tema 11 movementos naturais da poboación. 2º bach. xeografía

6
Tema 11: Movementos naturais da poboación IES Johan Carballeira (Bueu)

Upload: gmarmarin

Post on 05-Aug-2015

16 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 11 Movementos naturais da poboación. 2º BACH. Xeografía

Tema 11: Movementos naturais da poboación

IES Johan Carballeira (Bueu)

Page 2: Tema 11 Movementos naturais da poboación. 2º BACH. Xeografía

   Natalidade

- Desde comezos do s. XX: tendencia descendente. Baixa natalidade + Alta esperanza de vida = Avellentamento progresivo da poboación.

- A partir do 2001: repunte da natalidade (2012: 10,05 ‰) . Factores: chegada á idade fértil das mulleres nadas nos anos de forte crecemento demográfico; chegada masiva de inmigrantes estranxeiros novos e políticas favorables.

- O crecemento da poboación irá reducíndose por mor da crise económica, a entrada de xeracións con menor nº de mulleres en idade fértil e o descenso do nº de inmigrantes. Previsións do INE descenso do crecemento vexetativo no 2017, con probabilidades de seguir diminuíndo.

http://www.ine.es/prensa/np759.pdf

Page 3: Tema 11 Movementos naturais da poboación. 2º BACH. Xeografía

Mortalidade- Ao longo do s. XX: caída debido ao descenso da mortalidade infantil e ao aumento da esperanza de vida.-1900: 28,3 ‰; 1980: 7,4 ‰; 1986: 8, 01 ‰; 2011: 8, 37 ‰. O lixeiro aumento dende 1985 explícase polo progresivo avellentamento da poboación.- Causas: enfermidades cardiovasculares como1ª causa sobre todo nos homes a partir de 45 anos; entre 15 e 44 anos: accidentes de tráfico e SIDA, afectando máis aos homes.- Taxa de mortalidade infantil: moi baixa 3,14 ‰ no 2011.

Nupcialidade e fecundidade

-Na actualidade o nº de matrimonios por cada 100 habitantes en relación coa natalidade é un dato pouco fiable, dado o aumento de parellas de feito e de familias monoparentais. Taxa de nupcialidade no 2011: 3,5 ‰.-Taxa media de fillos por muller: lixeiro descenso : 1, 32 (nacionalidade española); 1, 55 (nacionalidade estranxeira) no 2011.- Idade media de maternidade: está bastante estabilizada desde o 2007. No 2011: 32, 07 e 28, 95 (nacionalidade española e estranxeira respectivamente).

Page 4: Tema 11 Movementos naturais da poboación. 2º BACH. Xeografía

Mortalidade Anos Defuncións Taxa Bruta de Mortalidade Taxa de Mortalidade Infantil

1976 298.219 8,26 17,11

1981 292.622 7,75 12,45

1986 308.777 8,01 9,16

1990 331.807 8,54 7,58

1995 343.943 8,73 5,46

2000 357.788 8,89 4,34

2001 357.580 8,78 4,02

2002 366.046 8,86 4,10

2003 382.455 9,11 3,89

2004 369.564 8,66 3,95

2005 385.056 8,87 3,72

2006 369.391 8,38 3,49

2007 383.249 8,54 3,43

2008 384.198 8,43 3,31

2009 383.209 8,34 3,20

2010 380.234 8,25 3,16

2011 386.017 8,37 3,14

Page 5: Tema 11 Movementos naturais da poboación. 2º BACH. Xeografía

- O atraso na maternidade: dificultades para atopar unha situación laboral sólida.

-Debido á tendencia á baixa da natalidade non queda garantida a substitución xeracional, que se acada cunha media de 2,1 fillos por muller.

Desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación

A) Comunidades autónomas con maior dinamismo demográfico:

-Taxas de natalidade máis elevadas

-Taxas de mortalidade máis baixas

-Crecemento natural máis alto

-Estrutura demográfica máis nova.

-Andalucía, Murcia, Ceuta e Melilla (comportamento tradicional máis natalista; forte inmigración estranxeira desde 1990)

-Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares (foron focos de inmigración interna en épocas pasadas; forte inmigración estranxeira desde 1990)

Page 6: Tema 11 Movementos naturais da poboación. 2º BACH. Xeografía

-Canarias: ve compensada a súa baixa natalidade pola súa favorable estrutura por idades.

-Navarra: a desfavorable estrutura por idades vese compensada por unha natalidade máis alta.

B) Comunidades autónomas en declive demográfico:

- Taxas de natalidade máis baixas- Taxas de mortalidade máis altas- Crecemento natural máis baixo, negativo en moitos casos.- Estrutura demográfica fortemente envellecida

- Galicia e as comunidades do interior peninsular (intensa emigración en épocas pasadas e menor inmigración estranxeira).

-Rexións de antiga tradición industrial da cornixa cantábrica (prolongada incidencia da crise industrial de 1975 e menor inmigración estranxeira.