saúda do presidente sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. as tres...

9

Upload: others

Post on 27-Sep-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno
Page 2: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno

Equipo EditorialXunta directiva da Federación de Profesionais e pequenos Empresarios Rias Baixas.

CoordinaciónMari Rodríguez

FotografíaFoto Vídeo Élite

Deseño e ImpresiónPublicolor Serigrafía

TextosAlba ..........

Depósito LegalC 2152-2016

Telf.: 981 ?????????

Patrocinado pola Direccion Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

3Saúda do Presidente

5Presentación da Asociación

6Concello de Ribadumia

7-8Asociación Ribadumia

9Concello de A Pobra

10-11Asociación A Pobra

13Concello de Vilanova

14-15Asociación Vilanova

Sumario

Ano

1 -

Núm

ero

1

-3-Arousa. Hai que vivila.

Sumario Manuel Tomé. Presidente da Federación Rías Baixas

En calidade de presidente da Asociación de Empresarios, Comerciantes y Trabajadores Autónomos de Puebla del Caramiñal, hai máis dun ano fun invitado pola Federación de Comerciantes e Empresarios Rías Baixas a unha reunión para abordar a incorporación da nosa asociación. Fixémolo por intereses comúns, directamente dirixidos a favorecer os nosos sectores: hostalería, comercio e turismo.

O proxecto pareceunos de gran interese, polo que aceptamos a incorporación. Tamén a responsabilidade de ser

presidente da Federación Rías Baixas, cargo que resulta sinxelo ocupar grazas á colaboración do presidente da Asociación de Vilanova de Arousa, Ramón Cardalda, e o directivo da Asociación de Ribadumia, Ramón Rodríguez.

Con este equipo de primeira división sairán adiante proxectos tan ambiciosos como, por citar un, a comunicación marítimo-turística, enlazando as comarcas de O Salnés e O Barbanza. Levaría o nome de “Rutas Turísticas Valle-Inclán”, en recoñecemento do ilustre poeta afincado en Vilanova de Arousa e A Pobra do Carmiñal.

Ambas inspiraron varias das súas obras literarias, como O Marqués de Bradomín, personaxe de ficción creado por Valle-Inclán que protagonizou algunhas das súas aventuras entre os dous pobos. Tanto Vilanova como A Pobra contan na actualidade con cadanseus museos dedicados ao escritor, de obrigada visita.

Quero agradecer o apoio da Xunta de Galicia e da Dirección Xeral de Comercio, que permitiu que esta revista saíse á luz. Tamén a todos os nosos colaboradores.

Moitas grazas.

Saúda do Presidente

Page 3: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno

-4- Arousa. Hai que vivila.

A Federación Rías Baixas ven tender unha ponte entre o comercio do sur e do norte da Ría de Arousa. Hai dous anos que Vilanova, A Pobra e Ribadumia deron o paso de unirse para constituír esta entidade, coa que

buscan conseguir unha maior visibilidade nun contexto no que os máis grandes teñen máis opcións de facerse ver.

O xermolo da Federación ten a marca da comarca de O Salnés.

As asociacións de comerciantes de Ribadumia, Vilanova, Meaño e o proxecto de asociación de A Illa de Arousa, iniciaron as conversas para constituíla. Con ela, buscaban facerse fortes no seu entorno.

O pequeno comercio das pequenas vilas:Federación de Comerciantes e Empresarios Rías Baixas.

-5-Arousa. Hai que vivila.

‘Se a asociación se fixo para unir os comerciantes e poder facer campañas máis fortes, xuntando asociacións poderá facerse máis forza’, reflexiona o seu tesoureiro Ramón Rodríguez, que ocupa o mesmo cargo na asociación ribadumiense. Tamén é optimista Manuel Tomé, presidente dos empresarios de A Pobra e, agora, presidente da Federación. “As perspectivas son boas”, asegura. “Eu agardo que consigamos os obxectivos que pretendemos: o crecemento e o desenvolvemento, facendo especial fincapé no turismo como elemento de unión”.

Deste xeito, quedaban unidos comercio, hostalería e pequenas empresas das dúas ribeiras da ría de Arousa.

A Federación Rías Baixas é un proxecto con vocación de continuidade, impulsado por empresarios e emprendedores afeitos a pelexar e mirar cara o futuro. Está aberto tamén a novas incorporacións, xerando sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual.

As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno comercio é un dos soportes dos seus tecidos económicos. Teñen ao seu favor o atractivo do seu entorno: paisaxes de mar e de montaña que atraen ao visitante, que atopa todos os servizos que puidera necesitar para vivir en Arousa unha experiencia completa.

Pero as dificultades económicas truncaron o proxecto inicial. Os comerciantes de Meaño víronse na obriga de suprimir a súa asociación. Os de A Illa foron incapaces de levantar a súa. Ribadumia e Vilanova seguiron adiante co plan, que finalmente deu o salto á comarca de O Barbanza: a Asociación de Empresarios, Comerciantes y Trabajadores Autónomos de

Puebla del Caramiñal, sumábase ao proxecto.

‘Sentamos un día a falar e xurdiu a idea. Queriamos seguir facendo cousas, se non quedas parado’, explica Ramón Cardalda, presidente de Vilanova Centro. Hoxe en día, a Federación Rías Baixas agrupa estas tres asociacións, pequenas pero de marcado carácter intersectorial.

Se a asociación se fixo para unir os comerciantes e poder facer campañas máis fortes, xuntando asociacións poderá facerse máis forza.

Page 4: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno

-6- Arousa. Hai que vivila.

Crecemento en pleno val do SalnésRibadumia tamén é paisaxe e patrimonio. A Ruta da Pedra e da Auga, históricos pazos ou os vestixios que deixaron os primeiros poboadores no xacemento do

Monte do Castro, son outro dos atractivos desta terra, que agora

En pleno corazón do val de O Salnés, aséntase o concello de Ribadumia, un dos máis pequenos da comarca.

A produción vitivinícola é o piar fundamental da súa economía, coa uva albariña como principal activo. Sen esquecer a caste do tinto de Barrantes, protagonista da festa máis importante do municipio.

Nos anos 80, Ribadumia comezou a rexistrar un crecemento que foi paralelo ao medre imparable do sector vitivinícola. A súa puxanza e prestixio multiplicaron as posibilidades do concello. Moitos veciños apostaron polo viño, e adegas e viñedos comezaron a ser un elemento fundamental na súa paisaxe e no seu tecido económico.

O éxito trouxo riqueza e prosperidade ao concello. No ano 2001, en Ribadumia había 264 empresas, que no 2014 xa eran 382. O seu casco urbano está salpicado dunha gran variedade de establecementos, con tendas de todo tipo, cafeterías, restaurantes que botan man da rica gastronomía da zona, hoteis… A día de hoxe, o comercio local cobre todas as necesidades dos veciños e visitantes, ofrecendo un servizo completo e profesionalizado, para adaptarse aos novos retos dun turismo cada vez máis esixente.

se une a Santiago a través da Variante Espiritual, nexo entre dúas rutas Xacobeas: o Camiño Portugués e a Ruta do Mar.

A día de hoxe, o comercio local cobre todas as necesidades dos veciós e visitantes, ofrecendo un servizo completo e profesionalizado.

Ribadumia

-7-Arousa. Hai que vivila.

RibadumiaQueremos que os veciños saiban que o que queren está en Ribadumia e non teñen que ir fóra a buscalo.

Agora é o responsable de representala no seo da Federación.

Actualmente, a Asociación de Comerciantes e Profesionais de Ribadumia conta con 22 socios: dende tendas de roupa a pequenas empresas

de construción, pasando por ópticas ou autoescolas. Unha variada listaxe que dá unha idea dos servizos que se poden atopar en Ribadumia.

- Cóntanos, Ramón. Por que naceu a Asociación de Comerciantes e Profesionais de Ribadumia?

- Constituímonos como asociación para ter unha unidade. Estamos convencidos de que unidos chamamos máis que estando separados. Ademais, permítenos facer campañas máis grandes e chamar un pouco a atención. Que a xente saiba que estamos aquí. Que os veciños saiban que o que queren está en Ribadumia, e que non teñen que ir fóra a buscalo.

- Neste labor de promoción, cales son as actividades ou campañas que realizades cada ano?

- Nestes momentos, co tema da crise, vímonos na obriga de reducir as nosas campañas, aínda que si mantemos algunhas actuacións que non poden faltar. Por exemplo, sempre facemos algo no Nadal. O ano pasado sorteamos unha cesta con produtos para a época. Ademais, colaboramos co concello co tema da Cabalgata de Reis, e intentamos facer

A Asociación de Comerciantes e Profesionais de Ribadumia é un dos ‘socios fundadores’ da Federación Rías Baixas. Ramón Rodríguez, construtor, ocupa o cargo de tesoureiro, e é unha das caras visibles da asociación ribadumiense.

Page 5: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno

-8- Arousa. Hai que vivila.

outras non poden dicir. Varias do entorno tiveron que parar a actividade porque non puideron facer fronte ás dificultades económicas. Si que tivemos que baixar o nivel e o número de campañas, pero aínda nos mantemos. En canto aos comercios, en Ribadumia si que houbo algúns que pecharon, pero abriron tamén moitos que permitiron que se mantivera máis ou menos o número de establecementos.

A verdade é que a crise non se notou moito en comparación con outros lados.

- Agora formades parte da Federación de Comerciantes e Empresarios Rías Baixas. Que agardades desta unión?

- Se a asociación se fixo para unir os comerciantes e poder facer campañas máis fortes, xuntando asociacións poderá facerse máis forza.

A idea é facer campañas entre os tres, para dar máis visibilidade e ter máis forza. O que tratamos de facer coa asociación queremos facelo a maior escala coa Federación.

campañas polo Día da Nai. Iso si, todo depende do estado económico no que esteamos.

- Polo que nos contas, buscades estar presentes en momentos importantes para o concello. Cal é a relevancia que ten o pequeno comercio en Ribadumia?

- O pequeno comercio en Ribadumia ten moita relevancia. É o que hai, non existe comercio grande no noso concello. Para ter esas grandes superficies ou cadeas os veciños teñen que desprazarse a Vilagarcía ou a Pontevedra, así que nós somos o habitual.

Por iso intentamos animar o pobo coas nosas campañas e colaborando co concello para fomentar que a xente entre nos establecementos. Despois, mercarán ou non, pero cando menos que entren para saber que é o que hai.

- Dicías que a crise vos obrigara a recortar as campañas. Como aguantou o comercio de Ribadumia este anos de dificultades económicas?

- En canto á asociación, comparado con outras, podemos dicir que aínda estamos activa. Cousa que

Ribadumia

A crise obrigounos a baixar o nivel e o número de campañas, pero aínda nos mantemos.

O comercio dá vida ao pobo e aguanta do país en xeral.

-9-Arousa. Hai que vivila.

Tradición, cultura e ocio mestúranse nesta vila, na que o visitante ou o veciño poden coñecer a vida e obra de Valle-Inclán na súa Casa Museo (o escritor residiu tamén neste municipio barbanzán), gozar dunha gastronomía coa ría e os seus produtos como protagonistas, ou aproveitar as instalacións do seu Porto Deportivo, que completa a paisaxe do mar de A Pobra.

TNa beira norte da ría de Arousa, xa na comarca de O Barbanza, atopamos o concello de A Pobra. As súas xentes viven directamente do mar, coa pesca de baixura, o marisqueo e as bateas como principais recursos económicos.

A industria conserveira fíxose forte no municipio pobrense, protagonizando un dinamismo económico que se remota ao século XVIII. Foron os cidadáns cataláns os que a convertiron nun dos centros conserveiros máis importantes.

As súas industrias conserveiras continúan en auxe, impulsando a economía dunha vila rica e dinámica, que ten no turismo

outra das súas fontes de riqueza. Os visitantes de A Pobra poderán gozar dunha paisaxe na que se mesturan as estampas da serra do Barbanza coas do mar, con enclaves como o Mirador da Curota ou a Praia de Cabío, areal que ano tras ano ve premiada a calidade da súa auga e dos seus servizos coa bandeira azul.

Por A Pobra pasa ademais unha ruta Xacobea, a coñecida como Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, considerada como a orixe de todos os Camiños: segundo a tradición, a barca que transportaba o corpo do Apóstolo Santiago cara Compostela surcou a Ría de Arousa.

A PobraO mar e a conserva:Columna vertebral da súa economía

Tradición, cultura e ocio mestúranse nesta vila: a Casa Museo Valle-Inclán, a gastronomía baseada na ría ou as instalacións do seu Porto Deportivo son algúns dos seus atractivos.

Page 6: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno

-10- Arousa. Hai que vivila.

A PobraAspiro a máis. A potenciar máis o comercio de A Pobra, a medrar máis e a mellorar a calidade, se cabe.

comercio, empresas... e o turismo, como eixo que vincula a todos. Axudamos publicitariamente e colaboramos con eles, achegando medios para facilitar as súas tarefas e que as campañas sexan o máis efectivas posibles.

- Falas das campañas, cales son as que realizades ao longo do ano?

- Para o comercio, unha das máis importantes é a de Nadal. Ademais, facemos outras ao longo do ano, como a de verán ou as das rebaixas. Nestes casos, proporcionamos medios publicitarios, como poden ser as bolsas. Respecto da hostalería, na asociación facemos un esforzo importante con actividades como o ‘Destápate’. Trátase dun concurso de pinchos no que colaboran todos os establecementos.

Hai que dicir que a colaboración é practicamente total, polo que estou moi satisfeito. É un indicador de que as cousas funcionan. É o meu exame final.

- Cal dirías que é a relevancia do comercio e da hostalería local en A Pobra?

Manuel Tomé é o máis veterán dos tres socios da Federación Rías Baixas. Leva 20 anos á fronte da entidade que tamén é a máis lonxeva: a Asociación de Empresarios, Comerciantes y Trabajadores Autónomos de Puebla del Caramiñal.

O que xurdiu como unha solución dun grupo de conserveiros para afrontar os seus problemas, é na actualidade unha asociación forte, que inclúe establecementos de hostalería, pequeno comercio e empresas de todo tipo. Non en van, suma 150 socios.

Tomé é, ademais, executivo da Federación de Empresarios do Barbanza dende hai 20 anos, cuxa presidencia ocupou durante 8 anos.- A asociación que presides leva moitos anos traballando a prol dos empresarios e autónomos de A Pobra. Cales son os seus principais obxectivos?

- Os obxectivos son múltiples. Hai que pensar que englobamos todos os colectivos: hostalería,

Englobamos todos os colectivos: hostalería, comercio, empresas... e o turismo, como eixo que vincula a todos.

-11-Arousa. Hai que vivila.

A Pobraos primeiros pasos, coñecendo e sabendo... estamos vestindo o boneco. Pero cos datos que teño e o equipo que me rodea, as perspectivas son boas. Eu agardo que consigamos os obxectivos que pretendemos: o crecemento e o desenvolvemento, facendo especial fincapé no turismo como elemento de unión. Ese será o noso punto forte, e imos ver como podemos chegar. Pero a vontade está aí, e as xestións xa comezaron.

- Teñen moita relevancia, e cada día máis. Aínda non estou plenamente satisfeito con como está o comercio de A Pobra. Aspiro a máis, a potencialo máis, a medrar máis e a mellorar a calidade, se cabe. Ten un peso moi importante, ao igual que a hostalería. A Pobra foi ata hai pouco o núcleo comarcal do ‘chiquiteo’.

- Como lle afectou a crise económica aos asociados? Dirías que aguantaron as dificultades?- Agora imos mellorando. Imos mellorando satisfactoriamente. Evidentemente, a crise segue aí, ensinando os dentes. Pero

nós pomos os cornos á crise e... coidado! Imos avanzando bastante ben. Hai moito que mellorar, efectivamente, moito que avanzar, pero hai que ser razoables. Dentro do territorio no que nos movemos, hai que ser conscientes e razonar por que non imos máis ás présas. Pero a satisfacción está aí.

- Por que unha asociación grande, como a que presides, decidiu unirse á Federación Rías Baixas? Que agardades desta unión?

- Agardo un impulso forte. Hai que pensar que estamos dando

Evidentemente, a crise segue así, ensinando os dentes. Pero nós pomos os cornos á crise e... coidado!

Page 7: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno

-13-Arousa. Hai que vivila.

Os camiños Xacobeos da Variante Espiritual e da Ruta do Mar, pasan tamén polo concello de Vilanova de Arousa. Vila mariñeira ao sur da ría, intégrase na comarca de O Salnés, compoñendo un litoral de case 20 quilómetros sementado de fermosas praias.

Viñedo e mar conforman a paisaxe desta vila, que vive fundamentalmente dos recursos marítimos. Cos anos a actividade foi evolucionando, coas fábricas de transformación das materias primas e de salazón (que proliferaron a mediados do século pasado) cedendo a testemuña ao sector extractivo-produtivo; un eido no que se mesturan continuamente os métodos máis tradicionais coas apostas máis modernas.

As bateas son outro elemento que decora a ría ao seu paso por Vilanova, que ten no mexillón o seu produto estrela. O mexilloeiro é un sector no que traballan preto de medio millar de persoas. A pesca de baixura e o marisqueo de berberechos

e ameixas completan a base da súa economía centrada no mar.

As adegas, fundamentalmente de albariño, tamén teñen o seu peso, fomentando a construción dun tecido económico que agora compoñen variedade de establecemento. Neles, os veciños atopan todo tipo de produtos, ademáis dunha hostalería especialmente dinámica.

Vilanova de Arousa tense convertido nos últimos anos nunha das potencias turísticas do sur da ría. Por unha banda, paisaxes como os que ofrece o Mirador de Lobeira ou a calidade de areais como o de As Sinas e o de O Terrón, son atractivos indiscutibles para os que escollen Vilanova como unha das paradas das súas viaxes.

Ademais do piar da súa economía, con A Pobra comparte un dos seus veciños máis ilustres. Vilanova de Arousa é o berce do escritor Valle- Inclán, cuxas vida e obra deixaron marcas que se poden seguir na súa Casa Museo, no Pazo do Cuadrante. Tamén Julio Camba naceu nesta vila arousá, que conta cun casco antigo cheo de historia e patrimonio.

20 Quilómetros de litoral salpicados por bateas

Vilanova

As bateas decoran a ría ao seu paso por Vilanova, que ten no mexillón o seu produto estrela, do que viven moitas familias do municipio.

Page 8: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno

-14- Arousa. Hai que vivila.

Hai ao redor dunha década, os comerciantes de Vilanova de Arousa decidiron dar un paso adiante. Xuntos deron forma á súa asociación, Vilanova Centro, unha entidade que a día de hoxe aglutina 38 establecementos da vila. O téxtil domina a listaxe de socios, na que tampouco faltan supermercados ou tendas de fotografía.

Xa hai dez anos que Ramón Cardalda está á fronte de Vilanova Centro.

- Ramón, cales son os obxectivos que persegue Vilanova Centro?

- Dende sempre a intención foi dar a coñecer o pobo en xeral. Nós intentamos beneficiar o comercio, pero se a xente ven ata o pobo, benefíciase todo o mundo. Esa é a liña que perseguimos: que a xente vexa que hai cousas en Vilanova, e que poden vir e atopar todo o que precisan.

- Cales son as actividades que organizades ao longo do ano?

- Facemos sobre todo labores de publicidade, con valos e monolitos no pobo. Ademais, colaboramos coas actividades que organiza o concello, como é o caso da Festa do Momo. Procuramos estar en todos os eventos que congregan a moita xente. Intentamos estar aí e colaborar, para que a xente vexa

que participamos e estamos activos facendo cousas. Tamén temos a campaña de Nadal... un pouco de todo.

- Sodes unha asociación activa no día a día do pobo, entón. Cal dirías que é a relevancia do pequeno comercio en Vilanova?

- Para min, a pequena e mediana empresa é o mellor que lle pode pasar a un país. Esa xente que ten un empregado ou dous non vai pechar o ‘chiringuito’ porque un ano ou dos vaia mal o negocio. Non vai marchar para outro sitio, como fan as multinacionais cando a empresa non é rendible.

A pequena empresa e os autónomos van estar aí sempre, aínda que boten máis horas do normal traballando. Un pobo onde hai pequeno comercio e escaparates, dá imaxe. Un pobo que non ten escaparates,

que ten todo pechado... as rúas non teñen vida. O comercio dá vida ao pobo e aguanta a súa economía. E a do país en xeral.

- Como ves o comercio de Vilanova trala crise? Dirías que aguantou?

VilanovaO comercio dá vida ao pobo e aguanta do país en xeral.

Para min, a pequena e mediana empresa é o mellor que lle pode pasar a un país. Esa xente non vai pechar o “chiringuito” porque un ano ou dous vaia mal o negocio.

-15-Arousa. Hai que vivila.

merciais abertos’. A nosa inten-ción é facernos máis visibles, e ter máis forza para poñer en marcha revistas, campañas publicitarias... e o que xurda. Queremos seguir adiante coas actividades, polo menos cun mí-nimo, para que a xente vexa que hai algo e non quedar parados. Que a xente saiba que estamos aí, que colaboramos.

- En Vilanova pecharon algúns, abriron outros. Sempre se move, non queda parado. Houbo uns anos que pechaban moitos e tardaba en aparecer alguén que os volvera coller. Agora mesmo vai bastante ben. Se pecha algún, ao pouco tempo xa hai outro establecemento aberto no local. A xente empeza a moverse máis, así que a economía debe

ir mellor. Cando a xente monta algo é porque nota que a cousa vai mellor. - Vilanova Centro é un dos ‘socios fundadores’ da Federación Rías Baixas. Por que o puxestes en marcha?

- No noso entorno, moitas aso-ciacións de comerciantes de vilas máis grandes conseguiron a consideración de ‘centros co-

Page 9: Saúda do Presidente Sumario · sinerxias que o fagan máis forte no contexto actual. As tres asociacións teñen en común a súa orixe en pequenos municipios, nos que o pequeno