ruta do viño do ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do...

16
Ruta do Viño do Ribeiro Dossier de Prensa

Upload: others

Post on 13-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

Ruta do Viño do RibeiroDossier de Prensa

Page 2: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

2 Dossier de Prensa

A Ruta do Viño do Ribeiro está situada na provincia deOurense, na confluencia dos vales formados polos ríosMiño, Avía, Arnoia e Barbantiño. Conta cunha extensiónde 3.000 hectáreas de viñedo sitas nos municipios deRibadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avía,Leiro, Cenlle, Beade, Punxín e Cortegada, e parte dos deBoborás, San Amaro, Toén, Carballiño e Ourense.

A terra do Ribeiro integra bosques caducifolios, espec-taculares formacións rochosas e singulares paisaxesformados por “socalcos”: construcións de pedra graní-tica con máis de mil anos de antigüidade, feitas en terra-zas ou bancais sobre as ladeiras dos monte, co fin degañar superficie ó terreo.

Ruta do Viño do Ribeiro

Page 3: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

3Dossier de Prensa

A terra do Ribeiro foi moi activa desde temposantigos, proba de elo é a existencia de vías roma-nas, restos de minas, lavadoiros de ouro, etc. Asprimeiras citas documentais ca definen como rexióndiferenciada, datan do ano 928. A historia do viñodo Ribeiro está moi ligada a súa terra. A finais domedievo produciuse unha apertura de fronteiras eunha verdadeira internacionalización do comerciodo viño do Ribeiro, que perduraría ata o século XVII.O seu privilexiado emprazamento na ruta doCamiño de Santiago, fixo que innumerables peregri-nos de toda Europa apreciaran e saborearan osseus viños. De feito, a súa fama chegou ata as páxi-nas de Miguel de Cervantes, “y, habiendo hecho el

huésped la reseña de tantos diferentes vinos [...] sin que se le olvidase de Ribadavia y de Descargamaría”(El Licenciado Vidriera). A desamortización de Mendizabal no século XIX, afectou particularmente ó rico patri-monio da comarca. O cambio de rumbo cara a unha viticultura autóctona e de calidade comezou a xestarsea partires da súa proclamación como Denominación de Orixe diferenciada en 1976.

Un viño con historia

Page 4: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

4 Dossier de Prensa

É a mais antiga de toda Galicia e unha dashistóricas de España. Está recoñecida desde oano 1932, trala publicación do Estatuto do Viño,pero xa nas ordenanzas municipais do 1594determinaban os lugares e parroquias quepodían producir e vender viño do Ribeiro. Ditasordenanzas son recoñecidas pola OficinaMundial da Propiedade Intelectual como unprecedente dos actuais regulamentos dos Con-sellos Reguladores.

A Denominación de Orixe Ribeiro

Page 5: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

5Dossier de Prensa

Sobre as ribeiras dos ríos Miño, Avía e Arnoia interaccio-nan tipoloxías atlánticas e mediterráneas, constituíndo ban-das nas que as influencias húmidas e os períodos secossucédense, posibilitando uns envexables ritmos de madu-ración que permiten ó viñedo expresar o seu mellor poten-cial de calidade. Por outra parte, as múltiples orientaciónsque debuxan a complicada orografía configuran un complexomosaico de redutos microclimáticos de acentuada diversi-dade. En conxunto, as condicións climáticas son benignas,con temperaturas medias anuais de 14 ºC e precipitaciónsanuais que superan os 1.000 mm, cunha moderada aridezestival óptima para o cultivo do viñedo.

O cultivo da vide

Page 6: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

6 Dossier de Prensa

Os solos de cultivo corresponden case sempre, a formaciónspouco evolucionadas e asentadas sobre rochas nai de grandedureza, constituídas basicamente por antiquísimos materiais gra-níticos procedentes do período hercínico. Pese a que taménpoden atoparse viñedos sobre depósitos aluviais, podemos falardunha peculiar ‘viticultura do granito’, asentada sobre solos áci-dos, soltos e ben oxixenados. Cando se utilizan as variedadesaxeitadas, este tipo de solos tende a orixinar viños frescos e aro-máticos, de grande elegancia e finura de padal.

Na Comarca do Ribeiro cultívanse diversas variedades de uvatradicional (castes): treixadura, lado, albariño, godello, moscatel,torrontés e loureira, en brancos, e as brancellao, ferrón, sousóne caíño, en tintos. O resultado son viños xoves, moderadamenteácidos, lixeiros e con combinacións de exquisitos aromas a froi-tas e florais.

A uva

Page 7: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

7Dossier de Prensa

Os brancos. Á vista preséntansenos como un viño limpo, fluído etransparente. O seu color abarca distintos tons amarelos, pálido,con reflexos verdosos que nos falan da súa frescura e louzanía.No nariz atopámonos cun viño sutil, complexo de exquisitos aro-mas a froitas e florais. Na boca atopámonos cunhas agradablessensacións de finura, elegancia e delicadeza. Os brancos doRibeiro son viños moi sólidos que asócianse maxistralmente cosmariscos e pescados.

Os tintos. Son viños con personalidade propia, auténticos e conbrío. Viños de color roxo vivo, xoves, con reflexos violáceos, nosque predominan os olores a froitas roxas, violetas e pétalos derosa. Son complexos, amplos e con carácter, carnosos e sabo-rosos, cunha boa acidez, frescos e vivaces, estruturados e lon-gos. Compleméntanse á perfección con todo tipo de carnes,pastas, cogomelos, legumes, estufados e queixos curados.

Nota de cata

Page 8: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

8 Dossier de Prensa

Hoxe o Ribeiro está vivindo unha auténtica revoluciónbaseada na renovación das explotacións e na preserva-ción do mellor da súa tradición vinícola secular. Primanas variedades de uva tradicional e optimízanse as tare-fas de produción, comercialización e distribución.

O equilibrio conseguido entre a tradición e a modernidadetradúcese na existencia de máis dun centenar de adegasque producen excelentes viños de autor, algúns recoñeci-dos como os mellores brancos de España, así como tintosde gran peso. Conscientes da importancia do binomioturismo e viño, xa son vinte as adegas que ofertan a posi-bilidade de realizar visitas as súas instalacións e así coñe-cer de primeira man as características dos seus caldos, osprocesos de elaboración e, despois de degustalos nomellor ambiente, adquirilos na propia adega.

A adegas do século XXI

Page 9: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

9Dossier de Prensa

A auga conformou o arte da paisaxe do Ribeiro, avivadopola natureza dos seus montes nas partes altas e enga-lanado polas viñas dos seus vales.

A auga é elemento primario para a terra, para o home epara a atmosfera que respira. Un paseo polo Ribeiro éunha viaxe entre fervenzas naturais, a meirande partedelas minerais e termais.

A auga labrou a pedra e amansou a terra que o homeaprendeu a domesticar ao igual que o viño. Desde aépoca “castrexa” ata a actualidade, os canteiros soube-ron conxugar a nobreza do seu granito coa espirituali-dade dunha cultura.

O Ribeiro, considerado como un dos enclaves máis repre-sentativos da cultura e a arquitectura galega, atesouraun patrimonio artístico magnificamente conservado. Nosseus pobos e aldeas medievais pódense visitar castros,xuderías, pazos, mosteiros e igrexas que se integran áperfección coa paisaxe da auga e do viño.

A auga e a pedra

Page 10: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

10 Dossier de Prensa

O turismo termal foi o motor económico do Ribeiro noséculo XIX e volve selo hoxe, grazas aos modernos bal-nearios situados á veira dos seus ríos. As excelentescaracterísticas da auga —alcalinas, hipertermais, sulfu-radas, fluoradas— e o uso das técnicas máis vangardis-tas permiten desfrutar dun tratamento terapéutico enplena natureza.

O turismo termal

Page 11: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

11Dossier de Prensa

O noso turista é amante dos viños, e da maxia que seagocha na paisaxe da Galicia interior. Numerosos carrei-ros discorren seguindo o curso dos ríos onde atopamospaisaxes singulares formados polos canóns que os ríosforon escavando na rocha. Ata as súas veiras aché-ganse garzas e incluso londras, atraídas pola abundan-cia de troitas.

A exuberante vexetación formada por carballos, castiñei-ros e piñeiros oculta en moitos casos o que foron antigasviñas, agora en recuperación. É precisamente o cultivoda vide o que configura unha grande parte da paisaxe

Inmensos pazos, adegas, pontes romanas, igrexas ecapelas románicas, hórreos e cruceiros, saen ao encon-tro do viaxeiro.

O noso turista

Page 12: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

12 Dossier de Prensa

A Feira do Viño: declarada de Interese Turístico Nacional,a finais de abril e principios de maio celébrase en Ribada-via esta “posta de largo” na que se presentan os viños doRibeiro da última colleita. A exposición das distintas ade-gas e empresas agrícolas é acompañada con concursos,catas, conferencias, así como actividades musicais e fol-clóricas.

Festa da Vendima: o último domingo de agosto en Leirocelébrase esta festa tradicional que da paso á recolecciónda colleita en toda a comarca. Hai desfiles de carrozasalegóricas, concursos dos mellores acios, actos culturaise musicais, etc. A festa péchase cun xantar popular en “OSalgueiral”, á veira do Avia.

.

As festas

Page 13: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

13Dossier de Prensa

O Magosto: celébrase o día 11 de novembro e é unha dasfestas máis representativas da provincia de Ourense. É a exal-tación do outono, simbolizada polas castañas asadas nunhafogueira e en compaña dos amigos, xa sexa no campo oununha acolledora adega.

Tamén son de interese a Mostra Internacional de Teatro, amáis importante de Galicia, que se celebra durante o mes dexullo en Ribadavia; a Festa do Polbo do Carballiño, o segundodomingo de agosto, e o último fin de semana de agosto celé-brase a Festa da Istoria, que transforma durante un día a Riba-davia nunha auténtica vila medieval.

Page 14: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

14 Dossier de Prensa

O produto “Rutas del Vino de España” consiste na inte-gración dos recursos e servizos turísticos de interesedunha zona vitivinícola, proxectados desde a autentici-dade e a vocación vivencial, co fin de construír un pro-duto a partir da calidade e identidade do destino, optimi-zando a comercialización conxunta, o nivel de satis-facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valorenolóxico deste produto. Sen cultura do viño, non hairuta do viño e sen ruta do viño non hai produto turístico.A viticultura é o eixe temático deste produto e o turistadebe percibilo durante todas as etapas da súa viaxe een calquera compoñente da cadea de valor turística queconstitúe a Ruta. No destino pódese “respirar” cultura viti-vinícola.

Que é unha “Ruta del Viño de España”

Page 15: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

15Dossier de Prensa

As “Rutas del Vino” xorden co obxecto de promovero desenvolvemento socioeconómico dunha comar-ca vitivinícola ademais de conservar o patrimonioartístico, cultural e natural, difúndese a cultura doviño. O concepto “Ruta del Vino” engloba unhaampla oferta de servizos para o turismo. Desdeas visitas a adegas, enotecas e museos do viñoata actividades culturais e deportivas, oferta noc-turna, aloxamentos e restauración. Na actuali-dade xa son un total de 15 “Rutas del Vino” traba-llando no proxecto promovido por ACEVIN (Aso-ciación de Pequeñas e Medianas Ciudades Vitiviní-colas) creada en 1994 que actualmente conta con54 socios pertencentes a 23 Denominacións deOrixe de toda España.

Quen integra as “Rutas del Vino de España”

Page 16: Ruta do Viño do Ribeiro · facción da demanda, e o desenvolvemento socioeconó-mico integral do territorio. É importante destacar o valor enolóxico deste produto. Sen cultura

Contactar coa Ruta do Viño do Ribeiro:

Secretaría e Dirección Técnica da Ruta do Viño do Ribeiro

Travesia do Ribeiro, 3. Baixo

32400 Ribadavia (Ourense)

Tel.: +34 988 47 20 44 / 607 74 69 12

www.rutadoviñodoribeiro.es