

 

Subliña os adxectivos determinativos e distingue entre demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos e exclamativos:

 

  Alberte colleu unha vasoira e non deixou ningún cuarto sen varrer.

  Gústame máis este coche que tes agora que aquel que tiñas cando te coñecín.

  Temos corenta e oito sinaturas para defender o noso proxecto.

Page 15: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

  Que refresco prefires beber?

 

 

 

Exercicio nº 4.-

 

Le atentamente o texto e responde:

 

Vaasco Martíz, pois vós trabalhades

e trabalhastes de trobar d' amor,

do que agora, par Nostro Senhor,

quero saber de vós que mi o digades,

dizede-mi-o, ca bem vos estará:

pois vós esta por que trobastes ja

morreu, par Deus, por quem trobades?

 

Afonso Sanches, vos me preguntades

e quero-vos eu fazer sabedor:

eu trobo e trobei pola melhor

das que Deus fez -esto bem o creades:

esta do coraçom nom me salrá,

e atenderei seu bem se mi o fará,

e vós al de mim saber nom queirades

 

Vaasco Martíz, vós nom respondedes

nem er entendo, assi veja prazer,

por que trobades, ca ouvi dizer

que aquela por que trobad' havedes

e que amastes vós máis d'outra rem

Page 16: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

que vos morreu ha gram temp' e por ém

pola morta a trobar nom devedes

 

Afonso Sanches, pois nom entendedes

em qual guisa vos eu fui responder,

a mim em culpa nom devem poer,

mais a vós, se o saber nom podedes:

eu trobo pola que m' em poder tem

e vence todas de parecer bem,

pois viva é, ca nom como dizedes.

 

Vaasco Martíz, pois vos morreu por quem

sempre trobastes, maravilho-m' ém,

pois vos morreu, como vós nom morredes

 

Afonso Sanches, vós sabedes bem

que viva é e comprida de sém

a por que trobo; e sabe-lo-edes.

 

a  A que xénero pertence esta composición? Localiza no texto algunha alusión a elementos do amor cortés. Sobre que tópico do amor cortés se ironiza nel?

b  Explica cales son os dous grupos en que se dividen as Cantigas de Santa María. Como se titula a obra da prosa galega medieval onde se recollen os milagres do Apóstolo e de que obra latina é unha versión?

c  A que se lle chama o ciclo bretón da prosa medieval galego-portuguesa?

 

 

 

Exercicio nº 5.-

 

Page 17: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

a)  Escribe a abreviatura que corresponde en cada caso:

 

Alteza Real                    despois de Cristo                  esquerda

apartado                        director                                 masculino

 

b)  Escribe o significado destes símbolos:

 

€                                     S                                           %

W                                   £                                           dm

 

 

 

Exercicio nº 6.-

 

a)  Subliña e clasifica os posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos e exclamativos que atopes neste texto.

 

Lidia dedica os recreos a coquetear con eses rapaces doutro curso. Son tres e dá a impresión de que intenta ligar cos tres a un tempo. [...] A min non me importa que se dedique a ligar, pero non sei por que ten que demostrar todo o tempo o chistosa que é facendo burla de min.

Se cadra a culpa é da profe de matemáticas. É unha loira gordiña, desas que, como di miña curmá Ana, nun momento da súa vida tivo que tomar unha decisión transcendental: pasar toda a vida a dieta ou ser unha gordiña feliz. Ben, pois Irene, a de matemáticas, decidiu ser unha gordiña feliz. Irene pediume a min que saíse ao encerado para resolver un problema de xeometría despois de que Lidia pelexase con el máis de dez minutos.

 

Marilar Aleixandre: A banda sen futuro, Edicións Xerais (adapt.)

 

posesivos numerais indefinidos interrogativos exclamativos

         

 

Page 18: TEMA 5_6  GALEGO ANAYA 3º ESO

b)  Diferencia entre os que son adxectivos determinativos e os que son pronomes.

 

 

 

Exercicio nº 7.-

 

a)  Comenta a importancia do papel da Igrexa no proceso de castelanización que sufriu Galicia a partir do século XV.

b)  Comenta o que saibas acerca da literatura dos Séculos Escuros.