sistemas decomunicación

9
Os sistemas de comunicación Internet 1969: A primeira rede interconetada naceu o 21 de novembro de 1969, cando se creou o primeiro enlace entre as universidades de UCLA e Stanford por medio da liña telefónica conmutada, e grazas aos traballos e estudos anteriores de varios científicos e organizacións dende 1959. O mito de que ARPANET, (a primeira rede), construíuse simplemente para sobrevivir ataques nucleares segue sendo popular. Sen embargo,este non foi o único motivo. Se ben é certo que ARPANET foi deseñado para sobrevivir a fallos na rede. A verdadeira razón para iso era que os modo de conmutación eran pouco fiables, tal ou como se testemuña na seguinte cita: "A raíz dun estudo de RAND, estendeuse o falso rumor de que ARPANET foi deseñado para resistir un ataque nuclear. Isto nunca foi certo, soamente un estudo de RAND, (o relacionado con ARPANET), consideraba a guerra nuclear na transmisión segura de comunicacións de voz. Sen embargo, traballos posteriores resaltaron a robustez e capacidade de supervivencia de grandes porcións das redes subxacentes. (Internet, Society, A Brief History of the Internet). 1972: Realizouse a Primera demostración pública de ARPANET, unha nova rede de comunicacións financiadas pola DARPA que funcionaba de forma distribuida sobre a rede telefónica conmutada. O éxito desta nova arquitectura serviu para que, en 1973, a DARPA iniciara un programa de investigación sobre posibles técnicas para interconectar redes (orientadas ao tráfico de paquetes) de distintas clases. Para ésta fin, desarrolaron novos protocolos de comunicacións que permitisen este intercambio de información de forma "transparente" para as computadoras conectadas. Da filosofía do proxecto surxiu o nome de "Internet", que se aplicou ao sistema de redes interconectadas mediante os protocolos TCP e IPs.

Upload: manel-rives

Post on 29-Mar-2016

232 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Neste núcleo de coñecemento do medio traballamos os distintos sistemas de comunicación ao longo da historia

TRANSCRIPT

Page 1: sistemas decomunicación

Os sistemas de comunicación Internet 1969: A primeira rede interconetada naceu o 21 de novembro de 1969, cando se creou o primeiro enlace entre as universidades de UCLA e Stanford por medio da liña telefónica conmutada, e grazas aos traballos e estudos anteriores de varios científicos e organizacións dende 1959. O mito de que ARPANET, (a primeira rede), construíuse simplemente para sobrevivir ataques nucleares segue sendo popular. Sen embargo,este non foi o único motivo. Se ben é certo que ARPANET foi deseñado para sobrevivir a fallos na rede. A verdadeira razón para iso era que os modo de conmutación eran pouco fiables, tal ou como se testemuña na seguinte cita: "A raíz dun estudo de RAND, estendeuse o falso rumor de que ARPANET foi deseñado para resistir un ataque nuclear. Isto nunca foi certo, soamente un estudo de RAND, (o relacionado con ARPANET), consideraba a guerra nuclear na transmisión segura de comunicacións de voz. Sen embargo, traballos posteriores resaltaron a robustez e capacidade de supervivencia de grandes porcións das redes subxacentes. (Internet, Society, A Brief History of the Internet).

1972: Realizouse a Primera demostración pública de ARPANET, unha nova rede de comunicacións financiadas pola DARPA que funcionaba de forma distribuida sobre a rede telefónica conmutada. O éxito desta nova arquitectura serviu para que, en 1973, a DARPA iniciara un programa de investigación sobre posibles técnicas para interconectar redes (orientadas ao tráfico de paquetes) de distintas clases. Para ésta fin, desarrolaron novos protocolos de comunicacións que permitisen este intercambio de información de forma "transparente" para as computadoras conectadas. Da filosofía do proxecto surxiu o nome de "Internet", que se aplicou ao sistema de redes interconectadas mediante os protocolos TCP e IPs.

Page 2: sistemas decomunicación

1983: O 1 de xaneiro, ARPANET cambiou o protocolo NCP por TCP/IP. Ese mismo ano, creouse o IAB co fin de estandarizar o protocolo TCP/IP e de proporcionar recursos de investigación a Internet. Por outra parte, centrouse a función de asignación de identificadores na IANA que, máis tarde, delegou parte das súas funcións no Internet registra que, a súa vez, proporciona servizos aos DNS.

1986: A NSF comezón co desenvolvemento de NSFNET que se converteu na principal Rede na árbore de Internet, complementada despois coas redes NSINET y ESNET, todas elas en Estados Unidos. Paralelamente, outras redes troncais en Europa, tanto públicas como comerciais, xunto coas americanas formaban o esqueleto básico ("backbone") de Internet.

Page 3: sistemas decomunicación

1989: Coa integración dos protocolos OSI na arquitectura de Internet, iniciouse a tendencia actual de permitir non só a interconexión de redes de estruturas dispares, se non tamén a de facilitar o uso de distintos protocolos de comunicacións.

En 1990 o CERN creou o código HTML e con el o primeiro cliente World Wide Web. No CERN de Xenebra, un grupo de físicos encabezado por Tim Berners-Lee creou a linguaxe HTML, basada no SGML. En 1990 o mesmo equipo construiu o primeiro cliente Web, chamado WorldWideWeb (WWW), e o primeiro servidor web. A inicios dos 90, coa introducción de novas facilidades de interconexión e ferramentas gráficas simples para o uso da rede, inicióuse o auxe que actualmente lle coñecemos á Internet. Este crecemento masivo trouxo consigo o xurdimento dunha nova perfil de

Page 4: sistemas decomunicación

usuarios, na súa maioría de persoas comúns non ligadas aos sectores académicos, científicos e gobernamentais. Isto puña en cuestionamento a subvención do goberno estadounidense ao sostemento e a administración da rede, así como a prohibición existente ao uso comercial da Internet. Os feitos sucedéronse rápidamente e para 1993 xa se erguera a prohibición ao uso comercial da Internet e definido a transición cara un modelo de administración non gubernamental que permitise, a súa vez, a integración de redes e provedores de acceso privado.

2006: O 3 de xaneiro, Internet alcanzou os mil cen millóns de usuarios. Prevese que en dez anos, a cantidade de navegantes da Rede aumentará a 2.000 millóns. O resultado disto é o que experimentamos hoxe en día: a transformación do que foi unha enorme rede de comunicacións para uso gobernanental, planificada e construída con fondos estatais, que evolucionou nunha miríade de redes privadas interconectadas entre elas. Actualmente a rede experimenta cada día a integración de novas redes e usuarios, extendendo a súa amplitude e dominio, ao tempo que surxen novos mercados, tecnoloxías, institucións e empresas que aproveitan este novo medio, cuxo potencial apenas comezamos a descubrir.

Maior rapidez na comunicación a longa distancia Os sistemas postais modernos seguiron medrando coa aparición do ferrocarril, os autocares de motor, os avións e outros medios de transporte. Últimamente surxiu o correo

Page 5: sistemas decomunicación

electrónico. Sen embargo, ao longo dos séculos sempre se buscaron medios de comunicación a longa distancia que foron máis rápidos ca os convencionais. Entre os métodos máis primitivos encóntranse os golpes de tambor, o lume, as sinais de fume ou o son do corno. Na idade media se utilizaban pombas mensaxeiras para transmitir mensaxes. Cara o 1790, Claude Chappe, científico e inxeñeiro francés, inventou un sistema de estacións de semáforos capaz de enviar mensaxes a moitos kilómetros de distancia en algúns minutos. A distancia entre estas grandes torres (parecidas ás utilizadas posteriormente no ferrocarril) podía alcanzar os 32 km. Este sistema de semáforos con telescopios e espellos reflectantes (adoptado por Gran Bretaña e Estados Unidos) era lento, pois era necesario repetir as sinais en cada estación ca fin de verificar a exactitude da transmisión.

Telégrafo Co descubrimento da electricidade no século XVIII, comezouse a buscar a forma de utilizar os sinais eléctricos na transmisión rápida de mensaxes a distancia. Sen embargo, non se lograría o primeiro sistema eficaz de telegrafía ata o século XIX, cando en 1837 se fixeron públicos dous inventos: un de Charles Wheatstone e William F. Cooke, en Gran Bretaña, e outro de Samuel F. B. Morse, en Estados Unidos. Morse tamén desarrolou un código de puntos e raias que foi adoptado en todo o mundo. Estes inventos foron mejorados ao longo dos anos. Así, por exemplo, en 1874, Thomas Edison desenvolveu a telegrafía cuádrupla, que permitía transmitir dous mensaxes simultáneamente en ambos os dous sentidos. Algúns dos produtos actuais da telegrafía son o teletipo, o télex e o fax. Teléfono A pesar de que a telegrafía supuxo unha gran avance na comunicación a distancia, os primeiros sistemas telegráficos só permitían enviar mensaxes letra a letra. Por esta razón seguíase buscando algún medio de comunicación eléctrica de voz. Os primeiros aparatos,

Page 6: sistemas decomunicación

que apareceron entre 1850 e 1860, podían transmitir vibracións sonoras, aínda que non a voz humana. A primeira persoa que patentou un teléfono eléctrico, no sentido moderno da palabra, foi o inventor de orixen inglés Alexander Graham Bell, en 1876. En aqueles anos, Edison investigaba a forma de poder rexistrar e reproducir ondas sonoras, abrindo así o camiño á aparición do gramófono. Radio Os primeiros sistemas telegráficos e telefónicos utilizaban o cable como soporte físico para a transmisión das mensaxes, pero as investigacións científicas indicaban que podían existir outras posibilidades. A teoría da natureza electromagnética da luz foi enunciada polo físico británico James Clerk Maxwell en 1873, no seu Tratado sobre electricidade e magnetismo. As teorías de Maxwell foron corroboradas polo físico alemán Heinrich Hertz. En 1887, Hertz descubriu as ondas electromagnéticas, establecendo a base técnica para a telegrafía sen fíos. Na década seguinte realizáronse gran número de experimentos para a transmisión de sinais sen fíos. En 1896, o inventor italiano Guglielmo Marconi logrou enviar unha sinal sen fíos dende Penarth a Weston-super-Mare (Inglaterra), e en 1901 repetiu o experimento dende Cornwall, a través do Océano Atlántico. En 1904, o físico británico John Ambrose Fleming inventou o tubo de baleiro con dous elementos. Un par de anos despois o inventor estadounidense Lee de Forest consegiu un tubo de balero de tres electrodos, inventou no que se basearían moitos dispositivos electrónicos posteriores. A primeira emisión de radio tivo lugar en 1906 nos Estados Unidos. En 1910, De Forest transmitiu por primeira vez unha ópera dende o Metropolitan Opera House de Nova York. En 1920 creáronse varias emisoras ou estacións de radio nos Estados Unidos, e en 1923 fundouse no Reino Unido a British Broadcasting Corporation (BBC). En 1925 xa funcionaban 600 emisoras de radio en todo o mundo. Na actualidade, casi todos os fogares dos países desenvolvidos dispoñen de radio.

Page 7: sistemas decomunicación

Transmisión de imaxes Os primeiros manuscritos estaban iluminados con debuxos moi elaborados. A finais do século XV empezáronse a utilizar gravados na madeira para realizar as ilustracións dos libros impresos. A finais do século XVIII inventouse a litografía, que permitiu a reproducción masiva de obras de arte. En 1826, o físico francés Nicéphore Niépce, utilizando unha plancha metálica recuberta de betume, exposta durante oito horas, conseguiu a primeira fotografía. Perfeccionando este procedimento, o pintor e inventor francés Louis Jacques Mandé Daguerre descubriu un proceso químico de revelado que permitía tempos de exposición moito menores, conseguindo o tipo de fotografía coñecido como daguerrotipo. A finais do século XIX descubríronse diferentes métodos que conferían á fotografía a ilusión de movemento. En 1891, Edison patentou o cinetoscopio, máquina para proxectar imaxes en movemento, que presentou en 1889. En 1895, os irmáns Lumière presentaron e patentaron o cinematógrafo, máquina que lograba proxectar imaxes en movemento. A finais da década de 1920, añadiuse o son a estas imaxes en movemento. Televisión O sistema de transmisión de imaxes en movemento está baseado en varios descubrimientos, entre os que se encontra o disco perforado explorador, inventado en 1884 polo pioneiro da televisión, o alemán Paul Gottlieb Nipkow. Outros dos fitos no desenvolvemento da televisión son o iconoscopio e o cinescopio, para transmitir e recibir, respectivamente, imaxes a distancia, inventados ambos en 1923 polo inxenieiro electrónico ruso Vladímir Kosma Zworykin. En 1926, o inxenieiro escocés John Logie Baird utilizou este sistema para demostrar a transmisión eléctrica de imaxes en movemento. Estes inventos propiciaron novos progresos nos Estados Unidos, Gran Bretaña e Alemaña. En Gran Bretaña a BBC iniciou a emisión dos seus programas de televisión en 1927 co sistema de Baird, e en 1937 inaugurouse o primeiro servizo público de televisión de calidade. A finais da II Guerra Mundial a televisión apoderouse dos fogares estadounidenses. O número de emisoras de televisión pasou de 6 en 1946 a 1.362 en 1988. En Gran Bretaña, a finais da década de 1980, o pasatempo máis popular era ver a televisión, e o 94% dos fogares dispoñía dunha televisión en cor. En España, o 98% dos fogares ten hoxe un televisor. A televisión estendeuse por todo o mundo; os satélites de comunicacións permiten transmitir programas dun continente a outro e enviar acontecementos en vivo a casi

Page 8: sistemas decomunicación

calquera parte do mundo. Os circuítos pechados de televisión utilízanse, entre outras aplicacións, nos bancos para identificar cheques, nas compañías aéreas para mostrar información de voo e en medicina para estudar as técnicas a utilizar no quirófano. A grabación de vídeo tamén revolucionou a capacidade de almacenamento, recuperación e transmisión da información. Computadoras ou ordenadores Un dos avances máis espectaculares dentro das comunicacións -comunicación de datos- produciuse no campo da tecnoloxía dos ordenadores. Dende a aparición das computadoras dixitais na década de 1940, estas introducíronse nos países desenvolvidos en prácticamente todas as áreas da sociedade (industrias, negocios, hospitais, escolas, transportes, fogares ou comercios). Mediante a utilización das redes informáticas e os dispositivos auxiliares, o usuario dun ordenador pode transmitir datos con gran rapidez. Estes sistemas poden acceder a multitude de bases de datos. A través da liña telefónica pódese acceder a toda esta información e visualizala en pantalla ou nun televisor convenientemente adaptado. Comunicacións e educación As películas culturais sobre distintos temas e outros procedementos de educación audiovisual poden converterse pronto en elementos indispensables na instrucción escolar. En moitas escolas dos países desenvolvidos xa se utilizan equipos audiovisuais para presentar fotos, pósteres, mapas, diapositivas, transparencias, vídeos e outros materiais. O magnetofón ou grabadora utilízase de forma xeneralizada para o ensino de idiomas. Os programas radiofónicos educativos permitiron ampliar considerablemente o acceso á educación. As escolas comezaron a conectarse a Internet e a utilizar datos recibidos vía satélite ou en CD-ROM. Os rápidos avances da tecnoloxía informática van ter probablemente unha gran repercusión no ensino. Comunicacións e cambio cultural Ao longo da historia, os medios de comunicación foron avanzando en paralelo coa crecente capacidade dos pobos para configurar o seu mundo físico e co seu crecente grado de interdependencia. A revolución das telecomunicacións e da transmisión de datos empuxou ao mundo cara o concepto de "aldea global". Os efectos destos novos medios de comunicación sobre a sociedade foron moi estudiados. Hai os que sosteñen que os medios de comunicación tenden a reforzar os puntos de vista personais máis que a

Page 9: sistemas decomunicación

modificalos, e outros cren que, segundo quen os controle, poden modificar decisivamente a opinión política da audiencia. En calqueira caso, quedou demostrado que os medios de comunicación inflúen a longo prazo , de forma sutil pero decisiva, sobre os puntos de vista e o criterio da audiencia.

Papel e impresión Os exipcios descubrieron un tipo de material para escribir que se extraía da médula dos talos dunha planta chamada papiro. Posteriormente inventouse o pergamino, que se obtiña preparando as dúas caras dunha tira de pel de animal mentres, en China, fai o ano 150 d.c. Descubriuse o papel. A mediados do siglo XV,o inventor alemán Johann Gutenberg utilizou tipos móbiles por primeira vez en Europa para imprimir a Biblia. No siglo XVII orixínanse en Europa unhas follas informativas nomeadas como "corantos", que nun principio constriñan noticias comerciais e que fotón evolucionando ata converterse nos primeiros xornais e revistas que poñían a actualidade ao alcance do gran público. No as técnicas e aplicacións de impresións desarroláronse polo xeral, con gran rapidez nos siglos seguintes. Esto debeuse sobre todo á introducción das máquinas de vapor ñas imprentas a principios do siglo XIX e, posteriormente, á invención das máquinas tipográficas. A primeira de estas máquinas, nomeadas hinotipia, foi patentada en 1984 polo inventor estadounidense Ottmar Mergenthaler. Nas décadas seguintes foron aparecieron unha serie e técnicas de impresión a gran nivel, cada vez mais rápidas.