setembro 2010 historia silvia

6
SETEMBRO 2010 OPCIÓN A O conxunto de documentos a comentar mostra unha serie de aspectos referentes á evolución económica da España do XIX. En liñas xerais cabería apuntar que a economía española deste século dista bastante do contexto internacional máis desenvolvido. Proba evidente diso é que a revolución industrial española é ciertamente máis modesta e incompleta que as experimentadas por países como Gran Bretaña (I Revolución Industrial 1750-1850) nun primeiro estadio e Xapón, Estados Unidos e Alemania en segundo término (II Revolución Industrial 1870-1914). Resulta interesante contextualizar este fenómeno. A Restauración é unha etapa de estabilidade da Historia de España que se estende desde o ano 1874, no se reestablece a monarquía borbónica trala Primeira República, ata 1923, data na prodúcese o golpe militar do xeneral Primo de Rivera. Durante a etapa da Restauración en España produciuse un gran desenvolvemento das cidades. As cidades empezaron a crecer desmesuradamente por mor da expansión industrial e suscitaban novos problemas de vivenda, tráfico, higiene, alimentación, lecer, etc. Por iso é polo que se fixesen proxectos de ensanches das cidades, implicando a derriba de murallas, pero respectando o centro histórico de trazado irregular. No documento 1, fonte primaria, de temática económica e histórico circunstancial si clasificámolo atendendo á súa forma, o autor, Jaime Balmes mostra a súa preocupación polo escaso desenvolvemento de Madrid en contraposición co auxe económico de Cataluña e o País vasco, é dicir, a periferia de España. Isto débese, en parte aos obstáculos físicos naturais e ás malas comunicacións terrestres, obstáculos que se superarán posteriormente coa chegada do ferrocarril. Compara a capital española con outras capitais europeas e destaca que esas si son centros neurálgicos dos seus respectivos países, pola contra, Madrid non o é. A industrialización iniciouse en España cara á década de 1830, pero a lentitud no seu ritmo de crecemento provocou que durante

Upload: pop1975

Post on 09-Feb-2016

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Setembro 2010 Historia Silvia

SETEMBRO 2010

OPCIÓN A

O conxunto de documentos a comentar mostra unha serie de aspectos referentes á evolución económica da España do XIX. En liñas xerais cabería apuntar que a economía española deste século dista bastante do contexto internacional máis desenvolvido. Proba evidente diso é que a revolución industrial española é ciertamente máis modesta e incompleta que as experimentadas por países como Gran Bretaña (I Revolución Industrial 1750-1850) nun primeiro estadio e Xapón, Estados Unidos e Alemania en segundo término (II Revolución Industrial 1870-1914).

Resulta interesante contextualizar este fenómeno. A Restauración é unha etapa de estabilidade da Historia de España que se estende desde o ano 1874, no se reestablece a monarquía borbónica trala Primeira República, ata 1923, data na prodúcese o golpe militar do xeneral Primo de Rivera.

Durante a etapa da Restauración en España produciuse un gran desenvolvemento das cidades. As cidades empezaron a crecer desmesuradamente por mor da expansión industrial e suscitaban novos problemas de vivenda, tráfico, higiene, alimentación, lecer, etc. Por iso é polo que se fixesen proxectos de ensanches das cidades, implicando a derriba de murallas, pero respectando o centro histórico de trazado irregular.

No documento 1, fonte primaria, de temática económica e histórico circunstancial si clasificámolo atendendo á súa forma, o autor, Jaime Balmes mostra a súa preocupación polo escaso desenvolvemento de Madrid en contraposición co auxe económico de Cataluña e o País vasco, é dicir, a periferia de España. Isto débese, en parte aos obstáculos físicos naturais e ás malas comunicacións terrestres, obstáculos que se superarán posteriormente coa chegada do ferrocarril. Compara a capital española con outras capitais europeas e destaca que esas si son centros neurálgicos dos seus respectivos países, pola contra, Madrid non o é.

A industrialización iniciouse en España cara á década de 1830, pero a lentitud no seu ritmo de crecemento provocou que durante a etapa da Restauración, España seguise sendo un país esencialmente agrario.

Hai varios motivos que explican este atraso da industrialización na España do século XIX como a carencia de materias primas, a deficiente rede de comunicacións e transportes terrestres, o tradicionalismo do sector agrario, a escasa competitividad, os graves desequilibrios da balanza comercial, o atraso tecnolóxico español, a escaseza de capitais para investir, a dependencia técnica, financeira e energética do exterior, ou factores socioculturales como a ausencia de mentalidad empresarial ou o elevado índice de analfabetismo.

En liñas xerais, só conseguiron despegar a industria textil catalá e a industria siderúrgica vasca. Outros sectores produtivos como a minería, a construción de ferrocarril ou o sector financeiro experimentaron un desenvolvemento importante, aínda que con resultados irregulares.

A industria textil que máis se desenvolveu nesta etapa foi a de algodón, concentrada en Cataluña. Estivo orientada ao mercado nacional, débil e irregular e cara ás colonias

Page 2: Setembro 2010 Historia Silvia

americanas. O proteccionismo contribuíu a manter o atraso tecnolóxico e a escasa competitividad da industria española, polo que a perda das últimas colonias en 1898, especialmente Cuba, supuxo un duro revés para esta industria que quedou reducida definitivamente ao ámbito español. Malia as súas limitacións, a industria textil catalá impulsou o desenvolvemento da industria metalúrgica e a química, e absorbeu man de obra doutras rexións españolas. A inicios do século XX creáronse en Cataluña trescentas fábricas de industria textil, o que proba a súa importancia.

O texto 4 fai referencia a este feito, Cataluña aparece como motor de economía, compárase con Manchester en importancia como causa do auxe económico do país. Trátase dun texto histórico-circunstancial, é unha fonte primaria e segundo o seu contido de temática económica.

Na industria siderúrgica impuxéronse os modernos altos hornos para a produción de ferro utilizado para a fabricación de maquinaria textil, instrumentos agrícolas e material ferroviario. En paralelo ao desenvolvemento da industria, a explotación de minas de ferro (Almería, Murcia, Vizcaya) e de carbón (Asturias, Sierra Morena) foi especialmente fructífera. As minas adoitaban ser de capital estranxeiro mayoritariamente (francesas, británicas e belgas). Se exportaba moito a Europa a prezos moi baixos.

Polo que se refire á siderurgia, esta baseábase nos recursos mineros españois (ferro en Málaga, Vizcaya e Santander, cobre e pirita en Huelva, plomo en Cartagena, cinc en Asturias), os cales apenas se exportaban ata que a Lei de Minas de 1868 favoreceu un cambio de tendencia. Así, en 1900, os minerales constituían un terzo das exportacións españolas.

O documento 3 fai referencia a esta cuestión trátase dunha táboa que representa a produción de ferro desde o 1861 ata o 1900 en España. Segundo a súa orixe ou natureza é unha fonte secundaria ao tratarse dun documento elaborado con posterioridad á época á que se refire, o século XIX, e é o resultado dun traballo de investigación histórica realizado polos historiadores interesados no tema.

É unha fonte de contido económico ao referirse á industria siderúrgica en España durante o século XIX. Ten un carácter informativo xa que presenta, en forma de táboa, os datos da produción de ferro en diferentes rexións de España. Podemos observar que a tendencia xeral é dunha produción ao alza de ferro coado en España, aínda que distinguindo dúas etapas, a primeira de 1861 a 1880 caracterízase por un escaso crecemento (de 45000 a 60000 toneladas), que podemos relacionar coa escasa demanda, e a segunda etapa de 1881 a 1900, caracterizada por un gran incremento da produción ( de 60000 a case 400000 toneladas), relacionado coa masiva exportación de ferro vasco.

Si observamos a evolución dos distintos focos siderúrgicos españois, podemos concluír que o de Málaga, o pionero, decae a partir de 1865 (escasa rentabilidad pola escaseza de carbón mineral) e desaparece cara a 1885, sendo substituído polo de Asturias, que aínda que conta con carbón mineral, é caro e de mala calidade, polo que mantén unha produción estable; o foco de Vizcaya ten un gran desenvolvemento a partir de 1881 (Restauración), cun gran crecemento nas décadas seguintes, relacionado co desenvolvemento da industria siderúrgica vasca e a instalación de Altos Hornos.

Page 3: Setembro 2010 Historia Silvia

Polo que se refire aos medios de transporte, podemos destacar o aumento notable de estradas que se produciu nesta etapa e sobre todo o protagonismo espectacular que en España e en toda Europa tivo o ferrocarril que resultou un novo medio de transporte de pasaxeiros e mercancías barato e rápida. A expansión do ferrocarril nesta etapa facilitou o comercio, unindo os centros productores cos lugares de consumo, facilitando o abastecemento das grandes cidades e o trasladado de alimentos, materias primas e artigos industriais duns lugares a outros.

Durante a segunda metade do século XIX desenvolveuse en España, como noutros moitos países, unha intensa actividade en torno á construción do ferrocarril.

As leis dos anos 1855 a 1877 rexeron o desenvolvemento das construcións. A primeira, promulgada durante o bienio progresista. A Lei de Ferrocarrís de 1855 foi decisiva para impulsar o desenvolvemento da rede; esta Lei facilitou a captación dos capitais estranxeiros necesarios para levar a cabo a construción, aínda a costa de sacrificar os intereses dalgúns sectores da industria española, como o siderúrgico. Segundo esta lei, as concesións serían outorgadas por Lei, e á vez establecíase un programa de axudas estatais.

O documento 2 é un fragmento desta lei de ferrocarrís que, a proposta do ministro de Fomento (Francisco de Luxán), sancionou (asinou) a Raíña Isabel II o 3 de xuño de 1855. Foi publicado na Gaceta Madrid (?Boletín Oficial? da época) o 6 de xuño do mesmo ano.

Segundo a fonte é un texto histórico primario; segundo a súa forma é un Decreto e segundo o tema é un texto legislativo. O autor é un colectivo (as Cortes) aínda que estea asinado polo Ministro e a propia Raíña. Está dirixido a un colectivo e a súa finalidade é pública.

En concreto, os artigos citados son o 6, o 14 e o 19, neles exprésase a necesidade da existencia dunha concesión do Estado para construír calquera liña de ferrocarril así como as facilidades que terán aquelas empresas estranxeiras que decidan investir nas liñas ferrioviarias.

Durante o primeiro terzo do século XX, a enerxía do vapor foi substituída pola electricidade e o petróleo, e desenvolveuse a nova industria do automóbil, cun gran auxe das telecomunicaciones como o teléfono, o telégrafo, e a radio.

Para rematar, a estabilidade que proporcionou a Restauración, favoreceu a consolidación do sector bancario. En 1874 concedeuse ao Banco de España o monopolio na emisión de billetes, mentres que a banca privada orientouse ao financiamento da industria. O débil crecemento dos primeiros anos da Restauración crebouse nuevamente coa crise colonial, aínda que nos primeiros anos do século XX iniciouse a recuperación. Madrid despuntou como centro financeiro. Nesta etapa creáronse grandes bancos o que demostra a forte acumulación conseguida nos negocios e a importancia dos capitais repatriados trala perda colonial. A unión estreita entre banca e industria que se iniciou nestes anos ha perdurado ata a actualidade. Aproveitando a repatriación de capitais desde América creáronse o Banco Hispano Americano (1900) ou o Banco de Vizcaya (1901).

É o historiador Gabriel Tortella quen no último documento no que destaca a importancia e o esforzo que fixo o noso país para dinamizar a economía española, e incide na importancia de Cataluña nese esforzo dinamizador.

Page 4: Setembro 2010 Historia Silvia

Trátase dunha fonte secundaria, posto que se trata dun texto historiográfico de natureza económica e de política económica. Gabriel Tortellá (nacido en Barcelona, en 1936), é un economista e historiador especialista en historia económica contemporánea.

Conclue que en España non houbo revolución industrial propiamente dita pero sí houbo grandes esforzos modernizadores: as iniciativas da clase empresarial catalana, as reformas feitas, sobre todo polos progresistas, para facer de España un país moderno, o desenvolvemento das dúas industrias punteiras, a téxtil en Cataluña e a siderurxia no País Vasco ( únicos sitios donde sí poderíase falar de revolución industrial), a desamortización e a construcción da rede ferroviaria, a ordenación do sistema bancario e monetario( Bolsa, Caixas de Aforro etc)