servizo de testamentarías guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). o nu propietario...

21
Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros

Upload: others

Post on 25-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

1

Servizo de Testamentarías

Guía de axuda aos herdeiros

Page 2: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

2

En BBVA somos conscientes da dificultade que pode

implicar a tramitación dunha herdanza. Para axudalo,

elaboramos unha guía con información práctica e detallada

sobre as xestións necesarias para completar o proceso.

Ademais, poñemos á súa disposición un equipo de especialistas en testamentarías para atendelo e

resolver calquera dúbida que lle poida xurdir.

> Se desexa información sobre cómo tramitar unha herdanza, pode contactar con eles enviando o documento para

facilitar os datos de contacto que atopará na páxina 10

deste documento ao enderezo de correo:

[email protected]

> Se quere comezar as xestións para tramitar a herdanza,

pode enviarnos os documentos detallados nas páxinas

5, 6 e 7 ao enderezo de correo antes mencionado.

Esperamos que esta guía lle resulte de utilidade.

Page 3: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

3

Índice

1 - Guía de tramitación ......................................................................................................................................... 4

2 - Solicitude de contacto cos seus especialistas .............................................................................................. 9

3 - Nota de encargo para a tramitación do expediente de testamentaría ....................................................... 11

4 - Solicitude de certificados de posicións ....................................................................................................... 14

5 - Anexos ............................................................................................................................................................. 17

Page 4: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

Servizo de Testamentarías

Guía de tramitación

Page 5: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

5

Documentos que podo necesitar

Nota de encargo

Que é – Documento mediante o cal o interesado manifesta o seu interese en iniciar a tramitación do

expediente de testamentaría.

Como se obtén – En calquera Oficina BBVA, podendo ser asinado polo interesado no mesmo momento da

súa solicitude.

Certificado literal de defunción

Que é – Documento oficial para acreditarlle a BBVA o falecemento. O certificado expedido debe ser o

denominado literal.

Como se obtén –

• Acudindo ao Rexistro Civil do lugar onde aconteceu o falecemento, achegando o DNI da persoa que

solicite o certificado e indicando o nome/apelidos do falecido, data e lugar de falecemento.

• Dirixindo unha carta ao Rexistro Civil, indicando o nome e o enderezo postal ao que se vaia enviar

o certificado, facéndose constar na solicitude o nome/apelidos e DNI da persoa que solicita o

certificado e os seus datos de contacto, así como o nome/apelidos do falecido, lugar e data do

falecemento.

• Entrando en http://sede.mjusticia.gob.es/ en caso de tratarse dun Rexistro Civil informatizado. Máis

información: http://www.mjusticia.gob.es

Pasos que debo seguir1.- Solicitude do certificado de posicións, estado actual de posicións e movementos de contas.

2.- Acreditación – Entrega por parte do solicitante/herdeiro da documentación necesaria para a

identificación de herdeiros:

• Certificado de defunción.

• Certificado de derradeiras vontades.

• Testamento ou acta de notoriedade.

3.- Emisión do certificado de posicións, estado actual de posicións e movementos de contas.

4.- Solicitude de tramitación – O interesado poderá iniciar a tramitación asinando a nota de encargo.

5.- Adxudicación da herdanza – Entrega por parte do solicitante/herdeiro da documentación necesaria

para a adxudicación:

• Documento público de aceptación e adxudicación da herdanza ou documento privado de

partición.

• Liquidación do imposto de sucesións e a carta de pagamento, exención ou prescrición do imposto.

• Indicacións adicionais de herdeiros.

• Instrucións de cotitulares no seu caso.

6.- Execución e reparto – BBVA procede ao reparto e asignación dos bens consonte a documentación

achegada no punto anterior.

Page 6: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

6

Certificado de derradeiras vontades

Que é – Documento que acredita se unha persoa outorgou testamento e perante qué notario. Deste xeito,

os herdeiros poderán dirixirse ao devandito notario e obter unha copia autorizada do testamento.

Como se obtén – Transcorridos polo menos 15 días hábiles desde a data de falecemento a través do

Modelo Tributario 790. O modelo 790 pode conseguirse:

• Nas Xerencias Territoriais do Ministerio de Xustiza e/ou nos Rexistros Civís de toda España.

• En www.mjusticia.gob.es

• Na Oficina Central de Atención ao Cidadán de Madrid.

A taxa que recolle o Modelo 790 pode facerse efectiva en calquera Oficina BBVA e poderá presentarse:

• Nas Xerencias Territoriais do Ministerio de Xustiza ou na Oficina Central de Atención ao Cidadán de

Madrid.

• Remitindo a solicitude ao Rexistro Xeral de Actos de Derradeira Vontade, Ministerio de Xustiza, Praza

de Xacinto Benavente, 3, 28012 Madrid. O certificado enviarase ao enderezo consignado nas casas

correspondentes do Modelo 790.

• Con certificado electrónico de usuario do Ministerio de Xustiza en http://sede.mjusticia.gob.es/

Este Modelo 790 tamén serve para solicitarlle á entidade aseguradora o certificado dos contratos de seguros de cobertura de falecemento vixentes ao falecemento.

Testamento e Acta de Notoriedade de Herdeiros

Que é – O testamento é o documento oficial que recolle a vontade do falecido sobre o destino dos seus

bens, designando herdeiros e/ou legatarios e indicando a proporción da herdanza que corresponde a cada

un deles.

En caso de que o falecido non outorgase testamento, será necesaria a acta de notoriedade que recolle

igualmente quen son os herdeiros.

Como se obtén – Se a persoa falecida outorgou testamento, os seus herdeiros solicitarán copia

autorizada do derradeiro testamento na notaría onde se outorgou.

En caso de que o falecido non outorgase testamento substituirase pola acta de notoriedade expedida por

un notario do derradeiro domicilio en España do falecido.

Certificados de posicións, estado actual de posicións e movementos de contas

Que son –

• Certificado de posicións. Recolle todos os produtos que o falecido tiña en BBVA con saldos na data

do falecemento.

• Estado actual de posicións. Recolle os mesmos produtos con saldos na data da solicitude dos

herdeiros.

• Movementos de contas. Inclúe os movementos do derradeiro ano das contas detalladas no

certificado de posicións.

Como se obtén – Pode solicitalos a través do seu especialista de testamentarías, cuxos datos de contacto

se recollen nesta guía ou en calquera Oficina BBVA, cubrindo o documento de solicitude que atopará

tamén na guía.

Page 7: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

7

En todo caso, para que BBVA llos entregue, o solicitante deberá identificarse e achegar o certificado de

defunción, de derradeiras vontades e o testamento ou acta de notoriedade. No caso de fillos ou cónxuxe

viúvo abondará co certificado de defunción xunto co libro de familia.

O certificado de posicións:• Permite liquidar o Imposto de Sucesións perante o organismo recadador da comunidade autónoma

correspondente.

O documento do estado actual de posicións:• Permite proceder ao reparto da totalidade dos bens depositados en BBVA na forma que se indica no

apartado 6.

O documento de movementos de contas:• Permite dar instrucións sobre o mantemento de domiciliacións, traspasos periódicos e demais ordes.

Agás instrución en contra, estas non se realizarán a partir da acreditación do falecemento.

Documento de partición e adxudicación de herdanza

Que é – Documento que recolle o reparto da totalidade dos bens depositados en BBVA, indicando de

forma precisa a porcentaxe ou fracción que puidese corresponderlle a cada interveniente.

Como se obtén – A elección dos herdeiros, mediante:

• Documento público notarial de aceptación e adxudicación de herdanza outorgado por todos os

interesados na herdanza (herdeiros, cónxuxe viúvo e legatarios, no seu caso).

• Documento privado de partición asinado por todos os interesados na herdanza (herdeiros, cónxuxe

viúvo e legatarios, no seu caso).

Imposto de sucesións

Que é – Documento de autoliquidación ou liquidación que debe incluír a relación de saldos depositados

en BBVA e a carta de pagamento ou exención ou prescrición do imposto. É requisito necesario para poder

dispoñer dos saldos adxudicados.

Como se obtén – Perante o organismo recadador da Comunidade Autónoma correspondente.

Page 8: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

8

Consideracións para ter en conta• Se o falecido fose titular de préstamos ou créditos, a substitución do titular deberá ser aceptada por

BBVA e tramitada como unha subrogación de debedor (cambio de debedor), para o cal deberá acudir a

unha oficina BBVA onde se lle ampliará esta información.

• O pleno dominio (a propiedade plena) pode dividirse en usufruto(1) e núa propiedade(2). O usufrutuario

ten dereito a percibir os froitos e rendas que produzan os saldos gravados polo usufruto (xuros,

dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e

rendas. Para evitar problemas de índole operativa recomendámoslle converter en metálico (diñeiro) a núa

propiedade e o usufruto..

A normativa tributaria vixente prevé, para os efectos fiscais, a seguinte regra de valoración do usufruto:

- Valoración do usufruto = 89 – idade do usufrutuario na data de falecemento do causante = % en pleno

dominio a aplicar sobre o saldo usufrutuado, cun mínimo dun 10 % e un máximo dun 70 %.

- Valoración da núa propiedade = 100 – valoración do usufruto.

Os adxudicatarios poderán empregar este criterio de valoración para o cálculo do importe en metálico que

cada un se adxudique ou ben indicar outros importes diferentes.

• Se os interesados se adxudicaron no documento de adxudicación e partición de herdanza os produtos

depositados no banco en proindivisión(3) de xeito conxunto (e isto aínda que na adxudicación poidan

figurar porcentaxes concretas), os novos produtos abriranse a nome de todos eles en cotitularidade. En

canto ao réxime de disposición dos produtos, será o que determinen os herdeiros no momento que se

subscriban os correspondentes contratos. Se os interesados prefiren a adxudicación individual (non de

xeito conxunto), deben solicitalo por escrito con data e sinatura de todos eles.

• Se os bens están en cotitularidade con outros que non son herdeiros, a estes correspóndelles a parte

non inventariada por herdanza. Por iso, previamente ao depósito aos herdeiros, os cotitulares non

herdeiros deben asinar un escrito no que indiquen que están conformes coa porcentaxe atribuída á

herdanza e cursen instrucións para o depósito dos bens que como cotitular lle corresponden.

• En determinados casos pode ser necesario solicitarlle indicacións adicionais ás recollidas na

documentación detallada na presente guía (no caso de diferenzas de saldo, reparto de saldos

pendentes…).

GLOSARIO

(1) Usufruto.- Dereito que lle outorga ao usufrutuario o goce dun ben alleo (recibe os froitos e rendas).

(2) Núa propiedade.- Situación na que o propietario non goza do ben (os froitos e rendas percíbeos o

usufrutuario).

(3) Proindiviso.- Prodúcese cando varias persoas son propietarias dun mesmo ben.

Page 9: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

Servizo de Testamentarías

Documento para facilitar os datos de contacto dos herdeiros

Page 10: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

10

Os datos persoais facilitados polo interesado, de cuxa veracidade e actualización se responsabiliza, incorporaranse a ficheiros de BBVA exclusivamente para a xestión da testamentaría á que se refire este documento e para dar información sobre o resultado das xestións realizadas a través das canles facilitadas, e conservaranse durante a tramitación do expediente de testamentaría e ata a súa conclusión. Concluído o expediente, BBVA manterá os datos persoais bloqueados durante os prazos legais establecidos, con carácter xeral de 10 anos por normativa de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo. Transcorrido o devandito prazo, serán destruídos. A base legal do devandito tratamento é a execución do expediente de testamentaría. O responsable do tratamento dos datos é Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. con domicilio social en Pr. San Nicolás 4, 48005 Bilbao. O interesado poderá exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade perante o Servizo de Atención ao Cliente, Grupo BBVA, apdo. de Correos 1598 - 28080 Madrid, no correo electrónico [email protected] ou en calquera das oficinas de BBVA. Será necesario acompañar á solicitude unha copia do DNI ou documento equivalente acreditativo da identidade. Ademais, o interesado pode contactar co Delegado de Protección de Datos de BBVA no enderezo [email protected] e, en calquera caso, presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Para poder tramitar adecuadamente a Testamentaría, BBVA ten contratada a prestación de certos servizos con outras empresas, que poderán acceder por conta de BBVA aos datos persoais do interesado exclusivamente para prestar os devanditos servizos (servizos de “back-office”, servizos administrativos e outras actividades auxiliares dos servizos financeiros).

Nome e apelidos do falecido:

NIF: Data de falecemento:

Para recibir información sobre a tramitación desta testamentaría os meus datos son

(recomendamos como mellor canle de comunicación o correo electrónico):

Correo electrónico:

Teléfono móbil:

Enderezo Postal:

En , a , de , de 20

Asdo:

DNI:

Page 11: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

Servizo de Testamentarías

Nota de encargo para a tramitación do expediente de testamentaría

Page 12: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

12

Nome e apelidos do falecido:

NIF: Data de falecemento:

Para recibir información sobre a tramitación desta testamentaría os meus datos son

(recomendamos como mellor canle de comunicación o correo electrónico):

Correo electrónico:

Teléfono móbil:

Enderezo Postal:

Quen subscribe (en adiante, o interesado), manifestando ter un interese lexítimo na sucesión do falecido

de referencia, solicita a Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (en adiante, BBVA) a tramitación da

testamentaría e efectuar as transferencias, traspasos ou depósitos que procedan. Para iso, o interesado

deberá asinar a nota de encargo e presentar os seguintes documentos::

1. Escritura pública de aceptación e partición de herdanza.

2. Certificado Literal de Defunción expedido polo Rexistro Civil.

Certificado do Rexistro Central de Actos de Derradeiras Vontades

Testamento (copia autorizada) ou acta de notoriedade de declaración herdeiros abintestato.

Documento de partición e adxudicación asinado por todos os interesados na herdanza (herdeiros,

cónxuxe viúvo e legatarios, no seu caso).

En todo caso a liquidación e carta de pagamento ou declaración de exención ou prescrición do Imposto

de Sucesións e inventario dos bens que posuía o falecido na data do falecemento presentada perante

Facenda e na cal se inclúan os bens en BBVA. Ademais, outros documentos adicionais poden ser

necesarios en caso de usufruto, proindiviso ou contas con cotitulares non herdeiros.

A necesidade e detalle de todos documentos explícaselle na Guía de Axuda aos Herdeiros.

O custo do servizo de tramitación de testamentarías é de 90 euros (máis IVE ou impostos

correspondentes), segundo tarifa vixente de comisións, condicións e gastos repercutibles a clientes

publicada por BBVA. Este importe cargarase en calquera das contas do falecido.

A tramitación da testamentaría iniciarase cando o interesado achegue todos os documentos requiridos. Só se cobrará a comisión pola completa tramitación do expediente e unha vez finalizado.

Page 13: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

13

Os datos persoais facilitados polo interesado, de cuxa veracidade e actualización se responsabiliza, incorporaranse a ficheiros de BBVA exclusivamente para a xestión da testamentaría á que se refire este documento e para dar información sobre o resultado das xestións realizadas a través das canles facilitadas, e conservaranse durante a tramitación do expediente de testamentaría e ata a súa conclusión. Concluído o expediente, BBVA manterá os datos persoais bloqueados durante os prazos legais establecidos, con carácter xeral de 10 anos por normativa de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo. Transcorrido o devandito prazo, serán destruídos. A base legal do devandito tratamento é a execución do expediente de testamentaría. O responsable do tratamento dos datos é Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. con domicilio social en Pr. San Nicolás, 4, 48005 Bilbao. O interesado poderá exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade perante o Servizo de Atención ao Cliente, Grupo BBVA, apdo. de Correos 1598 - 28080 Madrid, no correo electrónico [email protected] ou en calquera das oficinas de BBVA. Será necesario acompañar á solicitude unha copia do DNI ou documento equivalente acreditativo da identidade. Ademais, o interesado pode contactar co Delegado de Protección de Datos de BBVA no enderezo [email protected] e, en calquera caso, presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Para poder tramitar adecuadamente a Testamentaría BBVA ten contratada a prestación de certos servizos con outras empresas, que poderán acceder por conta de BBVA aos datos persoais do interesado exclusivamente para prestar os devanditos servizos (servizos de “back-office”, servizos administrativos e outras actividades auxiliares dos servizos financeiros).

O interesado autoriza a BBVA a ceder a BBVASeguros, S.A. de Seguros y Reaseguros (“BBVASeguros”) os datos persoais recollidos na documentación achegada (os “Datos Persoais”) coa finalidade de tramitar os expedientes de sinistro de seguros, en caso de contratalos, utilizando este documento para solicitar a súa xestión sen custo adicional. A base legal do devandito tratamento é a execución do expediente de testamentaría. O responsable do tratamento dos Datos Persoais é BBVASEGUROS, S.A. de Seguros y Reaseguros, con domicilio social na rúa Gran Vía de Don Diego López de Haro 12, 48001 - Bilbao e con oficina principal na rúa Azul nº4, 28050 - Madrid. Enderezo de correo electrónico: [email protected]. Os Datos Persoais conservaranse durante a tramitación do expediente de sinistro e ata a súa conclusión. Concluído o expediente, BBVA SEGUROS manteraos bloqueados durante os prazos legais establecidos, con carácter xeral de 10 anos por normativa de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo. Transcorrido o devandito prazo, os Datos Persoais serán destruídos.

O interesado poderá exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade en: [email protected] ou por correo dirixido ao Departamento de Calidade de BBVA Seguros, r/Azul 4, 28050 - Madrid. Será necesario acompañar á solicitude unha copia do DNI ou documento equivalente acreditativo da identidade. Ademais, poderá contactar co Delegado de Protección de Datos do Grupo BBVA no enderezo [email protected] e, en calquera caso, presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). A información ampliada da Política de Protección de Datos de BBVA Seguros pódese consultar na seguinte ligazón: www.bbvaseguros.com.

Esta comisión por tramitación de expediente de testamentaría xustifícase polo servizo prestado pola

entidade, consistente na análise da documentación achegada polos interesados na herdanza, á que se fai

referencia anteriormente, a fin de acreditar a súa condición de herdeiros, en orde a xustificar o seu dereito

á adxudicación concreta dos bens depositados na entidade e o cumprimento das súas obrigas fiscais.

As transferencias ordinarias a contas doutra entidade terán unha comisión por operación do 0,40% cun

mínimo de 4,00 €. A transmisión de valores a outras entidades terá unha comisión do 0,35% cun máximo

de 600 € por cada clase de valor. Sobre as tarifas recollidas neste parágrafo cargaranse os impostos

correspondentes. Pode consultar o resto de tarifas en www.bbva.es

En , a , de , de 20

Asdo:

DNI:

Page 14: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

Servizo de Testamentarías

Solicitude certi� cados de posicións

Page 15: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

15

Nome e apelidos do falecido:

NIF: Data de falecemento:

Para recibir información sobre a tramitación desta testamentaría os meus datos son

(recomendamos como mellor canle de comunicación o correo electrónico):

Correo electrónico:

Teléfono móbil:

Enderezo Postal:

Quen subscribe (en adiante, o/s interesado/s) comunícalle a Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. (en

adiante, BBVA) o falecemento do cliente da referencia e para os efectos de acreditar este, entrega neste

acto certificado de defunción expedido polo Rexistro Civil. SÍ NON

BBVA dará por falecido ao cliente coa entrega do devandito certificado de defunción.

Manifestando ter un interese lexítimo na sucesión do falecido, o interesado solicita a emisión a BBVA

dun certificado das posicións que o falecido mantiña en BBVA ou noutras sociedades do Grupo BBVA,

autorizando a BBVA á entrega deste documento ás devanditas sociedades que individualmente

expedirán os certificados.

Para poder retirar o certificado de posicións será preciso que o interesado acredite a súa condición de

chamado á herdanza mediante a presentación dos seguintes documentos:

• Certificado literal de defunción expedido polo Rexistro Civil.

• Certificado do Rexistro Central de Actos de Derradeiras Vontades..

• Testamento (copia autorizada) ou no seu defecto acta de notoriedade de declaración de herdeiros

abintestato.

A necesidade e detalle destes documentos explícanse na Guía de Documentación que se lle entregou.

No caso de herdeiros forzosos (fillos ou cónxuxe) para poder retirar o certificado de posicións,

unicamente será preciso que presenten os seguintes documentos:

• Certificado literal de defunción expedido polo Rexistro Civil.

• Libro de Familia.

Pola emisión do certificado de posicións non se cobrará ningunha comisión.

En , a , de , de 20

Asdo:

DNI:

Page 16: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

16

Os datos persoais facilitados polo interesado, de cuxa veracidade e actualización se responsabiliza, incorporaranse a ficheiros de BBVA exclusivamente para a xestión da Testamentaría á que se refire este documento e para dar información sobre o resultado das xestións realizadas a través das canles facilitadas, e conservaranse durante a tramitación do expediente de testamentaría e ata a súa conclusión. Concluído o expediente, BBVA manterá os datos persoais bloqueados durante os prazos legais establecidos, con carácter xeral de 10 anos por normativa de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo. Transcorrido o devandito prazo, serán destruídos. A base legal do devandito tratamento é a execución do expediente de testamentaría. O responsable do tratamento dos datos é Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. con domicilio social en Pr. San Nicolás, 4, 48005 Bilbao. O interesado poderá exercitar gratuitamente os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade perante o Servizo de Atención ao Cliente, Grupo BBVA, Apartado de Correos 1598, 28080, Madrid no correo electrónico [email protected] ou en calquera das oficinas oficinas de BBVA. Será necesario acompañar á solicitude unha copia do DNI ou documento equivalente acreditativo da identidade. Ademais, o interesado pode contactar co Delegado de Protección de Datos de BBVA no enderezo [email protected] e, en calquera caso, presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Para poder tramitar adecuadamente a Testamentaría BBVA ten contratada a prestación de determinados servizos con outras empresas, que poderán acceder por conta de BBVA aos datos persoais do interesado exclusivamente para prestar os devanditos servizos (servizos de “back-office”, servizos administrativos e outras actividades auxiliares dos servizos financeiros).

Page 17: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

Servizo de Testamentarías

Anexos

A continuación, incluímos varios modelos de referencia, que vostede mesmo deberá redactar e facilitarlle ao Banco en caso de atoparse nalgunha das situacións contempladas neles.

Page 18: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

18

MODELO DE DOCUMENTO DE PARTICIÓN PRIVADA CON CÓNXUXE(SUPOSTO DE CAUSANTE QUE FALECE CASADO)

Reunidos en , a (data) , os herdeiros e o cónxuxe viúvo

de D./D.ª , falecido/a en (data) :

D./D.ª , con NIF

D./D.ª , con NIF

D./D.ª , con NIF

D./D.ª , con NIF

D./D.ª , con NIF

Acordan o reparto dos seguintes bens, depositados en BBVA (indicando a % de titularidade que se reparte

en cada caso):

Bens gananciais:

1) .......................................................................................................

2) .......................................................................................................

3) .......................................................................................................

4) .......................................................................................................

Bens privativos (no seu caso):

1) .......................................................................................................

2) .......................................................................................................

Do seguinte xeito:

(indicando para cada persoa a % dos saldos actuais das contas e depósitos, o nº concreto de accións e

o nº concreto de participacións dos fondos de investimento; así mesmo, indicarase se o reparto o é en

PLENO DOMINIO/USUFRUTO/NÚA PROPIEDADE, agás para contas que ten que ser en PLENO DOMINIO)

O seu cónxuxe viúvo , EN PAGAMENTO DA SÚA METADE DE GANANCIAIS, adxudícase

, E EN PAGAMENTO DOS SEUS DEREITOS HEREDITARIOS, adxudícase .

A D./D.ª , adxudícaselle

A D./D.ª , adxudícaselle

A D./D.ª , adxudícaselle

A D./D.ª , adxudícaselle

A D./D.ª , adxudícaselle

Data:

Sinatura de todos os interesados:

Page 19: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

19

MODELO DE DOCUMENTO DE PARTICIÓN PRIVADA SEN CÓNXUXE(SUPOSTO DE CAUSANTE QUE FALECE SEN CÓNXUXE)

Reunidos en , a (data) , os herdeiros

de D./D.ª , falecido/a en (data) :

D./D.ª , con NIF

D./D.ª , con NIF

D./D.ª , con NIF

D./D.ª , con NIF

D./D.ª , con NIF

Acordan o reparto dos seguintes bens, depositados en BBVA a nome do causante:

1) .......................................................................................................

2) .......................................................................................................

3) .......................................................................................................

4) .......................................................................................................

Do seguinte xeito:

(indicando para cada persoa a % dos saldos actuais das contas e depósitos, o nº concreto de accións e

o nº concreto de participacións dos fondos de investimento; así mesmo, indicarase se o reparto o é en

PLENO DOMINIO/USUFRUTO/NÚA PROPIEDADE, agás para contas que ten que ser en PLENO DOMINIO)

A D./D.ª , adxudícaselle

A D./D.ª , adxudícaselle

A D./D.ª , adxudícaselle

A D./D.ª , adxudícaselle

A D./D.ª , adxudícaselle

Data:

Sinatura de todos os interesados:

Page 20: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

20

RUPTURA DE PROINDIVISO:

Referencia: Testamentaría de

Con relación á testamentaría de referencia, indicámoslles:

No documento de partición da herdanza con data os bens (indicar que bens se non son

todos) adxudicáronselles en proindiviso, é dicir, de forma conxunta aos aquí asinantes.

Non obstante, é o noso desexo exercitar neste escrito a acción de división, polo que solicitamos ao Banco

o depósito dos bens de forma individual a cada un, mantendo a mesma proporción de titularidade que a

sinalada no indicado documento particional.

Data:

Sinatura:

Page 21: Servizo de Testamentarías Guía de axuda aos herdeiros · dividendos, etc.). O nu propietario conserva a titularidade dos saldos, pero non percibe os seus froitos e rendas. Para

21

REALIZACIÓN DO USUFRUTO DE METÁLICO:

NON É POSIBLE CONTRATAR CONTAS CORRENTES DE METÁLICO (DIÑEIRO) CUN USUFRUTO SOBRE

ESTAS. Así, non se pode establecer un usufruto dunha conta corrente a favor do cónxuxe.

Así, todos os interesados (herdeiros, cónxuxe e, no seu caso, legatarios) -os nus propietarios e o/a

usufrutuario/a-, deben recoller no documento privado de partición datado e asinado o metálico que cada

un se adxudique en propiedade.

A esta mesma Guía achéganse modelos de documentos privados de partición e adxudicación de bens.