secretario: manuel vilar Álvarez n xullo 2016 o museo, … xullo.pdf · e aturuxos de lugo. a...

4
históricos como a primeira gravación do Himno galego, a cargo do Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo. A través dos dez espazos, o público pode achegarse á orixe do movemento e á súa evolución, desde a acción centrada en primeiro lugar na normalización do idio- ma até a intervención política e os seus principais protagonistas, o pulo literario, científico e artístico, a importancia dos medios de comunicación, coa edición de A Nosa Terra e outras cabeceiras... Un apartado destacado é tamén a parti- cipación das mulleres nas Irmandades da Fala, que apostaron desde o primeiro mo- mento pola “igualdade absoluta, política e civil da muller e do home”. A exposición pódese ver até o 4 de agosto, no horario de apertura do Museo: de mar- tes a sábado de 10h30 a 14h e de 16h a 19h30, e os domingos e festivos de 11h a 14h. Despois realizará un percorrido polas principais cidades galegas e vilas da pro- vincia da Coruña. xullo 2016 P.D. tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.gal n correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño n Secretario: Manuel Vilar Álvarez Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz, Manuel Rial Santos Administración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores O Museo, co centenario das Irmandades da Fala Saúde e Terra irmá(n)s! Co son das cordas fretadas dun violín de Manuel Quiroga a exposición Saúde e Terra irmá(n)s! abría as súas portas o 6 de xullo. Froito dunha colaboración entre o Museo do Pobo Galego, a Real Acade- mia Galega e a Deputación da Coruña, alén doutras institucións que prestaron axuda, a mostra lévanos ao momento da creación das Irmandades da Fala. Cen anos atrás, vividos desde un presente no que se pode entender mellor a influencia e pegada que estes colectivos deixaron na historia do país. Saúde e Terra irmá(n)s! é unha exposición para ver, comprender e, tamén, escoitar. O relato expositivo está construído desde unha peza audiovisual introdutoria até a sala principal onde se reparten dez es- pazos diferenciados con publicacións, documentos, imaxes, obxectos e grava- cións musicais e de voces de persoeiros da época. A exposición xunta unhas 130 pezas, documentos orixinais e primeiras edicións emprestadas para a ocasión por máis dunha trintena de institucións e co- leccións particulares. Entre as pezas in- tegradas nas cabinas, figuran obxectos persoais como as lentes de Vicente Risco e de Ramón Cabanillas, os carnés das Ir- mandades da Fala de Ramón Villar Ponte e Antonia Pardo; o manuscrito autógrafo de Arredor de si, de Otero Pedrayo, outro texto manuscrito do programa da I Asem- blea Nacionalista ou a carta-nota ao go- bernador civil que anuncia que a Irmanda- de da Fala se converterá no Partido Gale- guista. Tamén se poderán escoitar sons (foto: Iolanda Fernández Casal) xullo 1

Upload: trinhanh

Post on 19-Sep-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xullo 2016 O Museo, … xullo.pdf · e Aturuxos de Lugo. A través dos dez espazos, o público pode achegarse á orixe do movemento e á súa evolución,

históricos como a primeira gravación do Himno galego, a cargo do Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo. A través dos dez espazos, o público pode achegarse á orixe do movemento e á súa evolución, desde a acción centrada en primeiro lugar na normalización do idio-ma até a intervención política e os seus principais protagonistas, o pulo literario, científico e artístico, a importancia dos medios de comunicación, coa edición de A Nosa Terra e outras cabeceiras...

Un apartado destacado é tamén a parti-cipación das mulleres nas Irmandades da Fala, que apostaron desde o primeiro mo-mento pola “igualdade absoluta, política e civil da muller e do home”. A exposición pódese ver até o 4 de agosto, no horario de apertura do Museo: de mar-tes a sábado de 10h30 a 14h e de 16h a 19h30, e os domingos e festivos de 11h a 14h. Despois realizará un percorrido polas principais cidades galegas e vilas da pro-vincia da Coruña.

xullo 2016

P.D.

tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.gal n correo electrónico: [email protected]: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño n Secretario: Manuel Vilar ÁlvarezRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz, Manuel Rial SantosAdministración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores

O Museo, co centenario das Irmandades da FalaSaúde e Terra irmá(n)s!Co son das cordas fretadas dun violín de Manuel Quiroga a exposición Saúde e Terra irmá(n)s! abría as súas portas o 6 de xullo. Froito dunha colaboración entre o Museo do Pobo Galego, a Real Acade-mia Galega e a Deputación da Coruña, alén doutras institucións que prestaron axuda, a mostra lévanos ao momento da creación das Irmandades da Fala. Cen anos atrás, vividos desde un presente no que se pode entender mellor a influencia e pegada que estes colectivos deixaron na historia do país.

Saúde e Terra irmá(n)s! é unha exposición para ver, comprender e, tamén, escoitar. O relato expositivo está construído desde unha peza audiovisual introdutoria até a sala principal onde se reparten dez es-pazos diferenciados con publicacións, documentos, imaxes, obxectos e grava-cións musicais e de voces de persoeiros da época. A exposición xunta unhas 130 pezas, documentos orixinais e primeiras edicións emprestadas para a ocasión por máis dunha trintena de institucións e co-leccións particulares. Entre as pezas in-tegradas nas cabinas, figuran obxectos persoais como as lentes de Vicente Risco e de Ramón Cabanillas, os carnés das Ir-mandades da Fala de Ramón Villar Ponte e Antonia Pardo; o manuscrito autógrafo de Arredor de si, de Otero Pedrayo, outro texto manuscrito do programa da I Asem-blea Nacionalista ou a carta-nota ao go-bernador civil que anuncia que a Irmanda-de da Fala se converterá no Partido Gale-guista. Tamén se poderán escoitar sons

(foto: Iolanda Fernández Casal)

xullo 1

Page 2: Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xullo 2016 O Museo, … xullo.pdf · e Aturuxos de Lugo. A través dos dez espazos, o público pode achegarse á orixe do movemento e á súa evolución,

SIMPOSIO PENSAR GALICIA: AS IRMANDADES DA FALA>> Programa

Xoves 17 de novembro

Mañá

SESIÓN I. IDEOLOXÍAS E PROGRAMAS· Coordinador:

Uxío Breogán Diéguez Cequiel· Relator: Justo Beramendi · Comunicacións: Ana Acuña Trabazo, Irmandades da Fala e construción ideolóxica: vías alternativas e secretasMaría Xosé Agra Romero e Mariam Mariño Costales, A Fraternidade nas Irmandades da Fala 1916-1922.Xesús Blanco Echauri, Vindicación de Ramón Vilar Ponte: Sementeira da Filosofía Política na Galiza. Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Polonia no horizonte das Irmandades da FalaXosé Ramón Quintana Garrido, Facer do lirismo historia: o pensamento conservador de Ramón Otero Pedrayo.Francisco Rodríguez, As Irmandades da Fala e o agrarismoOlivia Rodríguez González, Irmandades e construción ideolóxica: diálogo entre Antón Losada Diéguez e Vicente RiscoFrancisco Sampedro, Un divídese en dous

SESIÓN II. ORGANIZACIÓN E ACCIÓN POLÍTICA· Coordinadora: Ana Acuña Trabazo· Relator: Xosé Carlos Garrido Couceiro· Comunicacións:Ramón Ermida, 40 nomes para un centenario. Militantes das Irmandades asasinados polo franquismo.Adela Figueroa Panisse e Araceli Herrero Figueroa, Salvador Mosteiro: un médico ao serviço da Lingua.Xosé Carlos Garrido Couceiro, As eleccións do 18 na Estrada: do local ao nacional. Emilio Insua, A travesía do deserto das Irmandades da Fala baixo a ditadura primorriverista (1923-1930).Xurxo Martínez González, Ramón Villar Ponte. A memoria das Irmandades na posguerra. Carlos Nuevo Cal, Os Vilar Ponte e a Irmandade de Viveiro. Xosé L. Pastoriza Rozas, Ramiro Isla Couto: pioneiro do nacionalismo alén marDionisio Pereira e Eliseo Fernández, Nacionalismo e anarquismo na Galiza: encontros e desencontros entre liberación nacional, internacionalismo e revolución social.

Tarde

SESIÓN III. LINGUA, LITERATURA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN· Coordinadora:

Carme Fernández Pérez-Sanjulián · Relatora: Laura Tato,· Comunicacións: Francisco Fernández Rei, O galego literario na época das Irmandades da Fala (1916-1931). Xosé Ramón Freixeiro Mato, As Irmandades da Fala e Noriega Varela: dous modelos de lingua en confronto.Xosé Manuel Sánchez Rei, A Gramática do idioma galego de Lugrís Freire no contexto sociocultural das Irmandades da Fala.Laura Tato, As Irmandades e o teatro: un proxecto de renovación. SESIÓN IV. ECONOMÍA E SOCIEDADE· Coordinador: Justo Beramendi· Relator: Manuel Roca Cendán · Comunicacións: Miguel Cabo, As Irmandades perante o agrarismo: expectativas e realidades.

Venres 18 de novembro

Mañá

SESIÓN V. A CUESTIÓN DE XÉNERO NAS IRMANDADES DA FALA· Coordinadora:

Carme Fernández-Pérez Sanjulián · Relatora: Pilar García Negro· Comunicacións:Ana Cebreiros Iglesias, A muller na época das Irmandades da Fala. Unha aproximación ao caso galego.Aurora MarcoEncarna Otero Cepeda, Irmás, mulleres e feministas, pioneiras galegas nas Irmandades da Fala.

SESIÓN VI. CIENCIAS· Coordinador: Alfonso Mato· Relator: Xosé Manuel González

Reboredo · Comunicacións: Francisco Calo Lourido e Teresa Soeiro, En demanda das raíces: a arqueoloxía do noroeste peninsular nas primeiras décadas do século XX.Uxío-Breogán Diéguez e Xosé Manuel Malheiro, As Irmandades da Fala, o ensino novo e o estudo e apredizaxe das Ciencias Sociais.Xosé A. Fraga, As Irmandades da Fala e a incorporación do galego no mundo da cultura científica: o papel do Seminario de Estudos Galegos. Xosé Manuel González Reboredo, Entre a herdanza do pasado e a renovación: a Etnografía e as Irmandades da FalaRubén Lois e Juan M. Trillo, O fundamento de Galicia como territorio nacional: a labor do Seminario de Estudos Galegos e a figura de Ramón Otero Pedrayo.

Tarde

SESIÓN VII. ARTES PLÁSTICAS E MÚSICA· Coordinadora: Mercedes Rozas · Relatora: Mª Victoria Carballo-Calero (A)· Comunicacións: Pepe Barro, As formas da patria. Castelao e Camilo Díaz na creación do universo simbólico das Irmandades da Fala.Carlos L. Bernárdez, A paisaxe das Irmandades. A obra pictórica de Imeldo Corral como exemplo. Luis Costa Vázquez, As Irmandades fronte á música. Dúas décadas clave na construción dun ideario estético.Moncho “d’Orzan”, Os coros galegos no idearium das Irmandades da Fala. O caso de Cántigas da Terra.María Antonia Pérez, As Irmandades da Fala e a arte.María Esther Rodríguez Losada, Carlos Maside, as Irmandades da Fala e a Arte NovaMiguel Anxo Seixas, Nós para elesMargarita Viso Soto, A música nas Irmandades

SESIÓN VIII. RELACIÓNS EXTERIORES· Coordinador: Elías Torres Feijoo (A)· Relator: Xosé Estévez, A revoltas coa

Triple Alianza de 1923. · Comunicacións: Alberto Allegue Leira, As Irmandades da Fala e a Liga GaélicaCarlos Biscainho-Fernandes, Relações teatrais das Irmandades com Portugal e com IrlandaXosé Estévez, A revoltas coa Triple Alianza de 1923. Luis Martínez-Risco Daviña e Paulo Samuel, Matrizes literárias no diálogo Galiza-Portugal no início do séc. XX: a relação/diálogo entre “Irmandadas da Fala» - «Renascença Portuguesa». Carlos Pazos-Justo, Impacto da proliferação galeguista no imaginário lusoXavier Rodríguez Madriñán, Entre a empatía política e a afinidade cultural: recepción e acomodamento de Irlanda no primeiro nacionalismo galego, 1916-1923.

Sábado, 19 de novembro

Mañá

SESIÓN IX. ANÁLISE COMPARATIVA· Moderador: Uxío Breogán Diéguez· Mesa redonda:

Alejandro Quiroga (España), Jordi Casassas (Cataluña), Joseba Agirreazkuenaga (Euskadi) e Justo Beramendi (Galicia).

Información e inscricións: [email protected]

xullo 2

Page 3: Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xullo 2016 O Museo, … xullo.pdf · e Aturuxos de Lugo. A través dos dez espazos, o público pode achegarse á orixe do movemento e á súa evolución,

EXPOSICIÓNS

DEAC

>>

>>

Até domingo 4 de setembro

Durante os meses de verán o Museo do Pobo Galego acolle unha singular exposi-ción sobre a evolución dos programas de festas patronais durante un século de histo-ria. Os diferentes fondos que compoñen a Biblioteca do MPG nutren unha mostra que comeza no 1880 cun programa das festas de Santiago Apóstolo e termina nos moder-nos programas da década dos 80. Coa idea dunha exposición festiva, o claustro está en-galanado para a ocasión ademais de contar coa participación do gaiteiro Xurxo Martíns, traballador do Museo, que sorprenderá aos visitantes tocando unhas pezas.

A través de varias vitrinas pódese ver a evolución da curiosa publicación dos pro-gramas de festa, ademais da transforma-ción que van sufrindo as festas patronais en si mesmas. Desde uns comezos máis aristocráticos nas vilas, deseñados por Sociedades de Amigos, até as festas máis populares dirixidas polas comisións de fes-tas e concellos. Tamén das súas activida-des, desde os paseos de moda, cucañas, a chegada do fútbol e curiosos espectácu-los pirotécnicos, como a creación dun vol-cán artificial, pasando pola aparición das orquestras nos anos 50 até as verbenas máis actuais.

As publicacións mostradas son fontes documentais de grande valía, desde o deseño das capas, moitas veces obra de recoñecidos artistas, á colaboración de escritores con artigos literarios, históri-cos ou de enxalzamento do patrimonio cultural e natural da zona e acompaña-dos moitas veces de parte gráfica. Re-cíbese toda unha información que non é doada de atopar noutros sitios xa que nalgúns lugares é a única publicación que se edita.

A 11ª MICE Museo do Pobo Galego foi a primeira edición con certame internacional pero ademais, por primeiro ano saíu do espazo físico do Museo para contar coa colaboración do Salón Teatro e o Teatro Principal onde se proxectaron a maioría das películas a concurso. Isto supuxo un enorme esforzo e un intenso traballo para o Departamento de Educación e Acción Cultural, pero os resultados foron moi posi-tivos. A visibilidade da marca MICE Museo do Pobo Galego conseguiu notoriedade a través dos medios de comunicación e do alcance nas redes sociais, aumentando o recoñecemento tanto da Mostra, como do Museo. No “feedback” coas nosas au-diencias, acrecentouse a percepción de dinamismo e actualidade da institución.

O papel da festa

XI Mostra Internacional de Cine Etnográfico

O papel da festa é unha selección da colección do Museo, que supera os 350 exemplares. Cronoloxicamente abarcan desde 1880 até hoxe e xeograficamente percorren a xeografía galega, desde o Xurés á Mariña ou desde Costa da Morte ás Terras de Valdeorras.

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN

Prezadas amigas e amigos:Como vedes, a exposición bibliográfica que nestas páxinas presentamos foi po-sible grazas ás coleccións de Xaquín Lo-renzo, Xesús Taboada, Antonio Fraguas, Antón Rodríguez Fraiz, Manuel Beiras, Blanco Cicerón, Clodio González e outras achegas individuais de menor contía pero non por iso menos importantes.

Gustaríanos poder seguir ampliando esta colección, polo que se tedes ou sabedes como podemos conseguir programas ou

mesmo carteis, sobre todo das vilas máis pequenas, pedimos a vosa colaboración.

Os programas deberán ser anteriores a 1990 (para evitar duplicados podedes consultar o noso catálogo bibliográfico na páxina web) e para calquera consulta falar con Rosa Méndez, responsable da Biblioteca.

[email protected], ou 981-58-36-20

Próximas exposicións· Xurxo Oro Claro. Escultura.

En colaboración co Concello de Allariz. (setembro-outubro)

· Oficios entre lusco e fusco. Fotografías de Xosé Abad. Coprodución con Afundación. 8 setembro-30 outubro

E ademais transcendeuse o ámbito local, ao tratarse dun certame de alcance interna-cional no que se interactuou con festivais e realizacións foráneas e cos seus públicos. En canto aos premiados desta 11ª MICE, o xurado acordou por unanimidade outorgar o galardón á Mellor Película a Muros, de Pablo Iraburu e Migueltxo Molina Ayestarán dotado con 900 euros e trofeo. O Premio ao

Mellor Filme Galego a O tesouro de Cor-coesto, de Cora Peña dotado con 600 eu-ros e trofeo. Tamén houbo unha mención especial a Os días afogados, de Luis Avi-lés Baquero e César Souto Vilanova, pola súa calidade cinematográfica, por tratarse dunha historia moi presente na memoria das xentes do territorio e unha temática que transcende o local e o documental.

xullo 3

Page 4: Secretario: Manuel Vilar Álvarez n xullo 2016 O Museo, … xullo.pdf · e Aturuxos de Lugo. A través dos dez espazos, o público pode achegarse á orixe do movemento e á súa evolución,

Levan xa un ano operativas as contas de correo electrónico co dominio .gal. É importante substituír as antigas contas .com porque non nos chegan as mensaxes. Estes son os novos enderezos:

xullo 4

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego Colabora:San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.gal · correo-e: [email protected]

PATROCINADORESEngasa Energía de Galicia S.A.Fundación La RosaledaAluminios CortizoTeleves

SOCIOS PROTECTORESEduardo Beiras García-MartíFundación Rodríguez IglesiasI.X.P. Ternera GallegaO 16 Casa de Xantar

Progando S.L.Restaurante María CastañaRestaurante La Bodeguilla de San RoqueCoop. Agraria Provincial da Coruña

R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.Vitivinícola do Ribeiro – Viña CosteiraMadeiras OrnandaJ.J. Chicolino

Gadisa RetailFundación Juana de VegaAgacaFundación FeiracoEscenosetBodegas Terras Gauda

>> Contas de correo electrónico .gal [email protected]@[email protected]@museodopobo.gal

[email protected]@[email protected]@museodopobo.gal

[email protected]@[email protected]

OFICINA DE SOCIAS E SOCIOS

ESPAZO DOS PATROCINADORES E SOCIOS PROTECTORES

NOVAS CON NOME PROPIOUnha boa colleita de parabéns nos deixa este verán, que multiplica a satisfacción do colecti-vo do Museo do Pobo Galego.En primeiro lugar, o patrón Manuel Gallego Jorreto, galardoado coa Medalla de Ouro de Galicia 2016. Natural do Carballiño, foi unha das persoas que promoveu a fundación do Padroado do Museo do Pobo Galego. É dou-tor en Arquitectura e foi catedrático de proxec-tos e urbanismo na ETSA de A Coruña. Entre os numerosos recoñecementos que ten reci-bido pola súa relevante traxectoria profesio-nal, destacan o Premio Nacional de Arquitec-tura e a Medalla de Oro de la Arquitectura.O mesmo galardón recaeu no socio Basilio Losada Castro. Nado en Láncara, emigrou a Cataluña, onde creou o departamento de Galego e ostentou a cátedra de Filoloxía Ga-lega e Portuguesa na Universidade de Bar-celona. Autor de numerosos estudos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira, o seu labor valeulle a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña; a Comenda da Or-dem do Infante Dom Henrique, de Portugal; a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil, entre outras condecoracións e premios. En 2015 a Real Academia Galega nomeouno Académi-co de Honra.Por outra parte, a Medalla Castelao foi entre-gada a dous socios do Museo.Alfredo Conde Cid, ourensán de Allariz, mariño, profesor e, sobre todo, escritor. Foi conselleiro de Cultura no goberno bipartito, e presidiu a primeira etapa do PEN Club de

Teño un Museo é unha campaña dos e das socias para animar a outras persoas a formar parte desta comunidade. A campaña quere transmitir a idea de que o Museo do Pobo Galego é o Museo de to-dos e todas, unha entidade da que podemos apro-piarnos entrando a formar parte do colectivo das persoas socias do Museo. Ter un Museo é, neste caso, algo máis que unha metáfora, xa que cal-quera pode, efectivamente, ser socia da entidade posuíndo así un anaquiño desta.

Contando con persoas de todas as idades, pro-cedencias e intereses, a campaña baséase nas

Unha mención especial corresponde á socia Rosa García-Orellán, que vén de recibir a Andoriña de Prata da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, en mérito da traxectoria investigadora realizada entre Galicia e o País Vasco, nomeadamente no ámbito da pesca. Nacida no seo da comu-nidade galega de Pasaia (Donosti), García-Orellán, doutora en Antropoloxía pola UPV e profesora da Universidade Pública de Navarra, vén colaborando co Museo desde hai varios anos, e doou a documentación do seu traballo de campo para ser incorpo-rada aos fondos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI).

A galardoada fi xo entrega do premio recibi-do ao director do Museo do Pobo Galego, atención pola que lle expresamos a nosa gratitude, xunto cos parabéns polo ben me-recido recoñecemento.

imaxes de Tino Viz quen combina o retrato coa fotografía da peza da colección que a persoa esco-llera. No blog da campaña (museodopobogalego.tumblr.com), as fotografías compleméntanse cos textos de Arancha Estévez.

Teño un Museo comezou a súa andaina a través das redes sociais, pero a idea é que transcen-da estas. Neste sentido todas as socias e so-cios podemos participar, primeiramente co boca a boca, usando a campaña para captar novas incorporacións, pero tamén con calquera outra iniciativa coa que creades que a campaña pode aumentar a súa visibilidade.

Galicia. Autor dunha nutrida serie de títulos en galego e en castelán, traducidos a numero-sas linguas, recibiu galardóns tan relevantes como o premio da Crítica de narrativa galega, o premio Grinzane Cavour de Turín, o premio Blanco Amor, o premio Nacional de Narrativa e o premio Nadal, entre outros.Xerardo Estévez Fernández, compostelán e arquitecto, foi distinguido pola súa contribu-ción á conservación e transformación da súa cidade natal, da que foi alcalde desde 1983 ata 1998. Durante o seu mandato, Compos-tela foi incluída na lista do patrimonio mundial da Unesco; impulsou a refundación do Real Padroado de Santiago e a creación do Con-sorcio de Santiago, e a cidade obtivo un am-plo recoñecemento ao traballo urbanístico, como o Premio Europeo de Urbanismo en 1998. É fi llo predilecto e Medalla de Ouro de Santiago de Compostela.Asemade, reciba os nosos parabéns o pa-trón Clodio González Pérez, que vén de ser designado membro correspondente da Real Academia Galega. Natural de Cenlle, ensinante, historiador e etnógrafo, é membro do Padroado do MPG desde 1984. Obtivo o premio nacional de prensa do certame Arte-sanía, tradicións e costumes de España nos anos 1984, 1985, 1986 e 1987, o premio de investigación da Deputación de Pontevedra en 1987 e 1992, e o do concello de Celano-va - Deputación de Ourense en 2008, entre outros moitos recoñecementos ao seu incan-sable labor como publicista.

>> Teño un museo