tema 4. parte i. as bases da herdanza
DESCRIPTION
Primeira parte do tema as bases da Herdanza. Feito pola profesora María José Camba (un saudo alí onde estés). Nivel 4º ESO.TRANSCRIPT
![Page 1: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/1.jpg)
Tema 4: as bases da herdanzaTema 4: as bases da herdanza1.- O ADN E A INFORMACIÓN XENÉTICA
1.1 Que son os ácidos nucleicos
Os ácidos nucleicos están formados por C, H, O, N e P.
Están formados por unhas moléculas chamadas nucleótidos.
![Page 2: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/2.jpg)
NucleótidosNucleótidosCada nucleótido está formado por:
* Unha BASE NITROXENADA. Hai 5 diferentes:
Púricas: Adenina (A)
Guanina (G)
Pirimidínicas: Citosina (C)
Timina (T)
Uracilo (U)
* Un azucre de 5 C (PENTOSA). Poden levar Ribosa ou Desoxirribosa
* Un grupo FOSFATO
![Page 3: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/3.jpg)
1.2 1.2 Tipos de ácidos nucleicosTipos de ácidos nucleicos
Existen dous tipos de ácidos nucleicos:Existen dous tipos de ácidos nucleicos:- ADN (ácido desoxirribonucleico)- ADN (ácido desoxirribonucleico)- ARN (ácido ribonucleico)- ARN (ácido ribonucleico)
![Page 4: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/4.jpg)
O ADN: composición e estrutura
Composición: catro nucleótidos diferentes (con A,T,C,G)
![Page 5: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/5.jpg)
Estrutura do ADN
Dúas cadeas de nucleótidos, complementarias e antiparalelas
A-T
C-G
ESTRUTURA
Dobre hélice
![Page 6: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/6.jpg)
A maior parte do ADN celular está no núcleo en forma de cromatina (interfase) ou de cromosomas (división celular)
O ADN contén a información xenética: a secuencia de bases ó longo dunha cadea contén a información hereditaria.
![Page 7: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/7.jpg)
O ARN: composición e estruturaCadea de nucleótidos (catro diferentes)
Grupo fosfato
Ribosa
Base nitroxenada (catro posibilidades: A,G,C,U)
![Page 8: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/8.jpg)
Estrutura do ARN
-Unha soa cadea de nucleótidos
- Hai tres tipos
![Page 9: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/9.jpg)
ARNm: Fórmase no núcleo, “copiando” (transcrición) un fragmento de ADN e leva a información ós ribosomas.
ARNr: Forma parte dos ribosomas.
ARNt: Leva os aminoácidos ata os ribosomas. Alí os aminoácidos se unen para formar as proteínas.
![Page 10: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/10.jpg)
2.- O ADN CONTROLA A INFORMACIÓN XENÉTICA
2.1 A síntese de proteínas
As proteínas son moléculas de gran tamaño formadas pola unión de moléculas máis pequenas: os aminoácidos.
Hai 20 aminoácidos diferentes, que se unen formando cadeas para dar lugar a miles de proteínas distintas.
![Page 11: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/11.jpg)
O ADN contén a información necesaria para unir determinados aminoácidos e formar as proteínas. O proceso de síntese ten lugar en dúas etapas: a transcrición e a tradución.
a) A transcrición
http://www.bioygeo.info/AnimacionesBio2.htm#Transcripcion
![Page 12: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/12.jpg)
A información xenética está contida no ADN, na secuencia das bases nitroxenadas.
O ADN non pode saír do núcleo para dirixirse ós ribosomas, orgánulos onde se produce a síntese de proteínas. Entón hai que “copiar” (TRANSCRIBIR) o fragmento de ADN que interese á célula nese momento.
A molécula que leva a información do ADN do núcleo ó citoplasma (ós ribosomas) é o ARNm constituído polas base complementarias dunha das dúas cadeas de ADN que lle serviu de molde. Este ARN leva como pentosa a ribosa e como base complementaria da adenina o uracilo.
![Page 13: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/13.jpg)
b) A tradución
Os aminoácidos (libres no citoplasma) son levados ata os ribosomas unidos a outro tipo de ARN o ARNt.Hai ARNt específicos para cada un dos aminoácidos.
Cada ARNt, unido ó aminoácido correspondente, recoñece unha secuencia concreta (tres bases) do ARNm, de xeito que os aminoácidos se ordenan e se unen utilizando “lendo”información do ARNm, información que se tomou do ADN.
![Page 14: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/14.jpg)
![Page 15: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/15.jpg)
![Page 16: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/16.jpg)
2.2 O código xenético
As proteínas están formadas por 20 aminoácidos distintos, mentres que os ácidos nucleicos conteñen só catro nucleótidos diferentes.
Demostrouse que cada tres “letras” (bases) indican un determinado aminoácido da cadea proteica.
No código xenético observamos a relación entre cada secuencia de tres bases do ARNm co aminoácido que codifica.A cada unha destas secuencias chamáselle triplete ou codón
![Page 17: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/17.jpg)
O código está dexenerado, xa que un determinado aminoácido pode estar codificado por máis dun codón. Por exemplo, tanto o triplete AGU como o AGC “chaman” o aminoácido SER.
O código xenético é case universal, é válido para a maioría dos seres vivos.
O triplete AUG marca o inicio da tradución. Os tripletes UAA, UAG e UGA marcan o final .
![Page 18: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/18.jpg)
2.3 Como se transmite a información xenética
A información contida no ADN ten que transmitirse de forma exacta dunha célula a outra. Para eso, antes da reprodución celular, o ADN duplícase, cada unha das dúas cadeas do ADN utilízase como molde para fabricar unha cadea complementaria. Ó remate do proceso formáronse dúas dobres hélices idénticas que se reparten entre cada célula filla. Este mecanismo denomínase replicación ou autoduplicación do ADN.
![Page 19: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/19.jpg)
As etapas da autoduplicación son:
2) Desenrolamento e separación das dúas cadeas da dobre hélice.
2) Duplicación de dada unha das febras do ADN mediante o acoplamento de nucleótidos complementarios.
3) O resultado é a formación de dúas moléculas de ADN exactamente iguais entre elas e iguais á orixinal. Cada nova molécula leva unha febra antiga e outra de nova construción.
![Page 20: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/20.jpg)
3.- A ORGANIZACIÓN DO ADN NAS CÉLULAS
ADN Cromatina Cromosoma
![Page 21: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/21.jpg)
Cando a célula está en repouso (interfase) o material xenético está en forma de cromatina
Durante a división celular, a cromatina sofre empaquetamentos, faise máis curta e grosa, e vese ó microscopio como bastonetes, chamados cromosomas.
![Page 22: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/22.jpg)
Cromosoma metafásico ( con dúas cromátidas, é dicir, dúas moléculas de ADN exactamente iguais, procedentes da autoduplicación do ADN
![Page 23: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/23.jpg)
O número de cromosomas varía dunhas especies a outras.
As células humanas teñen 46 cromosomas cada unha.
Os cromosomas se presentan en parellas. Nas células humanas hai 23 parellas de cromosomas homólogos. De cada un dos membros dunha parella un é de procedencia paterna e o outro de procedencia materna.
Os cromosomas homólogos levan información para a mesma caracterítica, por exemplo, para a cor dos ollos, pero a información non ten por que ser igual, é dicir, nun cromosoma pode ir “escrito” ollos azuis” e no seu homólogo ollos pardos.
As células sexuais levan a metade de cromosomas, un de cada parella de homólogos. Os óvulos e os espermatozoides humanso teñen 23 cromosomas.
![Page 24: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/24.jpg)
As células con parellas de cromosomas homólogos chámase diploides. Represéntase por 2n.
As células sexuais, con n cromosomas, son células haploides.
Cariotipo humano
![Page 25: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/25.jpg)
O ser humano ten nas súas células 46 cromosomas (23 parellas de cromosomas homólogos). Deles 44 (22 pares) son chamados autosomas. A outra parella son os cromosomas sexuais, diferentes no home (X Y) e na muller (XX).
As células sexuais humanas teñen 23 cromosomas.
Hai un único tipo de óvulos: 22 automas e un cromosoma sexual X.
Hai dous tipos de espermatozoides:
22 autosomas + X
22 autosomas + Y
![Page 26: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/26.jpg)
4.- COMO SE TRANSMITE A INFORMACIÓN XENÉTICA
4.1 División celular en procariotas
![Page 27: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/27.jpg)
4.2 División celular en eucariotas
CICLO CELULAREtapa de crecemento: interfase
Etapa de división: Mitose (división do núcleo)
Citocinese (división do citoplasma)
![Page 28: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/28.jpg)
Mitose
-Partimos dúnha célula diploide (46 cromosomas). Cada cromosoma ten dúas cromátidas (dúas moléculas exactamente iguais) desde a interfase.
A mitose consta das seguintes etapas:
PROFASE
METAFASE
ANAFASE
TELOFASE
![Page 29: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/29.jpg)
![Page 30: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/30.jpg)
![Page 31: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/31.jpg)
Profase:
-A cromatina condénsase e acúrtase formando os cromosomas, cada un deles con 2 cromátidas iguais unidas polo centrómero (resultantes da autoduplicación do ADN durante a interfase).
-Cada un dos dous centríolos emigra a un extremo da célula, entre eles están as fibras que forman o fuso mitótico.
-A membrana nuclear fragméntase e os cromosomas quedan dispersos no citoplasma.
![Page 32: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/32.jpg)
![Page 33: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/33.jpg)
![Page 34: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/34.jpg)
![Page 35: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/35.jpg)
![Page 36: Tema 4. parte i. as bases da herdanza](https://reader033.vdocuments.co/reader033/viewer/2022052400/5596badb1a28aba0148b45c3/html5/thumbnails/36.jpg)