socialistas de narÓn – programa 2015-2019€¦ · programa elecciÓns municipais de narÓn...

29
1 SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019

Upload: others

Post on 22-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

1

SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019

Page 2: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

2

Page 3: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

3

PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019

SAÚDO DA CANDIDATA .......................................................................................................................4

PRÓLOGO ...........................................................................................................................................5

UNHA CIDADE EMPRENDEDORA ........................................................................................................6

Diversificación económica e comercio .............................................................................................6

Emprego e emprendedores .............................................................................................................6

Economía municipal ........................................................................................................................7

Turismo ..........................................................................................................................................8

UNHA CIDADE PARA AS PERSOAS ......................................................................................................9

Infancia e nenez ..............................................................................................................................9

Xuventude .................................................................................................................................... 10

Terceira idade ............................................................................................................................... 12

Dependencia ................................................................................................................................. 12

Igualdade ...................................................................................................................................... 13

Mobilidade humana e integración ................................................................................................. 14

Benestar ....................................................................................................................................... 15

UNHA CIDADE SOCIAL E RELACIONAL, PARTICIPATIVA E TRANSPARENTE ....................................... 16

Transparencia. Compromiso de bo goberno e rendición de contas ................................................ 16

Participación cidadá ...................................................................................................................... 17

Deportes ....................................................................................................................................... 18

Parroquias - Zona rural e tradicións ............................................................................................... 19

Servizos comúns mancomunados .................................................................................................. 20

UNHA CIDADE SAUDABLE E SOSTIBLE .............................................................................................. 22

Mobilidade ................................................................................................................................... 22

Sanidade ....................................................................................................................................... 23

Ecoloxía e medio ambiente ........................................................................................................... 24

Urbanismo e vivenda. Barrios para vivir. ....................................................................................... 25

UNHA CIDADE POLA EDUCACIÓN E A CULTURA ............................................................................... 26

Educación ..................................................................................................................................... 26

Cultura .......................................................................................................................................... 27

EPÍLOGO ........................................................................................................................................... 29

Page 4: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

4

SAÚDO DA CANDIDATA

Narón, maio de 2015

Estimada/o veciña/o:

Como sabes, o vindeiro 24 de maio vanse celebrar eleccións municipais, nas que teño a honra de

presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE.

Ante todo, quero animarte a participar nestes comicios, que son especialmente importantes porque

a administración municipal é a máis próxima á cidadanía, é a que debe preocuparse dos problemas

cotiáns da xente.

Estes catro anos no goberno, aínda que estabamos en

minoría, teñen sido positivos para o noso Concello, pois por

riba das siglas de cada partido puxemos os intereses da

cidadanía de Narón. Nas áreas que levamos dende o PSdeG-

PSOE impulsamos a Participación Cidadá poñendo en

marcha a “Escola de Participación”, desenvolvemos parte do

Regulamento de Participación Cidadá do Concello e

iniciamos un traballo conxunto co tecido asociativo naronés

na procura da colaboración duns veciños con outros. Temos

posto en marcha un Centro de Recursos Solidarios para

axudar ás familias máis desfavorecidas, conseguindo 100 toneladas de alimentos o pasado ano.

Conseguimos paralizar o recorte no servizo de autobuses. Visitamos ás familias con familiares

dependentes para coñecer de cerca os seus problemas. Empezamos a poñer a nova numeración no

rural e os nomes aos rueiros para poñer orden e recuperar os nomes tradicionais dos lugares.

Para continuar ese traballo empezado e melloralo precisamos ter máis concelleiros e concelleiras

socialistas, porque os nosos valores e principios son o garante da igualdade, da solidariedade e da

integración. Para elo presentamos unha candidatura renovada con xente allea á política, integrada

por persoas coa ilusión, a preparación e a capacidade necesarias para levar a cabo unha mellora na

xestión e na priorización das necesidades que Narón ten para converterse nunha CIDADE con

maiúsculas. Desexo e pretendo liderar un goberno municipal próximo aos veciños, transparente e

cercano, que impulse un novo tempo político no noso municipio.

Para elo elaboramos un programa electoral realista, que recolle as demandas veciñais e as nosas

propias ideas do que ten que ser Narón os vindeiros catro anos. Un programa que podes consultar na

nosa web: (www.socialistasdenaron.com). Comprométome a que este sexa o noso estilo de facer

política: un goberno municipal aberto, para todos e todas, en diálogo permanente coa sociedade.

O vindeiro 24 de maio pido o teu apoio e confianza para facelo posible. Para construír, entre todos e

todas, un futuro mellor para Narón.

Catalina García.

Candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

Page 5: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

5

PRÓLOGO

O Concello de Narón é un dos máis activos de Ferrolterra. De todos é coñecido que unha parte

importante do seu rápido crecemento demográfico ten a súa base principal no traspaso de

poboación dos outros concellos da comarca cara á nosa cidade onde só o 19% da poboación ten 65

ou máis anos, o 66% está no grupo entre 16 e 64 anos e os menores de 16 representan o 15%. En

definitiva, unha das poboación máis novas de Galicia e polo tanto máis dinámica. Este movemento

poboacional provocou o crecemento desordenado de diferentes áreas urbanas, moitas veces

inconexas entre si por mor da mala planificación urbanística que agora dificulta a prestación

adecuada de servizos públicos. Exemplos hai dabondo. As áreas urbanas do Feal e Freixeiro en

Piñeiros, do Ponto en Xubia, da Gándara ou do Alto do Castiñeiro.

Tamén dispoñemos de asentamentos industriais importantes para a comarca e Galicia e debemos

facilitar o desenvolvemento do porto exterior de Ferrol cunha aposta pola loxística nos polígonos

industriais de Narón para promover a diversificación económica do noso entorno. Neste eido,

apostamos pola colaboración entre Administración Públicas en beneficio de todos.

Por suposto, non esquecemos as sete parroquias de Castro, Doso, San Xiao ,Pedroso, Sedes, Santa

Icía e O Val cunha grande personalidade e moita importancia no eido económico que necesitan unha

protección especial para manter as nosas tradicións compatibilizado con uns servizos públicos

adecuados.

O Partido Socialista en Narón ten demostrado neste último mandato municipal o seu compromiso

cos nosos veciños e veciñas dende as súas responsabilidades de goberno. Entre outros, acadamos

obxectivos moi salientables como a posta en funcionamento do Centro de Recursos Solidarios e a

Escola de Participación Cidadá, máis orzamento para axudas ás persoas con menos recursos,

paralización do recorte de liñas de autobuses ou empezar a poñer os nomes aos camiños e rueiros e

numeración das parcelas na zona rural.

Falábamos da mala planificación urbanística debida ao rápido desenvolvemento. Xa que logo, toca

empezar a corrixilo se non estamos condenados máis cedo que tarde a ser unha cidade dormitorio.

As e os socialistas queremos evitalo e estamos en condicións de facelo. Para iso chamamos ás

veciñas e veciños a comprometerse con nós na transformación de Narón nunha cidade moderna e de

servizos con respecto e coidado dos nosos asentamentos rurais tradicionais.

O transporte público, os servizos de educación, sanitarios, de benestar, administrativos teñen que

vertebrar o noso municipio.

Por outra banda, a crise económica que se transformou en social e política trocou a mentalidade da

cidadanía que quere participar na resolución dos seus problemas. Entón, a participación cidadá,

efectiva e comprometida ten que ser a base das actuacións municipais.

Page 6: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

6

UNHA CIDADE EMPRENDEDORA

Os e as socialistas queremos que a cidade sexa un puntal da comarca liderando a recuperación en

todos os sectores.

Para evitar o desmantelamento progresivo do sector industrial temos que apostar por unha industria

sostible e intensiva en capital tecnolóxico, e para iso apoiaremos mediante programas de fomento

industrial a captación de recursos e xeración de empresas, sempre velando porque calquera axuda

sexa condicionada á estabilidade e mantemento do emprego para evitar futuras deslocalizacións.

Temos moitas ideas e propostas para xerar crecemento e recuperar o emprego , das que aquí

recollemos as máis relevantes.

Diversificación económica e comercio

A nosa comarca está a sufrir unha perda de peso económico no conxunto de Galicia derivado dunha

escasa diversificación económica e moi focalizada nun sector maduro industrialmente como é o naval

que, si ven é verdade que formará parte do futuro de Ferrolterra cunha ampla implantación nos

polígonos industriais de Narón, non podemos centrarnos exclusivamente nel.

1. Queremos que Narón participe activamente na necesaria diversificación económica da nosa

comarca e por iso avanzaremos no desenvolvemento da proxectada Estación Intermodal de

Mercadorias, con conexión ferroviaria directa co Porto Exterior de Prioriño e os polígonos de

Narón e os futuros de Ferrol que permitan avanzar no campo da loxística, futuro inminente

da nosa área económica.

2. Por outra banda, en Narón hai exemplos sobrados do desenvolvemento do cooperativismo

en actividades agrícolas e comerciais que son exemplo de emprendemento e motor de

emprego estable e actividade económica sostible medioambietalmente. Entón, debemos de

potenciar a economía social como un dos motores dunha recuperación económica estable,

sostible e de calidade.

3. Faremos derivación, motivación e difusión do solo industrial dispoñible para que as

empresas estranxeiras e nacionais se implanten nos polígonos industriais do concello.

4. O comercio é unha das actividades económicas máis próximas á veciñanza, que cubre as

necesidades cotiás ademais de favorecer o desenvolvemento do tecido urbano. Crearemos

un Plan de Dinamización do Comercio Local atendendo ás diferenzas das áreas urbanas e

rurais en colaboración co sector, daremos apoio á introdución das novas tecnoloxías e

impulso de Espazos Comerciais Abertos na Gándara, Alto e Xubia, e crearemos a Mesa Local

do Comercio de encontro entre o sector e as Administracións Públicas.

Emprego e emprendedores

A preocupación principal dos e das socialistas é o desemprego e cómo solventalo. A nosa comarca

está a sufrilo derivado da propia crise económica do país pero con características propias pola

evidente falta de diversificación económica, insuficiencia de servizos públicos e baixo tecido

comercial.

Page 7: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

7

Ademais, estamos ante unha acelerada caída da taxa de cobertura de prestacións de desemprego,

cada vez máis de longa duración, e unha grande cantidade de mozas e mozos que non atopan

traballo que provocan importantes bolsas de exclusión social.

Ante o abandono consciente que desde a política central fai o Partido Popular, os e as socialistas

propoñemos as seguintes accións.

5. Conformaremos unha MESA ESTABLE POLO EMPREGO na que elaboraremos un Plan de

Emprego concordado cos axentes sociais, empresas e axentes educativos (universidade,

centros de formación profesional, etc.) fomentando o emprego por conta allea, dotando de

axudas para contratar a desempregados empadroados en Narón e na Comarca.

6. Impulsaremos a dotación económica das políticas activas de emprego para garantir recursos

humanos de alta cualificación para a instalación de empresas. As achegas ós beneficiarios

mentres dure a formación contarán cunha guía e asesoramento personalizado para

axudarlles na empregabilidade e na tramitación de convalidacións, recoñecemento de

competencias, etc. É imprescindible levar a cabo cursos/talleres de formación sectorial e

transversal para reducir as dificultades para adaptarse a un posto de traballo pola

inexistencia dalgunha habilidade.

7. Reforzaremos a liña de apoio ao emprendemento acompañando mediante axudas ós

traballadores que se convertan en autónomos e o fomento da economía social, ben sexa

polo cooperativismo ou outras formas de organización societaria social, e a súa promoción,

especialmente da xente nova e crearemos o Premio ao Emprendedor.

8. Apoiaremos a instalación de pymes (startups) que aposten polo I+D+I e as novas tecnoloxías

nun edificio municipal con servizos comúns en forma de viveiro empresarial público.

Economía municipal

O proxecto socialista esixe dunha Administración moderna, áxil e transparente.

Nunha época na que os cidadáns e cidadás demandan participar activamente nos asuntos públicos

de seu, a transparencia e o fomento da participación, a implantación das novas tecnoloxías é

imprescindible.

9. Daremos transparencia ás contratacións facendo público na páxina web do Concello dende

os pregos de condicións, ata os resultados das diferentes aperturas de plicas rematando coa

adxudicación final, de xeito que a cidadanía teña coñecemento de todo o proceso.

10. No eido da participación cidadá, as decisións directas dos veciños teñen que plasmarse no

documento orzamentario anual polo que antes do debate e aprobación en Pleno abriremos

previamente o mesmo á participación regulamentada da veciñanza.

11. Promoveremos acordos con entidades financeiras para a concesión de microcréditos a novos

emprendedores e autónomos para proxectos avalados pola Axencia de Emprego e

Desenvolvemento Local.

Page 8: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

8

Turismo

O Turismo é unha parte importante da actividade económica no noso país e Narón non pode

permanecer alleo ao mesmo.

O Concello ten que impulsar e planificar os elementos para promover o seu desenvolvemento

mediante unha planificación adecuada. Crearemos un proxecto de turismo municipal coas seguintes

coordenadas.

12. Poñeremos en valor o patrimonio cultural das nosas parroquias, recuperando tradicións

para espallar o seu coñecemento, fomentando un turismo da cultura, natureza e

gastronomía, que garanta estancias prolongadas dos nosos visitantes para coñecer en

profundidade o noso concello, e de ser o caso, apostar por fixar a súa residencia nel.

13. Daremos un pulo ao Camiño Inglés a Santiago de Compostela e ao de Santo André de

Teixido, e potenciaremos a área recreativa de Pedroso e Aldea Nova como espazos de lecer

para as e os nosos visitantes.

14. Buscaremos a colaboración entre os distintos actores que teñen interese no Turismo e que

permita promover accións conxuntas de promoción turística, potenciando toda a Comarca.

15. Promoveremos a apertura da oficina de turismo municipal durante todo o ano

16. Faremos un estudio para a creación dun Parque da auga, xa que é un ben en moita

abundancia no noso municipio (ríos, mar e ría) e pouco valorado como activo turístico e de

ocio local que cabería explotar.

Page 9: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

9

UNHA CIDADE PARA AS PERSOAS

Necesitamos facer unha cidade para todos na que sentirnos acollidos para desenvolver as nosas

capacidades. Isto non por obvio é sinxelo; asumir os especiais requirimentos dos grupos de idade,

condición de saúde ou condición económica, permitiranos facer unha cidade máis humana.

Que a nosa contorna sexa esixente en favor dos desfavorecidos é unha condición de mínimos que ha

de contribuír a fixar unha cidade para a vida desde a igualdade esencial de tódolos cidadáns; con

igual dereito a ser distintos.

Infancia e nenez

Cremos que o noso concellos debe prestar unha especial atención ao adecuado benestar da infancia

e á nenez, pois debe culminar na formación de persoas adultas que participen dos valores

fundamentais de liberdade, solidariedade, xustiza e igualdade.

A infancia, a nenez e a adolescencia deben ter o seu espazo nas nosas cidades e pobos, e os medios

axeitados para o seu crecemento persoal e social, e para a transformación do seu entorno máis

próximo.

Todas as políticas municipais que afectan ós menores deben estar guiadas polo principio do interese

superior do menor establecido na Convención sobre os Dereitos do Neno. Nesa liña deben garantir

tamén o dereito dos menores acorde á súa idade de involucrarse na xestión das políticas sociais, de

participación, urbanísticas, de ocio e tempo libre, de mobilidade e de seguridade, da nosa cidade.

Por todo isto queremos un Narón que sexa amigo da infancia garantindo a protección de tódolos

menores, especialmente dos que se atopen en situación de risco e/ou desprotección, xerando as

actuacións necesarias que axuden no desenvolvemento integral da infancia, a nenez e a

adolescencia.

As medidas que propoñemos para o noso concello son:

17. Dotaremos do solar para a construción dunha escola no Alto do Castiñeiro. Esta é a peza

base do noso programa no tocante á Infancia e á nenez, xa que os nenos desta e outras

parroquias ó chegar a primaria non teñen un colexio único ó que dirixirse e son divididos a

centros lonxanos. Cunha nova escola cambiarían ás areas de reparto, facilitando que non se

produza esta situación.

18. Ampliaremos a rede de ludotecas municipal dentro das posibilidades orzamentarias alí onde

exista unha demanda xustificada.

19. As formas de ocio actuais no ámbito da infancia e en relación cos proxenitores pasan pola

actividade da bicicleta. Isto unido a que temos un servizo de aluguer das mesmas fan

necesario poder desenrolar una infraestrutura de carril bici necesaria xa non só por

utilidade se non tamén por seguridade.

20. Ampliaremos ás instalacións dos parques de xogos instalados nos casos que quedan

pequenos (Xuvia, Alto do Castiñeiro,etc.) coa incorporación de novos elementos para todas

as ideades para que poidan xogar os nosos rapaces e rapazas .

Page 10: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

10

21. Demandaremos a creación de máis prazas de preescolar en escolas infantís xa que o

crecemento experimentado fai que existan listaxes de espera cada ano.

22. Negociaremos o traspaso da xestión das escolas infantís á rede Galiña Azul da Xunta de

Galicia de xeito que podamos reasignar recursos e aportar axudas ó comedor escolar para

que ningún neno nin nena quede sen almorzo, reforzando o programa de alimentación

saudable.

23. Realizaremos actividades para os nenos e nenas cooperando entre os distintos centros

escolares da comarca.

Xuventude

Os mozos e mozas naroneses precisan traballo; un traballo digno e coa estabilidade que lles permita

non só emanciparse, senón emprender proxectos de vida e construír o seu futuro, e o Concello, na

aplicación daquelas competencias que lle son propias, ten moito máis que aportar e facer.

Somos un concello mozo comparado cos datos poboacionais da comunidade autónoma, no que un

12,69% da poboación está na franxa comprendida entre os 15 e os 29 anos.

Idade Poboación

Total Porcentaxe

15-20 1349 3,41%

20-24 1513 3,82%

25-29 2160 5,46%

Sen embargo, por unha parte, a actividade municipal encamiñada á satisfacción das necesidades dos

mozos e mozas do concello é mínima, e por outra, naquelas áreas nas que, como en deportes,

cultura ou mobilidade, existe unha especial demanda por parte da xuventude, as políticas

emprendidas nestes eidos non a teñen en conta, sendo moito peor aínda situación da mocidade nas

parroquias do rural.

Aspiramos a facer da xuventude un eixo central da vida cotiá da nosa cidade, con políticas que

impulsen o ocio, a cultura e a integración social, e a facelo incentivando a participación da propia

xuventude na posta en marcha de cada proxecto, e dándolle voz.

24. Crearemos un Consello Municipal da Xuventude integrado por membros de entidades que

teñen á mocidade como destinatario principal do seu servizo, e por representantes das

entidades xuvenís rexistradas no Rexistro de Entidades de Narón como paso necesario para

articular a participación da xuventude naquelas políticas, actividades e proxectos dos que

son destinatarios principais.

25. Habilitaremos unha xuntanza orzamentaria participativa para que o Consello Municipal da

Xuventude decida os fins aos que se destinarán os recursos deste área.

26. Desenvolveremos, dentro das competencias municipais e subscribindo acordos con empresas

e institucións, plans de formación para mozos e mozas naqueles postos de traballo máis

Page 11: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

11

demandados polas empresas da comarca, promovendo convenios para a realización de

prácticas formativas.

27. Impulsaremos plans municipais para o autoemprego e o emprendemento xuvenil; poremos

a disposición locais de titularidade municipal para que os novos emprendedores poñan en

marcha os seus proxectos e xeren postos de traballo.

28. Sumaremos, sempre que sexa posible, ás sancións económicas municipais actividades

socioeducativas e colaboracións en beneficio da comunidade, para impulsar a educación e

concienciación social de menores infractores.

29. Favoreceremos o xurdimento dun tecido asociativo xuvenil e revitalizaremos a Casa da

Mocidade, converténdoa nun punto de encontro xuvenil e de realización daquelas

actividades polas que mostren maior interese os usuarios e usuarias, dentro das partidas

orzamentarias codecididas polo Consello Municipal da Xuventude.

30. Promoveremos o ocio activo e saudable, así como a práctica de actividades deportivas,

culturais e artísticas por parte dos mozos e mozas garantindo o acceso ás persoas sen

recursos. Apoiaremos o sector do ocio nocturno, onde se garanta a liberdade na xestión do

ocio e o consumo responsable, co dereito da veciñanza a descansar e gozar das instalacións

públicas, habilitando espazos de ocio nocturno con actividades programadas (xogos, bailes,

deportes, teatro, informática, etc.) nos espazos municipais (Casa da mocidade, aula CeMIT,

Biblioteca, Auditorio).

31. Promoveremos a creación dun festival de música, coparticipado polos Concellos de

Ferrolterra, enfocado á xuventude. A súa periodicidade será anual e se desenvolverá cada

ano nun Concello distinto da Comarca. Para a organización e contidos deste festival

contarase coa opinión da xente moza, por medio de enquisas nas que aporten as súas ideas,

iniciativas e propostas.

32. Crearemos clubs xuvenís de lectura a través da biblioteca municipal e habilitaremos un

servizo de aulario con horarios extendidos nos períodos de exames, así coma inclusión de

libros de textos universitarios no catálogo da rede de bibliotecas municipais.

33. Crearemos unha Oficina de Voluntariado na que se fomente a participación das e dos mozos

en programas de voluntariado en proxectos locais e proxectos internacionais en

coordinación co servizo voluntario europeo, para fomentar a súa conciencia social e

ecolóxica e a súa capacidade de traballo e compromiso.

34. Coordinaremos e facilitaremos un programa de intercambio de estudantes con outras

localidades de países estranxeiros, para fomentar o aprendizaxe de idiomas e o

coñecemento de novas culturas por parte da mocidade.

35. Fomentaremos a través do Padroado da Cultura todas as formas de expresión cultural

xuvenil renovando a oferta cultural adaptándoa ás inquedanzas e gustos da nosa xuventude.

Promoveremos os bonos culturais para facilitar o acceso dos mozos e mozas á cultura e ó

ocio.

Page 12: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

12

36. Promoveremos programacións especiais de ocio xuvenil para os períodos de vacacións

escolares, con actividades coma cine ao aire libre, concertos, festas ou rutas de sendeirismo.

37. Crearemos concursos e certames que premien talentos artísticos de xente novel, como

forma de promoción da cultura entre a xuventude.

38. Dentro das competencias municipais, melloraremos as becas de transporte para

universitarios.

Terceira idade

Narón é un concello cunha media de idade nova, pero que conta tamén cunha importante poboación

que supera os 65 anos.

Na nosa cidade temos avós e avoas que están a facerse cargo do sustento das familias coas súas

pensións, que coidan das crianzas e da xente máis pequena para que os pais e nais vaian traballar;

outros están en soidade ou lonxe dela.

Para todos e todas eles temos as seguintes propostas, pois son a nosa historia e o noso pasado máis

recente; como tal merecen e deben ser atendidos e tidos en conta:

39. Continuar, mellorar e ampliar no posible as actividades para maiores.

40. Xestionaremos un Plan Municipal de Actuación Interxeracional coordinado coa actuación

dos servizos sociais a fin de que en cada barrio e parroquia voluntarios fagan visitas ás

persoas maiores que están sos para facerlles compaña, comprobar o seu estado,

acompañalos a pasear e/ou darlles un momento de lectura, evitando situacións de

desamparo e garantindo a súa protección integral.

41. Promoveremos a constitución e funcionamento do Consello Municipal de Maiores para que

se poidan promover propostas do seu interese, tanto para mellorar os servizos que se lles

ofertan como canalizar as novas demandas que teñan que facer.

42. Ofertaremos un espazo de voluntariado de maiores, onde os profesionais que aínda teñen

capacidade e ganas, poidan contribuír a formar a outras persoas cos seus coñecementos e

experiencia.

Dependencia

A Lei de Dependencia é un dos piares básicos do Estado de Benestar. Esta Lei con raíces socialistas é

unha das nosas sinais de identidade.

Nos derradeiros anos, as modificacións e transformacións da mesma consistiron no recorte e merma

de prestacións, de horarios e servizos, todo en contra das persoas dependentes e as súas familias.

Tal e como está hoxe a aplicación da Lei, hai moita xente que falece sen recibir axuda ningunha,

aínda no caso de estar valorada e incluída na listaxe oficial da Xunta de Galicia.

O Concello ten capacidade para mellorar a situación das familias en espera mentres a Dependencia

non se faga cargo, polo que propoñemos:

Page 13: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

13

43. Realizaremos cursos de formación para familiares e cuidadores nos que se lles aprenda a

mover e coidar dos seus dependentes.

44. Habilitaremos un incremento na partida de axuda no fogar de libre concorrencia de xeito

que cheguemos a máis poboación e garantindo ós casos que máis o precisan un mínimo de

atención.

45. Crearemos un Servizo de atención a persoas que están soas e estean incapacitadas, para que

sexa atendido no seu domicilio o seu aseo.

46. Potenciaremos o aumento de prazas nos centros de día.

Igualdade

Non pode acadarse unha sociedade igualitaria sobre a base da marxinación ou a discriminación da

metade da sociedade. Ese principio de igualdade entre homes e mulleres é o marco lexitimado que

asumimos os socialistas de forma pioneira e sostida.

Temos o reto de desenvolver políticas municipais de igualdade e de acción afirmativa que favorezan

a plena e real equiparación en oportunidades e dereitos,e a ese reto encamiñaremos os nosos

esforzos na lexislatura; achegarémonos a igualdade de naroneses e naronesas mediante estas

propostas.

47. Estamos inequivocamente comprometidos e implicados na loita contra a violencia de

xénero: reforzaremos a realización de accións de sensibilización e prevención; axilizaremos e

melloraremos a coordinación entre todos os profesionais que interveñen no proceso de

atención ás vítimas; garantiremos o asesoramento e a atención íntegra das mulleres en

situación de violencia de xénero así como os seus fillos e fillas, facilitando a súa autonomía

(axuda económica, vivenda, preferencia en programas formativos, etc.).

48. Cremos que a chave para acadar a igualdade é a educación. Por iso traballaremos na mellora

educativa neste eido ampliando as actividades nos centros educativos dirixidas ao alumnado

e profesorado, dotaremos ás bibliotecas de material bibliográfico e incluiremos formación

de igualdade na educación dirixida ás e aos adultos.

49. A desigualdade en emprego e salario é unha das máis notorias dificultades a que nos

enfrontamos. Facilitaremos a incorporación da muller ó mercado laboral en condicións de

calidade, realizando acordos con empresas, en particular nos sectores nos que estean

menos representadas, para que as diferenzas se reduzan.

50. Potenciaremos o autoemprego das mulleres mediante asesoramento e formación específica

para aquelas que teñan iniciativas empresariais.

51. Estimularemos a formación de asociacións de mulleres e a súa representación e

participación activa na toma de decisións nas asociacións veciñas, culturais, deportivas, etc.

52. Daremos continuidade o plan de igualdade interno que está aplicando o principio de

transversalidade de xénero na xestión do traballo municipal así como á comisión que asegura

o seu cumprimento.

Page 14: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

14

53. Promoveremos a comarcalización dun Centro da muller para a atención, información e

asesoramento coa colaboración das entidades de mulleres da comarca así como dos axentes

sociais.

Mobilidade humana e integración

A mobilidade humana é un termino que substitúe o coñecido como migración para que estean

presentes todas as posibilidades de transición territorial dos seres humanos, incluíndo a migración

(emigración e inmigración), asilo, refuxio, apatrida, desprazamento, tránsito, trata e trafico de

persoas, e incluso aquelas formas que van aparecendo ante os recambios sociais, como o retorno, a

expulsión, a inserción, etc.

Con este novo termo, complementario e integral, entendemos e damos o verdadeiro valor que os

procesos de recambio territorial dos seres humanos significan para as sociedades de orixe, tránsito,

destino e emigración, nos ámbitos sociais, culturais, políticos, económicos, etc.

Comprendendo esta dimensión, estas son as nosas propostas para axudar na integración:

54. Habilitaremos unha oficina de Movilidade Humana dende a que se acollerán, informarán e

acompañarán todas as accións nese campo, apostando pola participación, o diálogo e a

creación de instrumentos de mediación para facilitar a integración, sendo eixo central para a

comunicación e canalizar todas as accións. En particular, informará sobre os dereitos que

asisten ao colectivo e ofertará asesoramento para exercelos (nacionalización, solicitudes de

asilo, dereito a voto, asistencia sanitaria, lexislación laboral nacional, convalidación de

estudios, sistema educativo,etc.)

55. Daremos a posibilidade de formación ós técnicos municipais para adquirir os coñecementos

necesarios para atender as necesidades deste colectivo e así ofrecer un mellor servizo,

traballando de forma transversal en todas as accións do Concello en materia de integración.

56. Programaremos cursos de castelán e galego para facilitar a integración das persoas que

necesitan mellorar o coñecemento das nosas linguas.

57. Impulsaremos un Plan Municipal contra o racismo, a xenofobia e a intolerancia asociada.

Dado o seu carácter integral y global, require de medidas políticas, sociais e culturais

específicas no ámbito municipal, que serán abordadas e propostas a través deste Plan, y na

que participarán as organizacións sociais e asociacións do municipio que traballen neste

ámbito para a súa elaboración.

58. Fortaleceremos o proceso asociativo no concello

59. Axudaremos á integración da nosa, cada vez máis numerosa, comunidade inmigrante e nova

veciñanza facilitando un pack de benvida a cada persoa que se cense con información dos

servizos e axudas do concello en varios idiomas.

60. Xestionaremos un sistema de mentores voluntarios que faciliten o recibimento e acollida de

quenes chegan o noso concello.

Page 15: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

15

Benestar

Coa escusa da crise económica, os gobernos do Partido Popular no Estado e na Comunidade

Autónoma teñen ido borrando da nosa xeografía o Estado de Benestar, ese que garante a igualdade

de oportunidades, a atención á infancia, aos maiores, ás persoas dependentes…, o que garante ter as

necesidades básicas das persoas cubertas.

É moi triste, no século XXI, ter nenos e nenas que as únicas comidas que fan ao día son as dos

comedores escolares, porque nas súas casas escasean os recursos máis básicos. En Narón estamos a

atender arredor de 1.300 persoas cada ano, son familias con nomes e apelidos, con caras, non son

simples números.

O deber das institucións é garantir unha vida digna á cidadanía, e por elo loitaremos incansable e

incesantemente, pero namentres non o conseguimos os Concellos como administración máis

próxima á veciñanza debe dar resposta a toda esa xente que está nunha situación desfavorecida.

Os e as socialistas de Narón:

61. Potenciaremos o CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS e promoveremos a participación como

Colaboradores de todos os municipios da comarca para convertelo nun punto loxístico que

dea resposta ás familias máis desfavorecidas de cada Concello.

62. Xestionaremos un convenio coa Cociña económica de Ferrol para instalar outras unidades

de comedor no concello, evitando ter que desprazarse ata Ferrol.

63. Potenciaremos os plans especiais de axudas sociais, incrementando os recursos para axudas

de emerxencia e bonificacións destinadas ás familias máis vulnerables.

64. Fomentaremos a integración social de persoas en risco de exclusión, poñendo en marcha

proxectos de formación e de animación comunitaria para fortalecer a convivencia,

participación social e encontro comunitario da cidadanía, especialmente naqueles espazos

que mostran signos de deterioro social, decaemento e/ou conflitividade con respecto o

conxunto da poboación.

65. Traballaremos para que o modelo enerxético sexa inclusivo, co fin de evitar a existencia de

consumidores vulnerables que non teñan cubertas as súas necesidades enerxéticas básicas

por falta de recursos.

66. Promoveremos os proxectos de Bancos de Tempo e os Bancos Solidarios, para poder

compartir e desenvolver os valores de cooperación e solidariedade na sociedade.

67. Promoveremos a Educación para a Cooperación ó Desenvolvemento, como a mellor vía para

que a nosa sociedade sexa solidaria e consecuente coas desigualdades. Abordaremos a loita

contra a pobreza, o aprendizaxe doutras culturas e tradicións e a defensa dun medio

ambiente sostible, promovendo a compra pública ética, o comercio xusto e o consumo

responsable.

Page 16: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

16

UNHA CIDADE SOCIAL E RELACIONAL, PARTICIPATIVA E

TRANSPARENTE

Fomentar o acercamento entre a cidade e a cidadanía se considera indispensable, porque os nosos

veciños e veciñas deben recoñecer a Narón como un espazo habitable e apropiable, como extensión

do seu espazo individual e como o espazo social por excelencia onde non exista desconexión, co

único obxectivo de “FACER CIDADE”, entendendo isto, como unha práctica colectiva onde poder

fomentar a participación, a integración, a sustentabilidade, a creatividade, o emprendemento, etc. E

onde o diálogo e a transparencia sexan as ferramentas para o seu desenvolvemento.

Entre todas e todos temos que facer UNHA CIDADE, A CIDADE para a cidadanía naronesa,

fomentando a relación entre a veciñanza e a colaboración neste apaixoante proxecto común, no

que toca dar forma e vertebrar o noso territorio de forma que podamos atender ás persoas coa

dignidade que se merecen, acadando acordos co resto da Comarca para dar mellores servizos, e

escoitando á veciñanza nos temas e proxectos de máximo interese xeral antes de tomar decisións

definitivas.

Transparencia. Compromiso de bo goberno e rendición de contas

A eficiencia, a modernización e a actualización dos Servizos Públicos e o bo servizo á cidadanía,

defendendo os intereses xerais con honestidade, obxectividade, imparcialidade, austeridade e

proximidade, rexerán as nosas actuacións.

Aseguraremos aos veciños e veciñas de Narón un bo Goberno Local, con garantías de igualdade e

solidariedade, adquirindo un compromiso coa ética pública e a calidade da democracia no ámbito

máis próximo aos cidadás e cidadáns, fomentando a democracia participativa e nítida.

A transparencia, a avaliación pública das medidas que se tomen, e a rendición de contas serán

sinais da nosa identidade ao fronte do goberno de Narón, pois os socialistas e as socialistas

consideramos que, no só, é importante gobernar con transparencia, se non tamén que os nosos

veciños e veciñas poidan avaliar os resultados das medidas adoptadas por medio de sistemas

sinxelos de enquisas.

Non nos conformaremos con anunciar medidas ou proxectos e logo non dar conta de si teñen

funcionado ou non, de si se teñen feito ou non, se non que a veciñanza ten que saber cal ten sido o

resultado e os por qué de cada cousa. O noso compromiso non é acordarnos cada catro anos da

xente, o noso compromiso é estar con eles, por eles e para eles todos os días, e dende o primeiro día,

gobernando coa cidadanía.

Para isto os socialistas e as socialistas,

68. Consultaremos coa poboación naronesa aqueles temas de interese xeral e de grande

repercusión antes da súa aprobación.

69. Sacaremos a concurso todas as contratacións que se fagan dende o Concello para aforrar e

optimizar o gasto. Os pliegos de contratación valorarán sempre nun apartado o

comportamento social da empresa adxudicataria (respecto medioambiental, conflitividade

Page 17: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

17

laboral, reclamacións dos usuarios,etc.). Toda a información será de acceso público pola

cidadanía, detallando en particular os pagamentos realizados.

70. Crearemos o Portal de Transparencia como unha aposta real para garantir a claridade e

honestidade como forma de goberno e rendición de contas. Incluirá entre outros datos o

currículo dos representantes políticos, as súas retribucións e gastos de representación,

publicidade e promoción institucional, o inventario de bens, os acordos plenarios, etc.

71. A alcaldía e os concelleiros de goberno rendirán contas en asamblea cidadá bianualmente

no ecuador da lexislatura, informando sobre os logros acadados durante ese tempo, así

como aportando explicacións exhaustivas das causas de posibles incumprimentos do

programa de goberno e das promesas electorais realizadas. Faremos un Pleno anual no que

cada grupo político rinda contas do traballo desenvolvido polo ben común do Concello.

Daremos conta en xuntanzas polas parroquias anualmente do traballo feito e dos resultados

acadados.

72. Unha persoa, un cargo, unha retribución. Os cargos electos percibirán un único salario por

todas as súas competencias e actuacións. Aportaremos máxima transparencia na determina

ción dos salarios dos cargos públicos.

73. Desde a defensa estrita dos principios de honradez e transparencia NON incluiremos nas

nosas listas municipais a persoas acusadas e procesadas en procedementos xudiciais. Os

cargos públicos socialistas se comprometerán a renunciar as súas responsabilidades cando se

atopen nalgunha das causas ou circunstancias descritas anteriormente, así como a solicitar a

suspensión cautelar de militancia.

Participación cidadá

A cidadanía ven reclamando dende hai tempo a participación nos asuntos do Concello. Demandan

claridade, transparencia e un concello aberto e dialogante, que conte co tecido asociativo e coa

veciñanza en xeral para a toma de decisións relevantes como pode ser o Plan Xeral de Ordenación

Municipal ou o Orzamento Municipal.

A corrupción, os favoritismos, o clientelismo…, está nas páxinas de todos os diarios e nas noticias dos

espazos informativos. A opacidade na xestión do día a día no Concello produce desconfianza, non só

nas entidades, se non tamén nos veciños e veciñas a nivel particular.

A tendencia ata o de agora foi a toma de decisións políticas sen facer recollida de sentires, propostas

e/ou suxestións dos nosos veciños e veciñas, e si ben é certo que nos elixen nas urnas cada catro

anos para velar polos seus intereses, tamén é certo que é importante coñecer a súa opinión en temas

relevantes e de interese xeral para o municipio.

Nestes catro anos temos desenvolvido parte do Regulamento de Participación Cidadá, constituíndo

os Consellos Territoriais e aprobando o seu regulamento interno, temos creado a Escola de

Participación Cidadá, que ten feito apoio ás entidades para canalización das novas do Concello, das

actividades desenvolvidas por cada entidade que así o solicitou. Se fixo formación tanto a políticos e

técnicos como a entidades e cidadás e cidadáns a nivel particular. Empezouse o traballo de

modificación do Regulamento de Uso dos Centros Cívicos, pendente de aprobar polos Consellos

Page 18: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

18

para a súa elevación ao Pleno Municipal. Pode parecer pouco, pero os trámites administrativos e a

normativa vixente, a reestruturación do Servizo Sociocomunitario así como o pouco persoal do

departamento e a súa carga de traballo teñen impedido ir máis aló neste mandato.

Cremos e defendemos a Participación Cidadá no noso municipio, polo que:

74. Daremos continuidade á Escola de Participación, na que estableceremos o Punto de

Atención a Cidadanía cun sistema de recollida permanente da opinión, necesidades,

demandas e expectativas da veciñanza, con avaliación continúa mediante enquisas , para

coñecer a calidade dos servizos públicos, e facendo accesibles de forma pública as propostas

e respostas.

75. Remataremos o desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá, retomando as

cousas empezadas para rematalas, actualizando a composición do Consello Xeral de

Participación Cidadá e aprobando o seu regulamento interno, e creando Consellos Sectoriais

que teñen demanda, como o de Deportes ou o de Igualdade.

76. Acordaremos coa representación dos diferentes colectivos locais no Consello Xeral de

Participación Cidadá a prioridade das propostas concretas que demanden.

77. Habilitaremos una aplicación móbil municipal onde a cidadanía poida interactuar coa

administración local e acceder á información municipal (axenda, novas, teléfonos de

interese,pedir cita de atención co Concelleiro, seguemento de resolución de incidencias,

etc.). Crearemos perfiles con imaxe e xestión homoxénea nas redes sociais do Concello, a

Alcaldía e Concellerías, que informen de todas as actividades, programas e ofertas de

emprego que ofreza cada municipio da comarca.

78. Portelo único dixital e presencial que facilite a xestión dos trámites administrativos desde

calquera punto sen necesidade de “paseos” innecesarios entre departamentos.

Deportes

O noso obxetivo primordial é achegar todos os deportes á cidadanía para todos os ámbitos e idades,

coa necesidade de que ninguén quede sen practicar deporte por motivos económicos, nin que

ningunha asociación deportiva se vexa obrigada a pechar polo mesmo motivo.

Velaremos por acadar unha transparencia que permita a todos os clubs contar co xusto apoio no

acceso as axudas que merecen con igualdade de oportunidades e dereitos .

79. Daremos transparencia á concesión de convenios e subvencións deportivas. Debateremos

coas entidades, dentro do Consello Sectorial de Deportes os criterios a ter en conta para a

baremación.

80. Promoveremos a construción e xestión dunha piscina olímpica mancomunada cos concellos

da comarca para a práctica deportiva competitiva co fin de desconxestionar e facilitar as

restantes de uso recreacional.

Page 19: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

19

81. Subvencionaremos as matriculas en actividades deportivas para usuarios con poucos

recursos. As instalacións deportivas terán bonificacións para esas persoas, para que ninguén

se vexa privado de practicar deporte por mor da súa situación económica.

82. Promoveremos vínculos entre centros educativos, escolas deportivas municipais e clubs,

apoiando as escolas deportivas nos colexios.

83. Poñeremos en funcionamento o Consello Municipal de Deportes onde estarán

representadas todas as asociacións e clubs deportivos, para debater, analizar e planificar

conxuntamente as principais liñas da delegación de deportes.

84. Programaremos actividades con federacións e entidades de deportes minoritarios.

85. Fomentaremos o deporte base a través da creación de escolas deportivas públicas.

86. Construiremos por fases recintos cubertos nas pistas deportivas dos colexios do Concello.

87. Ampliaremos a oferta deportiva do concello, pensando nos rapaces e rapazas adolescentes, coa incorporación de actividades e espazos para a práctica de patinaxe, rocódromo e parkour.

Parroquias - Zona rural e tradicións

Queremos mellorar o entorno rural, co obxecto de facilitar as comunicacións e os servizos, a

residencia e a actividade económica, atraendo en particular aos mozos e mozas e defender un

modelo de agricultura familiar a través das cooperativas. Para elo buscaremos fondos de outras

administracións para financiar proxectos de iniciativa pública e empresarial na zona rural para que a

fenda entre rural e urbano vaia desaparecendo.

Completar os servizos básicos de saneamento e abastecemento de auga é prioritario no programa

socialista, polo que nos comprometemos a entendernos con outras administracións para completar

estes servizos en todos os núcleos rurais, cofinanciando o seu desenvolvemento e implantación.

O Concello de Narón ten historia de seu, e como tal, as súas parroquias rurais teñen tradicións que

conservan e poñen en valor facendo unha festa na que rememoran as nosas raíces, traballos,

actividades e lendas populares.

Estas tradicións son fonte de encontro da veciñanza, atraen xente de toda a comarca e de fora da

súa fronteira, fomentando o coñecemento do noso territorio e a mobilidade da nosa economía.

Así recollemos as seguintes propostas:

88. Traballaremos para completar a instalación da rede de abastecemento de auga e

saneamento.

89. Elaboraremos un plan de mellora viaria no medio rural. Concluiremos a sinalización dos

camiños do rural cos nomes polos que se coñecen. Habilitaremos sendas peonís nas

estradas propiedade do concello onde sexa necesario e posible, e promoveremos a

Page 20: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

20

construción de sendas peonís nas estradas propiedade doutras administracións.

Desbrozaremos as cunetas de titularidade municipal dúas veces o ano.

90. Promoveremos a posta a disposición de terreos públicos para o seu uso agrícola en terras

hoxe ociosas, para familias sen recursos, facilitándolles unha pequena parcela que deberán

coidar e explotar para consumo doméstico.

91. Faremos unha promoción dos produtos locais con actos promocionais e degustacións para o

seu consumo máis alá da comarca.

92. Acadaremos un alto nivel de calidade ambiental no medio rural, evitando o deterioro do

patrimonio natural e ambiental. Buscaremos a erradicación de vertedoiros incontrolados

aumentando a vixilancia.

93. Defenderemos manter colexios rurais agrupados e os centros de Atención Primaria de

Pedroso e O Val para garantir o acceso aos servizos básicos no rural.

94. Impulsaremos o turismo rural (rutas de sendeirismo e ciclismo, posta en valor do patrimonio

arquitectónico e natural, acondicionamento e publicitación do Camiño Inglés e o Camiño a

Santo André de Teixido, dotación de infraestruturas e sinalización para que sexa más

accesible, promoción de packs turísticos que integren o transporte con actividades, etc.)

Concertaremos a xestión e o financiamento coa Deputación Provincial, a Xunta de Galicia, a

Administración Xeneral do Estado, e os programas da Unión Europea para acadar estes

obxectivos e facer unha xestión eficiente dos recursos.

95. Manteremos xuntanzas coas persoas responsables das celebracións das distintas parroquias

(Oenach, Esfolla, Pena Molexa, Samaín, Romaría da O) e persoal técnico do Concello, para

estudar o custo de cada evento e acordar de forma xusta a aporta de recursos públicos que

se fará en cada caso, publicando os acordos.

96. Promoveremos e facilitaremos a cooperación de toda a veciñanza de Narón coa parroquia

organizadora do evento para fomentar a participación da cidadanía na súa organización e

goce.

97. Fomentaremos por medio dos centros de ensino o coñecemento destas tradicións nosas.

Servizos comúns mancomunados

Narón forma parte da comarca de Ferrolterra, a terceira Comarca de Galicia en poboación;

conxuntamente co Eume e Ortegal agrupa una poboación duns 200.000 veciños e veciñas. Ademais,

a Ría de Ferrol engloba concellos dunha alta densidade de poboación e moitas veces con

continuidade urbana entre eles.

Por outra banda, sucede o caso de que un mesmo servizo municipal é prestado polo mesmo

contratista en varios concellos limítrofes pero con distintos contratos perdendo os concellos as

vantaxes das economías de escala e unha mellor coordinación.

Page 21: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

21

Os socialistas cremos e practicamos o entendemento entre administracións en beneficio da

cidadanía. Propoñemos por tanto a colaboración institucional entre Concellos na xestión de servizos

públicos.

Deste xeito, queremos chegar a un consenso co Concello de Ferrol para a xestión do saneamento

que remate nun futuro nunha xestión mancomunada do ciclo da auga na Ría conxuntamente con

todos os concellos que nos abastecemos das Forcadas.

Tamén propoñemos a creación do parque comarcal de bombeiros, como xeito novamente de

abaratar os custes e gozar dun servizo da mellor calidade e seguridade.

Evidentemente, queremos un transporte público mancomunado con decisións consensuadas dos

concellos entre sí, e coa cidadanía e asociacións en liñas, frecuencias e precios de xeito que permitan

a vertebración do territorio.

Pero non só iso, tamén queremos avanzar na colaboración noutros eidos. Así, nas infraestruturas, a

estación intermodal de mercadorías en Río do Pozo; nos deportivos, a piscina olímpica comarcal,

que especializada na práctica deportiva, permita desconxestionar as outras piscinas de uso máis

recreacional; ou nos servizos públicos municipais esenciais, mancomunar o servizo de recollida de

lixo e limpeza viaria, entre outros moitos que sinalamos de forma resumida:

1. Asesoramento urbanístico e redacción de proxectos

2. Servizos Técnicos

3. Medidas de aforro enerxético e mantemento da iluminación pública

4. Mantemento, limpeza e pequenas reparacións na rede viaria local

5. Recollida de lixo

6. Abastecemento de auga y saneamento

7. Creación do parque comarcal de bombeiros

8. Creación dun consorcio comarcal de transporte público

9. Protección Civil

10. Promoción e desenvolvemento do Turismo

11. Xestión do plan local de sanidade

12. Control sanitario de alimentos e bebidas

13. Centro da muller

14. Instalación e mantemento dunha piscina olímpica

Page 22: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

22

UNHA CIDADE SAUDABLE E SOSTIBLE

Narón superou xa a cifra de 40.000 habitantes, pero as súas infraestruturas básicas non se

corresponden con esta nova dimensión. A importante proporción de niños convida a agardar que

este crecemento continúe sendo intenso. Porén, a cantidade e calidade de servizos, vías e espazos

públicos terán que mellorar a maior ritmo que a poboación.

A complexidade da nosa planta residencial require dun modelo de urbanismo que compense a

extraordinaria dispersión poboacional. Cómpre un novo plan xeneral de urbanismo e ordenación do

territorio que racionalice as demandas de servizos e de transporte o tempo que recupera a calidade

de vida e o medio ambiente dos naroneses. Temos dereito a que os nosos fillos vivan mellor e con

máis calidade e saúde. E velaquí tes as nosas propostas para acadalo.

Mobilidade

A accesibilidade e a mobilidade son problemas especialmente difíciles en diferentes zonas do

concello e da Comarca. Temos que velar polos desprazamentos a pé da cidadanía e os movementos

en bicicleta para mellorar o tráfico e diminuír a sinistralidade viaria e o impacto ambiental.

A peonalización das rúas e prazas gañando espazos públicos é unha vía prioritaria para ter unha

cidade máis humana e que colateralmente aumenta as posibilidades económicas do concello en

sectores coma o turismo e o comercio.

Outro punto central é a necesidade de aumentar a frecuencia e liñas de transporte público.

Por todo isto, as propostas no eido da mobilidade prioritarias son:

98. Elaboraremos un Plan de Mobilidade Sostible que avalíe a situación de partida e posibles

actuacións. Cos resultados de análise actual e liñas de mellora detectadas, executaranse as

medidas coa participación e consenso veciñal.

99. Fomentaremos a concertación do transporte público, buscando a inclusión de Narón e

outros concellos da comarca nun novo consorcio de transportes comarcal de xestión e

financiamento supramunicipal que cubra a área metropolitana. Coa mellora na xestión

posibilitarase un aumento de liñas e frecuencias e na calidade do servizo.

100. Ampliaremos a rede de carrís bici onde sexa factible conectando os barrios e os nodos de

interconexión dos distintos modos de transporte cos centros neurálxicos do Concello

(Centros de Saúde, Xulgado de paz, centros comerciais, locais sociais, etc.).

101. Acordaremos dentro da elaboración do PXOM a peatonalización de rúas e prazas cando se

dean as condicións axeitadas, eliminando barreiras arquitectónicas . Ampliaremos as

beirarrúas e reordenaremos o tráfico onde sexa necesario. Sempre en consenso coa

veciñanza.

102. Potenciaremos o transporte público, facendo campañas para o fomento do seu uso.

Melloraremos a información dos horarios de transporte e ubicación das paradas, rutas e

frecuencias. Iniciaremos un estudo para a implantación dun sistema avanzado de

Page 23: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

23

información ao viaxeiro, e unha aplicación para a consulta desde dispositivo móbil dos

horarios e a mellor ruta para comunicarse mediante transporte público entre dous puntos da

comarca.

103. Promoveremos a implantación de aparcamentos disuasorios que permitan a fácil conexión

mediante transporte público e bici, fomentando o seu uso.

104. Aumentaremos as partidas orzamentarias para o bonobus universitario e o social.

Aplicaremos tarifas con maior bonificación aos usuarios máis frecuentes.

105. Negociaremos co Ministerio de Fomento a optimización da liña de ferrocarril de FEVE,

dotándoa de máis frecuencia entre Pedroso e Ferrol.

106. Dotaremos ós nodos de transporte (estaciones de ferrocarril, apeadoiros, puntos de

estacionamento de bicis, etc. ) dun carácter intermodal. Estes nodos intermodais deben ser

conectados co resto do tecido urbano mediante itinerarios non motorizados (sendas peonís e

bicicarrís).

Sanidade

Os socialistas defendemos plenamente e con convicción a sanidade pública. Por iso, unha das

demandas que levamos reclamando desde fai xa moitos anos é a de dotar a Narón dun novo centro

de saúde acorde ó crecemento poboacional experimentado. O que temos na actualidade adoece de

serias deficiencias de mantemento, climatización, accesibilidade, falta de aparcamento, etc., ademais

de quedarse pequeno para o numero de profesionais e doentes que se atenden na actualidade,

competindo en ocasións os números de atención en urxencias cos do Complexo Hospitalario

Universitario de Ferrol. Ese edificio podería ser suficiente para outros usos, como asentar as

asociacións sanitarias e servizos sociais, pero os continuos incumprimentos do goberno autonómico

da protocolo asinado co Sergas, veñen demorando o que é imprescindible para o noso concello, pese

a ter este cumprido cos requisitos esixidos (compra das parcelas, unificación no rexistro, orzamento

parcial para o proxecto,etc.). Nós presionaremos por todos os medios para acadar ese obxectivo sen

demora.

Por outra banda, non se ten elaborado un plan de saúde local que avalíe desde unha perspectiva

global as necesidades de benestar da veciñanza. A elaboración dun plan de calidade e traballo de

varios anos, que se podería completar progresivamente por fases.

Finalmente, desenvolveremos programas de prevención de condutas de risco para a saúde,

especialmente en relación ás drogas e os efectos do alcohol e o tabaco, con especial atención á

prevención de inicio en menores, así como programas contra o sedentarismo, facilitando o acceso de

todas as persoas o deporte e a actividade física, segundo as súas necesidades e peculiaridades.

En puntos, estas son as nosas propostas.

107. Concertaremos coa Xunta o comezo da construción do novo Centro de Saúde, presionando

para que non se demore máis, reforzando os periféricos de Pedroso e O Val.

108. Redactaremos un Plan local de saúde, contando coa cidadanía e profesionais artellando

unha rede local que traballe pola mellora da saúde e o benestar da veciñanza. Debido a

Page 24: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

24

complexidade que pode representar a súa redacción, farase unha primeira fase na que se

defina a metodoloxía de traballo, unha diagnose do estado da saúde en Narón, e se

planifiquen as necesidades por prioridades.

109. Elaboraremos un Mapa de Parques Biosaudables, fomentando estas instalacións para todas

as idades.

110. Crearemos diferentes rutas para a realización de actividade física, planificando horarios de

participación en grupo.

111. Incrementaremos a programación de charlas en escolas para alumnos e asesoramento

pedagóxico para o profesorado na prevención do consumo de alcohol, tabaco e drogas; de

igual xeito sobre nutrición para aprender a comer mellor co fin de evitar obesidade infantil

e/ou a anorexia.

112. Continuidade do Programa de Actividade Física, Narón Cidade Activa 2015-2020.

Ecoloxía e medio ambiente

A extensión dunha nova conciencia global sobre os perigos que axexan ao planeta é un dos

fenómenos máis novidosos e positivos das últimas décadas. A loita pola preservación do medio

ambiente e pola redución dos efectos do cambio climático vencéllanse en Galicia non só ás políticas

autonómicas que inciden directamente na calidade medioambiental, senón tamén ás actuacións

municipais tendentes a un uso racional do territorio e á concepción deste como un ben común,

necesitado de conservación, ordenación e cualificación.

Podes contar co noso compromiso para que Narón conte cun urbanismo ao servizo da cidadanía,

con medidas de análise e responsabilidade ambiental, coa promoción do transporte público e coa

creación de infraestruturas que actúen como elementos de dinamización económica e como

instrumentos de vertebración e desenvolvemento sostible do territorio.

113. Habilitaremos un servizo de punto limpo móbil que facilite a recollida barrio a barrio,

programada con periodicidade trimestral, buscando novamente a comarcalización para verse

favorecido pola economía de escala.

114. Fomentaremos talleres de concienciación e fomento da estratexia 4R (Redución,

Reutilización, Reciclaxe e Recompra), programas de comunicación do consumo responsable

e respecto medioambiental, e feiras de troco e venda de produtos de segunda man.

115. Reduciremos o consumo de enerxía mediante a progresiva implantación de semáforos e

alumeado con maior eficiencia enerxética, e a instalación de paneis solares nos edificios

municipais nos que poida ter un impacto positivo.

116. Implantaremos e fomentaremos a existencia de hortas veciñais nas terras baldías do

concello, onde se poidan cultivar produtos do campo en modalidade ecolóxica. As hortas

poden utilizarse como medio de fomentar a economía social axudando ás persoas que máis o

necesitan para o autoconsumo.

Page 25: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

25

Urbanismo e vivenda. Barrios para vivir.

Narón é un municipio que ten medrado ao longo da Estrada de Castela e en pequenos barrios que

foron crecendo dun xeito desordenado e con falta de planificación urbanística, polo que hoxe é difícil

interconectalos entre si.

Aínda que o tecido empresarial e produtivo non se limitou á construción, é certo que este último

sector foi punta de lanza nos anos de maior esplendor, polo que contamos con moita vivenda valeira,

susceptible de dar lugar a unha bolsa de vivendas de aluguer social que dean cobertura ás familias

con menos recursos.

Queremos ter barrios para vivir, e non ter un Concello dormitorio no que a xente non faga a súa vida

cotiá. Queremos que o Narón do futuro sexa unha CIDADE con maiúsculas, que medre con orden e

sentido común, no que os barrios sexan cómodos e cheos de vitalidade, e deberá estar recollido así

no novo PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) que se levará a aprobación co consenso dos

veciños e veciñas do noso Concello.

Para iso:

117. Loitaremos contra os desafiuzamentos e porque ningunha familia quede na rúa por non poder

facer fronte a unha hipoteca ou aluguer. Procuraremos a xestión dunha bolsa de vivendas

sociais acordada coas entidades banqueiras, SAREB e IGVS . Dentro desa bolsa, se reservarán

vivendas para períodos curtos para o caso de emerxencias.

118. Presentaremos o Plan Xeneral de Ordenación Municipal (PXOM) ós veciños e veciñas

mediante participación cidadá antes da súa aprobación polo Pleno, para ter en conta todas

as demandas. Facilitaremos o coñecemento de todos os proxectos urbanísticos mediante a

publicación da documentación a través do Portal Web, utilizando resumos cunha linguaxe

accesible evitando a terminoloxía técnica. Expoñeremos os seus documentos máis

representativos en lugares públicos e accesibles (vestíbulo da Casa do Concello, Auditorio,

etc.) e presentaremos conferencias explicativas por todas as parroquias

119. Optimizaremos os Servizos Técnicos de Inspección para control urbanístico procurando a

comarcalización do servizo para maior eficiencia.

120. Crearemos un catálogo de homologación e estandarización de elementos do mobiliario

urbano garantindo a súa adaptación para persoas con minusvalías (semáforos para

invidentes, accesos a prazas e parques para persoas con discapacidade motriz, etc.).

121. Crearemos zonas de lecer para as mascotas para que os nosos parques infantís se vexan

libres de excrementos e os nosos nenos e nenas poidan xogar libremente. O Concello velará

pola salubridade deses espazos.

122. Estableceremos novos compromisos de transparencia e control público dos sistemas e

custes de xestión da auga , baseándonos sempre no principio de eficiencia e baixo as bases

da Directiva Marco da Auga nos ámbitos ambientais, económicos, de infraestruturas e de

participación pública.

Page 26: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

26

UNHA CIDADE POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Na Declaración Universal dos Dereitos Humanos recóllense a Educación e a Cultura como dous deses

dereitos inalienables, universais e preferentes.

Desde o Partido Socialista queremos poñer todo o noso empeño en levar a educación e a cultura a

todos os habitantes do noso concello, sen diferenciar grupos sociais ou nivel cultural. Defenderemos

sempre unha educación pública, gratuíta, accesible e de calidade. Para iso elaboramos un programa

que busca a inclusión dos máis desfavorecidos no mundo educativo e cultural de xeito igualitario, a

potenciación da educación como medio de igualación social e de mellora da situación económica, a

defensa da cultura propia e o coñecemento doutras formas culturais sen exclusión.

Ase mesmo, nun mundo cada vez máis globalizado é imprescindible o coñecemento do mundo

dixital, non só desde o punto de vista de acceso á información e á comunicación se non tamén desde

o punto de vista do mercado de traballo onde cada vez máis son imprescindibles as ferramentas

dixitais á hora de integrarse plenamente no mercado laboral e ter posibilidades de desenvolvemento

profesional.

Podemos dicir así que os compromisos do noso programa en educación e cultura van dirixidos a

lograr acercar estes dereitos a todos por igual, sen diferenzas, entendendo que son os vehículos

necesarios e imprescindibles se queremos acadar unha sociedade xusta, equitativa e libre.

Educación

Dende o Partido Socialista de Narón queremos promover unha educación en valores e en igualdade,

que chegue a todo o mundo e que responda ás necesidades que temos no novo contexto mundial

globalizado, pero atendendo ás necesidades e intereses dos nosos veciños e veciñas, buscando

sempre unha educación inclusiva e de calidade.

123. En colaboración coa administración autonómica, facilitaremos terreos para a construción

dun novo centro de educación ampliando así a oferta educativa pública e cubrindo a

demanda real existente.

124. Desenvolveremos Plans de Alfabetización Tecnolóxica Municipal para promover o uso das

tecnoloxías da información en todos os ámbitos da actividade económica e social da cidade,

con especial atención ás persoas discapacitadas e os nosos maiores, para reducir a fenda

dixital.

125. Crearemos unha escola de pais e nais enfocada á educación sexual, en igualdade e

diversidade familiar. Realizaremos actividades e talleres formativos para toda a familia en

escolas infantís, colexios, institutos e asociacións xuvenís. Promoveremos a existencia dun

centro “Quérote Máis” en Narón.

126. Impartiranse talleres de educación en igualdade dirixidos o alumnado da educación primaria

e o seus pais, nais e titores. Os contidos versarán sobre os estereotipos e os prexuízos, as

discriminacións sexistas, as formas nas que se relacionan rapaces e rapazas, así como a

detección de relaciones conflitivas e a resolución pacífica de conflitos.

Page 27: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

27

127. Promoveremos iniciativas para achegar e promover os libros en espazos públicos

(BookCrossing) como parques, nódulos de comunicación de transportes ou espazos públicos

municipais, con especial atención ós entorno rurais menos poboados, e desenvolvendo

tamén o modelo de uso dixital do libro.

128. Potenciaremos a Música, así como todas as redes que poñen en valor a participación social

nas disciplinas artísticas, teatrais e plásticas e apoiaremos os colectivos que xurdan como

referentes da extensión cultural.

129. Desenvolveremos actividades integradas entre o centro escolar, a familia e o entorno,

fomentando a cultura democrática, de convivencia e participativa, cooperando coa

comunidade educativa no desenvolvemento de actividades extraescolares e

complementarias que favorezan a formación integral de toda a xuventude en idade escolar,

con garantía de equidade.

130. Aproveitaremos o potencial das instalacións dos nosos centros docentes públicos,

especialmente bibliotecas e infraestruturas deportivas, fora do horario escolar, en lugar da

actual situación na que se manteñen cerrados e sen uso na súa maior parte.

131. Habilitaremos bancos municipais de libros de texto, facilitando a súa adquisición ás familias,

especialmente ás de menos recursos, e ampliaremos a dotación de becas escolares para

material e libros en función da renda familiar. Crearemos os programas de intercambio de

libros e material educativo no municipio. Posibilitaremos o acceso a material dixital, en

colaboración cos centros educativos.

132. Promoveremos a protección das contornas escolares contra a drogadicción, o alcoholismo,

a violencia, a protección na rede, o acoso escolar e contra la violencia de xénero.

Impulsaremos ademais os “camiños escolares seguros” para garantir a seguridade dos

desprazamentos peonís entre centros educativos e domicilio.

133. Planificaremos programas e talleres de educación en valores, medio ambiente, ocio seguro,

promoción da igualdade,prevención da xenofobia, do machismo e a LGTBfobia, uso das redes

sociais, saúde e sexualidade, prevención do acoso, etc.

Cultura

No noso concello gozamos dunhas instalacións fantásticas para á actividade cultural, sendo a maior

delas o Pazo da Cultura, pero sen esquecer a biblioteca municipal, o auditorio, as salas dos locais

sociais, etc. Por tanto, xa que contamos cos espazos axeitados, a mellora debe vir polo fomento do

acceso ás actividades mediante unha mellor programación e difusión.

Igualmente, un eido de mellora e ampliar as facilidades de acceso os recursos culturais da comarca. A

nosa proposta e mancomunar a xestión cultural e traballar cooperando entre concellos para contar

cunha oferta cultural máis diversa a un custo menor.

Temos na xestión da cultura municipal unha escasa transparencia, non coñecendo os criterios cos

que se elixe a programación, os custos que implica, e o retorno que produce, tendo en conta a

Page 28: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

28

satisfacción dos asistentes aos eventos. Novamente unha maior participación cidadá e transparencia

serían desexables, e iso é o que promoveremos.

Máis alá dos espazos dotacionais dos que dispoñemos, a cultura tamén ten que estar nas rúas, nos

nosos parques, no aire libre. Apostaremos tamén por esa cultura libre e gratuíta para todos e todas.

134. Configuraremos unha rede de infraestruturas culturais mancomunadas que equilibre e

potencie as dotacións dos distintos concellos da comarca e garanta o acceso a Bibliotecas e

Mediatecas públicas, salas de exposicións, Pazo da Cultura, Auditorio, Teatro Jofre, etc.

135. Concertaremos a programación cultural cos concellos da comarca para garantir unha mellor

programación. Darémoslle difusión ás actividades cun boletín común. Habilitaremos a

venda de billetes en liña dende unha web centralizada. Fomentaremos os abonos con

descontos sociais para desempregados, estudantes, e familias numerosas para que poidan

acceder sen dificultade as programacións culturais.

136. Potenciaremos a realización de actividades gratuítas en espazos ó aire libre (prazas,

parques,…) que permitan o acceso á cultura a todos, incluídos os membros da nosa

comunidade con menos recursos.

Page 29: SOCIALISTAS DE NARÓN – PROGRAMA 2015-2019€¦ · PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE NARÓN 2015-2019 ... presentarme como candidata á alcaldía de Narón polo PSdeG-PSOE

29

EPÍLOGO

Este programa construíuse coas aportas de numerosas persoas que aportaron o seu mellor

coñecemento para detallar os problemas que afronta o Concello e aportando solucións construtivas.

Enumerar todas elas sería longo, e con risco de esquecer a alguén, pero quedamos fondamente

agradecidos pola colaboración.

Máis Narón é unha cidade dinámica e en constante cambio, polo que este programa tamén

evolucionará con novas propostas recollidas de escoitar á cidadanía , relacionarnos e enriquecernos

coa súa participación, e estar sempre atentos as súas necesidades.

Non é pois un programa pechado e con vocación de quedar conxelado. Estará en constante evolución

e actualización, para engadir ou modificar todo o que sexa preciso. Contamos co teu apoio nesta

tarefa, como tamén saber que podes contar co noso compromiso para acadar un Narón mellor,

gobernando sempre con transparencia e sempre coa cidadanía.

http://www.socialistasdenaron.com

https://www.facebook.com/katy.g.blanco

[email protected]

http://www.youtube.com/c/socialistasdenaron