setembro - festival mar de mares – a...
TRANSCRIPT
A celebración do mar: arte, ciencia, gastronomía e reflexión. Exposicións, encontros, obradoiros, mercado do mar e moito máis.
SETEMBROwww.festivalmareaalta.org
2 3
www.festivalmareaalta.org
O FESTIVAL
EXPOSCIÓNS
_SPILL. DANIEL BELTRÁ
_SKELETON SEA
_CINE CON AGALLAS. MSC
PROGRAMA EDUCATIVO
_VISITAS COMENTADAS ÁS EXPOSICIÓNS
_VISITAS ESCOLARES ÁS EXPOSICIÓNS
_UN REGALO DO MAR. PRESERVANDO OS OCÉANOS EN FAMILIA
_DEFENDER A NATUREZA; PAIXÓN E PROFESIÓN.
ENCONTRO DE JUAN PABLO MOREIRAS CON ESTUDANTES
PROXECCIÓNS
_OBXECTIVO: SALVAR OS OCÉANOS. NATIONAL GEOGRAPHIC CHANNEL
_OS TIBURÓNS DAS ILLAS PITCAIRN. NATIONAL GEOGRAPHIC CHANNEL
_MAR DUN BOSQUE ENCANTADO. JORGE CANDÁN
_PERSEGUINDO A MR. GOODFISH. PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA
ENCONTROS E DEBATES
_DA PAIXÓN Á ACCIÓN. ASÍ NACEU SKELETON SEA
_ARTE+SURF=ACTIVISMO
_SINERXIAS E ALIANZAS PARA PRESERVAR O MAR
_ENCONTRO CIENTÍFICO: UN PERCORRIDO POLA OUTRA CRISE;
CAMBIO GLOBAL E SOSTIBILIDADE DOS OCÉANOS
_CAFÉ CON MR. GOODFISH
OBRADOIROS DE FOTOGRAFÍA E AUDIOVISUAL
_FOTOGRAFÍA DE PROXECTOS DE CONSERVACIÓN. JUAN PABLO MOREIRAS
_PERSEGUINDO A MR. GOODFISH. QUEDADA FOTOGRÁFICA
GASTRONOMÍA
_O CRUDO E O COCIDO: OBRADOIROS GASTRONÓMICOS
CON IVÁN DOMINGUEZ E LUIS VEIRA
MERCADO DO MAR
ACTÚA
CRÉDITOS
SETEMBRO
Marea Alta: “Momento no que a auga
do mar acada a súa máxima altura
dentro do ciclo das mareas”.
4 5
O FESTIVALQUE É O FESTIVAL? ONDE SE CELEBRA?
O Festival Marea Alta é un
encontro artístico, educativo
e lúdico de celebración e
preservación do mar, que en
setembro de 2014 celebra a
súa primeira edición na cidade
da Coruña. Marea Alta é un
encontro internacional arredor
do mundo mariño que quere
celebrar a importancia dos
océanos como fonte de riqueza
e recurso natural imprescindíbel.
Ademais, procura concienciar a
institucións, empresas e cidadanía
da necesidade da preservación do
ecosistema mariño para garantir a
súa sostibilidade.
O Festival Marea Alta é un evento
internacional e multidisciplinar
que resalta a relevancia dos
océanos na nosa vida cotiá
e no que diversos creadores
e expertos nos amosarán os
últimos avances e creacións
en campos tan apaixonantes
como a pesca sostíbel, o
fotoxornalismo, a gastronomía,
a reciclaxe mariña, etc. O Festival
Marea Alta son exposicións,
obradoiros, proxeccións, encontros
con artistas, científicos e
representantes do sector industrial,
debates, charlas, mercado do
mar e actividades gastronómicas
relacionadas coa contorna mariña.
E é, ademais, un foro de
participación da cidadanía, no que
se darán a coñecer, en profundidade
e de forma colaborativa, os
problemas dos nosos mares. Marea
Alta tamén presentará e promoverá
diversas iniciativas para preservar o
ecosistema. Todos xuntos podemos
contribuír a mellorar a saúde do
mar. O Festival Marea Alta terá unha
duración de seis días, do martes
16 ao domingo 21 de setembro,
coincidindo coa celebración na
cidade do Congreso Internacional
do ICES International Council for
the Exploration of the Sea), cun
programa de actividades que
se prolongará, ademais, durante
os 45 días que permanecerán
abertas dúas das súas exposicións.
Durante este tempo, A Coruña
converterase na capital da defensa
e conservación do mundo mariño.
Agardámosvos nesta primeira
edición do festival de celebración
do mar. Benvidas e benvidos!
Os Museos Científicos son un dos
grandes atractivos do panorama
educativo e expositivo de A Coruña.
Marea Alta escolleu dous deles, a
Domus e o Aquarium Finesterrae,
para acoller boa parte desta
primeira edición do festival.
O Aquarium Finesterrae é,
ademais, un dos impulsores de
Mr. Goodfish, unha campaña
internacional que promove o
consumo sostíbel de produtos
do mar e que estará moi presente
no festival. Outras salas e enclaves
emblemáticos como o Kiosco
Alfonso, a Sala de exposicións
Palexco, a Lonxa, o Centro
Ágora, os mercados municipais
ou os Xardíns de Méndez Núñez,
converteranse tamén en sés
deste encontro internacional de
preservación do mar.
AquariumFinisterrae
Sala de Exposicións
Palexco
Domus
Xardíns de Méndez Núñez
Kiosco Alfonso
Ágora
Lonxa e Mercados
6
EXPOSI-CIÓNSSPILL
Daniel Beltrá (Madrid, 1964),
fotógrafo español afincado en Seattle,
documenta a través de Spill o grave
prexuízo que sufriu o medio mariño
co desastre do Golfo de México. As
súas impresionantes imaxes, froito da
colaboración que mantén dende hai
anos coa ONG Greenpeace, amosan de
xeito cru e directo o impacto que ten
a acción do home sobre a natureza.
“É na beleza e na complexidade da
natureza onde atopo a miña inspiración.
Desexo que as miñas instantáneas
insuflen un meirande respecto á
preservación do planeta. Agochadas
entres estas imaxes atópase a realidade
do estado do noso medio ambiente
e o legado que estamos a deixar ás
vindeiras xeracións”. Comenta Beltrá
Spill componse de 50 imaxes de grande
formato que resumen os dous meses
que este fotógrafo de recoñecido
prestixio empregou en documentar
o desastre que supuxo a explosión
da plataforma petrolífera Deepwater
Horizon no Golfo de México.
Durante as dúas últimas décadas,
o traballo de Beltrá levouno a percorrer
os cinco continentes, participando
en numerosas expedicións xunto a
Greenpeace no Amazonas, no Ártico,
nos océanos do sur e os glaciares na
Patagonia.
O seu traballo Spill fíxoo merecedor
en 2014 de numerosos premios
coma o DAYS JAPAN International
Photojournalism Award, o Veolia
Environment Wildlife Photographer
of the Year e o Wildlife Photographer
of the Year Award, entre outros.
A exposición Spill compleméntase
co seguinte programa de visitas:
_Visitas comentadas para público xeral
_Visitas para grupos escolares
(Daniel Beltrá)
KIOSCO ALFONSO
DO 16/09 AO 02/11 - DE 12.00 A 14.00 E DE 18.00 A 21.00
ENTRADA DE BALDE
+ INFO: www.festivalmareaalta.org e www.danielbeltra.com
8 9
EXPOSI-CIÓNSSKELETON SEA
Skeleton Sea é un proxecto que
conxuga arte e ecoloxía, creado
conxuntamente por tres surfeiros,
João Parrinha, Luis de Dios e Xandi
Kreuzeder, co fin de conservar limpos
os océanos. É arte construída a base
de restos e refugallos: lixo das praias
e outros materiais en estado de
degradación. A reinterpretación artística
dos devanditos materiais tráeos de volta
á vida, ao formar grandes esculturas
de animais mariños e instalacións de
técnica mixta. A importancia de manter
os mares limpos e a importancia de
respectar a natureza e os dereitos
humanos é a mensaxe que estes tres
artistas desexan comunicar a través da
mostra Skeleton Sea.
Antigas boias de cristal chinés envoltas
en cordas, ósos de balea brillantes
e pulidos, espiñas de peixes, balizas
de pescadores e de plataformas
petrolíferas, anacos de madeira e
de metal oxidado de naufraxios son
algunhas das pezas que rescataron do
mar estes tres deportistas durante os
seus descansos nas prácticas do surf.
Tesouros do mar que son o xermolo
dun proxecto artístico para crear
esculturas e instalacións que exporían
nas costas. Parrinha, Kreuzeder e
de Dios uniron as súas forzas para
fundar Skeleton Sea e comunicar a
súa particular visión acerca do punto
de encontro entre natureza, deporte e
arte. A súa mensaxe non pode ser máis
clara: mantén limpos o océano
e as praias!
João Parrinha e Xandi Kreuzeder
estarán na Coruña para presentar a
súa exposición e levar a cabo distintos
encontros e obradoiros.
A exposición Skeleton Sea
compleméntase co seguinte programa
de visitas e obradoiros:
_Visitas comentadas
para público xeral.
_Obradoiros para familias a cargo
dos artistas de Skeleton.
_Visitas-obradoiro para
grupos escolares.
(João Parrinha e Xandi Kreuzeder)
+ INFO: www.festivalmareaalta.org e www.skeletonsea.com
SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
DO 16/09 AO 02/11 - DE 12.00 A 14.00 E DE 18.00 A 21.00
ENTRADA DE BALDE
10 11
CINE CON AGALLAS
Unha mostra con moito sentido do
humor e un bonito xogo de palabras.
Os filmes máis famosos da historia do
cinema transfórmanse en mensaxes de
respecto e concienciación a favor da
saúde dos océanos e das especies que
os habitan. Mediante a transformación
de imaxes icónicas do cinema, MSC
quere atraer a nosa atención sobre
a necesidade de fomentar a pesca
sostíbel e os hábitos de consumo
responsábel. Marine Stewardship
Council (MSC) é unha organización
internacional, independente e sen
ánimo de lucro, que xestiona un
ambicioso programa de certificación e
ecoetiquetado, creado co obxectivo de
transformar o mercado dos produtos
pesqueiros cara a sostibilidade.
Os seus recoñecidos estándares de
traballo teñen como fin recoñecer e
premiar as prácticas de pesca sostible
a través da ecoetiqueta azul MSC, que
ofrece ao consumidor a posibilidade
de recoñecer doadamente e apoiar
as devanditas prácticas sostibles ao
facer a súa compra ou selección de
produtos do mar.
Marine Stewardship Council (MSC)
CENTRO ÁGORA
DO 16/09 AO 30/09 - DE LUNS A VENRES DE 8.00 A 21:00 E SÁBADO DE 9:00 A 21:00
ENTRADA DE BALDE
+ INFO: www.festivalmareaalta.org e www.msc.org/es
EXPOSI-CIÓNS
Por un futuro lleno de peces, elige pescado con la ecoetiqueta MSC
¿Cuidaríamos más nuestros océanos si sushabitantes fuesen estrellas de cine?
@MSCenEspana#cineconagallas
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
AF El silencio de las caballas alta.pdf 1 09/09/14 18:05
12 13
PROGRAMA EDUCATIVO
VISITAS COMENTADAS PARA TODOS OS PÚBLICOS ÁS EXPOSICIÓNS
SPILL E SKELETON SEA
Sácalle o máximo partido ao festival e dálle unha segunda volta ao que se
presenta en fronte dos teus ollos! Unha visita comentada enriquecerá a túa
percepción das exposicións e descubrirache os detalles e segredos ocultos
detrás de cada unha das obras de Daniel Beltrá e Skeleton Sea. Ao saíres,
terás a seguridade de que a experiencia non foi en van.
VISITAS ESCOLARES ÁS EXPOSICIÓNS
Os grupos escolares de Primaria, ESO e Bacharelato poderán achegarse
ás exposicións Skeleton Sea e/ou Spill a través de visitas e obradoiros
especialmente deseñados para eles. Un programa de actividades educativas
dinámicas e vivenciais para interiorizar a importancia da preservación mariña
e entender a responsabilidade individual e colectiva no coidado do mar.
As visitas compleméntanse co material educativo para traballar na aula.
Se es docente e estás interesado en acudir co teu alumnado a visitar
as exposicións do Festival, mándanos un correo electrónico a info@
festivalmareaalta.org cos teus datos de contacto, nome do centro educativo,
nivel escolar, data, hora na que che gustaría acudir a cal das dúas exposicións
+info: www.festivalmareaalta.org
ESPAZO: KIOSCO ALFONSO/SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
(COMEZO EN KIOSCO ALFONSO)
DATA: VENRES 19, SÁBADO 20 E DOMINGO 21 DE SETEMBRO
SÁBADOS 4 E 18 DE OUTUBRO / SÁBADO 1 DE NOVEMBRO
HORARIO: DE 19.00 A 20.30
QUEN?: CREARTE SERVIZOS CULTURAIS
ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA, SEN INSCRICIÓN PREVIA
ESPAZO: KIOSCO ALFONSO/SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
DATA: DO 22 DE SETEMBRO AO 31 DE OUTUBRO
HORARIO: DE 10.00 A 14.00
QUEN?: CREARTE SERVIZOS CULTURAIS
ACTIVIDADE DE BALDE PREVIA RESERVA
DO 22 SET AO 31 OCT
14 15
PROGRAMA EDUCATIVO
DEFENDER A NATUREZA; PAIXÓN E PROFESIÓN ENCONTRO DE JUAN PABLO MOREIRAS CON ESTUDANTES
Facer o que che gusta e vivir diso é posíbel. Juan Pablo Moreiras fotógrafo de
natureza, reunirase con estudantes de secundaria e bacharelato coa intención
de trasladar ás novas xeracións a importancia de manter unha relación
cordial co medio do que formamos parte. Ademais, defenderá a profesión de
fotoxornalista como o vehículo para mostrar o que está a acontecer naqueles
escenarios nos que a acción de home produce desequilibrio e agresión
ambiental. Moreiras aconsellará dende a súa experiencia, e coa proxección
de distintos exemplos dos seus proxectos, a que os mozos aspiren a facer
da paixón pola natureza e a fotografía a súa profesión.
Se es un docente interesado en que Juan Pablo Moreiras visite o teu
centro educativo, envíanos canto antes un correo electrónico
UN REGALO DO MAR: PRESERVANDO OS OCÉANOS EN FAMILIA
Todas as cousas teñen unha segunda vida, mesmo os refugallos que con
demasiada frecuencia encontramos nas praias. E, aínda que pareza imposíbel,
moitos deles esconden un grande potencial Despois de facer un percorrido
pola exposición, João Parrinha e Xandi Kreuzeder, os artistas de Skeleton,
impartirán un obradoiro de creación a partir de residuos atopados nas praias.
Unha actividade lúdica, creativa e, sobre todo, un exercicio de concienciación
para aprender en familia o valor da reciclaxe e sensibilizarnos acerca de
necesidade de liberar de lixos os nosos mares.
ESPAZO: INSTITUTO ENSINO SECUNDARIO
DATA: XOVES 18 DE SETEMBRO
HORARIO: DE 12.00 A 14.00
QUEN?: JUAN PABLO MOREIRAS
ACTIVIDADE DE BALDE PREVIA RESERVA
ESPAZO: SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
DATA: VENRES 19 DE SETEMBRO 18.00 A 20.00
SÁBADO 20 DE SETEMBRO TRES SESIÓNS 12.00 A 14.00 / 17.00 A 19.00 / 19.00 A 21.00
DOMINGO 21 DE SETEMBRO DÚAS SESIÓNS 12.00 A 14.00 / 18.00 A 20.00
QUEN?: JOÃO PARRINHA E XANDI KREUZEDER
ENTRADA DE BALDE. PREVIA RESERVA EN www.festivalmarealta.org
XOV DOMSABVEN18 212019SET SETSETSET
© Juan Pablo Moreiras
16 17
PROXEC-CIÓNS CON
PRESENTACIÓN PREVIA
Fernando González-Iglesias, biólogo mariño e realizador de documentais de vida salvaxe
para canles como National Geographic ou Discovery, desvélanos as claves
dunha profesión comprometida co medio ambiente.
Carlos Vales, director do Centro de Educación, Información e Divulgación Medioambiental (CEIDA) presentará o documental cuns breves comentarios sobre o importante papel da divulgación.
OBXECTIVO: SALVAR OS OCÉANOS
Unha serie de tres documentais acerca dos distintos esforzos que se están facendo por
salvar os océanos. A serie falaranos do traballo que desempeñan o World Wildlife Fund
(WWF), Greenpeace e o Marine Stewardship Council (MSC).
ÁS 20.00 DEBATE: SINERXÍAS E ALIANZAS PARA PRESERVAR O MAR (VER PÁXINA 19)
ÁS 20.00 ENCONTRO CIENTIFICO. PASADO E PRESENTE DOS OCÉANOS (VER PÁXINA 19)
MAR DUN BOSQUE ENCANTADO Mar dun bosque encantado é un traballo de Jorge Candán, realizador e mergullador
galego, considerado un dos mellores fotógrafos submarinos do mundo, gañador do Festival
Internacional de Cine Submarino de San Sebastián no 2013. Este documental amosa a vida
en tres misteriosos contornas mergulladas: un descoñecido e impenetrábel bosque de
macroalgas, un bosque á deriva e un bosque no que a rocha cobra vida. É un documental
filmado nos fondos do mar galego que desvela as máis incríbeis estratexias para cazar e non
ser cazado, para camuflarse ou reproducirse no mar. Unha verdadeira guerra entre especies
desátase no misterioso bosque de algas. Mar dun bosque encantado documenta fantásticas
secuencias de comportamento animal, coma o nacemento dunha quenlla, pelexas entre
polbos, cazadores na noite ou, mesmo, cómicas escenas entre os habitantes do bosque.
PERSEGUINDO A MR. GOODFISH. PROXECCIÓN FOTOGRÁFICA A continuación visualizaremos os traballos dos participantes da quedada fotográfica
e procederase á entrega de apetitosos premios ás mellores fotos.
María Baulde preséntanos o vídeo de Jorge Candán cunha breve descrición do pouco
valorado ecosistema mariño das rías galegas e falará da necesidade de profesións como
a de fotógrafo submarino.
Amador Lorenzo, fotógrafo gañador do premio Luis Ksado, proxectará A/O MAR, unha selección dos seus traballos sobre os mares galegos que rematará cunha ollada intimista á cidade da Coruña.
OS TIBURÓNS DAS ILLAS PITCAIRN
Enric Sala, o único explorador residente español de National Geographic Channel, dirixe a un
grupo moi motivado de científicos que se dispón a emprender unha dura viaxe até as illas
Pitcairn, un remoto arquipélago do Pacífico. O seu obxectivo é documentar tanto o medio
terrestre coma o mariño, coa esperanza de conseguir transformar esta contorna virxe nunha
reserva mariña protexida.
PRESENTACIÓN
PRESENTACIÓN
PRESENTACIÓN
PRESENTACIÓN
PROXECCIÓN
PROXECCIÓN
PROXECCIÓN
PROXECCIÓN
ESPAZO: DOMUS
HORARIO PRESENTACIÓN: DE 18.30 A 19.00
HORARIO PROXECCIÓN: DE 19.00 A 20.00
QUEN?: FERNANDO GONZÁLEZ-IGLESIAS
PRESENTA O DOCUMENTAL.
ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA
ESPAZO: DOMUS
HORARIO PRESENTACIÓN: DE 19.30 A 20.00
HORARIO PROXECCIÓN: DE 20.00 A 21.00
QUEN?: MARÍA BAULDE, EQUIPO DE BIOLOXÍA DO
AQUARIUM FINISTERRAE PRESENTA O DOCUMENTAL.
ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA
+INFO: www.jjcandan.com
ESPAZO: KIOSCO ALFONSO
HORARIO: DE 18.00 A 19.00
QUEN?: PRESENTA AMADOR LORENZO.
ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA.
ESPAZO: DOMUS
HORARIO PRESENTACIÓN: DE 18.30 A 19.00
HORARIO PROXECCIÓN: DE 19.00 A 20.00
QUEN?: CARLOS VALES PRESENTA
O DOCUMENTAL. ENTRADA DE BALDE,
CAPACIDADE LIMITADA
MER
SAB
DOM
XOV
17
20
21
18
SET
SET
SET
SET
© National Geographic Channel
© Jorge Candán
© National Geographic Channel
© Jorge Candán
© Amador Lorenzo © Amador Lorenzo
18 19
ENCON-TROS & DEBATES
DA PAIXÓN Á ACCIÓN: ASÍ NACEU
SKELETON SEA
Que foi primeiro: o surf ou a paixón pola arte?
Como chegan tres practicantes do surf a se
formular a necesidade de salvar os océanos
do noso planeta? Como se converten centos
de sandalias de praia abandonadas nos
areais nunha obra de arte? Comparten arte
e activismo a mesma linguaxe? Os artistas
da exposición Skeleton Sea desvélannos
os segredos do seu proxecto mediante un
storytelling no acto de inauguración do
festival que dará comezo ás 19.30 na Sala
de Exposicións de Palexco.
SINERXÍAS E ALIANZAS PARA PRESERVAR O MAR Un debate 360º sobre os océanos, representantes de diversas institucións que traballan no mar e a favor do mar, intentarán atopar puntos comúns que satisfagan a todos os sectores.
ENCONTRO CIENTÍFICO: UN PERCORRIDO POLA OUTRA CRISE; CAMBIO GLOBAL E SOSTIBILIDADE DOS OCÉANOS A revolución industrial fixo posíbel que o home puidera explotar os ecosistemas cunha intensidade sen precedentes, o que provocou unha crise ambiental de escala global. Unha panorámica sobre o pasado, presente e futuro dos nosos mares.
CAFÉ CON MR. GOODFISH.
REVELACIÓNS MAREANTES NA MESA DUN BAR
Os cafés-teatro son experiencias desenfadadas de
divulgación científica arredor da mesa dun bar, neste caso,
a cantina do Aquarium Finisterrae. Un encontro distendido,
aberto e divertido no que profesionais da oceanografía e a
bioloxía mariña e un actor, nos debullarán, arredor dun café,
os segredos mellor gardados da preservación do mar e nos
animarán a re-pescar o científic@ que levamos dentro.
Os cafés-teatro científicos foron recoñecidos en 2011 como
Práctica Inspiradora en Cultura Científica pola Fundación
Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT)
ARTE+SURF=ACTIVISMO
Ninguén como os apaixonados das ondas e o vento para concienciar da necesidade da
preservación e a limpeza das costas. João Parrinha e Xandi Kreuzeder de Skeleton Sea
intercambiarán opinións e puntos de vista cos afeccionados locais para unir a paixón polo
deporte e a arte cun ambicioso obxectivo: a conservación dos nosos mares.
Os artistas de Skeleton presentarán varios proxectos que unen arte, surf e activismo
co obxectivo de servir de inspiración. Os artistas, deportistas e activistas locais están
convidados a presentar os seus proxectos de maneira que se xere intercambio e sinerxías
para contribuír á saúde dos océanos.
ESPAZO: SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
DATA: MARTES 16 DE SETEMBRO
HORARIO: DE 19.45 A 20.15
QUEN?: JOÃO PARRINHA, XANDI KREUZEDER
ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA
ESPAZO: DOMUS
DATA: MÉRCORES 17 DE SETEMBRO
HORARIO: DE 20.00 A 21.00
QUEN?: ANTONIO GARCÍA ALLUT (LONXANET), CARLOS MONTERO (MSC),
TORCUATO TEIXEIRA (FREMSS), MODERA: LUIS FERNÁNDEZ, BIÓLOGO
ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA
ESPAZO: DOMUS
DATA: XOVES 18 DE SETEMBRO
HORARIO: DE 20.00 A 21.00
QUEN?: EMILIO FERNÁNDEZ, CATEDRÁTICO DE ECOLOXÍA DA
UNIVERSIDADE DE VIGO. ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA
ESPAZO: AQUARIUM FINISTERRAE
DATA: VENRES 19 DE SETEMBRO
HORARIO: DE 19.00 A 20.00
QUEN?: PERIPECIENCIA. COLISIONADORA DE CIENCIA E ARTES ESCÉNICAS. VICENTE SOUZA, ACTOR.
DOLORES GARABANA, BIÓLOGA MARIÑA (IEO). LUISA MARTÍNEZ, OCEANÓGRAFA (CESIC).
PAZ SAMPEDRO, BIÓLOGA PESQUEIRA (IEO). ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA.
ESPAZO: KIOSCO ALFONSO / SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO
DATA: MÉRCORES 17 DE SETEMBRO
HORARIO: DE 17.30 A 20.30
QUEN?: JOÃO PARRINHA, XANDI KREUZEDER - ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA
PREVIA ISCRICIÓN EN www.festivalmareaalta.org
© Skeleton Sea
MA
MER
VEN
16
17
19
SET
SET
XOV18SET
SETMER17SET
20 21
OBRADOIROS DE FOTOGRAFÍA E AUDIOVISUAL
Durante os últimos 25 anos, o fotógrafo
Juan Pablo Moreiras (Normandía,
Francia, 1965) percorreu unha trintena
de países para captar en fotografías
momentos que tratan de amosar a
relación que existe entre a paisaxe, a
fauna, a flora e o ser humano. A miúdo,
estas fotografías cóntannos dun xeito
claro como o home está a destruír o seu
espazo natural.
Neste obradoiro analízase o papel
da fotografía como ferramenta
imprescindíbel para os proxectos
de desenvolvemento sostible e
conservación, con exemplos de
reportaxes realizadas en diferentes
ecosistemas de distintas partes do
mundo. Trataranse temas como a
preparación, a planificación dunha
reportaxe, as ferramentas necesarias,
as diferentes técnicas fotográficas, a
posprodución, a difusión e a utilización
das imaxes tanto en medios de
comunicación coma en ámbitos internos
e corporativos.
Juan Pablo Moreiras fotografou
encargos corporativos, actualidade,
reportaxes e proxectos de conservación
e desenvolvemento durante décadas,
colaborando na concienciación acerca
do traballo que se está a levar a cabo
para salvagardar o futuro das especies
ameazadas e os seus hábitats.
Entre 1995 e 2007 foi fotógrafo e
director creativo de Fauna & Flora
International (FFI), a organización
conservacionista máis antiga do mundo.
Entre 1997 e 2002 fotografou, entre
outros proxectos, o Corredor Biolóxico
Mesoamericano por encarga da
Comisión Centroamericana de Ambiente
e Desenvolvemento. Entre 1997 e
2007 viaxou regularmente a Ruanda,
Uganda e a República Democrática do
Congo como fotógrafo do Programa
Internacional de Conservación do Gorila
de Montaña. Entre 2006 e 2010 traballou
fotografando diferentes proxectos de
conservación e a caza furtiva no norte
de Kenya, por encarga de The Northern
Rangelands Trust, Ol Pejeta Conservancy
e Lewa Wildlife Conservancy.
Algunha vez te preguntaches que
pasa co peixe dende que chega ao
porto até que se serve no prato?
Presenciaches a poxa do peixe na
lonxa? Se che apetece contar con
imaxes da viaxe que realiza a pesca
até chegar ao consumidor final, este
é o momento. Perseguindo a Mr.
Goodfish é unha quedada fotográfica
que se desenvolverá ao longo de tres
días, con contidos diferenciados e
complementarios cada un deles. O
venres 19 o fotógrafo coruñés Xabier
Quintana ofrecerá as claves para
facer unha boa reportaxe fotográfica
nos distintos escenarios onde
transcorrerá a actividade. O segundo
día, os participantes poderán seguir de
primeira man a ruta do peixe sostíbel,
do mar á mesa, e experimentarán en
directo o proceso de selección das
pezas, a cerimoniosa poxa na lonxa
e comprobarán como se leva a cabo
o posterior traslado aos mercados
da zona. A continuación, os mellores
cociñeiros da Coruña e algúns dos
blogueiros culinairos máis coñecidos
da nosa cidade convidarannos ás
súas cociñas e demostrarán como o
coidado do mar non está enfrontado
coa boa mesa. Finalmente, o domingo
21, coa presenza de Amador Lorenzo,
gañador do premio Luis Ksado, terá
lugar a proxección das imaxes tomadas
durante esta quedada fotográfica
no Kiosco Alfonso e a entrega de
apetitosos premios ás mellores fotos.
Tanto se participaches coma se non,
tes unha cita coa proxección da
reportaxe fotográfica sobre as boas
prácticas da pesca sostíbel na Coruña.
DAS SELVAS TROPICAIS AOS ARRECIFES DE CORAL. OBRADOIRO FOTOGRÁFICO DE PROXECTOS DE CONSERVACIÓN.
PERSEGUINDO A MR. GOODFISH
ESPAZO: KIOSCO ALFONSO
HORARIO: DE 10.00 A 14.00 E DE 16.00 A 20.00
QUEN?: JUAN PABLO MOREIRAS
ENTRADA DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA:
MÁX. 15 PERSOAS INSCRICIÓN PREVIA EN
www.festivalmareaalta.org REQUÍRESE CARTA DE MOTIVACIÓN.
DATA: VENRES 19 DE SETEMBRO
DE 20.00 A 22.00 (LONXA)
SÁBADO 20 DE SETEMBRO DE 06.00 A 12.00
(NA LONXA E OUTROS ESPAZOS)
DOMINGO 21 DE SETEMBRO DE
18.00 A 19.00 (KIOSCO ALFONSO)
QUEN?: XABIER QUINTANA E AMADOR LORENZO
DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA: MÁXIMO 15
PERSOAS PREVIA INSCRICIÓN EN
www.festivalmareaalta.org+INFO: www.juanmoreiras.es
VEN19SET
DOMSABVEN212019SETSETSET
22 23
GASTRO-NOMÍA
Cando chegan a porto son só peixes
crus, pero tan só unhas horas despois,
sobre un prato á mesa, esas materiais
primas son cultura. Quen intervén
neste proceso de cambio? Nesta
actividade coñeceremos e falaremos
con todos os axentes que fan posible
esa transformación.
O CRU E O COCIDO CON IVÁN DOMÍNGUEZ E LUÍS VEIRA
ESPAZO: LONXA + MERCADO DA PRAZA DE LUGO
HORARIO: DE 06.30 A 11.30 Tras asistir á poxa da Lonxa e o encontro cun armador,
encamiñarémonos ao Mercado da Praza de Lugo onde, acompañados por Luís Veira,
do restaurante Árbore de Veira, aprenderemos como e por que seleccionar o peixe
no Mercado da Praza de Lugo. A continuación, o recoñecido cociñeiro ofreceranos
un show cooking no que o restaurante Árbore de Veira se traslada á Praza de Lugo
para nos amosar e degustar o mellor peixe de tempada.
DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA: MÁXIMO 15 PERSOAS. PREVIA INSCRICIÓN EN
www.festivalmareaalta.org
ESPAZO: LONXA + MERCADO SAN AGUSTÍN + RESTAURANTE ALBORADA
HORARIO: DE 06.30 A 11.30 Tras asistir á poxa da Lonxa e o encontro cun
armador, encamiñarémonos ao Mercado de San Agustín onde, acompañados
por Iván Domínguez do restaurante Alborada, aprenderemos como e por que
seleccionar o peixe no Mercado de San Agustín. A continuación trasladarémonos
á cociña do restaurante Alborada para realizar un obradoiro gastronómico
co recoñecido cociñeiro e aprender a preparar algunha das súas mellores
receitas co peixe de tempada.
DE BALDE, CAPACIDADE LIMITADA: MÁXIMO 15 PERSOAS. PREVIA INSCRICIÓN EN
www.festivalmareaalta.org
VEN19SET
SAB20SET
MERCADO DO MAR
Aínda que quizais non sexan as máis
coñecidas, son xa moitas as industrias
do sector que están a traballar con
criterios sostíbeis ao relacionárense
cos recursos dos océanos. O Festival
Marea Alta quere ser un escaparate
para que estas empresas mostren os
seus produtos e expliquen como é
posíbel quitarlle rendemento
ao océano sen condenar o futuro
dos seus fondos mariños. Ademais,
o Mercado do Mar ofrecerá diversas
actividades para todos os públicos,
como presentacións de produtos,
proxeccións, demostracións,
degustacións e obradoiros.
ESPAZO: XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ
DATA: VENRES 19 DE SETEMBRO DE 13.00 A 15.00 E DE 17.00 A 21.00
SÁBADO 20 DE SETEMBRO DE 12.00 A 15.00 E DE 17.00 A 21.00
DOMINGO 21 DE SETEMBRO DE 12.00 A 15.00 E DE 17.00 A 21.00
ENTRADA DE BALDE
CONSULTAR LISTAXE DE EXPOSITORES E PROGRAMA DE ACTIVIDADES EN
www.festivalmareaalta.org
VEN19SET
SAB20SET
DOM21SET
24 25
ACTÚA TI PODES MELLORAR A VIDA DOS MARES Inspirados nos Consellos para Salvar os Océanos, de National Geographic, presentámosche un decálogo de propostas no que incluímos algúns apuntamentos de MSC (Marine Stweardship Council), Ecoembes ou Mr. Goodfish para a protección dos océanos. Anímate a seguilos e xa estarás facendo moito polo mar.
1. FAI COMPRAS SEGURAS E SOSTÍBEIS DE PEIXE
Poboacións mundiais de peixes están a se esgotar rapidamente debido á demanda,
á perda do seu hábitat e ás prácticas de pesca insostíbeis. Ao faceres a compra ou
saires a cear, axuda a reducir o consumo destas especies sobreexplotadas escollendo
peixes e mariscos de tempada e respectando as medidas mínimas. Se estás perdido,
busca a eco-etiqueta do certificado MSC www.msc.org en produtos e establecementos
ou consulta a listaxe que publica Mr. Goodfish www.mrgoodfish.com/es/index.html
2. REDUCE O USO DE PRODUTOS DE PLÁSTICO
Unha grande cantidade de plásticos acaban como refugallos no mar, o que contribúe á
destrución dos hábitats e provoca a morte a milleiros de animais mariños cada ano. Para
limitar o seu impacto, intenta darlle un novo uso ás botellas de auga, gardar os alimentos
en recipientes non rexeitábeis, empregar bolsas de tea para transportar as túas compras
ou escoller produtos con ecodeseño. Se tes unha empresa e queres apostar por envases
menos contaminantes, ponte en contacto con Ecoembes. www.ecoembes.com
3. AXUDA A COIDAR AS PRAIAS
Un bo día de surf, mergullo ou praia é moito mellor nunha contorna limpa.
Non deixes lixo cando marches. E se atopas refugallos no teu camiño, por que non
recollelos e levalos ao contedor? Intenta animar a tantas persoas como poidas a
respectar o medio mariño. Quizais che interese organizar ou participar nalgunha
acción de limpeza de praias na nosa comunidade; podes informarte en www.cogetres.com,
www.surf-and-clean.com ou Mar de Fábula www.facebook.com/mardefabula.
4. NON MERQUES PRODUTOS QUE SE APROVEITAN DA VIDA MARIÑA
Algúns produtos contribúen ao dano dos fráxiles arrecifes de coral das poboacións
mariñas. Evita mercar produtos como xoiaría de coral, accesorios de cabelo feitos con
cunchas (a partir das tartarugas carey) e produtos derivados da quenlla. Nas túas mans
está evitar a súa desaparición.
5. FAITE AMIG@ DO MAR
Intenta ser cauto cos alimentos procedentes do mar que lle dás ás túas mascotas. Le as
etiquetas dos produtos e ten en conta a sostibilidade destes á hora de mercalos. Evita
mercar para un acuario os peixes de auga salgada capturados no seu hábitat natural e non
tires ao mar ningunha especie mariña criada nun acuario; esta práctica pode introducir
especies non autóctonas prexudiciais para o ecosistema existente.
6. APOIA ÁS ORGANIZACIÓNS QUE TRABALLAN PARA PROTEXER O MAR
Moitas entidades e organizacións están loitando para protexer os hábitats mariños.
Busca unha organización coa que simpatices e colabora con ela con apoio económico
ou de voluntariado.
7. TI PODES CAMBIAR AS COUSAS
Fíxate nos programas electorais dos partidos e descubre cales son as súas políticas
mariñas; ponte en contacto con representantes locais para deixar constancia do interese
cidadán na conservación do mar. E se podes, merca e consume só en restaurantes
solidarios e tendas de alimentos que ofrecen só produtos pesqueiros sostíbeis.
8. REDUCE AS EMISIÓNS DE CO2 E O CONSUMO DE ENERXÍA
Cambia o coche polas camiñadas; xa estarás contribuíndo a reducir os efectos do cambio
climático no océano. Xestos tan sinxelos como empregar lámpadas compactas de luz
fluorescente ou subir polas escaleiras no canto do ascensor, axudan a reducir o consumo
de enerxía no fogar e no traballo.
9. NAVEGA POLOS MARES RESPONSABELMENTE
Tanto se o teu oficio está relacionado co mar como se practicas deportes ou outras
actividades que se realicen na auga, non tires nada pola borda e sé consciente da vida
mariña que habita nas augas que te rodean. Se pensas facer un cruceiro nas vindeiras
vacacións, escolle a opción que sexa máis respectuosa co medio ambiente.
10. OBTÉN INFORMACIÓN SOBRE OS OCÉANOS E A VIDA MARIÑA
Toda a vida na Terra está conectada co océano e os seus habitantes. Canto máis saibamos
sobre os problemas aos que se enfronta este sistema vital, máis desexaremos axudar
a garantir a súa protección e inspirar a outras persoas a facer o mesmo.
NATIONAL GEOGRAPHIC www.nationalgeographic.es
MSC (MARINE STWEARDSHIP COUNCIL) www.msc.org/es
ECOEMBES www.ecoembes.com
MR. GOODFISH www.mrgoodfish.com/es
+ INFO
PATROCINADOR PRINCIPAL:
CONCELLO DA CORUÑA
OUTROS PATROCINADORES:
XUNTA DE GALICIA
MR. GOODFISH
MARINE STEWARD COUNCIL (MSC)
ECOEMBES + PAISAJE LIMPIO
NATIONAL GEOGRAPHIC CHANNEL
CONSORCIO DE TURISMO DA CORUÑA
ENTIDADES COLABORADORAS:
LONXA DA CORUÑA
ARTESANÍA DE GALICIA
CEIDA (CENTRO DE EDUCACIÓN, INFORMACIÓN
E DIVULGACIÓN MEDIOAMBIENTAL)
LONXANET
FREMSS (FUNDACIÓN RENDEMENTO
ECONÓMICO MÍNIMO SOSTIBLE E SOCIAL)
IEO (INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA)
RESTAURANTE ÁRBORE DA VEIRA
RESTAURANTE ALBORADA
RESTAURANTE FINISTERRAE
RESTAURANTE PABLO GALLEGO
GRÁFICAS MERA
PEZ BANANA COMUNICACIÓN
ORGANIZADORES:
CREARTE SERVIZOS CULTURAIS
www.creartesc.es
CARAVAN PROYECTOS DE CULTURA
www.caravancultura.com
EQUIPO:
DIRECCIÓN:
SILVIA OVIAÑO
MERCE CARBALLO
COORDINACIÓN:
LUIS COUSILLAS
OLGA ROMASANTA
JAMES MCSHERRY
COMUNICACIÓN:
LUISA CASTIÑEIRA
LUCÍA PITA
DANIEL FERNÁNDEZ LONGUEIRA
DESEÑO GRÁFICO:
PATRICIA PORTELA
AUDIOVISUAL:
ÓSCAR GÓRRIZ
DESEÑO WEB:
QUINO MELGUIZO
O Festival Marea Alta conta co asesoramento e a
colaboración especial de Marisa López, axente do
National Geographic Speakers Bureau e xerente
internacional de eventos e exposicións.
Festival Marea Alta
www.festivalmareaalta.org
T. 881 91 30 55
Facebook: www.facebook.com/FestivalMareaAlta
Twitter: www.twitter.com/FestMareaAlta
O organismo Forest Stewardship Council (consello de administración ambiental),
coñecido como FSC, é unha entidade de certificación internacional sen ánimo de lucro.
É o único recoñecido por organización ecoloxistas como WWF/Adena. A misión oficial
do Consello é “Promover o manexo ambientalmente apropiado, socialmente benéfico
e economicamente viábel dos bosques do mundo”.
Imprimindo o noso programa en papel FSC contribuímos á xestión responsábel
das explotacións forestais das que provén este papel.
CALENDARIOEXPOSICIÓNS (PAX. 6-10)
PROGRAMA SUXEITO A CAMBIOS. INFORMACION ACTUALIZADA EN www.festivalmareaalta.org
SPILL KIOSCO ALFONSO - DO 16/09 AO 02/11 - DE 12.00 A 14.00 E DE 18.00 A 21.00
SKELETON SEASALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO - DO 16/09 AO 02/11 - DE 12.00 A 14.00 E DE 18.00 A 21.00
CENTRO ÁGORA - DO 16/09 AO 30/09 DE LUNS A VENRES DE 8.00 A 21:00
E SÁBADO DE 9:00 A 21:00
CINE CON AGALLAS
PROGRAMA EDUCATIVO PARA ESCOLARES (PAX. 13-14)
VISITAS COMENTADAS ÁS EXPOSICIÓNS (PAX. 12)
DÍA A DÍA
MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO16 17 18 19 20 21
INAUGURACIÓN das exposicións (PAX. 18)
SALA DE
EXPOSICIÓNS
PALEXCO
19.30 - 21.00
STORYTELLING Da paixón á acción. Así naceu Skeleton Sea (PAX. 18)
SALA DE
EXPOSICIÓNS
PALEXCO
19.45 - 20.15
ENCONTRO Arte + surf = Activismo (PAX. 18) KIOSCO ALFONSO
17.30 - 20.30
PROXECCIÓN CON PRESENTACIÓN PREVIA Obxectivo: salvar os océanos (PAX. 16) DOMUS
18.30 - 20.00
DEBATE Sinerxías e alianzas para preservar o mar (PAX. 19) DOMUS
20.00 - 21.00
PROXECCIÓN CON PRESENTACIÓN PREVIA Os tiburóns das illas Pitcairn (PAX. 16) DOMUS
18.30 - 20.00
ENCONTRO CIENTÍFICO Un percorrido pola outra crise; cambio global e sostibilidade dos océanos (PAX. 19) DOMUS
20.00 - 21.00
GASTRONOMÍA O cru e o cocido (PAX. 22) LONXA E MERCADO PRAZA DE LUGO 6.30 -11.30
OBRADOIRO Das selvas tropicais aos arrecifes de coral (PAX. 20) KIOSCO ALFONSO 10.00 - 14.00 E 16.00 - 20.00
INAUGURACIÓN do Mercado do Mar (PAX. 23) XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ 13.00 - 15.00
Mercado do Mar (PAX. 23) XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ 17.00 - 21.00
OBRADOIRO Un regalo do mar: preservando os océanos en familia (PAX. 15) SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO 18.00 - 20.00
ENCONTRO Café con Mr. Goodfish: revelacións mareantes na mesa dun bar (PAX. 19) AQUARIUM FINISTERRAE 19.00 - 20.00 VISITA COMENTADA ás exposicións Spill e Skeleton Sea (PAX. 12) KIOSCO ALFONSO 19.00 - 20.30
OBRADOIRO Perseguindo a Mr. Goodfish (PAX. 21) LONXA 20.00 - 22.00
GASTRONOMÍA O cru e o cocido (PAX. 22) LONXA, MERCADO DE SAN AGUSTÍN E RESTAURANTE ALBORADA 6.30 -11.30
OBRADOIRO Perseguindo a Mr. Goodfish (PAX. 21) LONXA, MERCADOS E OUTROS 06.00 - 12.00
OBRADOIRO Un regalo do mar: preservando os océanos en familia (PAX. 15) SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO 12.00 - 14.00
Mercado do Mar (PAX. 23) XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ 12.00 - 15.00 E 17.00 - 21.00
OBRADOIRO Un regalo do mar: preservando os océanos en familia (PAX. 23) SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO 17.00 - 19.00
VISITA COMENTADA ás exposicións Spill e Skeleton Sea (PAX. 12) KIOSCO ALFONSO 19.00 - 20:30
OBRADOIRO Un regalo do mar: preservando os océanos en familia (PAX. 15) SALA DE EXPOSICIÓNS PALEXCO 19.00 - 21.00
PROXECCIÓN CON PRESENTACIÓN PREVIA (PAX. 17) Mar dun bosque encantado DOMUS 19.30-21.00
OBRADOIRO Un regalo do mar: preservando os océanos en familia (PAX. 15) SALA DE
EXPOSICIÓNS
PALEXCO
12.00 - 14.00
Mercado do Mar (PAX. 23) XARDÍNS DE
MÉNDEZ NÚÑEZ
12.00 - 15.00 E
17.00 - 21.00
OBRADOIRO Un regalo do mar: preservando os océanos en familia (PAX. 15) SALA DE
EXPOSICIÓNS
PALEXCO
18.00 - 20.00
PROXECCIÓN CON PRESENTACIÓN PREVIA Perseguindo a Mr. Goodfish (PAX. 17)
KIOSCO ALFONSO
18.00 - 19.00
VISITA COMENTADA ás exposicións Spill e Skeleton Sea (PAX. 12) KIOSCO ALFONSO
19.00 - 20:30