sigala e italc. aula abalar

6
Ceip As Covas Meaño PFAC 2012 Aula Abalar Configurar: - conexión SIGALA - conectar co ITALC Aula Abalar PFAC 2012 Comisión Tic Ceip As Covas - Meaño XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U. CEIP As Covas - Meaño R/ Herminia Fariña s/n 36968 Meaño (Pontevedra) Telf./fax: 986747262 [email protected] http://edu.xunta.es/centros/ceipmeanhoascovas/

Upload: padin-solla

Post on 06-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Sigala e Italc. Aula Abalar

Ceip As Covas – Meaño PFAC 2012 Aula Abalar

Configurar:

- conexión SIGALA

- conectar co ITALC

Aula Abalar

PFAC 2012

Comisión Tic

Ceip As Covas - Meaño

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.

CEIP As Covas - Meaño R/ Herminia Fariña s/n

36968 Meaño (Pontevedra) Telf./fax: 986747262

[email protected] http://edu.xunta.es/centros/ceipmeanhoascovas/

Page 2: Sigala e Italc. Aula Abalar

Ceip As Covas – Meaño PFAC 2012 Aula Abalar

Fase 1: Crear o grupo no equipo do/a mestre/a

1.- No menú “Accesorios” picar en “Sigala – crear grupo”

2.- Escribir o nome que se lle quere dar ao grupo

Nota: Cada vez que se queira empregar o SIGALA é preciso crear o grupo.

Fase 2: unirse a un grupo

Esta acción realízase da mesma maneira no orden ador do alumnado que no ordenador do profesor. Para

empregar o ITALC non é preciso que o profesor se una ao grupo pero se é necesario cando se quere compartir

arquivos.

1º.- No menú “Accesorios” picar en “Sigala – Conectarse a un grupo”

Page 3: Sigala e Italc. Aula Abalar

Ceip As Covas – Meaño PFAC 2012 Aula Abalar

2.- Na nova ventá hai que picar no grupo ao que se quere conectar ( só debería de aparecer o grupo

creado previamente).

3.- Identificación do usuario, escribir un nome identificativo do usuario. Nós o que fixemos foi poñer o nome

do alumno que emprega o equipo p ara saber de quen son os arquivos que se soben dende cada equipo ou

saber a quen pertence cada pantalla que se visualiza no ITALC.

A identificación só se realizará a primeira vez que se conecte o equipo ou se o profesor tras seleccionar un

usuario pica no botón identificar.

4.- Picar en “Conectar”. Cando o usuario xa está identificado tras seleccionar o grupo pícase directamente

en conectar.

Tras conectarse aparecerá o nome do usuario no listado do equipo do profesor e no equipo do alumnado o

nome do grupo aparecerá precedido dun punto verde e no lugar do botón “Conectar” aparecerá “Desconectar”.

Esta ventá non debe pecharse, de forma automática se minimiza ao abrir ou tra aplicación ou pasado un tempo

sen traballar con ela. Na parte superior esquerda pódese ver un grupiño de persoas cun punto verde, no caso de

querer volver a o SIGALA para compartir ficheiros deberase picar nesa icona.

Conectar o ITALC

1.- Crear o grupo e conectarse os alumnos.

2.- O profesor debe picar no menú Aplicaciones e dentro del en ITALC. De xeito automático ábrese o

programa

Page 4: Sigala e Italc. Aula Abalar

Ceip As Covas – Meaño PFAC 2012 Aula Abalar

3.- Para que aparezan na pantalla do ordenador do profesor todas as pantallas do alumnado hai que picar en

botón “Clase”. Os restantes botóns permiten organizar as pantallas, mostrar a pantalla completa a imaxe da

pantalla dun usuario ...

Compartir arquivos co SIGALA

1. O profesor comparte arquivos do seu equipo.

1º Crear o grupo e conectarse o profesor e os alumnos. Importante que o profesor se conecte.

2º Os arquivos que van ser compartidos deben gardarse no directorio: home/profesor/SIGALA

3º O profesor no menú Aplicaciones debe picar en “ Compartir”. Mostrarase un cadro informativo no que

arquivos que van a ser compartidos.

4º Picar en aceptar.

5º O alumnado debe de picar no menú “Herramientas”. Se non hai ningún arquivo compartido

aparecer á unha mensaxe indicando esta situación.

Page 5: Sigala e Italc. Aula Abalar

Ceip As Covas – Meaño PFAC 2012 Aula Abalar

Se hai arquivos para compartir aparecerá unha pantalla na que se mostran os arquivos para que

o alumno poida descargalos no seu ordenador. Tras seleccionar o arquivo debe de picar en “Descargar

ficheiro”.

2. O alumno envía arquivos ao equipo do profesor

1º Crear o grupo e conectarse o profesor e os alumnos. Importante que o profesor se conecte.

2º O profesor no menú Aplicaciones debe picar en “ Compartir”.

3º O alumno debe de picar no menú “Herramientas”.

4º Na pantalla que se abre debe de arrastrar o arquivo que quere enviar ao espazo superior. Non

permite a acción copiar/pegar no espazo, hai que arrastralo polo que é preciso traballar nunha ventá co

cartafol no que se atopa gardado o arquivo a subir.

5º Os arquivos enviados polo alumnado gardaranse no directorio: /home/profesor/SIGALA/subidas.

Creándose unha carpeta para cada un dos usuarios que enviaron arquivos.

Esperamos que vos sexa de axuda.

Pedro Alberto Padín Solla

Coordinador Tic

Aquí aparecería o listado

dos arquivos compartidos

Page 6: Sigala e Italc. Aula Abalar

Ceip As Covas – Meaño PFAC 2012 Aula Abalar

.