santiago de compostela

42
SANTIAGO DE COMPOSTELA SANTIAGO DE COMPOSTELA A CATEDRAL A CATEDRAL

Upload: heladio-anxo-fernandez

Post on 24-May-2015

1.230 views

Category:

Spiritual


3 download

TRANSCRIPT

SANTIAGO DE COMPOSTELASANTIAGO DE COMPOSTELA

A CATEDRALA CATEDRAL

AS ORIXES: O ACHADO DO SEPULCRO DO APÓSTOLOAS ORIXES: O ACHADO DO SEPULCRO DO APÓSTOLO

Segundo a lenda, cara o ano 813, un ermitaño chamado Paio tivo unha revelación do lugar onde se atopaba o sepulcro do Apóstolo Santiago: preto da actual igrexa de San Fiz de Salovio.

Esta foi a orixe de Compostela, sobre un antigo asentamento castexo e romano. O Apóstolo converteuse no símbolo unificador da loita dos reinos cristiáns contra os musulmáns, transformándose nun guerreiro, e Compostela será o principal centro espiritual do reino astur-leonés.

Igrexa de San Fiz de Solobio

Teodomiro, bispo de Iria, descubre o sepulcro de Santiago

Na Idade Media a devoción aos santos e as súas reliquias adquire unha importancia moi grande. Santiago vaise converter nun centro de peregrinaxe cristiá de categoría similar a Roma e Xerusalén.

A partir do ano 950, coa chegada do primeiro peregrino documentado (o bispo francés Godescalco de Puy), o Camiño é xa unha realidade con varias rutas que se irán consolidando nos séculos seguintes.

O ESPLENDOR MEDIEVAL: O CAMIÑOO ESPLENDOR MEDIEVAL: O CAMIÑO

Monte do Gozo: Monumento aos peregrinos

O ESPLENDOR MEDIEVAL: O CÓDICE CALIXTINO E O ANO O ESPLENDOR MEDIEVAL: O CÓDICE CALIXTINO E O ANO SANTOSANTO

O Códice Calixtino (1139) é unha recopilación de textos en latín relativos á peregrinación a Santiago. O libro V deste Códice, titulado Guía do Peregrino de Santiago, atribuído a Aymeri Picaud, monxe francés, coengo da catedral de Santiago, está considerado a primeira guía turística do mundo.

Picaud fixo unha descrición detallada do Camiño Francés, dividido en trece etapas na Península, duns 35 quilómetros diarios a pé.

Neste anos os Papas Calixto II e Alexandre III institúen o Ano Santo Xacobeo coa outorgación da graza do xubileu.

Arredor do sepulcro fóronse levantando igrexas e outras edificacións relixiosas. A cidade foi medrando, aumentando o seu perímetro amurallado. Despois de que Almanzor devastara a urbe no ano 997, construiuse unha nova fortificación (cerca) que xa sinala o perímetro do actual centro histórico.

No ano 1075 comezou a construción da gran catedral románica. En 1099 accedeu ao episcopado Diego Xelmírez, o grande impulsor da cidade. No 1188 o mestre Mateo rematou unha obra mestra: o Pórtico da Gloria. Nos séculos seguintes instaláronse nas portas da cidade as ordes mendicantes: conventos e mosteiros coma os de San Francisco, Santo Domingo, Santa Clara ou Belvís.

Compostela tamén foi un centro comercial e artesanal, como amosan os nomes gremiais de rúas como a da Caldeirería, Moeda Vella, Acibechería ou Concheiros.

O ESPLENDOR MEDIEVAL: A CIDADEO ESPLENDOR MEDIEVAL: A CIDADE

A familia dos Fonseca controlou a mitra compostelá a finais da Idade Media. Tres membros desa familia foron arcebispos.

En 1495 fundouse o Colexio de Estudantes Pobres, xerme da actual Universidade, fundada por Alonso de Fonseca III no 1525, que lle vai engadir un carácter estudiantil á cidade.

O ESPLENDOR MEDIEVAL: A UNIVERSIDADEO ESPLENDOR MEDIEVAL: A UNIVERSIDADE

Claustro do Palacio dos Fonseca e Colexio de San Xerome (antigo Estudo Vello)

Co novo espítrito relixioso do Renacemento a peregrinación entrou en decadencia ata o século XVIII, volvendo a decaer no XIX.

No século XVI construiuse o Hospital Real (Hostal dos Reis Católicos) e outros edificios civís e relixiosos, arredor da Catedral.

Os séculos XVII e XVIII son os do barroco compostelán, coa transformación do exterior da Catedral e a ampliación doutros grandes edificios como o Mosteiro de San Martiño Pinario.

No s. XVIII o Pazo de Raxoi, iniciado no 1767, vai pechar a Praza do Obradoiro.

A IDADE MODERNA: A COMPOSTELA BARROCAA IDADE MODERNA: A COMPOSTELA BARROCA

Escaleira triple de caracol do Mosteiro de Bonaval, de Domingo de Andrade Portada do Mosteiro de San Martiño

No século XIX construíronse o Mercado de Abastos e o parque da Alameda. As murallas derrubáronse, quedando hoxe en día en pé só a Porta de Mazarelos.

No século XX destacou a construción do Campos Sur arredor da Residencia de Estudantes. Ao mesmo tempo vanse trazando de xeito desordenado as rúas do Ensanche nos anos 60 e 70, con edificios amoreados e, en xeral, de mala calidade. No ano 1980 Santiago converteuse en capital da Comunidade Autónoma de Galicia, o que supuxo un novo pulo urbanístico.

A IDADE CONTEMPORÁNEA: A EXPANSIÓN FÓRA DAS A IDADE CONTEMPORÁNEA: A EXPANSIÓN FÓRA DAS MURALLASMURALLAS

Nas últimas décadas, impulsado polas campañas turísticas vinculadas aos Anos Santos, a peregrinación ten collido un novo auxe.

Nos último anos o urbanismo de Santiago tense centrado no xurdimento de novos barrios trazados cun maior rigor urbanístico (Fontiñas), a ampliación das zonas verdes (Parque de Belvís ou Eugenio Granell) e a construción de edificios singulares deseñados por arquitectos de prestixio internacional: Auditorio de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Facultade de Xornalismo, reordenación da avenida Xoán XXIII, Biblioteca Anxo Casal, Palacio de Congresos e a polémica Cidade da Cutura, aínda sen rematar.

A CIDADE ACTUALA CIDADE ACTUAL

A CATEDRALA CATEDRAL

A CATEDRALA CATEDRAL

A CATEDRALA CATEDRAL

Praza do Obradoiro

Hostal dos Reis Católicos

Pazo de Raxoi

Claustro da Catedral

Praza da Quintana

Praza de Praterías

Convento de San Paio

Acibechería

Mosteiro de San Martiño Pinario

A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)

O interior da catedral é a estrutura do edificio son unha cume do estilo románico. A planta é de cruz latina con tres naves tanto no corpo coma no transepto. As naves laterais rodean o altar (deambulatorio ou xirola) para facilitar a visita das reliquias. Na cabeceira ou ábsida ábrense cinco capelas.

A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)

O alzado parte de grosos piares cruciformes unidos por arcos de medio punto, con catro columnas adosadas que parten de cada lado do piar. A nave central cúbrese cunha bóveda de canón e as naves laterais con bóvedas de aresta. O espazo onde se cruzan os dous brazos cúbrese cunha torre chamada ciborio. Por riba das naves laterais corre unha tribuna ou triforio.

Bóveda de canón

Bóveda de aresta

Piares

Arcos de medio punto

Ciborio

Triforio

Deambulotorio

A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)

A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍASA CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS

A Fachada das Praterías é a única que se conserva das primitivas románicas. Sufriu grandes estragos e reformas o que fai que non haxa un único programa iconográfico.

A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍASA CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS

No tímpano da esquerda do que mira aparece a figura de Cristocon anxos, tentado por un fato de demos e a muller adúltera coa caveira no colo, que tamén se ten interpretado como Eva , símbolo do pecado.

A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍASA CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS

No tímpano da dereita desenvólvese o tema da Paixón de Cristo organizado en dúas seccións. Na sección inferior plásmase o Prendemento, Cristo atado á columna e azoutado, a coroación de espiñas e o milagre da curación do cego.

Na parte superior só se conservan restos dunha Epifanía.

A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍASA CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS

No friso destacan as imaxes do Salvador e Abraham, aparecendo tamén santos, Adán e Eva, apóstolos, signos do zodiaco…

A CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍASA CATEDRAL: O ROMÁNICO (1075-1122)- PRATERÍAS

No lateral esquerdo vemos un Pantocrátor, a creación de Adán e o rei David tocando unha fíbula, a figura máis célebre do pórtico.

No muro dereito outro Pantocrátor e a creación de Eva.

A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIAA CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA

Cara o 1170 construíuse a cripta da catedral (Catedral Vella), sobre a que se sitúa o Pórtico da Gloria, a obra cume da arte galega, obra do Mestre Mateo. A súa iconografía xira en torno ao tema do Xuízo Final e as figuras van gañando un carácter más naturalista e expresivo. Todo o conxunto estaba orixinalmente pintado.

A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIAA CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA

O tímpano está presidido pola imaxe do Salvador flanqueado polos catro evanxelistas (tetramorfos). Acompañan a Cristo oito anxos portando os instrumentos da Paixón. Na parte superior do tímpano agrúpanse as pequenas figuras dos benaventurados.

A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIAA CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA

Na arquivolta central represéntanse os 24 anciáns da Apocalipse tocando os instrumentos musicais.

No parteluz destaca a imaxe de Santiago con nimbo de ouro. Debaixo aparece a a árbore de Xessé, símbolo da xenealoxía da Virxe, coroado pola Trindade. Na parte inferior polo reverso, mirando cara o altar figura a imaxe do metre Mateo (o santo dos croques).

A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIAA CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA

No piar esquerdo figuran o profetas, destacando a figura de Daniel, co seu expresivo sorriso, a máis célebre do Pórtico.

No piar dereito, catro apóstolos.

A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIAA CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PÓRTICO DA GLORIA

No arco esquerdo aparecen Adán e Eva e outras e outras figuras do Antigo Testamento.

No arco dereito dispóñense distintas imaxes no sentido das arquivoltas. Á esquerda os xustos e á dereita os pecadores.

Na intersección dos arcos laterais co central represéntanse os anxos que levan as almas dos benaventurados ao Paraíso.

A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O CIBORIOA CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O CIBORIO

Construiuse sobre un tambor ortogonal e péchase cunha cúpula na que se abren ventás, facendo do cruceiro a zona mellor iluminada do templo.

Baixo o ciborio dispúxose a estrutura que acciona o botafumeiro

A CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PAZO DE XELMÍREZA CATEDRAL: O GÓTICO (1170-1480)- O PAZO DE XELMÍREZ

Edificado ao norte da catedral co que antes estaba comunicado. O primeiro andar (salón e cociña) é románico mentres que o segundo (comedor) é gótico.

O comedor destaca pola decoración das ménsulas con escenas alusivas aos banquetes que alí se celebraban.

A CATEDRAL: O RENACEMENTO (S. XVI)A CATEDRAL: O RENACEMENTO (S. XVI)

No século XVI erguéronse o claustro e a escalinata do Obradoiro. O claustro ten un só piso con arcos de medio punto e serviu de enterramento. Nos ángulos do sur destacan as dúas torres-pirámides de inspiración azteca.

A nova escaleira salva o desnivel coa praza e está decorada con esculturas.

A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- A BERENGUELAA CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- A BERENGUELA

Nestes séculos Santiago vive unha nova expansión construtiva. Unha das obras principais deste período é a Torre do Reloxo, chamada a Berenguela en alusión ao bispo Berenguel de Landoira que mandou construír o primeiro corpo no s. XIV.

É obra do gran arquitecto Domingo de Andrade que lle engadiu varios corpos cada vez de menor superficie, potenciando o efecto de verticalidade. Toda a torre está decorada con profusión e acolle a campá, unha das de máis sona do mundo.

A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- A PORTA SANTA E O A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- A PORTA SANTA E O PÓRTICO REALPÓRTICO REAL

No Pórtico Real da Quintana, tamén obra de Andrade, predomina a horizontalidade fronte á verticalidade da torre.

A Porta Santa (só se abre nos anos santos) destaca pola súa ornamentación escultórica, con figuras procedentes do antigo coro pétreo do mestre Mateo, presididas pola estatua barroca do Apóstolo Santiago, flanqueada polos seus discípulos.

A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- FACHADA DO A CATEDRAL: O BARROCO (S. XVII-XVIII)- FACHADA DO OBRADOIROOBRADOIRO

Está formada por dúas torres, a fachada central e un soporte horizontal. As torres teñen un forte efecto ascensional (74 m) e son coñecidas coma a das Campás e a da Carraca.

A fachada é obra do gran arquitecto Casas Novoa. Feita entre as torres acentúa a verticalidade con liñas verticais. Conta con dúas grandes ventás que iluminan o templo. Todo o conxunto está presidido por Santiago peregrino.

A CATEDRAL: O SEPULCRO DO APÓSTOLOA CATEDRAL: O SEPULCRO DO APÓSTOLO

En 1869, unhas excavacións redescubriron as reliquias do Apóstolo, ocultas desde o século XVI por medo ao pirata Drake. Construiuse entón o recinto que acolle o sepulcro e realizouse a furna funeraria de prata sobre un pedestal de bronce.

A CATEDRAL: OS TELLADOSA CATEDRAL: OS TELLADOS

A CATEDRAL: OS TELLADOSA CATEDRAL: OS TELLADOS

A CATEDRAL: OS TELLADOSA CATEDRAL: OS TELLADOS

A CATEDRAL: OS TELLADOSA CATEDRAL: OS TELLADOS

A CATEDRAL: OS TELLADOSA CATEDRAL: OS TELLADOS

A CATEDRAL: OS TELLADOSA CATEDRAL: OS TELLADOS