tema 5. principais plataformas para crear unha rede social ... · tema 5. principais plataformas...

9
TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación imos coñecer neste tema as principais e máis empregadas redes sociais educativas. Deseñar, crear, manter, xestionar, etc unha rede social é un traballo bastante laborioso e custoso así que é fundamental coñecer as contornas, o que ofrecen, o que non ofrecen, etc, antes de escoller unha delas. Por iso seleccionamos as máis empregadas neste momento no mundo e analizámolas neste tema. Varias delas como Edmondo ou Schoology están expresamente pensadas para crear unha rede social educativa como as que falabamos en temas anteriores e as outras dúas que aportamos, Brainly e The Capsuled temos que tomalas como un complemento as que empregamos para crear a nosa aula virtual. BRAINLY Brainly é unha rede social baseada en Cracovia e Nova York. Actualmente conta con 100 millóns de usuarios únicos mensuais de máis de 35 países. Foi fundada no ano 2009. Basea o seu uso na aprendizaxe colaboradora onde os membros poden efectuar preguntas reunidas por materias e outros membros da mesmas respondelas. A súa contorna visual garda un gran paralelismo con outras redes sociais, sobre todo con Facebook o que fai que a curva inicial de aprendizaxe para o seu emprego sexa moi rápida. Na parte esquerda da pantalla temos a listaxe de materias sobre as que a xente realizou algún tipo de

Upload: others

Post on 13-Mar-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa

Achegándonos a parte final desta formación imos coñecer neste tema as principais e máis

empregadas redes sociais educativas.

Deseñar, crear, manter, xestionar, etc unha rede social é un traballo bastante laborioso e

custoso así que é fundamental coñecer as contornas, o que ofrecen, o que non ofrecen, etc, antes de

escoller unha delas.

Por iso seleccionamos as máis empregadas neste momento no mundo e analizámolas neste

tema. Varias delas como Edmondo ou Schoology están expresamente pensadas para crear unha rede

social educativa como as que falabamos en temas anteriores e as outras dúas que aportamos, Brainly

e The Capsuled temos que tomalas como un complemento as que empregamos para crear a nosa

aula virtual.

BRAINLY

Brainly é unha rede social baseada en Cracovia e Nova York. Actualmente conta con 100

millóns de usuarios únicos mensuais de máis de 35 países. Foi fundada no ano 2009.

Basea o seu uso na aprendizaxe colaboradora onde os membros poden efectuar preguntas

reunidas por materias e outros membros da mesmas respondelas.

A súa contorna visual garda un gran paralelismo con outras redes sociais, sobre todo con

Facebook o que fai que a curva inicial de aprendizaxe para o seu emprego sexa moi rápida. Na parte

esquerda da pantalla temos a listaxe de materias sobre as que a xente realizou algún tipo de

Page 2: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

pregunta, a dereita aparece a nosa información de perfil e os “retos” propostos, na parte superior

atopamos o espazo para realizar as preguntas, acceso as mensaxes privadas, etc e na parte principal

do centro é onde imos atopando as preguntas.

Brainly ten unha compoñente moi importante de “gamificación”. Basea o seu uso en acadar

metas valoradas con puntos. Cada pregunta que alguén propuxo valórase cunha serie de puntos,

variables segundo a súa dificultade.

Aporta a posibilidade de completar “retos” por varias preguntas cun tempo establecido para

acadar máis puntos extra.

Page 3: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

Brainly non é unha rede social na que poidamos deseñar grupos, reunir o noso alumnado,

etc. Non ten ese valor. Podemos dicir que é unha rede social de emprego rápido xa que o seu uso

limítase a acceder e expresar ou responder preguntas.

Evidentemente cunha ollada rápida decatámonos de que un gran número dos usuarios

emprégana para resolver as súas tarefas ou directamente para evitar ter que buscar esa información

noutras canles, pero a parte que nos interesa é a dos que responden xa que teñen que obter esa

información de dous xeitos: ou ben xa a coñecen, polo que redactala e compartila sérvelles para

lembrala e fixala e se non a coñecen teñen que acadar eses coñecementos pola sua propia contra

para responder e obter máis puntos.

Page 4: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

EDMODO

Edmodo é unha rede social creada para facilitar a comunicación entre docentes e alumnado

nunha contorna pechada e privada a xeito de “microblogging”, é dicir, dun xeito moi semellante ao

que sería Facebook ou Twitter. Cun muro onde facemos pequenas publicacións e o resto poden

visitalas e comentalas.

Page 5: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

Unha das diferencias fundamentais de Edmodo con respecto a outras plataformas como

Brainly é que desde o inicio, cando creamos a conta, distingue entre tres tipos delas: alumnado,

docente ou pai/nai:

Ao igual que en Brainly, Edmodo, engadiu un compoñente de “gamificación” deixando

liberdade ao docente para asignar diversos premios simbólicos como insignias, distintivos especiais,

medallas, etc para premiar tantas cousas como desexe: ao mellor comentario, ao alumno/a máis

participativo, ao que máis se esforzou, etc. Mesmo pode cada docente crear os distintivos

personalizados ao seu gusto.

Para moitos é a rede social educativa definitiva xa que permite crear aulas invertidas dun

xeito moi doado e xestionalas cun gran número de variables.

Page 6: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

SCHOOLOGY

Moi semellante a Edmondo atopamos Schoology. Ao igual que esta é unha rede social que

permite en gran medida personalizar ao noso gusto e necesidades a súa contorna. Esta contorna,

tamén como en Edmondo, é moi semellante a Facebook e podemos xestionala dun xeito parecido,

creando grupos de alumnos que farán a vez de representación virtual da nosa aula no centro.

Unha vez que o alumnado accede a eses grupos creados polo docente as posibilidades son

inmensas xa que permite engadir en cada grupo todo o contido que desexemos como tarefas,

probas, arquivos de documentos, páxinas de debate, etc.

Page 7: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

Schoology tamén permite o acceso aos pais e nais co seu propio perfil. Estes perfís están

sempre ligados ao do propio alumno/a e só poden crearse se o titor dese alumno proporciona un

código aos pais/nais para acceder.

Unha vez que un pai/nai accede ao sistema co perfil ligado ao do seu fillo/a pode visualizar

as tarefas que se encargaron ao alumando e mesmo visitar a páxina do grupo de clase tal e como a

vería o fillo/a. Aínda que temos que salientar que pode que todo o contido publicado por outros

alumnos sexa visible para as contas dos pais.

Page 8: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

THE CAPSULED

Posiblemente é, das que imos falar aquí, a que ten unha incorporación máis recente no abano

de redes sociais para educación. Creouse no ano 2015 pola editorial catalá Tekman Books.

De todas as que falamos neste tema é a máis diferente xa que basea todo o seu

desenvolvemento na creación de contidos máis ou menos complexos e elaborados. Cada unha deses

contidos gárdao nunha cápsula ao que o resto de usuarios pode acceder, comentar, compartir, etc.

Non é tanto unha rede pensada para a comunicación directa alumnado-docente senón para a propia

comunicación entre docentes ou dos docentes cas familias.

O xeito de funcionar sería moi semellante por exemplo a Twitter, pero en lugar de que cada

usuario comparte un contido en forma de chío, ten formade cápsula que fai de contedor desde

contido.

Page 9: TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social ... · TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa Achegándonos a parte final desta formación

Unha vantaxe fundamental que incorpora “The Capsuled” e que estas cápsulas están

organizadas por categorías, o que fai que a navegación por elas coa intención de conseguir

información para o traballo que queremos realizar sexa moito máis certa.

Estas son as principais categorías:

• Bebés de 0 a 3 años

• Nenos/as de 3 a 7 años

• Ensino primario

• Ensino Secundario

• Intelixencias Múltiples

• Maternidade

• TIC

• Pedagoxía

• Aprender a Educar

• ¿Que fago cos meus fillos cando…?