simón descobre o jazz - compo · pdf fileescalas e patróns (1) 9. na primera...

16
Simón descobre o Jazz é unha obra musical narrada que conxuga a literatura coa música. Marcada por un forte carácter didáctico, a historia está basada no conto homónimo do escritor Quinito Mourelle "A Jam de Simón", con música orixinal e arranxos do compositor Roberto Somoza. A historia narra as peripecias dun adolescente (Simón), que forma parte dunha banda de música. A súa vida da un xiro de 180 grados cando de súpeto escoita por primeira vez o sonido fresco e atrevido do Jazz. Dende as súas primeiras notas coa banda ata tocar nun grupo de Jazz, deberá superar unha serie de probas que non llo porán nada sinxelo. Simón descobre o Jazz mistura de forma natural a música clásica co Jazz, convivindo coa literatura dun xeito ameno e divertido. Un concerto para todos as idades e públicos. SIMÓN DESCOBRE O JAZZ Obra narrada para banda e quinteto de Jazz Roberto Somoza [email protected] www.robertosomoza.com Quinito Mourelle [email protected] Concerto coa banda Belén Xestal(narradora) Grupo de Jazz

Upload: phungquynh

Post on 10-Feb-2018

217 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

Simón descobre o Jazz é unha obra musical narrada que conxuga a literatura coa música. Marcada por

un forte carácter didáctico, a historia está basada no conto homónimo do escritor Quinito Mourelle "A Jam de Simón", con música orixinal e arranxos do

compositor Roberto Somoza.

• A historia narra as

peripecias dun adolescente (Simón), que forma parte dunha banda de música. A súa vida da un xiro de 180 grados cando de súpeto escoita por primeira vez o sonido fresco e atrevido do Jazz.

• Dende as súas primeiras notas coa banda ata tocar nun grupo de Jazz,

deberá superar unha serie de probas que non llo porán nada sinxelo.

• Simón descobre o Jazz mistura de forma natural a música clásica co Jazz, convivindo coa literatura dun xeito ameno e divertido.

• Un concerto para todos as idades e públicos.

SIMÓN DESCOBRE O JAZZObra narrada para banda e quinteto de Jazz

Roberto Somoza [email protected]

www.robertosomoza.com Quinito Mourelle [email protected]

Grupo de JazzConcerto coa banda Belén Xestal(narradora)

Grupo de Jazz

Page 2: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

Artistas e instrumentación

• O concerto será interpretado pola Banda municipal de Santiago dirixida polo mestre D. Carlos Seráns e acompañado por un quinteto de Jazz dirixido polo compositor e intérprete D. Roberto Somoza.

• Música orixinal e arranxos: Roberto Somoza

• Conto orixinal e dirección escénica: Quinito Mourelle

Coa colaboración especial de Belén Xestal como narradora.

INSTRUMENTACIÓN DO GRUPO DE JAZZ

• Saxofón Tenor Contrabajo

• Trompeta Batería

• Piano

INSTRUMENTACIÓN DA BANDA DE MÚSICA

• Flautas

• Clarinetes

• Oboe

• Saxofones altos

• Saxofones tenores

• Saxofón barítono

• Trompetas

• Trombones

• Bombardino

• Tubas

• Vibráfono

• Timbales sinfónicos

• Caja

• Campanas tubulares

• Platillos

• Carillón

Page 3: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

1. ¿QUÉ É O JAZZ?

O Jazz é un xénero musical e artístico nacido nos Estados Unidos a finales do século XIX. O seu creador foi o pobo afroamericano, que sumou a súa propia tradición cultural, que estaba caracterizada polo protagonismo do ritmo e a improvisación, elementos da música europea (armonías, formas, instrumentos, etc).

O Jazz e tamén o movemento artístico e cultural mais importante do século XIX.

Do Jazz xurdirán as bases musicais para a mayoría dos estilos modernos que chegan os nosos días: Rock, Funk, Hip Hop, etc. Tamén é unha gran influencia para outros movementos artísticos, como a literatura, a pintura ou a danza.

2. CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS

As características máis relevantes do Jazz son a

improvisación, o ritmo e a estructura armónica.

2.1 A IMPROVISACIÓN

A improvisación é a capacidade de compoñer música se forma espontánea durante a interpretación da mesma. Polo xeral, pártese de unha melodía e cifrado armónico, sobre o que se van introducindo variacións. Existen dous tipos de improvisación: libre e concertada.

2.2 IMPROVISACIÓN

CONCERTADA

É a mais habitual. O instrumentista ou cantante improvisa sobre melodías, estructuras armónicas e ritmos que xa coñoce de antemán. Utiliza recursos musicais que xa preparara e traballara con anterioridade. Podemos atopala en estilos tan conocidos como o Swing ou o Bebop.

2.3 IMPROVISACIÓN

LIBRE

A diferencia da

UNIDAD DIDÁCTICA - SIMÓN DESCOBRE O JAZZ

CONTIDOS INTRODUCCIÓN

1. ¿Qué é o Jazz? - A orixe 2. Características principais

2.1. A improvisación 2.2 Improvisación concertada

2.3 Improvisación libre 2.4 O ritmo

3. Os instrumentos no Jazz. 3.1 Sección Rítmica 3.2 Sección de vento

SIMÓN DESCOBRE O JAZZ-CAPÍTULOS

1. Luz de neón 2. A gran orquestra 3. O último swing 4. Primeiras notas 5. Simón e o Jazz 6. O xogo 7. Tocata e fuga 8. Escalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca 15. A proba 16. A orquestra toca Jazz 17. A paixón

ACTIVIDADADES COMPLEMENTARIAS

NAVEGAR E APRENDER CUESTIONARIO REFERENCIAS

BIBLIOGRÁFICAS

Page 4: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

improvisación concertada, a improvisación libre afástase dos recursos musicais preparados con anterioridade. O desenvolvemento da mesma transcurre tamén sobre estructuras armónicas e rítmicas que poden ser libres e modificadas sobre o transcurso da improvisación. O movemento máis representativo de esta forma e o "Free Jazz".

2.4 O RITMO

O Jazz caracterízase pola sua riqueza y variedade rítmica, fruto da mestura dos ritmos africanos cos ritmos máis tradicionais europeos. O ritmo no Jazz baséase no uso dos contratempos e sobre todo no uso da síncopa ( acentuación dos tempos débiles do compás ).

2.5 ESTRUCTURA ARMÓNICA

A estructura armónica é a forma musical que contén un número determinado de compases e acordes. Sobre estas estructuras interprétase a melodía e

desenvólvese un patrón rítmico determinado.

A estructura máis popular na música de Jazz e o Blues, que ten 12 compases e está formado, na sua forma máis sinxela , por 3 acordes básicos.

3. OS INSTRUMENTOS NO JAZZ

A utilización dos instrumentos no Jazz, caracterízase pola imitación que con eles se fai do canto vocal, a importancia dos instrumentos de vento, e a incorporación do saxofón a partires do ano 1920.

Podemos dividilos en dúas grandes seccións: a sección rítmica e a sección de vento.

3.1 SECCIÓN RÍTMICA

A función da sección rítmica é indicar o tempo, marcar os ritmos e os acordes e definir a estructura da composición.

A maioría das formacións Jazzísticas están formadas por unha sección rítmica de tres ou catro músicos.

Os máis representativos son os seguintes:

BATERÍA

A batería comenzou a utilizarse no Jazz na sua forma mais rudimentaria. O principio era un instrumento secundario que se limitaba a acompañar os instrumentos solistas, pero pronto iría adquirindo un papel mais protagonista. A partires dos anos 20 comenzaron os primeiros solos de batería, pero non será ata a década dos cuarenta co be-bop cando se convirta nun instrumento vital para calquer grupo de Jazz.

Ej.

Art Blakey

Peter Erskine

Max Roach

Page 5: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

CONTRABAIXO

O Contrabaixo incorpórase a partires do ano 1911. No Jazz é usual que utilice a técnica do pizzicato (tocar pinzando as cordas cas mans sin arco). Este instrumento é o encargado de manter o pulso rítmico e definir as raíces dos acordes. Inda que é un instrumento acompañante, na actualidade ten tamén un papel importante como solista.

Ej.

Charles Mingus.

Ron Carter.

David Holland

PIANO

A historia do jazz iníciase co Ragtime, que era un estilo totalmente pianístico. O piano é o instrumento máis completo, pois tanto pode ser un instrumento acompañante, encargado dos ritmos e as armonías, como solista, interpretando as melodías.

Ej.

Count Basie.

Duke Ellington.

Oscar Peterson

GUITARRA

No Jazz, o uso da guitarra quedou reducido durante tempo á función de acompañamento dos cantores de blues ou outras músicas populares. Na sección rítmica sustitúe o banjo a fináis dos anos 20. A partires dos años 30, a guitarra imponse tamén como instrumento solista.

Ej.

Django Reinhardt.

Charlie Christian.

Pat Metheny

3.2 SECCIÓN DE VENTO

A función da sección de vento é tocar as melodías, os backgrounds(seccións armonizadas con varios instrumentos de vento) e os solos durante a estructura da composición.

Os máis representativos son os seguintes:

TROMPETA

Pertece á familia dos instrumentos de vento-metal. Ata os anos 40, a trompeta era conocida como o instrumento "Rey do Jazz". A súa importancia foi desplazada polo saxofón, inda que continúa a ser un dos máis representativos instrumentos na música de Jazz. Antes da trompeta utilizábase un instrumento

Page 6: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

similar, inda que máis rudimentario: a corneta.

Ej.

Louis Armstrong. King Oliver. Winton Marsalis

SAXOFÓN

Pertece á familia dos instrumentos de vento-madeira. É o instrumento máis moderno(1860) utilizado no Jazz. Inda que se utilizaba xa nas primeiras bandas de Jazz, púxose de moda nos anos trinta, pasando a convertirse no principal instrumento solista a partires da revolución de Charlie Parker, co estilo be-bop.

Ej.

Charlie Parker.

Colmena Hawkins

John Coltrane.

Michael Brecker

CLARINETE

O clarinete foi usado dende as primeiras bandas de Dixieland, e foi un dos instrumentos destacados na era do Swing. A partires da incursión do estilo be-bop, a súa utilización foi perdendo importancia de forma paulatina.

Hoxe en día volve a ter un papel relevante en moitas formacións Jazzísticas, especialmente o clarinete baixo.

Ej.

Benny Goodman.

Louis Sclavis.

John Surman.

Artie Shawn.

TROMBÓN

O trombón é usado sobre todo como instrumento de sección nas Big bands e conxuntos . A diferencia de outros instrumentos de vento, as diferentes notas obtéñense a través do movemento dun tubo móvil chamado vara que alonga ou acurta a distancia que ten que percorrer o aire, modificando deste xeito o tono do sonido.

Actualmente ten un papel importante como solista principal en algunhas formacións Jazzísticas.

Ej.

Jack Teagarden

J.J. Johnson

Juán Tizol

Delfeayo Marsalis

Page 7: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

1. LUZ DE NEÓN

(música: a sección rítmica tocando o tema pero sen a melodía).

TEXTO A

Cae a noite e a cidade reprégase tras un intenso día de traballo, coma un ourizo que se protexe dos seus inimigos e se oculta entre as súas púas. Fai tempo que os viandantes que pululaban polas rúas intentan concilialo sono nos seus respectivos escondedoiros. Todo está a escuras. O silencio respira tranquilo. Ninguén o molesta. Tan só as estrelas palpitan ao lonxe, pero ninguén as escoita. Seguramente son felices aí arriba. Tanto brillo non pode deberse a outra cousa que á pura alegría. Pero aquí abaixo é a escuridade quen reina… e ninguén parece intimidala. Porén, se buscamos entre a espesura das rúas durmidas, se buceamos no corazón da noite, os nosos pasos

hannos levar a unha porta entreaberta. Unha débil luz de neón convídanos a entrar. É un club de jazz. Un club de jazz perdido na inmensidade… É a hora de improvisar.

(música: melodía, desarrollos…etc)

TEXTO A-2

O concerto está rematando. Cando cheguen as luces da alba non quedará rastro algún do ritual. As brasas teranse apagado e o público fiel, ese puñado de almas que se alimentan de jazz, terase difuminado polas rúas agardando que a noite volva a reunilo ante o mesmo escenario.

(acaba o tema de jazz)

(silencio)

TEXTO A-3

Na outra punta da urbe, amparada pola cristalina voz da mañá, a banda

municipal comeza o seu ensaio.

2. A GRAN ORQUESTRA

(música da banda: swing) (sen texto)

3. O ÚLTIMO SWING

(música: toca o grupo de jazz)

TEXTO B

A noite seguinte, ou quizais a de vinte anos despois… o mesmo club de jazz abre as súas portas aos seus incondicionais. Non se contan por millares, non enchen estadios de fútbol, pero sempre que poden achéganse coma devotos a escoitar aos poetas da improvisación. A súa presenza é o verdadeiro motivo que alenta aos músicos que agora se esforzan sobre o escenario. Fai varios anos que tocan xuntos. Coñécense e gozan compartindo a música, pero no corazón dun deles,

SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - CAPÍTULOS

Page 8: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

o saxofonista, séntese unha melancolía que oculta dende fai algún tempo. Quizais coas súas improvisacións estea querendo dicirnos algo que non se atreve a expresar con palabras.

4. PRIMEIRAS NOTAS

(música: toca a banda: música clásica)

TEXTO C

En algúns bosques florecen árbores que buscan camiños diferentes para chegar á luz, para facerse oír entre os seus semellantes, para deixar a súa pegada. O seu crecemento pode ser doloroso. Teñen que acomodar as súas raíces no pouco espazo do que dispoñen. Teñen que estirar as súas ramas con formas caprichosas para encontrar un oco e crecer perseguindo o ceo. Algo semellante ocórrelle a Simón, o adolescente que toca o saxofón na banda municipal. Coñece as notas que toca, séntese un máis

entre os seus compañeiros… pero os camiños do papel pautado xa lle resultan estreitos. Quere saltar entre os pentagramas e tocar as notas que non están escritas, as que bulen coma burbullas na súa imaxinación. Quere improvisar.

5. SIMÓN E O JAZZ

(música: toca o grupo de jazz)

TEXTO D

Esta noite –unha noite calquera-, o grupo de jazz conta con alguén especial entre o público. Non é unha personalidade política, nin un deportista de éxito, nin un famoso de paso na cidade. É un adolescente descoñecido ao que os pais levaron a disfrutar da música. É a primeira vez que visita o pequeno club. A primeira vez que está fóra da casa a esa hora na que os paxaros dormen sobre as ramas e os seus amigos soñan. Pero non son esas novidades as que asombran ao raparigo,

senón a capacidade dos músicos para lanzarse ao baleiro cando lles toca interpretar os seus solos. “Teño que contarllo a Simón”. Con esa idea esperta e en canto ten ocasión acode á casa do seu amigo para relatarlle todos os detalles do espectáculo. “Tes que ir escoitalos” “Tes que coñecelo club”. Si, teño que facelo, pero como?... pensa Simón. Os seus pais nunca o levarían a un concerto de jazz e tampouco permitirían que estivese esperto a esas horas.

6. O XOGO

(música: toca a banda)

TEXTO E

Polas mañás, a música segue o seu curso no local de ensaio da banda municipal. Movámonos con coidado para non tiralos atrís coas partituras e falemos baixiño para non distraer aos músicos. Incluso será mellor que calemos. Só imos a deter a nosa mirada un segundo na

Page 9: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

sección de saxofóns: Simón non está no seu posto.

7. TOCATA E FUGA

(música: toca o grupo de jazz)

TEXTO F

Nas vellas historias sempre pende unha corda dunha fiestra aberta. Os prisioneiros descólganse polas sabas atadas para fuxir das altísimas torres. Os amantes tamén desafían á vertixe e á escuridade para ascender á habitación do desexo ou para marcharse para sempre da man do príncipe que espera do outro extremo da corda. Pero Simón é un heroe do noso tempo: sinxelamente agarda a que os seus pais estean profundamente durmidos para saír pola porta co maior sixilo. Como ocorre en toda primeira vez, o obxecto anhelado móstrase esquivo ao que o persegue: Simón pérdese recorrendo as rúas escuras. Non encontra a ninguén a quen preguntar polo lugar… e as indicacións do seu amigo

apuntadas nun anaco de papel non o levan a ningunha parte. Está tan desorientado que comeza a temer que non vai saber volver á casa, pero antes de desfalecer, cando dubida da cordura da súa aventura, percibe a débil luz de neón na ruela solitaria. Entón Simón dáse conta de que unha vez dentro xa nunca vai volver selo mesmo.

8. ESCALAS E PATRÓNS

(música: toca a banda: Simón practica)

TEXTO G

Co tempo, o noso amigo Simón especializouse na arte de abrir e pechar portas coa mestría dun pantasma. Xa non era un estraño entre o público do club de jazz senón o incondicional da primeira fila. Dende alí seguiu noite tras noite, compás tras compás, todo canto ocorría sobre o escenario. A súa atenta observación non lle permitiu, nembargantes, adiviñar a tristeza do saxofonista, gardada

celosamente polo seu dono ata o momento preciso. Algo lle ocorría a aquel músico e ninguén o sospeitaba. Tras reiteradas faltas aos ensaios da banda, Simón volveu un día para probar cos seus compañeiros algunhas escalas e patróns.

(música: patróns e escalas)

TEXTO G-2

Con gran entusiasmo intentou convencer aos seus amigos para que participasen nunha jam session que se ía celebrar no club de jazz. Algúns interesáronse polo asunto, pero ningún lle deu a súa palabra de acompañalo. Era a primeira jam session que se ía celebrar na cidade e quizais non se presentase ningún músico.

9. NA PRIMEIRAS FILA

(música: toca o grupo de jazz)

TEXTO H

Page 10: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

A madrugada sorprende a Simón abrindo a porta con todo o coidado posible. Ninguén por aquí, ninguén por alá… Campo libre para volver ao seu cuarto coma se non pasase nada. Pero antes de chegar á súa meta e tirarse sobre a cama, seu pai sorpréndeo no corredor. “Xa sei que é a primeira vez”. A berra é inevitable e parece que o castigo será peor. Simón quere explicarse, quere dicirlle a seu pai que non debe preocuparse por el, que só se escapa polas noites para escoitar jazz, porque ama o jazz, porque quere ser un músico de jazz… e seu pai repréndeo con desprezo: “Ti non sabes tocar esa música”. Simón deféndese asegurándolle que si sabe, e que quere dedicala súa vida á improvisación. E que mellor maneira de demostrarllo que desafiando a seu pai a que el mesmo o leve á jam session, onde se subirá ao escenario e o deixará coa boca aberta. Sorprendentemente, seu pai acepta o trato cunha condición: “se non es bo de verdade non volverás a entrar nese club”. Simón é

o rapaz máis feliz do mundo. Agora ten que pisalo acelerador e practicar, practicar, practicar…

10. SWING DE JUDEA

(música: toca a banda… música tipo cabaret)

11. JAM SESSION

(música: toca o grupo de jazz)

TEXTO I

Dende os asentos do público, unha jam session parece un momento divertido, pensado para disfrutar e compartir. “O mar dende o monte sempre parece unha fonte”. Pero dentro, dende o escenario, as ondas son máis grandes do que esperabamos e os inexpertos corren o risco de afogar. Antigamente as jam session organizábanse cun espírito competitivo. Eran unha proba de lume para comprobar se os músicos podían estar á altura das circunstancias. Gran parte daquela combatividade perdeuse xa, pero Simón, o

único músico que se presentou co seu instrumento, agarda o seu momento atemorizado, como se soubese de antemán que as ondas o dobregarán. Seu pai agarda sentado para velo milagre. De pronto o mundo detense, a música parece calar e o silencio indica a Simón que chegou o seu momento. O universo está esperando impaciente para escoitalo. É o momento de soltalas amarras.

(música: solo defectuoso de Simón)

O naufraxio foi estrepitoso. O momento de maior vergoña, de maior soidade. O noso aprendiz baixa apresuradamente do escenario e sae correndo do local sen darlle tempo a seu pai a alcanzalo. É el quen recolle o saxofón abandonado nunha esquina, como un amigo que nos traizoa e non queremos volver a velo. Pero ao saír non atopa a Simón. Simón corre e chora. Lonxe. Lonxe.

Page 11: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

TEXTO J

Simón quería coller un grilo, pero cando cerrou o puño para atrapalo notou que era unha avespa que había dentro.

12. O NAUFRAXIO

(música: toca a banda. Tema triste)

13. ESCALAS E PATRÓNS

(música: Simón practicando escalas outra vez)

TEXTO K

A espuma do mar é amarga. Trágase con rexeito e sempre recorda ao heroe que perdeu a batalla. Pero os protagonistas das historias, se é que non queren perder ese dereito, deben levantarse da aréa e camiñar de novo. Deben sobrepoñerse ao medo –o peor conselleiro- e coller con ilusión o instrumento. Deben executar unha tras outra tódalas escalas,

vencer tódolos secretos, coñecer tódolos currunchos e, pouco a pouco, recuperar a confianza e o desexo de volver a mergullarse no mar. Simón practica sen descanso. Pasan dous días. Arriba e abaixo, hora tras hora, nota tras nota.

TEXTO L

As ramas da árbore creceron. O vento non puido tombalas. Simón voa de idea en idea cunha seguridade asombrosa. Agora xa non toca escalas senón que se divirte improvisando con soltura mentres escoita os seus discos preferidos. O mar estao esperando, aínda que el non se sinte suficientemente preparado. Aínda lle ten demasiado respeto. Pensa nas ondas e prefire a seguridade do seu cuarto. Alguén debe empuxalo.

14. FUSIONA E TOCA

(música: o grupo de jazz tocando no club)

E unha noite, unha noite estrelada de agosto, unha noite de brisas providenciais, o tío Raimundo aparece por sorpresa. Queda a cear e logo insiste para que Simón o acompañe para axudarlle a mover uns mobles na súa casa, na outra punta da cidade. Promételle aos pais do saxofonista que en menos de dúas horas o rapaz estará de volta. A Simón non lle apetece moito axudar a seu tío, pero obedece sen rechistar xa que seus pais están de acordo. A medio camiño, o tío Raimundo comunícalle que van a deterse un anaco para tomar un refresco. O tío Raimundo está sedento? Baixan do coche e tras camiñar un par de minutos encóntranse na porta do club. O cartel colgado na fachada anuncia outra jam session. É a segunda tentativa do saxofonista do grupo para atopar a alguén que o substitúa. Cruza os dedos para que esta vez se presente algún músico.

15. A PROBA

(música: o grupo de jazz segue tocando)

Page 12: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

O concerto está acabando e en breve iniciarase a jam session. O tío Raimundo auséntase un momento para ir ao cuarto de baño, pero en realidade sae do club para ir collelo saxofón do seu sobriño, agochado pola súa parte no maleteiro. Cando Simón o ve entrar co instrumento sabe que non vai haber volta atrás. Nin sequera se lle pasa pola cabeza vacilar: o seu tío pídello cunha mirada coa que lle advirte que é a súa oportunidade, que a ten diante das narices e non pode desaproveitala. Chega o seu momento.

O noso heroe mergúllase nas ondas de novo, pero esta vez con soltura, non traga auga, xoga coma un peixe no seu elemento, e non quere que ese momento de paz se acabe nunca. Non quere deixar de improvisar. E a súa felicidade só é maior que a do saxofonista do grupo quen, ao escoitalo, sabe que xa se pode marchar da cidade en busca de novas aventuras porque Simón o vai substituír. Foi este o que pronunciou por el, coa alegría da súa música, esas palabras que non se atrevía

a confiaraos seus compañeiros de escenario. A súa melancolía atopou así un punto e final.

Meses máis tarde Simón recibe a mellor visita que puido imaxinar. A banda enteira foi ao club a velo tocar e, por suposto, trouxeron os instrumentos.

16. A ORQUESTRA TOCA JAZZ

(música: a banda incorpórase ao grupo de jazz e tocan todos xuntos)

A historia de Simón é unha historia máis, unha entre tantas, abundantes como as estrelas que o observan mentres toca. É a historia dun músico calquera de jazz, un músico que non ten idade, nin orixe, nin condición… é a historia da paixón do ser humano pola música.

17. A PAIXÓN

(música: banda de música)

FIN

Page 13: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

1. Lectura do material bibliográfico.

2. Escoita os artistas os que se fai referencia nesta unidade.

3. Asiste a concertos, mesas redondas e talleres formativos.

4. Forma o teu propio grupo de Jazz e imita os grandes mestres.

5. Organiza o teu propio festival de Jazz e propón actividades no teu centro escolar.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Page 14: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

Nesta sección atoparás algunhas direccións útiles con contidos que te axudarán a completar a información referente o mundo do Jazz e a improvisación.

http://es.wikipedia.org/wiki/Jazz

http://www.apoloybaco.com/paginamaestrajazz.htm

http://www.robertosomoza.com/g/index.html

NAVEGAR E APRENDER

Page 15: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

• 1) Qué é o Jazz?

• 2) Qué é a improvisación?

• 3) Qué tipos de improvisación coñeces?

• 4) Cales son os instrumentos máis habituáis no Jazz?

• 5) Podes citar algún histórico músico de Jazz e qué instrumento tocaba?

• 6) Na obra O Jazz na Banda, que instrumento tocaba Simón ?

• 7) Donde comenzou a tocar Simón?

• 8) Como foi a primeira experiencia de Simón tocando co grupo de Jazz?

• 9) Qué pensaban os pais de Simón da súa afición ó Jazz?

• 10) Como foi a segunda experiencia de Simón tocando co grupo de Jazz?

CUESTIONARIO

Page 16: SIMÓN DESCOBRE O JAZZ - compo · PDF fileEscalas e patróns (1) 9. Na primera fila 10. Swing of Judea 11. Jam session 12. O naufraxio 13. Escalas e patróns (2) 14. Fusiona e toca

Historia del Jazz. (Frank Tirro)

Elements of the Jazz language. (Jerry Coker)

Manual del músico de jazz

(Roberto Somoza)

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS