tema 2: construción e evolución do estado liberal burgués

14
Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués.(1833-1898) 2.1. Reinado de Isabel II: dominio do liberalismo moderado. (1833-1868) O período denominado isabelino abarca desde a morte de Fernando VII en 1833 ata o derrocamento de Isabel II en 1868. Nestes anos asentouse definitivamente en España o sistema político liberal. Sen embargo, este proceso desenvolveuse nun clima de constante inestabilidade política. Iniciado cunha guerra civil, o reinado ven marcado por constantes pronunciamentos, revoltas e cambios de goberno á marxe dos mecanismos electorais e polo papel predominante dos miltitares e do moderantismo. ETAPAS RASGOS XERAIS REINADO DE ISABEL II (1833-68) . Rexencias de María Cristina (1833- 40) e de Espartero (1840-43) . Década moderada (1843-54) . Bienio progresista (1854-56) . 2º Período moderado (1856-68) . Período de rexencias : vitoria militar sobre o Absolutismo (1ª Guerra Carlista). Destrución das bases xurídico- políticas e socio-económicas do A. Réxime (Constitución de 1837 -precedida do "Estatuto Real" de 1834-, desamortización, supresión dos señoríos, liberdade de industria e comercio... ). . A partir de 1843 (coa paréntese progresista de 1854-56) os liberais moderados controlan o goberno e deixan unha forte impronta conservadora no réxime (Constitución de 1845, achegamento á Igrexa, creación da Garda Civil... ). . O carácter pechado do réxime provoca a Revolución de 1868 e o exilio de Isabel II. 2.1.1. O período de Rexencias (1833-1843): a Guerra Carlista e a instauración do réxime liberal Á morte de Fernando VII (1833) herda o trono a súa filla Isabel, de tres anos de idade, o que obriga a establecer un sistema de rexencia, primeiro coa súa nai María Cristina e despois co xeneral Espartero. Durante estas inestables rexencias proseguiu a loita entre a absolutismo e liberalismo na I Guerra Carlista, instaurándose finalmente un réxime liberal. A- Primeira Guerra Carlista (1833-39) : Causas: En 1830, o nacemento dunha filla do rei, Isabel, deu lugar a un grave conflito na sucesión o trono. A Lei Sálica de orixe francesa e implantada po Felipe V en España, impedíalle o acceso ó trono ás mulleres, pero Fernando VII, influído pola súa muller María Cristina, promulgou a Pragmática Sanción, que derrogaba a lei Sálica e que lle abría o camiño ó trono á súa filla e herdeira, Isabel II. No ano 1833, Fernando VII morreu, reafirmando no seu testamento a súa filla Isabel, de tres anos de idade, como herdeira do trono, e nomeando á Raíña gobernadora ata a maioría de idade da súa filla. O mesmo día, don Carlos proclamouse rei e iniciouse un levantamento absolutista no norte de España. É o comezo da primeira guerra carlista. Os sublevados proclamaron rei ó infante Don Carlos María Isidro (Manifesto de Abrantes), irmán do defunto Fernando VII, confiando nel a defensa da sociedade tradicional. Daba así comezo unha sanguenta guerra civil que se libraría esencialmente no País Vasco, aínda que os enfrontamentos se estenderon tamén a zonas de Cataluña, Aragón é Valencia. Os bandos en conflito: O carlismo, tradicionalista e antiliberal, englobou unha parte da nobreza rural, unha gran parte do clero e unha base social campesiña das zonas rurais do País Vasco, Navarra e parte de Cataluña, Aragón e Valencia. Gran parte deles eran pequenos propietarios empobrecidos, artesáns que vían con desconfianza as reformas tributarias, a igualdade xurídica, a separación da Igrexa e do Estado e a abolición dos foros tradicionais. Baixo o lema de “Deus, patria e foros” agrupáronse os defensores da lexitimidade da monarquía absoluta, da preeminencia da Igrexa católica e da conservación dun sistema foral particularista. Representaban unha sociedade arcaica e conservadora, para a que as doutrinas liberais eran a expresión da perversa sociedade urbana. 1

Upload: vudang

Post on 09-Jan-2017

226 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués.(1833-1898)

2.1. Reinado de Isabel II: dominio do liberalismo moderado. (1833-1868)

O período denominado isabelino abarca desde a morte de Fernando VII en 1833 ata o derrocamento de Isabel II en 1868. Nestes anos asentouse definitivamente en España o sistema político liberal. Sen embargo, este proceso desenvolveuse nun clima de constante inestabilidade política. Iniciado cunha guerra civil, o reinado ven marcado por constantes pronunciamentos, revoltas e cambios de goberno á marxe dos mecanismos electorais e polo papel predominante dos miltitares e do moderantismo.

ETAPAS RASGOS XERAIS

REINADO DE ISABEL II (1833-68)

. Rexencias de María Cristina (1833-40) e de Espartero (1840-43) . Década moderada (1843-54) . Bienio progresista (1854-56) . 2º Período moderado (1856-68)

. Período de rexencias: vitoria militar sobre o Absolutismo (1ª Guerra Carlista). Destrución das bases xurídico-políticas e socio-económicas do A. Réxime (Constitución de 1837 -precedida do "Estatuto Real" de 1834-, desamortización, supresión dos señoríos, liberdade de industria e comercio... ). . A partir de 1843 (coa paréntese progresista de 1854-56) os liberais moderados controlan o goberno e deixan unha forte impronta conservadora no réxime (Constitución de 1845, achegamento á Igrexa, creación da Garda Civil... ). . O carácter pechado do réxime provoca a Revolución de 1868 e o exilio de Isabel II.

2.1.1. O período de Rexencias (1833-1843): a Guerra Carlista e a instauración do réxime liberal Á morte de Fernando VII (1833) herda o trono a súa filla Isabel, de tres anos de idade, o que obriga a establecer

un sistema de rexencia, primeiro coa súa nai María Cristina e despois co xeneral Espartero. Durante estas inestables rexencias proseguiu a loita entre a absolutismo e liberalismo na I Guerra Carlista, instaurándose finalmente un réxime liberal.

A- Primeira Guerra Carlista (1833-39): Causas: En 1830, o nacemento dunha filla do rei, Isabel, deu lugar a un grave conflito na sucesión o trono. A Lei

Sálica de orixe francesa e implantada po Felipe V en España, impedíalle o acceso ó trono ás mulleres, pero Fernando VII, influído pola súa muller María Cristina, promulgou a Pragmática Sanción, que derrogaba a lei Sálica e que lle abría o camiño ó trono á súa filla e herdeira, Isabel II. No ano 1833, Fernando VII morreu, reafirmando no seu testamento a súa filla Isabel, de tres anos de idade, como herdeira do trono, e nomeando á Raíña gobernadora ata a maioría de idade da súa filla. O mesmo día, don Carlos proclamouse rei e iniciouse un levantamento absolutista no norte de España. É o comezo da primeira guerra carlista.

Os sublevados proclamaron rei ó infante Don Carlos María Isidro (Manifesto de Abrantes), irmán do defunto Fernando VII, confiando nel a defensa da sociedade tradicional. Daba así comezo unha sanguenta guerra civil que se libraría esencialmente no País Vasco, aínda que os enfrontamentos se estenderon tamén a zonas de Cataluña, Aragón é Valencia.

Os bandos en conflito: O carlismo, tradicionalista e antiliberal, englobou unha parte da nobreza rural, unha gran

parte do clero e unha base social campesiña das zonas rurais do País Vasco, Navarra e parte de Cataluña, Aragón e Valencia. Gran parte deles eran pequenos propietarios empobrecidos, artesáns que vían con desconfianza as reformas tributarias, a igualdade xurídica, a separación da Igrexa e do Estado e a abolición dos foros tradicionais. Baixo o lema de “Deus, patria e foros” agrupáronse os defensores da lexitimidade da monarquía absoluta, da preeminencia da Igrexa católica e da conservación dun sistema foral particularista. Representaban unha sociedade arcaica e conservadora, para a que as doutrinas liberais eran a expresión da perversa sociedade urbana.

1

Page 2: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

Os liberais (ou cristinos, ou isabelinos) Ante o levantamento carlista, a rexente María Cristina pactou ben axiña co liberalismo moderado, partidario dun compromiso coa coroa; pero a situación de guerra evidenciou a necesidade de defender a causa isabelina. A rexente viuse obrigada a acceder ás demandas de reformas máis progresistas. O desenvolvemento da guerra: A guerra iniciouse co levantamento de partidas carlistas no País Vasco e Navarra e ben axiña os carlistas controlaron o ámbito rural. Sen embargo, as cidades permaneceron fieis a Isabel II e ó liberalismo. Os Carlistas non deron contado inicialmente cun exército regular, pero grazas ó grande apoio popular do que gozaban no norte do país, organizaron a guerra co método de guerrillas. As vacilacións do goberno e a tardanza en enviar o exército contra os carlistas, permitíronlle ó gran dirixente carlista, o xeneral Zumalacárregui, organizar un exército de preto de 25.000 homes. A morte de Zumalacárregui en 1835, durante o sitio de Bilbao, privou ós carlistas do seu mellor estratega e marcou o comezo dunha reacción liberal. O xeneral Espartero venceu as tropas carlistas en Luchana, no ano 1836, e puxo fin ó sitio da cidade. Por fin, o xeneral Maroto, acordou no nome de “parte” do exército carlista a sinatura do Convenio de Vergara (1839) con Espartero. Pero o carlismo non desapareceu.... B- A instauración do réxime liberal e a división dos liberais (1833-1843) O Estatuto Real: Mª Cristina, viúva de Fernando VII e que actuou como rexente nos primeiros anos, viuse obrigada a apoiarse nos liberais para salvar o trono: a necesidade de buscarse amplos apoios políticos levou á rexente a poñer a Martínez de la Rosa, un liberal moderado, á frente do goberno. O goberno aprobou o Estatuto Real (1834), unha carta outorgada que recoñecía algunhas liberdades cidadás pero restrinxía radicalmente a participación política –reservada ao 0.15% dos cidadáns- e establecía unhas cortes sen capacidade lexislativa. A división do liberalismo A insuficiencia das reformas de Martínez de la Rosa, nun contexto de guerra civil contra os carlistas, levou a que os liberais terminaran por escindirse en dous grupos: moderados e progresistas. Aparecen xa claramente perfilados nos anos 30 e encarnan dúas concepcións diferentes do liberalismo doutrinario. (foi a corrente maioritaria do liberalismo en Europa durante o XIX. Xurdiu como reacción ante os excesos revolucionarios e o temor dos grupos poderosos a perder a súa posición hexemónica; defende a soberanía compartida e a restrición da participación política) Os moderados: ou conservadores, asumiron plenamente a defensa dos principios do liberalismo doutrinario, representan os intereses da nova clase dominante (nobreza terratenente, alta burguesía comercial e de negocios, mandos militares de alta graduación... ) e defende o principio da "soberanía compartida" e unha radical restrición do sufraxio. É partidario de conceder amplos poderes ao rei, dun achegamento á Igrexa e de confiar a orde pública a un corpo profesional e militarizado (Garda Civil, creada en 1844). Desde 1843 gozaron sempre do apoio da raíña. Os progresistas: apoiados basicamente polas clases medias (pequena e media burguesía, parte da oficialidade do exército, profesionais liberais... ) e por sectores populares urbanos. Defendían o principio da "soberanía nacional" e eran partidarios de ampliar o corpo electoral sen chegar ao sufraxio universal. Pretendían recortar os poderes do rei e a influencia da Igrexa na sociedade. Confiaban na "Milicia Nacional" como garante da orde pública. Son os responsables da adopción das medidas que, entre 1835 e 1837, destrúen as bases do Antigo Réxime. A partir de 1843 fican marxinados do poder e só logran acceder a el no período de 1854-56. Á marxe destas dúas grandes opcións sitúanse outras correntes políticas, cun peso menor dentro da vida política: aquelas que o doutrinarismo liberal deixa fóra: carlistas por unha banda, demócratas e republicanos pola outra. 1833 1868 CARLISTAS MODERADOS LIBERAIS UNIÓN LIBERAL (1854) PROGRESISTAS PARTIDO DEMÓCRATA (1849) As revoltas progresistas: Os progresistas, insatisfeitos con estas reformas, protagonizaron no verán do 1835 unha serie de revoltas urbanas, apoiándose na constitución de Xuntas e na Milicia Nacional: Mª Cristina viuse obrigada a encomendarlle o goberno ao progresista Mendizábal, que axiña emprendeu unha política de reformas máis radicais. Aínda que foi destituído pola presión da nobreza e o clero, no verán de 1836 os progresistas

2

Page 3: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

volveron ao poder como consecuencia do éxito do pronunciamento dos sarxentos da Granxa, e Mendizábal asumiu o Ministerio de Economía. A rexente tivo que xurar a Constitución de Cádiz e celebráronse eleccións a Cortes que gañaron os progresistas (Setembro 1836).

As cortes elaboran un novo texto constitucional coa idea de que servise para todos os partidos, a

constitución de 1837 (soberanía nacional, ampla declaración de dereitos sufraxio restrinxido –entre o 2% e o 4% da poboación-, creación dunha segunda cámara ou senado de corte conservador...). A obra de destrución das bases do A.R. completouse con medidas como a desamortización eclesiástica –deseñada por Mendizábal-,a supresión dos señoríos e o morgado, a eliminación do décimo, a supresión das aduanas e dos gremios ... A rexencia de Espartero: O retorno dos moderados ao poder nas eleccións de Setembro de 1837 e a súa intención de desvirtuar, contando co apoio da rexente, a política reformista progresista, provocou un novo movemento insurreccional: Mª Cristina tivo que dimitir e asumiu a rexencia o xeneral Espartero (1841-43). Espartero, moi popular entre os progresistas pola súa victoria sobre os carlistas, gobernou con métodos autoritarios que o alonxaron dos seus partidarios. Levantamentos populares e conspiracións militares moderadas obrigaron a Espartero a abandonar o poder e as Cortes decretaron a maioría de idade de Isabel II en 1843. Poñiaselle así fin ao período das rexencias. 2.1.2. O reinado persoal de Isabel II : o predominio do moderantismo A- Características Xerais: O papel preponderante dos militares (pretorianismo): Os militares desempeñaron un papel moi activo na implantación e desenvolvemento do estado liberal español. Incluso en varios momentos clave atopamos gobernos presididos por xenerais (os espadóns) tanto de filiación progresista como moderada (Espartero, Narváez, O´Donnell...). As súas raíces áchanse na incapacidade da Coroa e dos partidos políticos para establecer unha alternancia política pacífica, é dicir, pola vía parlamentaria. Moitos dos cambios políticos decisivos na España do século XIX viñeron precedidos dun pronunciamento militar. En definitiva, no xogo de forzas Coroa-partidos políticos-militares, rematou por se impoñer na España do XIX a preponderancia militar. En canto ao sistema de recrutamento, implantase o servizo militar obrigatorio, en consonancia co presuposto liberal que considera á nación como conxunto de cidadáns, polo que a todos concirne a súa defensa; non obstante, existia posibilidade de redimir o servizo mediante o pagamento dunha cantidade de diñeiro, o que converte a quinta nunha obriga unicamente para as clases menos favorecidas. O predominio do moderantismo, con longas etapas de permanencia no poder, e exemplificado na Constitución de 1845 ou outras medidas significativas (fundación da Garda Civil, Concordato...), fronte a períodos máis breves de progresismo, nos que sen embargo se adoptan medidas de notable relevancia (desamortizacións, lei de ferrocarrís...). Neste predominio será determinante o papel da raíña que, moi influenciada pola igrexa, apoaira sempre aos moderados, o que finalmente lle custara o trono. O papel da raíña: Co estado liberal a monarquía absoluta deixaba paso a unha monarquía constitucional, é dicir, os poderes do monarca quedan limitados por unha constitución. Non obstante, tanto a constitución progresista de 1837 como, e sobre todo, a moderada de 1845 atribuían á Coroa importantes poderes executivos e unha ampla participación no lexislativo. Na práctica, pois, a monarquía tivo un papel político decisivo na traxectoria do estado liberal. Facendo uso e abuso da facultade ilimitada da coroa de nomear e destituír ministros, de convocar, suspender e disolver as cortes, os cambios políticos fixéronse ás costas do Parlamento, sen ter en conta as maiorías. Os gobernos eran nomeados pola Coroa e, en teoría, debían contar cao confianza das Cortes. Pero en realidade para gobernar o importante era a confianza rexia. No reinado de Isabel II, a monarquía depositou a súa confianza case exclusivamente no partido moderado, excluíndo, sempre que puido, os progresistas. Nesto tivo un papel decisivo a personalidade da raíña: de escasa formación, crédula e de libido excesiva, acentuada por un matrimonio desgraciado co seu curmán Francisco de Asís (antes abdico que casar con Paquita), que padecía hipospadia .A raíña levou unha desordenada vida amorosa extramatrimonial de fonda repercusión na vida política. Ademais, os seus problemas de conciencia fixeron que na Corte tiveran unha especial influencia o seu confesor e sor

3

Page 4: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

Patrocinio das Chagas; os seus consellos foron recompensados con accións favorables aos intereses da igrexa e así, Isabel II gobernou apoiandose case sempre nos moderados, Durante estes anos o peso político das cortes foi diminuíndo e trasladouse á corte, onde se formaban “camarillas” (corte dos milagres) que aspiraban a gañar o favor real. A restrición extrema do sufraxio e o control das eleccións por parte do goberno facían imposible que a oposición accedese ao poder pola vía electoral. B- A década moderada (1843-54):

O acceso ao poder dos moderados significou un cambio de rumbo na vida política española. Apoiados pola raíña e boa parte do exército, implantaron un tipo de liberalismo conservador escasamente participativo (a participación política retrinxíase ao reducido grupo dos propietarios e rendistas), que defendía os intereses das novas clases dominantes fronte ao perigo de involución carlista e as aspiracións das clases populares. A obra do réxime moderado, que tivo como figura principal ao xeneral Narváez, centrouse en tres aspectos: -a elaboración dun novo texto constitucional (constitución de 1845) de carácter máis conservador que a de 1837, aínda que recollía a súa declaración de dereitos. A soberanía era compartida, retrinxiase aínda máis o sufraxio, ampliábanse os poderes do executivo e da coroa (que nomeaba directamente ao senado), establecíase a exclusividade da relixión católica ... - o achegamento á igrexa, coa intención de gañala para o réxime. Plasmouse no Concordato coa Santa Sé (1851), no que se establecía a relixión católica como a do estado, se aseguraba o financiamento público do culto e o clero e se suspendía a venda dos bens eclesiásticos desamortizados, mesmo devolvendo aqueles bens que non foran vendidos. - Unha política centralizadora: O liberalismo moderado foi o que emprendeu a tarefa de construír unha estrutura de estado liberal baixo os principios do centralismo e da uniformización. Unha serie de leis e de reformas administrativas puxeron en marcha o devandito proceso: 1º A reforma fiscal e de facenda do ano 1845 tentaba racionalizar o sistema impositivo e recadatorio e introducía os primeiros impostos indirectos chamados os consumos. 2º a unificación e codificación legal, aprobándose o código penal de 1851, 3º organizou e centralizou a administración, partindo da división provincial (Antonio de Burgos) de 1833, cada provincia era controlada por un Gobernador Civil con plenos poderes. 4º púxose especial atención no control do poder municipal por parte do goberno. A lei de administración local de 1845 dispuxo que os alcaldes dos concellos de + de 2.000 habitantes e das capitais de provincia serían nomeados pola coroa, e os de menos polo gobernador civil, estableceuse así unha estrutura pirámidal centralizada de control. 5º as competencias educativas, repartidas entre diversas institucións pasaban agora a mans do estado central, que regulou o sistema de instrución pública (Lei Moyano 1857), impoñendo en todo o Estado o castelán. 6º Adoptouse tamén un único sistema de pesos e medidas: o sistema métrico decimal 7º seguindo o principio de uniformización, disolveuse a antiga milicia nacional, vencellada ás diferentes cidades e provincias españolas, e creouse a garda civil (1844) : unha policía militar. E estableceuse o servizo militar obrigatorio por medio do recrutamento e as quintas. A oposición ao moderantismo estivo representada sobre todo polos progresistas que non tiñan a máis mínima posibilidade de acceder ó poder a causa do sistema electoral vixente polo que a súa posibilidade seguían sendo os pronunciamentos ( ex. o de Solís en Galicia en 1846: o militar Miguel Solís pronunciouse na Coruña en 1846 solicitando a convocatoria de Cortes constituintes e o establecemento dunha xunta superior de Galicia, denunciando a política corrupta da camarilla. Faltos de apoios foron derrotados e fusilados en Carral converténdose nos “Martires de Carral”)) O Partido demócrata: xurde en 1849 como unha escisión pola esquerda do progresismo e constitúe a primeira expresión do pensamento democrático en España (defensa do sufraxio universal masculino, da ampliación das liberdades, o intervencionismo estatal en campos como o ensino ou a asistencia pública...). Entre os demócratas comezaron a aparecer as primeiras voces republicanas como Castelar e Pi i Margall e mesmo apareceron tamén os primeiros núcleos socialistas. C- O bienio progresista (1854-56):

O favoritismo da coroa e a corrupción económica de moitos políticos fixo que crecese a oposición ao goberno, mesmo entre algúns grupos moderados. En 1854 o xeneral O´Donnell encabezou un pronunciamento militar en Vicálvaro (“Vicalvarada”), mentres progresistas e sectores moderados descontentos elaboraron o manifesto de Manzanares, no que recollían os seus obxectivos políticos.

Ante a extensión do movemento, con levantamentos populares e liberais en Madrid e outras cidades, Isabel II tivo que chamar ao xeneral Espartero para formar goberno.

4

Page 5: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

MANIFIESTO DE MANZANARES (7 de julio de 1854)

Españoles: La entusiasta acogida que encuentra la población el ejército liberal, el esfuerzo de los soldados que lo componen, tan heroicamente demostrado en los campos de Vicálvaro (…)

Nosotros queremos la conservación del Trono, pero sin la camarilla que le deshonra; queremos la práctica rigurosa de las leyes fundamentales, mejorándolas, sobre todo la Electoral y la de Imprenta; queremos la rebaja de los impuestos, fundada en una estricta economía; queremos que se respeten en los empleos militares y civiles la antigüedad y los merecimientos; queremos arrancar los pueblos a la centralización que los devora, dándoles la independencia local necesaria para que conserven y aumenten sus intereses propios, y como garantía de todo esto, queremos plantearnos la Milicia Nacional. Tales son nuestros intentos (...) las Cortes generales que luego se reunan, la misma nación, en fin, fijará las bases definitivas de la regeneración liberal a que aspiramos.

O novo goberno -no que se incluíu o líder da “Unión liberal”, unha opción intermedia entre moderados e progresistas, O´Donnell- acometeu a tarefa de afianzar o liberalismo e ampliar as liberdades fundamentais.

As cortes redactaron unha nova constitución, o proxecto constitucional de 1856, que non chegou a entrar en vigor (constitución nonnata) e que seguía as liñas mestras da de 1837. Pero as reformas máis duradeiras emprendidas neste momento foron as de carácter económico: a continuación da obra de desamortización (desamortización xeral de Madoz), incluíndo nos novos bens desamortizados aos do estado e dos concellos, e a aprobación dunha lei xeral de ferrocarrís (1855), mediante a cal se concedían incentivos para a construción dos camiños de ferro. Estas medidas non contemplaron a mellora das condicións de vida dos sectores populares, agravando algunha delas –como a venda dos bens dos concellos- a súa situación. A conflitividade social extendeuse por Barcelona e outras cidades... e Espartero tivo que dimitir, enconmendándolle a raíña a formación dun novo goberno a O´Donnell. D-O fin do reinado (1856-1868): En 1856 O'Donnell restaurou o réxime que contribuíra a derrocar mediante a anulación das reformas máis progresistas do Bienio e a restauración da Constitución de 1845. Ata 1863 (Goberno Largo) logrou manter a estabilidade política interna ao tempo que iniciaban unha campaña intervencionista no exterior (Marrocos, Indochina e México). Pero estas aventuras exteriores acaban fracasando e, incapaz de lle facer fronte á oposición de demócratas e progresistas, tivo que dimitir e o poder retornou de novo ao Partido Moderado. Os moderados, con Narváez gobernando de forma dictatorial, sumiron ao país na máis pura reacción: gobernaron de forma autoritaria á marxe das Cortes e dos restantes grupos políticos, manipularon os procesos electorais, exerceron unha dura represión sobre a oposición (noite de San Daniel primeira revolta estudiantil con nove estudiantes mortos, fusilamentos do cuartel de San Gil...) Os progresistas víronse obrigados a marxinarse dos procesos electorais e volveron á vía da conspiración e do pronunciamento. No 1866, cando se comezaban a manifestar os efectos dunha crise económica provocada pola especulación financieira e amplos sectores da sociedade española conviñan na necesidade de forzar un xiro na situación política, progresistas e demócratas asinaron un pacto na cidade belga de Ostende (Pacto de Ostende 1866) polo que establecían un programa revolucionario común que incluía o destronamento de Isabel II e ao que se sumaría, un ano despois o morrer O´Donnell, a Unión Liberal (Pacto de Bruxelas 1867),. Pouco despois faleceu Narváez. A raiña estaba soa. Estábase a xestar a fin do réxime moderado e da propia Isabel II como raíña de España. En Setembro de 1868, unionistas, progresistas e demócratas, asociados na revolución e contando co apoio de exército e das masas populares, destronan a Isabel II . TEXTO: O Pacto de Ostende. 1866 1 Que el objeto, y bandera de la revolución en España, es la caída de los Borbones. 2. Que siendo pera los demócratas un principio esencial de su dogma político el sufragio universal, y admitiendo los progresistas el derecho moderno constituyente del plebiscito, la base pera la inteligencia de los dos partidos fuera que por un plebiscito, si las circunstancias no se oponían a ello, o por unas Cortes Constituyentes elegidas por el sufragio universal, se decidiría la forma de gobierno que se había de establecer en España, y siendo la monarquía, la dinastía que debía reemplazar a la actual; 3. Que se reconocía como jefe y director militar del movimiento al general Prim.

5

Page 6: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

OPCIÓN A. Setembro 2011

ORIENTACIÓNS: Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto sobre a vida política durante o reinado de Isabel II. Na túa redacción debes abordar as seguintes cuestións: A diversidade das forzas políticas, dende o carlismo ata o republicanismo democrático; o predominio político moderado; o intervencionismo militar na política; as circunstancias que concorren na caída do réxime. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita. Doc. 1.-María Teresa de Braganza y Borbón, muller do infante Don Carlos, expón así algunhas das ideas do carlismo: “Relixión, Patria e Rei (...). Rei, digo por último, pero rei pola Graza de Deus e non pola graza da soberanía nacional (...). Segundo o liberalismo, da soberanía nacional emana todo o poder e os poderes que existen, negando deste xeito todo poder de orixe divina. Agora ben, isto está condenado pola Igrexa católica e con razón; pois a Escritura sagrada di expresamente: todo poder vén de Deus (...)”.

Doc. 2.-Preámbulo da Constitución de 1845: “Dona Isabel II, pola Graza de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas, a todos os que a presente viren e entenderen, sabede: Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado os antigos fueros e liberdades destes reinos, e a intervención que as súas Cortes tiveron en todos os tempos nos negocios graves da Monarquía, modificando ao efecto a Constitución promulgada en 18 de xuño de 1837, vimos (…) en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”. Doc.3.-Comentario sobre o intervencionismo militar na vida política (El pensamiento de la nación, 18 de marzo de 1846):

“As queixas contra a preponderancia militar datan de moito tempo: hai longos anos que as fraccións liberais se acusan unhas a outras polos estados de sitio. O que en 1834 e 1835 dicían os progresistas contra os moderados, dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e 1837; ata 1840 tocoulles aos progresistas repetir os mesmos cargos que logo reproduciron os moderados ata 1843; dende o pronunciamento de xuño do dito ano quéixanse outra vez os progresistas (…).

O poder militar é forte porque o civil é fraco, non tanto se debe pensar en abater aquel como en fortalecer este; a forza do poder civil será a ruína do militar, que deixará de ser poder e pasará a ser unha clase como as demais do Estado ...”.

Doc. 4.-En 1860, o republicano Fernando Garrido caracteriza así as máis importantes tendencias políticas do momento: “Os moderados representan un paso máis na escala do progreso, non conceden senón a medias o principio da soberanía nacional. Din: o rei ten o seu dereito de ser soberano, dereito histórico e de raza, pero o pobo tamén ten dereito a intervir co rei na xestión dos públicos intereses; e conservando as institucións do absolutismo, líganas o menos mal que poden coas novas, que deben satisfacer os desexos das clases acomodadas, e unha pequena parte das medias. Os progresistas parten do principio da soberanía nacional, que colocan sobre todos os outros. O rei, segundo eles, éo porque a nación quere que o sexa, e non porque o herdara dos seus devanceiros (…). Hai unha fracción demócrata que cre posible a amalgama da monarquía e dos principios democráticos, da liberdade individual e da soberanía nacional. Segue a esta a fracción republicana propiamente dita. A democracia como réxime político quere, segundo vemos nas súas publicacións, no canto do rei un consello ou xunta federal composta, como en Suíza, por un ou máis membros por cada provincia ou Estado. No canto de dúas cámaras, unha soa. No canto do censo electoral, o sufraxio universal para toda clase de eleccións. Os seus elementos máis activos pertencen ás profesións liberais, aos traballadores e artesáns, e unha parte máis considerable cada día á clase media”. Doc. 5.-As forzas militares mandadas por Prim, Serrano e Topete pronúncianse en Cádiz en setembro de 1868, publicando o seguinte manifesto: “Aldraxada a lei fundamental (…), corrompido o sufraxio pola ameaza e o suborno (…), pasto a Administración e a Facenda da inmoralidade (…), muda a prensa (…). Tal é a España de hoxe (…). Queremos que un Goberno provisional que represente todas as forzas vivas do país asegure a orde, en tanto que o sufraxio universal bota os alicerces da nosa rexeneración social e política”.

6

Page 7: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

2.2.- O Sexenio Democrático (1868-1874) PERIODIZACIÓN DO SEXENIO: 1º) GOBERNO PROVISONAL (Set. 68-Xan. 71): - Comeza coa Revolución Gloriosa. - Eleccións a Cortes Constituíntes por sufraxio universal masculino. Elaboración dunha nova Constitución ("Constitución

de 1869", democrática). Amadeo I de Saboia proclamado rei de España. 2º) REINADO DE AMADEO I (Xan. 71-Feb. 73): - Remata por abdicar polos escasos apoios que recibe do "bloque constitucional" (progresistas, demócratas e Unión

Liberal), sobre todo despois do asasinato de Prim, e pola forte oposición interna . 3º) I REPÚBLICA (Feb. 73-Xan. 74): - Aos problemas herdados (insurrección cubana e guerra carlista) súmaselle a insurrección cantonal. - Elaboración dun "Proxecto Constitucional" (1873) de carácter republicano e federal. Non chega a entrar en vigor. - Desde Set. 73 (CASTELAR presidente) a República evoluciona cara posicións cada vez máis conservadoras deixa de

existir co golpe do xeneral PAVÍA (Xan. 74) e o pronunciamento de Martínez Campos en Dec.74. 2.2.1- A Revolución Gloriosa

O 19 de setembro do ano 1868, a escuadra que estaba concentrada na baía de Cádiz ó mando do brigadier Topete sublevouse, ó berro de “España con honra”, contra o goberno de Isabel II. O principal dirixente da revolta xeneral Prim reuniuse cos sublevados e rapidamente conseguiron o apoio da poboación de Cádiz. Nos días seguintes, con tres fragatas, Prim fixo que se fosen sublevando sucesivamente Málaga, Almería e Cartaxena. Rapidamente en moitas cidades españolas constituíronse Xuntas Revolucionarias que organizaron o alzamento e lanzaron chamamento ó pobo. As consignas utilizadas eran semellantes en tódolos lugares: sufraxio universal, abolición dos impostos de consumos e das quintas, e eleccións a Cortes Constituíntes. O movemento estendeuse como un regueiro de pólvora sen atopar apenas resistencia. O goberno e maila Coroa atopáronse completamente illados. Cando as escasas tropas fieis ó goberno foron derrotadas na batalla de Alcolea, o goberno no viu mais saída que dimitir. Isabel II partiu en exilio cara a Francia o 29 de setembro do ano 1868, en só 10 días todo terminou. Así, nos primeiros días do mes de outubro, os asinantes do Pacto de Ostende –e especialmente os dirixentes unionistas e progresistas- tomaron a dirección do movemento, constituíron un goberno provisional no que os homes fortes eran Prim e Serrano, ordearon disolver as Xuntas revolucionarias e desarmar a Milicia Nacional que noutrora lles dera apoio. Pretendían así silenciar aos elementos máis revolucionarios do movemento.

2.2.2-O Goberno provisional e a Constitución do ano 1869 O goberno provisional á fronte do cal se situaron o xeneral unionista Serrano e o progresista xeneral Prim, puxo axiña en marcha un programa de reformas. Asemade, o goberno provisional convocou eleccións a Cortes Constituíntes. As eleccións, celebradas por primeira vez en España por sufraxio universal masculino –só para varóns maiores de 25 anos- déronlle a victoria á coalición gobernamental (progresistas, unionistas e un sector dos demócratas), e crearon tamén dúas importantes minorías dentro das Cortes: a carlista e a republicana.

A constitución do ano 1869 claramente liberal-democrática, perfilaba un réxime de liberdades moi amplo se é comparada con outras europeas da mesma época. Proclamábase a soberanía nacional e confirmábase o sufraxio universal masculino. Incluía unha amplísima declaración de dereitos na que ós tradicionais dereitos individuais se lles engadían outros novos, e garantíase as liberdades de residencia, de ensino e de culto. A monarquía mantívose como forma de goberno, correspondéndolle ó rei o poder executivo e a facultade de disolve-las Cortes: unha concesión notable ó poder do monarca, pero ficaba explícito que este exercía o seu poder mediante os seus ministros e que as leis eran elaboradas polas Cortes e o rei só as sancionaba ou promulgaba. As forzas políticas O recoñecemento do sufraxio universal tivo importantes consecuencias na organización dos partidos. Os partidos, que ata daquela se reduciran a unha pura rede de relacións persoais agora tiñan que facer un esforzo por facer chega-la súa mensaxe electoral. O panorama político no novo Parlamento, a partir do ano 1869, estaba dominado por catro grandes tendencias:

- Na dereita situábanse os carlistas, un grupo dos cales aceptaría por primeira vez o xogo parlamentario, presentándose ás eleccións cun programa que defendía esencialmente a unidade relixiosa do país fronte á pluralidade de cultos, e a monarquía tradicional.

- Moi próximos a eles situábanse os moderados, que se mantiveron fieis a Isabel II, reclamando a súa volta ó trono. Este grupo tiña o apoio da burguesía agraria de base latifundista e entre os seus líderes salientaba Cánovas del Castillo, pronto seran coñecidos como alfonsinos.

7

Page 8: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

- No centro atopábase a conxunción gobernamental, integrada basicamente polos asinantes do Pacto de Ostende e que agrupaba a: 69 unionistas, a unha maioría de progresistas (159 deputados) en torno a Prim, Sagasta e Ruíz Zorrilla, e a uns vinte monárquicos demócratas. Defendían unha forma de goberno monárquica, pero subordinada á soberanía nacional e a un amplo respecto polas liberdades públicas.

- Á esquerda aparece o partido republicano federal, que contaba con 70 deputados dirixidos por Pi i Margall, Figueras e Castelar, e eran partidarios das máis amplas reformas sociais e políticas nun sentido democrático: defendían a forma republicana de goberno, a supresión das quintas(servicio militar obrigatorio) ou a abolición da escravitude, aínda vixente en Cuba.

- Fora do sistema aparecen as primeiras agrupacións internacionalistas, impulsadas por 2 iniciativas: a nova lexislación que permitía reunións e asociacións, e a propaganda da A.I.T.(I Internacional) que envía ao anarquista Giuseppe Fanelli, fundador da sección española da A.I.T.

2.2.3-A monarquía de Amadeo de Saboia (1870-1873)

O triunfo nas eleccións dos partidos que defendían a monarquía como forma de goberno e a promulgación da Constitución do ano 1869 deron lugar a que a principal tarefa do goberno consistise en atopar un monarca que substituíse os desacreditados Borbóns. A procura dun rei dividiu a coalición de setembro, e foi finalmente Prim o encargado de establecer complexas negociacións e de sondar a tódolos embaixadores estranxeiros co fin de atopar un consenso internacional sobre o candidato, non foi fácil. Por fin, conseguiu impoñer a candidatura de Amadeo de Saboia, membro da casa italiana de Saboia, dinastía moi popular daquela por ter sido a artífice da unificación italiana. O novo monarca, de só vinteseis anos, foi elixido polas Cortes rei de España en novembro do ano 1870 e chegou a España polo porto de Cartaxena o 30 de decembro. Tres días antes fora asasinado en Madrid o xeneral Prim; o novo monarca quedou sen o seu valedor e conselleiro máis fiel. O 2 de xaneiro foi proclamado rei en Madrid e, despois de lle tomaren xuramento as Cortes constituíntes, estas quedaron disoltas para iniciarse unha nova etapa de monarquía constitucional.

Os poucos máis de dous anos do reinado de Amadeo de Saboia víronse marcados por dificultades constantes:

En primeiro lugar, os sectores carlistas partidarios da vía insurreccional volvéronse a alzar en armas no ano 1872. A rebelión iniciouse no País Vasco e estendeuse a Navarra e zonas de Cataluña e, aínda que non constituíu un verdadeiro perigo, converteuse nun foco permanente de problemas de inestabilidade: 3ª guerra carlista

Doutra banda, no ano 1868 iniciárase, co chamado “grito de Yara”, unha revolta en Cuba (guerra dos dez anos). Animada polos propietarios crioulos cubanos.

Tamén no ano 1872 se produciron unha serie de insurreccións de caracter federalista, nas que se combinaba a acción dos republicanos coas ideas internacionalistas, especialmente de carácter anarquista que, aínda que foron rapidamente reprimidas, fixeron aumentar aínda máis a inestabilidade do réxime.

O elemento fundamental que conduciu á crise final do reinado foi a desintegración da coalición gobernamental que deixou ó monarca sen o apoio necesario para facerlles fronte ós graves problemas do país. Sucedéronse en dous anos seis gobernos e houbo que convocar eleccións tres veces, mentres a oposición practicaba un total abstencionismo. Privado de todo apoio, o 11 de febreiro de 1873 Amadeo de Saboia presentaba a súa abdicación ó trono, devolvendolle a soberanía á nación.

2.2.4- A primeira república española

A proclamación da Primeira República española foi a saída lóxica ante a renuncia de Amadeo de Saboia. As cortes, nas que se depositaba a soberanía, decidiron someter a votación a proclamación dunha República, que foi aprobada o 11 de febreiro do ano 1873 por unha ampla maioría de 258 votos a favor e 32 en

8

Page 9: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

contra. Agora ben, estes datos son enganosos xa que non reflicten un apoio real á nova forma de goberno. Gran parte da cámara era monárquica e o seu voto a favor do sistema republicano non foi máis ca unha estratexia a longo prazo, que pretendía acelerar un proceso de deterioración e de conflito político que dese tempo a organizar unha alternativa monárquica o fin da cal fose a volta dos Borbóns ó trono español. Así pois, a República nacía con escasas posibilidades de éxito e isto evidenciouse no illamento internacional do novo sistema. Agás os Estados Unidos e Suíza, ningunha potencia recoñeceu a República española, á que vían como un réxime revolucionario que podía poñer en perigo a estabilidade dunha Europa maioritariamente burguesa e conservadora.

As correntes republicanas

Pouco despois da revolución de setembro, o Partido demócrata sufriu unha escisión e gran parte dos seus afiliados constituíron o Partido Demócrata Republicano Federal, dirixido por Francesc Pi i Margall. O Federalismo propugnaba a realización dun sistema de pactos libremente establecidos entre os distintos pobos ou rexións histórico-culturais como unha nova forza de articula-lo Estado español. Defendía tamén a forma republicana de goberno e o laicismo do Estado (ausencia de confesión relixiosa oficial); era antimilitarista e anticlerical. Contaba co apoio da pequena burguesía, das clases populares urbanas e con parte do movemento campesiño e obreiro.

Pero os republicanos federais non eran un bloque ideoloxicamente homoxéneo. En realidade, atopábase dividido en dúas tendencias, os “benévolos” e os “intransixentes”:

- Os “benévolos”ou gradualistas (Pi i Margall) controlaban a dirección central do partido e amosaban especial preocupación polo respecto á legalidade, sendo contrarios ás insurreccións armadas e ás mobilizacións populares reivindicativas. Queren constituir a federación dende arriba, dende a legalidade.

- Os “intransixentes” ou cantonalistas (José Mª de Orense) defendían o recurso á vía revolucionaria como método para proclamar a República federal. Como paso previo a proclamación inicial da independencia dos distintos territorios cunha personalidade histórica diferenciada. Queren construir a federación dende abaixo, dende os cantóns, invocando o principio de autodeterminación.

-Existía, por último, un sector dos republicanos, coñecidos como “unitarios” (Castelar), que tamén defendían o modelo republicano de Estado, pero diferían na forma de organización estatal. Eran partidarios dun Estado non federal senón centralizado, e mantiñan posicións moito máis conservadoras desde o punto de vista político e social.

A experiencia da República federal

A República foi recibida con gran entusiasmo polas masas republicanas que creron chegado o momento de facer realidade as súas aspiracións de cambio social. Os federais ocuparon en moitos lugares as corporacións municipais e constituíron Xuntas Revolucionarias. En Andalucía estendeuse desde os primeiro días un amplo movemento insurreccional que lle pretendía dar solución ó crónico problema da falta de terras entre o campesiñado. Entre o movemento obreiro, especialmente o catalán, xeneralizáronse rapidamente as reivindicacións que ían desde a redución da xornada laboral e o aumento de salarios, ata a proclamación do Estado Catalán dentro da República española. Nas cidades volveron a aparecer con forza mobilizacións populares que reclamaban a abolición dos consumos e mais das quintas. (Os primeiros eran os impostos máis impopulares entre as clases humildes posto que gravaban os produtos básicos (viño, carne, xabón, etc.). As quintas eran o sistema de recrutamento de soldados no século XIX e parte do XX, era moi impopular e podias comprar o teu servicio....)

O interese dos dirixentes republicanos por respectar a legalidade exteriorizouse na disolución das Xuntas e na represión das revoltas populares. Convocáronse eleccións a Cortes constituíntes, que foron amplamente gañadas polos republicanos. As Cortes abríronse o 1 de xuño do ano 1873, definiron o novo réxime como unha República federal, e redactaron un proxecto de Constitución que declaraba a organización federal da República: o poder repartíase entre as institucións autónomas e recoñecíanse quince Estados federais máis Cuba e Porto Rico. Polo demais, a Constitución era moi semellante á do ano 1869, nunha liña amplamente democrática.

9

Page 10: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

A vitoria electoral dos republicanos era, así e todo, enganosa, xa que máis de un 60% do electorado se abstivo. Os sucesivos gobernos republicanos presididos por Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar non conseguiron dotar o réxime da estabilidade necesaria para poderen gobernar. Os problemas da República: o cantonalismo A república tivo que facerlle fronte a diversos problemas herdados:

- o conflito carlista transformouse nunha verdadeira guerra. - en Cuba a guerra iniciada en 1868 continuaba e a república foi incapaz de mellorar a situación. - Pero o conflito novo e máis grave foi a insurrección cantonalista: Nas zonas con forte implantación

republicana, a poboación, en moitos casos radicalizada polas aspiracións revolucionarias anarquistas, alzouse en cantóns independentes, (seguindo o programa dos republicanos intrasixentes). O longo do mes de Xullo proclamouse o cantón de Cartaxena, e os de Sevilla, Cádiz, Valencia, Alicante....Os protagonistas dos levantamentos cantonalistas eran un conglomerado social composto por artesáns, tendeiros e asalariados, e foron dirixidos en xeral polos federais intrasixentes, decepcionados polo rumbo dos acontecementos da nova república. Neste conglomerado mestúranse os intereses das burguesías locais cos dun proletariado incipiente, influido polas ideas internacionalistas e pola experiencia da Comuna de Paris. Nas súas proclamas incluían peticións revolucionarias, por exemplo o Cantón de Cartaxena estableceu: o ensino gratuíto e laico, a abolición da herdanza,da pena de morte, das quintas e dos consumos…

Pi i Margall, naquel momento á fronte do goberno, dimitiu ante a disxuntiva de ter que sufocar polas armas a revolta, e foi substituído por Salmerón, quen deu por rematada a política de negociación e iniciou unha acción militar contra o movemento. Agás en Cartaxena, a intervención militar rematou rapidamente co cantonalismo e deulles un inmenso poder os xenerais do exército que asumiu a represión. Salmerón dimitiu a comezos de setembro ó se sentir moralmente incapaz de asina-las penas de morte impostas pola autoridade militar contra activistas do cantonalimo.

O final da República

A partir de setembro do ano 1873, a República deu unha clara volta cara á dereita co novo goberno de Castelar (unitario). Castelar non tiña maioría nas Cortes e, temendo ser destituído polos federais, suspendeu as sesións parlamentarias e gobernou autoritariamente. En decembro do ano 1873, un sector importante dos deputados estaba de acordo en forzar a dimisión deste ó abrirse as sesións de Cortes o 2 de xaneiro do ano 1874. A intención deste grupo (Figueras, Pi i Margall e Salmerón) era volver a controlar o goberno e dar un xiro á esquerda.

O día 3 de xaneiro do ano 1874 abríronse as Cortes e o goberno de Castelar era derrotado por 120 votos contra 100. Era inminente a formación dun goberno de centro-esquerda. Para impedilo, o xeneral Pavía invadiu o hemiciclo con forzas da Garda Civil e disolveu pola forza a Asemblea. Case non houbo resistencia, nin política nin popular, o que amosa a debilidade da República.

O poder pasou nos meses seguintes a mans dunha coalición de unionistas e progresistas co xeneral

Serrano á cabeza, que intentou estabilizar un réxime republicano de carácter conservador e rematou definitivamente co cantonalismo. Pero a base social que podía soster un proxecto deste tipo xa optara pola solución afonsina, isto é, a volta do fillo de Isabel II, Afonso XII. O 29 de decembro do ano 1874 producese o pronunciamento militar do xeneral Martínez Campos en Sagunto. Anteriormente Isabel II abdicara no seu fillo e Cánovas del Castillo convertérase no dirixente e ideólogo da causa afonsina. O 1 de decembro do mesmo ano 1874, o príncipe Afonso asinara un manifesto (Manifesto de Sandhurst) redactado por Cánovas, que sintetizaba o programa da nova monarquía, isto é, un réxime monárquico de signo conservador e católico, que defendería a orde social, pero que garantiría o funcionamento do sistema político liberal, comezaba así a Restauración....

10

Page 11: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

OPCIÓN 1. Setembro 2005 (vello modelo)

Baseándote nos documentos que se presentan, debes realizar unha composición que teña por tema central a evolución política durante o Sexenio democrático (1868-1874). Debes comezar por comentar as circunstancias que conducirán á expulsión do trono de Isabel II e as aspiracións dos revolucionarios triunfantes (Doc.l). A Constitución de 1869 supón a instauración dun novo réxime político, que debes caracterizar nos seus trazos esenciais (Doc.2). As razóns do fracaso da fórmula monárquica (Doc.3), a implantación do réxime republicano que a sucede e do proxecto federal (Doc.4) que se intenta instaurar deben integrarse tamén na túa redacción. Para concluir, podes aludir ao fracaso final da República e á súa substitución por un novo réxime.

Doc.l.-O 27 de setembro de 1868, a Xunta de Goberno de Málaga súmase con esta proclama á revolución coñecida como Gloriosa:

"Aspiramos á liberdade de conciencia (...)- Imos, poís, establecer a liberdade de cultos. Aspiramos á liberdade de sufraxio (...), proclamamos o sufraxio universal. Aspiramos á liberdade da razón, e queremos o ensino libre, e que o pensamento escrito circule sen traba. Aspiramos, en fin, á liberdade económica e de asociación (...). Queremos Cortes Constituíntes, expresión fiel da soberanía da Nación, para que promulguen unha

Constitución (...). Cidadáns: ¡Viva a liberdade! ¡Viva a soberanía nacional! ¡Abaixo os Borbóns!".

Doc.2.-Constitución de 1869: "A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes, elixidas por sufraxio universal, desexando

afianzar a xustiza, a liberdade e a seguridade, e prover ao ben de cantos vivan en España, decretan e sancionan a seguirte Constitución (...):

Art. 17. Tampouco pode ser privado ningún español: do dereito de emitir libremente as súas ideas e opinións, xa de palabra, xa por escrito (...). Do dereito de reunirse pacificamente. Do dereito de asociarse para tódolos fíns da vida humana que non sexan contrarios á moral pública (...).

Art. 32. A soberanía reside esencialmente na nación, da cal emanan tódolos poderes. Art. 33. A forma de goberno da Nación Española é a Monarquía. Art. 34. A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis. Art. 35. O poder executivo reside no Rei, que o exerce por medio dos ministros. Art 36. Os tribunais exercen o poder xudicial",

Doc.3.-Abdicación de Amadeo I (11 de febreiro de 1873): "Dous anos longos hai que cingo a coroa de España, e a España vive en constante loita, vendo cada

día máis distante a era de paz que tanto desexo (...). Todos invocan o doce nome da patria, todos pelexan e axítanse polo seu ben; e entre o fragor do combate, entre o confuso, atronador e contraditorio clamor dos partidos, entre tantas e tan opostas manifestacións da opinión pública, é imposible afirmar cal é a verdadeira, e máis imposible aínda atopar o remedio para tamaños males. Busqueino dentro da lei ansiosamente e non o atopei. Fóra da lei non ha búscalo quen prometeu observala (...).

Estas son, señores deputados, as razóns que me moven a devolver á nación, e no seu nome a vosoutros, a Coroa que me ofreceu o voto nacional (-..)".

Doc.4.-Proxecto de Constitución federal de 1873: "Art. 1. Compoñen a Nación Española os Estados de Andalucía Alta, Andalucía Baixa, Aragón,

Asturias, Baleares, Canarias (,..). Art. 39. A forma de goberno da Nación Española é a República federal (...). Art. 42. A soberanía reside en tódolos cidadáns, e exércese en representación súa polos organismos

políticos da República constituida por medio do sufraxio universal. Art. 43. Estes organismos son: o Municipio, o Estado rexional, o Estado federal ou Nación (...). Art.45. O poder da Federación divídese en poder lexislativo, poder executivo, poder xudicial e poder

de relación entre estes poderes".

11

Page 12: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

2.3. A Restauración: O sistema político da Constitución de 1876 e o seu funcionamento. (1874-1898) 2.3.1. Fundamentos políticos da Restauración:

Xurde tras o fracaso da experiencia democratizadora do Sexenio como un intento de articular un sistema político estable (que poña fin á sucesión de pronunciamentos militares, levantamentos populares... ) e de signo conservador (que garante a salvagarda dos intereses das clases dominantes). O seu principal artífice é Antonio Cánovas (líder do “partido alfonsino” durante o Sexenio), quen se inspira: - no modelo bipartidista británico de dous grandes partidos maioritarios, e - nunha suposta tradición española –que se remontaría á Idade Media- de equilibrio de poderes entre a Coroa e as Cortes.

O regreso dos Borbóns ó trono de España foi coidadosamente preparado por Antonio Cánovas del Castillo. En 1870 conseguiu que Isabel II abdicara no seu fillo Alfonso. Tamén procurou presentar o xove príncipe como un futuro monarca respectuoso co sistema constitucional; a súa educación en Inglaterra e o manifesto de Sandhurst formaron parte desa estratexia. O seu programa político plasmouse no Manifesto de Sandhurst redactado por Cánovas en novembro de 1874 en nome do futuro Afonso XII. Recollía os seguintes aspectos: - o principio monárquico en virtude da lexitimidade histórica - defendía unha monarquía constitucional baseada no liberalismo doutrinario - o respeto do rei ao parlamento. (doc.1) A posta en marcha do réxime foi obra dun Ministerio-Rexencia presidido por Cánovas que, despois do pronunciamento de Martínez Campos en Sagunto, buscou establecer un goberno estable e pacificar o país, as súas principais medidas foron: - revisar a política revolucionaria do sexenio (limitación de liberdades, censura, sufraxio censatario…) - poñer fin os conflitos bélicos de Cuba e a III guerra carlista, a vitoria alfonsina neste conflito supuxo a abolición dos foros para os vascos, de modo que perderon os seus privilexios e foron sometidos ao sistema común de impostos e de recrutamento.. No caso da guerra de Cuba o xeneral Martínez Campos conseguiu asinar a paz cos insurrectos ( Paz de Zanjón) concedendo unha ampla amnistía e prometendo reformas. A fin das guerras conferiu o título de rei pacificador a Alfonso XII. Unha vez conseguidos estes obxectivos puido elaborar unha nova Constitución:

A Constitución de 1876, (doc.2) vixente ata 1923, foi a máis duradeira da historia de España. É unha Constitución centrista e flexible. Nace dos acordos entre os distintos grupos políticos. Establece que España é unha monarquía constitucional, co poder do rei teoricamente limitado polas Cortes. O rei ten o poder executivo (nomea ó goberno), parte do poder lexislativo (promulga as leis, pode vetalas, convoca e disolve Cortes...), ten a responsabilidade da política exterior e o mando do exército. A soberanía é compartida polas Cortes e o Rei. Hai un amplo capítulo dedicado ós dereitos e liberdades individuais. Pero son artigos flexibles, que poden ser completados con leis posteriores, que aumenten ou recorten os dereitos.

As Cortes divídense en dúas cámaras: Congreso e Senado, establecía así mesmo que o sufraxio fose regulado por leis posteriores. O Congreso elíxese por sufraxio restrinxido ou universal, segundo a lei electoral vixente (en 1890 Sagasta reintroducirá o sufraxio universal masculino). O Senado é unha cámara alta, hai senadores de dereito propio (por nacemento ou xerarquía), vitalicios (nomeados polo rei)... Estes non poden exceder de 180. Outros son elixidos polos Concellos. É unha cámara moi conservadora.

A relixión oficial é a católica, pero hai liberdade relixiosa. En definitiva é unha constitución moi ecléctica. Débese apuntar que o documento foi aprobado polo consenso dos sectores máis altos da burguesía, que pretenden superar así os traumáticos cambios que caracterizaban o rumbo político español, configurando unha alternancia no poder mediante a quenda de dous partidos. En todo caso Cánovas busca a estabilidade política e o apoio maioritario para a monarquía. Respecta a Constitución, pero cre que hai dúas constitucións: a que todos coñecemos, a externa; e a interna, baseada na tradición española. No sistema da Restauración hai dous elementos clave: a monarquía e as Cortes. A monarquía representa a autoridade; as Cortes, a vontade do pobo… pero esta quedara totalmente desvirtuada polo xeneralizado fraude electoral. 2.3.2. O funcionamento do Sistema da Restauración: a quenda pacífica e o bipartidimo

Seguindo o modelo inglés a estabilidade política da Restauración baseábase na alternancia política no poder entre dúas forzas políticas, é a famosa quenda (turno) pacífica entre dous grandes partidos dinásticos , que se comprometen a irse alternando pacificamente no poder:; é mester entender que o modelo bipartidista, xa con sufraxio censatario, xa con universal a partir de 1890, se manterá grazas á compoñenda entre o poder central

12

Page 13: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

e as súas correas de transmisión no ámbito local: os caciques. O sistema de Cánovas presentará así unhas Cámaras que en nada reflicten a participación popular. (doc.3) Os dous grandes partidos foron o Partido Liberal-Conservador e o Partido Liberal Fusionista, coñecidos como "conservadores" e "liberais" respectivamente. Foron os únicos partidos que ocuparon o goberno neste período. Non se trataba de partidos modernos de masas, tal como coñecémolos hoxe, coas súas sedes, agrupacións, e afiliados. Tratábase de partidos de notables, é dicir, a reunión de varios líderes políticos coas súas respectivas clientelas, os seus órganos de prensa e os seus apoios locais. Así, cada un destes políticos lideraba unha facción. A misión do líder era manter unidas ás diferentes faccións do partido, e repartir os beneficios do poder equilibradamente entre eles. Se un partido perdía a unidade interna mentres estaba no goberno, o rei podía quitarlle a súa confianza e chamar á oposición para que formase novo goberno e convocase as eleccións, mediante o que se coñecía como "decreto de disolución". Por iso, era necesario que o líder do partido fose unha figura co carisma suficiente como para aglutinar no seu torno a todas as faccións. Durante o último cuarto de século, Cánovas e Sagasta foron os líderes indiscutibles, pero trala súa morte sucedéronse as divisións internas nos seus respectivos partidos.

O Partido Liberal-Conservador foi o primeiro dos dous que se constituíu. O seu líder era Antonio Cánovas, quen intentou aglutinar no seu seo aos antigos moderados partidarios de Isabel II e aos membros da Unión Liberal, incluídos aqueles que, como Romero Robledo, apoiaron a revolución de 1868. Tamén englobou nas súas filas a personalidades destacadas, como o xeneral Martínez Campos e tamén a grupos próximos ao tradicionalismo, pero que aceptaban a lexitimidade alfonsina. Ten as súas bases sociais nos grandes propietarios e na alta burguesía: é o partido da orde, da clase dirixente.

O partido Liberal-Fusionista xurdiu máis tarde, xa que as faccións que o ían a compoñer estaban desorganizadas tralo fracaso do Sexenio. O proceso, que non foi fácil, consolidouse en 1881, cando accederon ao poder baixo a dirección de Sagasta, o seu líder durante o último cuarto de século. O seu programa fundamental era desenvolver os dereitos da Constitución de 1869. Base social: clases medias. 2.3.3. O falseamento do sistema: o fraude electoral. A necesidade que tiñan os gobernos de gañar as eleccións e ter maioría nas Cortes, provocou o seu falseamento permanente, o sistema funcionaba de arriba abaixo: - Na cúspide estaba a minoría política dirixente, os homes dos partidos, senadores, deputados, ministros... estreitamente conectados tanto pola súa procedencia social como polas súas relacións familiares e persoais cos grupos dominantes locais, donos de negocios, fabricas e terras; todos eles forman a oligarquía dirixente entre a que se escollía os candidatos. - Nun nivel intermedio estaba o gobernador civil que, baixo a orde do ministro da Gobernación, colabora na elaboración do encadramento. Para que os resultados se cumpran segundo o previsto deben colaborar os alcaldes, nomeados polo Goberno e encargados do desenvolvemento do proceso electoral. - Na base desta pirámide estaba o cacique local, personaxe que gozaba dunha grande influencia no seu territorio, sobre todo rural, e que cambiaba votos por favores como a entrega de cargos, favores, as recomendacións etc… (doc. 4).

. O proceso de manipulación funcionaba tamén de arriba abaixo:

13

Page 14: Tema 2: Construción e evolución do Estado liberal burgués

- O primeiro paso é a destitución do goberno mediante o Decreto de Disolución firmado polo rei.( porque perde a confianza da coroa, porque se considera necesario para manter o sistema, porque hai unha crise dentro do partido ou porque toca ), axiña ponse en marcha os mecanismos de manipulación electoral para conformar unha nova maioría. - Despois o xefe do outro partido (normalmente Canovas ou Sagasta) recibe o encargo de formar un novo goberno, as cortes son disoltas e o novo goberno nomea novos gobernadores e novos alcaldes. - Convócanse novas eleccións e no ministerio de gobernación se negocian coa oposición os resultados electorais. No encadrado (estaba no ministerio de Gobernación e nas cuadrículas correspondentes a cada distrito electoral colocábanse os nomes dos candidatos que lle interesaban ao goberno) páctanse os candidatos que deben saír elixidos en cada distrito electoral, asegurándolle o partido convocante a maioría e a ao outro partido unha representación suficiente ata a seguinte quenda. - Os Gobernadores civís nomeados polo novo xefe do goberno actúan de intermediarios entre o poder central e os poderes locais para garantir que os resultados sexan os pactados. - Os caciques locais eran os que controlaban a maioría dos distritos electorais, en especial os rurais. A lei de 1878 establecía dous tipos de unidades electorais: os distritos uninominais, que elixían un só deputado e abarcaban as zonas rurais; e as formadas polas cidades, que elixían entre 3 e 8 deputados, pero dentro delas tamén entraban os pobos próximos as cidades, de tal xeito que en moitos casos o número de votantes rurais superaba aos da cidade e era máis fácil de manipular. - En caso de que non funcionasen todos estes mecanismos sempre se podía recorrer o fraude electoral puro e duro, falsificando votos, utilizando ós mortos como votantes, manipulando o censo, ameazando, comprando votos, alterando horarios e convocatorias, encarcerando os revoltosos ou o pucheirazo (ou sustitución masiva dos votos no pucheiro ou urna electoral favorecendo o candidato oficial…… (doc. 5) Este sistema funcionou a perfección durante todo o período, o reparto aproximado era un 60-70% de actas de deputado para o partido no poder e entre un 20-30 % para o partido na oposición, e un residual 5% ou 10% para outros grupo que estaban fora do sistema. (republicanos, carlistas, pronto apareceran os primeiros nacionalistas e os primeiros socialistas...)

A quenda funciona desde que en 1881 Sagasta funda o Partido Liberal e se consolida en 1885 co Pacto de El Pardo: A morte prematura do rei a causa dunha tuberculose en 1885 provocou unha grande incerteza xa que a súa viúva. María Cristina coa que tivera 2 fillas, estaba embarazada. Ante esta situación, os partidos dinásticos acordaron garantir a permanencia do réxime durante a rexencia de María Cristina (Pacto de El Pardo) e agardar a proclamar o herdeiro, por se a criatura que nacera fose un varón, como así sucedeu. Entre 1885-1890 Sagasta introduce reformas como o sufraxio universal que non afectaron aos principios básicos do sistema. A quenda continuara sen problemas ata 1902 durante a Rexencia de María Cristina, pero o desastre de 1898 trastocou todo.

14