teatro prehistórico

3
(D.1) HUGO: ¡Ola amiguiños e amiguiñas! Imaxino que estaredes pensando que somos homes e mulleres prehistóricos, ¿verdade…? AITANA: ¡Home claro! Estes nenos son moi listos e seguro que se fixaron na nosa vestimenta… LUCÍA: ¿E sabedes por que estamos aquí…? ¡Pois para falarvos da Prehistoria! (D.2) HUGO: Enterámonos de que ides visitar o petroglifo de Outeiro dos Lameiros; por iso viñemos a explicarvos que son os petroglifos e cando se fixeron… Así que, moi atentos eh… (D.3) AITANA: Os petroglifos son gravados feitos polos homes prehistóricos en rochas ao aire libre… En Galicia hai moitas rochas de granito e sobre elas fixéronse os petroglifos. (D.4) LUCÍA: A maioría deles graváronse na Idade dos Metais (hai máis de catro mil anos…). (D.5) HUGO: Primeiro debuxabamos as figuras empregando lascas de cuarzo. Logo faciamos os sucos con percutores grandes e puntiagudos; despois puliamos os sucos con percutores máis pequenos… ¡Menudo traballo…! ¡As rochas son tan duras…! (D.6 e D.7) AITANA: Hai petroglifos por todo o mundo. Para descifrar o seu significado os arqueólogos teñen investigado moito… LUCÍA: (D. 8) ¿Estos grabados pretenderían facer propicia a caza ou a vida máis doada…? (D.9) HUGO: ¿Representarían o poder do guerreiro…? (D.10) AITANA ¿Estarían relacionados co mundo dos astros…? (D.11) LUCÍA: O mundo dos petroglifos e tan apaixoante que paga a pena seguir investigando… (D.12) HUGO: En Galicia hai magníficos petroglifos (sobre todo nas marxes da ría de Pontevedra e Vigo). (D.13) AITANA: Nos petroglifos grabáronse unha gran variedade de motivos: figuras abstractas e figuras realistas (que representan seres que existen na realidade). (D.14) LUCÍA: Entre as figuras abstractas destacan as coviñas (puntos grabados que aparacen sós ou formando parte doutras figuras…). (D.15) HUGO: Os círculos e as combinacións circulares… (D.16) AITANA: Os labirintos… (D. 17) LUCÍA: As espirais; as esvásticas; os cadrados; os reticulados…

Upload: maria-lemos-cerqueira

Post on 20-Jul-2015

74 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Teatro prehistórico

(D.1) HUGO: ¡Ola amiguiños e amiguiñas! Imaxino que estaredes pensando que somos homes e mulleres prehistóricos, ¿verdade…?

AITANA: ¡Home claro! Estes nenos son moi listos e seguro que se fixaron na nosa vestimenta…

LUCÍA: ¿E sabedes por que estamos aquí…? ¡Pois para falarvos da Prehistoria!

(D.2) HUGO: Enterámonos de que ides visitar o petroglifo de Outeiro dos Lameiros; por iso viñemos a explicarvos que son os petroglifos e cando se fixeron… Así que, moi atentos eh…

(D.3) AITANA: Os petroglifos son gravados feitos polos homes prehistóricos en rochas ao aire libre… En Galicia hai moitas rochas de granito e sobre elas fixéronse os petroglifos.

(D.4) LUCÍA: A maioría deles graváronse na Idade dos Metais (hai máis de catro mil anos…).

(D.5) HUGO: Primeiro debuxabamos as figuras empregando lascas de cuarzo. Logo faciamos os sucos con percutores grandes e puntiagudos; despois puliamos os sucos con percutores máis pequenos… ¡Menudo traballo…! ¡As rochas son tan duras…!

(D.6 e D.7) AITANA: Hai petroglifos por todo o mundo. Para descifrar o seu significado os arqueólogos teñen investigado moito…

LUCÍA: (D. 8) ¿Estos grabados pretenderían facer propicia a caza ou a vida máis doada…?

(D.9) HUGO: ¿Representarían o poder do guerreiro…?

(D.10) AITANA ¿Estarían relacionados co mundo dos astros…?

(D.11) LUCÍA: O mundo dos petroglifos e tan apaixoante que paga a pena seguir investigando…

(D.12) HUGO: En Galicia hai magníficos petroglifos (sobre todo nas marxes da ría de Pontevedra e Vigo).

(D.13) AITANA: Nos petroglifos grabáronse unha gran variedade de motivos: figuras abstractas e figuras realistas (que representan seres que existen na realidade).

(D.14) LUCÍA: Entre as figuras abstractas destacan as coviñas (puntos grabados que aparacen sós ou formando parte doutras figuras…).

(D.15) HUGO: Os círculos e as combinacións circulares…

(D.16) AITANA: Os labirintos…

(D. 17) LUCÍA: As espirais; as esvásticas; os cadrados; os reticulados…

Page 2: Teatro prehistórico

(D.18 e 19) HUGO: Entre os motivos realistas destacan: os animais (principalmente cabalos -que se distinguen pola espesa cola- e cervos -que se distinguen pola súa cornamenta-…)

(D.20) AITANA: E tamén figuras humanas, armas e incluso algunha embarcación (como neste petroglifo do concello de Oia).

(D. 21) LUCÍA: ¿Que vos parece se falamos agora dos petroglifos de Outeiro dos Lameiros?

HUGO: Estes magníficos petroglifos -que ides visitar- están situados en Baíña-Baiona, nun fermoso lugar da serra da Groba…

(D.22) AITANA: Para que a xente os poida admirar e disfrutar, organizouse alí un interesante museo ao aire libre…

LUCÍA: Había moito traballo que facer… Os arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos dirixiron as obras…

(D.23 e 24) HUGO: Primeiro houbo que deforestar a zona e limpar as superficies grabadas…

(D.25) AITANA: Logo calcáronse os petroglifos para poder estudalos mellor.

(D.26) LUCÍA: Para poder calcalos, os arqueólogos tiveron que pintalos cunha mestura de auga e polvos de talco…

HUGO: ¡Pero ollo, iso só o poden facer os arqueólogos eh…! ¡A vós, nin se vos ocorra…!

AITANA: ¡Tes cada cousa..! Estes nenos son moi intelixentes e saben de sobra que os petroglifos hai que coidalos e respectalos…

LUCÍA: Os petroglifos son un auténtico tesouro… por iso non se poden pisar, nin pintar, nin rañar… ¡Hai que conservalos para as xeracións futuras…!

(D.27) HUGO: Finalmente, fixéronse os itinerarios para que a xente poidese observalos mellor.

(D. 28) AITANA: Agora, se vos parece, imos analizar os motivos que se grabaron neste lugar.

(D. 29) LUCÍA: ¡Así, pintadiños polos arqueólogos, míranse moi ben…!

(D.30) HUGO: Nesta parede vertical grabáronse máis de 78 cuadrúpedos (ou sexa, animais de catro patas). Os arqueólogos -que son moi observadores- decatáronse de que estes animais debían de ser cabalos…

(D. 31) AITANA: E levan razón porque, se vos fixades ben, observaredes que: carecen de cornas, teñen unha espesa cola caída cara ao chan, e algúns están montados por unha figura humana…

Page 3: Teatro prehistórico

LUCÍA: Ademáis dos cuadrúpedos, no panel tamén destacan unha serie de figuras abstractas.

(D. 32) HUGO: Observade ben esta figura que hai grabada no centro do panel… (un óvalo con divisións interiores, con coviñas e con apéndices no lado dereito e na parte baixa da figura).

(D. 33) AITANA: Agora fixádevos nesta especie de escaleira… Os arqueólogos non saben o que representa… ¿Será un cercado…? ¡Pode que si…!

(D. 34) LUCÍA: E mirade que bonita é esta especie de estrela de seis raios curvos que se xuntan nun punto central…

(D. 35) HUGO: Diante do panel hai un banzo sobre o que hai gravados circos concéntricos con coviña central.

(D. 36 e 37) AITANA: Ademais deste magnífico panel, en Outeiro dos Lameiros hai outras laxes gravadas con preciosos motivos abstractos.

(D. 38) LUCÍA: Coviñas…

(D. 39) HUGO: Liñas e círculos…

(D. 40) AITANA: Combinacións circulares…

(D.41) LUCÍA: Reticulados…

(D. 42) HUGO: Cando cheguedes alí, observaredes que os petroglifos xa non están pintados e, polo tanto, serán máis difíciles de ver… ¡Tedes que prestar moita atención!

(D.43) AITANA: A ver se tedes a sorte de pode miralos algún día de noite. Á luz dos focos míranse moito mellor… (D. 44)

(D.45) LUCÍA: Sería bo que levarades material para poder calcar algún dos petroglifos… ¡É unha actividade moi interesante…!

HUGO: ¡Pasádeo ben…! Outro día contarémosvos como vivíamos na Prehistoria… Seguro que vos interesará… ¡Adeus amigos!

AITANA E LUCÍA: ¡Adeus!