tema 3. voleibol - edu.xunta.gal ef … · no voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos...

14
Educación Física 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20 TEMA 3. VOLEIBOL O voleibol é un deporte colectivo de cancha dividida. Diferénciase da maioría de deportes colectivos no espazo de xogo, xa que o espazo está separado por unha rede e a participación dos xogadores é alternativa e non poden entrar no campo contrario. Imos lembrar as regras básicas e os elementos técnicos básicos que xa vimos nos cursos anteriores e trataremos novos elementos técnicos e os sistemas de xogo. REGRAS BÁSICAS O terreo de xogo É unha pista de 18 m x 9 m dividida en dúas partes separadas por unha rede de 2,24 m de altura en categoría feminina e 2,43 m en categoría masculina. O conxunto de liñas delimita unha serie de zonas a coñecer: - Zona de ataque: é a zona situada entre a liña central e a liña de ataque, a 3 m da rede. Nesta zona non poden rematar os defensas. - Zona de saque: o saque pode realizarse desde calquera lugar da zona que queda entre a liña de fondo e o final do espazo dispoñible, é dicir, fóra do terreo de xogo. No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio. Os límites do campo serven para determinar se a pelota bota fóra ou dentro do terreo de xogo. Os xogadores Cada equipo está formado por 6 xogadores: 3 dianteiros e 3 defensas ou 13

Upload: others

Post on 15-Jun-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

TEMA 3. VOLEIBOL

O voleibol é un deporte colectivo de cancha dividida. Diferénciase da maioríade deportes colectivos no espazo de xogo, xa que o espazo está separado porunha rede e a participación dos xogadores é alternativa e non poden entrar nocampo contrario.

Imos lembrar as regras básicas e os elementos técnicos básicos que xa vimosnos cursos anteriores e trataremos novos elementos técnicos e os sistemas dexogo.

REGRAS BÁSICAS

O terreo de xogo

É unha pista de 18 m x 9 m dividida en dúas partes separadas por unha redede 2,24 m de altura en categoría feminina e 2,43 m en categoría masculina. Oconxunto de liñas delimita unha serie de zonas a coñecer:- Zona de ataque: é a zona situada entre a liña central e a liña de ataque, a 3m da rede. Nesta zona non poden rematar os defensas.- Zona de saque: o saque pode realizarse desde calquera lugar da zona quequeda entre a liña de fondo e o final do espazo dispoñible, é dicir, fóra doterreo de xogo.

No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fórado terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio. Os límites docampo serven para determinar se a pelota bota fóra ou dentro do terreo dexogo.

Os xogadores

Cada equipo está formado por 6 xogadores: 3 dianteiros e 3 defensas ou

13

Page 2: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

zagueiros. Os postos dos xogadores están numerados do 1 ao 6 da seguinteforma: 1 - defensa dereito; 2 - dianteiro dereito; 3 - dianteiro centro; 4 -dianteiro esquerdo; 5 - defensa esquerdo; 6 - defensa centro. Os xogadoresnon ocupan sempre o mesmo posto, senón que cando se produce unharotación varían de posición, seguindo o sentido das agullas do reloxo, como seindica no seguinte gráfico.

No momento do saque, os xogadores (excepto o sacador) deben estar situadosdentro do terreo de xogo e mantendo as posicións de dereita-esquerda ediante-atrás como se especifica a continuación:- os defensas deben gardar a correspondencia de dereita-esquerda entre eles(o defensa dereito á dereita do defensa centro e o defensa esquerdo áesquerda do defensa centro);- os dianteiros deben gardar a correspondencia de dereita-esquerda entre eles(o dianteiro dereito á dereita do dianteiro centro e o dianteiro esquerdo áesquerda do dianteiro centro);- cada dianteiro debe estar máis adiantado que o seu defensa correspondente(o dianteiro dereito máis adiantado que o defensa dereito, o dianteiro centromáis adiantado que o defensa centro e o dianteiro esquerdo máis adiantadoque o defensa esquerdo).

O partido

Cada xogada comeza co saque, realizado polo defensa dereito (posto 1).Despois de que o sacador golpea o balón, os xogadores poden desprazarse portodo o seu campo ou por fóra del.

A xogada termina cando o balón cae no campo dun dos equipos (incluídas asliñas que o delimitan), cae fóra do terreo de xogo ou cando un equipo cometeunha falta. O equipo que gaña a xogada consegue un punto. Se ese equipoestaba a sacar, continúa sacando o mesmo xogador. Se ese equipo non estabaa sacar, prodúcese un cambio de saque e os xogadores do equipo que gañou axogada realizan unha rotación, e correspóndelle sacar a este equipo.

O partido gáñao o equipo que consiga tres sets. Estes xóganse a 25 puntos,tendo que gañar por unha vantaxe mínima de dous puntos. Se se empata adous sets, o quinto set xógase a 15 puntos, tendo que gañar tamén por unhavantaxe mínima de dous puntos.

14

Page 3: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

Accións permitidas

- Tocar o balón con calquera parte do corpo.- Un equipo pode efectuar ata tres golpes de balón para pasalo cara ao campocontrario (sen contar o bloqueo).- Xogar o balón fóra dos límites do campo propio.- Sacar, para iniciar o xogo, desde calquera lugar por detrás da liña de fondo.- É válido o saque ou a xogada na que o balón pasa ao campo contrariodespois de tocar a rede.- As liñas forman parte do terreo de xogo. Polo tanto, se o balón golpeaencima delas, considérase que o balón caeu dentro do campo.

Accións sancionadas

- Efectuar un xogador dous golpeos consecutivos, excepto despois de quebloquease, xa que este non conta como golpeo.- Coller ou reter o balón. O balón debe golpearse sempre e o contacto dasmans ou brazos co balón debe durar un instante.- Tocar a rede co corpo.- Exceder totalmente cun ou os dous pés a liña central do terreo de xogo.- Bloquear ou rematar directamente o saque do equipo contrario.- Golpear o balón por encima da rede se está no campo contrario.

ASPECTOS TÉCNICOS BÁSICOS

A posición básica

É a posición que nos permite responder e actuar da forma máis rápida, tantoen defensa como en ataque. É unha posición de alerta, de atención, que nospermitirá reaccionar rapidamente para poder golpear o balón: - pés separados e un lixeiramente adiantado;- o corpo lixeiramente inclinado cara a diante;- os brazos lixeiramente flexionados, diante do corpo.

Pase de dedos

É o elemento técnico máis básico do voleibol. A súa principal vantaxe é quepermite controlar moi ben a dirección do balón. Pódese realizar cando noschega o balón máis alto que a cabeza.

A técnica de execución adecuada é a seguinte:- Cóbados flexionados e un pouco separados, coas mans diante da fronte, coaspalmas mirando cara arriba; os dedos abertos e lixeiramente flexionados,estando os polgares enfrontados.- Impulsar o balón cunha extensión das pernas e dos brazos cara arriba-adiante. O balón tócase cos dedos, non coa palma das mans.

15

Page 4: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

Pase de antebrazos

É o elemento básico para a defensa. Este pase utilízase cando o balón noschega máis baixo que a cabeza. A técnica de execución adecuada é a seguinte:- Colocar os brazos estendidos e inclinados diante do corpo.- Pernas flexionadas.- Impulsar o balón cunha extensión das pernas e mantendo os brazosestendidos.- Golpear o balón coa parte media dos antebrazos, preto do pulso.

O saque

En cursos anteriores vimos o saque de abaixo frontal. Imos ver agora o saquede tenis. Como o seu nome indica, a execución deste saque é similar ao que serealiza no tenis.

A técnica de execución adecuada é a seguinte:- Colocarse de fronte á outra pista, adiantando o pé contrario á man quegolpea o balón.- Lanzar o balón cara arriba, diante do brazo que golpea.- Mentres o balón está no aire xírase o corpo levando a man do brazo degolpeo detrás da cabeza.- Para golpear o balón esténdese o cóbado, tendo a man ríxida, plana e cosdedos xuntos. O balón debe golpearse pola parte posterior.

16

Page 5: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

O remate

É unha acción de ataque que tenta enviar o balón por encima da rededirectamente ao chan do campo contrario.

A técnica de execución adecuada é a seguinte:- Realizar unha carreira de dous ou tres pasos e saltar verticalmenteimpulsando cos dous pés.- Durante o salto mover os brazos desde atrás cara adiante e arriba parapreparalos para golpear.- No punto máis alto do salto golpear o balón dunha forma similar ao saque detenis, pero pola parte superior, para que leve unha traxectoria descendente.

O bloqueo

Trátase dunha acción defensiva moi importante que ten como obxectivo evitarque o balón pase ao noso campo despois dun remate.

A técnica de execución adecuada é a seguinte:- Colocación fronte á rede a medio metro dela.- Flexionar os brazos, levando as dúas mans á altura dos ombros coa palma

17

Page 6: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

das mans mirando á rede.- Saltar enerxicamente cara arriba un instante despois de que salte orematador do outro equipo, levantando os dous brazos verticalmente ata queas mans superen a rede.- As mans deben estar completamente abertas, unha á beira da outra e cosdedos ríxidos. A separación entre as mans non debe permitir que o balón paseentre elas.

SISTEMAS DE XOGO

O desenvolvemento do xogo está limitado polo regulamento, principalmentepor dous factores:- un xogador non pode avanzar co balón, xa que o balón non se pode coller, sópode ser golpeado;- as accións co balón do equipo están limitadas, xa que só poden golpear obalón tres veces cada vez que o balón está no seu campo.

Estes factores provocan que a estrutura básica dunha xogada sexa a seguinte:- 1ª acción: recepción do saque ou defensa do ataque; con esta accióndebemos evitar que o balón caia no noso campo e comezar a preparar oataque; hai que intentar que o balón chegue en boas condicións ao colocador.- 2ª acción: preparación do ataque; esta acción ten como obxectivo posibilitaro remate, que é a acción ofensiva máis efectiva; o pase debe ter a suficientealtura.- 3ª acción: ataque; con esta acción intentamos que o balón caia no campocontrario e así gañar a xogada; se é posible, faise un remate e, se non, outrogolpeo enviando o balón ás zonas libres do campo contrario.

No seguinte gráfico vemos o desenvolvemento dunha xogada que comeza cosaque.

18

Page 7: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

Para organizar o xogo do equipo utilízanse diferentes sistemas, en función dasdiferentes fases do xogo. Estes sistemas agrúpanse en sistemas de recepcióndo saque, sistemas de ataque e sistemas defensivos, segundo o momento doxogo no que se adoptan.

Sistemas de recepción do saque

Un sistema de recepción é a forma de organizar os xogadores dun equipo noterreo de xogo á hora de recibir o saque. Na recepción do saque non participao colocador, que estará próximo á rede preparado para realizar o segundopase da xogada. Os cinco xogadores que participan na recepción debenintentar que o balón vaia onde está o colocador.

Sistema de recepción en W

É o sistema de recepción do saque máis sinxelo. Os cinco xogadores queparticipan na recepción colócanse da seguinte forma:- os dianteiros dereito e esquerdo (postos 2 e 4) e o defensa central (posto 6)forman a primeira liña e sitúanse un pouco detrás da liña de ataque;- os defensas dereito e esquerdo (postos 1 e 5) forman a segunda liña esitúanse 1-1,5 m diante da liña de fondo e formando un W cos xogadores daprimeira liña.

Os xogadores da primeira liña son responsables de recepcionar os balóns quecaian na parte dianteira da pista e os xogadores da segunda liña sonresponsables de recepcionar os balóns que caian na parte traseira. Para evitarconfusións, como norma xeral, os balóns que vaian por riba da cabeza dosxogadores da primeira liña son responsabilidade dos xogadores da segundaliña.

19

Page 8: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

Sistemas de ataque

Para organizar o ataque hai que asignar a cada xogador unha función:colocador ou rematador. Os colocadores encargaranse de realizar o pasecolocación para que os rematadores poidan culminar a xogada. Nalgúnssistemas de ataque os xogadores están especializados nunha función e noutrosactuarán como colocador ou rematador en función do posto que ocupan encada rotación.

Sistema con colocador a quenda

É o sistema de ataque máis sinxelo e neste sistema non hai especialización dosxogadores. En cada rotación, un dos dianteiros, xeralmente o que ocupe oposto 3, actuará como colocador, e os outros dous dianteiros (postos 2 e 4)actuarán como rematadores.

Sistemas de defensa

Cando enviamos o balón ao outro campo, debemos prepararnos para defendero ataque que está realizando o equipo contrario. Os sistemas de defensa teñenunha posición inicial, que é a que os xogadores deben adoptar inmediatamentedespois de enviar o balón ao campo contrario, e uns desprazamentos, que serealizarán en función do posto de cada xogador e da zona onde se produce oataque.

Sistema 3-1-2

Este sistema é similar ao sistema de recepción do saque en W.A posición inicial dos xogadores é a seguinte:- os dianteiros (postos 2, 3 e 4) forman a primeira liña esitúanse preto da rede;- o defensa central (posto 6) forman a segunda liña esitúase un pouco detrás da liña de ataque; - os defensas dereito e esquerdo (postos 1 e 5) forman aterceira liña e sitúanse preto das esquinas do campo.

20

Page 9: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

Se o a ataque do equipo contrario é un remate, o dianteiro da zona onde seproduce o remate bloqueará, podendo ser axudado por outro dianteiro. Odianteiro que non bloquea atrásase ata a liña e ataque. O defensa centralsitúase detrás do bloqueo, na liña de ataque. Os outros defensas permanecenna zona traseira da pista, cubrindo as zonas que non cobre o bloqueo. Noseguinte gráfico temos un exemplo desta situación.

Se o a ataque do equipo contrario é un pase, os xogadores adoptarán unhacolocación similar á da recepción en W, quedando o dianteiro que actúa comocolocador preto da rede e os outros dous dianteiros atrásanse ata a liña deataque.

TEMA 4. LESIÓNS E PRIMEIROS AUXILIOS

Accidente e primeiros auxilios

Un accidente é un suceso eventual e imprevisible que provoca algunhaalteración na estrutura corporal dunha persoa, causando un dano físico oumental. Os primeiros auxilios son as técnicas e modos básicos de actuaciónque se utilizan nos primeiros momentos, ata a chegada do persoal sanitariocon recursos avanzados, para facer fronte aos problemas derivados dosaccidentes.

Como intervir ante un accidente

As actuacións que se realicen deben facerse co coidado necesario para que oaccidentado non sufra riscos innecesarios que puidesen aumentar a gravidadedas lesións. É necesario manter a calma e seguir unha orde nas actuacións deprimeiros auxilios para obrar con prudencia. O protocolo que se debe seguir nocaso de que ocorra un accidente é o chamado PAS, que consiste no seguinte:PROTEXER. Facer seguro o lugar para o accidentado e para nós. Debemossinalizar o accidente se sucedeu nunha vía pública e apartar a xente doaccidentado, para poder traballar con certa tranquilidade.

ALERTAR. Chamar ao 112 ou 061, indicando claramente a localización doaccidentado e as condicións nas que se atopa.

SOCORRER. Valorar o estado do accidentado e realizar os primeiros auxiliosadecuados; se non temos coñecementos sobre as intervencións adecuadas,non debemos facer nada.

21

Page 10: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

ACTUACIÓNS DE PRIMEIROS AUXILIOS

En primeiro lugar, deberemos comprobar se está consciente e respira. Paracomprobar se está consciente deberemos tocalo, movelo enerxicamente,falarlle. Para comprobar se respira miramos se hai movementos no peito oupoñemos a meixela sobre a súa boca para notar se sae aire. Se estáinconsciente e respira deixámolo deitado boca arriba e asegurámonos de abrirben as vías respiratorias, botando a fronte para atrás.

Despois destas comprobacións, se non hai que realizar a reanimacióncardiopulmonar, realizaremos os primeiros auxilios para outras lesións ouferidas que teña o accidentado.

Obstrución da vía aérea Se a vítima está tusindo, debemos animala a que continúe facéndoo, xaque a tose é o mecanismo máis eficaz de desobstrución. Se deixa de tusir e respirar e se atopa de pé e consciente, poderemosaxudarlle inclinándoa cara a diante e suxeitándoa cunha man, mentres lledamos 5 palmadas enérxicas nas costas coa outra man. Se as palmadas non resultan eficaces, realízase amanobra de Heimlich: aplícanse 5 compresións abdominais,nas que o auxiliador rodea por detrás cos brazos á vítima ecolócalle o puño dunha man no estómago, mentres que coaoutra man suxeita o puño e realiza 5 compresións fortescara a atrás e arriba. Se aínda así non funciona, altérnanse ciclos de 5 palmadas e 5compresións ata que a vítima expulse o “corpo estraño”.

No caso de que o accidentado quede inconsciente, hai que deitalo boca arribacoa cabeza cara a un lado, sentámonos enriba del e realizamos 5 compresiónsno abdome, empuxando cara aos pulmóns, agarrando as mans como namanobra de Heimlich. Se continúa inconsciente hai que realizar a reanimacióncardiopulmonar.

Reanimación cardiopulmonar (RCP) A reanimación cardiopulmonar (RCP) é un procedemento de primeiros auxiliosque se aplica en caso de emerxencia ás vítimas de parada cardiorrespiratoria.

A RCP en primeiros auxilios consiste en realizar compresións no peito dapersoa accidentada para crear a circulación artificial, de maneira que o corazónsiga bombeando o sangue.

Para poder realizar a RCP hai que estar totalmente seguros de que á vítimanon lle latexa o corazón nin respira: debemos mirar se hai movementos nopeito, comprobar se ten pulso, sentir a respiración ou os latexos do corazón. Unha vez que estamos seguros que a vítima ten unha paradacardiorrespiratoria podemos realizar a RCP:1. Colocar a vítima coidadosamente boca arriba.

22

Page 11: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

2. Colocar a base dunha man sobre a parte media do esterno. Colocar a outraman sobre a primeira, entrelazando os dedos. A man de arriba tira dos dedosda man de abaixo para atrás. Colocar os ombros xusto sobre as mans, demaneira que os brazos estean verticais, para poder aplicar mellor a forza.Realizar 30 compresión enérxicas sobre o peito, utilizando o peso do corpo emantendo os brazos ríxidos. O esterno debe baixar aproximadamente 4-5 cm.O ritmo das compresións debe ser de 100 por minuto.

Despois de realizar 30 compresións debemos comprobar de novo a situacióndo accidentado (consciencia, respiración, latexos do corazón). Se segue enparada cardiorrespiratoria, continuamos a RCP, valorando cada 30compresións, ata que a persoa se recupere ou chegue axuda médica.

No caso de nenos (menores de 10 anos, dependendo do tamaño), só se faránas compresións cunha man. No caso de bebés, as compresións realízanse condous dedos.

Actuacións ante lesións e feridasAs actuacións de primeiros auxilios nestes casos deben servir para que a lesiónou ferida non sexa moi grave e favorecer a súa curación.

Cando haxa que aplicar frío, non debemos poñer directamente sobre a pel oxeo ou a bolsa de frío, senón que debemos poñer sobre a pel un pano húmido,para evitar unha conxelación da pel.

Cando haxa que realizar unha vendaxe compresiva para inmobilizar unha partedo corpo, debemos ter a precaución de non apertala demasiado, porquepoderíamos cortar a circulación.

Escordadura É unha distensión violenta dos ligamentos dunha articulación que se producepor un movemento brusco no que unha articulación excede momentaneamenteos seus límites, provocando que os ligamentos estiren de máis.

Debemos aplicar frío sobre a articulación afectada e inmobilizala cunhavendaxe compresiva, deixando a parte lesionada nunha posición elevada.

LuxaciónÉ unha lesión provocada por un movemento brusco no que se produce unha

23

Page 12: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

separación das superficies articulares dunha articulación, de tal xeito que algúnóso queda fóra do seu sitio.

Debemos aplicar frío sobre a articulación afectada e inmobilizala cunhavendaxe compresiva. Non debemos intentar recolocar o óso no seu sitio,porque poderíamos agravar a lesión.

FracturaÉ a rotura total ou parcial dun óso do esqueleto humano debida a un golpe. Asfracturas poden ser cerradas (o óso queda practicamente na súa posición enon dana a pel) e abertas (algunha parte do óso desprázase da súa posicióndanando a pel).

Debemos inmobilizar a zona onde se produciu a fractura. Non debemosintentar recolocar o óso no seu sitio, porque poderíamos agravar a lesión eprovocar lesións nos músculos, vasos sanguíneos ou nervios.

ContusiónTraumatismo mecánico provocado por un golpe que produce un esmagamentodos tecidos con aparición inmediata dun hematoma.

Debemos colocar a zona lesionada en repouso e, se afecta a unhaextremidade, elevala. Aplicamos tamén frío sobre a zona afectada.

FeridaÉ un corte ou rozadura nalgunha parte do corpo que lesiona a pel e, ás veces,tamén as fibras musculares ou os vasos sanguíneos.

Antes de realizar calquera actuación na ferida debemos lavar ben as mans e,se as temos, poñer luvas estériles. Debemos limpar a ferida dende o centro áperiferia cunha gasa empapada en antiséptico; se non dispoñemos deantiséptico, lavala con auga e xabón. Despois debemos cubrir a ferida congasas limpas, evitando tocala, para evitar que se infecte. Se se incrustarondebaixo da pel corpos estraños (area, pedriñas, anacos de cristal, espiñas detoxos ou silvas, …) non debemos intentar quitalos.

HemorraxiaÉ a saída de sangue do interior do sistema circulatorio debido a unha roturadun vaso sanguíneo.

O primeiro que debemos facer é exercer unha presión directa sobre a feridacon gasas limpas. Se isto non funciona, realizaremos unha vendaxecompresiva sobre o apósito. Se así non se consegue deter a hemorraxia,realizaremos presión directa sobre a arteria, nun punto entre a ferida e ocorazón. Se aínda así a hemorraxia continúa, realizaremos, como últimorecurso, un torniquete. O torniquete ten un risco moi grande, xa que cortacompletamente a circulación, e se se mantén durante moito tempo, poderíaprovocar a morte dos tecidos e, como consecuencia, habería que realizar unhaamputación. O torniquete consiste en apertar moi fortemente unha venda

24

Page 13: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

arredor do brazo ou a perna, nun punto entre a ferida e o corazón, cortando acirculación nesa extremidade. Cada 5-10 minutos afrouxaremos un poucotorniquete para comprobar se cesou a hemorraxia; se non, volvemos apertar.Debido aos grandes riscos do torniquete, é moi importante trasladar a persoaaccidentada o máis rápido posible a un hospital.

No caso de sangrado polo nariz, debemos realizar presión no tabique nasal emanter a cabeza inclinada para abaixo. Se a hemorraxia non se detén, colocarunha gasa mollada en auga osixenada na fosa nasal.

TEMA 6. ATLETISMO

Carreiras con valos

Son carreiras onde o importante é non perder moita velocidade ao superar osvalos, evitando dar grandes saltos: os valos “non se saltan, pásanse”.

O “paso do valo” debe facerse sen perder velocidade, o que implica que oimpulso ten que realizarse desde unha distancia suficiente e con profundidade,para non derrubalo ou chocar contra el. Se o impulso se fai moi preto do valo,a impulsión será moi vertical e perderase moita velocidade. Mentres se realizao impulso, a perna de ataque elévase, primeiro co xeonllo flexionado e logoesténdese sobre o valo. Así mesmo, o brazo contrario da perna de ataquemóvese cara a diante. A perna de impulso elévase lateralmente, co xeonlloflexionado, ata a altura da cadeira. O tronco mantense inclinado cara a diante.Hai que tentar pasar o valo “rozándoo” para perder a menor velocidadeposible. O contacto co chan realízao a perna de ataque, que debe manterseestendida e con tensión, para reanudar a carreira con moita velocidade.

Salto de altura

Na técnica do salto de altura diferenciamos variasfases:

- Carreira: trátase dunha aproximación, xeralmente de7 a 9 zancadas, cara ao lugar onde se realiza a batida.Empézase a correr en liña recta de fronte ao listón,para terminar facendo as 3 últimas zancadas correndoen curva ata situarse en paralelo ao listón.

- Batida: é a acción que impulsa o corpo e cuxoobxectivo é converter a velocidade horizontal da carreira na máximavelocidade vertical posible, de maneira que nos permita superar o listón.

25

Page 14: TEMA 3. VOLEIBOL - edu.xunta.gal EF … · No voleibol, a diferenza doutros deportes, os golpeos poden darse desde fóra do terreo de xogo, na prolongación lateral do campo propio

Educació� n Fí�sica 4º ESO IES Miraflóres cursó 201 9 -20

Éntrase coa perna de batida estirada un pouco adiantada, a unha distanciaduns tres pés do listón (o pé de batida deber ser o máis afastado do listón).Como consecuencia da “entrada”, a perna se flexiona un pouco para saltar omáis forte e rápido que poidas. A perna libre móvese levando o xeonllo caraarriba, á vez que se realiza unha rotación do corpo para colocarse de costas aolistón. Os brazos tamén axudan a impulsar, movéndose os dous cara arriba pordiante da cara. - Voo: durante o voo se arquea completamente o tronco para evitar derrubar olistón; unha vez que o tronco supera o listón realízase un movemento contrariodo arqueo, para permitir a elevación das pernas e que poidan superar o listón.

Lanzamento de disco

O disco é un artefacto circular, máis ou menos plano, máis ancho no centroque nos bordos. Pesa 2 kg na categoría absoluta masculina e 1 kg na categoríaabsoluta feminina; nas categorías inferiores son máis pequenos e de menorpeso. O lanzamento realízase desde o interior dun círculo de 2,50 m dediámetro. Se pisa fóra ou se o disco cae fóra do “sector” de lanzamentos, olanzamento é nulo.

O disco agárrase coas xemas dos catro dedos da man(menos o polgar), axudando cunha lixeira presión doantebrazo.

A posición inicial é de costas á zoan de lanzamento, e realízase unha volta emedia para conseguir a maior aceleración do disco. Os movementos de xiro docorpo deben ser o máis horizontais posible, evitando movementos do corpoarriba e abaixo, xa que farían perder aceleración. O movemento final da mandebe ser de abaixo a arriba, para que o disco saia cunha traxectoriaascendente.

26