sistema politico

14
O sistema político romano: as maxistraturas S P Q R enat us opul us ue oman us

Upload: julioparadayanez

Post on 12-Aug-2015

993 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Sistema politico

O sistema político romano: as maxistraturas

SPQR

enatusopulusueomanus

Page 2: Sistema politico

1.- O sistema político durante a monarquía

Rei Consello de anciáns

Guerreiros

Page 3: Sistema politico

REI (rex)

• Máxima autoridade civil, militar e relixiosa.

• A lenda fala de sete: Rómulo, Numa Pompilio, Tulo Hostilio, Anco Marcio, Tarquinio Prisco, Servio Tulio e Tarquinio o Soberbio

SENADO (senatus)

• É unha asamblea formada polos membros máis vellos das familias patricias.

• Asesora ao rei.

• Elixe a un novo rei (proposto polo pobo) cando morre o anterior.

• Goberna durante interregnum (periodo de tempo entre a morte dun rei e a elección de outro)

• O populus, é dicir, os guerreiros, reúnense para votar as propostas do rei, e para decidir sobre a guerra e a paz.

POBO (populus)

Page 4: Sistema politico

2.- O sistema político durante a República

O sistema político de época republicana contrasta fortemente co do periodo anterior.

Caracterízase por unha aparente enorme fragmentación do poder.

Desaparece a figura do rei e con ela o carácter sagrado do gobernante. Prodúcese a separación entre o poder relixioso e o civil / militar.

Todos os cargos políticos son elexidos polas asambleas populares.

Baixo a apariencia dunha democracia, a república romana foi realmente un sistema oligárquico controlado por unha minoría de familias enormemente poderosas.

Page 5: Sistema politico

Maxistraturas (honores)

Senado

Asambleas populares (comitia)

• Colexialidade

• Anualidade

• Gratuidade

• Progresividade

• Ratifican as decisións das asambleas populares.

• Asesoran aos maxistrados.

• Toman decisións de política exterior.

• Os seus acordos (senadoconsultos), teñen case carácter de lei.

• Elixen aos maxistrados.

• Votan as leis que propoñen os cónsules.

Page 6: Sistema politico

Os cuestores (Quaestores) eran os encargados das finanzas. Había máis de trinta, repartidos entre Roma e as provincias.

Os edís (aediles) eran os encargados da administración municipal. Organizaban os xogos, onde podían demostrar a súa xenerosidade co pobo

Os pretores (praetores) eran os responsables da administración da xustiza. O praetor urbanus xulgaba casos entre cidadáns. O praetor peregrinus ocupábase dos xuizos nos que estaban implicados estranxeiros.

Os dous cónsules eran a máxima autoridade civil e militar. Tiñan que ter como mínimo corenta anos e unha larga experiencia política

O censor era escollido cada cinco anos entre os antigos cónsules. Tiñan a misión de elaborar o censo de cidadáns.

O cursus honorum era o escalafón de maxistraturas que un romano con ambicións políticas debía percorrer para chega a cónsul.

Page 7: Sistema politico

Outras maxistraturas:

Tribuno da Plebe (Tribunus Plebis)

Dictador (Dictator)

Page 8: Sistema politico

Os tribunos da plebe só podían ser plebeos. Foi un privilexio que obtivo a plebe despois de anos de enfrontamentos cos patricios.

Estos maxistrados tiñan a responsabilidade de defender á plebe contra os abusos dos patricios. Converteuse nun posto de gran influencia, xa que tiñan o poder de vetar calqueira lei proposta polos maxistrados.

As portas da súa casa sempre estaban abertas, e constituía un gravísimo delito atentar contra eles.

Os tribunos da plebe podían proseguir a súa carreira política presentándose a edís.

Os irmáns Sempronio Graco, Tiberio e Caio, foron un dos tribunos da plebe máis coñecidos. Ambos foron asasinados polos patricios.

Page 9: Sistema politico

En momentos de especial perigo para o Estado, noméabase un dictador (dictator) que asumía, só durante seis meses, o poder absoluto.

Transcorrido ese tempo, debía devolver o poder aos cónsules e ao Senado.

Para ser elexido dictador, era necesario ter sido cónsul.

Page 10: Sistema politico

3.- O sistema político durante o Principado

Durante o século I a.C., despois de anos de enfrontamentos políticos e guerras civís, o sistema político republicano desmoronouse.

Xulio César, que con Pompeio e Craso formara un triunvirato que controlaba na práctica o poder da República, acabou asumindo el só o mando.

O seu asasinato a mans dun grupo de nobles que pretendían restaurar o sistema anterior deu paso a unha nova serie de enfrontamentos civís dos que sairía vencedor Octaviano, fillo adoptivo de César. Coñecido máis tarde como Augusto, foi o primeiro princeps.

Page 11: Sistema politico

PRÍNCIPE (princeps)

Mantén o control do exército (imperator) e do Senado (princeps senatus)

Asume tamén funcións relixiosas (pontifex maximus)

Como tribuno da plebe, pode vetar calqueira lei.

Calígula Nerón Vespasiano Adriano Marco Aurelio

Cando morre, recibe culto como un deus.

Page 12: Sistema politico

Durante o principado:

Desaparecen as asambleas populares

As maxistraturas seguen existindo, pero son elexidas polo Senado entre as persoas que teñen o visto bo do princeps.

O Senado mantén o seu prestixio, pero o seu poder é só aparente, xa que en realidade a maioría dos que o compoñen son fieis ao príncipe.

Moitos senadores, sobre todo aristócratas que añoraban o réxime republicano, foron executados durante os anos do principado.

Page 13: Sistema politico

4.- O sistema político durante o Dominado

Progresivamente, os chamados principes comezan a acaparar abertamente máis poder. As maxistraturas e o Senado perden a súa función e o control do Estado queda exclusivamente en mans da burocracia imperial, nomeada directamente polo Dominus entre xente da súa confianza.

No século III d.C., despois dunha grave crise, Diocleciano fai un primeiro intento por repartir o poder. Este sistema coñécese co nome de tetrarquía e non sobreviviu á persoa que o ideou. Pouco máis tarde, o Imperio tivo que ser dividido en dúas metades, con capitais en Roma e Constantinopla.

Os tetrarcas

Page 14: Sistema politico

Beatus qui legitSobre a Republica

Sobre o Imperio (Principado e Dominado)