sistema cónico para 4º de eso

6
IES R. M A ALLER ULLOA. LALÍN. DEPARTAMENTO DE DEBUXO SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN PERSPECTIVA CÓNICA Sistema Cónico O sistema cónico, tamén chamado perspectiva cónica, utiliza o sistema de proxección cónica sobre un plano de proxección chamado plano do cadro (PC). A imaxe que obtemos é a representación dun obxecto tal e como o ve o observador. Os elementos fundamentais deste sistema son: PUNTO DE VISTA (V): é o centro da proxección, e sinala a posición do ollo do observador. PLANO DO CADRO (PC): É sobre o que se proxecta o obxecto. É un plano vertical e pódese colocar entre o observador e o obxecto, no obxecto ou por detrás do obxecto. PUNTO PRINCIPAL (PP): é a proxección ortogonal (perpendicularidade) do punto de vista (V)sobre o (PC). PLANO XEOMETRAL (PX): sobre el sitúanse os obxectos que se van a representar. PLANO DO HORIZONTE (PH): é perpendicular ao Plano do Cadro (PC) e contén o punto de vista. LIÑA DE TERRA (LT): é a intersección do Plano do Cadro (PC) co Plano Xeometral (PX). LIÑA DE HORIZONTE (LH): é a intersección do Plano do Cadro (PC) co Plano de Horizonte (PH). DISTANCIA PRINCIPAL: é a distancia entre o punto de vista e o punto principal. PUNTO DE FUGA: é un punto no infnito situado na liña de horizonte.

Upload: sebas-anxo-rozas-alvarez

Post on 26-Mar-2016

218 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

sistema cónico

TRANSCRIPT

Page 1: sistema cónico para 4º de ESO

IES R. MA ALLER ULLOA. LALÍN.DEPARTAMENTO DE DEBUXO

SISTEMAS DE REPRESENTACIÓNPERSPECTIVA CÓNICA

Sistema Cónico

O sistema cónico, tamén chamado perspectiva cónica, utiliza o sistema de proxección cónica sobre un plano de proxección chamado plano do cadro (PC). A imaxe que obtemos é a representación dun obxecto tal e como o ve o observador.

Os elementos fundamentais deste sistema son:

PUNTO DE VISTA (V): é o centro da proxección, e sinala a posición do ollo do observador.

PLANO DO CADRO (PC): É sobre o que se proxecta o obxecto. É un plano vertical e pódese colocar entre o observador e o obxecto, no obxecto ou por detrás do obxecto.

PUNTO PRINCIPAL (PP): é a proxección ortogonal (perpendicularidade) do punto de vista (V)sobre o (PC).

PLANO XEOMETRAL (PX): sobre el sitúanse os obxectos que se van a representar.

PLANO DO HORIZONTE (PH): é perpendicular ao Plano do Cadro (PC) e contén o punto de vista.

LIÑA DE TERRA (LT): é a intersección do Plano do Cadro (PC) co Plano Xeometral (PX).

LIÑA DE HORIZONTE (LH): é a intersección do Plano do Cadro (PC) co Plano de Horizonte (PH).

DISTANCIA PRINCIPAL: é a distancia entre o punto de vista e o punto principal.

PUNTO DE FUGA: é un punto no infnito situado na liña de horizonte.

Page 2: sistema cónico para 4º de ESO

Para construír a perspectiva cónica dun obxecto existen diversos métodos.

Do mesmo xeito que no sistema diédrico, para conseguir nun único plano todo o sistema cónico, efectuaremos un proceso de abatemento:

Primeiro abatemos o PH ao redor da LH, e o PG ao redor da LT. Se consideramos o PC como o papel de debuxo, aparecerá a seguinte disposición dos elementos perspectivos. Se nos fixamos, o punto (V) abati-do, queda arriba, a LT queda debaixo da LH en paralelo. A LH actuaría como recta límite do horizonte.

POSICIÓN DO PUNTO DE VISTA: É a distancia entre a LT e a LH. É onde se sitúa o ollo do observador. Polo tanto, da posición deste punto de vista dependerá a perspectiva:

PERSPECTIVA NORMAL PARAEXTERIORES: é a visión dunobservador situado de pé.

Page 3: sistema cónico para 4º de ESO

PERSPECTIVA NORMAL PARAINTERIORES: é a visión dunobservador sentado.

PERSPECTIVA A VISTA DE PAXARO:a altura de V é moisuperior á do obxecto, é dicir,a LH elévase moi por enribada LT.

PERSPECTIVA A VISTA DE RÁ:a altura de V é moi inferiorá do obxecto. Ata podenchegar a coincidir a LT e aLH.

Page 4: sistema cónico para 4º de ESO

TIPOS DE PERSPECTIVA CÓNICA: A perspectiva cónica pode ser FRONTAL ou OBLÍCUA. A perspectiva frontal mostra as paredes do obxecto detrás do plano do cadro (PC) en posición paralela a este. Todas as liñas perpendiculares ao PC van fugar a P no horizonte. A perspectiva cónica oblícua mostra as caras do obxecto con respeito ao plano do cadro (PC) en án-gulos oblícuos. As liñas do obxecto que sexan paralelas entre sí teñen un punto de fuga compartido. Normal-mente (como no caso de arriba nun cubo) F1 e F2

Page 5: sistema cónico para 4º de ESO

EXERCICIOS DE COMPROBACIÓN e REPASO:

Sobre este debuxo dunha baldosa cadrada coloca:

-PUNTO DE VISTA V -PUNTO PRINCIPAL P -LIÑA DE TERRA -LIÑA DE HORIZONTE -PUNTOS DE MEDIDA D1 E D2 e comproba as seguintes cuestións:

-Que as distancias P-D1 e PD2 miden o mesmo de P a V. -Que a diagonal do cadrado vai fugar a D1 -Que todas as diagonais posibles da figura van a fugar a D1 e D2. -Que as paralelas entre sí e perpendiculares ao plano do cadro fugan a P.

Page 6: sistema cónico para 4º de ESO

COMPROBA E ESCREBE OS ELEMENTOS DA PERSPECTIVA CÓNICA OBLÍCUA: Aparte dos elementos básicos: V, P, LH, LT...hai tamén outros novos:

-Puntos F1 e F2 son resultado de liñas paralelas aos lados do cadrado por V -Puntos M1 e M2 -Rectas paralelas entre sí teñen puntos de fuga comúns