rosalÍa-murguÍa dossier - terraetempo.gal · aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha...

116
Achega ao sistema financeiro galego Algunhas ideas sobre a figura e obra de Carlos Maside Galiza cara a Australia onte e hoxe De Rosalía de Castro a Castelao: o rosto verdadeiro de Galiza A nova esquerda nos Estados Unidos. Onde está? DOSSIER | ROSALÍA-MURGUÍA Entrevista a Teresa Alvajar Nº 147 • 148 • XULLO-DECEMBRO 2008 • 9

Upload: truonglien

Post on 01-Oct-2018

248 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Achega ao sistema financeiro galego

Algunhas ideas sobre a figura e obra deCarlos Maside

Galiza cara a Australia onte e hoxe

De Rosalía de Castro a Castelao: o rosto verdadeiro de Galiza

A nova esquerda nos Estados Unidos. Onde está?

DOSSIER | ROSALÍA-MURGUÍA

Entrevista aTeresa Alvajar

Nº 147 • 148 • XULLO-DECEMBRO 2008 • 9 €

Nº 1

47 •

148

• XU

LLO

-DEC

EMB

RO 2

008

DO

SSIE

R | R

OSA

LÍA

-MU

RGU

ÍAterratempo port147_148 3/2/09 14:29 Página 1

Page 2: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Os cadernos activos

Baixo este título iniciamos unha colección de folletos e DVDs sobre diver-sos temas que contribúan a unha maior formación nos fundamentos donacionalismo galego. Cada folleto acompañarase dun DVD de 30 minutosque será unha entrevista co autor ou autora de cada Caderno, respodendoa preguntas que se lle faga sobre o tema tratado. Comezamos o primeirosobre o idioma.

Edita | Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Clasificada de interese cultural e declarada de interese galego por Orde da Consellaría de Cultura,

Comunicación Social e Turismo do 23 de novembro de 2004 (D.O.G. 17/12/2004). Inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego co número 2004/20 | Xunta

Directiva do Padroado da Fundación | Bautista Álvarez Domínguez (Presidente), María Pilar García Negro (Directora Xerente), Xoán Carlos Garrido Couceiro (Director do Terra e

Tempo), Lois Diéguez Vázquez (Director de Programación de Cursos e Publicacións), Xosé Ramón Ermida Meilán (Director de Arquivos), Hadrián Gómez Vázquez (Secretario) e Roberto Vilameá

Ponte (Tesoureiro) | CIF G-15947450 | Corrección lingüística | Robert Neal Baxter | Redacción, publicidade e subscricións | Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 Santiago de

Compostela, Galiza. Telf. 981 57 02 65 | Páxina web | www.bautistaalvarez.org | Correo electrónico | [email protected] | Imprime | Litonor, S.A.L. | Deseño | seteseoito

| ISSN | 1575-5509 | D.L. | C-1361-1995 | © Permítese a reprodución citando a fonte | Tiraxe | 1.200 exemplares | Feche de edición | 2 de febreiro de 2009.

Opinión

[ María Pilar García Negro ]

[ Xoán Carlos Garrido Couceiro ]

Entrevista

Teresa Alvajar[ Carme Vidal Laxe e Xoán Carlos Garrido Couceiro ]

Economía

Achega ao sistema financeiro galego[ Clodomiro Monteiro Martínez ]

O turismo: unha actividade estratéxica para o desenvolvemento económico de Galiza[ Xesús Pereira López ]

Cultura

Algunhas ideas sobre a figura e a obra de Carlos Maside[ Rosalía Pazo Maside ]

Galiza cara a Australia onte e hoxe[ María Jesús Lorenzo Modia ]

Pensamento

De Rosalía de Castro a Castelao: o rosto verdadeiro da Galiza[ María Pilar García Negro ]

Internacional

A nova esquerda nos Estados Unidos. Onde está?[ Kathleen March ]

Viaxes

O canto das pedras[ Xosé Vázquez Pintor ]

DOSSIER | Rosalía-MurguíaRosalía de Castro-Murguía[ María Pilar García Negro ]

Rosalía de Castro[ Manuel Murguía ]

Ignotus[ Manuel Murguía ]

Para lermos axeitadamente a Rosalía no terceiro milenio[ Aurora López e Andrés Pociña ]

Rosalía, matrimonio e opción afectivo-sexual[ Francisco Rodríguez Sánchez ]

Sombra do meu asombro[ Marica Campo ]

4

6

1926

35

50

59

6878

89

Nº 147 • 148 • XULLO-DECEMBRO 2008sum

ario

6

68

89

26

Publicacións • [email protected] • 981 570 265

Revista Terra e tempo

Unha das actividades da Fundación BautistaÁlvarez de Estudos Nacionalistas é a edi-ción de revistas, primordialmente da cabeceirahistórica Terra e Tempo editada pola Unión doPovo Galego (UPG) desde 1965 até o 2003.

O Terra e Tempo, desde xullo de 2004, pasa a editarse dun xeito autónomo da UPG, o que lle permite un ritmo de traballopropio. Ao mesmo tempo segue a liña editorial que viña mantendo desde a súa fundación, animado polo ideario nacionalista, ede aí que recuperemos a súa numeración que, sumando os das diferentes etapas (105 na súa primeira, 1965-1994, e 24 nasegunda, 1995-2003), arrancou de novo a partir do número 130. O obxectivo actual é recoller achegas para clarificármonosna comprensión do acontecer actual das máis variadas temáticas desde unha óptica galega

Producción de audiovisuais

O pensamento e as imaxes deben e teñen quecomplementarse na súa función divulgativae/ou instrutora.

Xa son varios os audiovisuais que teñen saídoda factoría nacionalista.

Libros

A Fundación Bautista Álvarez quere, a través da edición da súa colección de libros,iluminar cuestións cardinais da historia do nacionalismo contemporáneo e da Galizano seu conxunto.

Bautista Álvarez. 40anos da UPG, 40perguntas de MaríaPilar García Negro

Peregrinaxes, Viaxando con Manuel María

A derradeira leccióndo mestre

Bautista Álvarez, unhavida para unha nación

CCCV, Cine Clube Carlos VarelaVeiga 1945-1980 (en coprodución)

terratempo port147_148 3/2/09 14:29 Página 2

Page 3: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Pouco teñen que ver as crenzas relixiosas para que o pen-samento humano se inspire moitas veces nos mitos ancestraisda súa cultura. Rabindranath Tagore, de ascendencia brahmá-nica, non foi alleo á influencia do Mahabarata e do Ramaiana,as grandes epopeas do hinduísmo védico. Folga afirmar quemoitas pasaxes bíblicas están presentes nas mellores obras daliteratura occidental. Vou tomar eu unha parábola do Evanxeode San Lucas –a do Fillo pródigo– para que me axude a com-prender algúns desvaríos do presente.

Antes de nada convén advertir que resulta difícil ubicar afigura de Cristo nalgún dos bandos da confrontación social. Secando malla nos mercaderes do templo aparece o Mesías re-volucionario, case un Che Guevara prematuro, na parábola dostalentos amósase como axente comercial dos banqueiros. De-pende da interpretación que del fagan os seus historiadores, osevanxelistas. Lucas, o autor da historieta do fillo gastador, nonera un alcabaleiro calquera, como Mateo. Educado nas escolasgregas, tiña a carreira de médico, grande cultura e boa dispo-sición para as artes plásticas. Ou sexa, que viña de casa gran-de, afeito a comer en mesa cuberta de mantel. Se for talvezarriscado calificalo de aristócrata, nonlle podemos negar a súa condición deseñorito. Diso vén a demora no relatodunha parábola que está ausente nosoutros tres evanxelistas. Porque debe-cía por glorificar a historia dun bon vi-vant da súa caste. A maioría dos leito-res da miña xeración coñecen estafábula, porque xurraba a fío nas prédi-cas do púlpito e nas leicións da esco-la. Vou traducila a enxoita prosa actualpara facer o apólogo máis comprensí-bel. O fillo máis novo dun facendadocolleu a herdanza do pai e foise paralonxe, gastando en pouco tempo a for-tuna en diversións e pendangas. Espi-do de roupa e de diñeiro, para matar afame entrou a servir de porqueiro nagranxa dun vilego, quen non lle permi-tía fartarse coas landras coas que ali-mentaba os porcos. Foi entón cando acordou retornar á casapaterna, non por amor senón pola mantenza. O pai vestiuno degala e matou un xato para celebrar o retorno do fillo.

Queixouse seu irmán, e con moita razón, cando de volta daviña escoitou a música e as danzas organizadas para festexara volta do pródigo. El, que despois de tantos anos servindo aseu pai, nunca lle dera este un carneiro nen unha ola de viñopara ir de farra cos amigos. O único prato extraordinario quecomera fora unha pepitoria feita coa galiña que un can morde-ra na hora do veciño. O recebimento dispensado ao esfameadolibertino máis parecía o dun enriquecido emigrante retornadode Damasco, lugar onde daquela se facían as Américas. Oatractivo económico desta cidade quizais explique a accidenta-da viaxe de San Paulo. A ela se dirixían moitos aventureiros pa-ra medrar e divertirse e non para pregar.

Calmouno o vello: “Sempre me serviche con lealdade. Can-do eu morra todo canto teño será teu. Abóndache a ti o meuamor. Na casa paterna nunca tiveche luxos, pero tampouco pa-saches fame. Tes que decatarte, meu filliño, de que teu irmánestaba morto e resucitou, que se extraviou e reapareceu”. Aquíremata a parábola segundo Lucas relatou. Ignoramos cal foi a

reacción do fillo leal, pois non coido que asentise resignado aosermón do pai. Puido entrar a vergallazos e desfacer a festa.Sería a resposta máis lóxica e valente. Puido irse a Damascocoas mans limpas, pois a herdanza xa fora comesta polo crá-pula. O silencio de San Lucas parece suxerir que acreditou nasrazóns aducidas polo pai. Non atopei referencias a esta pasa-xe en nengún dos outros evanxelistas, pois sigo a desconfiar daversión dada por quen procede dunha extracción social máiselevada. A mentalidade do narrador distorsiona as máis dasveces a obxectividade do relato.

Nesta altura xa o leitor se terá perguntado a onde penso le-valo coa miña versión da parábola evanxélica. Falar aquí do fi-llo pródigo é tan absurdo como volver ao conto da Lámpada deAladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación aquen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola situación que atravesa a economía occidental, e asmedidas arbitradas polos gobernos para combatela. Se até nasperruquerías se fala dela non vou eu ignorala nos meus escri-tos. É ben coñecida a opulencia e molicie na que sempre viveuo capital, dilapidando alegremente as plusvalías obtidas da ex-

plotación do povo. Privatizou primei-ro os recursos que a natureza nosdeixou en herdo para servir a todos.Fixo despois, dos explotados, consu-midores ademais de escravos. O quena especie humana sucedeu non tivosemellanza en nengunha outra. Dáfigos a figueira para pombas brancase para merlos mouros. Un caso únicode privatización é a feita coa mexadapolos cánidos, coa particularidade deque a usurpación do territorio nondura máis que o cheiro dos ouriños.Acouta o lobo para riscar camiños,non para expulsar competidores.

As relacións do Estado co capi-tal son as máis parecidas ás do fillopródigo co seu pai. O capital arrene-gou do Estado desde que se fixo mo-zo tras a revolución industrial do de-

zaoito. Non é que renunciase só á súa tutela. Antes deconvertelo en servo, trancoulle as portas para que non puidesefiscalizar as súas falcatruadas. A única lei, o único poder ad-mitido por el é a autoridade do mercado. Mercado libre paramanter cativa a sociedade que escraviza. Antes de esbarar, fa-larlle de Estado ao capital era mentarlle o saca-untos. E vénagora, non humildoso senón petulante, a esixir dos poderes pú-blicos que o saquen da latrina económica na que o mergullou osistema que ten como único deus. Salvemos entre todos osbancos, que tantos sacrificios levan feito por sacar de apurosaos seus hipotecados. Botémoslle unha man á industria do au-tomóbel, na que un conselleiro de administración gaña máisnun mes que en cinco anos calquera dos seus operarios máiscualificados.

Salvemos o euro, salvemos o dólar, salvemos o ouro, aíndaque o doente teña que agardar á morte para curar o reuma. Quemáis dá. No cemiterio hai covas abondo para enterrar obreiros.“Proletarios de todo o mundo, unídevos”, frase escollida debandeira polos revolucionarios do século pasado, coreouna haipouco en Washington a “Reunión dos 20”, trocando proletariospor capitalistas. Aquela reunión na que o Presidente español

carta do presidenteO FILLO PRÓDIGO

Antes de esbarar, falarlle deEstado ao capital eramentarlle o saca-untos. E vénagora, non humildoso senónpetulante, a esixir dospoderes públicos que osaquen da latrina económicana que o mergullou o sistemaque ten como único deus

Terra tempo147_48 3/2/09 13:20 Página 3

Page 4: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

4 terra e tempo xullo-decembro 2008

Opinión

Jenaro Marinhas: memoria activa do século XX. Non só po-la evidencia cronolóxica de a súa vida ocupar a práctica totali-dade do século XX, decisivo por tantos factores na historia daGaliza, senón, e sobre todo, por ser modelo de galego moderno,isto é, fiel á súa Terra, leal coa súa patria, intelectual e escritorque, lonxe de calquer tentación de abandono en tan duras cir-cunstancias como as que impuxo o desenlace da guerra civil es-pañola, continuou a tecer, amorosa e intelixentemente, a súatea de significar, no teatro, na poesía, tamén na presenza pú-blica vinculada ao nacionalismo galego contemporáneo, a Gali-za toda.

Integrante das Irmandades da Fala; membro fundacionaldas Mocidades Galeguistas; discípulo que foi de Castelao ou deSuárez Picallo..., resulta ser un dos máis modernos, renovado-res e adiantados autores do teatro galego contemporáneo, que,con limitadas edicións da súa obra en vida, hoxe podemos co-ñecer integralmente mercé á publicación da súa produción dra-mática completa realizada por Alexandrina Fernández Otero eLino Braxe. O labor destes estudiosos, como o afán de PabloGonzález Mariñas e doutros membros da familia, unidos ao tra-ballo rehabilitador de entidades como a Agrupación Cultural daCoruña “Alexandre Bóveda”, a Asociación Socio-PedagóxicaGalega ou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (da quefora nomeado membro de honra), así como da inestimábel co-laboración institucional da Concellalía de Cultura do Concelloda Coruña, permite agora, a cen anos do seu nacemento, con-memorarmos debidamente a efeméride, nun acto de xustiza, dereubicación da nosa historia cultural e dunha memoria históricagalega merecente de tal nome.

Como Ricardo Carvalho Calero, Jenaro apontouse á rectifi-cación da historia da Galiza. Respeitando a tradición, desbota otradicionalismo, mesmamente por lesivo para aquela. Profundocoñecedor da diacronía literaria galega, dedicou, en silencio enun traballo constante de servizo a unha literatura galega que,malia todo, debía continuar e modernizarse á altura dos tem-pos, deixounos páxinas inmellorábeis do mellor teatro que seescrebeu no século XX e que pede a gritos unha socialización

(leitura; coñecemento escolar; encenacións e representaciónspor toda a nación...) a que estas Xornadas desexan contribuírdirectamente.

Sabedor de que a lingua galega, e a cultura nela desenvol-vida, teñen todo a gañaren na relación coa cultura portuguesae en lingua portuguesa, practicou sempre aquel presuposto deestreitar vínculos con ela, herdado do nacionalismo galego depreguerra. Non demitiu nunca daqueles compromisos adquiri-dos xa na súa primeira xuventude e mantidos durante toda asúa vida. Porque xoven foi sempre e en contacto coa xente mo-za e coas xeracións posteriores á súa -que tanto e tan benaprendemos del- estivo decote e, singularmente, nos seus de-rradeiros anos de vida. Sabedores nós, hoxe, de que todo llo de-bemos a persoas como Jenaro Marinhas del Valle e de que aactual sincronía galega só se pode explicar e só ten sentido narecordación viva de tanta entrega intelectual e patriótica comoa que el representou, convidamos a todo o público da Coruña, eda Galiza toda, a (re)coñecérmonos nel, na súa obra e no seuexemplo.

Jenaro Marinhas del Valle (1908-1999):A memoria viva dun século de Historia da Galiza

[ María Pilar García Negro ]

ocupou unha cadeira emprestada. Chora o Estado, cando nuncaverteu unha bágoa polos emigrantes que se foron nen polos que ve-ñen. Aos atributos clásicos que lle outorga a ciencia política –be-nefactor, liberal, do benestar– hai que engadirlle o máis importan-te: Estado salvavidas de banqueiros. Dame a risa, e tamén o pranto,escoitar ás Administracións públicas estimulando entre os consu-midores a compra de vehículos para alimentar a fraca carteira depedidos dos fabricantes. Aumentou a clientela dos comedores eco-nómicos. Rara vez aparecen nos telexornais, precisamente nun me-dio que reserva os mellores espazos para as crónicas de sucesos.Nunca entrou esta clientela nos debates parlamentarios. A tribunaestá reservada para a dura metafísica da macroeconomía, non pa-ra falar das coitas da microsociedade.

E que fai o vulgo –o fillo servicial– sobrio antes na fartura eagora ignorado na miseria? A parábola silencia a súa reacción. Das

interpretacións que eu dei para suprir este silencio, os barbudos deCuba desfixeron a festa co vergallo. “Chegou o comandante e man-dou parar”, así reza a cántiga que levan na gorxa os modernosmambises da illa caribeña. Eu non pido tanto. Non pido o sacrificiodunha nova violencia a quen sempre viviu na violencia. Pero, por fa-vor, non tomemos outra vez o camiño de Damasco. Deixemos de bi-carlle a man a quen a empregou para darnos labazadas. Estamosdispostos a morrer, pero xamais volveremos chamar salvadores aosverdugos, pois iso foi o que fixemos cando acreditamos na mentirade que era o amo quen daba de comer ao seu criado.

BAUTISTA ÁLVAREZ

No cumio da Curota –na Barbanza– con Xosé Lois Seixo, Bautista Álvarez,

Bieito Lobeira, Pilar García Negro, Marica Campo, Jenaro Marinhas, Luz

Rivas, Alberte Ansede, Xoán Costa e Pilar Pallarés

Terra tempo147_48 3/2/09 13:20 Página 4

Page 5: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 5

Opinión

Se facemos unha regra do tres, xa deduciríamos o previsíbelpersoeiro que sería homenaxeado nas Letras deste ano. Xa noné sen tempo tendo en conta o panorama. Outro que xa tarda éFilgueira Valverde. Case o consegue desta volta. Figuras contro-vertidas ideoloxicamente mais que tiveron achegas relevantesao sistema literario galego houbo outras e tiveron o seu ano.Lembremos os franquistas de primeira hora Risco (1981) e Cun-queiro (1991). E estivo ben que así fose, unha lingua e mesmounha literatura non se sostén só con militancia impoluta. Agoraben, que achega tivo Piñeiro ademais de ser controvertido ideo-loxicamente, por non dicir funcionalmente pertinente ao podernun momento dado?

Xa sabemos que o amor é cego, e mesmo hai quen quere veren cada carta deste case ágrafo intelectual un tratado de filo-sofía. Por que non? Todos os homes son filósofos, dicía Grams-ci, mais tamén sinalaba que aínda que todo o mundo sabe coci-ñar, non lle imos chamar cociñeiro a calquera. O caso é que nonseremos nós quen quite mérito á súa Filosofía da Saudade: es-tamos acostumados todos os días a atoparmos unha páxina dexornal dedicada a grandes sabios españois que non logran irmáis alá que dicir que “ETA y Al-Qaeda tienen unas estructurasmuy parecidas” (José Antonio Marina), “una constitución sin po-sibilidad de fusilar a Ibarretxe es difícil que se mantenga” (Gus-tavo Bueno), “El nacionalismo es la enfermedad senil del iz-quierdismo en España” (Fernando Savater) e cousas polo estilo,e ninguén retira o título de filósofos a estes señores. Ese é o ni-vel que hai. Non se trata, pois, de nos pormos exquisitos agoracos autóctonos. Con todo, tampouco vale todo.

Non se pode falsear a historia para conseguir o obxectivo deconstruír un espantallo a medida para adoralo coma un deus áimaxe e semellanza dos seus fieis. Agardamos que se aproveite oano por quen quixer dedicar tempo e enerxías a tal cousa paraprofundar de xeito rigoroso e crítico nesta figura. Nese sentido,vén de se presentar unha tese de doutoramento que axiña sesubstantivará nun libro que responde a un traballo serio e teimu-do de Miguel Barros. Ese é o camiño. O seu resultado e as súasopinións poden ser discutíbeis, mais cando menos teremos oca-sión de debatermos con fundamento e non limitarnos a asistirmosa cerimonias da confusión sen outro papel que a fe cega na ver-dade revelada do sacerdote que oficia as diferentes honras que selle tributan, facendo loanzas vagas e xenéricas á súa calidade mo-ral, ao seu talante dialogante ou á grande influencia da súa mesacamiña na política galega actual. Iso así en abstracto non aportanada. Agora ben, discutamos en concreto, por exemplo, a súa pa-ternidade do cativo autogoberno que temos. É sabido que, mesmoantes do 36, Piñeiro era reticente a respecto da oportunidade depresentar o Estatuto por canto consideraba que había outras prio-ridades. Están documentadas diversas respostas negativas á re-construción do Partido Galeguista logo do 39 (Marino Dónega, Ir-máns Saco) e non se decide a pór en práctica este labororganizativo até que teme que o Partido sexa refeito por Valen-zuela desde unha óptica prosoviética. Tamén será decisivo na li-quidación desta forza política, aínda que, por outra banda, se in-siste en apuntar que é o promotor doutras (por exemplo o PSG).Mais o caso é que, na práctica, foi membro da candidatura dunha

forza Estatal, o PSOE, que Castelao sinalara como o maior inimi-go do Estatuto Galego xa no seu tempo. E diante disto, cómprepreguntarse que calidade de autonomía se pode agardar refor-zando partidos alleos dirixidos desde Madrid?

Contrariamente ao que se di, non é certo que se entrevistasecon Giral, nin que lograse que Castelao fose Ministro do seu go-berno no 46. Cando menos a documentación á que temos accesoindica todo o contrario (pode que nin sequera propuxera a Caste-lao para tal posto). Mais o caso é que o interese fundamental quetiña o nacionalismo nese goberno era fixar ao mesmo nivel quevascos e cataláns o status de Galiza, e non só agardar que desdealí se puidese derrubar Franco, cousa que alegou Piñeiro como es-cusa para se desentender da estratexia do Consello de Galiza.Nese sentido, Castelao era fiel á República, porque a foto fixa detres estatutos no antes do 18 de xullo é o que máis se parecía aorecoñecemento da estrutura plurinacional do Estado, e non ás 17Autonomías do “borrón y cuenta nueva” que sostiña e sostén oPSOE. Con todo, foi grazas ao traballo feito polos galeguistas deCastelao nas Cortes (en Montserrat, a pesar do boicot do PSOEgalego, e en México, coa oposición belixerante dos prietistas) quefoi posíbel que o noso Estatuto fose quedando fixado como derei-to adquirido. E, cando no 78 volveron as andadas os “federalis-tas” de boca para fóra, non lles quedou máis remedio do que dis-tinguiren entre nacionalidades e rexións e estabeleceren undiferente rango de competencias. Certo que logo veu a “aldraxe”,e Piñeiro foi dos que capitaneou a resposta, nos termos de Casa-res Quiroga, isto é, “non aceptaremos para Galiza menos que pa-ra Cataluña”. E así foi. Claro que o PSOE co seu “non menos paraAndalucía que para Galiza”, que logo se estendería a Murcia, ARioxa..., conseguiu finalmente o que xa daquela temía Castelao:rebaixar “Cataluña” ao rango de Galiza, e finalmente rebaixar Ca-taluña, Euskadi e Galiza ao nivel das outras 15 Autonomías, istoé: o café para todos. Mais Piñeiro está en contra do concepto “de-cimonónico” de nación. Moi ben. Como chamalo entón? Ou isto éo mesmo que Cantabria? Agardamos ter a ocasión de que aque-les que apelan á súa escola maiéutica nos deren unha resposta aestas cuestións, ou cando menos nos permitiren manifestar a no-sa discrepancia, e non que non ficar todo nun canto delirante aunhas virtudes que en moitos casos (o culturalismo) non foronmáis que unha necesidade ou unha obriga imposta.

Disque ten o mérito de “galeguizar” as forzas estatais: xavemos o galeguizadas que están. Sostiña que Galiza tiña queter tres forzas homologábeis co PC, a socialdemocracia e a de-mocracia cristiá, e ao fin ningunha destas características se de-mostrou axeitada á nosa realidade, en cambio, afirmaba queera imposible un sindicalismo obreiro propio, mais aí está, a pe-sares do seu prognóstico. Non deu unha. Con todo, véndennosque debemos veneralo pola súa lucidez política e mesmo haiquen o contrapón ao “xenial artista”, Castelao, quen non tiña asúa habilidade pragmática para dirixir o nacionalismo. O que ti-ña Castelao era nacionalismo. O mínimo que se lle pode pedira quen aspira a tal dirección. Mais o formato haxiográfico des-ta cerimonia de beatificación non vai axudar ao debate. Non llenegamos aos piñeiristas o seu dereito a renderlle culto, o úni-co que esixirmos é o respecto á verdade.

Ramón Piñeiro dende a discrepancia[ Xoán Carlos Garrido Couceiro ]

Terra tempo147_48 3/2/09 13:20 Página 5

Page 6: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

6 terra e tempo xullo-decembro 2008

Entrevista a Teresa Alvajar

A nosa historia está escrita na biografía de Mª Teresa Alvajar. Desde o seu nacemento na

Coruña de 1922, os grandes acontecementos deixan pegada na súa vida atravesada por

exilios e desgarramentos. Filla do xornalista e político republicano César Alvajar e da

galeguista Amparo López Jean, o golpe militar pon fin á súa infancia feliz. Desde entón, a

familia comeza unha peregrinaxe que os separará para sempre. Pasou polo cárcere da

Coruña e polo desterro e soñou durante moitas noites nunha volta a Galiza que xa nunca se

daría. Mª Teresa Alvajar ten a memoria viva e sorprende co seu entusiasmo galeguista cada

vez que volve á Terra. O “Viva Galiza Ceibe!” pronunciado por ela con entusiasmo na

intervención na homenaxe Mulleres con memoria, organizada pola Consellaría de Cultura e

Deporte en abril de 2007 no Teatro Principal de Compostela emocionou a todos os

asistentes. Este verán tivemos oportunidade de conversar con ela, poucos días despois de

ter recibido en Pontevedra o Premio Día da Galiza Mártir polo seu labor na recuperación da

memoria histórica.

Mª Teresa Alvajar: “Aíndavivo nodesterro”CARME VIDAL LAXE

XOÁN CARLOS GARRIDO COUCEIRO

Terra tempo147_48 3/2/09 13:20 Página 6

Page 7: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 7

Entrevista a Teresa Alvajar

– Vostede provén dunha familia bur-guesa e republicana. Que lembranzasten da súa infancia na Coruña?Lembro unha casa na Cidade Vella,ao lado da Colexiata de Santa María.Esa casa téñoa gravada dentro demin, nunca a esquecerei, tiña algoespecial. Cando volvín despois detrinta anos fóra de Galiza, o primei-ro que fixen foi ir vela por fóra.Quedei mirando e era como se visetodas as habitacións, unha por un-ha, a miña avoa sentada nunha bu-taca, coa ventá aberta mirando paraa rúa... aquela casa ten moitas lem-branzas. Nunca a esquecerei. Logofomos vivir á rúa Panadeiras, vici-ños de Casares Quiroga, e alí foicando veu todo o mal que tivemosenriba. Aquela casa trouxo moi ma-la sorte.– Quen compartía esa casa?Os catro irmáns, meus pais e miñaavoa por parte de nai, que fora mes-tra nunha aldea, en Vilaboa (Culle-redo), onde nacera miña nai. Era un-ha persoa moi avanzada. Lembroque cando foran os sucesos de Astu-rias fun con ela cobrar a pensiónque lle daban como mestra xubiladae vin que nun momento cruzou arúa sen que eu soubera por que. Unamigo que andaba por alí pregun-toulle onde ía e ela díxolle que nonquería atopar con asasinos. “Os quenos salvaron, Adela, os que nos sal-varon!” dixo o outro. Eu comecei aver o que estaban a facer os fascis-tas e o seu labor de toupas contra aRepública. – De onde lle viña o apelido Jean? De orixe francesa. Era Adela de Jeanpero ela quitou o “de”. Non lle intere-saba nada. – Que actividade tiñan os seuspais?Meu pai traballou na Voz de Galiciae no Concello da Coruña. Despoisera presidente do Ateneo Republica-no e de Unión Republicana. Primei-ro era radical, do partido de Le-rroux, pero cando este fixo ogoberno, lembro que me dixo quepublicara no xornal que xa deixara

de ser radical. Logo, cando se fun-dou, fíxose do partido de MartínezBarrio. Viñeron as elecións do 36,que se gañaron limpamente, e meupai fixo poñer a bandeira republica-na no balcón da casa. Lembro dúasnenas da miña idade que dicían:“non importa porque os militaresvan implantar a ditadura”. Quero di-cir que, se elas facían ese comenta-rio é que o oían na casa, que a cousaxa se estaba cocendo.– A súa nai tamén tiña actividadepolítica como militante galeguista. Miña nai foi dos Irmandiños primei-ro e logo a primeira afiliada ao Parti-do Galeguista na Coruña, na agrupa-ción feminina no ano 35. Erarepublicana pero, por riba de todo,galeguista. Entre os dous había unrespecto mutuo. – César Alvajar era republicano eanticlerical pero non galeguista.Logo evolúe e acaba sendo repre-sentante do galeguismo no exte-rior.Non é ben así. El dicía desde o come-zo que non o tiñan por un dos bos exenerosos pero si era galeguista. Fixoa campaña do Estatuto e traballoupor todo iso. – Amparo López tiña ideas moiavanzadas. Era unha muller moi libre, que loita-ba polo voto das mulleres. Niso,mesmo meu pai tiña receos pero lo-go convenceuse de que os homes eas mulleres tiñan que ter os mes-mos dereitos. Miña nai era a primei-ra muller bacharel da Coruña. Estu-dara tamén música e francés e eragaleguista dos pés á cabeza. Ade-mais, conviviu varios anos co meupai antes de casar e só o fixeron po-los seus fillos e despois de que na-ceramos.– Foi quen promoveu que as súasfillas tivesen tamén estudos?Eu tiña menos, pero Amparo si. AnaMaría deixara os estudos porque lletiraba o violín. Tocara na OrquestraSinfónica da Coruña de violín pri-meiro. Miña nai e Amparo tocabano piano.

Amparo e María Teresa na Coruña no 1935. A

estes anos felices seguiron a guerra, a cadea, o

exilio dunha familia leal co seu país

Terra tempo147_48 3/2/09 13:20 Página 7

Page 8: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

8 terra e tempo xullo-decembro 2008

Entrevista a Teresa Alvajar

– Acórdase de Castelao naquelaépoca?Lembro que cando se topaba coa mi-ña nai pola rúa dábanse unha aper-ta e dous bicos e saudábanse cun“saúde irmán” que era chocante paramoita xente, tratándose dunha mu-ller. Queríanse moito. Lembro aCastelao cando deu o mítin do Esta-tuto Galego na Coruña. Daquela ha-bía dous teatros, o Rosalía de Castroe o Linares Rivas. Falaron nun delese no outro había altavoces para quea xente escoitara. Nese acto intervi-ra tamén meu pai. Eu sempre ía aosseus mítins. – Como se viviu a República na súafamilia?Con moito entusiasmo. Meu pai des-de que se proclamou a República foisempre o secretario do alcalde. – Que idioma se falaba na súa casa?O castelán, pero miña nai de peque-na falaba só galego. A xente critica-ba a miña avoa por deixala falar ga-lego pero ela dicía que estaba moiben así. – Despois marcha para Soria candonomean a seu pai Gobernador Civil. Imos miña nai e eu. Ana María e Javierquedan na Coruña. Meu pai non que-ría ir de gobernador. Xa o quixerannomear para Valencia e Pontevedra erexeitara. Logo aceptou o de Soria epediulle a miña nai que fosemos conel. Alí estamos moi pouco tempo, nonforon máis de quince días.– Falamos do tempo no que se des-envolve o golpe militar. Non vivíancon temor?

Non pensabamos que todo aquilopuidese pasar. Cando se proclamouen Soria o estado de guerra, meu paiquedou no goberno todo o que pui-do, en contacto con Madrid para ternoticias dos acontecementos. EnSoria só había uns poucos gardas deasalto e gardas civís. Daquela lem-bro que o tenente coronel da gardacivil se puxo de acordo coa columnade fascistas que viña sobre Soria. Vi-ñeron ao despacho de meu pai pro-poñéndolle matalo e el non autori-zou aquel asasinato. Iso chegou aosseus oídos e foi o que nos salvouporque obrigou a meu pai a saír deSoria. El pensaba que era tan sinxe-lo como deixar entrar ao goberna-dor de Franco e darlle os poderes.Meu pai dixo que non abandonaba,que se non había forza maior el nonmarchaba. O tenente contestoulle:“esa forza maior son eu”. – Cando se decatan da gravidadedo momento?Creo que nunca. Non percibín medoporque había esperanzas de gañar.Temor, intranquilidade, desasose-go... pode ser. A miña nai era moioptimista e sempre tiña na boca afrase: “cando volvamos a Galiza...”.E nunca volveu.– Despois de Soria cara onde se di-rixen?A meu pai danlle un posto na Xuntade Defensa e de aí transládano a Va-lencia co goberno. – Pero antes paran en Madrid, onde se atopan coa súa irmá Am-paro.

Diversos momentos da vida de María Teresa.

No 1935 (a república), no 1942 (a ocupación nazi)

e logo cos seus fillos Margarida e Rafael.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 8

Page 9: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 9

Entrevista a Teresa Alvajar

César Alvajar Diéguez (1892-1965), empregado municipal exornalista, político republicano coruñés afecto ó Partido Re-publicano Radical, polo que foi candidato nas eleccións cons-tituíntes de 1931, dirixiu o Casino Republicano da Coruña e osemanario Adelante, amais de exercer de secretario de Ma-nuel Iglesias Corral (alcalde en 1932-34). En 1934 converteuse,xunto co médico lugués Vega Barrera, nun dos líderes do par-tido Unión Republicana en Galiza. Durante a Guerra Civil, ocu-pou o cargo de subsecretario do Ministerio de Propaganda noGoberno Negrín. Exilado en Francia, onde dirixiu as revistas LaNouvelle Espagne e mais República, órgao de Acción Demo-crática Republicana Española, en decembro de 1957 foi nome-ado delegado do Consello de Galiza en París.

Castelao levará unha boa impresión del na súa frustranteetapa no goberno da República no exilio e así llo confesaráaos demais galeguistas. Nunha carta a Alfredo Somoza di:“Penso tamén en Cesar. Parece mentira que se porten con élcomo se portaron. Advírtoche que eu evitei que lle fixesen un-ha falcatruada no tempo de Giral. Por eso che perguntei, poisa min parecíame que non-o ían ademitir máis e que as prome-sas que lle facían eran finxidas. Esas economías d-agora com-prendoas ben, pois sei a cuantía dos fondos de que dispoñíancando caíu Giral. Dille a César que sinto no corazón este con-tratempo, e dalle un abrazo meu e saúdos de Virxinia que selembra moito d-él. E cómo non imos lembrarnos, se él foi tanbo amigo ahí, onde tan poucos atopamos...”

Noutra carta máis explícita fai referencia a súa apostapor Alvajar: “Xa pensamos en César Alvajar. En Franza haitres deputados galegos e non contamos con ningún d-eles,nin con Portela. Alí hai un tal Plá, galeguista, que somentessirve para armar líos —ese foi sempre o seu oficio— i estouseguro que líos armaría a César. Temos, de por parte, a Lístere os seus partidarios galegos (César non se pudo librar d-es-ta nefasta influencia). O ano que pasei en Franza fíxoseme in-terminabel a causa dos maquiavelismos dos comunistas, que

contaban co apoio do pequeno grupo galego que alí eisiste.O Plá está entregado a Lister e non cesa de escrebir ao inte-rior contando mentiras, inxuriando e calumniando a todoscantos non lle fagan caso a él. Foi por esto que eu fun o úni-co Ministro que non tiña segredario. Pero, a pesares de todoelo, César Alvajar podía prestarnos un gran servizo e podía-mos, de paso, axudalo.

Para eso vou a esplicarche o plan que estamos estudando.Como xa che dixen máis arriba, o movimento federalista euro-peo ocupa a nosa atención e o discurso de César na Sorbon-ne, falando en nome de Galiza merece o noso sinceiro aplauso.Será ben observar que os comunistas están fora do movimen-to federalista europeo e César Alvajar arrédase deles pol-o fei-to de ser federalista e levar a voz de Galiza n-esa custión. Poisben; pensamos dirixirnos ao goberno vasco e ao Presidentecatalán (que é o único que queda do goberno de Cataluña) a finde entendernos con eles para aituar conxuntamente, en nomedos tres povos, no movimento federalista europeo.

Propoñeremos a constitución d-un soio Comité federalistaou a constitución de calisquer outro órgao representantivodos países autónomos de Hespaña, a fin de proclamar anteEuropa os nosos ideais federativos dentro do Estado a queperteñecemos, pois, en verdade, mal pode oferecer ningunhagarantia de armonía esterior un Estado que se nega a armoni-zar a súa própia diversidade nacional.”

Finalmente reproducimos o treito da carta de Suárez Pica-llo, o 31 de agosto de 1958, en nome do Consello de Galiza, sedirixe a Cesar Alvajar a respecto do movemento federalistaeuropeo, do que xa falaba Castelao, e as relacións cos do in-terior: “Eiquí en Buenos Aires hai unha especie de ‘filial’ domovimentop, mellor dito, do Consejo Federal Español, do queforma parte como galego o Presidente da Comisión de Facen-da do Consello de Galicia, don Manuel Puente. Mais como to-das as cousas españolas de eiquí é unha cousa morta, inerte,ou, como dis ti “inoperante”. Por eso queremos que ti ahí revi-vas o tema para aituar de cheo. Mentrastanto quedas plena-mente autorizado para aituar no noso nome, e ternos informa-dos, para nos aituar en todo dacordo ás tuas suxerencias.

DO INTERIOR DE GALICIA: O teu fillo Xavier está levandomaravillosamente os traballos de enlace con xente de Galicia.Estou preparando un informe sobre o Consello de Galicia -oque é, o que siñifica, o que fai e o que quer facer- para que elo faga circular no interior. Dille eso de parte miña e dille taménque coidamos que o centro de enlaces con Galicia debe serParis, e debe estar nas súas mans, fóra da correspondenciapersoal que eu poida ter desde eiquí. O grupo con quen nós ti-ñamos relacións –darredor de ‘Galaxia’- é tamén inerte ou “in-operante” –góstame a palabra- e, como ti dis, está na figuei-ra. Que siga no ‘cultural’, que neso –soio neso- esta moi ben!No outro non ven unha!”

CÉSAR ALVAJAR: A VOZ DE GALIZA EN EUROPA

César Alvajar, sentado rodeado da súa familia en París

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 9

Page 10: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

10 terra e tempo xullo-decembro 2008

Entrevista a Teresa Alvajar

Galeguistas velando o cadaleito de Antón. Enriba

identificamos a Elvira Bao (á esquerda) e nai de

Mª Teresa, Amparo López Jean

Amparo estaba no frente de enfer-meira e volvémonos ver cando ven aMadrid. Ela marchara con CasaresQuiroga, ao gañar as eleccións, cunposto no ministerio. Despois estivono servizo de espionaxe republica-no. De aí debeu ser a confusión can-do me meteron no cárcere e me acu-saban de espía. Ese tempo enMadrid foi difícil. A meu pai aca-bóuselle o diñeiro e a min acolleu-me un masón, polo que estiven se-parada de meus pais. Pasei porvarias casas até que meu pai tivoemprego e puiden ir vivir con eles.Ao pouco de partir o goberno a Va-lencia marchou Amparo e logo fo-mos nós. – En Valencia é onde casan Ampa-ro Alvajar e Arturo Cuadrado. Con Castelao de testemuña de voda.O casamento celebrouse no palaciode xustiza e estaba cheo. Foron deviaxe de noivos a Denia, que era o lu-gar de orixe de Arturo, e leváronmecon eles.

– Que actividade política lembra deseus pais en Valencia?Meu pai non saía de casa. Dedicába-se a escribir artigos que saían noMercantil Valenciano. Miña nai e euiamos todas as tardes a un café darúa da Paz e atopabámonos cos gale-gos que pasaran ao noso frente a se-guir loitando pola liberdade. A miñanai preocupáballe o que pasaba enGaliza. En Valencia viamos a Caste-lao, a Suárez Picallo... Lembro unbombardeo monstruoso e tamén aimaxe da miña nai desescombrandounha perrucaría que estoupara cunsnenos dentro. Ela estaba tirando oescombro, chorando e dicindo“meus fillos, meus fillos”. Miña naitraballou como mestra en Manises.Alí estivemos bastantes meses. Eumarchei a Barcelona con Arturo eAmparo e miña nai quedou en Va-lencia. Ela pasou a Barcelona a vís-pera do día que pecharon a estradaque chegaba de Valencia. Pasou cungalego chamado Martín Ferreiro quequedou na nosa casa. Logo morreuno campo de exterminio de Mau-thausen. – Nese tempo en Barcelona, tiñanen mente a volta a Galiza? Nunca pensamos que ían tomar Bar-celona. Miña nai sempre dicía: “can-do gañemos a guerra...”. Para min, anivel persoal, non foi unha época ma-la porque alí foi onde estiven con Elí-xio, pasei un tempo precioso porqueel foi o amor da miña vida. Logo pa-saría moitos anos sen velo. – Como coñece a Elixio Rodríguez? No Partido Galeguista. Miña nai erasecretaria do PG en Barcelona, conSuárez Picallo como presidente. Cas-telao tamén viña de cando en vez.Lembro que tiña a cara moi triste. Osgaleguistas tiñan un local e alí iamospolas tardes. Teño o recordo dun ac-to de Galeusca no que falaron vascos,cataláns e galegos defendendo a uni-dades dos tres. Ese acto fora na Casade la Dona. – Os primeiros que marchan deBarcelona con destino Franza sonAmparo e Arturo.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 10

Page 11: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 11

Entrevista a Teresa Alvajar

Son. Papá traballaba nunha axenciade prensa e chamouno o xefe paradicirlle que non había perigo. Pediu-lle que continuara dando as noticiasporque, se pasaba algo, xa lle man-darían un auto para sacar á familiade Barcelona. Ese auto nunca che-gou.– Pero eles conseguen tamén atra-vesar a fronteira francesa. Porque os empurro eu. Cando vexoque o auto non chega e percibo oque está pasando obrígoos a mar-char. Eles tiñan reparos polas male-tas, polas cousas e a documentaciónque tiñan pero eu asegureilles queme faría cargo de todo. Daquela xaera difícil saír de Barcelona. Habíauns trens que saían da praza de Ca-taluña para a fronteira pero eles xanon os deron collido. Foi cando mi-ña nai viu un camión con militantesda CNT e parouno para pedirlle queos levaran. Dalí foron para Girona,onde estaba Elixio. Miña nai tiña un soño que se lle re-petía sepre e era que, canto máis ca-miñaba, máis se afastaba de Galiza.E parecía que o soño se cumpría. EnFranza, ela foi dar no campo de con-centración de Argelés sur Mer ondevivían todos apiñados e a xente mo-rría co frío, coas feridas ou coa fame.Cando meu pai conseguiu sacar a mi-ña nai do campo de concentración,foron para Normandía, onde traba-llaban facendo uniformes para ossoldados nunha fábrica de tecidos.– Vostede, en cambio, decide re-gresar á Coruña.

Toda a miña ilusión era volver á Te-rra. Atopei nas Ramblas un soldadogalego que resultou ser afillado dunamigo de meu pai e ofreceuse a le-varme. Primeiro metérame nunhaoficina de Falanxe para conseguirun dos bonos que xestionaban paraque as persoas puideran volver aosseus lugares de orixe. Fíxenme conun pero era difícil coller un desestrens co cal apañei un de pasaxeirosescondida tras un capote militar, fa-céndome pasar por home, porquenon levaba nin documentación, nincartos, nin nada. Tardei cinco díasen chegar á Coruña. – Cada un dos catro irmáns ten, ne-se momento, unha situación difícile diferente. Cando terminou a guerra non habíadúas persoas da miña familia nomesmo sitio. Javier estaba escondi-do porque pasara ao frente Republi-cano e xa non puido chegar ondanós. Estaba perseguido por desertore tivo que agocharse nunha aldea.Cada quen escribía preguntando po-lo resto e ninguén sabía de todos.Eu, cando cheguei á Coruña, estivencontrolada e perseguida. Veu unmozo a facerme preguntas de Barce-lona e miña irmá Ana pediulle queme deixara, que estaba moi cansa.Despois veu un policía de Burgoscoa acusación de que era roxa e pre-sidenta de checas. Interviu entónun amigo de meu pai que pediu queme trataran con consideración por-que, de non ser así, tería andado decárcere en cárcere.

Teresa participou xunto coa súa nai na intensa

actividade que os galegos tiveron en Barcelona

durante a guerra. Castelao será a figura que

sobranceiramente planeará ao redor de todo o

que se fai a prol da causa da nosa Terra que

daquela era tamén a causa da República

A esquerda unha publicación que dá conta das

actividades dos republicanos galegos na Francia

e nas que tivo un papel relevante o pai de Mª

Teresa, Cesar Alvajar

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 11

Page 12: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

12 terra e tempo xullo-decembro 2008

Entrevista a Teresa Alvajar

– Tardan moito en detela?Non. Viñeron seis gardacivís a casaa determe. Mira, tan pequena, tanpouca cousa e que medo tiñan demin! Leváronme ao cuartel e alí esti-ven desde as dez da mañá ate as seisda tarde tomándome declaración.Preguntábanme polo meu pai, por-que pensaban que estaba agochado,e tamén pola miña nai. Convencinode que estaba fóra e os gardas dixe-ron que non había nada contra minpero leváronme aos militares queforon os que me mandaron ao cár-cere. Non chorei, non lles podía darese gusto.– Coincide con moitas presas políti-cas?Lembro a Esther Casares, a Otilia Bal-boa, a Elena que era unha muller deSantiago casada con Alfredo Caama-ño, unha que estaba mala dos ósos etamén se me ven á cabeza outra que sechamaba Laura, á que lle mataran aoseu compañeiro por comunista. Acór-dome dela porque cada vez que Fran-co ía á Coruña ela entraba no cárcere. – Que lembranza ten do cárcere?Estivo dentro cinco meses, non?Estiven. Lembro que me levaron parao calabozo un mes porque unha tardeme deu por cantar unha canción coaletra da Xoven Guardia e cinco perso-as máis cantaron conmigo, cinco co-munes. Cando rematamos veu o xefeda sección a preguntar quen cantara eunha que se chamaba Antoñita, queestaba na cama, dixo que ninguén.Entón contestou: “Se non foi nin-guén, este ala ao completo queda cas-

tigada sen patio e sen comida da rúa”.Cando oín iso acuseime, dixen quefora eu, porque non quería que casti-garan a ninguén. Alguén denunciou adúas máis e nos meteron no calabo-zo. Estiven alí un mes, manténdomecun rancho que era incomíbel. – A súa cidade de nena desmoro-nárase. Da súa familia só quedan naCoruña dúas mulleres novas, sengrandes recursos económicos e per-seguidas polo réxime. A tranquili-dade de antes convértese agoranunha situación tremenda. Pasamos a depender doutros que nosacollen. Miña irmá, cando eu volvínde Barcelona, estaba a vivir cunhamuller que fora neneira de meu pai.Cando eu saín do cárcere metémonosna casa dunha muller que pertenceraá Agrupación Republicana Feminina,Adela, muller de Antonio Mejuto, aoque expulsaran do concello por repu-blicano. Esa señora, que case non ti-ña para a súa familia, acolleunos amiña irmá e máis a min, e tamén foia que agochou ao meu irmán, que es-taba perseguido. – Cando marchan para Franza?Miña irmá comeza a tramitar a docu-mentación e, ao comezo, néganlle ospasaportes. Cando os conseguimoscomezamos a viaxe o 14 de abril de1940 que saímos da Coruña ás vintehoras rumbo Franza pola fronteira deIrún. Chegamos a París e fumos á ma-sonería -meu pai era masón- para pe-dir axuda co fin de chegar a Norman-día, onde estaban meus pais.Quedamos unha semana en París.

Homenaxe ás mulleres represaliadas polo

franquismo. Mª Teresa intervirá para lembrar

ás súas compañeiras da cadea da Coruña.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 12

Page 13: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 13

Entrevista a Teresa Alvajar

Andada a década dos noventa, uns poucos pero sorprendentesdatos puxéronnos sobre a pegada de Amparo Alvajar López.Daquela, a que fora funcionaria internacional en Europa, tradu-tora e autora e directora teatral, vivía retirada nun caserón enMonçao, ao outro lado do Miño pero coa mirada posta na Gali-za á que nunca regresou. Filla de César Alvajar e Amparo LópezJean, Amparo nacera o 8 de agosto de 1916 na Coruña, cidadena que desenvolvería a súa primeira formación e na que que-daría marca da súa modernidade e do seu vivir libre. Colabora-dora de Casares Quiroga, marcha con el a Madrid, onde se es-tablece antes do golpe militar que fai que se desprace aValencia, cidade na que casa con Arturo Cuadrado para logomarchar a distintas cidades francesas e embarcar no Massilia

rumbo ao exilio bonaerense. Antes de baixar daquel barco, Am-paro ten un aborto pouco despois da morte nun refuxio francésda súa filla de meses vítima dunha pulmonía. De Amparo Alva-jar escribira Luis Seoane: “Cunha obra moi disgregada polascircunstancias, é unha das mulleres de formación intelectualmáis traballada da Galiza de hoxe e unha importante escritora,con obra feita e tamén espallada nunha e outra cidade, Bos Ai-res, Nova York, París, Xenebra”. Na busca de Amparo Alvajardemos con Ana María, residente entón en Madrid e autora des-pois do libro Notas sobre Amparo Alvajar, exiliada gallega (Edi-ciós do Castro, 2000), un volume que recolle a súa obra dramá-tica e un conxunto de extraordinarias cartas da escritora.A procura de Amparo abriunos a porta de Ana María, unha mu-ller miuda e nerviosa que, nos seus últimos anos só tiña dous ob-xectivos vitais: ver publicadas as súas memorias e traer os res-tos dos seus pais á Coruña, como nos diría nun encontro nunhatarde de inverno en Madrid. O primeiro desexo poderíao ver envida. Ediciós do Castro tira do prelo no 2002 as súas memoriasSoltando lastre, un relato da súa vida polo que transita toda a fa-milia Alvajar e no que aparece, con presenza propia, Mª Teresa,a máis pequena dos irmás, sobre a que Ana María deita no libroo seu afán protector, en especial cando a cativa padece o cár-cere da Coruña e cando, despois, deciden fuxir as dúas caraFranza. Violinista e escritora, Ana Mª mantiña o orgullo de fami-lia burguesa xunto á necesidade de xustiza por todo o sofremen-to que os seus tiveron que padecer. Nas últimas conversas con-fesaba que non quería morrer sen que César Alvajar e AmparoLópez Jean descansasen para sempre en Galiza. Infelizmente,Ana María non puido conseguir ver cumprido o seu segundodesexo. Morre poucos días antes de que, en xaneiro de 2006, ascinsas de seus pais descansen para sempre en San Amaro, ocemiterio coruñés que ela tamén elixiu para ser enterrada.Nese acto tan agardado ao que Ana María non pode xa asistir,Mª Teresa aparece como a última testemuña da historia das Al-vajar. Alá está ela na imaxe dun acto histórico, recibindo nasúa cidade corenta anos despois, a memoria de seus pais, asúltimas cinsas daqueles César e Amparo que abriran na Cida-de Vella unha casa feliz que Mª Teresa Alvajar López non es-quecerá xamais.

AMPARO, ANA MARÍA, Mª TERESA. TRES ALVAJAR CON HISTORIA

Amparo López Jean Amparo Alvajar López

Ana María Alvajar López Mª Teresa Alvajar López

Cando cheguei a Normandía miña naidixo que era mellor que traballara euno seu lugar na fábrica de tecidos pa-ra quedar ela na casa porque a miñairmá Ana chegara moi destruida eprecisaba os seus coidados. Faciamosuniformes para soldados.– Alí teñen que vivir outra guerra. Cando os alemáns invaden Normandíainstalan un campamento onde nós vi-viamos. Foi un medo terríbel. Meu paiagochou toda a documentación. Nós

daquela xa tiñamos os pasaportes parair a América pero ao chegar os alemánstodo se foi abaixo. Logo pechou a fá-brica de tecidos e eu tiven que ir traba-llar de criada á casa dunha muller alsa-ciana. Dese pequeno soldo e as leciónsque daba meu pai iamos tirando conmoitas penalidades.– Aínda falaban entón de volver aGaliza?Daquela xa vían que non ía ser posíbel. – Despois van para Montauban.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 13

Page 14: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

14 terra e tempo xullo-decembro 2008

Entrevista a Teresa Alvajar

“VIVA GALIZA CEIBE!”

A primeira vez que tivemos oportunidade de asistir a unha in-tervención pública de Mª Teresa Alvajar foi en abril de 2007 enCompostela. A Consellaría de Cultura e Deporte, a través daDirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, organizaba noTeatro Principal da capital galega a homenaxe “Mulleres conMemoria” na que foran convidadas máis de trinta mulleresque, dun xeito ou outro, viviran a represión franquista. O a deAlvajar fixo que Mª Teresa fora a primeira en subir ao escena-rio, apenas comezado o acto. O silenzo do teatro rompeusecun inesperado e enérxico “Viva Galiza Ceibe!” que estreme-ceu ao auditorio e fixo que os máis dos presentes se pregun-taran quen era aquela muller da que apenas existían datos. Mª Teresa Alvajar pasara case toda a vida fóra da súa Terra,lamentábase de que lle tiveran “roubado a lingua” pero, can-do isto dicía, agasallaba cun discurso nun galego fluido, abo-fé que mantido como un tesouro nas súas casas de Barcelo-na, París, Montauban, Madrid ou Sevilla. Esa era a primeiraintervención á que asistimos. A primeira imaxe viña dun anoatrás, cando ela é xa a única filla supervivinte que asiste aoenterro das cinsas dos seus pais César Alvajar e Amparo Ló-

pez Jean no cemiterio de San Amaro, na Coruña, despois deestaren corenta anos depositados en París. Nestes dous actos, Mª Teresa Alvajar revélase coma unha vozfirme na recuperación da nosa memoria, coma unha testemu-ña singular que continúa mantendo a xustiza coma un dos ob-xectivos que conducen a súa vida. Recolle, na súa palabra, amemoria dos seus, de seu pai César Alvajar e, de maneira es-pecial, de súa nai Amparo López Jean, de quen aprendeu a li-berdade, o amor á terra e á língua e a vontade de regresarsempre a este país. Tamén de seu irmán Javier e, con singularrelevo, das súas irmás Ana María e Amparo, mulleres con bio-grafías que se entrecuzan pero que, dalgún xeito, teñen comodenominador común o ter vivido situacións difíciles e ter saídodelas por si proprias con valentía. Quen tivo ocasión de ver falar a Mª Teresa Alvajar en Com-postela non perdeu a oportunidade de asistir ás outras citasque a traerían a Galiza no transcorrer dos anos 2007 e 2008,convites que ela aceptou de contado e nos que participouemocionada e contenta polo traballo que se estaba a facer nofin de recuperar a memoria dos que tiveron que abandoar aTerra. Estivo en Compostela no seminario “Memoria e cidada-nía” organizado pola CIG-Ensino e a ASPG, na Illa de San Si-món na Homenaxe ao exilio galego e nas xornadas Exilios fe-mininos da Consellaría de Cultura e Deporte en 2008 e poucodespois volveu a Pontevedra a recoller o Premio Día da GalizaMártir. En todas as súas intervencións retrataba o que o golpemilitar e a posterior represión supuxo para ela e para todos osseus. Da infancia feliz na Coruña pasaba ao “nunca máis nosvolvimos xuntar” que tantas veces repetiron os membros dasúa familia. A menor das Alvajar, posibelmente tamén a menoscoñecida ate entón, comezou a ter voz propia, a ser a teste-muña única que reaparece con forza para que todos nós lem-bremos, para convocarnos á súa memoria intacta, aos datoslabrados con forza para non ser esquecidos.

Intervención de Mª Teresa na homenaxe ao exilio

Mª Teresa, diante do monumento a Bóveda, coa súa filla Amalia Bóveda.

Recepción do Alcalde de Pontevedra con motivo do Día da Galiza Martir

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 14

Page 15: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 15

Entrevista a Teresa Alvajar

Mª Teresa participou en todo canto acto foi

convidada para lembrar aos silenciados e, sobre

todo, ás silenciadas, como as súas compañeiras

da cadea, aquí vémola intervindo nun acto xunto

a profesora Aurora Marco, autora do "Dicionario

de mulleres galegas"

Meu pai fixo un escrito pedindo quenos deixaran pasar para a zona libre.A Gestapo deunos consentimento.Iamos para Vichy e un policía francésque falaba español parounos antes dechegar. Miña nai tiña medo de quefora un policía de Franco e viña cho-rando dicindo que meu pai fóra deti-do. Cando viron que levabamos a do-cumentación en regra deixáronnosmarchar e fómonos bañar, porque fo-ran cinco días de viaxe desde Nor-mandía a Vichy. Meu pai decidiu ir aMontauban, onde Azaña tivera unenterro impresionante. – Alí vostede casa cun catalán. No ano 42. Foi un tema triste. Eltraballaba nos cuáqueros como xefede compras e pasou algo do que pre-firo non falar. Mandoume a Barcelo-na a casa da súa nai para contarlleos apuros que estaba pasando e oaxudara a saír do pozo no que semetera. Alá fun e atopeime con tressogras, a miña e as súas irmás, amáis nova de setenta anos. Ia cunhanena de meses e preñada dun nenosen sabelo. Alí tiven de todo menoscariño. – Súa nai morrera en Montauban. Un mes antes de nacer a nena. Son aúnica dos fillos que estou alí naquelmomento. Miña nai morre de pena.Non teño dúbida. Ana María regresa-ra para intentar mandar a meu irmána Franza porque miña nai suspirabapor Galiza e polo seu fillo. Escribíallecartas nas que dicía: “Mándame a es-tampiña que che pedín...”. A estampi-ña era o seu fillo. Naquel tempo osalemáns invadiran Franza e xa non sepuido facer nada. – Perde en Barcelona vostede con-tacto coa familia?Escribíame algunha carta con AnaMaría pero ela estaba tamén en ma-la situación e non me podía botarunha man. Amparo estaba en BosAires e meu pai só en Franza. Alí es-tiven en traballos moi duros, porqueen todas partes dicían: “roxos non”.Traballei, por exemplo, nun mata-doiro clandestino fóra de Barcelona.Erguíame ás cinco da mañá e tiña

unha tortilla francesa como únicacomida. Era unha vida insoportábelpero tiña que sacar adiante os meusfillos. – Co seu pai vólvese atopar de no-vo en París. No 58 volvo a París e estiven alídous anos e medio. Separárame domeu home e tiña un compañeiro coque tivera unha filla. Cando a nenatiña dous anos pedín excedencia naMutualidade na que traballaba emarchamos para Franza. Antes pa-sara por moitas calamidades e tra-ballos moi duros. Son tempos queme fan mal. Non quero recordalos.Cando me atopo co meu pai levodesde o ano 42 sen velo. Avellenta-ra moito. Xa sabía que non volveríaa Galiza. – Alí ten a súa cuarta filla e ten quefacer a súa vida soa. Unha vida tremenda. Tiro para adian-te tamén grazas a Amparo que meaxudaba un pouco. Entón ela estabaen Nacións Unidas e mandábame ca-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 15

Page 16: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

16 terra e tempo xullo-decembro 2008

Entrevista a Teresa Alvajar

da mes algo de cartos. Eu traballabalimpando casas e así fun saíndoadiante porque o meu compañeiroabandonárame. – Regresa logo a Madrid. Danme finalmente o reingreso naMutualidade na que traballaba, nasucursal de Madrid, que tarda moitoporque non podían soportar que tive-se marchado co meu compañeiro aParís sen casar. Cando entrei un com-pañeiro dixo: “coidado con esta que éroxa”. Xa ves o ambiente. Foron anose anos sen poder falar, sen abrir boca.Cando oín por primeira vez a Inter-nacional no altavoz duns coches quepasaban pola Gran Vía, onde traballa-ba, comecei a tremer de arriba a abai-xo. Nunca deixei de pensar nos quemorreran aquí. – Vostede volve con emoción a Ga-liza para participar en actos de recu-peración da memoria histórica. Ta-mén Ana María compartía esavontade pero Amparo decide nonregresar nunca e pasa os seus últi-mos anos en Monçao, na fronteirade Portugal con Galiza.Sofrira moito. Foi a Portugal por-que, desde alí, podía ver Galiza.Sentaba na beira do río e íanse asmans sinalando. Quería estar enGaliza pero non podía. Creo que to-do o que pasara a marcou para sem-pre. Nucna falou conmigo diso.Nunca quería falar.– Amparo ten un aborto antes debaixar do barco que a leva ao exiliode Bos Aires. Daquela xa lle morre-ra a súa primeira filla.

Morrera con oito meses nun refuxiode Toulouse, dunha pulmonía. Logoseparouse de Arturo Cuadrado. – Marcha para Europa. A traballar en distintos organismosinternacionais. Primeiro na Unescoen París. – Dá a impresión de que as tres ir-más Alvajar toman as rendas da súavida con valentía. Teñen biografíasinusuais para as mulleres do seutempo. Inflúe niso a figura da súanai?As tres temos moito da nosa nai. Eudébolle moito e por iso reivindicotanto a súa memoria. Dáme rabia quenon se fale dela e só se mente o papelde meu pai. Lembro que cando os ale-máns entraron en Normandía miñanai foi quen decidiu que tiñamos quemarchar de alí. Entón dixo o que erao lema da súa vida: “o que sexa de unque sexa de todos”. – Como ve agora que se esté a re-cuperar a memoria daquel tempo?Moi ben, pero xa se debeu ter feitoantes. Foi a peor das guerras. Galizaestá chea de mártires. As estampas deCastelao son tremendas. Din dabon-do do que pasou aquí, onde non hou-bo guerra senón crimes, asasinatos,destrución de familias. A min quitá-ronme todo, a lingua, a terra. Iso nonpodo perdoalo. Aínda estou no exilio,sigo no desterro, choro e soño por Ga-liza. Sabes o que é soñar noite trasnoite o mesmo? Que volves á terra,que andas polas mesmas rúas, por on-de viviches e terminas na Praza deMaría Pita, mirando a ventá da oficinaonde traballaba meu pai. Iso todas asnoites. E levántome tan cansa comose tivera feito a viaxe. Sempre co mes-mo final, mirando aquela ventá. – A súa familia non volve á Coru-ña pero Ana María teima en traer ácidade as cinsas dos seus pais. Así é, e veñen pouco despois da mortede Ana María. Eu tiña pensado quecando morra me incineraran e levaranas miñas cinzas ao Parrote, pero miñairmá díxome que xa que de vivas nonestiveramos xuntas pois que nos ente-rraran xuntas de mortas na Coruña �

Mª Teresa en San Simón na homenaxe ao exilio

feminino

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 16

Page 17: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 17

Page 18: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 18

Page 19: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 19

Economía

Non cabe dúbida de que no nacionalismo galego

callou a idea da importancia de contar cun

financiamento xusto para as institucións propias e

da importancia de rachar co mito da Galiza

subsidiada a través do estudo do balance fiscal, e o

nacionalismo político ten afondado nestas materias e

creou un discurso e propostas propios. No entanto,

dentro do apartado financeiro, son poucas as

achegas realizadas sobre o comportamento do sector

financeiro, vital como podemos ver hoxe, despois da

crise financeira, para calquera economía.

CLODOMIRO MONTEIRO MARTÍNEZ

Secretario Nacional da Federación da

Banca da Confederación Intersindical

Galega (CIG). Traballador en Caixa

Galicia

Achega ao SistemaFinanceiro Galego

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 19

Page 20: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

20 terra e tempo xullo-decembro 2008

Economía

Libreta da Caixa de Aforros de Pontevedra

asinada polo seu promotor Alexandre Bóveda

en calidade de Director

O PRIMEIRO atranco para calqueraaproximación a esta cuestión é a faltade información, pois ao día de hoxenon hai ningún organismo nin institu-ción galega que coñeza como son in-vestidos, como e onde son prestadosos aforros e os depósitos que os gale-gos e galegas, as institucións públicase as empresas depositan nas entida-des financeiras que actúan na Galiza.

Durante anos foi relativamentedoado seguir o rastro do aforro gale-go, ao ser Galiza unha zona captadorade recursos que finalmente eran in-vestidos noutras zonas do Estado an-tes de pasar polo mercado “interban-cario”, no que as entidades galegasprestaban diñeiro a outras entidadesdo Estado. Actualmente, bancos e cai-xas do País optaron por se expandi-ren fóra de Galiza, procurando “colo-car” directamente os “excesos detesouraría” noutras zonas do Estado,o que torna difícil controlar o destinodos depósitos e, polo tanto, cuantifi-car cal é o destino dos recursos finan-ceiros xerados pola economía galega.

Neste caso, é de xustiza recalcarque non se trata totalmente de faltade competencias, senón dunha inten-ción política clara de non exercelaspor parte dos partidos españois queestiveron á fronte da Consellaría deEconomía. O Estatuto de Autonomíade Galiza, no seu artigo 30, dota decompetencias exclusivas en materiade Institucións de crédito corporativo,público e territorial e Caixas de Afo-rros. Sendo unha competencia exclu-siva, Galiza ten capacidade lexislativa,regulamentaria e executiva. Lamenta-belmente, a lexislación galega a res-pecto das Caixas de Aforros é unhanormativa de mínimos, de moito me-nor calado que noutras ComunidadesAutónomas que non teñen a conside-ración de ‘nacionalidades históricas’.

É hora, pois, de facer valer o mar-co competencial, mais tamén de ne-gociar novas transferencias para con-seguir un maior control dos recursosdo sistema financeiro galego. Si algonos está a ensinar a crise financeiramundial, é que o “posíbel” se torna

insuficiente, e o preciso se convertedía a día en politicamente correcto.

A SOLVENCIA DAS ENTIDADES DOESTADO ESPAÑOL E O PAPEL DOBANCO DE ESPAÑA. Desde o estou-pido da crise, hai unha falsa percep-ción sobre a solvencia das entidadesfinanceiras do Estado Español, e sobreo papel do Banco de España. Os ana-listas e responsábeis políticos do go-berno central destacaron que estas en-tidades ficaron fóra da crise financeiramundial grazas ao papel do Banco deEspaña: un mito que convén aclarar.

O Tratado da Unión Europea es-tabelece como un dos principios bási-cos o libre movemento de capitaisdentro da Unión, o que leva á crea-ción dun sistema financeiro europeoinserido nun sistema financeiromundial totalmente liberalizado.

A adhesión do Estado Español ámoeda única levou ao sometementodo Banco de España ao Banco CentralEuropeo. Así mesmo, o Banco de Es-paña forma parte desde o ano 2001do Comité de Supervisores Bancariosde Basilea, sendo este organismo oencargado de elaborar as normativasde funcionamento da actividade ban-caria que posteriormente son trasla-dadas aos Estados da Unión a travésde Directivas Comunitarias.

Os Acordos coñecidos como Basi-lea I e Basilea II avanzan cara a un sis-tema financeiro totalmente liberaliza-do, e no que a autoregulación dasentidades, xunto coa regulación dopropio mercado e a supervisión dosBancos Centrais completan a supervi-sión e regulación da actividade do sis-tema financeiro, sendo esta unha vi-sión ultra neoliberal que está na orixeda crise actual. As normas Basilea IIson de aplicación a través das Direc-tivas 2006/48 e 49 da Unión Europea.

Estas normas de carácter europeocomplétanse a nivel estatal coa Lei13/1985 e 13/1992, modificadas polalei 36/2007 e pola Lei Financeira4/2002 posta en marcha polo ex-Mi-nistro Rodríguez Rato, gardián da or-todoxia neoliberal.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 20

Page 21: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 21

Economía

O Estatuto de

Autonomía de Galiza,

no seu artigo 30, dota

de competencias

exclusivas en materia

de Institucións de

crédito corporativo,

público e territorial e

Caixas de Aforros

Este é o marco normativo neoli-beral polo que o Banco de España su-pervisa o sistema financeiro do Esta-do Español a través da emisión decirculares e recomendacións.

Dentro da actividade reguladorado Banco de España, a única normati-va diferenciada, cun alcance máis querelativo, é a obriga para as entidadesde estabelecer provisións anticíclicaspara casos de falta de pagamento,sendo esta unha medida adoptadadespois da intervención do Banestono ano 1993.

En outubro do ano 2008, a taxade cobertura de Bancos e Caixas di-minuíra até 87%, nomeadamente po-lo impacto no balance das Caixas doestoupido da crise no sector da cons-trución. Ao peche do ano 2007, a co-bertura das Caixas de Aforros estabasituada en 212% (chegou a ser de300%), mais a final do 2008, malia asprovisións voluntarias realizadas po-las entidades, a taxa de cobertura es-taba entre 60 e 50% en outubro de2008 en Caja Madrid, Caixa Catalun-ya, Bancaja ou a CAM.

Os datos facilitados polas CaixasGalegas non hai que analizalos concerta cautela: Caixa Galicia dicía teren outubro unha cobertura de 87% eCaixanova de 88,9%. Mais hai quelembrar que as dúas Caixas procede-ron á venda de empresas e participa-cións industrias, recollendo plusvalíasmultimillonarias que foron aplicadasa provisións voluntarias. A modo deexemplo, só coa saída de Unión Feno-sa, Caixa Galicia tivo unhas plusvalíastotais de 740 millóns de euros, e Cai-xanova de 465 millóns e euros.

Con todo, grande parte dos ana-listas sinalan que as provisións dasCaixas se esgotaran en marzo de2009, dado que no mes de xaneiro osactivos dubidosos chegaron aos32.260 millóns e euros.

Xa que logo, se a actividade su-pervisora e reguladora do Banco deEspaña é limitada, hai que buscar a“fortaleza” do sistema financeiro doEstado Español que o mantiveron ámarxe da primeira onda da crise fi-

nanceira internacional en caracterís-ticas de seu.

As entidades de crédito do Esta-do eran tomadoras no mercado fi-nanceiro internacional, co fin de ob-ter recursos para a súa expansión(internacional no caso da Banca e fó-ra dos territorios de orixe no caso dasCaixas de Aforros) e para manter ealimentar a burbulla inmobiliaria.

Dado que eran tomadoras nestemercado, a priori estiveron menos ex-postas que as entidades do resto deEuropa aos produtos tóxicos da bancade inversión dos EUA, as famosas hi-potecas subprime, ou incluso as esta-fas piramidais, situación que pouco ounada ten a ver coa actuación do Bancode España. Sen ir máis lonxe, na esta-fa e “Madoff” as entidades aparente-mente non se viron afectadas pola es-tafa piramidal, mais si os seus clientes.Onde estaba o Banco de España?

Non é menos certo que a crise fi-nanceira internacional orixinou unhafalta de liquidez nos mercados finan-ceiros que afectou directamente ban-cos e caixas de aforros, nomeada-mente estas últimas, que utilizabanen maior medida as emisións de títu-los con garantía hipotecaria, nomea-damente células hipotecarias, para acaptación de pasivo.

Os vencementos de débeda (di-ñeiro prestado ás entidades do Esta-do pola banca estranxeira) supuñanunha ameaza para a liquidez e inclu-so para solvencia destas entidades, oque levou o Goberno a substituír omercado coa inxección de 150.000millóns de euros, cantidade practica-mente idéntica aos vencementos aosque deben facer fronte caixas e ban-cos durante os anos 2008 e 2009.

Mais a ameaza para a solvenciadas entidades financeiras continua,xa que están especialmente expostasao estoupido da burbulla do sector in-mobiliario. No ano 2007, a exposiciónmedia era de 60% –70% no caso dascaixas e de 50% no caso da banca– fei-to sobre o que alertaron nos seus in-formes as distintas axencias interna-cionais de cualificación.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 21

Page 22: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

22 terra e tempo xullo-decembro 2008

Economía

Caderno de estudos de Alexandre Bóveda, quen

co tempo porá os seus coñecementos financeiros

a prol da causa galega

Esta elevada exposición ao sectorinmobiliario, a sobrevaloración dosbens hipotecados (as taxacións eranrealizadas por empresas das propiaentidades sen ningún control) e o po-síbel medre da morosidade derivadado incremento do desemprego, cons-titúen hoxe unha ameaza máis que re-al para a solvencia de bancos, e máisespecialmente das caixas de aforros.

Algunhas persoas defendemosesta tese desde o estoupido da crise,e agora é recoñecida mesmo polaspropias empresas. Na publicación dexaneiro 2009 dos Cuadernos de Infor-mación Económica da Funcas (Funda-ción das Caixas de Aforros), estas re-coñecen que os problemas no sectorda construción teñen un tempo demaduración maior e tardan máis enaflorar que as perdas de capital aso-ciadas a instrumentos financeiros, po-lo que a crise financeira chegará ao Es-tado de xeito máis paulatino.

O MODELO DE SISTEMA FINAN-CEIRO E AS CAIXAS DE AFORROS.Despois da inxección pública de li-quidez ás entidades que tiña comofin garantir a súa supervivencia, a so-ciedade reclama que esta liquidez setraduza nunha maior financiamentoa empresas e particulares. Como vi-mos anteriormente, non é que ban-cos e caixas non queiran prestar di-ñeiro (é a fonte da súa actividade); éque non poden, xa que está ameaza-da a súa propia supervivencia.

A crise económica actual derivadada crise financeira demostra sen dú-bida algunha a importancia de contarcon entidades de crédito solventes,da importancia dun sistema financei-ro san. En resumo, a importancia daspolíticas financeiras para calqueraeconomía.

Historicamente, dentro do siste-ma capitalista distinguíronse dousmodelos de sistema financeiro basea-dos na súa relación cos sectores pro-dutivos, modelos que estaban a sersoterrados pola ofensiva neoliberal.

Por unha banda, o sistema anglo-saxón, caracterizado pola relación

distante cos sectores produtivos, noque as entidades non participan di-rectamente no capital das empresas,reducíndose o seu papel á interme-diación financeira.

Por outra, o coñecido como ‘siste-ma continental’, o histórico modeloalemán ou xaponés, caracterizado porunha forte relación entre as entidadesfinanceiras e os sectores produtivos.

Pódese afirmar que existe un con-senso na sociedade galega sobre a ne-cesidade de contar con entidades pro-pias que podan apoiar as empresas esectores económicos estratéxicos ga-legos en determinados momentos, eactualmente cada vez é maior o nú-mero de persoas que entenden que épreciso contar cunha Banca Públicaque cumpra hoxe este papel.

Un papel que para moitos deberaser cuberto polas caixas galegas, quedefendemos que a banca baixo controlpúblico xa existe, só fai falta regulala eafondar noutro modelo de xestión.

A lexislación sobre as caixas deaforros non cualifica a súa naturezaxurídica, polo que foi obxecto de dis-crepancia xurídica o seu carácter deentidades públicas ou privadas, no-meadamente ante a consideraciónpor parte da Unión Europea dos in-vestimentos no capital de determina-das empresas ou os préstamos conce-didos ás mesmas como axudaspúblicas. Esta polémica foi resoltapor vía xudicial cunha sentenza clara-mente política que definiu as caixascomo entidades privadas, algo quenon podemos compartir. As entida-des que naceron por iniciativa das ad-ministracións públicas, como é o casodas caixas galegas, son entidades pú-blicas tanto pola súa fundación, co-mo pola presenza das administra-cións nos órganos de goberno, enaturalmente pola súa natureza so-cial. As nosas caixas de aforros estánchamadas a desempeñaren o papeldunha inexistente Banca Pública.

O DEBATE SOBRE A FUSIÓN DASCAIXAS DE AFORROS. Hai abertona vila e corte de Madrid un debate

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 22

Page 23: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

A maior parte dascaixas de aforroseuropeasdesapareceron pola súaprivatización etransformación enbancos. Non cabenentidades públicas nunsistema financeironeoliberal

xullo-decembro 2008 terra e tempo 23

Economía

A expansión das caixas fora de Galiza dá lugar a

un proceso de desgaleguización dos órganos de

goberno, á perda da súa identificación co país,

coas súas necesidades, coa súa xente, en

definitiva, o desarraigo da nosa realidade

sobre a necesidade de avanzar nasfusións das caixas de aforros inter-territorios, da necesidade de modifi-car a Lei Orgánica de Caixas de Afo-rros (LORCA) para que sexanorganismos estatais os que decidaneste tipo fusións. O Banco de Espa-ña considera que o ideal sería queno Estado Español quedaren só cin-co caixas, co obxectivo final de pri-vatizalas a través da emisión de co-tas participativas.

A Lei 44/2002 de medidas de re-forma do sistema financeiro, a Lei Fi-nanceira coñecida no sector como LeiRato, aprobada polo último gobernodo Partido Popular, estabelecía a posi-bilidade de fusións entre caixas dedistintos territorios. Hoxe son públi-cos os achegamentos do PSOE ao PPco fin de chegaren a un consenso paramodificar a Lei Orgánica de Caixas deAforros e centralizar esa competencia.

Tamén, e desde hai anos, dentrodo sector abriuse un debate sobre aposibilidade dunha fusión virtual en-tre caixas de distintas Comunidades,un debate no que está implicada CaixaGalicia. Neste modelo, as entidadesmanterían a súa personalidade xurídi-ca, a marca e a razón social, mais com-partirían os servizos centrais.

Chegados a este punto, é inevitá-bel referirse ao debate artificioso so-bre a fusión das caixas galegas, anali-zando en primeiro termo a situaciónactual do Sistema Financeiro Galego.

Caixa Galicia nace no ano 1978coa fusión das Caixa de Aforros deMonte de Piedade da Coruña e Lugo(fusionadas previamente no 1944) e aCaixa de Aforros de Santiago. Na dé-cada dos oitenta, o proceso de con-centración tivo un maior impulso coaabsorción da Caixa de Aforros Pro-vincial de Lugo (1982) e das CaixasRurais da Coruña, Pontevedra e Ou-rense (entre o 1986 e o 1988).

Pola súa banda, Caixanova é o froi-to da absorción por parte de Caixa deAforros Municipal de Vigo, da Caixade Aforros Provincial de Ourense e daCaixa de Aforros Provincial de Ponte-vedra, entre o ano 1999 e o 2000.

En definitiva, o sistema financei-ro galego é un dos máis concentra-dos de todo o Estado, as fusións-ab-sorcións xa se deron en Galiza nosanos oitenta.

Malia o tempo transcorrido, nonhai estudos sobre o impacto econó-mico sobre o agro galego da desapari-ción das caixas rurais nos anos pos-teriores á entrada do Estado Españolno Mercado Común Europeo no ano1985. Non foi casual que desaparece-ran estas entidades xusto cando oagro galego precisaría dun maiorapoio económico para afrontar a re-conversión imposta desde Bruxelas.

Tampouco hai estudos económi-cos sobre o impacto da perda de ins-trumentos financeiros propios para aProvincia de Ourense despois da ab-sorción de Caixa Ourense por partede Caixanova, malia que, sen dúbi-das, os seus efectos se están a notaraínda hoxe.

En definitiva, unha fusión contri-buiría a concentrar un maior podereconómico e político, así mesmo teríaun grande custo empresarial en mate-ria de cohesión territorial, sen esque-cer o custo laboral en materia deemprego. Todas as circunstancias des-aconsellan esta opción, en favor dunhamaior colaboración entre entidades.

A AMEAZA DA PRIVATIZACIÓN. Amaior parte das caixas de aforros eu-ropeas desapareceron pola súa priva-tización e transformación en bancos.Non caben entidades públicas ou bai-xo control público nun sistema fi-nanceiro neoliberal.

Dentro do proceso de privatizacióneuropeo existiron varios modelos: nobritánico, a privatización levouse a ca-bo baixo a Lei de Caixas de Aforros de1985, realizándose unha oferta públicade accións das caixas, revertendo osfondos obtidos na nova entidade, senser traspasados ao Estado.

Este foi o modelo elixido polo go-berno de Felipe González para des-eñar as cotas participativas, instru-mento semellante, onde as acciónssen dereitos políticos das sociedades

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 23

Page 24: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

24 terra e tempo xullo-decembro 2008

Economía

Os bancos dalgún país como Grande Bretaña

están a ser intervidos pola administración

poñendo en cuestión dogmas neoliberais que

están na base da actual crise

anónimas, os fondos das emisións re-verten na entidade, sen seren traspa-sados ao Estado, nin ás ComunidadesAutónomas. O desenvolvementodeste instrumento financeiro veu daman da xa comentada Lei Financeirae polo RD 302/2004 “sobre cotas par-ticipativas das caixas de aforros”.

Malia o fracaso da única emisiónrealizada até o momento, a Caixa deAforros do Mediterráneo (CAM) ti-vo que mercar 93% da propia emi-sión. A privatización é sen dúbida amaior ameaza para as caixas de afo-rros galegas.

POR UNHA NOVA LEI DE CAIXASDE AFORROS. As caixas de aforrosgalegas están reguladas pola LORCAe pola Lei de Caixas de Aforros doParlamento Galego 7/1985, pola Lei4/1996 e modificadas pola Lei 6/1989e Lei 1/2004, que como expuxemosanteriormente é unha lei de mínimosen comparación coa lexislación actualvixente mesmo en Comunidades quenon teñen a consideración de nacio-nalidades históricas: Galiza ten unhaLei de Caixas de segundo nivel.

Visto que a crise financeira estápor chegar e que o papel da supervi-sión estatal (Banco de España) foipracticamente nulo, será precisoafrontar os riscos actuais para a su-pervivencia das caixas galegas deriva-dos dunha posible absorción por ou-tras entidades do Estado, e a ameazareal de privatización dentro do marcoeuropeo torna precisa unha nova LeiGalega de Caixas de Aforros.

DEMOCRATIZACIÓN DOS ÓRGA-NOS DE GOBERNO: En primeirotermo é preciso afondar na demo-cratización dos órganos de goberno,a súa composición ben fixado porlei, coa participación das Corpora-cións Locais, entidades fundadoras,empregados, Fundacións, asocia-cións ou corporacións de caráctercultural científico, benéfico, cívico,económico ou profesional de “reco-ñecido prestixio” no ámbito de ac-tuación da caixa, e personalidades

de singular prestixio nas esferasmencionadas.

Para alén de procesos opacos,pouco democráticos e tutelados polapropia dirección das empresas e polaConsellaría de Economía que dá lugara representacións que non refliten apluralidade da sociedade galega, a ex-pansión das caixas fóra de Galiza dálugar a unha profunda desgaleguiza-ción dos órganos de goberno.

Os representantes das Corpora-cións Locais son elixidos dentro doámbito territorial de actuación dascaixas, a expansión fóra do país (Cai-xa Galicia ten 893 oficinas, 384 fórade Galiza e Caixanova ten 540, dasque 119 están fóra) fai que cada pro-ceso electoral mingúe a presenza deConcellos galegos. Mais o mesmo su-cede coa representación dos imposi-tores (clientes) e dos traballadores etraballadoras. Neste último caso agra-vado por un sistema electoral que im-pide a presentación de candidaturaspor parte dos sindicatos (o que podeser inconstitucional) e que non res-pecta o criterio da proporcionalidade.

Neste sentido, é precisa unha pro-funda reforma que minorar a presenzade impositores e do caixón de xastreque supoñen as “entidades benefico-sociais” e as “persoas de recoñecidoprestixio”. Asemade, debería darse en-trada a unha representación do Parla-mento galego, minorando, á súa vez, apresenza das Corporacións Locais.

Debería darse entrada tamén anovos colectivos representativos dasociedade galega nos órganos de go-berno das caixas, entre eles os axen-tes sociais.

En canto á elección dos represen-tantes do persoal, debería estabele-cerse o dereito dos sindicatos a re-presentaren ao cadro de persoal, asícomo sistemas de eleccións que res-pectaren a proporcionalidade.

Por último, e malia que non tenrelación directa coa Lei de Caixas, co-mentar que existen experienciasnoutras partes do Estado, en canto ápresentación de candidaturas nacio-nalistas ou de esquerdas dentro do

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 24

Page 25: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 25

Economía

Cédula asinada por Alexandre Bóveda

apartado dos impositores, con resul-tados moi positivos. Sen dúbida, un-ha materia pendente do nacionalis-mo político e sindical.

INVESTIMENTOS E CORPORA-CIÓNS FINANCEIRAS: ActualmenteCaixa Galicia ten instrumentalizadosos seus investimentos no capital deempresas a través dunha corporaciónfinanceira, sen que Caixanova deseaté o de agora este paso.

O baleiro legal existente nestamateria facilitou que esta corporaciónteña órganos de goberno constituí-dos á marxe das normas estabeleci-das na Lei de Caixas de Aforros doParlamento Galego. O seu Consellode Administración esta formado polanobreza económica galega, a travésde parentes dos grandes nomes em-presariais do País.

Loxicamente, é preciso unha re-forma que estabelecer a composicióndos Consellos de Administracióndeste tipo de instrumentos financei-ros, cumprindo a lexislacións exis-tente para a propia caixa de aforros.

Un dos grandes problemas ac-tuais para as caixas de aforros é a ex-cesiva exposición ao sector inmobi-liario, as dificultades que hoxeatravesan certas caixas debido a que-bra das grandes construtoras estataisdebería ser un motivo de reflexión.

É preciso regular por lei os secto-res e empresas nos que as caixas po-den participar como accionistas paraevitar investimentos de grande riscoque podan afectar a solvencias dasentidades, estabelecendo un maiorcontrol por parte da Consellaría deEconomía mediante da creación dunorganismo de control e supervisióndo sistema financeiro galego, nomea-damente das caixas.

OBRA SOCIAL, A MATERIA PEN-DENTE DA COHESIÓN SOCIAL ETERRITORIAL: Por outra banda,hoxe as caixas de aforros son osmaiores investidores, quitando asadministración públicas, en materiabenéfico social, sen que haxa esta-

belecidos criterios de cohesión terri-torial e social na súa actuación. É undespropósito que unha grande partedo orzamento da obra social teñacomo destino a adquisición de bensinmóbeis que pasan a formar partedos activos das caixas.

O destino da obra benéfico socialdebería ser fixado por lei, complemen-tando as actuacións realizadas pola ad-ministración autonómica en materiade cultura, ensino e no establecemen-to dun sistema galego de benestar.

Fixando tamén un criterio de re-partición baseado na cohesión terri-torial para evitar que se viren benefi-ciados determinados territorios porsimples cuestións publicitarias oupor visións localistas. Os investimen-tos en obra social deben chegar a to-do o territorio

Por último, a repartición territo-rial debería ter en conta as achegasrealizadas por cada territorio aos be-neficios da entidade, para evitar quedeterminadas Provincias ou Conce-llos ficaren fóra da repartición daobra social ou que recibiren cantida-des menores.

CONCLUSIÓNS. Hoxe son precisasunhas políticas financeiras públicasque contribúan a estabilizar a econo-mía como paso previo para facilitar arecuperación. Dentro do marco dascompetencias, debe reformarse dexeito urxente a Lei de Caixas de Afo-rros. E fronte a unha banca universa-lista privada, son necesarias novasentidades baixo control público espe-cializadas na atención aos diversossectores económicos, nomeadamenteo sector agrícola e gandeiro. É precisaunha Lei Galega de Cooperativas deCrédito que regule o funcionamentoda Caixa Rural de Lugo e que prime acreación de novas Caixas Rurais de ti-tularidade pública.

Mais este marco competencial de-be ser ampliado para poder avanzarcara a un sector financeiro público ga-lego. Se as entidades de crédito noncumpren a súa función económica,deberían ser nacionalizada �

Terra tempo147_48 3/2/09 13:21 Página 25

Page 26: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

26 terra e tempo xullo-decembro 2008

Economía

O TURISMOUnha actividade estratéxicapara o desenvolvementoeconómico de Galiza

Os ingresos derivados do turismo nos últimos en

Galiza anos alcanzaron unha importante porcentaxe

do PIB territorial1, de modo que se pode afirmar que o

turismo é unha peza estratéxica para a economía

galega. Este transformouse nun sector impulsor a

medio prazo da economía, non só polos seus impactos

socioeconómicos directos, senón tamén polos efectos

multiplicadores que as actividades provocan sobre

outros sectores produtivos2. O turismo deixou de ser

unha actividade accesoria e converteuse nun factor de

desenvolvemento económico que ademais favorece a

distribución da riqueza.

XESÚS PEREIRA LÓPEZ

Doutor en economía. Profesor de

economía cuantitativa na Universidade

de Santiago de Compostela, hoxe en

excedencia. A súa actividade

investigadora céntrase basicamente na

modelización económica baseada na

metodoloxía input-output. Director-

xerente da Sociedade de Imaxe e

Promoción Turística de Galicia, S.A.

(Turgalicia) desde maio 2006

A Frouxeira, lagoa e praia

Terra tempo147_48 3/2/09 13:22 Página 26

Page 27: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 27

Economía

Fonte: Memoria de actividade de Turgalicia 2.007, elaborada a partir do REAT

INTRODUCIÓN. Dada a repercusióndesta actividade económica no tecidosocioeconómico galego, todo indicaque procede actuar con responsabili-dade á hora de aplicar as novas polí-ticas e estratexias, tanto no ámbitoda ordenación como no da promo-ción. Ao mesmo tempo, sempre debeestar presente o obxectivo de crearun turismo sustentábel e respectuosocos recursos endóxenos de Galiza, econ maior capacidade para incremen-tar as rendas das galegas e os galegos.

Galiza, como destino turístico,destaca en aspectos que a definen co-mo diferente e competitiva con ou-tros destinos da contorna. Galiza dis-pón dunha ampla e variada ofertahostaleira que se vai incrementandoano tras ano dunha forma gradual.Na seguinte táboa plásmase a ofertade establecementos para o ano 2007.

Na administración galega, comonorma xeral e a efectos de desenvol-ver a correspondente planificaciónpolítica, recórrese sistematicamente a

diversos estudos da nosa demandaturística. En liñas xerais, o obxectivobásico é o de coñecer a opinión dosturistas que visitan o noso país natempada estival para coñecer os as-pectos de interese. O coñecementoaproximado da realidade axuda a pro-mover e mellorar a nosa oferta turísti-ca. Así, a grandes trazos, para o 2007sábese que o perfil sociolóxico do tu-rista galego é unha persoa que proce-de do mundo urbano (83,6%) cun ni-

ESTABLECEMENTOS DE GALIZA EN CIFRAS

Tipo de establecemento

Número de establecementos

Número de cuartos

Número de prazas

Hoteis 767 27.498 49.491

Hotel***** 8

Hotel**** 77

Hotel*** 134

Hotel** 236

Hotel* 310

Hotel-Apartamento 2

Hostais e pensións 1.004 11.278 20.138

Hostal e Pensión*** 73

Hostal e Pensión** 368

Hostal e Pensión* 563

Cidade de vacacións 1 316 752

Fondas e casas de hóspedes 164 1.233 2.049

Apartamentos turísticos 88 966 3.518

Turismo rural 541 3.270 6.436

Campings 113 – 34.590

Restaurantes 5.225 _ 336.612

Restaurante (�����) 1 – 200

Restaurante (����) 5 – 379

Restaurante (���) 24 – 3.773

Restaurante (��) 976 – 97.858

Restaurante (�) 4.219 – 234.402

Cafetarías 1.525 – 95.406

Cafetaría ( ���) 4 – 646

Cafetaría (��) 39 – 3.662

Cafetaría (�) 1.482 – 91.098

Terra tempo147_48 3/2/09 13:22 Página 27

Page 28: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

28 terra e tempo xullo-decembro 2008

Economía

vel de estudos superior (46,5%), asala-riado (61,8 %) e que procede basica-mente da Península Ibérica3.

Estas enquisas tamén permitensaber cais son as principais razóns po-las que os visitantes (turistas e excur-sionistas) acoden a Galiza, motiva-cións que, ao final, se traducen nosverdadeiros atributos que contribúena manternos nunha boa posicióncompetitiva. Véxase o seguinte cadro.

Deseguido sinálase a evolucióndo gasto medio por turista ao longodos últimos anos. Aparece desagrega-do o gasto, o que nos dá unha esti-mación dos sectores produtivos afec-tados directamente polo turismo. Oscompoñentes destes vectores da de-manda final refliten a influencia envarios sectores, por suposto que o nú-mero se ve incrementado ao conside-rar os efectos indirectos4.

Pero o turismo galego, ao igualque outras actividades económicas,non é alleo á crise que afecta a eco-nomía mundial. Anos atrás, indica-dores empregados habitualmenteneste terreo, tais como os fluxos tu-rísticos, o gasto medio por turista ouo nivel de ocupación hoteleira pre-sentaban unha tendencia á alza, maisagora hai cambios de comportamen-to nos mesmos.

O crecemento da actividade turís-tica corre perigo de desacelerar pordistintos motivos, entre os que des-tacan unha maior debilidade do con-sumo turístico ou a menor puxanzatanto dos mercados estatais como es-tranxeiros que exercen e exerceronde subministradores principais de vi-sitantes5. A contención da demandaturística aflora, provocada entre ou-tros factores pola contracción do gas-to dos turistas, polo notábel incre-mento das taxas de xuros e polo forteaumento do prezo dalgúns das prin-cipais subministracións de transportee hostelaría. Así a modo de exemplo,as empresas de transporte aéreo, de-bido á presión na estrutura de custos,

Fonte: Memoria de actividade de Turgalicia 2007

Fonte: Memoria de actividade de Turgalicia 2007

MOTIVACIÓNA motivación principal dos turistas á hora de escoller Galiza como destino das súas vacacións é:

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007

1. Coñecer natureza e paisaxes 25,1% 29,5% 20,8% 16,3% 24,9% 18,9% 22,2%

2. Razóns familiares ou de amizade 22,9% 23,1% 26,3% 29,4% 25,1% 21,9% 24,9%

3. Coñecer cultura e costumes 8,9% 10,9% 9,5% 10,1% 11,3% 9,3% 9%

4. Tranquilidade e descanso 15,5% 12,1% 9,6% 10,9% 11,2% 16,1% 14,6%

5. Camiño de Santiago (s.d.) 6,2% 9,4% 11,9% 7,6% 11% 9,3%

GASTO MEDIO DO TURISTA DE VERÁN (ESTRANXEIROS) EN EUROS

2002 2003 2004 2005 2006 2007

Gasto medio (diario) 65,67 71,08 68.79 76.63 74,49 77,78

Comida 20,91 23,90 22,96 24,44 25,33 26,19

Aloxamento 16,10 17,18 15,23 18,55 21,81 20,83

Desprazamento interior 6,84 11,10 7,19 8,16 8,86 7,65

Compras 9,63 11,10 10,65 11,66 10,28 9,34

Lecer 8,97 9,43 10,51 10,59 10,9 8,17

Outros 3,21 2,31 2,25 3,21 2,31 5,60

Gasto en aloxamento

Gasto aloxamento hotel 35,55 44,53 39,37 43,02 43,4 40,19

Aloxamento cámping 8,40 9,13 8,77 11,72 13,82 12,32

Aloxamento Turismo rural 29,44 40,40 36,04 32,87 46,09 40,27

Vivenda vacacional alugada 14,88 16,54 17,02 20,94 21,6 19,80

Terra tempo147_48 3/2/09 13:22 Página 28

Page 29: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

O modelo turístico quese está a instalar enGaliza baséase nautilización racional dosrecursos fronte áexplotación abusivadestes. O modeloaposta por undesenvolvementoturístico orixinal

xullo-decembro 2008 terra e tempo 29

Economía

repercuten parte do incremento docombustíbel no prezo final dos bille-tes. Como é evidente, este feito,acompañado dunha menor capacida-de adquisitiva, reforza aínda máis oestancamento da demanda.

Como cabe esperar, e á diferenza deanos anteriores, o tecido empresarial li-gado directamente ao turismo taménsofre mudanzas que implican un me-nor beneficio empresarial e que podeincidir negativamente no emprego sec-torial. De aí que con este panorama asociedade precise unha maior optimi-zación dos recursos e un maior gradode coordinación entre as institucións eos axentes económicos privados.

OS PRIMEIROS PASOS NA PROCU-RA DUN TURISMO SUSTENTÁBELEN GALIZA. Cando o nacionalismoasumiu o goberno, aplicou as políti-cas de desenvolvemento turístico quedeseñara para o noso país, sendo es-tas accións que tenden a converxercara a un eixo que representa a sus-tentabilidade. Unha vez que se conta-ba cunha oferta ampla, entendeusenecesario reforzar as accións de pro-moción, así como procurar unhamaior internacionalización destas.Había un convencemento rotundo deque a conxuntura turística galega exi-xía unha aposta máis seria e constan-te pola difusión e a comercializacióndo destino e produtos turísticos. Aomesmo tempo, tamén se considerouoportuno redirixir as liñas de axudascon vistas a mellorar a calidade daoferta turística.

No ámbito da promoción turísti-ca, buscouse unha maior difusión exeneralización dos produtos e servi-zos turísticos, servindo de instru-mento de apoio fundamental ácomercialización, e actuouse deci-didamente no reforzamento da ima-xe turística de Galiza nos distintosmercados mundiais. Participouse deforma activa no fomento do estímuloempresarial turístico, cunha orienta-ción cara á comercialización dos pro-dutos turísticos, tratando en todomomento de favorecer o labor em-presarial de xeito que acadar máis emellores niveis de actividade.

Un esforzo constante pasa pola co-municación de Galiza ao público final,ao sector e aos intermediarios comodestino de prestixio baixo a súa mar-ca turística. E, para prestixiar a imaxede marca turística de Galiza, actuousesobre distintos factores ligados á pro-moción e relacionados cunha comuni-cación centrada no estilo de vida dosgalegos, unha boa mostra neste senti-do foron os anuncios publicitariosemitidos estes anos. Entre os retos dapromoción turística estivo tamén moipresente a traballo de manter e mello-rar a información turística.

O modelo turístico que se está ainstalar en Galiza baséase na utiliza-ción racional dos recursos fronte áexplotación abusiva destes. O mode-lo aposta por un desenvolvementoturístico orixinal, con produtos pro-pios que aproveiten as nosas vanta-xes fronte a outros destinos, co ob-xectivo de conformar unha oferta

Santo André de Teixido e a Serra da Capelada

Terra tempo147_48 3/2/09 13:22 Página 29

Page 30: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

30 terra e tempo xullo-decembro 2008

Economía

Ponte de Vilanova, Allariz única, que os nosos clientes identifi-quen como netamente galega. Aolongo destes tres anos, xa se tivo aoportunidade de pór en práctica unhaparte da nova estratexia turística, conactuacións moi claras tanto na orde-nación como na promoción dos no-sos valores relacionados co turismo.

Agora está asumido que non setrata de aumentar a oferta desorde-nadamente, senón que hai que opti-mizala e reforzala onde máis se nece-sita. Por iso, elaborouse un bonúmero de textos lexislativos co ob-xectivo primordial de racionalizar aoferta. É fundamental o control daexpansión da oferta, ao igual queaposta pola calidade e o fomento daoferta complementaria. Nese sentido,as liñas de axudas económicas a em-presas turísticas favoreceron conside-rabelmente o desenvolvemento deactividades complementarias.

A nova lei de turismo de Galizaconstituirá o marco xeral sobre o quedescansará a nosa estratexia turísticano futuro. Tamén se traballou na re-definición da imaxe turística de Gali-za de cara a presentar o turismo conestilo propio, único e diferente doresto do Estado español: un destinono que a calidade dos seus produtose a súa oferta lle dean carácter e pres-tixio dentro do marco europeo.

Con nos emerxeu unha reorienta-ción do turismo rural en Galiza, tra-tando sempre de que estivese mellordistribuído no espazo, e favorécese odesenvolvemento do interior e conmáis posibilidades que propiciasen

un maior beneficio dos cidadáns dorural. Apostouse tamén pola promo-ción e desenvolvemento dos centroshistóricos das nosas cidades, comaun dos valores turísticos máis segu-ros. En contacto con diferentes de-partamentos do Goberno e os Conce-llos, así como dos empresarios eoutros axentes económicos, tamén seestá a traballar na dinamización doscentros monumentais das cidades.

OBXECTIVOS BÁSICOS NO ÁMBI-TO DA PROMOCIÓN E NA MELLO-RA DA CALIDADE DA OFERTA TU-RÍSTICA. Enlazando co anterior e amodo de resumo pódese dicir que osobxectivos básicos no ámbito da pro-moción turística de Galiza son os se-guintes: comunicar Galiza como des-tino turístico; manter e mellorar ainformación turística; reforzar e pro-moción e consolidación dos produtosturísticos; mellorar a imaxe de marcaturística de Galiza; liderar a identifi-cación de Galiza con termos propiosdo destino; sensibilizar a poboacióngalega en materia de cultura turística;premiar a fidelidade dos turistas; me-llorar a calidade da oferta turística; eafondar no coñecemento da realida-de turística galega.

Un dos ámbitos nos que se inci-diu de xeito especial e ao que máis re-cursos económicos se destinaron foio de comunicar Galiza como destinoturístico. As accións foron destinadassobre todo ao público final, deixandode forma gradual os investimentosencamiñados cara aos intermedia-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:22 Página 30

Page 31: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 31

Economía

rios. Deuse un paso importante naemisión de campañas de publicidade,que se desenvolveron tanto no ámbi-to galego, como estatal e incluso in-ternacional, aínda que no último casodunha forma máis testemuñal. O nú-cleo central foron as campañas nosmedios de comunicación estatais pa-ra comunicar aos nosos potenciaisclientes o noso destino, correspon-dendo coas épocas de maior deman-da turística.

En xeral, e non só neste tipo deactuacións, sempre se buscou a iden-tificación do destino con termos pro-pios xa que esta forma de actuar nosmercados turísticos nos diferenciadoutros destinos e nos coloca comoexclusivos. Comezouse a empregartermos ligados ao destino atlántico,que se identifican plenamente conGaliza e marcan a diferenza co restodo Estado no ámbito internacional.En canto á identificación turística deGaliza con elementos propios do país,considerouse oportuno facer un espe-cial fincapé en apoiar turisticamente amarca Xacobeo e todo aquilo relacio-nado co Camiño de Santiago. Ade-mais, tamén se relacionou o noso des-tino co descanso e a tranquilidade,tendo en conta que son atributos moiben valorados polos nosos clientes.

Quizais o elemento máis innova-dor fose o deseño de campañas desensibilización da poboación galega através dos medios de comunicaciónco obxecto de apoiarmos a actividadeturística sustentábel, por suposto quecada un coa súa responsabilidade, e

Comezouse a empregar termosligados ao destinoatlántico, que seidentifican plenamente con Galiza e marcan adiferenza co resto doEstado no ámbitointernacional

para que a sociedade for conscienteda importancia deste sector para onoso país. O obxectivo é o de cons-cienciar a cidadanía galega da trans-cendencia que ten o factor humanono desenvolvemento turístico e co-municar aos galegos e ás galegas a ne-cesidade de adoptaren actitudes posi-tivas cara aos visitantes. A mensaxeprimordial destas accións publicita-rias refírese en positivo a que o xeitode actuar da cidadanía vai influír napercepción que os turistas teñen dodestino, e unha actitude pasiva e ne-gativa fará que puider rexeitarse eperder competitividade.

Outro dos aspectos nos que se in-cidiu especialmente é a potenciaciónde determinados valores ligados aodestino. En concreto, un dos valoresque máis se destacou foi a fidelidade6

que mostran cara ao destino os visi-tantes. O turismo en Galiza tamén seenfronta ao fenómeno da estacionali-dade, e por iso se procurou o incre-mento da demanda turística fóra datempada alta mediante novos instru-mentos. En todo momento, trátasede delimitar as carencias e as fortale-zas do destino Galiza para maximizara rendibilidade dos investimentosneste ámbito, obxectivo que non é fá-cil de alcanzar.

O goberno nacionalista sempre seempeñou en introducir e xeneralizaros procesos de calidade en todas asáreas da súa competencia porque en-tendeu que a aplicación das normasde calidade son esenciais para incre-mentar a competitividade das nosas

Pazo da Torre Xunqueira, A Pobra do Caramiñal

Terra tempo147_48 3/2/09 13:24 Página 31

Page 32: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

32 terra e tempo xullo-decembro 2008

Economía

edificacións dos núcleos históricosen cidades e vilas, de edificacións devalor etnográfico e a creación de al-deas de turismo rural e de establece-mentos balnearios e de talasoterapia.

APOSTAS PARA O FUTURO INME-DIATO. É prioritario seguir avanzan-do no recoñecemento da propia reali-dade da oferta turística, creandounha oferta orixinal e totalmentesustentábel que contribuír para unmaior desenvolvemento económico esocial. Galiza conta cun patrimonioarquitectónico e natural distribuídopor todo o seu territorio. Un feixe deelementos que conservan unha rique-za sociocultural e ambiental que podeser explotado con fins turísticos e enbeneficio de toda a poboación, senque iso implique unha deterioracióndas súas condicións.

Galiza debe enfrontarse aos seuspropios obxectivos aproveitando assúas potencialidades, mais para des-eñar novas políticas que satisfixerenas necesidades do turismo tamén épreciso estudar a fondo todos os as-pectos da nosa demanda turística.Nun contexto tan competitivo nesteámbito como o actual, e unha vez queGaliza acadou importantes cotas dedesenvolvemento turístico como des-tino recoñecido e solvente, tampoucodebemos baixar o nivel de exixenciano que se refire á promoción.

O obxectivo fundamental pasapolo incremento do gasto medio querealiza cada visitante e non tanto po-lo incremento de fluxos turísticos.

empresas e servizos. No caso do tu-rismo, se cadra este empeño foi moi-to máis intenso, e por iso se apostoupor difundir e apoiar os procesos queconducen ao incremento da calidadetanto nos servizos como no destino.

As liñas de axudas por parte daAdministración sempre tiveron enconta o respecto ao medio e outrosaspectos como a accesibilidade ou oaproveitamento intelixente dos avan-ces tecnolóxicos. Estas axudas procu-raron as melloras en determinadosestablecementos turísticos para in-crementaren a súa categoría, noutroscasos favoreceron a modernizacióndas instalacións existentes, incidindoespecialmente nas condicións de ac-cesibilidade e a supresión de barrei-ras. E por suposto, en todo momentoincidiuse na implantación de enerxí-as renovábeis e sistemas de calidadeespecíficos.

Dado o caracter transversal do tu-rismo e obxectivo histórico do nacio-nalismo de contribuír decisivamentea un mellor desenvolvemento do ru-ral, deuse un tratamento especial aofomento do turismo nas áreas rurais.Así, dentro das subvencións públicasprocurouse a creación de comerciali-zación de paquetes turísticos no me-dio rural e favoreceuse o uso das no-vas tecnoloxías na promoción ecomercialización neste ámbito. Ou-tros obxectivos a destacar poden ser:o impulso da modernización das in-fraestruturas e dos servizos, así comoa creación de establecementos turísti-cos que supoñan a recuperación de

Illa do Faro desde Punta Príncipe, Illas Cies

Terra tempo147_48 3/2/09 13:24 Página 32

Page 33: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

O turismo galegodestaca pola súadiversidade, polo quehai que tratar de xeitopreferente oscompoñentesdiferenciais a respectodoutros destinos comoa gastronomía ou oturismo termal

xullo-decembro 2008 terra e tempo 33

Economía

Sábese que as facilidades das novastecnoloxías e a flexibilidade laboralpermiten aos viaxeiros incrementar oseu número de viaxes ao longo doano. É evidente que no actual contex-to o aproveitamento ao máximo dascentrais de reservas a través de inter-net e as melloras de conexións aéreasson unhas boas bazas para lograr oobxectivo mencionado.

O fenómeno do Xacobeo é sendúbida unha oportunidade para po-der salvar a crise económica. A proxi-midade do Xacobeo 2010 debe serexplotada dunha forma prioritaria,de aí que medidas dadas a coñecerpolo Goberno recentemente darán unmaior pulo a este fenómeno. O pro-ceso de delimitación oficial dos Ca-miños en Galiza servirá para garantira súa definitiva consolidación comovías de cultura. Nos próximos anosvaise continuar coa dotación das di-ferentes rotas xacobeas de alberguespúblicos, completando así a rede ga-lega de albergues. Outras medidasson os traballos de mantemento e re-cuperación dos Camiños para que es-tiveren nas mellores condicións posí-beis para o tránsito dos peregrinos, oestablecemento dun sistema que per-mitir manter os monumentos arqui-tectónicos da contorna do Camiñoabertos aos visitantes ou as axudaspara a recuperación da arquitecturapopular.

O turismo galego destaca pola súadiversidade, polo que hai que tratarde xeito preferente os compoñentesdiferenciais a respecto doutros desti-

nos como, por exemplo, a gastrono-mía ou produtos característicos comoo turismo termal. Mais probabelmen-te, os esforzos máis significativos ti-veren que ir encamiñados cara ao co-locación da marca de destino e cara ácreación de produto turístico en sen-tido amplo �

1 No último lustro a achega do turismo aoPIB superaba lixeiramente 11%, sendo noano 2004 (Xacobeo) a máis significativa,en concreto de 11,6 %.

2 Impactur estimou para o 2006 que o efec-to directo da actividade turística sobre aeconomía galega supuxo 7,6% do PIB e6,5 % do emprego xerado na economía.Tamén estimou que os efectos indirectos,ou sexa, os constituídos polos impactosxerados polas ramas de actividade quesubministran bens e servizos interme-dios, supuxeron para o mesmo ano 3,3 %do PIB e 3,5 % do emprego.

3 Para coñecer a fondo as características dosvisitantes pódese ver as enquisas de desti-no e excursionismo.

4 Existen distintos estudos de investigaciónacerca dos sectores produtivos que confor-man o complexo turístico galego.

5 Para o 2007 os fluxos de turistas proceden-tes do Estado representan 84% e nos últi-mos anos deuse un incremento de turistasestranxeiros. Os fluxos do estranxeiro co-rrespóndese basicamente con Portugal,Alemaña, o Reino Unido, Francia e Italia.

6 Segundo os datos dos que se dispoñen enestudos realizados por Turgalicia, 73,6 %dos turistas que nos visitaron en 2007 xa ofixeran en anos anteriores. Esta cifra man-tense ao longo do tempo.

Devesa de Roqueira, O Caurel

Terra tempo147_48 3/2/09 13:24 Página 33

Page 34: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Terra tempo147_48 3/2/09 13:24 Página 34

Page 35: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 35

Cultura

ROSALÍA PAZO MASIDE

É artista profesional desde 1981, data

da súa primeira exposición. Publicou

textos teóricos e de opinión,

relacionados coa arte, en diversos

xornais, revistas e catálogos de

artistas. Colabora no gurpo I+D Fondo

de Arte e Cultura Contemporánea, da

Universidade de Vigo, no proxecto de

arquivo audiovisual “Rexistro de Nós”

Carlos Maside naceu na parroquia de

San Lois de Cesures o 16 de marzo de

1897. O 10 de xuño de 1958, logo de

case tres décadas de intermitentes

crises de saúde a causa da diabete

que padecía, finou en Santiago de

Compostela, cumpríndose 50 anos do

seu falecemento.

Algunhasideas sobre a figura e a obra deCarlosMaside

Terra tempo147_48 3/2/09 13:25 Página 35

Page 36: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

36 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Lavandeiras. 1934 SANTIAGO DE Compostela sería a ci-dade que lle proporcionara a meiran-de parte das imaxes para a súa obragráfica e pictórica (os espazos arqui-tectónicos e os motivos popularesque, ao xeito dunha instantánea, re-xistraba en directo nos apuntes toma-dos nas rúas, na feira dos xoves naCarballeira de Santa Susana, ou bennas pequenas tendas de teas e nospostos de venda do mercado). Vigofoi a outra cidade que escolleu para re-

sidir durante tempadas alternas coasestancias en Santiago; de alí procedenos motivos industriais (escenas de es-taleiros, de fábricas de conservas, osdeseños para as capas das revistas In-dustrias Pesqueras e Industria Con-servera...), e os motivos mariñeiros,que tamén recolleu nas súas estadíasen Vilagarcía, Noia e Combarro. Tra-ballando de profesor de debuxo deensino medio residiu un tempo na Es-trada, onde pintou paisaxes, recantosvilegos, escenas rurais, retratos de ne-nos. Santiago, A Estrada, Noia e Vigoson as sucesivas prazas nas que exer-ceu a docencia entre 1931 e 1937, anono que foi destituído mediante expe-diente disciplinario dada a nova situa-ción tralo golpe de Estado.

Os sesenta e un anos que durou asúa vida comprenden un axitado perí-odo da historia española que vai desdeo chamado “Desastre do 98” ata me-diados da ditadura franquista. No ám-bito europeo e mundial sucédenseacontecementos que terán repercu-sións de índole diversa na sociedadeespañola (a Guerra Mundial, a Revolu-ción Bolchevique, a grave crise econó-mica desde o crac bolsista do 29, o as-censo dos totalitarismos europeos...).

Na obra gráfica de Maside publi-cada diariamente ao longo de casevinte anos en diversos xornais e re-vistas galegos e madrileños, reflíctesetodo tipo de cuestións relativas á ac-tualidade do momento: os problemasendémicos dunha sociedade ancora-da nos hábitos caciquís; a ausencia deliberdades durante a ditadura de Pri-mo de Rivera e anos anteriores; as es-peranzas iniciais de liberdade e demodernización social e cultural propi-ciadas pola República, moi logo en-sombrecidas polos conflitos desen-volvidos no seo do paréntese repu-blicano; as consecuencias da granguerra, da crise económica, a preocu-pación polo ascenso do nazismo, etc..A ideoloxía de esquerdas de Carlos,fundamentada desde moi novo enconviccións de índole marxista, a súaética rigorosa e esixente, a súa capa-cidade de observación e análise e o

Terra tempo147_48 3/2/09 13:25 Página 36

Page 37: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

O realismo veraz na

pintura refuga a

imitación naturalista, a

idealización, o

pintoresquismo e os

tópicos costumistas

ateigados de

anécdotas non

significativas

xullo-decembro 2008 terra e tempo 37

Cultura

seu implacábel xuízo crítico unido aun humorismo complexo, imprimi-ron ás súas viñetas un interese que,alén da calidade do debuxo (este ad-quiriu unha singularidade novidosa,única no campo do xornalismo gráfi-co, ao incorporar nas viñetas e es-tampas a experiencia das técnicas degravado), permanece vixente polo va-lor de testemuño crítico dos aconte-cementos do seu tempo, tanto no ni-vel galego e español como no inter-nacional. Esa innumerábel obra gráfi-ca, xunto coa pintura, constitúetamén un rexistro histórico dos tra-zos culturais e da idiosincrasia colec-tiva da sociedade galega, afectada porunha acelerada transformación quepoñía en risco de desaparición os mo-dos de vida tradicionais por mor daprogresiva industrialización, causan-te da migración interior do ámbitorural ao urbano e dunha abrupta mo-dificación dos costumes.

O conxunto da obra publicada enprensa entre 1918 e 1936, nas súastres modalidades: viñeta (debuxo decrítica política e social enmarcado porun recadro de liña e cun breve textoao pé que completa o significado dodebuxo ou lle dá unha volta de senti-do); estampa popular (debuxos ou gra-vados representando escenas popula-res, case sempre de mulleres endiversas actividades e oficios) e carica-tura (máis ben retratos sintéticos, depoucas liñas, sen intención de esaxe-ración grotesca, senón destacando ostrazos máis expresivos da personali-dade do retratado e que representanpolo xeral a persoas do mundo da cul-tura e da política, entre elas as que in-terviñeron na elaboración do Estatutode Autonomía); todo este conxunto,dicía, constitúe, ademais dunha gale-ría de personaxes da época, unha per-manente incitación ao debate de idease un aguillón contra o conformismoda opinión pública e contra a autoxus-tificación que alimenta o statu quo.

En troques, na pintura desaparecea crítica explícita para dar prioridade áinvestigación estética, á resolución dascuestións pictóricas ou artísticas de

seu, como son os -para el fundamen-tais- problemas da representación. Car-los definiu a súa pintura como “repre-sentativa” e “realista”. E conxugar arepresentación veraz da realidade coainnovación artística leal a aquela repre-sentación, constitúe a tarefa investiga-dora na que, desde o principio, se vanconformando nunha única peza a éticae a estética masidianas.

Mais o concepto de “veracidade”na representación realista non res-ponde a criterio moral ningún. ParaMaside, como explicou en diferentesanotacións e máis tarde expuxo im-plicitamente, xunto a outros eixes dasúa teoría estética, no ensaio “En tor-no a la fotografía popular”, publicadopor Galaxia en 1950, “o verdadeiro”da realidade é “o substancial”, o in-temporal e eterno malia súa transito-riedade; o que, estando presente, re-sulta velado polo superfluo da apa-rencia e cómpre captar para a repre-sentación. E para esa captación dosubstancial é necesario un distancia-mento emocional que permita a “ob-xectividade” no proceso de síntese.

Así, o realismo veraz na pinturarefuga a imitación naturalista, a idea-lización, o pintoresquismo e os tópi-cos costumistas ateigados de anécdo-tas non significativas, o sentimenta-lismo que anubra a obxectividade. Ensuma, o concepto de “realismo veraz”ou “realismo obxectivo” rexeita a arteacadémica e ancorada en esquemascaducos que se practicaba en Galicianas primeira décadas do século XX,impermeábel ás achegas formais davangarda e compracente cun gustoburgués moldeado baixo as directri-ces da metrópole centralista. Daque-la, só o admirado mestre Castelao ra-chara co academicismo decimonóni-co cunha obra universalizábel e sin-gularmente galega, mais sen superaraínda o esquema modernista.

Este posicionamento ideolóxicorespecto da arte non é exclusivo deMaside, se ben a súa actitude atentaás correntes europeas de pensamentoe a contumaz análise intelectual dosproblemas da pintura a prol de aca-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:25 Página 37

Page 38: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

38 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

dar unha arte galega de calidade –ou,en palabras de Rafael Dieste, de “es-tablecer a categoría estética de Gali-cia”-, singularizan o seu pensamentoe o seu traballo artístico e o facultancomo dinamizador do cambio de pa-radigma no eido da plástica galega.

Xa antes de se consolidar colecti-vamente o ideario artístico que deulugar á xeración do trinta, Maside for-mara parte, con Manuel Antonio eRafael Dieste, do núcleo de xoves

amigos arredor de cuxa actividade -equizais a raíz do clima de rebeldía pro-movido polo manifesto Máis Alá, deManuel Antonio e Álvaro Cebreiro-,foi xestándose o grupo d’Os Novos,que representaría unha actitude inte-lectual e artística máis crítica coa rea-lidade política e social, máis implica-da cos problemas da sociedade, máisaberta, radical e vangardista que a daXeración Nós, con cuxos membros,aínda respectando o seu maxisterio,mantiveron públicos debates ideoló-xicos arredor da concepción da cultu-ra e o nacionalismo –cómpre salientara polémica con Risco que inicia Masi-de en 1925 a través das páxinas de ElPueblo Gallego e á que pouco despoisse incorpora Dieste cos seus artigosna sección Temas Galegos; manteraseo debate ata que en 1928 Carlos e Ra-fael marchan a Madrid1.

CONVERXENCIA COA ARTE EU-ROPEA. A de Maside, como a dos ou-tros artistas da xeración do trinta e ado movemento español de renova-ción cultural, é unha afirmación dorealismo na arte que coincide coas di-versas tendencias transnacionais devolta ao realismo –ou volta ao orde,como o denominou Cocteau– da épo-ca de entreguerras. Só que o que paranumerosos artistas europeos, e al-gúns estadounidenses, esgotada xa alinguaxe do futurismo, cubismo e ex-presionismo, era unha saída á primei-ra crise da vangarda a través de novasformas de representación do real2, noterritorio español consistía na mo-dernización serodia dunhas formasrealistas nunca abandonadas. Por ou-tra banda, se a recuperación de ele-mentos da cultura popular se dá si-multaneamente en manifestaciónsartísticas de varios países –especial-mente nas dos combativos alemánsda Nova Obxectividade, como Grosze Dix, ou do belga Maserel, dos queMaside recolle en París influencias nautilización da técnica tradicional degravado en madeira–, na obra dos re-novadores galegos a valoración dopopular se compromete coa dignifica-

Círculo baixo o paraugas. 1935

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 38

Page 39: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 39

Cultura

ción da imaxe do pobo e dos seus va-lores culturais, converténdose, no ca-so particular de Maside, nunha mi-sión indiferenciada da práctica daarte. Así, as características antes alu-didas de representación da realidadeconfírenlles ás escenas populares un-ha presencia poderosa desprovista decalquera trazo de vulgaridade, unhacerta solemnidade que adoita relacio-narse coa “monumentalidade” atribu-ída á estética do granito –termo utili-zado para definir as obras dosrenovadores galegos que acharon asfontes formais da estética popular natradición escultórica dos canteiros edo románico do Mestre Mateo-, e queinaugura en 1930 o cadro de MasideMuller sentada, considerado desde oprimeiro momento a obra máis em-blemática das adscritas a esa denomi-nación. Pero, no meu parecer, a mo-numentalidade atribuída a esas obrasdebe entenderse unicamente en refe-rencia ao aspecto escultórico e sim-plificado das figuras. O certo é queMaside amosaba verdadeiro rexeita-mento polo concepto de monumen-to, por esa idea enfática e grandilo-cuente de permanencia inmutábelque leva asociada, pola xestualidadeampulosa e teatral das personaxesdas estatuas (diso dá fe a serie de vi-ñetas satíricas titulada O que din asestatuas, publicada en El Pueblo Ga-llego entre 1925 e 1927). De igual xei-to, a solemnización das imaxes nonprocede dun intento de magnifica-ción, senón do estatismo sereno, dodistanciamento emocional e da su-presión da temporalidade que resul-tan de eliminar todo elemento adxec-tivador e circunstancial, á maneirados retratos fotográficos popularesque Maside analiza no seu ensaio doano 50, nos que os campesiños retra-tados procuran a maior sobriedadenas poses hieráticas, carentes de afec-tación -en contraposición á buscadaaparencia de naturalidade típica doretrato burgués-, evitando toda ex-presión que indique accidentalidade,toda continxencia que remita ao mo-mento puntual da fotografía, pois se

trata dunha imaxe para o recordo fa-miliar que ha de representar o subs-tancial da persoa, o contido profundotranslucido trala aparencia. O resulta-do é unha imaxe solemne e intempo-ral que expresa a dignidade dos hu-mildes campesiños retratados. E esasensación de intemporalidade, detempo detido, non elimina a histori-cidade da imaxe, que, pola contra,conserva os trazos persoais e cultu-rais significativos.

A reflexión sobre todas estascuestións, que teñen íntima relacióncos problemas da representación naarte que tanto lle preocupaban a Car-los, definiu xa desde as primeirasobras o que Dieste denomina, co títu-lo dunha conferencia publicada en1975 no nº 4 dos Cadernos do Labo-ratorio de Formas de Galicia, “a esté-tica pictórica de Carlos Maside”.

É así como atinxe Maside unhapintura que, representando imaxesrecoñecíbeis pola xente galega do po-bo, constitúe unha linguaxe universalao transcender as particularidadesnon significativas. E porque tantoMaside como os pintores galegos dasúa xeración reclaman a contempora-neidade estética para a súa arte, dan-lle importancia prioritaria á innova-ción formal, pero manténdose dentrodas marxes que fan posíbel a repre-sentación do real naquela empresacolectiva de “estableceren a categoríaestética de Galicia”.

Isto abondaría para recoñecer acalidade dunha arte de grande vali-dez cultural para o seu contexto que,ao tempo, acada valores comunicati-vos universais. Pero o certo é, ade-mais, que a arte galega, partindo dun-ha elaboración propia, confluía coque, sen ser un movemento articula-do e uniforme, estaba a xeneralizarsepor numerosos países de Occidentecomo a arte representativa dun mo-mento histórico no que as condiciónssociais e a propia crise da idea de van-garda reclamaban un cambio no con-cepto de modernidade (cómpre ter enconta que moitos dos artistas queemprenderon esta “volta ao orde” fo-

Libro que percorre a comprometida obra de Carlos

Maside durante o período republicano

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 39

Page 40: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

40 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Maside desde moi novo publicou colaboracións

nos xornais ron anteriores abandeirados das van-gardas que, sen renunciaren aos lo-gros formais dos diferentes “ismos”,dirixiron a mirada innovadora sobrevalores clásicos, procurando novas in-terpretacións da figura e do obxecto).

En 1925 o crítico de arte FranzRoh escribiu un libriño sobre o pos-texpresionismo, a arte alemá de en-treguerras que el denominou “Realis-mo Máxico” (un termo que, des-prazado polo de Nova Obxectividade,logo derivaría nun uso comercial untanto arbitrario e se implantaría consignificado propio na literatura latino-americana). Roh define o postexpre-sionismo con lóxica ambigüidade,pois non se trataba dun movementoorganizado senón dun clima artísticoxeral; e o fai por oposición ao expre-sionismo, expondo unha serie de ca-racterísticas moitas das cales atopa-mos no ideario estético masidiano (re-presentación verista e depurada, dis-tanciamento emocional ou visión nonsentimental do tema, sobriedade notratamento do asunto, estrutura unifi-cada, dominio do estatismo, debuxovigoroso e contorno nítido das figu-ras, aproximación á esencia da reali-dade das cousas, etc.). Pero se na de-finición que Roh elaborara a travésdun listado de categorías de contra-rios había certa inxenuidade, na obrado pintor galego aqueles elementosestán procesados con rigor intelectuale coa depuración que, para o seu cri-terio, a función social da arte esixía.

Se Carlos Maside lera o libriño deRoh, nono sabemos. De que coñeceu

en París a obra dos alemáns, temoscerteza. Tense falado abondo da in-fluencia nas súas xilografías das deOtto Dix e de George Grosz, dos quetrouxo catálogos xunto ao do belgaMaserel. Da primeira e interesanteprodución pictórica realizada ao re-greso de París e da presencia nela doDadá berlinés ten falado admirativa-mente Luís Seoane. O porqué de quedestruíse esta obra tan logo rematoua súa primeira exposición individualten sido obxecto de especulacións; apatente influencia –visíbel na foto-grafía que se conserva– sería para elrazón abonda; pero coido, ademais,que a súa escrupulosa entrega á ela-boración dunha arte moderna basea-da na investigación e interpretaciónduns principios estéticos galegos,arraigados nunha sorte de clasicismopopular, fíxoo, quizais, desbotar esasobras por canto escapaban a talesprincipios (aqueles cadros estabaninspirados en motivos populares doscarteis de cegos, pero o tratamentopictórico deformando as figuras, emaila temática tremendista -crimespasionais-, saían da contención ex-presiva que Carlos procurou para asúa pintura. Sobre o tema do “cartelde cego” fixo outras obras, xa na liñapresentativa que lle interesaba).

Quer dicir que as concomitanciasque poidan observarse na obra de Ma-side coa doutros autores non sonnunca imitativas –nin sequera seme-lla que poida haber influencias in-conscientes de importancia-, senónproduto de decisións meditadas sem-pre acordes co seu ideario estético. Notocante a aqueles trazos coincidentescoa definición de Roh do postexpre-sionismo (moitos dos cales podenaplicarse á xeneralidade da arte de en-treguerras cualificada de “volta á or-de”, aínda coa escasa precisión quepermite a grande heteroxeneidadedesta arte), veñen constatar a actitudeatenta ao acontecer social e culturalque transcende o contorno inmedia-to, pero tamén, fixándonos na cohe-rencia con que encaixan na formula-ción filosófica da estética masidiana,

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 40

Page 41: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Na vontade de

dignificación do

popular que manifesta

invariabelmente Carlos

Maside, recibe unha

atención central a

muller galega

traballadora

xullo-decembro 2008 terra e tempo 41

Cultura

demóstrannos o rigor e a singularida-de con que se conforma esa estética.

Unha referencia implícita aos cita-dos trazos aparece nos textos de Álva-ro Cunqueiro e Ricardo García Suárez(“Xohán Ledo”) incluídos na monogra-fía sobre Maside que editou Galaxiaen 1954. Cunqueiro exponnos dunhaforma transversal, máis literaria. Xo-hán Ledo, máis exhaustivo e analíticona descrición da pintura, vai sinalan-do as características formais, pero ta-mén as de contido filosófico, ingre-dientes indispensábeis para acomprensión da obra masidiana.

Rafael Dieste, que viviu o procesode renovación da pintura acompañan-do, ou máis ben dinamizando, as con-versas sobre arte e achegando, xuntocon Maside, ingredientes teóricos aosdebates, na súa “Charla sobre CarlosMaside”3 fai referencia á faceta filosó-fica do pintor, no contexto das súasconversas con este e máis con Col-meiro, Souto, Laxeiro e Seoane: “(...)no que se refire ao diálogo, o meu diá-logo con Maside era mais metódico.Era, pudéramos decir, un diálogo caseplatónico, pero dos mellor organiza-dos, como pode ser o Parménides, ouun destes diálogos conceptuais; nonun diálogo como o Banquete, que estese parecería mais aos que podía tercon outros sofistas, con Seoane, oucon Colmeiro. Con Maside o diálogoparecia-se mais ao Parménides; así,perfeitamente levado. E algunhas ve-ces temos discutido –cousa que nonme sucedeu con case nengun dos ou-tros–, e poñiamo-nos sempre de acor-do, pero con unha lealdade comun aun mesmo fito, que era descobrir un-ha verdade que estaba alí.

(...) (Maside) estabelecía paseniñoas categorías pictóricas, é decir, as ca-tegorías da realidade en canto a reali-dade pode ser incitadora da pinturaou se pode brindar á pintura. (...) Deaí que a táboa das categorías da reali-dade, da realidade que correspondecontemplar ao pintor, se correspon-dese con outra táboa de problemas,ou sexa, con unha problemática pic-tórica. E Maside era o que tiña un em-

peño do mais teimudo en atopar iso(que, naturalmente, é imposíbel deatopar dun xeito absoluto).

(...) Maside era o mais racionalis-ta. Non é que fose mais racionalistaque os outros, pero era-o dun xeitoexplícito, manifesto. E non o era nunsentido maniático, terco, de quererargumentar, de querer facer trifulcaconceptual. Non; mais ben, e esta é apalabra mais nobre que se pode em-pregar, o mais filósofo, o mais explí-cita e direitamente filosófo.

(...)Aquel era un momento en quea filosofía da arte deixaba de ser cou-sa de filósofos unicamente, para sercousa de pintores”..

A REPRESENTACIÓN DA MULLERNA OBRA DE MASIDE. Na vontadede dignificación do popular que mani-festa invariabelmente Carlos Maside,recibe unha atención central a mullergalega traballadora. Poderíase dicirque, dado o marco de representaciónda realidade na que desenvolve a súaobra, o protagonismo destacado da fi-gura feminina responde a unha obvie-dade sociolóxica: a importancia do rolfeminino na sociedade galega. Nonobstante, nunha análise máis polomiúdo do tratamento que lle dá á mu-ller nos diversos campos da súa obra,descóbrense características que resul-tan novidosas e especialmente pro-gresistas para o seu tempo.

Tal afirmación resulta evidenteaplicada a esa vertente da súa produ-ción que el denominaba viñetas4. Xanunha primeira ollada reparamos na-quelas que amosan mulleres conver-sando sobre problemas políticos, so-ciais, económicos -o Estatuto deAutonomía, a lei de divorcio, a contri-bución agraria, as rendas forais…-;mulleres desenvaiñando a ironía críti-ca verbo dos abusos do poder caci-quil, da desigualdade clasista, da dis-criminación sobre a lingua galega, etc.

Algunhas viñetas son tan elo-cuentes como esta: o debuxo dunhalabrega sachando, que, baixo a lendaA Venus galega precisa dos brazos,constitúe, ademais do obvio recoñe-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 41

Page 42: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

42 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Muller sentada cemento ao traballo da muller rural,unha réplica aos modelos hexemóni-cos de beleza, que sempre implicanclasismo, aquí aludidos ironicamentepola idea de “Venus”.

Entre as “viñetas electorais” (adoi-taba adxetivar as viñetas segundo otema que tratasen), son varias as diri-xidas a reclamar o voto feminino. En-tre elas destaca, pola caracterizacióndas personaxes, a publicada en ElPueblo Gallego o 19-XI-1933, na que

unha muller, personificando o votofeminino, ocupa o espazo central sen-tada nunha cadeira nobre e arrodea-da de galantes pretendentes masculi-nos en actitude solícita. É a única oudas escasas ocasións en que repre-senta á muller como obxecto de des-exo, e o fai servíndose dunha metá-fora desposuída de sentido sexualpara simbolizar a importancia da par-ticipación activa das mulleres co po-der do seu voto e facer unha sátira so-bre as ansias que este esperta nos“pretendentes” políticos.

No canto da tópica representaciónda “Maternidade”, presente ao longodos séculos na iconografía artística designo tanto tradicional como vangar-dista, os seus debuxos de mullerescon nenos evitan a imaxe idílica eadoitan aludir ás condicións de po-breza e soidade que afectan aos máisdesfavorecidos (ex.:As muñecas dasprobes, El Faro de Vigo. 10-II-1924).

Merece tamén comentario indivi-dualizado o cartel propagandístico doEstatuto de Autonomía (“El Pueblo Ga-llego”, 24-VI-1936), no que o debuxodunha muller con vestimenta populare en actitude decaída leva a lenda: sinon queres unha Galicia sempre abati-da e resignada, vota o Estatuto. Tráta-se dunha viñeta eficaz, de aparenciasintética e directa, pero con certa com-plexidade nas lecturas: por unha ban-da, identifica a imaxe da muller, “aba-tida e resignada”, cunha Galicia senpoder de decisión para resolver os pro-blemas de seu; por outra, semella cha-mar ao voto feminino como instru-mento contra a situación dedesvantaxe da muller e o intrínsecosometemento de xénero. Esta segundainterpretación sería indiscutiblementeprogresista; mesmo poderíamos inferira idea, un pouco aventurada, dun Ma-side feminista. Mais da primeira dedú-cese a influencia dun estereotipo con-servador, dominante tamén hoxe endía, que identifica a patria coa nai; amuller co ancestral, coa terra; o femi-nino coa natureza. O “natural” repre-senta o “instintivo” en oposición ao“intelectual”, ao “racional”, que se iden-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 42

Page 43: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 43

Cultura

tifica co masculino. Nesa lectura, a ar-te tería que ver coa creación, co pen-samento, coa intelixencia, e a artesaníaestaría ligada á tradición e á terra, aofeminino. Así, pasividade/actividade;intuición/intelixencia; tradición/mo-dernidade; natureza/cultura, etc., sonas oposicións sexistas que se agochantras o estereotipo muller/home produ-to dunha conceptualización androcén-trica. Pero, nesta viñeta, o propio lemaque a completa é unha incitación a ra-char coa pasividade da “resignación” eo “abatemento” e, polo tanto, conaquela identificación negativa. Por ou-tra banda, existe unha tendencia nasviñetas a facer unha asociación entre amuller e determinados conceptos porunha mera cuestión de xénero grama-tical. Así, conceptos como Liberdade,República, Constitución, e o nome depaíses como Alemaña, ademais do deGalicia, aparecen representados condebuxos de figuras femininas. Quer is-to dicir que habería que reconsiderar asignificación anteriormente atribuída?

Non obstante, a asimilación damuller coa natureza, coa terra ances-tral, é un tópico herdado da tradiciónde séculos que está presente, segundoas análises coincidentes de diversoshistoriadores e críticos, na obra de Car-los Maside así como na dos outros ar-tistas considerados renovadores da ar-te galega. Botaremos agora unha olladasobre esta cuestión na pintura de Ma-side e estabeleceremos comparativascoa obra dalgúns do seus coetáneos.

Se ben o tema da pintura de Ma-side é a pintura de seu, verbo da quepersigue insistentemente soluciónspara a problemática da representa-ción, no plano simbólico semellaconstituír unha homenaxe á mullergalega popular, síntese de Galicia e aclase traballadora (cómpre sinalarque xa nas primeiras estampas e vi-ñetas coas que Maside colabora dia-riamente en diversos xornais desde oano 1918, a idea do “popular” vai uni-do a esa concepción marxista do ter-mo “pobo” que reivindica o papel so-cial da xente traballadora e que máistarde orientará ao movemento cultu-

ral republicano encabezado por inte-lectuais e artistas da Xeración do 27).

A emblemática Muller sentada(1930), a obra máis representativa dachamada “estética do granito” na queconflúen os artistas galegos da xera-ción do trinta, resume esa idea de ho-menaxe nunha figura “monolítica”,de formas simplificadas, que non ex-hibe marcados atributos de feminida-de, senón apenas o esbozo de trazosculturais na indumentaria de mullerpopular. Da mesma época -décadados trinta- son Mulleres en roda, Pa-rolando, Lavandeiras; obras que pre-sentan mulleres en grupo, dispostasno cadro de forma circular ou articu-lando entre elas un espazo que pare-ce suxerir un mundo de seu, autóno-mo. Algo similar sucede nos cadrosque se titulan Tenda, ou nos Merca-do, A sorte do paxariño, ou en Mu-lleres na fábrica, que, pintados en di-ferentes épocas, teñen porprotagonistas a grupos de mulleresactivas, desenvolvendo traballos di-

Carlos Maside implicouse na defensa da nosa

lingua e cultura denunciando aos renegados

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 43

Page 44: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

44 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Libro de homenaxe a Carlos Maside

versos e que, ao carecer de caracteri-zación persoal individualizadora, fun-cionan como símbolo. En palabras deMaría Luisa Sobrino: “poderíase in-terpretar como se a muller para Masi-de encarnase o espírito de Galicia. Pe-ro Galicia simbolizada non comoetnia, senón como historia viva, co-mo sociedade á que a emigración va-cía de homes, quedando a muller co-mo base e prototipo do pobo”5

En consecuencia, se fose perti-nente a asociación do feminino coa“terra nai”, na simboloxía masidianarespondería a unha vontade de reco-ñecemento da dignidade da mullerenfrontada, soa, a unhas condiciónssociolóxicas especialmente adversas.

En xeral, na súa obra, tan diversaen técnicas e destinos, non se atopantrazos que revelen prexuízos conven-cionais asociados á representación ca-nónica da muller (afectado lirismo,pasividade, voluptuosidade…). Concerta vontade de rebuscamento pode-ríamos tentar achar signos desta ín-dole nas diversas versións dos goua-ches Primavera (1938) e no óleo Vera-no (1940), obras de carácter bucóliconas que o tratamento case inxenuístado tema, e formalmente elemental,afástaas dunha interpretación arque-típica e moralizante do paraíso (mu-lleres todas, espidas ou vestidas, serí-an “Evas” sen serpe e sen Adán).

En Rapaza na praia amosa unhamoza vestida, sentada na area, mi-rando ao mar de costas ao especta-dor. Non aproveita o tema para retra-tar carnalidade, senón unha escenade folganza contemplativa que indu-ce a poñerse na pel dunha rapaza entranso de gozo estético. Outra volta, amuller non é a musa; non é obxectopasivo de inspiración; é suxeito quepercibe o mundo en primeira persoa,e, cando Carlos a pinta, mantén a dis-tancia respectuosa que profesa a todoser con universo propio.

Rematamos este breve percorridopola obra de Carlos Maside poñendo aespecífica mirada que nos atinxe nosretratos. É neste xénero onde a carac-terización psicolóxica das personaxes

toma importancia relevante e ondeabundan os debuxos de nenas do seucontorno en actitude de estudo, lendoou escribindo. Pola contra, non lle co-ñezo ningún debuxo ou retrato de ne-no destas características, do que nonhai que deducir outra cousa que a se-guinte: na súa mirada de comunica-dor, a imaxe de xénero feminino nonestaba ligada exclusivamente ao que-facer doméstico e ao duro traballo dacampesiña ou da proletaria urbana.

Salvo Colmeiro, cuxa iconografíafeminina levada á pintura ten, cantoo que estamos a analizar, característi-cas similares á de Maside, nos de-mais coetáneos non atopamos a mes-ma asepsia no tratamento da muller,que adoita ser vista baixo o imaxina-rio conservador dominante. O casomáis manifesto é o de Arturo Souto,quen, nas súas escenas de prostíbulo,como tamén en Escenas de cabaré,Mulatas con cántaros, Muller deita-da, Dúas mulleres, Mulleres e peixes,Mariñeiros e nús, Contemplación,Maternidade, etc., retrata mulleresespidas ou ataviadas con panos queaderezan o cadro deixando os corposcompleta ou parcialmente nus, zume-gando erotismo, ás veces exhibidoante a mirada de personaxes mascu-linos de traxe e sombreiro elegantes.Por outra banda, as formas sinuosas epronunciadas das mulleres popularesde Manuel Torres (Regateiras, Vagar),así como o lirismo erótico, ou, en oca-sións, a caracterización abertamentesexual das mulleres pintadas por JoséFrau, falan dunha obxectualizaciónda muller vista como “o outro sexo”,corpo feito para a seducción. Podería-mos mencionar a moitos outros artis-tas, tanto galegos como de fóra deGalicia; pero citaremos só a MaríaBlanchard pola especifidade do caso:muller que transmite esquemas ideo-lóxicos fortemente conservadores en-cargados de perpetuar a dominaciónmasculina (véxase Mujer y niño, Laechadora de cartas, Niña cosiendo,Maternidad, La Toilette…).

Visto que non hai unha relación dedirecta consecuencia entre ideoloxía

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 44

Page 45: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 45

Cultura

progresista e autodepuración de este-reotipos involutivos, podemos conclu-ír que a observancia ética de Masidevai máis alá dun pensamento sociopo-lítico e estético adoito nun intelectualde esquerdas: de forma deliberada ouinconsciente consegue eludir, en consi-derábel medida, ese sedimento esco-rregadizo que se filtra no imaxinario ena linguaxe de todos; ás veces, mesmode quen tenta combater a hexemoníada cosmovisión androcéntrica.

A MODO DE HOMENAXE. CandoRafael Dieste, na charla de inaugura-ción do Museo Carlos Maside, en1970, ao referirse á arte galega dosanos 20 e 30, alude a esa etapa –mes-mo aos anos nos que Carlos era aíndabasicamente debuxante- como “aépoca de Maside”, e en 1972 o críticode arte Fernando Mon escribe que“Carlos Maside é ademais de pintortoda unha época na historia da pintu-ra galega” (Maside”, colección Artis-tas Españoles Contemporáneos, ed.

Dirección General de Bellas Artes),ambos queren dicir algo que hoxe sefai difícil de comprender vendo o es-quecemento institucional ao que esteartista foi sometido.

Incomprensíbel é que en non pou-cas recensións de arte galega, sen dú-bida nesgadas, polos motivos que se-xan, se teña prescindido darepresentación da súa obra, mesmo dacita do seu nome, estando, porén, pre-sentes importantes artistas da súa épo-ca e máis outros non tan destacados.Unha directa consecuencia é o desco-ñecemento absoluto para as novas xe-racións de artistas, e xa non digamosda sociedade en xeral, que, en troques,non descoñece tanto a outros dos re-novadores cuxa obra ten sido máis di-vulgada. Sorprende aínda máis que pa-ra artistas menos xoves, os nacidosarredor dos anos da morte do pintor, aresonancia do nome “Maside” non vaiaunida máis que a un coñecemento su-perficial do seu traballo pictórico e ape-nas das súas outras facetas.

Mercado

Terra tempo147_48 3/2/09 13:26 Página 45

Page 46: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

46 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Este esquecemento chama máis aatención se temos en conta o trata-mento case de mito que ao referirse ael lle aplican numerosas persoas queo coñeceron, e do que temos cons-tancia por escrito en textos de RafaelDieste, Álvaro Cunqueiro, Ramón Pi-ñeiro, Xoán Ledo, Luís Seoane, DíazPardo, Fernando Mon, Salvador Gar-cía Bodaño... e un longo etcétera.Lembro persoalmente de Uxío Novo-neira as palabras de sentida admira-ción dedicadas ao recordo de Carlosdurante un paseo en grupo por unharúa de Santiago -logo dun acto na sa-la Sargadelos nos primeiros anos oi-tenta, daquela aínda rexentada porChichi Campos-. É curioso como, entodos eles, as referencias de respectoe admiración á dimensión artística,intelectual e humana de Carlos Masi-de, van acompañadas da lembranzada súa imaxe externa; da descricióndo seu aspecto físico e a súa forma deexpresarse: o seu porte, os trazos doseu rostro, os seus ademáns, a caden-cia calma do seu falar e o seu cami-ñar; mesmo a súa indumentaria ade-rezada con chapeo de aba ancha,bastón e boquilla longa para os ciga-rros -por outra banda, nada inhabi-tual na época-, describindo a unhapersoa carismática na súa presenciafísica, esta indisolublemente unida aunha profundidade humana, artísticae intelectual.

Subliño isto, pese ao risco de caernunha observación superflua, poloparadoxo que suscita: unha figuradestacada da cultura, amplamente

valorada e reiteradamente descritacoas características dunha personaxefacilmente mitificábel e que, porén,resulta relegada, case esquecida fórado círculo das persoas coas que man-tivo contacto persoal.

(É de xustiza puntualizar o seu re-xeitamento manifesto de toda mitifi-cación, así como a repulsa que lle cau-saba o frívolo aderezo da imaxepersoal e a exhibición de xenialidade,do que dan proba algúns comentariosque ten feito sobre Dalí. Ao celo auto-crítico co que elaborou a súa obraacompañouno sempre a despreocupa-ción por promovela, pese a estar con-cibida para perdurar como testemuñohistórico, e pode ter certa responsabi-lidade no seu actual descoñecemento.Pero iso non exime ás institucións cul-turais da obriga que lles corresponde).

En 2008 cumpríronse 50 anos dasúa morte e, malia estarmos en tem-pos dados a celebracións conmemora-tivas de índole espectacular, o aniver-sario pasou practicamente desaperci-bido, coa insuficiente excepción dal-gunhas páxinas dedicadas a el naprensa. Vallan aquí como pequena ho-menaxe as palabras pronunciadas ouescritas por amigos seus, hai xa benanos, moi acaídas para ilustrar o para-doxo ao que veño de referirme.

Na conferencia “La estética pictó-rica de Carlos Maside” pronunciadano acto de inauguración da GaleríaSargadelos de Madrid, en 1975, Ra-fael Dieste fai a seguinte caracteriza-ción verbal da figura de Maside (otexto orixinal está en castelán por irdirixido ao público de Madrid):

“O máis ostensiblemente persoalde Carlos Maside atópase fondamentecompenetrado coa súa maneira de en-focar os problemas da arte e, ante to-do, os que lle saen ao paso no seu pro-ceso vital e no seu quefacer artístico.

Moitos dos presentes recordare-mos a súa planta señoril e á vez mo-desta, o seu rostro tan transparente,imaxe da máis fonda lealdade, o seuxesto comedido, algunhas veces va-gamente doloroso, pero sempreamistoso e aínda alegre, o seu modo

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 46

Page 47: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 47

Cultura

En 2008 cumpríronse 50 anos da súa morte e,malia estarmos entempos dados acelebraciónsconmemorativas deíndole espectacular, o aniversario pasoupracticamentedesapercibido

parsimonioso de falar, a súa lentitu-de buscando a palabra xusta, a súadistinción nativa, a súa actitudesempre cortés, rara vez subleva-da…Todo isto constitúe para cal-quera que o teña coñecido a sumade trazos máis notorios de Maside,que eran como o primeiro anuncio,nada enganoso, doutros máis reca-tados e profundos. Pero o que que-remos agora suliñar é que Maside,ademais de ter esta inesqueciblesingularidade persoal e, así mesmo,un modo tan seu de enfocar os pro-blemas, ten esta otra singularidade:que sendo tan persoal e tan distin-to, o seu exemplo ten unha validezpoderíamos dicir universal. Nonera, pois, un “raro” e máis ben lle te-ría desacougado este mote, aíndaaplicado coa intención máis loami-ñeira. Pero tampouco era, a saben-das, un modelo, e se de pequeno llehoubesen chamado “neno modelo”teríase rompido inmediatamente oscalzón para desmentir semellantedictame, e non por presunción anár-quica, senón simplemente por amoraos outros nenos, os bos e os malos.

Coido que indagando ben no fon-do dos propósitos, do designio deMaside, da súa preocupación funda-mental no que se refire á arte, ilumi-naríanse moitos problemas que nonsó afectan á arte galega, senón á saú-de da arte en xeral.”

En 1958, a revista “Galicia Emi-grante”, dirixida por Luís Seoane enBos Aires, recolleu no seu número35, de xullo e agosto, textos publica-dos na prensa española e latinoame-ricana con motivo da morte de Masi-de. Seguidamente, algúns fragmentosdeses textos, traducidos ao galego:

“Unha vez, fai xa tempo, vin a unhome na rúa que camiñaba baixo asombra dun ancho chapeu e levabana boca un xesto que non se parecíaa nada. Camiñaba de vagar e parába-se diante de tódalas cousas, porquetódalas cousas teñen a súa cor. Se-guín, sen darme de conta, aquel xes-to ata que desapareceu nun portal.

Despois souben que, ás veces, Masi-de baixaba da súa hermida e se per-día entre os homes.

(...) Un día Maside colleu unhapluma e escribiu apenas seis páxinas.Sen dúbida o mellor que se publicouen Galicia sobre arte. Non se erixiuen filósofo da arte, aínda que lle so-braba talento para iso, nin deitou osseus coñecementos bibliográficos,aínda que lle sobraban lecturas. Ninunha soa cita e moitas interrogantes.A interrogante é o segundo drama deMaside –o primeiro, segundo Mouru-llo, é a sinceridade–. Esa fouce cunpuntiño debaixo, que sega unha e ou-tra vez as ideas, para que ao fin agro-men con renovada vitalidade. A en-fermidade da autocrítica só a podenpadecer os homes superiores”.

(Gonzalo Rodríguez Mourullo)

“Falaba de vagar, con pausas etitubeos, como se temese non ato-par a palabra exacta ao seu exactopensamento. Pero o resultado erasempre o mesmo: unha correctaconclusión clarísima e airosa, quenon era home de tópicos, de con-vencionalismos, de fáciles ou fataisseguridades. Home obxectivo, pen-sando en alta voz. Asombrábanos oseu poder de ideación e a precisióndos seus discernimentos. E sempredicía algo lóxico, atinado, fondo. Undiscurso despexado e limpo, unhadialéctica directa. De aí a traza dasúa pintura: clara, honesta, clásica.Cada cadro seu é un explícito teore-ma, unha realizada lección concluín-te. Veraz, denso, noble”.

(Ánxel Fole)

“Naquel xesto inesquecible daman, naquel sorriso, naquel cello, ne-sa figura angulosa que verei paradafronte a un escaparate ao volver a es-quiña, seguirá vivindo, para mín e pa-ra cantos o amaron, esa vida de Ma-side que se furta ao sepulcro”

(Aquilino Iglesia Alvariño)

“Finou-nos en Compostela. Eraun ser humano dunha nobleza in-

Autocaricatura de Carlos Maside para

Vida Gallega

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 47

Page 48: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

48 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Carlos Maside e unha representación conceptual

sintética da cuestión nacional no Estado Español

comparable. Era iso que Gracián di-cía que é o máis fermoso do mundo:“unha cabeza ergueita, os ollos que temiran, a boca verdadeira, o noble co-razón, é dicir, o gran duque de Albaou o príncipe de Condé”. Iso era,desa linaxe de fermosura esencial. Eera un enorme, xeneroso, fiel amigo.(...) Quero dicir tamén, polo que amín me toca, que perdín, coa súamorte, a un dos amigos para os calesfoi precisamente feita esta palabra, edunha fidelidade emocionante, irre-prochable”

(Álvaro Cunqueiro)

Dicir algo sobre Carlos Maside, áparte a súa poderosa personalidade, érelacionarse un pouco co suprafísico.É algo así como enfrentarse coas es-feras máis altas da humana perfecti-bilidade. Porque Carlos Maside erahome; ou, mellor, era humanidade.Cando dicía –e o repetía frecuente-mente- “eu pinto do lado do home”,exercitaba un íntimo artigo de fe.Sentía fe ante o que creaba, e todo elera fe ante a Creación”

(Fernando Mon)

Falábamos nun alto balcón,frente ao mar de Vigo. Oh, os no-bles rigores da reflexión, tan aresta-da e xuvenil, frente ao mar de Vigo,e con Carlos Maside!. Tal vez daque-la chegaba de súpeto un anxo, tantomáis grave e máis inevitablementegrande poeta canto máis circense,dicindo roucamente polo baixo e co-mo se berrase: Atopeina! Pasmosa,xusta, única! ¿Que? A palabra! (Xaos dous me deixáchedes, Carlos ma-side, Amado Villar). A reflexión e ascores e as liñas –pasmosa, xusta,única!- querendo ser buques, ser deverdade como os buques. Si, temospensado en grande, Carlos, sen ou-tros xestos que os da amizade sem-pre sorprendida.

E agora resulta que é verdade, quea nosa terra ámate, e que o teu exem-plo –o fondo exemplo da túa persoavalerosa, que é máis que valiosa, datúa ética profunda, do teu serio amor

á beleza, da túa tenrísima responsabi-lidade de artista- vai ser, xa se ve, ca-lada arenga alentadora para os nososmozos, os de agora e os que veñan.Con todas as xentes da nosa terra,que entenden de colleitas e de núme-ros –de estrelas, danzas e cántigas-,dicímoste. Grazas”.

(R. Dieste)

Maside é, fundamentalmente, unpintor galego. Ao noso xuízo o me-llor pintor galego de tódolos tempos.Agora ben: Maside é pintor galego namesma medida en que Goya é pintorespañol: sen mingua algunha da súauniversalidade, a cal, en pintura, ninradica nos asuntos, senón nos pro-blemas e os motivos. “Motivo” non éo mesmo que asunto ou tema; moti-vo, como denuncia o seu étimo, é in-citación, problema presentado aopintor pola realidade exterior, e estarealidade, no caso de Maside, é a re-alidade galega. ¿Que ten que facer opintor con esa realidade?. Redimilada súa fugacidade, salvala, facelatransparente para a eternidade. Esefoi o problema da arte de tódolostempos. Só nos nosos días se ten in-tentado esquivar ese problema: apintura non figurativa. Pero esa pin-tura, o perigo da abstracción extre-ma, é unha das cousas que Masidesoubo evitar”.

(Celestino Fernández de la Vega)

Lembrámolo, dicimos, no seuandar lento, señoril, co ademán sere-no, portando na man dereita perma-nentemente o álbum de apuntesxunto ás luvas e o bastón, e na es-querda o seu cigarro sempre unido aunha longa boquilla, dirixirse cara afeira onde trazaría unha e outra vez aliña que definiría a forma dun ser, unhome, un cabalo ou unha vaca, quelogo serviría á estampa, ao gravadoou ao cadro. Ou na mesa do café re-collendo en silencio trazo a trazo ascaracterísticas do rostro do amigocontertulio. Podémolo recordar noseu estudio da Rúa del Villar 42 ondeamoreaba soños, libros e cadros.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 48

Page 49: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Estamos nunha épocana que ao pasado se lleconcede só un valorinstrumental ao servizodunha industria comocalquera outra,esquecendo quepasado, presente efuturo forman parte dunmesmo proceso cultural

xullo-decembro 2008 terra e tempo 49

Cultura

Máis, recordámolo enteiro, en blo-que, mellor, como un dos fundamen-tais pintores galegos, unha das per-sonalidades máis importantes de Ga-licia, na súa actitude moral, na súagaleguidade, na profundidade dassúas convicións, no seu amor verda-deiro ao pobo de onde xurdira

(Fragmento da audición de Gali-cia Emigrante reproducida na revista

do mesmo nome. Luís Seoane)

Anos máis tarde, Salvador GarcíaBodaño fala do que significou Masidepara os xoves estudantes que o visi-taban na derradeira década da súa vi-da:

(...) “porque Carlos Maside funda-mentalmente foi testimuño de inte-gridade, presencia rotunda e firme,disciplina e rectitude –por riba da súaextraordinaria dimensión creadora-para aquel fato de mozos galegos uni-versitarios ou artistas coincidentesnas rúas ou nas aulas compostelanasuns anos por diante da morte de tansingular figura.

A súa rexa actitude clarificadora,a súa fonda significación humana e asúa xenerosa sabiduría cobraron uninterés revelador para aquela moce-dade –minoritaria aínda no nacentegaleguismo europeísta dos anos cin-cuenta- que medróu no contexto de-solador dunha guerra interminábel áque cómpre referirnos para compren-der a excepcional importancia decondutas tan exemplares e de maxis-terio tan valioso”

(Salvador García Bodaño, “Masi-de. Un pintor para unha terra”.C.O.A.G., 1979)

Trátase de xente que o coñeceue o quería; son por iso palabras quepoden soar desmedidas, ou retóri-cas, afagos para un desaparecido.Mais non é o caso. Coñecida é a re-lación de cálida admiración e res-pecto que en vida a súa persoa e asúa obra espertaban.

O augurio que facía Dieste deque o exemplo de Maside había ser“calada arenga alentadora para osmozos, os de agora e os que veñan”,

malamente se pode cumprir nunhaépoca na que ao pasado se lle conce-de só un valor instrumental ao ser-vizo dunha industria como calqueraoutra, esquecendo que pasado, pre-sente e futuro forman parte dunmesmo proceso cultural e que, polotanto, están intimamente entraña-dos e é imperdoábel falta desesti-mar as achegas anteriores para a ex-periencia do presente �

1 Sobre esta polémica, e para coñecer máisdatos arredor d’Os Novos, pódese consul-tar o libro “Carlos Maside”, de María Es-ther Rodríguez Losada (ed. Deputación daCoruña, 1993), o traballo máis completosobre a vida e a obra de Carlos Maside pu-blicado ata o momento.

2 Considérase que as razóns que motivan avolta ao realismo teñen relación coa nece-sidade de devolver á sociedade a confianzana cultura a través da recuperación daperspectiva histórica e dos valores clási-cos. A ruptura co pasado e a radicalidadeformal practicadas polas vangardas históri-cas levaran a relación entre arte e socieda-de a unha situación de fractura que erapreciso corrixir. Por outra banda, a debili-tada imaxe que tiñan de si mesmas as so-ciedades dos países derrotados na guerra,a crise de valores e de ideas orixinada nasconsecuencias da contenda e máis no des-encanto respecto do proxecto industrialpor mor da “deshumanización” asociada ámecanización, espertou o desexo de acou-go e de reconstrución e, por conseguinte, orexeitamento de todo cambio abrupto e doaxitado pulo vangardista.

3 Conferencia pronunciada na exposición-homenaxe a Maside organizada polo Cole-xio de Arquitectos de Galicia na Delega-ción de Cultura da Coruña en 1980,publicada en “Encontros e Vieiros” (Ediciósdo Castro).

4 O libro de María Esther Rodríguez LosadaA época da II República vista por CarlosMaside, editado pola Dirección Xeral dePolítica Lingüística , recolle unha impor-tante selección destas viñetas.

5 in Maside, un pintor para unha terra. Edi-ción do Colexio Oficial de Arquitectos deGalicia. Santiago, 1979.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 49

Page 50: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

50 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

MARÍA JESÚS LORENZO MODIA

Directora do Departamento de Filoloxía

Inglesa da Universidade da Coruña

Galiza cara Australiaonte e hoxe1

Australia, quizais por tratarse dun continente

afastado, aparece sempre nun segundo plano,

desde o punto de vista europeo e galego en

particular, a pesar da súa riqueza cultural e dos

vínculos que unen aquelas terras coas nosas.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:27 Página 50

Page 51: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 51

Cultura

Rosendo Salvado y Rotea 1814-1900

A GALIZA, dunha maneira especial,únenlle fortes lazos con Australia,que xa se puxeron de manifesto endiferentes traballos levados a cabo,tanto no País como no continenteaustraliano. A literatura, a historia, omundo poscolonial, a revisión dosconceptos de colonización, a emigra-ción, o mundo dos aborixes, as rela-cións internacionais e o 160 aniversa-rio da fundación de Nova Nursia pologalego Frei Rosendo Salvado son al-gúns dos elementos que considera-mos que xustifican sobradamente ointerese na cultura do continenteaustral desde o noso país.

No ano 2001 celebrouse unha ex-posición en Tui para conmemorar ocentenario da morte de Frei RosendoSalvado. Desde aquela, grazas engrande parte ao interese suscitadopor este persoeiro, consolidouse e in-tensificouse o estudo das relaciónsentre Galiza e Australia, tanto noámbito universitario e cultural comano histórico e político. Podemos co-mezar mencionando os moitosexemplos de traballo desenvolvidoaté o momento en Australia. EnSydney constituíuse unha nova aso-ciación galega, ademais do CentroGalego, e outros centros en Brisbane,Perth e Auberley, a Galician Associa-tion of Sydney Incorporated, e, coaaxuda da Fundación Myer, estable-ceuse na Universidade de Queens-land o proxecto para a transcrición eredacción dos diarios de Salvado. NaUniversidade de La Trobe, creouseun proxecto sobre a cultura e costu-mes de Galiza con colaboradores devarias universidades. Tamén se fun-dou a revista Antípodas, Revista deEstudios Hispánicos y Gallegos, re-vista que chega ás mellores universi-dades do mundo, na que aparecenartigos sobre Galiza e a súa literaturacomo o de Roy Boland e J. MiguelAlonso Giráldez sobre o panoramada escrita galega na actualidade. Des-taca o labor de estudiosos australia-nos dirixidos polo profesor Roy Bo-land (Universidade de La Trobe) ou oDr. Roberto Esposto (Universidade

de Queensland) que están a prepararunha proposta para solicitar fondosdo Australia Research Council parainvestigaren a herdanza hispana egalega da misión en Nova Nursiafundada por Rosendo Salvado. Porúltimo, no ano 2005 o Ministro deDefensa de Australia visitou Galizaco fin de impulsar a construción debuques por encargo do goberno aus-traliano pola empresa Navantia radi-cada en Ferrol, contratos que se es-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 51

Page 52: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

52 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

tán a levar a cabo na actualidade. EnGaliza, o CEPAM (Centro de Estudosde Poboación e Análise das Migra-cións) dedicou varios traballos ao es-tudo das relacións entre Galiza eAustralia, e publica a revista Migra-tio, na que apareceu un interesanteartigo sobre o tema, escrito por Ma-ría Xosé Rodríguez Galdo e Abel Lo-sada López. Da mesma maneira, co-mo xa mencionamos máis arriba, en2001 celebrouse unha exposición enTui sobre Frei Rosendo Salvado paraconmemorar o seu centenario. O re-sultado de desa exposición é o inte-resantísimo libro O bispo dos sen al-ma, con destacados artigos deestudiosos como Francisco Díaz-Fie-rros, Xesús Vila Botanes ou RobertoLedo Garrido, e que conta tamén conabundante material gráfico e un catá-logo dos obxectos, principalmentefotografías, gravados e cartas, que sepresentaron na exposición para ilus-trar o seu labor. Pensamos que nostamén, desde a Universidade da Co-ruña podemos contribuír a unhamaior difusión desta importante fi-gura galega desde un enfoque máisacadémico. Este labor de achegamen-to de Australia e a súa cultura a Gali-za xa comezou no ano 2005 por me-dio dun ciclo de cinema australianoque tivo lugar no Forum Metropoli-tano da Coruña, coa colaboración deEmbaixada de Australia en España eo Concello desta cidade. Neste cicloproxectáronse dez filmes australia-nos en versión orixinal subtitulada,todos eles merecedores de diversos

galardóns, entre os que podemosdestacar: Radiance (1998), TwoHands (1999), Bootmen (2000), TheDish (2000) ou Looking for Alibran-di (2000).

A diáspora galega, aínda que moicitada, é pouco coñecida en profun-didade. Desde a Universidade da Co-ruña propuxémonos estudar, coaaxuda de especialistas na materiaprocedentes de varios continentes,as relacións culturais e históricas en-tre Galiza e Australia por medio doprimeiro congreso internacional quese celebrou na nosa terra, que saiba-mos, sobre este particular. Estas re-lacións foron levadas a cabo por via-xeiros, comerciantes, exploradores,misioneiros e familias enteiras, so-ñadores todos, á procura doutra vidanas antípodas.

As relacións de Galiza con Ocea-nía comezan coas viaxes dos habitan-tes de Galiza a aquelas terras. Xa noano 1519 se poden atopar galegosnos barcos de Magalhães e Elcano,demostrando así seren mariñeirosvalentes que se embarcaron en aven-turas na era dos descubrimentos xeo-gráficos ou na procura de fortuna egloria persoais. Entre os anos 1526 e1527 saíu do porto da Coruña a cara-bela San Lesmes coa finalidade de es-tablecer unha rota comercial coasIllas Molucas (Migués). Porén, pro-xectos como este víronse minguadospolas azarosas viaxes e polo escora-mento dos nosos rotas comerciais de-bido ao desenvolvemento das rela-cións mercantís co novo mundo ame-ricano. Aínda que nos séculos XVII eXVIII hai novas viaxes a Oceanía degalegos e galegas, entre as que desta-ca Isabel Barreto2, non é até media-dos do século XIX cando o crego biei-to galego Frei Rosendo Salvado chegaá Terra Australis occidental coa ideade vivir entre os aborixes e estableceralí unha comunidade de evanxeliza-ción, formación e traballo agrícola. Asúa teima foi a do desenvolvementoda comunidade autóctona que forarexeitada –e mesmo exterminada–por todos os colonizadores anterio-

Danza de aborixes cara a 1940.

En 1852, a banda de música de Tui recibiu a

Rosendo Salvado interpretando Maquieló, a

danza australiana harmonizada por el

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 52

Page 53: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Aínda que nos séculosXVII e XVIII hai novasviaxes a Oceanía degalegos e galegas, non é até mediados do século XIX cando ocrego bieito galego FreiRosendo Salvadochega á Terra Australisoccidental

xullo-decembro 2008 terra e tempo 53

Cultura

res, chegando a ser coñecido polo seulabor como ‘o bispo dos sen alma’. Acidade que el fundou, Nova Nursia, éaínda na actualidade o centro culturale comercial do entorno, e conserva oespírito do frade músico que foi quende irmandarse e escoitar a música eas verbas dos poboadores autóctonosdo continente austral e poñelas ensintonía con outras para o progresocomún (Salvado Rotea, Russo, Pérez).Xa no século XX establecéronse colo-nias de emigrantes e negocios e in-dustrias creados por galegos ou congrande participación dos nosos com-patriotas en diferentes cidades, espe-cialmente en Perth, Melbourne eSydney, que perviven até hoxe. Aín-da que Galiza e Australia están sepa-radas por unha inmensa extensiónde auga e terra, Galiza sempre sentiuun apego especial pola identidadeaustraliana grazas aos vínculos queestableceron as cadeas migratorias,que foron especialmente activas nosanos sesenta e setenta do pasado sé-

culo, especialmente por vía indirectadesde o continente americano.

O congreso internacional que seorganizou na nosa universidade ana-lizou aspectos específicos destas rela-cións coas antípodas e subliñou acontinuidade das mesmas ao longodo tempo. Simultaneamente coa rea-lización desta International Confe-rence on Cultural and Historical Rela-tions between Australia and Galiciapúidose ver a exposición Galicia-Aus-tralia: Vellos amigos, cedida poloConsello da Cultura Galega, que foipreparada para ser exposta con ante-rioridade en Sydney, e que exemplifi-cou de maneira plástica estes víncu-los culturais e serviu como marcoreferencial á conexión entre dous po-bos tan distantes xeograficamente. Ocongreso contou tamén con proxec-ción de documentais sobre as rela-cións de Australia e Galiza cedidospola Compañía de Radiotelevisión deGalicia, e sobre diferentes aspectosda vida e as paisaxes australianas. O

Frades e aborixes en Nova Nursia aredor do 1875

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 53

Page 54: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

54 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

Nova Nursia en 1870 vista desde o leste por un

pintor itineranteprograma do evento incluíu tamén odesprazamento dos congresistas e re-latores ao Pazo de Mariñán, por defe-rencia da Deputación da Coruña, on-de se descubriu unha placa querememora os primeiros eucaliptoschegados de Australia da man de FreiRosendo, en forma de semente, eplantados no recinto no século XIXpola familia propietaria, e que aíndase conservan nos xardíns de entradaao pazo. Este acto contou coa presen-za do Sr. Presidente da Deputación daCoruña, Salvador Fernández Moreda,do Agregado Cultural da Embaixadade Australia en España, Sr. EdwardPalmisano, do Sr. Rector Magnífico daUniversidade da Coruña, D. José Ma-ría Barja Pérez, do Sr. Carlos Sixirei,da Secretaría Xeral de Emigración, daSra. Teresa López, Decana da Faculta-de de Filoloxía, e do Sr. BarryMcGuinley, Presidente de ASBA Gali-cia, asociación de amizade con Aus-tralia, que faleceu recentemente e cu-xa perda sentimos con grande pesar.Mención especial merece, tamén, apresentación feita no congreso da tra-dución ao inglés da novela Romasan-ta do novelista galego Alfredo Conde,contando coa presenza do propio es-critor e do tradutor australiano, RoyBoland, Catedrático de español e gale-go na Universidade de Sydney.

Ademais de todos os actos men-cionados, as sesións desta reunióncientífica estiveron divididas en tresgrandes bloques temáticos que con-taron coa concorrencia de expertosaustralianos e europeos. En primeiro

lugar, os estudos sobre os galegosque historicamente viaxaron a Aus-tralia, desde o Renacemento até a ac-tualidade, e en particular, de Frei Ro-sendo Salvado. En segundo lugar,fíxose unha visión sincrónica da rea-lidade actual australiana, a travésdos diversos medios de comunica-ción, incluso mediante os testemu-ños dun aborixe e as súas dificulta-des na vida diaria, expostas envarias publicacións da súa autoría,pero sen esquecer aspectos tan dis-pares como a xeoloxía do país aus-tral e os seus paralelismos co nosoterritorio. En terceiro lugar, fixéron-se análises literarias da narrativaaustraliana contemporánea desde aanglística europea e galega, estabele-cendo as relacións con outras litera-turas anglófonas.

No primeiro bloque temático, ca-be destacar a conferencia inauguralpronunciada por Roy Boland, da Uni-versidade de Sydney, en torno ao pa-sado e ao presente dos “Galegos e es-pañois en Australia,” incluíndo aemigración producida no século XX eque aínda ten unha colonia galegamoi significativa en cidades comoSydney ou Melbourne, subliñando oseu significado na formación destanación no mundo globalizado. Bo-land ofreceu unha visión de Australiacomo unha sociedade multiétnica naque ten cabida e importancia a cultu-ra galega. O Dr. Vítor Migués, da Uni-versidade de Santiago, analizou a do-cumentación existente sobre afactoría coruñesa para o comercio co-as Molucas, denominada Casa doMaluco, pondo de relevo os vínculosexistentes entre a cidade da Coruña eas rotas marítimas do Pacífico no sé-culo XVI. O frade bieito da comuni-dade de Nova Nursia, David Barry, fi-xo unha análise da correspondenciainédita de Salvado entre Australia,Andalucía e Galiza a mediados do sé-culo XIX á luz dos arquivos existen-tes tanto en Galiza coma en Andalu-cía e Australia. O arquiveiro daCatedral de Tui, Avelino Bouzón Ga-llego deu conta da figura do frade ga-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 54

Page 55: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Xa no século XXestablecéronsecolonias de emigrantese negocios e industriascreados por galegos oucon grandeparticipación dos nososcompatriotas endiferentes cidades, queperviven até hoxe

xullo-decembro 2008 terra e tempo 55

Cultura

Lembrando ao bispo galego que hoxe na

Australia é unha figura fundamental para

recuperar a súa historia

lego desde a perspectiva dos docu-mentos existentes na cidade onde foinado. Á luz da información achegadapor Bouzón, Salvado aparece comounha figura extraordinaria e case mí-tica, e un fito nas relacións entre Ga-liza e Australia. O Profesor RobertoEsposto, da Universidade de Queens-land, en Brisbane, falou da misión deRosendo Salvado en Australia Occi-dental a través dos seus diarios in-éditos, e da súa relación con outrosdiscursos e prácticas socioutópicoscristiáns en Hispanoamérica. O pro-fesor Peter Gerrand, Catedrático naUniversidade de La Trobe ofreceu un-ha visión desde as antípodas do be-neficio que suporía para a cultura ga-lega a nivel mundial a existencia dodominio .gal en internet. Pola súaparte, a Catedrática de Historia e ins-titucións económicas da Universida-de de Santiago de Compostela, MaríaXosé Rodríguez Galdo, analizou o pa-pel da emigración dos galegos a Aus-tralia no século XX. Centrouse nostrazos de identidade galegos dentrodo contexto da emigración españolaao continente australiano e nos as-pectos que axudan a entender as re-lacións institucionais, económicas eculturais existentes na actualidadeentre Australia e o país galego.

No segundo bloque de relatorios,sobre a sociedade australiana actual,destacou a presentada pola Directorado Centro de Estudios Australianosda Universidade de Barcelona, SusanBallyn, que analizou a misión de No-va Nursia a través das impresións

dun aborixe que viviu nela desde ne-no, trátase do escritor Alf Taylor. Oprofesor Varela Tembra, da Universi-dade Pontificia de Salamanca, estu-dou o desenvolvemento da Igrexa ca-tólica en Australia. A profesora daUniversidade da Coruña, Elena Alfa-ya, mostrou aos asistentes a presenzade temas relacionados con Australiano xornal galego La Voz de Galicia.Tamén estudaron os vínculos entreambos os dous países, Australia e Ga-liza, Paula Lojo e Lidia Montero, através dunha análise cultural compa-rando os estilos de vida e a lingua quese describen en dúas series de grandeéxito de aquí e das antípodas: Mare-as vivas e Neighbours. Os estudosculturais son tamén o centro do tra-ballo da profesora Elizabeth Wood-ward, confirmando mediante a análi-se do significado dun termoespecificamente australiano, referidoá solidariedade nun accidente minei-ro en Australia, que a competencialingüística non é suficiente para apre-ciar os valores culturais dunha socie-dade. Por último, na terceira parte docongreso, que serviu de foro para asvisións de Australia, a súa cultura eliteratura contemporáneas, desenvol-véronse traballos sobre escritores eescritoras contemporáneos como Ro-sa Praed, Murray Bail, Peter Carey ouDavid Malouf, este último feito polaProfesora Lisa Armellino da Universi-dade de Turín, Italia.

Os resultados máis salientábeisdeste encontro verán a luz este mes-mo ano nunha publicación monográ-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 55

Page 56: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

56 terra e tempo xullo-decembro 2008

Cultura

fica bilingüe da revista Antípodas,que está a ser avaliada por pares, eque levará por título Australia and Ga-licia: Defeating the Tyranny of Dis-tance / Australia e Galicia: Vencendoa tiranía do afastamento, que coedita-remos co Prof. Roy Boland. Con estetítulo queremos facer referencia eprestar o recoñecemento debido aotexto clásico de Geoffrey Blainey TheTyranny of Distance de 1966.

BIBLIOGRAFÍABLAINEY, Geoffrey. The Tyranny of

Distance: How Distance ShapedAustralia’s History. Melbourne:Sun Books, 1966.

BOLAND OSEGUEDA, Roy e JoséMiguel Alonso Giráldez. “Panora-ma da escrita en lingua galega en-tre os séculos XX e XXI.” Antípo-das (en prensa).

BOUZAS, Pemón. El informe Manila:Isabel Barreto, la que surcó losMares del Sur en busca de las ru-tas de las especias. Barcelona:Martínez Roca, 2005.

CONDE, Alfredo. Romasanta. Memo-rias incertas do home lobo. San-tiago de Compostela: Sotelo Blan-co, 2004. [Romasanta. UncertainMemoirs of the Galician Wolf-man. Trad. de Roy C. Boland Ose-gueda. Sydney, Australia: Antípo-das Monographs, 2006].

DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, Francis-co e Avelino Bouzón Gallego, co-misarios. O bispo dos sen alma.Exposición Frei Rosendo Salvado(1814-1900). Santiago de Com-

postela: Consello da Cultura Gale-ga, 2001.

LORENZO MODIA, María Jesús eRoy C. Boland Osegueda, eds.Australia and Galicia: Defeatingthe Tyranny of Distance / Austra-lia e Galicia: Vencendo a tiraníado afastamento. Sydney: Antípo-das Monographs, 2008.

MIGUÉS RODRÍGUEZ, Vítor Manuel.“Primeiras vinculacións entre Ga-licia e o Pacífico: a coruñesa casado Maluco.” Lorenzo Modia e Bo-land Osegueda, eds.

PÉREZ, Eugenio. O.S.B. La Misión delos benedictinos españoles enAustralia Occidental. 1846-1900.La abadía española de NuevaNursia en Australia Occidental.Madrid: Ministerio de AsuntosExteriores, 1990.

RODRÍGUEZ GALDO, Mª Xosé e LO-SADA ÁLVAREZ, Abel. “As rela-cións entre Galicia e Australia. Deterra incógnita a un mercado pro-metedor.” Migratio. Revista depoboación e migracións 2 (2003).

—-. Galicia-Australia. Viejos amigos.Documentos de trabajo CEPAM,nº 1, 2001.

RUSSO, George, M. A. Lord Abbot ofthe Wilderness. The Life and Ti-mes of Bishop Salvado. Melbour-ne, The Polding Press, 1980.[Trad. O señor abade do ermo. Avida e a época do Bispo Salvado.Santiago de Compostela: Consellode Cultura Galega, 2001].

SALVADO ROTEA, Rosendo. Memo-rias Históricas sobre la Australiay la misión benedictina en NuevaNursia. Madrid: BAC, 1946 �

1 Este traballo foi posíbel grazas á rede deinvestigación “Rede de lingua e literaturainglesa e identidade” (2007/000145-0), fi-nanciada pola Xunta de Galicia e o FondoEuropeo de Desenvolvemento Rexional(FEDER). Agradécese esta axuda expresa-mente por este medio.

2 Das súas andanzas e aventuras fíxose ecoPemón Bouzas na novela El informe Mani-la: Isabel Barreto, la que surcó los Mares delSur en busca de las rutas de las especias.

Eucalipto do Paseo da Ferradura de Santiago,

atribuído a unha semente enviada polo padre

Salvado. Logo é ben certo que esta especie

chegou a ser endémica no país extendéndose

por todas partes

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 56

Page 57: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 57

Page 58: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 58

Page 59: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 59

Pensamento

EXORDIO. Con efeito, as datas defalecemento e de nacemento de un-ha e outro (1885 / 1886) parecenconxuminarse, nunha sorte de acor-do máxico para que o relevo da pri-meira (cuxa obra determina a se-gunda metade do oitocentos) estexagarantido coa produción do segun-do (primeira metade do século XX).Ambos son intérpretes privilexia-dos do povo galego naquelas sincro-nías históricas. E sonno non como

herois individualizados e aristocrá-ticos dunha rara xenialiade, senónmesmamente porque acertaron aexprimiren o mellor e máis profun-do da distintividade galega, en ma-teria cultural, artística e, en definiti-va, social e política. Anuncia eprecede a súa obra -ao tempo quedel deriva- un movemento socialpro-galego que houbo de actuar co-mo revulsivo contra e sobre tantosanos de dominio estrutural (econó-

De Rosalía de Castro a Castelao:

Non por casualidade os nomes e a obra de Rosalía de

Castro e de Castelao representan e simbolizan o máis

definitorio e identificador do volkgeist galego na

historia contemporánea. Sen ela, o XIX galego sería

totalmente diferente a como se produciu e, sobre de

todo, mudaría a posteridade do XX en todo o que este

século significou de novo despertar da conciencia

filogalega. Sen el, tamén non sería entendíbel unha

centuria que deu de si o mellor das enerxías patriótico-

intelectuais dos galegos postos ao servizo –no

pensamento, na arte, na prática política– da nación.

MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO

Doutora en Filoloxía Románica e

profesora da Universidade da Coruña.

Autora de numerosos ensaios, estudos

e artigos sobre sociolingüística e

literatura galega. É Directora-Xerente

da Fundación Bautista Álvarez de

Estudos Nacionalistas

o rosto verdadeiro da Galiza

Terra tempo147_48 3/2/09 13:28 Página 59

Page 60: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

60 terra e tempo xullo-decembro 2008

Pensamento

do, na súa polifacecia (artista plásti-co, dramaturgo, narrador, ideólogoe político do nacionalismo galego…)consagra o revival do renacentistaitaliano, aplicado á apoloxía e repre-sentación da súa nación. De por par-te, ambos verán obras capitais dasúa produción editadas na emigra-ción-exilio americano: Follas novas(1880), de Rosalía, na Habana; Sem-pre en Galiza (1944), de Castelao, enBuenos Aires. Nova similitude, no-va isotopía, que nos dá pé para co-mezar a enumerarmos, sumaria-mente, aspectos varios dacoincidencia non casual entre unhae outro autor:

1. A identificación cordial copaís. Sen pertenceren ás clases po-pulares, sendo membro Rosalía damáis antiga aristocracia do país (sóque sen recursos nen rendas…),sendo Castelao fillo de emigrantes áArxentina que puderon retornarcon bens suficientes como para sereinstalaren desafogadamente na vi-la natal, Rianxo, e para estudaren ofillo (a carreira de Medicina, na Uni-versidade de Santiago de Composte-la; o doutoramento, en Madrid…,xa con Castelao incipiente artista eescritor), tanto ela como el “des-clá-sanse” para escolleren definitiva-mente a maioría social, as clases po-pulares, as clases traballadorascomo suxeito épico, centro da histo-ria e protagonista da súa arte. Estadecisión -seren portavoces dos senvoz- arrinca dunha primeira identi-ficación cordial co país, dun exerci-cio de amor consciente e activo, dunhumanismo entendido non á ma-neira paternalista-caritativa, senóncomo identificación deliberada costitulares do mundo do traballo, coasvítimas da opresión nacional en gra-do maior e, en definitiva, coa repre-sentación neta da galeguidade nonperdida, ben que ameazada e vili-pendiada.

2. A óptica desacomplexada.Como antes se indicou, unha e ou-tro non pediron permiso para inicia-ren e consolidaren a súa obra de

mico, lingüístico) e superestrutural(político, relixioso, xurídico, cultu-ral). Dominio que desinstitucionali-zara a Galiza, até reducila a unha co-lonia ou provincia maltratada daCorte española, con todos os atribu-tos negativos da coloniaxe non re-coñecida como tal (os galegos se-guían a ser brancos, non negros…)e con importantes doses de auto-co-lonización inoculadas no ser colecti-vo galego.

Tal é o estado de cousas que Ro-salía de Castro (1837-1885) topadiante de si cando emerxe como es-critora galega (e non só como galegaescritora…). Tal é o panorama quedefronta Castelao (1886-1950), muta-tis mutandis, cando, xa na maturida-de, sela definitivamente o seu com-promiso coa causa de significarartística e politicamente a Galiza, senpedir permiso, isto é, sen pagar tribu-to ás alfándegas de Madrid, como ca-pital política, e sen negar para a ex-presión galega asunto nengún,pronunciamento nengún.

Rosalía de Castro, en fin, inau-gura a literatura do Primeiro Rena-cemento e Castelao é a figura cen-tral do Segundo Renacemento.Ambos combinarán perspectiva líri-ca e épica, grande talento artístico,intensa innovación estética e agudopatriotismo e sensibilidade psicoso-cial. A primeira, aliás, vén ser a pio-neira do feminismo galego, sendomedular, na súa obra, a preocupa-ción pola fortuna das mulleres e portodo o universo feminino. O segun-

Souto dos gatos. Estrano cadro de Castelao que

se conserva na casa de Otero Pedraio en Trasalba

Terra tempo147_48 3/2/09 13:29 Página 60

Page 61: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 61

Pensamento

emancipación nacional. Porque, narealidade, a proxección extra-artísti-ca que os dous acadaron tamén noné casual. Foi esta obra alavanca decriación de conciencia galega –tantona Galiza territorial canto na Galizada emigración / exilio– por ser me-tonimia do resto de representaciónsque lle faltaban ao país. Tal opera-ción comeza por varrer os comple-xos de (auto)colonización que con-ducían inmisericordemente áxenoestima acrítica e ao autoodiocorrelativo. En imaxe ou metáforasemántica, o universo galego ante-rior a eles, na súa tónica dominante,sería máis unha connotación do queunha denotación, máis un adxectivodo que un substantivo de valor e ca-bida universal, nunca un epíteto ín-sito á propria natureza e direito deemerxencia autónoma da nación.Eles, renunciando a todo pintores-quismo, a toda peculiaridade cromá-tica integrábel nun conxunto espa-ñol, van, en troca, representarartisticamente o universo galego coadignidade, altura de miras e autono-mía moral que merece, como cal-quer outro povo da Humanidade.Declinan o seu pensar e o seu sentirsen renunciaren ás súas raíces. Des-vendan orixinalmente toda a forzaacochada dunha cultura, unha eco-nomía, unha socioloxía, unha psico-loxía… cuxos signos caracterizado-res non cabían no molde da Españacentral(ista).

3. A vontade de anagnórise re-habilitadora. Unha e outro dispuxe-ron toda a súa ilustración, todos osseus saberes adquiridos, toda a súadensa cultura, ao servizo dunha nece-saria emerxencia, onde patria e arteresultaban a cada paso tanxentes. ARosalía de Follas novas dilata defini-tivamente os limites da lingua galegapara dar cabida artístico-filosóficanon só a calquer asunto relacionadocoa especificidade galega senón a gra-ves temas universais que tocan o co-razón e turban o pensamento cómo-do de calquer leitor do mundo. Ávista está que, na poesía e na narrati-

va (como labores predominantes daescritora), así como na estampa e noensaio (como eixos da obra de Caste-lao), a fotografía galega vai ficar intei-ramente mudada, para dentro doproprio país e consumo interno, tan-to como para redefinir o retrato queda Galiza (dos galegos-as) se tiña fóradela. Na recepción da súa obra litera-rio-artística, unha e outro permiten efacilitan que o público receptor secontemple e recoñeza, humanista-mente, en espellos non cóncavos e /ou convexos, proprios do procede-mento esperpentizador, senón en es-pellos realistas, acordes ás virtudes edefeitos dun povo calquer outro doplaneta, mais de xeito singular e au-tónomo, non como permanenteapéndice degradado dunha realidadeestatal exterior e superior.

4. O idioma. Esta vontade de re-coñecemento comeza, como non po-día ser doutro xeito, pola exhibición,utilización como instrumento públi-co, dignificación e apoloxía do idio-

Rosalía nunha foto de xuventude

Terra tempo147_48 3/2/09 13:29 Página 61

Page 62: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

62 terra e tempo xullo-decembro 2008

Pensamento

ma. É a lingua galega, naturalmente,principio organizador e definidor dasúa obra, desde a “meniña gaiteira”que conduce o primeiro monumentoda literatura galega contemporánea,Cantares gallegos (1863), até todas asmostras narrativas, artísticas e ensa-ísticas, en ducias e ducias de páxinas,que Castelao dedica á defensa da lin-gua galega, á súa problemática e á di-sección dunhas eivas adquiridas des-de fóra do código lingüístico. É asícomo unha e outro se ven obrigadosa faceren, simultanemente, lingua emetalingua, literatura e metaliteratu-ra, auto-explicación… Precisamenteporque en todos os contextos politi-camente dominados e en todas as si-tuacións de conflito lingüístico cóm-pre facer visíbel a evidencia negada;corporeizar o sepultado polo clasismoe a imposición cultural e mediática;instaurar, en fin, un novo paradigmade normalidade: aquel que visa deslo-car dos lugares hexemónicos o ele-mento invasor (español) para colocar

no seu lugar o elemento nativo-nacio-nal (galego).

5. A inauguración dunha novasemántica, dunha nova sintaxe. Per-mítasenos utilizar estas imaxes gra-maticais para iluminarmos, sequer amodo de flash, a “reordenación” douniverso galego que realizan Rosalía eCastelao. Sexa ao escreberen da emi-gración; do papel das mulleres e detoda a súa carga de discriminacións;do papel que a Galiza xoga na Espa-ña; dos sentimentos e das aspira-cións particulares dun povo que querprotagonizar a súa historia; sexa aoreflectiren maxistralmente tantostrazos da weltanschauung galega, dohumorismo-ironía-retranca particula-res, que comezan por recoñeceren ca-pacidade pensamental-reflexiva aossuxeitos populares; sexa ao informa-ren de tantas particularidades da for-mación social galega, sen idealiza-cións nen idilizacións, mais, polomesmo, sen xibarizar o ser galego (re-ducido en tanta literatura española aun ser cuase-humano, armacén de to-das as deficiencias e cifra de toda aestupidez…). A radicalidade, aliás, demoitas das súas propostas (de formamáis acentuada nunha transgresora epecadora constante como Rosalía, enquen toda ruptura ou toda heterodo-xia se agranda xustamente por serexecutada por unha muller…) certifi-ca como o mellor e artisticamentemáis logrado da cultura galega doXIX e do XX nace vinculado ao máisprogresista, avanzado, moderno e in-novador do pensamento e das artesdeste tempo histórico. Nada a ver,por tanto, coa ollada ao pasado, co ar-queoloxismo ou co espírito de reli-quia etnográfica que caracterizaronoutros movementos “particularistas”ou derivados dunha efervescencia“romántica” de curto voo.

6. Rosalía de Castro: artíficeesencial da modernidade galega.Desde o poema inicial de Follas no-vas (auténtico manifesto xenérico-identitario-feminista) : “Daquelas quecantan as pombas i as frores / todosdin que teñen alma de muller. / Pois

Monumentos a Rosalía en Padrón, Rianxo,

Uruguai, Arxentina, Barcelona, Vigo... Rosalía

pasará a ser símbolo dunha terra con todo o

perigoso que isto ten se non se funda nun

coñecemento auténtico da súa personalidade

e a súa obra

Terra tempo147_48 3/2/09 13:29 Página 62

Page 63: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

En todos os contextos

politicamente

dominados e en todas

as situacións de conflito

lingüístico cómpre facer

visíbel a evidencia

negada; corporeizar o

sepultado polo clasismo

e a imposición cultural e

mediática

xullo-decembro 2008 terra e tempo 63

Pensamento

eu, que n´as canto, Virxe da Paloma, /¡ai!, ¿de que a terei?”, desde este poe-ma da súa obra capital, auténticascredenciais da autora e porta aberta atodo o oceano da súa proposta litera-ria e do seu diálogo libérrimo coas re-alidades históricas, morais, relixio-sas, políticas e metaempíricas domundo e do seu século, podemos in-tentar apreixar ou sintetizar, mesmoque sexa palidamente, as faces prin-cipais dunha obra proteica, poliédri-ca, que segue a deitar, como todo bonclásico, un manancial inesgotábel deinterpretacións e de –autorícesenos orecurso emotivo– de consolacións:

O combinado ou “cóctel” que, nasúa xénese, explica a produción rosa-liana consta dos seguintes ingredien-tes: unha intelixencia invulgar; unhaacusada sensibilidade psicosocial; un-ha formación cultural de enorme va-riedade e densidade; un sentido pa-triótico agudo; unha viva epersistente obsesión pola condición ea sorte das mulleres.

Esta recorrencia, esta preocupa-ción mullerista, é medular na súaobra, de principio a fin. Constitúe un-ha especie de coluna vertebral arre-dor da cal se articulan discursos poé-ticos e narrativos. O seu feminismo écorrelato lóxico da súa posición bio-gráfica, filosófica e política na vida.

Toda a súa produción pode ser li-da como a concreción lírico-épica emais a ficcionalización dunha doutri-na, dunha filosofía, programatica-mente desenvolvida, canto á Galiza eá súa emancipación; ás mulleres e á

súa liberación; á Humanidade e o seuser e estar no mundo.

L´amour n´a pas de lois: comoCarmen, a heroína de Merimée-Bi-zet, a autora renega da normativiza-ción do amor. Por iso, a amizade ho-me- muller vese imposibilitada, ouentorpecida, polo muro da posesiónmasculina; por iso, o home “adora-dor” da muller está condenado aofracaso, como o están as mulleresvocacionadas para obxectos (de ex-plotación ou de ornamentación,mais obxectos ao cabo).

A harmonía da natureza, o eco-sistema, parece chamar por un eco-erotismo, por unha equisentimen-talidade, por unha relación deiguais (non só no intelecto, senóntamén nos afectos).

Na súa sincronía, non era nadadoado que tivese un leitor-modelo: sóminorías ilustradas e sensíbeis, e acomuñón popular cos versos dela co-ñecidos (mesmo oralmente, sen osler), podían redimila de tantos peca-dos (=transgresións) cometidos.

Na actualidade (e desde o comezodo século XX) o anonimato sofistica-do non axuda nada á súa valoración.“Inmortal” e “xenial” poden ser enco-mios sinceros, mais teñen aforradomoitas explicacións factíbeis e posí-beis da súa obra. Obra que se mate-rializa, que se vehicula, en galego een español. E isto porque Rosalía deCastro é escritora galega (a que inau-gura, en singular, a literatura galegacontemporánea) e é galega escritora(e, portanto, submetida ás contin-

Faunalia, esta acuarela pertence á serie

homónima que Castelao realizou entre 1940 e 41

ao pouco de chegar a Buenos Aires. Nela

Castelao conecta a cultura pagá galega coa

natureza do país a través dunhas figuras

ambiguas que tratan de recrear a vitalidade da

nosa Terra

Terra tempo147_48 3/2/09 13:29 Página 63

Page 64: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

64 terra e tempo xullo-decembro 2008

Pensamento

1909: OS COMEZOS

Terra tempo147_48 3/2/09 13:31 Página 64

Page 65: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

A mitificación en

falso de que foi

obxecto (eufemística)

e a minusvaloración

que padeceu

(disfemística)

son indicativas de

canto había que tapar

e de que gravidade

xullo-decembro 2008 terra e tempo 65

Pensamento

xencias e ás marxes da práctica posí-bel do idioma). En todo caso, ela foimáis aló na literaturización e diversi-ficación temático-xenérica do galegodo que calquer contemporáneo. Fixo,de certo, da necesidade virtude.

A súa obra percorre varios tra-xectos definidos e interconectados:o patriótico, o feminista, o intimista,o social-político, o filosófico, o reli-xioso (no sentido etimolóxico: a re-ligación do ser humano a respeitodunha realidade transcendente).Clasificar, por isto, a súa poesía en“obxectiva” e “subxectiva” é dunhapuerilidade irritante.

Penden aínda millenta incógni-tas, mil enigmas sobre a súa vida eobra. Para alén das dificuldades her-menéuticas, lóxicas en todo gran clá-sico, é altamente suspeitosa a des-aparición ou vaporización demateriais documentais a ela referi-dos. Por centos de cartas de Murguíarecentemente exhumadas 1, consér-vanse unhas poucas dela (ou a ela di-rixidas) e algunhas, mutiladas. Ubisunt? ¿Quen responde das páxinas deprensa cuidadosamente retalladas endatas ben significativas, da perda depapeis ou do negocio montado a cus-ta da súa memoria?

A mitificación en falso de que foiobxecto (eufemística) e a minusvalo-ración que padeceu (disfemística) sonindicativas de canto había que tapar ede que gravidade. Ela deulle un novolocus á Galiza, aos galegos, ás mulle-res. Reconverteu a sentenza terencia-na (Homo sum; humani nihil a me

alienum puto) en beneficio noso: Mu-lier sum; Gallaeciae nihil a me alie-num puto. Contribuamos nós a colo-cala no lugar merecido.

7. Castelao: o que dá de si o po-vo galego. Falarmos de Castelao im-plica retratarmos un político, un in-telectual, un artista… , unhapersonalidade pública na cal dousdominios superestruturais se unenestreitamente, movidos pola mesmaalavanca: o dominio da arte -plásti-ca e literaria- e o dominio da activi-dade política, como representantemaior do nacionalismo galego daprimeira metade do século XX. Bio-graficamente, Castelao responde aun padrón que, nos seus derrradei-ros anos de vida, don Ramón OteroPedraio aplicaba aos protagonistasda súa xeración: “… naquel intre,cando tan poucas cousas tiñamos,había que facelo todo: viaxar, botardiscursos, escribir nos xornais, es-tudar xeografía, etnoloxía, historiada nosa terra, que estaba sin escri-bir. O que non se podía era estar ca-lados e quedos, porque o tempo, xadaquela, loitaba contra de nós”. Onoso autor fai ben certa, con efeito,a parábola evanxélica que pondera otraballo e o afán dos sirventes queempregaron e fixeron medrar os ta-leentos entregados polo amo. Re-presenta a antítese do retrato doocioso, do intelectual especulativo,do dilettante…, a que Castelao serefere no “Adro” de Sempre en Gali-za, composto durante o desterro deque o fai vítima o governo de Le-

Estampa de Castelao utilizada como postal nos

primeiros anos da súa carreira artística

Terra tempo147_48 3/2/09 13:31 Página 65

Page 66: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

66 terra e tempo xullo-decembro 2008

Pensamento

rroux, na cidade de Badajoz, duran-te o bienio negro da Segunda Repú-blica, en 1935. Proclama o noso au-tor: “Ainda queda moita fina castede intelectuaes, dos que a xente dique debemos facer pranto candomorran; mais eu quixera mellor ho-mes de aición, que loitasen polo en-grandecemento da nosa Terra, senmedo ao fracaso, nin á censura, nintan siquera ás pedradas. Porque haique loitar e crear, e non imos perdera vida metidos nas tripas dos pro-blemas”. É, pois, a propria explicita-ción de Castelao (“hai que loitar ecrear”) a que nos autoriza a desesti-mar certas versións da súa persona-lidade que nolo apresentan como unidealista, un soñador, un utópicoou, ainda, como unha sorte demembro dunha Organización nonGovernamental (se valese o ancro-nismo) voluntariamente empeñadoen moralizar o país, homilías me-diante… Nada máis lonxe, na súatraxectoria, da tipoloxía do soñadorpondaliano (se este estreotipo o qui-xermos referir a un ilustre antece-sor); nada máis distante da utopía,entendida etimoloxicamente (o quenon ten lugar): “Era un ilusionado,pro estaba moi lonxe de sere un ilu-so”, afirma quen ben o coñeceu,Eduardo Blanco Amor. Toda a súavida adulta é explicábel mesmamen-te pola ansia e a tensión de conver-ter en realidade certa o desexo dedotar á Galiza da representaciónadecuada á súa humanidade especí-fica, á súa produción cultural, por lle

facer ocupar o lugar merecido nomundo, por dignificala cara adentroe cara afora.

Ben podemos dicer, por isto, querepresenta, a súa obra e a súa activi-dade, un auténtico antídoto contra ominifundismo, porque nos significoue nos universalizou através de espe-llos non falsificados. É proba do quedá de si o povo galego, cando a von-tade de existir autonomamente (enon como individuos de Protectora-do) se traduce en prática social, enobra real-izada, en exhibición realistae non caricaturizada. Porque, conefeito, Castelao emprega a fundo a ca-ricatura cos que nos caricaturizaron enos caricaturizan e retrata, en troca,realistamente, o ser galego, en moitasdimensións humanas.

EPÍLOGO: Alforxas moito máis cum-pridas se precisarían (analiticamente,metodoloxicamente) para dar conta,sequer esquematicamente, da estatu-ra nacional e artística destes douscampións da historia da Galiza. Seteletras-sete sons compoñen o nome deunha e de outro, nos seus nomes, Ro-salía e Castelao, consagrados para ahistoria. Sete quixeron ser, nesta no-sa viaxe, os fitos en que fixemos pa-rada e comento. Romperon fronteirasdestrutoras do ser galego e abrironcampos de nova galeguidade cunhacoraxe e un amor patriótico proxecti-vos, que, profeticamente, chegan aosnosos días e seguen a iluminar, polasúa modernidade, pola súa vixenciaen tantos aspectos, un camiño de re-cuperación nacional que aínda tenmoitos itinerarios por cobrir. Coneles, a Galiza -os galegos e as galegas-terán un outro lugar no universomundo, na irmandade por eles des-exada entre todos os povos da Huma-nidade, na refutación máis radical decalquer política imperialista, na de-nuncia máis valente da natureza de-predadora do capitalismo. Libremen-te, sen intermediarios nen tutorías �

1 Vid. AXEITOS e BARREIRO FERNÁNDEZ(2003 e 2005).

Gaiteiro. Castelao en obras como "Os vellos non

deben de namorarse" amosou a necesidade de

diálogo entre as diferentes artes, desde a música,

pintura até a danza e a poesía, para expresar

emocións e contar historias sen retraerse nunha

especialización que limite a creación

Terra tempo147_48 3/2/09 13:31 Página 66

Page 67: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Terra tempo147_48 3/2/09 13:31 Página 67

Page 68: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

68 terra e tempo xullo-decembro 2008

Internacional

Sabemos, moitas veces, que os medios de comunicación

nalgúns países, entre eles os Estados Unidos, están

pendentes de presentar “a historia oficial” sen

analizaren os feitos e os motivos. Con isto queremos

dicir que prefiren, ou mesmo exixen, unha versión

unificada dos acontecementos mundiais que, á vez, é

unha visión que non lles faga cuestionar as condicións

da súa sociedade, sobre todo o goberno e os valores que

controlan esa sociedade.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:31 Página 68

Page 69: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 69

Internacional

OS XORNAIS estabelecidos e as noti-cias da hora de cear falan case ao uní-sono a respecto dos eventos e opi-nións, locais ou globais; rara vezexpresan críticas duras dun goberno,malia ter este unha imaxe pouco favo-rábel. Non é que non haxa expresiónsde inconformismo, mais inclusive can-do os temas son de grande importan-cia, como o alto custo do seguro médi-co ou a perda de postos de traballo, avisión máis ampla, máis concreta emáis realista non se presenta. Houboun certo rexeitamento do manexo in-epto da inundación provocada polo fu-racán Katrina da axencia nacional, FE-MA. Non obstante, para alén dunhasqueixas por parte das víctimas, poderí-ase afirmar que a crítica máis dura foia dunha canción baseada nun comen-tario improvisado do rapeiro KanyeWest1 e nunha canción de Gold Digger,co seu correspondente vídeo tituladoGeorge Bush Don’t Like Black People[‘George Bush non gusta dos pretos],2

foi amplamente difundida e escoitada,correndo por moitas das as canles po-pulares do internet como Youtube.Outros lugares onde se atopan análisesduras e irónicas son programas de hu-mor como os de Jon Stewart3, StephenColbert4 ou Saturday Night Live5, unprograma lonxevo, fundado en 1975, erecoñecido polo estilo e contido icono-clastas. Claramente existe, pois, un pú-blico interesado en non ler ou escoitarsó a versión oficial da realidade.

A cuestión está en por qué os me-dios oficiais non fan caso ao sector dopúblico que non cre e non quere aten-

der á información oficial e como ato-pan os disidentes á información quebuscan. Malia o humor da televisión ealgunha película como “Outfoxed”6,feita para mostrar o xeito en que a FoxNews Network controla e moldea asnoticias, tanta xente ve as noticias deFox como a que ve CNN ou a que le oque presenta USA Today, un xornalque se distribúe moito nos hoteis, ae-roportos e outros sitios públicos. Asnoticias das 6 da tarde e das 11 da noi-te seguen a ter un segmento cun nomesemellante ao “Arredor do mundo en80 segundos” de Fox News, con pou-quísimas noticias internacionais, nin-gunha con detalles. No entanto, cada11 de setembro podemos ver un docu-mental extenso sobre a destrución dastorres xemelgas de Nova York. O 11 desetembro xa é o novo símbolo da na-ción, un punto de partida para falar dedemocracia e liberdade, alembranza/proba de como a guerra foi–e é– necesaria. Pola información quedan nos medios de comunicación, é ló-xico que moita xente xa confunda ascausas do conflicto en Iraq co que pa-sou en Nova York. Mais aínda así, moi-tos non teñen vontade de comprendernin a súa confusión nin máis soluciónsque a violencia. Quizais nun país quenon promove o estudo doutras linguasagás o inglés7 é fácil afastarse de todoseses “outros” que non pode compren-der. Un exemplo dese afastamento–intencionado?– é que o público cre,ou quere crer, que as tropas están endiferentes partes do mundo “para nosprotexeren”. Outro exemplo é que os

A Nova Esquerda nos EstadosUnidosOnde está?

KATHLEEN MARCH

Profesora de Literatura latinoamericana

e española na Universidade de Maine

(EUA). Fundadora da Asociación de

Estudos Galegos dos EUA

Terra tempo147_48 3/2/09 13:31 Página 69

Page 70: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

70 terra e tempo xullo-decembro 2008

Internacional

Michael Moore é un cineasta e escritor

estadounidense, Palma de Ouro 2004 no Festival

de Cannes coa súa película Fahrenheit 9/11,

autor de libros e películas nas que denuncia á

sociedade e poderes estadounidenses, en

particular e con esta película, o contorno do

Presidente George W. Bush e o seu entorno a

raíz dos atentados do 11 de setembro de 2001

(ós que fai alusión o título, que xoga co da

novela Fahrenheit 451 de Ray Bradbury). Por dito

motivo, a película premiada foi vetada pola

Disney para a súa distribución nos EUA

bloqueos, sexan de Cuba ou doutro pa-ís, son admitidos como simples méto-dos de defensa e castigo merecido:pouco se comentan os efectos dos blo-queos. A perda de postos de traballo,non obstante, crea sentimentos nega-tivos contra outros países e contra osinmigrantes que chegan impulsadosdeses países pola globalización dunNAFTA (Tratado Norteamericano deLibre Comercio) ou CAFTA (TratadoCentroamericano de Libre Comercio).O goberno condena os abusos dos de-reitos humanos doutros países, maisninguén parece saber da política do go-berno guatemalteco ou salvadoreño, emoito menos sabe de actuacións histó-ricas como a política de non interven-ción de Franklin Delano Roosevelt alópolos anos 30 que favorecía o fascismofranquista a pesar dos protestos demoitos grupos estadounidenses. Osque por solidariedade loitaron nas Bri-gadas Internacionais foron marxina-dos ou vixiados pola FBI á súa volta co-mo “antifascistas prematuros”. Foi anon intervención o que permitiu o co-mezo da segunda Guerra Mundial. AHistory Channel, en troques, mostraunha verdadeira teima pola vida e obrade Hitler, esquecendo a axuda queprestou á política rooseveltiana.

No seu libro Manufacturing Con-sent: The Political Economy of theMass Media8, Noam Chomsky e Ed-ward Herman identifican claramente omodelo dos medios de comunicaciónoficiais e como os seus obxectivos obe-decen a causas económicas. Din estesautores que hai cinco filtros que deter-minan o tipo de noticias que se pre-sentan: quen é dono do medio; as fon-tes de financiamento dos medios; asfontes de información (normalmente ogoberno e o exército teñen os mediospara produciren noticias continuamen-te); o flak ou esforzo por desacreditaros disidentes como loucos ou descon-tentos; e a ideoloxía anticomunista, ouagora máis ben antiterrorista, que ex-plota o medo e odio do público.

Á primeira vista, pois, os mediosde comunicación parecerían ser ironi-camente inútiles como fontes de in-

formación e, se cremos que non haisaídas para a opinión pública, a es-querda daría a impresión de estar envías de extinción. Mais non é posíbelafirmar a ausencia completa doutromodo de pensar e de responder. Men-tres que algúns agardan un presiden-te novo e insisten en que un delestrae esperanza e cambios basicamenteporque eles se encirran en seren espe-ranzados e desexan apaixonadamen-te que haxa cambios, outros combate-rán o pesimismo con movementos debase, aos que se chaman grassrootsen inglés. Por suposto que semprehoubo movementos populares: chá-manse revolucións labregas, protes-tos do proletariado, sindicatos dostraballadores, folgas... Algúns rema-tan en conflicto armado, outros nun-ha manifestación breve de desconten-to. Houbo momentos mellores que osactuais a respecto da capacidade oudo desexo de resistir ao mainstream.

Porén, o pensamento popular, oude base, continúa e maniféstase nal-gúns medios de comunicación e encerto modo podería verse como a al-ternativa a un partido político progre-sista a nivel nacional. Non afiliadascon ningún partido oficial, aínda quemoitas veces empezan nas marxes daesquerda do Partido Demócrata, asorganizacións de mass media popula-res, os seus locutores e voluntarios,forman unha rede sorprendentemen-te forte e ampla que trata temas de in-terese local e global. É máis: a súaperspectiva moi ampla, o artellamen-to do local co global, representa unmodelo que talvez deberían seguirmoitas axencias ou organizacións go-bernamentais, aínda que non o fagande momento. Dito doutro xeito: osmedios de comunicación populares,no terreo local, levados maiormentepor voluntarios, están moi relaciona-dos con e – isto é importante – estáncolaborando con grupos que repre-sentan as preocupacións globais co-mo o cambio climático, a fame, o de-reito á libre expresión, o medio... Esteenfoque global maniféstase na súaprogramación cultural, nas noticias

Terra tempo147_48 3/2/09 13:31 Página 70

Page 71: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 71

Internacional

A campaña contra a guerra de Iraq é un dos

eixos de actuación da esquerda americana

que dan e tamén nos seus proxectosde colaboración ou “irmandamentos”.

Para ilustrar este traballo de basenas comunidades, podemos empregaro exemplo dunha emisora popular,WERU9, que ten a súa base na pequenapoboación de East Orland, situadanunha zona moi rural do Estado deMaine. WERU ten unha cadro de catropersoas que traballan a tempo comple-to e catro que traballan a tempo par-cial, cunha rede de aproximadamente150 voluntarios que desempeñan unhavariedade de tarefas, desde axudar oslocutores até seren eles mesmos os en-cargados da programación. AfirmaChris Stark10: “Sempre traballei comovoluntario en algo: o Corpo de Paz,programas de hospicio, grupos de tra-balladores migratorios, PICA… e tra-ballei como coordinador de volunta-rios para dúas organizacións de saúde.Son orixinario de Nova York. No cole-xio escoitaba emisoras populares nazona dese Estado e de Connecticut.”Adam Lacher11 explica que traballa enWERU “en primeiro lugar porque aemisora me permite a liberdade de sercreativo e de experimentar coas miñasresponsabilidades. Gusto de traballarpara unha organización que ofrece in-formación importante e programaciónmusical diversa e importante para anosa comunidade.” A Dirección estácomposta de 10 voluntarios e hai unConsello de 18 persoas con sesiónsabertas para que calquera poida opinare influír na programación e actividadesda emisora.

WERU empezou a transmitir nacosta de Maine en 1988 e o primeiropatrocinador foi Noel Paul Stookey, docoñecido trío Peter, Paul & Mary. En1997 mudouse WERU a East Orlandonde ten a súa sede actual nunha casi-ña modesta. Resumindo o que afirmana súa páxina web, é: “un servizo ra-diofónico mediante unha emisora po-pular, sen afán de lucro, sen anuncioscomerciais, levada por voluntarios eapoiado polo público”. Pretende ser:“unha voz composta de moitas voces”.Comenta o responsábel, MattMurphy: “Traballo en WERU porque a

Non afiliadas con ningúnpartido oficial, asorganizacións de massmedia populares, osseus locutores evoluntarios, forman unharede sorprendentementeforte e ampla que tratatemas de interese locale global

comunicación é unha necesidade hu-mana fundamental e porque a radiopopular ofrece un medio de comunica-ción de base que é relevante, que tenrazón de ser e que é democrático.Abrangue xente de todos os tipos, ida-des e orixes, xente que desexa comu-nicar e crear comunidade, tanto comoproductores de programación comopúblico. É atractiva a radio popularprecisamente pola súa capacidade deabranguer todos.” Os membros da co-munidade que queren propor e pre-sentar programación ou que querentraballar noutras capacidades que re-quiran coñecementos técnicos recibena formación correspondente. O accesoás ondas é aberto a individuos, músi-cos, organizacións sen afán de lucro edi WERU que: “a radio da comunidadeé un lugar onde a xente pode compar-tir música, información, ideas emáis…”. Nunha palabra: WERU quereser un recurso para a construcción decomunidades dentro do Estado deMaine. Opina Stark que: “É un lugarfantástico para traballar porque é un-ha emisora non xerárquica, onde osvoluntarios están implicados na tomade todas as decisións, desde a progra-mación, as finanzas, as novas tecnolo-xías e máis. Ao meu ver, a comunida-de de voluntarios e membros de WE-RU é un fato de xente que compren-den que somos cidadáns do mundo erecoñecen a importancia de estarmoso máis informados posíbel sobre omundo no que vivimos.”

Os poucos empregados e os moi-tos voluntarios forman comités quefan recomendacións, organizan acti-vidades e sempre toman as decisiónspor consenso. O apoio financeiro véndo público, os membros (hai máis de2.500), a Corporation for Public Bro-adcasting e eventos especiais organi-zados co fin de recadar fondos. Aíndasendo unha emisora pequena, WERUé, no entanto, membro da NationalFederation of Community Broadcas-ters [‘Federación Nacional de Emiso-ras Populares’], da Maine Associationof Broadcasters-AMARC12 [‘A Asocia-ción de Maine de Emisoras -

Terra tempo147_48 3/2/09 13:32 Página 71

Page 72: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

72 terra e tempo xullo-decembro 2008

Internacional

No plano teórico e na axitación social, a

sociedade americana ten pulso e trata de buscar

as súas propias formas de loita axeitadas a súa

situación

AMARC’] e da Maine Association ofNon-Profits [‘Asociación de Maine deOrganizacións sen Afán de Lucro’].Tamén formou parte do grupo funda-dor da Grassroots Radio Coalition [‘ACoalición Popular da Radio’]. WERUadoita montar unha mesa informati-va en eventos como o festival Hope,o Festival de Blues do Atlántico Nor-te, o Festival Full Circle de Blue Hill,o American Folk Festival de Bangor ea Feira Common Ground de Unity,Maine. Tamén organiza ao redor de10 concertos musicais cada ano.

A programación de WERU é moivariada e inclúe música celta, interna-cional, latina, indie rock, africana, in-fantil, árabe, latina. Tamén hai progra-mas como open mike [‘micrófonoaberto’] onde chaman e opinan perso-as do público, sátira, e diversos pro-gramas de noticias, incluíndo FreeSpeech Radio News13 e DemocracyNow!14 Di Matt Murphy que: “Un doslogros principais de WERU, nos seusvinte anos de vida, é o xeito en quecreou e sostivo un foro para toda clasede expresión musical, política e perso-al. Temos programas sobre como criaros nenos, a enerxía renovábel, o des-envolvemento da comunidade, os po-líticos e como facer que sexan respon-sábeis, como construír barcos, a aten-ción médica, os comercios familiares,o medio... . Temos programas de jazz,folk, hiphop, reggae, internacional, in-díxena, country, techno... Todo isoprodúceno voluntarios que animan onoso foro con ideas valiosas.” Demo-cracy Now! é “a syndicated program ofnews, analysis and opinion” que seemite por máis de 700 redes de Norte-américa. É, á súa vez, o programa mo-delo de Pacifica Radio. Fundada en1996, a locutora principal de Demo-cracy Now! é Amy Goodman. Estaemisora trata os temas pouco comen-tados ou os que son marxinados polosmedios de comunicación oficiais, co-mo por exemplo o verdadeiro proble-ma do quecemento global e o activis-mo antiguerra15. Non admite financia-mento por parte das corporacións nina Corporation for Public Broadcasting.

Na Convención Nacional do PartidoRepublicano de 2008, varios membrosforon detidos, incluíndo Amy Good-man, por “probábel incitación á desor-de”, porque filmaban como a policíadetiña a xente. Goodman entrevistouLori Berenson no cárcere de Perú, eDemocracy Now! entrevistou HugoChávez, Evo Morales, Norman Fin-kelstein (fillo de dous sobreviventesdo Holocausto e pro-palestino), NoamChomsky, Edward Said e moitos máis.Goodman asistiu á manifestación con-tra a guerra en Iraq en Bangor, Maine(setembro 2008) e foi transmitida asúa intervención por WERU.16

Democracy Now! afirma a necesi-dade de ter medios de comunicaciónindependentes, explicando que nasdúas décadas recentes houbo unhaconcentración sen precedentes dosmedios de comunicación en poucascorporacións. Nos anos 80, domina-ban 50 conglomerados; en 2000, sóquedaban 6 que controlan todos osmedios oficiais. Subliñamos que es-tes medios oficiais teñen legalmentea obriga nos Estados Unidos de ma-ximizaren as ganancias dos seus ac-cionistas. De Goodman se di que é avoz da radio da esquerda privada dosseus dereitos. É coñecida tamén poloseu traballo sobre Timor Leste e Ni-xeria. Como WERU, hai moitas emi-soras independentes que retransmi-ten a programación, ou parte dela, deDemocracy Now!17

Este grupo de Goodman está aso-ciado con Pacifica Radio, unha redede cinco emisoras sen anuncios co-merciais apoiada polo público. Foi aprimeira rede pública nos EstadosUnidos e ten os arquivos sonorosmáis antigos do país. Parte da súaprogramación é The War Comes Ho-me [‘A Guerra Volta á Casa’], un pro-xecto de KPFA Radio que fala doscustos humanos da guerra en Iraq, untema que rara vez se presenta nosmedios de comunicación oficiais,moito menos desde a perspectiva dosiraquís. Lembremos por exemplo, oasunto de Abu Ghraib e a falta de co-mentario público ou a destrución dun

Terra tempo147_48 3/2/09 13:33 Página 72

Page 73: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 73

Internacional

As protestas contra a política de Bush foron

constantes durante todo o seu mandato

importante museo de arte iraquí,xunto cos esforzos do grupo Black-water18. Algunhas persoas saben polomenos que se está a falar dunha Dis-neylandia preto de Bagdad….19

Democracy Now! Ocupa, destexeito, unha parte importante da pro-gramación de WERU de luns a venres,xunto con Free Speech Radio News,unha radio de noticias independentede cobertura nacional e internacionalcunha temática de paz e xustiza social.Claramente WERU, e outras radios si-milares por todo o país, está integradonunha rede radiofónica a nivel nacio-nal que de moitas maneiras presentadesafíos á versión do Estado e cuestio-na os intereses dos medios oficiais.Promove o que se denomina citizenjournalism [‘o xornalismo dos cida-dáns’] por medio dos chamados Indy-media centers20 e, como obxectivo xe-ral, anima o seu público a opinar e/oureaccionar. Algúns dirían que é unexemplo da New Left21. Así,WERU éun exemplo dunha canle de expresiónpara os que non admiten a ‘historia oupolítica oficial’ que mencionamos aocomezo, á vez que dá cabida a outrasperspectivas. Opina Stark que: “Nos úl-timos oito anos a radio pública perdeuo norte e prestouse á mentalidade dotipo ‘choque e admiración”. Coa súaemisión de alcance limitado, a casiñade East Orland –unha melloría encomparación coa primeira sede, que fo-ra un poleiro– permite pór a comuni-dade local en contacto con comunida-des nacionais e internacionais. Faino através dos programas a nivel nacionalxa mencionados, mais tamén empregaoutros métodos para artellar os ámbi-tos local e internacional. Cumpre men-cionarmos un proxecto internacionalen particular: a colaboración de WERUcon MOFGA (Maine Organic Farmersand Gardeners Association)22 e PICA(Peace Through Interamerican Com-munity Action)23. Como tres ‘irmás’,traballan en relación co Salvador. Fun-dada en 1984, PICA (antes Peace inCentral America)24 estableceu unha re-lación con Carasque, un pequeno nú-cleo de poboación preto da fronteira

con Honduras en 199125. En 2006, WE-RU irmandouse con Radio Sumpul, enGuarjila, non lonxe de Carasque. MOF-GA, unha agrupación de pequenosagricultores orgánicos preocupada porcuestións do medio e sustentabilidade,comezou a traballar con CORDES26 eCCR27 no Salvador e trata temas comoproxectos de minaría a ceo aberto dasempresas canadenses e os seus efectosdaniños na poboación ou no medio.

En 2007 unha delegación de derei-tos humanos con representantes dastres colaboradoras de Maine despra-zouse para o xuízo do grupo chamado“Os 14 de Suchitoto”, acusados de te-rrorismo por protestaren en contra daprivatización da auga, cunha lei antite-rrorismo semellante á dos EstadosUnidos. Os de Suchitoto foron soltos,aínda que pouco despois fose asasina-do un deles, polo que quedan 13. Osgrupos de Maine tratan de dar a coñe-cer o que está a pasar no Salvador e demanter o interese do público por te-mas como as eleccións de 2009, aotempo de manteren conversas cos po-líticos a respecto do CAFTA, a impor-tación de productos feitos nas maqui-nadoras... . WERU emitiu programasde Radio Sumpul mentres funcionabao equipo e agora traballa para axudalaa renovar o equipo danado. Esta emi-sora de comunidade foi a única dasmoitas que xurdiron despois da guerracivil que non foi pechada polo gobernosalvadoreño. Anota Lacher, que foimembro da delegación ao Salvador enfebreiro de 2007 comenta: “Fixen a ca-rreira de Asuntos Internacionais, espe-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:33 Página 73

Page 74: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

74 terra e tempo xullo-decembro 2008

Internacional

O que pase no interior de América repercutirá

nos recantos máis alonxados do planeta. Por iso

os pobos do mundo se manifestan contra o

presidente deste país que non sendo o seu,

goberna tamén a súa vida. Manifestación na

Arxentina contra a visita de Bush

cializándome en Ciencias Políticas e es-tou moi contento de poder aplicar osmeus estudos de maneira directa coaxente da comunidade de aquí, de Mai-ne, e ao mesmo tempo coa nosa emi-sora irmá no Salvador, Radio Sumpul.”

En outubro houbo unha xuntanzanacional en Bangor de Cidades IrmásEUA/O Salvador, organizada coa cola-boración de WERU, MOFGA e sobretodo PICA. Cada entidade ten un pa-pel específico dentro da agrupación etraballan para difundir a informaciónsobre por qué as comunidades dunEstado como Maine - rural e en moi-tos sentidos afastado de preocupa-cións internacionais - en realidade es-tá moi afectado pola política exterior.Recentemente houbo un intento deconsolidar o irmandamento aíndamáis mediante un logotipo conxuntoproposto por unha voluntaria:28

PICA ten un programa que se cha-ma “kNOw US and THEM” [‘coñéceose coñécenos’], cun xogo de letras paraque se lea tamén “No US and THEM”[‘que non haxa eles vs. nós’] que inten-ta ligar o da inmigración co tema dosacordos de comercio, xa que moitaxente de Maine (e do resto dos Esta-dos Unidos) non sabe como están rela-cionados, como a emigración é provo-cada pola suposta creación de empre-gos mediante a deslocalización das fá-bricas. Mesmo os que se preocupanpolos problemas dos acordos e daspersoas afectadas por eles adoitan tra-ballar en dúas bandas en vez de sexuntaren para analizaren mellor comoo NAFTA e o CAFTA afectan o empre-

go neses países, provocando a emigra-ción xunto cun rexeitamento dos no-vos residentes. Tanto en Maine comono Salvador ou outros países latinoshai traballadores desprazados con pro-blemas de todo tipo. Unha rama de PI-CA, Youth Adelantando, está compos-ta de xente nova que promove progra-mas de información nos colexios, for-mando así activistas desde unha idademáis temperá.

Maine, como outras partes dos Es-tados Unidos, perde postos de traballoe percebe que está a medrar o númerode inmigrantes e traballadores migra-torios sen saber cantos hai nin ondeestán nin se son legais ou ilegais. Achegada é inevitábel: Maine ademaislinda con Canadá, pola que pasan oson detidos moitos documentados eindocumentados. A pesar de ser un Es-tado rural, está mudando de perfil ra-cial e lingüístico: o castelán comeza aser unha lingua cuxo coñecemento re-sulta ser imprescindíbel nos cárceres,nos hospitais e nos centros de ensinopor ser o grupo que máis medra enMaine o dos hispanos29. WERU ofertouunha programación en castelán e pro-cura ter máis contacto coa poboaciónlatina do Estado. Xunto cos hispanos,chegan máis haitianos e outros gruposque están a mudar o aspecto dunha zo-na rural que no pasado tiña catro lin-guas indíxenas, o contacto cos france-ses que deixou a forte pegada da linguafrancesa na zona e inclusive a presenzados pescadores vascos que chegaron acrear unha lingua pidgin na lingua datribo míkmaq. Mais estes elementos fi-can esquecidas ou non difundidas co-mo do xeito que deberían. O máis va-lioso de WERU é que valora o pasado eo presente: hai un espazo na súa pro-gramación para tratar temas moi locaise están convencidos asemade de queos temas internacionais tamén son re-levantes. Xunto con outros grupos co-mo MOFGA e PICA, os medios de co-municación populares como WERUson a resposta aos medios que moitodin e nada informan. Son o lugar ondequizais a opinión pública máis aberta eampla pode efectuar mudanzas nunha

Terra tempo147_48 3/2/09 13:33 Página 74

Page 75: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Houbo unhaconcentración senprecedentes dos mediosde comunicación enpoucas corporacións.Nos anos 80, dominaban50 conglomerados; en2000, só quedaban 6 quecontrolan todos osmedios oficiais

xullo-decembro 2008 terra e tempo 75

Internacional

política de Estado que moitos quererí-an cambiar. Di Adam Lacher que:“WERU serve de modelo a outras orga-nizacións sen afán de lucro que son so-cialmente responsábeis. Poden emu-larnos e colaborar connosco.” Peppers-pray Productions, formado pouco des-pois dos grandes protestos en Seattlecontra a Organización Mundial do Co-mercio30 cando o Independent MediaCenter31 dixo “don’t hate the media, bethe media” [‘non odies os medios decomunicación; sé ti os medios de co-municación’] e mantén unha organiza-ción sen afán de lucro, con materialcon copyleft32, á disposición de quenquixer utilizalo para efectuar cambiossociais de maneira gratuíta. ChrisStark afirma de modo optimista que:“Coido que sempre haberá intereseneste planeta na radio non comercial,de base, levada por voluntarios.” Pen-semos, pois, que por pequena que sexaunha emisora de radio, aínda que o seualcance de público non for moi grande,pode influír moito na opinión pública esobre todo se sabe integrarse nunharede nacional de emisoras e persoasque xa non admiten que se ‘fabrique oacordo’ da xente. Adam afirma que:“Sei que o traballar aquí pode dar pé acambio tanxíbel, verdadeiro. É bo queos desta zona saiban que somos enxe-ñosos e xenerosos.” É preciso irman-dar os pobos de casa cos de lonxe, ecun pé no ámbito local e co outro noámbito global, que manteñen vivos osmedios de comunicación de base comoWERU manteñen viva para moitos aesperanza de que haxa efectivamentecambios na maneira de facer política.Di Matt Murphy, o responsábel: “Teñoa esperanza de que no futuro WERU si-ga a ser un foro radiofónico para a di-versidade e a democracia e que cheguea ser un recurso multimedia para a co-munidade, empregando o internet e asnovas tecnoloxías para construírmos ecelebrarmos a comunidade nosa aquíno este de Maine.” �

1 Nun chamamento ao público a facer doa-zóns á Cruz Vermella, West tiña un peque-no guión que debía seguir. No entanto,

despois de pedir axuda, rematou o discur-siño co comentario “George Bush doesn’tcare about black people”, cousa que des-concertou o xornalista que o acompañaba.O “doesn’t care” converteuse en “doesn’t li-ke” (moito máis forte) na canción. http://www.spike.com/video/kanye-west-at-tacks/2678975

2 http://www.youtube.com/watch?v=UGR-cEXtLpTo. Vídeo producido por subme-dia.tv e cantado polo dúo The LegendaryK.O. ‘Una película de Franklin López’ abreo vídeo.

3 The Daily Show, http://www.thedailys-how.com/ >

4 The Colbert Report, http://www.colbert-nation.com/home >

5 http://www.nbc.com/Saturday_Night_Live/6 Outfoxed: Rupert Murdoch’s War on Jour-

nalism. Director: Robert Greenwald (2004).Di Amazon.com que Outfoxed “uses the in-flammatory tactics of the Fox News Chan-nel to demonstrate the conservative biasthat’s handed down by Fox’s owner, mediamogul Rupert Murdoch”. http://www. ama-zon.com/Outfoxed-Rupert-Murdochs-War-Journalism/dp/ B0002HDXTQ.

7 A National Education Association vén dese preguntar: “What does it say aboutAmerica that we are the only industriali-zed nation that routinely graduates highschool students who speak only one lan-guage? Frankly, it says that if you want totalk to us […] you’d better speak English.The fact that we’re woefully behind inworld language skills has long registeredsomewhere between, “Hmmm,” and “ye-ah, so? on the national priority gauge.”http//www.nea.org/neatoday/0810/worl-dlanguages.html.

8 Noam Chomsky e Edward S. Herman, Ma-nufacturing Consent: The Political Eco-nomy of the Mass Media. NY: PantheonBooks, 1988.

9 O Director Xeral é Matt Murphy. Emite en89.9 FM Blue Hill ou 102.9 Bangor, Páxinaweb: http://www.weru.org/ onde se podeescoitar por internet nas zonas onde nonchegan as ondas da radio.

10 Office Manager & Volunteer Coordinator[‘Responsábel do Persoal e Coordinador deVoluntariado’]

11 Underwriting & Publications Manager [‘Res-ponsábel de Promoción e Publicacións’]

Terra tempo147_48 3/2/09 13:33 Página 75

Page 76: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

76 terra e tempo xullo-decembro 2008

Internacional

O militarismo é o mal endémico fundamental dos

USA. O chamado complexo militar-industrial que

se reflicte tamén nunha cultura de masas que é

combatida polos movementos democráticos e

pacifistas

12 http://www.amarc.org/ (Asociación Mun-dial de Radios Comunitarias)

13 http://www.fsrn.org/14 http://www.democracynow.org/15 Segundo a súa páxina web: “Democracy

Now!’s War and Peace Report provides ouraudience with access to people and pers-pectives rarely heard in the U.S. corporate-sponsored media, including independentand international journalists, ordinary pe-ople from around the world who are di-rectly affected by U.S. foreign policy,grassroots leaders and peace activists, ar-tists, academics and independentanalysts. In addition, Democracy Now!hosts real debates–debates between peo-ple who substantially disagree, such asbetween the White House or the Pentagonspokespeople on the one hand, and grass-roots activists on the other. http://www.democracynow.org/about.

16 http://shows.weru.org/archives/specials/weru-special-amy-goodman-in-bangor-on-91308.

17 Democracy Now! tamén ten unha ediciónen castelán.

18 http://www.blackwaterusa.com/ ou http://topics.nytimes.com/top/news/business/companies/blackwater_usa/index.html?in-line=nyt-org&

19 http://www.globalresearch.ca/index.php?context=va&aid=8837.

20 http://www.indymedia.org/en/index.shtml21 Nome dos movementos de esquerda dos

anos 60 e 70, de activismo social. Nos EUAestán asociados co hippie movement dasuniversidades e da esquerda radical. Entreos moitos estudos deste movemento oumovementos podemos citar: McMillian,John e Buhle, Paul (eds.). The New Left Re-visited (Temple University Press, 2003);William O’Neill. The New Left: A History.Wheeling, IL: Harlan Davidson, 2001;Douglas Kellner, ed. The New Left and the1960s. Vol. 3 Collected papers of HerbertMarcuse. Londres e Nova York: Routledge,2005.

22 http://www.mofga.org/23 http://www.pica.ws/24 http://www.pica.ws/history/index.html25 http://www.pica.ws/ss/index.html

Carta en español de Carasque a PICA:http://www.pica.ws/ss/carlrt-16yrs-esp.html

26 http://www.geocities.com/lia_hernan-dez/Perfil.html. “La Fundación para la Cooperación y elDesarrollo Comunal de El Salvador, COR-DES, fue fundada el 20 de Junio de 1988 yes dirigida por las comunidades rurales ex-cluidas de los bienes y servicios del Estado.Nace como una entidad no gubernamentalde carácter humanitario y sin fines de lucro,en el marco del acompañamiento a los pro-cesos de repoblación que realizaba la pobla-ción desplazada y refugiada altamente afec-tada por la guerra. Se funda jurídicamenteen abril de 1991, como una institución deutilidad pública, con carácter de servicio,apolítica, humanitaria, no lucrativa ni reli-giosa.”

27 http://elsalvadorsolidarity.org/joomla/in-dex.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=65 “The Association of Communities for theDevelopment of Chalatenango-CCR wasfounded in June of 1987 during the armedconflict in El Salvador, as an answer to theneed to repopulate the communities of theNorth-eastern part of Chalatenango thathad been destroyed by the armed conflict.Thanks to the work of the CCR the peoplewho were exiled in the refugee camp inMesa Grande Honduras, refugee camps in-side the country and in other countrieswere able to repopulate the communitiesdevastated by the war. With the signing ofthe Peace Accords in 1992, the CCR reo-riented its work to organize and facilitatethe reconstruction of the communities,and advocate that the Peace Accords bemet and the process of democratization ofthe country move forward. Today the CCRworks with 100 communities in 22 of the33 municipalities of Chalatenango, promo-ting community organization and develop-ment through popularly elected commu-nity boards, legal representatives of theircommunities”.

28 Logotipo: K. Martul-March.29 Segundo un informe de hai dous anos, me-

drou a poboación latina de Maine de 39,4%entre 2000 e 2005.

30 http://www.peppersprayproductions.org/31 http://www.indymedia.org/en/index.shtml32 Xogo de palabras con copyright, sendo

‘left’ expresión da política de esquerdasdesta grupo.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:33 Página 76

Page 77: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Terra tempo147_48 3/2/09 13:33 Página 77

Page 78: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

78 terra e tempo xullo-decembro 2008

Viaxes

O canto das pedras“Canto mundo hai que non se sabe!”

Escoitaba dicir ao xastre de Quian, que era

meu pai, cando conectaba coas emisoras da

diáspora e bebiamos na “arradio” prohibida

e mais na xeneralista dos anos cincuenta.

E nesta angueira de sabedoría andamos

aínda hoxe, e poida que sempre, a

itinerancia que nos vén de lonxe. O tempo

que transmuta tamén deixa a pegada do seu

paso, a labra imaxinativa e imaxinaria, á

beira dos “camiños da vida”, en afortunado

título de Ramón Otero Pedrayo para unha

obra feita no laxedo coas palabras.

XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

Licenciado en Filosofía e Ciencias da

Educación, exerce como profesor de

Ensino Medio en Pontevedra. Como

escritor cultiva a poesía, a narrativa, o

ensaio e o teatro. O seu labor literario

ten sido recoñecido con numerosos

premios. Moi vinculado á escena,

colabora con frecuencia na radio e na

prensa

Terra tempo147_48 3/2/09 13:33 Página 78

Page 79: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 79

A Ponte dos Cabalos, do ano 970, sobre o río

Arnego, no camiño real que ía dende O Reino ata

Betanzos, lindeira dos concellos de Lalín e

Agolada

Pendellos de Agolada

E UN COLLE o costume e os afectosaos decámetros, tal afiador de Auriaantiga (“cun bocado de paxaro naboca”), para saber que existe e darrecado das marabillas que se ofre-cen a quen vai engorde e repara nasimaxes que son de seu natural oucómplices, posuídas de encanto, pa-ra que a pedra fale.

Neste percorrido pola saudade eos anos escoitamos a voz e os ecosdo sámago e do cerne da Terra queposuímos en habitación perpetua.Ninguén nos vai negar que a paisaxeé dos nosos ollos, aínda que a barba-rie denigre e asoballe as cento unhamil árbores do reboredo, as pitas domonte sementan aquí alá aló e acoláos acivros e as cerdeiras sen outropago que enguliren os froitos no seutempo e hora tal comandan as estir-pes nas herdanzas. Un cuarto hai encadaquén que nos acouga en soño eviaxamos Exipto nas pirámides dasformigas, coma en Formigueiros aSerra oulea no bater do ferro mine-ral que nunca vence ao mazo e ásmans de quen o quenta e doma endías-noites de labor na forxa primi-xenia. Teimudos, resistentes. Iso so-mos. Tal a pedra que non cesa nassorpresas e arestora é o que xamaiscoidamos nos ollares de perfil e lós-trego. Reparade nas formas, que sonxestos, xeitos, compadreo de convi-vios coas atmosferas de noso, noitee día, séculos e milenios. A primeiravez que ollei o mar era no Orzán bra-vío da Coruña, eu neno de noveanos, nacido en entrerríos da Terra

do Medio. O mar! E as penedías dacidade emerxían despois de cadaasolagamento: eran furelos, eranovellas, eran burros, eran capoeirasnos brinquedos, eran xigantes quevencían... e o mar cansaba, cedía enberros, deitaba na mañá para sem-pre volver na noite do meu cuarto,sempre así.

Na andaina, un vai sabendo queo mineral é máis que aqueles sacosde lenzo con barriga branca que sebotaba á terra para que o pan de cen-teo e millo e as patacas fosen moitasna casa labrega. Agora sei que o mi-neral está tamén nos cumes e nasvalgadas da paisaxe, dando conta esendo portavoz das anunciadas dotempo que transmutan en milenios,en cesantía á forza da intemperie.Nesta tarde de fulgores, reparo nasestampas da materia que nos honracomo espectadores das pedras dosol, “solares”, onde bate a conscien-cia do astro, e así sabemos da medi-ción do tempo que non cesa.

Na costa de Paradela, na parro-quia de Carmorga (Carmoega), quexa estaba na toponimia dos máis an-tigos mapas, case cerne, case carno-cha de sobreira, case de todo (aresto-ra é microclima que Europa aloumiñadesde lonxe), está soterrada na som-bra dos toxais e dos piñeiros invaso-res, a Pedra do Sol da miña segundainfancia. É un corpo de granito quese olla ao lonxe, unha das táboas deMoisés, un soberano panel das horase mandados do xigante Lithos, queesquecera aquí a memoria e deu nos

Terra tempo147_48 3/2/09 13:33 Página 79

Page 80: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

80 terra e tempo xullo-decembro 2008

Viaxes

Cruceiro de Melide, o máis antigo de Galiza,

segundo Castelao

Lugo na noite fría

desvaríos e contratas até aborrecer oVal que viste o inverno e primaverascoma unha cunca de manteiga. Cadadía, en hora punta, medía o seu ros-tro a luz do facho solar, coma en es-pello. E todos eramos informadosdas 12:00, agás os cegos e a xentecon discapacidades da vista panorá-mica, para quen falaba entón a cam-pá dos avisos desde a espadana ba-rroca ou neoclásica das parroquiasda contorna: “Nesta metade é candorompe a luz / todas as miserias, can-do o arco da vella loce máis / e al-guén permite o paso / ata a cámaramarmórea. / Cando neno, aquí nestesegundo exactamente / o sacristánturraba do badal / para o anunciodos rezos / e parábanse os labregoscoma autómatas con Deus / de cara acara, tuteanto as barbas / brancasque os iconos definían nas igrexas. /E ollei rezar sobre a terra unha mu-ller / tan meritísima que se chamabaMercedes, / coas maus agradecidas eos labios serenísimos / a dar vivas ao

seu christo de nácar. / E logo viñanConcha, Xerardo, Alfredo, Antonia /desde o silencio, a prantar firmes ospés no trigo. / Pasaron anos, tantosque a memoria / négame a senrazónda súa ausencia. / E manca.”( Rota-ción violeta, 1996. Espiral Maior. Po-esía).

Envexosa deste lucidez da pedramontesía, a curia romana seica deunas cavilacións dun reloxo de sol ávista e fronte ao astro: pedra infor-mante, preocupación dos corpos e dasalmas, minuto de silencio, as avema-rías. Era un rito. Outrosí xa os párro-cos visten dixitais e o sancristán emi-gra. Fun onte, de madrugueiro, naesperanza, polo carril das ovellas. Po-rén, só existe no meu mapa de nenoantigo –arestora gastan GPS de papá.

– Seica vas tirar unha foto ao ai-re! - quixo saber un dos filósofos la-bregos que aínda están aquí.

– – A pedra xa estará comida, meu

amigho.

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 80

Page 81: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 81

Viaxes

Castelo de Pambre (Palas de Rei); ollada

panorámica dende O Castro do mesmo nome–– E se aínda vive, mellor lle vale

o aghocho; alomenos non a roubanos ricos.

O río Toca toca Toques até bebertoda a auga levada que disque haino silencio eremita do Bocelo, omonte que alcanza no picouto do Pi-lar o ceo da Provincia da Coruña, ameirande estatura, que xa comennela en sombra as tarabelas do ven-to electricista. Andei en paso de gal-go o camiño que vai de Castro deLobos á Moruxosa: tarde de sol deagosto, sábado comeán que dormeas doce. Nin can nin gato, só galiñase un quiquiriquí que bate esporas novalado, amo e señor da antiga eira.Vou na procura do Forno dos Mou-ros, a mámoa. No cimo está a PedraMoura e vista panorámica de Covada Serpe, o respiro da Lagoa e doConvento de Sobrado, O Careón, OFarelo... Son bancadas, tallos desentar a néboa, o lume que recachaneste día 2 do mes das Festas de Ga-liza, todas. A Pedra titán, o Ovo doLagharto, impón os medos e o res-pecto. Recuar non podo e vou leva-do polo carreiro dos quads, polo pa-so das bestas e das vacas. Andar épouco. Se se vence o mundo, a Pe-dra esmaga o Sísifo de Quian e deMelide, irresponsábel. A sombra po-de e aconsellan os sabidos que o solmanca e coce a quen non gasta pu-cha nin sombreiro de palla. Lisco enmedo até onde a Mámoa está endesproveito, case unha indulxenciaprega aquí ao Cristo da Capela para

que Patrimonio recolla a súa almaque xace nos temperos da ferralla. Éunha herdanza dos anos dos remen-dos: dos si, quero, e máis non se po-de. E o tempo canta coma un cuco,nunca minte. Vergoña é que monu-mento megalítico sexa en desampa-ro: bula, corra calquera oportunida-de na súa pronuncia de máis emellor vista de respectos. No corre-dor da mámoa cagou un lobo unhamigalla de pelica de ovella, case cor-no de boi que ninguén quere ollarnin saber. O túmulo foi convencidonas intemperies dos milenios e amiña vista axexa os ortostatos, porse houbese aquí uns curmáns delonxe co dolmen dos Muíños, enAgro de Voda, na parroquia de Fe-rreiroa d´Agolada. Por acaso as pin-turas. Non as manque quen ama!Nin coas cámaras dixitais! Levarconsigo o galano e os afectos por es-te espazo que era das alturas da Te-rra do Medio, miradoiro, camposa,camposanto. Memoria de nós.

En Melide campa coma un músi-co o cruceiro máis antigo do nor-oeste peninsular, na Gallaecia. Cas-telao dixit. E sempre hai undesconfiado paporroibo que apuntaunha chiscadela cara ao rianxeiro,que non dorme sono tranquilo enBonaval até que a Terra de Abean-cos trone o pandullo no seu mar decastros, na súa gándara cernil. Poishai un niño de silencio aquí, que seescoita o paraíso das etnografías. Si-lencio cómplice para que aquela noi-te “...el rei Carlos I e V, empera-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 81

Page 82: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

82 terra e tempo xullo-decembro 2008

Viaxes

Fachada románica da antiga igrexa de San Pedro

de Melide, hoxe na Capela do San Roque

A Nosa Memoria Histórica: monolito na cuneta

de Saa (Palas de Rei-Lugo), na lembranza de

Camilo Díaz Baliño e de Sixto de Rianxo

dor...” tivese leito en xergón de ca-rocha caladiña cara ao seu soño dealcance universal: señor das terra edos mares; que finara en Yuste, gotae gota, e para Melide nin chica ninreal. O románico medra en harmo-nía neste corazón xeográfico que medera acubillo, en chegado á vida po-lo santo André. E fico namorado deser e de estar aquí papando a moscado inverno, sedente, feliz, detrás daCapela de San Roque, que viste depórtico románico (s. XIII) da antigaigrexa parroquial de San Pedro; de-trás do Cruceiro (s. XIV), que é me-lindre e museo etnográfico a untempo, identitario. Brinquedo emerlo son, ave sen pés que voa comaxín e soña os canteiros meliden-ses facendo pedra labrada nos can-zorros, nas bases, nos fustes, noscapiteis, nas gárgolas, nos arcos enas bóvedas dun ceo que canta e rino bater da maceta no punteiro e nocicel: o repenique dun máxico alalá.Por aló no Leboreiro chouta a lebredos séculos na pontella do seu no-me e métense nas casas da aldea delonxe os furelos da vida tras a pon-te medieval con ollo grande, por on-de o río colle acougo e nome, vai. Edon Gaiferos toca pedra toda nos ca-sarellos que abeiran o Camiño aquí,en medras de saber que a torre quehai á vista de media légoa é a doConvento do Sancti-Spíritus (s.XIV-XVII), tesa e firme coma un tor-go na gándara: pedra que canta máiscós sinos, máis alto e máis alá. NaPraza, o laxedo escoita os pasos da

laverca que agora sinte en madru-gueira o instinto de chamar e recha-mar, peteiro en man, na Casa doConcello (s. XVII), tras o sono bre-ve dunha noite en festa na Capelado Santo Antón (s. XVII): niño decitas e de cifras clandestinas de can-ta alimaña é feliz e rebuldeira. So-nea o soño dos milenios no que foraHospital de Peregrinos (s.XV), ho-xe Museo. Bebe a cabalería do Señorde Abeancos na fonte antiga da vila,no pío que recibe das bocas a abun-dancia e o balbordo da achedousóen xeito de cantor de freiras e deabades despois das mexericas danoitiña breve: un son de bóveda; co-ma en Santa María hai nas pinturas(s. XVI) de dentro da igrexa. SantaMaría de Melide (s.XII): arcos, can-zorros, ábsida, o panteón que gardao primixenio do que eu son... Sentoaquí ese tempo que dura ler o salmodos convivios máis fermosos: pro-nuncio os nomes da estirpe de Este-vo e de María, Casa da Ponte de Pe-nas, e a recalada non é até que adona velliña da laverca fai camiñoxacobeo nos pasares do río Catasol;abeira no muro en pedra de sentar:

– Vaite xa, que é día claro.– Para onde hei de ir?– Sábelo ben.A Serra de Órrea rexouba ao

lonxe coma un músico da aldea, sa-xo tenor, cando é inverno pecho oucando hai néboa de edredón no lei-to que arrequecen o Arnego e o Ullaen amoríos desde hai séculos, senque a voda sexa ao fin alcance. Osríos non casan, ámanse. E por acasoasí debeu nacer aquí a balea que seolla vindo polo mar do Carrio, en re-boladas e refachos de auga do trebón.

-Velaí tes o “mar en terra”.O dramaturgo das aldeas de Ga-

liza ficou tímido e lanzal a un tempode mo dicir con causa na distanciada súa morada de Cercio, por acasoa parroquia máis frieira no seu topó-nimo, por acaso o berce e a raiola deNuno Eanes de Cerceo, quen forameu xograr e trobador nas cobras e

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 82

Page 83: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 83

Viaxes

Seguimento na descuberta do Santuario do deus

Berobreo, no Facho de Donón, parroquia d’ O Hío,

en Cangas, fronte ás Illas Cíes, a Costa de

Soavela e Cabo Home

Detalle do remate dun hórreo na parroquia de

Brántega (Agolada)

palabras máis belidas da nosa FestaMedieval, de hai uns poucos sécu-los, non máis. Pois era entón VarelaBuxán un neno zoqueiro e músicocon residencia no seu canastro dasPallotas, ollando ao lonxe das bréte-mas, cara á Melide e á Terra Chá e aMiranda, en pasando todas as altu-ras e as altezas que foran residentesnas pedras da Moureira. O teatreirodas Américas tiña afouteza en modicir nas cen mil veces: “aí está a ba-lea gris ou negra, nunca moura, quea pedra non é das estirpes comanós”. E eu non deixaba de ollar detodos os xeitos aquela composturado cabezo; e soñaba un chafariz tanalto coma un medo; e viñan barcosde cazaría que nunca puideran coasúa vida, nunca; e foi así medrandoa diferenza naquel peito de cuarzo-feldespato-mica insubornábel, rexo,Señor da Serra granítica. Pena Gun-tín ten arestora as arestas dos mile-nios de tanto bater coas ondas e co-as xerfas dos nuboeiros. Ninguénhouber que ouse mancar o punto,superficie seminal ou o ventre de fe-mia que soñaran, soñan os galegosdesde Saefia: hai un corredor de ga-los no seu bandullo que non cesa anavegación na noite con regreso;aínda que non semelle a súa movi-da; gasta un móbil e manda un SMSde ida e volta ao seu destino, que se-rá un día nos océanos con pousa, ostempos líquidos, as outras mareas,os ventos irados, o rebulicio dosbarcos baleeiros que virán do trin-que de Niponia, predispostos á súa

carne e graxa; balea distinta de Mar-Terra, coma un nimbo, coma un tú-mulo, coma un peito de lobo ou boide sempre, en insubmisos.

– Olládea!!!! – Nunca destino!En Curro de Eguas, reside o Ga-

lo de Amarante, un quiquiriquí queviste esporas; triunfador dos “corre-dores dos mouros”, galernas galerí-as no sochán dos intestinos da mon-taña do frío que é o Farelo, MonteSummio, carrapucho illado na Terrado Medio, solteiro e comeán dasbrétemas que viaxan das Azores atéArtabria e Normandía, beireando osseñoritos até Pena Trevinca, que dis-que é noivada de vello cunqueiro, fa-cedor de copas e de bastos, espadase ouros, ases e treses, para que abrisca mate a flor do tempo dos ou-rizos, cando o vento recacha e mor-de nas arestas da montaña máis ve-lliña, a que mancan as maquinolasdo negocio e cargan nela as mechasde rebentar a Vida. Bebe cunqueiroas esencias que hai nos ventos can-do dormen e na Trevinca déixase aorecacho a xenerosa entrega da paisa-xe das alturas: toda historia, toda li-teratura, toda todo.

En cada curota de Galiza hai un fi-gurino alzado de maxia para que nelsaibamos as olladas do maxín, esa re-creación que non soporta as eviden-cias e fai lume de achas na conscien-cia, ou desvaríos. Pois desvaríos haiaquí: pedras in/formes que escarran-chan no aire, que foron labradas poloburil do vento, pola sarabia (que dicía

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 83

Page 84: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

84 terra e tempo xullo-decembro 2008

Viaxes

Parafita en homenaxe a Xohán de Requeixo,

unha das cinco que rodean a capela do Monte do

Faro, en Chantada

o meu amigo Antón Tovar), polas ne-varadas e os pedreiros do miúdo:enigmas do sochán e das atmosferasque aínda non sabemos. Pedras caba-ladas, preguizosas laxes que semellanarrandeos cando a distancia é tanta emuda a vista en re-visión: cabalo,can, home da pucha, lagarto, boi, Be-ethoven (tamén alá lonxe en Cans,onde O Porriño mera e o Músico deBonn senta na peneda e interpreta nopiano a Sonata nº 14, Opus 27, nº 2:o “Claro de lúa”, que compuxo parao lecer nas Gándaras de Budiño, nopórtico de Mar), a tartaruga... Haique saber. E todos sabemos distintode aprendices, somos sabidos, casesabios na contribución das conver-sas, para que apampe o mundo e asherdanzas digan o quenosoutros/nós. E engula así a me-moria e sexan mitos e proveito on-de ir. Vinde aquí. Sentade cu. Abri-de ollares no cimo e saberedes daroda de amolar, da “tarazana” dosafiadores, crebando as distancias,

achegando a paisaxe dos cento unquilómetros na redonda: O Cebrei-ro, Courel, Manzaneda... ponde vósos nomes sacros, máis que o mapapapaleisón que os cronistas segui-dores da lei das tarabelas eólicasdeixaron sobre do chimpín onde co-mandar a nao do Farelo, que navegaen solitario no grand-sole. Botadeun cabo de voz en ousadía e de cer-to que ha chegar onde a Ciencia sou-bo dicir e decidir polo punto equi-distante da Terra que agora temos:na aldea de Nugallás está, Concellode Antas de Ulla. E cesan así as ou-tras variantes das disputas: Pambre,Amarante... Nada de torres nin cas-telos. O punteiro non quer máis so-na e pousa, ancora, deixa mérito nasoma dun rego, nas aradas dos mi-lenios, un recanto do noso mundo,o tal quilómetro cero, légoa cero, pa-so e peso sen medida onde se escoi-ta un aturuxo que medra en espirale nacen asubíos. Estou na agarda domonolito que remarque en pé de pe-dra e canto esta sendistancia da xe-ografía que amo e que non sei senóndicir que é miña, miña, miña.

– Nosa!– Miña!!Onde hai laxedo hai as perma-

nencias dos pasares de ave ou canou lobo e xabaril, centos de cabras ecoellos; pousadoiro de mantenza.Na intemperie foi a gravado dasesencias, a primixenia, as coreogra-fías. Na Pedra das Alabardas enAxiaz de Ventosa están as enciclo-pedias das batallas; pedra que enca-ra o sol e non se vai despois das noi-tes e dos fríos; sempre está. Dinlleprehistoria, símbolo, adoración, de-fensa, ataque, aviso. Eu non sei nindigo ren. Escoito as aves que fanagosto para se ir, fóronse xa e sem-pre volven a esta beira manuscrita.Na Ermida de Couso de Borraxeirosoutras mans con forza deran gravu-ra ás crónicas do día que son milanos e mil anos e mil anos... de re-sistencia e conta. E o tempo semellaun repenique, coma se onte. Pasodedo e ollos, deixo chover e escam-

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 84

Page 85: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 85

Viaxes

A Pena Moura, lindeira cos concellosde Sobrado

dos Monxes e Toques

par, remexo dentro dos indicios, fa-go mentes na espiral grandísima enas cazolas e nos puntos e nas ser-pes e nas cruces e camiños de pedrae de máis pedra que non di e sóanuncia, predica profecía, maxín eciencia contra a resignación.

– Estiveches algunha vez na Er-mida?

– Por dúas veces.– E nunca máis?– Nunca.– Conviña saber–E un remexe a infancia, cando o

Coteimil estaba inzado de ghozofe-llos que deitaban nas mámoas, antese despois de faceren os debuxos ariscar nas pedras máis garridas; ecando era noite clara de xaneiro e vi-ñan á man para comer o pan centeodeixando unha restra de cóxegas co-mo agasallo:

– A min fixéronme rir moito, di-cía en nós o antigo panadeiro, xa ve-lliño e seriote para a ocasión da in-fancia.

– E como son de grandes?– Así coma uns cinco centíme-

tros.– E como é así?– Hai que velos.Nunca ver. Sempre soñar. Sem-

pre. E pasou a escola e o instituto, ecase o superior do ensino para nadasaber máis claro de nós; só Altamira,Guisando, Quéops, Moisés, David eSalomón, Ramsés, Fenicia, Illa dePascua, Machu Picchu...

En cada casa do lugar un pallote,un cabaceiro, un hórreo (“canasto”)...E veñan chantos, palla, tella, pedra. Oespectáculo das eiras (airas...) era amedida dos ferrados de mantenza: unclaro, dous, tres, catro, seis... así atéchegaren a Carnota, onde están as di-mensións do récord. O hórreo da casi-ña labrega de Quian era o meu xogue-te, onde nunca estaban os furelos e sio queixo da nabiza cara á primeira se-ca; as espigas de millo, coa raíña no ci-mo, coma un éxito; o centeo e o trigo,axiña da malla e da limpa; os brinque-dos da casa das nenas e dos nenos; o

galo túzaro, que se pasaba coas gali-ñas; o vento asubiador nas mañás frí-as e a invernada; a poliña da oliveirabendicida polo hisopo do “domingo deramos” na Xerusalén mediática dasparroquias; a nabiña e as sementes; ascebolas e os allos; as cousas e as cau-sas da sorte; o tallo de pedra, onde osavós pronuncian o discurso das súasvidas; o mundo en paraíso.

Nos días de borraxeira o hórreomedra, estarrícase, pendura. E velaívai o barco en pedra navegando a pai-saxe. Soñamos mares e unha chemi-nea que bota fume branco; e recendea peixe; e o cruceiro espétase no ceo.Vou dentro e son capitán, pirata, gai-voteiro...; goberno a nao dos mamífe-ros, coma baleas que veñen de lonxe:Pena Guntín a primeira. Collo medo ebaixo, arrío o petate e lisco para a co-ciña vella, onde a lareira ferve e sonaxiña as voces da mamá quen chama:

– Vaite ao anllar e tráeme uns ra-chóns daqueles, que o lume se apaga.

Vou fóra. A eira molla e o barcoestá varado. Fica teso.

O noso hórreo é pequeniño e clá-sico, na Terrado Medio teñen mos depedra en rectángulo, labrada ou “rús-tica” que casa coa madeira; os “torna-rratos” son así unha marabilla inteli-xente. Na beiramar a pedra édominante e os mos son redondoscoma unha bola de pantrigo.

Son así a parte luminosa dos ce-leiros da casa. Nas distancias sábe-se ben quen recolle máis e mellor:está nesta arquitectura de encarga.Os canastos máis ricos non gastan

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 85

Page 86: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

86 terra e tempo xullo-decembro 2008

Viaxes

Roda do carro, no centro da vila de Rodeiro: o

orgullo da estirpe na memoriatella, cóbrense con sopenas, labra-das por canteiros que debuxan ta-mén os remates en cruces distintase filigranas artesanais e artísticasque daban sona aos amos e aos mes-tres da labra.

Na evolución pragmática dostempos, o hórreo fíxose tamén mo-dernidade no reparto do seu uso: xor-den os hórreos corredor: expositorese celeiros a un tempo, non muda a di-mensión e si a estética: a metadeaberta ás intemperies. Neles multiplí-case o uso. Nunca soñar tal travesíacando a infancia. Neles, arestora, osvellos da casa beben o sol e secanroupas da memoria, camiñan e via-xan nos ollares da paisaxe: outros pi-ratas que compiten.

Xa conformei, nas páxinas pasa-das, con Castelao no recoñecementodos moitos anos para o Cruceiro deMelide. O polígrafo rianxeiro soubodar a cadaquén os seus méritos edeste xeito foron en medras as auto-estimas. O Cruceiro é así un valormelidense (ou “melidao”; lembrarneste a propósito xentilicio que “Ri-beirao” era o nome antigo dunhasdas estirpes de máis sona na vila, ca-pital da Gándara) que acaroa ao pór-tico románico da desaparecida igre-xa parroquial de San Pedro, arestora,Capela de San Roque. Porén Galiza éun mosaico de cruceiros. Artistas eartesáns da pedra fixeron labra nasencrucilladas dos camiños, nosadros das parroquias, nos cantís domar, nos rueiros, nas ermidas... Alíonde houbese unha data para a me-

moria está a parafita en cruz. Base,fuste, capitel. E aló no cimo, outean-do os mares e as ventadas, os devo-tos e o pan das ánimas; un noso pai,as ave marías; un xeito, un respecto;unha marabilla ou a chambonada docicel salientando o feísmo; o encra-vado e a súa nai; o calvario. E noCalvario do Hío, en Cangas, está aman do artista Ignacio Cerviño paraque o mundo axexe, sinta máis aládos libros e alce os ollos en desme-sura polas páxinas da historia caraao desencravo: criatura é que rompea canseira de tanto simbolismo.

-Ignacio, de onde é que chegaras,ou estás aínda?

-De alalóooo - e o eco sinala a Te-rra de Montes, toda ela, a eito, en pe-draría.

-E o Pepe da Pena?-Baixou tomar unha “fecha”.Saben no Morrazo que o Pepe da

Pena, gastaba viño e canto de obra-doiro; era benquerido. Nesta simbio-se da persoa e obra pasaron anos enque a autoría do Calvario era obra súa- repetían as voces dos camiños. Apeza pasa por ser a obra mestra dostres séculos, XIX, XX, XXI, en pousado Mar e Terra que respira.

Hai pedras que, de pouco ou nadalabradas, teñen o corazón grande efalan de lonxe e para lonxe: son dis-tancia e permanencia. Espazo e tem-po sen mensuras. Velaí as parafitas,pedróns, monolitos, placas... Voces,ecos. De cando en vez reciben o alou-miño do vento; porén as máis das ve-ces son visitas madrugueiras dos in-vernos e dos soles. Intemperie en péde oficio. E non cesan elas de serenPedras da Memoria.

Hai nelas a descarga do maxínque voa por enriba da realidade, so-breponse a dose da lembranza e docariño. As tribos de antigo tiñan así acerteza dunha prolongación das cau-sas vitalistas, solidarias. Eran referen-cia. Son referencia. Nelas pousa o cro-no das idades e verdea a sombra donorte, que é así a face máis frieira: apáxina sen libro. Neste perfil da pedrapouso a man para o refresco e sinto as

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 86

Page 87: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 87

Viaxes

Ruinas na Casa labrega

Mausoleo no cemiterio de Cangas; obra do

mestre canteiro e escultor Ignacio Cerviño

outras voces do silencio, aquelas queson palpitación, sístoles; e cómpreadiviñarmos entón esas desmedidas,os rexistros. E un le as outras vidaspequeniñas, as que nunca están demáis alá dos anos e das horas, apenasun ai! e xa se apagan para a historia denoso: vagalumes, sen máis fulgor cánoite, que é un cinema curto, esa peli-ca. Non hai Pedra que non saiba domeu paso por este seu corredor quenon recibe senón lapas da vexetación,vernices do vicio, comichura, sombra.Os canteiros e escultores prefiren queo granito fale de fronte ao sol, neseabano que vai do leste á pousa do as-tro nas enxivas do mar de noso. E aspedras son así noticia permanente,luz en claro, nunca candil.

Estamos de sempre afeitos a leros nomes que aquí hai, en letramaior ou inicial minúscula. Algúnsdos textos son transparentes, xene-rosos; outros hai da levidade, mini-malismo, amosa en $cativerio. Velaía riqueza da que son estas pedras tes-temuño. As feiras de mostras, ondemáis e mellor aparecen as diferenzasenmarcadas, están nos cemiterios ur-banos e das parroquias. Eran textosde rebumbio e afouteza; de caladiñosda Terra e do Mar; de crentes confianzas; de laicos sen lauda, só unhaherba que viña de seu en cada pri-mavera e resistía as pegadas do zapa-tón esmagador, outro ano máis. Osda Casa de Vila de Quian eramos so-terrados debaixo dunha lousa velli-ña, escasa, comida polas intempe-ries, mancada do cadril dereito,

coma se un pisón batese alí para adesfeita. Cada mes de novembropousaba nela un ramallo de floresmadrugueiras deste tempo coas sina-turas das mans labregas que vivíande caseiros. Segue aí; e pouso nela apunta dos meus dedos para asinar,en cada vez que vou e veño.

A “Recuperación pola MemoriaHistórica”, trae consigo a forza mine-ral no canto das palabras, para que oTempo espelle e sempre sexa día eluz sobre a Terra que nos soña en per-manencias. Desagradecidos hai quepasan de lixeiro sobre elas, tripandoos nomes e os rostros, co sorriso la-verco das idades do odio e maldicir:son a tristura. A maioría dos huma-nos senten a Historia como aprendi-zaxe e pousan os ollares da reflexióncara ao progreso: len, aprehenden,saben recibir a herdanza, respectan,aman, agradecen vivir.

Cando a Memoria cese, se é que cedeao repenique das baiuras, nuncaserá morte para a vida de nós,que somos músicos en pedra e groriacoma no Pórtico de Mestre argina:aquelas voces de organistrum e arpaa se pousar no claustro de oliveiras.Rexos corpos de fragancia e apelidossodes cando abeiramos coma aquíaquela nosa Casa das benvidas.

Estamos dentro e todo é pan, saborda Terra que vos garda en temperanza,coma soñar das aves, mia senhor,no mar alzadas:Amigas e Amigos �

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 87

Page 88: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 88

Page 89: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Rosalía de Castro-MurguíaMaría Pilar García Negro

Rosalía de CastroManuel Murguía

IgnotusManuel Murguía

Para lermos axeitadamente a Rosalía no terceiro milenioAurora López e Andrés Pociña

Rosalía, matrimonio e opción afectivo sexualFrancisco Rodríguez Sánchez

Sombra do meu asombroMarica CampoDo

ssie

r

Rosalía-MurguíaSesquicentenario do seu matrimonio

Familia Rosalía-Murguía cos seus fillos

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 89

Page 90: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

90 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

Hai cento e cincuenta anos, no 10de Outubro de 1858, contraían matri-monio, en Madrid, na igrexa de San Il-defonso, Rosalía de Castro (1837-1885)e Manuel Murguía (1833-1923). Elachegara a esta capital na primavera de1856, xusto despois da celebración dobanquete de Conxo, que reunira, enxantar fraternal, estudantes e obreirosde Compostela. El procuraba abrirsepaso como xornalista e escritor, a des-peito dos desexos de seu pai que que-ría para o fillo a mesma carreira de far-macéutico que el desempeñaba. En1857, en páxinas de La Iberia, Murguíafará a recensión do primeiro libro dasúa compatriota e futura esposa: LaFlor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha curiosa dico-tomía que tan marcante resultará napersonalidade e na obra da escritorafundacional da literatura galega con-temporánea: ela é muller pola alturados seus sentimentos, mais home po-la franqueza con que os expresa… Así,en simbiose de urxencia, o Murguía de24 anos vai intentar resumir ou expli-car o que constituirá, andando o tem-po, motivo de admiración, de estrañe-za ou de crítica represiva: paraEduardo Pondal, será moito máis doque “poetisa”: “poeta insigne” é para obardo bergantiñán. Posuída dun xenio

“viril” (naturalmente, na connotaciónpositiva da estereotipia tradicional)será para Unamuno ou para Salvadorde Madariaga. A propria autora, paraalén de facer do cuestionamento e crí-tica da División Sexual do Traballo -ede todas as súas consecuencias e ad-herencias- columna vertebral de todaa súa produción, vai plantexar a per-gunta fundamental, no pórtico da súaobra capital, Follas novas (1880): “Da-quelas que cantan ás pombas i ás fro-res / todos din que teñen alma de mu-ller; / pois eu, que n´as canto, Virxe daPaloma, / ¡ai!, ¿de qué a terei?”.

En Terra e Tempo facémonos ecodeste sesquicentenario, agradecén-domos moi cordialmente a colabo-ración experta e entusiástica de ro-salianistas ben coñecedores da obrada nosa escritora. Incluímos nestemonográfico dous textos fundamen-tais do proprio Murguía: o retrato deRosalía de Castro que forma partede Los Precursores (e que ela xa nonpuido chegar a ler, pois faleceu antesda súa publicación) e o relato “Igno-tus” que cerra este libro e que, conMurguía como amanuense ou trans-critor, espella claramente un episo-dio da vida de Rosalía en Composte-la, no terríbel ano da fame de 1853.A tradución ao galego débese a Die-go Pardo Amado, xóven investigadorcuxa magnífica Tese de Licenciatura,que versa sobre a institución do ma-trimonio e o seu reflexo na obra ro-saliana, en breve verá a luz. AuroraLópez e Andrés Pociña, coa súa sa-piencia proverbial na nosa autora,esclarecen, máis unha vez, aspectoscruciais da vida e personalidade de-la, adoito aqueloutrados ou esqueci-dos e cuxa comprensión resulta im-prescindíbel para a adecuadainterpretación da súa produción.Francisco Rodríguez, autor da mo-numental Tese de Doutoramento so-bre Rosalía de Castro que marca,nos estudos sobre a nosa escritora,un antes e un despois, tal e comoafirmou hai vinte e un anos ClaudePoullain, ilumina nesta ocasión as-pectos dos menos e pior tratados no

universo ideolóxico e afectivo de Ro-salía. Marica Campo, en fin, pon oramo inmellorabelmente a esta re-cordación monográfica cunha tetra-loxía poética dedicada á nosa auto-ra, de quen se declara devota fillaliteraria e continuadora do ronselaberto por ela hai cento cincuentaanos.

O traballo de Murguía como his-toriador, etnógrafo, crítico literario,xornalista, patriota irredutíbel... éinxente nos seus case noventa anosde vida. Nos cuarenta e oito que Ro-salía de Castro alcanzou en vidamortal, compuxo, a pesar de tantasdificuldades e penurias da súa vida,do acoso sofrido polas súas posi-cións avanzadas e a súa rebeldía,unha obra en verso e en prosa quesegue a ser un manancial inesgotá-bel, viveiro e estímulo de novasabordaxes, de novas pesquisas e,sobre de todo, a rentes do chao,precisado dunha leitura integral. AGaliza pola que ambos dous tantotraballaron, e da que tanto se doe-ron, aínda non os colocou, malia to-das as aparencias, no lugar acorde ásúa dedicación e á súa entrega pa-triótica. Estas páxinas, por tanto,aspiran a avanzar un chanzo máis nocoñecemento e aprezo de parellatan significada da nosa historia con-temporánea, na intelixencia de quepublicacións como a presente e,aínda, o nacionalismo galego con-temporáneo todo o deben a perso-nalidades como as que aquí recoñe-cemos e celebramos �

Rosalía de Castro-Murguía

María Pilar García Negro

Rosalia de Castro retratada por ModestoBrocos

Recanto do Río Sar no cal a publicación "VidaGallega" sitúa a inspiración dunha das obrasde Rosalía

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 90

Page 91: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 91

Rosalía-Murguía | Dossier

– Quen es ti e que che falta?

– Son un bardo alemán; cando fa-

lan alí dos primeiros pronuncian

o meu nome. Fáltame o que a

moitos na Alemaña; cando falan

alí dos desgrazados, repiten ta-

mén o meu nome.

H. HEINE

O viaxeiro que baixando de San-tiago a Padrón, deixase á súa dereitaa antiga colexiata de Iria e seguisepolo agreste e solitario camiño que,flanqueando pequenos outeiros e através de prados eternamente verdes,conduce á aldea da Arretén, situadanunha aba do Miranda, chegaría benaxiña ao portón que dá entrada aopatio e casa señorial dos Castro, e évalo e límite e cabeza da rústica po-boación que se estende aos seus pés.A nova vivenda, fiel reflexo do manoirbretón, ocupa, sen dúbida ningunha,o mesmo espazo que a vella fortaleza,desde a cal se defendían aquelas gar-gantas e vixiaban ao mesmo tempoos vasalos levadores das contiguasherdades. Pouco se precisa, vendoaquel edificio, para comprender quemáis dunha e máis de vinte xeraciónsse criaron baixo os seus teitos.

A nova morada, que conserva aín-da a disposición, os pormenores, o arda casa nativa da décimo sexta centu-ria, é o que se di un pazo campesiñodo século XVIII. Nel as dúas arquitec-turas, renacemento e estilo restaura-do, danse a man a través de douscen-tos anos. A arcada que sostén oespazoso balcón de pedra que corre aolongo da fachada ten o selo caracterís-tico das construcións galegas de me-diados do século pasado. A mesma ca-pela en que campa o escudo da familiae leva a data de 1585, é tamén do esti-lo que denominei dos mestres deobras. Mais o novo e o vello, o que per-tence a tempos máis afastados e o quecase nos corresponde, uníronse ecompenetraron de tan íntima maneirae tomaron tal ar de vetustez, que o seusó aspecto delata á primera vista a ve-lla e gloriosa casa feudal, grata ao po-eta e ao historiador, porque como ser

vivo fala do pasado con voz máis elo-cuente que as mesmas crónicas ás ca-les se fiou a lembranza dos que habi-taron as extensas salas, as vastassoidades e os lugares confiados ao seupaternal goberno.

Ao entrar no patio e subir a escali-nata que dá entrada á xa esquecida vi-venda, gáñannos de golpe as tristezasque producen sempre na nosa alma ossupremos abandonos. Reina o silencioapenas turbado polo chío dos paxaros,que ao vervos entrar abandonan es-pantados a vella cornixa por onde pa-seaban gravemente. Áchase alí algo deaustera e santa soidade, só posíbeldentro dos antigos mosteiros, dos ca-les eran irmáns polo destino, os caste-los e vivendas señoriais. Mais ¡ai! can-do o home se achega a semellantesruínas –en pé ou non, tanto ten- sén-tese como tocado da tristeza de queestán cheas. Flotan sobre elas non sesabe que de frío e morto que aflixeprofundamente. A nada das glorias hu-manas é máis que nunca visíbel. E envan os altos carballos enchen de som-bra e de rumores o bosque umbrío ouse recortan no horizonte; en van a fon-te desborda sobre a pía as súas augase os ventos suspiran nas grandes sa-las, noutrora poboadas de voces har-moniosas; nada turba aquela paz soli-

taria que é o seu nimbo, mais nada écapaz tampouco de apagar a penosaimpresión que a súa soa vista desper-ta nas almas sensíbeis. Ocorre pregun-tarse que ficará de nós, cando os queparecían eternos non son xa máis quecousas que dormen no esquecemento.

Contan os mariños, que cando unbuque está próximo á súa ruína, as ra-tas que poboan a bodega abandonan ovello casco: así fixeron os nobres desegunda orde. Deixaron de vivir entreos campesiños, que eran os seus fillos,e do seu amor, que era a súa forza, per-dendo deste xeito un poder que des-cansaba no ben que facían e en nonpermitir que se fixese o mal. Aqueleslares en que durante séculos se pren-deu un mesmo lume, e que eran refu-xio dunha familia que non se extinguíaxamais; aquelas casas de onde non sesaía senón na procura da gloria e áscales non se voltaba máis que en de-manda da paz e da morte, están hoxebaleiras e desertas. Faltan as aguias, eno niño abandonado non se quentanos pitiños. Batidas por todos os ventose todas as desgrazas, están en pé, co-mo para nos dicir que aínda hai maio-res soidades, que aínda hai ruínasmáis tristes e elocuentes que as queaquelas mudas pedras encerran e de-latan, e son as que se aniñan no cora-zón do home, é igual que as vingativasEuménides, devórano e atormentan.Porque se non é para iso, para que da-quela? Que fan en pé?.

Esta antiga casa, como todas. Aodesprendérense os seus fillos dunpoderío que xa non exercían, perde-ron até o instinto de conservación.Fuxiron asustados da súa propiatumba. Inútiles xa, mudaron de fogarpara morrer máis descoñecidos, e na-da, nada os lembraría, se unha mullerda súa raza –reunindo en si todas asperdidas enerxías e renovando as pa-sadas aptitudes– non tivese feito in-mortal aquel antigo apelido, e sagra-da aquela orixe, pois éncheo e cobrecos resplandores do seu xenio.

Mais isto non foi sen tomar parasi tamén todas as desgrazas propiasdas familias que perecen. Desde os

Rosalía CastroManuel Murguía

[Tradución de Diego Pardo Amado]

Manuel Murguía de mozo

Terra tempo147_48 3/2/09 14:05 Página 91

Page 92: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

92 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

seus primeiros anos, estivo xa, mate-rialmente, entre a vida e a morte; pare-cía levar no seu corazón os secretos te-rrores que sentiu a súa nai todo otempo que a tivo nas súas entrañas.Baixo estes ceos que lle son tan propi-cios, nestas risoñas chairas de Iria Fla-via, ao pé dos outeiros que as cercan,e beiras das correntes que as fecundantería pasado a súa vida, se os primei-ros contratempos non a obrigasen amarchar á triste cidade en que nacera1

e á cal tornaba para facer dela a súaúnica patria e a patria dos seus fillos.Atrás deixaba as lembranzas da infan-cia e os seus primeiros ceos risoños.Sempre que as durezas do invernocompostelán, os seus fríos aires e con-tinuas chuvias a puñan á beira do se-pulcro, en que tantas veces tivo postoo seu pé, tornaba ás alegres veigas ebañábase nas súas mornezas e vivíados seus claros resplandores. Respi-rando estas brisas, que levan a un tem-po nas súas ás o perfume do campo eo das ondas, os feridos pulmóns reno-vábanse e tomaban nova forza; e a quechegaba semellante a unha planta quese inclina e agosta, erguíase e reverde-cía, tornando á vida, ás ilusións da mo-cidade, a todo canto de risoño enche ásúa hora o corazón das doncelas. Pare-ce que aquí, baixo este mesmo ceo on-de, como noutro tempo, procurou ago-ra o seu doce refuxio, tiña querealizarse sempre o prodixio da súa in-fancia, e que estas chairas, -como o ve-llo sepulcro sobre o cal a puxeron mo-ribunda e devolveuna viva- tiñan paraela a mesma virtude e renovaban, can-do era preciso, o antigo milagre.

A existencia é, na verdade, ben do-ada para todos aqueles a quen as con-trariedades da vida non fatigan dema-siado; mais ¡que pesada carga para osque persegue a desgraza, e cantomaior aínda para os que marchan sus-pendidos sobre o afán dos seus pro-pios pensamentos! E se a alma ator-mentada é a dunha muller?....Benpode dicirse daquela que os seus sufri-mentos non han de ter límite, que aspenas se duplican ao caer sobre o seucorazón, que as súas bágoas, lonxe de

seren para ela un consolo, chaman condobre forza as novas bágoas. Quen ascoñece? Quen as conta? A quen intere-san? Quen é nin que importa, así sexaa máis ilustre, así a máis coñecida?Que outro camiño, senón o da morte,ve ante os seus ollos? A mesma noto-riedade, non é para ela un perigo?.

Por máis que a comparación sexavulgar, sempre se dirá da muller que,como a violeta, tanto máis agochadavive, tanto é mellor o perfume que ex-hala. A muller debe ser sen feitos e senbiografía, pois sempre hai nela algo aque non debe tocarse. Limitada a súaacción ao círculo da vida doméstica,todo o santifica desde que entra noseu fogar. Ten na terra unha misión dosceos, e a súa felicidade debe consistiren enchela sen vangloria nin remor-sos. Trasládase toda enteira aos seusfillos, vive no seu corazón, sen que assúas penas sexan outras que as que osferen ou con eles se relacionan.

E se isto é verdade, ¿Qué dicir dequen non fixo outra cousa que sopor-

tar os múltiplos golpes que a maltrata-ron e a canto máis amaba na terra? Sese referisen coa súa terrible verdade ossufrimentos experimentados, antes,agora, en todo tempo, ben se vería quepoucos días de felicidade contou, quelongo e duro foi o seu cativeiro, e deque maneira inusitada os contratem-pos dobraron alma tan enérxica e apai-xonada. ¡Como a foron procurar ao si-lencio da súa casa e ao apartamentodo seu voluntario desterro, feríndoa nomedio dos seus fillos, ausente o queera o seu amparo, cando crían que ogolpe que lle asestaban era o únicoque lle faltaba para morrer!

Dise que así proba o ceo os seusescollidos!...

Esta vida de dor comezou axiñapara ela, porque física e intelectual-mente a súa precocidade foi grande.Contaba apenas once primaverascando compuxo os seus primeirosversos e tivo que mudar o seu traxede nena polo da muller. Con el íanseas alegrías da infancia e chegaban os

Retrato de xuventude de Rosalía de Castro

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 92

Page 93: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 93

Rosalía-Murguía | Dossier

primeiros coidados, aqueles queasaltan as mozas tan axiña se arris-can nos sendeiros do mundo. ¡E queamargos e tristes para os que, tocan-do apenas nos límites da mocidade,teñen xa que loitar coa tristísima rea-lidade! Fica sempre no seu corazónun non se sabe que de baleiro, quenada enche. Isto teñen os prematurosdesencantos: cando se sentiu todo oseu peso, xamais se esquecen. Pasa-rá o mar sobre eles, como di o poeta,e non será quen de apagar a manchaque deixan no noso corazón.

Isto foi casualmente o que acon-teceu á nosa escritora: levou sempreaberta a ferida causada polos primei-ros desencantos.

Os ventos da desgraza, que tanrudamente se desataron contra ela,comezaron por afastala de todo cantoamaba; da súa terra, da súa nai, dassúas esperanzas e até dos soños, benmodestos por certo, posíbeis a unhamoza de provincias. Nela non ficabaxa en pé, nos seus mellores anos, se-nón a firmeza da súa alma e a bonda-de sen límites que a enche. A mesmapoesía que encantara as súas horassolitarias foi esquecida por completo:non parecía outra cousa, senón quese preparaba para a morte, agardán-doa coa doce voluptuosidade dequen sabe que só así poderá escaparás tribulacións que a esperan.

Lonxe da súa casa e dos coidadosmaternais, sufrindo como poucos asinclemencias do ceo madrileño, asíntimas dores que a aflixían –e que sópodía facer tolerábeis unha brancaluzada de xuventude, -as incertidu-mes que enchían a súa alma sen ho-rizonte nin esperanza, as tristezas daausencia rendíndoa ao seu peso, ferí-rona tan sen piedade, que houbo mo-mentos en que puido esperar confia-da que as horas da súa dor seríanbreves e que axiña as portas da eter-nidade se abrirían de par en par.

E canto tardaba para ela esta ho-ra da suprema liberdade!

Das seductoras promesas que un-ha prematura xuventude se compra-cera en despregar perante os seus

ollos, non ficaba unha soa que non ti-vera erguido o voo na procura dou-tras almas máis felices en que facer oseu niño. A realidade facíaa coas sú-as espiñas; as asperezas da vida, cosdesenganos en que son tan pródigas.Ás súas grandes tristezas engadíanseas dores materiais, as inacabábeisangustias que lles son propias e osacerbos presentimentos que enxen-dran.

Estas horas solitarias formaron oseu corazón e impregnárono parasempre da profunda melancolía quebaña as súas composicións. As mu-sas necesitan tocar coas súas ás a re-alidade; a este prezo comprarán sem-pre os seus triunfos; mais ¡ai! elapodía moi ben pasar sen tan amargocáliz, porque non o ambicionaba. Co-ñezo cantos inmortais, di o poeta,que son un puro xemido. A que ama-ba a serenidade da alma e dos ceos, aque pedía tan só paz e silencio, al-gunhas primaveras máis, os horizon-tes da patria, as rosas dos seus cam-

pos e os tornasoles dos mares do seupaís, non merecía por certo poder di-cir tan axiña e con tanta verdade co-mo ela, que baixo os seus loiros ca-belos aniñaba a dor.

Car sous cheveux blondes je connais ladouleur.2

O mesmo coidado que outros po-ñen en se deixar ver e conquistar unposto no mundo literario, puxo elasempre en fuxir aos vans ruídos e pe-rigosas facilidades. Os versos que enhoras de tristeza escapaban dos seuslabios, eran esquecidos ao día se-guinte. Ninguén os coñecía. Foi nece-saria unha serie de circunstanciasfortuítas para que algunhas desascomposicións traspasasen os límitesdo fogar e se desen á estampa. Non alevaba a tanto o máis pequeno entu-siasmo, nin menos o amor que pui-desen inspirarlle as pobres fillas doseu corazón e das súas horas solita-rias. Porque desde os primeiros pa-sos dixérase a si mesma que nin bus-caba a gloria nin a amaba en maneira

Retrato de Manuel Murguía realizado polo seu fillo, Ovidio Martínez-Murguía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 93

Page 94: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

94 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

ningunha. Así compréndese que, gra-zas a esa mesma indiferenza, saísen áluz as súas primeiras poesías, sendomans alleas as que lles prodigaron oscoidados que toda publicación recla-ma dos autores. Ignorándoo, e nonimportándolle, sen esperanzas e ta-mén sen amor propio, deixounas ir áventura, sen se coidar máis delas ninpensar que puidesen interesar a nin-gunha alma, nin menos durar máisalá do que duran as rosas, as súas ir-más na fermosura e tamén na brevi-dade da vida. Así o desexaba ao me-nos.

E tiña razón! Non porque aquelasbreves páxinas non fosen acredorasaos eloxios que, sen coñecer a súaautora, tiven o doce consolo de llesprodigar, senón porque non todasmerecían as honras da impresión. Nasúa inexperiencia da vida literaria, dacal tan afastada se achaba, non podíacomprender que os primeiros donsda musa deben ser coidadosamentepreparados e escollidos pola man doautor, pois deciden ás veces dunhavida, e rompen ou afirman unha vo-cación. Calquera, ao ler aqueles ver-sos, sabendo que a súa autora aíndanon fixera vinte anos, tería dito que aatormentaban as ansias do aplausopúblico, cando o seu libro era casual-mente a proba do ningún aprezo quefacía de tales cousas e do lonxe quese achaba de crer que con el se abríao camiño que debía conducila aostriunfos que a agardaban. A ilusiónsque sobre este punto puidera abrigar,ficaban á porta da casa en que espe-raba concluír os seus días sen ambi-ción, enchendo os deberes de espo-sa, nunha grata medianía e nun santoe perpetuo esquecemento. Talvezpensaba que non os sobreviviría, gra-zas, xa á morte material que tan per-to de si vía, xa a aqueloutra gloriosa e

que tantas mulleres de grandes dotesaceptan, o día que entran no fogarconxugal para ser a súa éxida.

A malaventura de Galiza, que enmáis dunha ocasión viu malograr osseus mellores enxeños, non quixopor esta vez que enmudecese aquelavoz, nin se rompese aquela lira. Foiunha desgraza para a nosa escritora?Estou tentado a crelo así. Conserván-dose para a súa patria, conservouseasí mesmo para os seus grandes in-fortunios.

Non os vou contar. Para que? Undía veu formar comigo o novo fogar ecrear unha familia. Desde entón unhaé a vontade e un o amor baixo desteteito, visitado por cantas aflicións po-den caer sobre as almas feridas per-petuamente. Sós deixounos a naiquerida, e sós tamén aquel fillo ama-dísimo, que non viviu máis que otempo necesario para facer no nosocorazón eterno recordo, inconsolábela perda. Entre estes dous sepulcros,todo un mundo de contrariedades.Breves os días do sol, aladas as ditas,fugaces as alegrías, sós constantes eduradeiros os rigores da fortuna.Consólannos os fillos que nos rode-an, en cuxos ollos brilla xa un raio da-quela intelixencia que co sangue reci-biron no seo de súa nai, e cuxocorazón parece formado coas mes-mas xenerosas fibras. Reflíctese ne-les, que prometen ser coroa da súaancianidade, consolo dos seus derra-deiros días.

Unha verdadeira noite reinaba noceo literario de Galiza. Os soldadosandaban dispersos, os combates eranimposíbeis. De todo aquel rumor, detodas aquelas esperanzas nadas á ca-lor da revolución de xullo, non ficabamáis que un eco, unha esperanza quevivía e se manifestaba nas columnasde El Miño, o xornal que dunha ma-

neira máis decisiva influíu nos desti-nos do noso país. Nel refuxiárasecanto conservabamos de vivaz e fe-cundo, nel reflectíase o espírito dun-ha xeración que parecía ter traído aomundo como única tarefa, a de crearunha nova Galiza e fecundar os xer-mes de vida que este pobo encerra.Perseguíase un imposíbel? Non é do-ado dicilo, aínda que pola miña parteaseguro que ninguén acreditaba ensemellante cousa. Tiñan fe na virtua-lidade da súa obra: crían nos seus mi-lagres. Tentar a rexeneración a queaspiraban, era unha proba de que seía a algo sólido e durábel. Non queríamorrer sen ter combatido naquel es-pecialísimo torneo, en que a damados nosos pensamentos era a peque-na patria. E pois todo o que vive seresiste á morte, aceptouse a loita, co-mo unha proba de que aínda vivia-mos.

Cada un escolleu o seu posto, e anosa escritora, que, como a mullergala, seguía aos seus ao combate, co-ñecendo que podía axudalos, colo-couse resoltamente nas primeiras fi-las.

Como medio máis eficaz de voltará vida a un pobo que á forza de des-grazas apenas se tiña conciencia de sipropio, tratábase por todos de pene-trar nos seus limbos, alumealos conaquela luz necesaria, para que cantonos pertence tomase corpo e fose vi-síbel aos ollos dos demais. O pasadocoas súas sombras, o presente coassúas dúbidas e desalentos, canto foraGaliza, canto era aínda, ou podía se-lo, pedíannos unha ollada e un pen-samento. Sentiamos como por instin-to, que antes de nada era precisorehabilitar o país galego, realizar assúas esperanzas e traducir en feitos oque aínda non puidera pasar da cate-goría de tentativas máis ou menosafortunadas. Esta dirección pura-mente provincial, non era na verdadecousa nova, mais tomaba nas nosasmans maior forza. Por máis que puxé-semos nisto a nosa alma e o nososangue, outros antes quixeran o quenós: non era a primeira vez que se

Entrada na fábrica de Fiados Barcón, Ferrol afinais do XIX. Empregadas formando en filaagardando ao patron

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 94

Page 95: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 95

Rosalía-Murguía | Dossier

perseguían tan nobres ideais, probada vitalidade dos pensamentos quenos animaban. Se antes non se reali-zara, era porque faltara a unidade nostraballos, e unha máis clara nociónen todos da obra emprendida. Así re-sultou estéril, pois só podía ser fe-cunda sendo completa.

As novas correntes tiñan polotanto maior eficacia, pois dirixíanse aunha fin, clara, definida, concreta.Consagradas polo suceso, alentadaspolo dobre interese da curiosidade ecariño con que eran recibidas polopaís, compréndese que, pois a em-presa era aceptada, fose máis fácil.Todos querían poñer a súa pedra notemplo que se levantaba e aportar áobra común o seu esforzo ou o seusacrificio.

Nunca por tanto se sentían máisvivamente eses desexos, nin toma-ban máis corpo, nin eran máis firmestan nobres propósitos, como cando,lonxe da patria, e en medio das soi-dades castelás, pensábase nos cam-

pos paternos e críanse ver os hori-zontes que os limitaban. Así era, queentre o ausentes se falaba deles co-mo os profetas super flumina Babilonis.Pensade agora que pasaría no cora-zón dunha doente nova e soa, quedeixando en Galiza a nai e a filla, sen-tíase de novo languidecer e morrerbaixo o ceo para ela sempre inhospi-talario da España central.

Era unha morna tarde dos primei-ros días da primavera castelá. O solalumeaba a vasta extensión, o ar erapuro e tibio, apenas sentíase pasarcomo un suspiro. As plantas en xer-me exhalaban os aromas que anun-cian os fermosos días: o ceo era claroe transparente, o temple suave, oshorizontes dilatados; só faltaba paraanimar aquel cadro as árbores, as no-sas amadas árbores, as ondas crista-linas, os perfumes dos prados e osseus verdes intensos, os ruídos deque están poboados os vales e os ou-teiros galegos. Rodeábanos a desola-da estepa, sen unha sinuosidade que

rompese a liña igual e extensa, senmáis tons que os quentes e enteirospropios daquelas chairas. Só aló, aofondo, o vello Guadarrama, en cuxobico branqueaba a neve, recortaba ohorizonte que os últimos raios do solencendían e fermoseaban.

Contemplando este cadro, e lem-brando en presenza de semellantesesterilidades a exuberancia dos cam-pos galegos, sentiu a nosa escritora anecesidade de escribir e publicar unlibro en que se reflectisen con toda asúa poesía e pureza, as paisaxes e avida enteira da xente do noso país. Equerendo romper con canto a rodea-ba e era tan pouco acepto, prometeu-se a si propia escribilo en lingua ma-terna. E aquela mesma noite, presa aalma das profundas tristezas dequen, sen tocar nos seus vinte e catroanos, se cría xa cun pé no sepulcro;sospeitando que xa non voltaría a verde novo o ceo da triste Compostela,baixo o cal a agardaban, trazou coaman rápida e coa brevidade da im-provisación, aqueles versos tan tris-tes e tan fermosos que levan por glo-sa a canción popular máis enconsonancia co estado do seu espíri-to, Adios rios, Adios fontes, versos que vi-ron daquela a luz en El Museo Univer-sal.

Tal foi a orixe dun libro que tanespecial infuxo exerceu na literaturagalega contemporánea. Fillo do exal-tado amor do país, concibido en horada máis fonda melancolía, reflectiunas súas páxinas algo do inocente exuvenil dunha alma que non viviraaínda e a amargura dos que non es-peran vivir moitos días e están perpe-tuamente cun pé no insondábel.

Ela como ningún outro!.... porquepreparándose a acometer a súa em-presa, sentiu que se recrudecían osseus males e que se achaba máis per-to que nunca do sepulcro. Talvez des-exaba xa penetrar nas súas tebras eque acabasen para sempre as incerti-dumes que a tiñan constantementeesperando o seu fin. Talvez ansiabaaquel momento en que, como ao ir-landés que sucumbe nas soidades do

Ofrenda froral na tumba de Rosalía nos anos20. Este espazo será un lugar fundamental deperegrinación galeguista

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 95

Page 96: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

96 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

Novo-Mundo, lle fose dito ao ente-rrala:

-Ea!Volta a Galiza! Volta á túapatria!- Porque o certo era que lon-xe da súa terra se sentía acabar senremedio.

Foi, pois, necesario voltar ao país.Só os aires natais podían salvala. Ena súa procura veu confiada, candotodos crían que non vería caer máisfollas que as que comezaban a agro-mar nas árbores das avenidas, gratasao seu corazón e aos seus ollos, tanpoboadas para nós das máis doces esantas lembranzas. Mais ¡ai! que ou-tras cousas queridas viu caer antespara non se erguer máis, pois a pou-co de chegar á súa casa, a súa naimorreu de golpe nos seus brazos ecando menos o esperabamos. Aquelcorazón, ferido por tantas ausencias,quebrouse ao fin ao peso dos antigossufrimentos. Deus non quixo negarlleo supremo favor de que a filla máisque amada, estivese ao seu lado pararecoller o seu derradeiro suspiro e amirada postrema.

Esta dor das dores foi para elaprofundo e inapagábel. Como Leo-pardi, para dicir tamén, “que o malque a privara do uso da vida, non lledaba sequera a esperanza da morte”,pois nin chegaba o consolo, nin o es-quecemento era posíbel, nin acababade romperse o fráxil vaso da súa exis-tencia. Ao fin triunfou a xuventude egozou algunhas horas de paz; maisapenas se dirixía aos seus soños dou-tros días unha mirada indiferente. Oproxecto que abrigaba de consagrar a

Galiza as primicias da súa musa, po-día darse por abandonado, pois nun-ca como daquela se sentiu máis dis-posta a se sepultar por completo epara sempre na escuridade do fogar evivir nas súas apacíbeis quietudes.Non abrigando desexo ningún de glo-ria, ¿para que escribir? Dicíase. E naverdade que para interromper aquelfondo silencio, para dar vida aos mor-tos de entón, parece como que seprecisaba algo máis que a voz dunhamuller e os acentos dunha musa do-bremente feminina.

Mais foi así. Impreso o primeiroprego dos Cantares, sen que diso tive-ra nova, viuse obrigada a escribir oresto do libro a medida que as caixasdemandaban orixinal. Á présa, sendar tempo a que secasen as cuarti-llas, sen corrixir nin ler ao día seguin-te o escrito a véspera, fecunda, abun-dante, espontánea sobre todaponderación, foi dando, hoxe unha,mañá outra, a maior parte das com-posicións que forman aquel pequenovolume. Dun só golpe e case sen er-guer a pena do papel, escribiu as se-senta oitavas do Conto de vidal. PastorDíaz, a quen a morte non permitiu es-cribir as páxinas que debían precede-los, aseguraba non ter lido nada máiscorrente, nin máis puro, que aquelesversos. Engadía, que se compraceríaen dicilo así. Que lle agradaba aque-la nova aurora e aquel fresco ar dapatria, que viña encerrado nas estro-fas máis completamente populares alle falar dos floridos campos de Gali-za. Que así como ao frente das poesí-as de Zorrilla fixera a defensa do ro-mantismo -polo inaugurado antes, nasúa cela de colexial- faría o eloxio domovemento provincial, que tantascousas novas traía á superficie, quetantas e tan nobres revelacións facíae do cal tivera, así como unha visióne un presentimento. Porque aquelgrande home de Estado, a quen nonagradaba a unidade de Italia, casual-mente porque rompía tradicións e es-farelaba pobos, aseguraba que asprovincias españolas estaban desti-nadas –pola gran diversidade do seu

sangue- a reconstruírense e recobra-ren a súa fisonomía nun período nonmoi afastado. Contra o que algúnsespíritos superficiais aseguran, sosti-ña que a tendencia a crear a pequenapatria é o que ha de salvar dun com-pleto esnaquizamento a canto hai devital nos pobos europeos. É o únicovivaz e orixinal que posúe a socieda-de moderna, atacada como ningunhaoutra, do mal nivelador da unidade eda centralización.

Mais o que máis a agradaba erater escrito o libro naquel docísimodialecto que falara na súa infancia.Ponderaba por demais achalo despo-suído de voces bárbaras e xiros pro-saicos con que tantos lixaron a linguae a poesía galega. Os versos caden-ciosos e fáciles irmanábanse ao fincunha dicción propia e sen afectaciónnin pretensión ningunha, tan confor-me coa índole dos asuntos e que se-mellaba a corrente dun río, candoarrastra con rapidez o que se confíaás súas ondas. Até entón ninguén fa-lara a nosa lingua con máis purezanin mellor acerto. O noso idioma sa-ía dos seus labios completo e feito,tanto que se os cantares popularesque glosa non fosen en itálica, nin-guén sabería distinguilos dos que sedebían á súa inspiración. Eis a verda-deira pedra de toque en que se ha deavaliar o enxebre da súa linguaxe,non empregado aínda na produciónliteraria. O día en que un completocoñecemento da poesía popular fagaposíbeis tales comparacións, veraseque a nosa escritora, non só tiña oinstinto, o candor e a expresión dossentimentos populares, senón quefalaba a lingua do seu pobo, coa mes-ma sinxeleza e afecto que o noso per-dido cancioneiro.

¿Fixo ben en empregar o galegonun libro destinado a describir aspaisaxes, os costumes, as supersti-cións, nunha palabra, as cousas deGaliza e das súas xentes? Hai quen odubida, por crer a cousa filla dun pa-saxeiro capricho e non dun move-mento reflexivo; porque se pensaque o emprego dos dialectos3 é un re-

Emilio Castelar y Ripoll (Cádiz, 1832 — SanPedro de Pinatar, Murcia, 1899). Autor doprólogo a "Follas Novas" de Rosalía. Político eescritor español, último presidente daPrimeira República Española

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 96

Page 97: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 97

Rosalía-Murguía | Dossier

troceso; porque se teme a canto falaá provincia do que perdeu, e en fin,porque hai moitos a quen non llesimporta sacrificar ao Moloch moder-no, a centralización, estas pequenasagrupacións ao parecer tan insignifi-cantes e estériles, que tendo unhahistoria, unha lei, unha lingua e unharaza, conservan aínda todos os ele-mentos constitutivos dun Estado.Ademais fálase da patria!...

Con só lembrar, que entre todas, aidea e noción da patria é a menos su-ceptíbel dunha verdadeira definición,fica indicado que difícil será dar a en-tender coa claridade debida o que se-xa semellante entidade. Fixando a mi-rada no sereo horizonte, vendo comotremen ao paso do vento os salguei-ros que medran ás beiras do seu río, ecomo o pequeno outeiro cerra o pasoaos homes e aos rumores lonxanos, ocampesiño –como o cruzado que a ca-da cidade que vía preguntaba ao seuamo: “Señor, ¿non é esta Xerusalén?”-abranxendo cunha ollada os límitesda súa aldea, pode preguntarse: -Noné esta a miña patria?.

Pois ben, a despeito de todo, isodinse hoxe as provincias, e moi en es-pecial as de linguaxe propia; o mes-mo en España que na Francia, en Ita-lia que en Austria, en Rusia que enInglaterra. O poeta, que é sempre oque anuncia a boa nova e consagra osseus triunfos, non se nega á resurrec-ción deses pobos, non mortos senónesquecidos, antes iníciaa, proclámaae santifica, póndose ao servizo de tannova causa. Novus rerum nascitur ordo!dinse, a repetir as proféticas palabrasdo seu mestre Virxilio.

Non fixo outra cousa a nosa auto-ra, ferida polas inxustizas de que eravítima o seu país. Á súa voz de inspi-rada, fixo xurdir canto era de Galiza erecobrar o seu antigo predominio. Opopular, o primeiro: ¿E que máis pro-pio e máis íntimo que os seus senti-mentos e a súa lingua? A que tan no-va foi enxalzada por ter refrescado apoesía nas purísimas ondas da inspi-ración popular, e aberto á lírica espa-ñola un novo camiño4 ¿Por qué se ha

de negar o dereito de erguer da súaprostración a fala materna e colocalaá altura dunha lingua literaria? En-téndese acaso que todos son, a pou-co que o tenten, capaces de levar acabo tan grandes, tan gloriosas resu-rreccións?

Díxose dos Cantares que se os po-etas se agrupasen por familias, a súaautora debía formar ao lado de Ro-berto Burns, na dos poetas popula-res: e cando foi cuestión de Follas No-vas, sinalouse o seu parentesco conH. Heine. Hai nisto contradición?Non na verdade. Cada libro pertencea unha época da súa vida e respondea un estado do seu espírito. No pri-meiro, o obxectivo enche e alimentaunhas páxinas consagradas por com-pleto á descrición do país e a ser afiel expresión dos costumes e senti-mentos da súa xente. No último, osubxectivo recobra todos os seus de-reitos e móstrase tan poderoso, quemereceu por isto ser considerada co-mo un insigne poeta lírico, e en espe-cial como un grande elexíaco. Maisnun e outro libro resulta unha perso-nalidade e vese un fin. Completándo-se, dan realizada a obra de redenciónque se propuxo a autora, por máisque xa nos Cantares se ache resolta.

E na verdade que sen a precipita-ción con que foi escrito este libro, ce-gadas certas lagoas5 e dispostas e en-xalzadas as composicións dun modotal que formasen un todo correlativo,como así o pensara, teriamos desdeentón un afortunado equivalente deMireya, sen a monotonía que imprimea esta obra a combinación métricausada polo poeta da Provenza e senos inconvenientes dunha acción a cu-xo relevo e movemento se sacrificanás veces pormenores e trazos, quenon está ben pasar en silencio candose trata de dar a coñecer o elementopoético dun pobo calquera. Por fortu-na, puido ben axiña completar e re-matar en Follas Novas a obra tentada, eisto con tal forza e dun modo tal, queaté nas poesías máis persoais e enque os sentimentos da autora se pre-sentan con toda a súa enerxía e ex-

clusivismo, puido ver a crítica un mo-do delicado e novo de contar as pe-nas que aflixen a Galiza e á súa xentecampesiña. De tanta vida están dota-das as ardentes estrofas, e de tal mo-do o poeta soubo confundir e amal-gamar os seus propios sentimentos edores cos da rexión cuxas belezasdescribe e cuxas desgrazas conta!

O suceso acadado polos Cantaresfoi grande, en especial fóra do paíspara o cal foran escritos. Aínda dura,pero máis que noutro sitio en Cata-lunya. Diríase que era un libro seu.Os seus críticos dedicáronlle exten-sos artigos, os seus poetas traducirona maior parte das composicións. Eranatural que así sucedese. Iniciábasepara Galiza nos Cantares o movemen-to que alí estaban levando a cumpri-do termo. Era un soldado que viña acombater nas súas filas: xa non sepodía dicir que só de labios catalánssaía a protesta.

As múltiplas e entusiastas felici-tacións que con tal motivo recibiudaquela terra de homes libres, con-trastaban dolorosamente cos profun-dos silencios doutras xentes.6 Van erao indisputábel triunfo, inútiles osaplausos recollidos baixo outros ce-os. O desencanto teríaa gañado, teríadubidado da súa obra e de si mesma,

¿Fixo ben en empregar o galego nun librodestinado a describir as paisaxes, os costumes, as supersticións, nunha palabra, as cousas deGaliza e das súas xentes?

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 97

Page 98: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

98 terra e tempo xullo-decembro 2008

No primeiro, unha case visióndos tempos en que viviron os nososavós, permítelle describir tipos e cos-tumes que parecen tomados do natu-ral e no seu tempo. Tanta é a verdadee tanta a graza con que están trazadasfiguras, paisaxes, escenas e senti-mentos, que o lector acredita ter co-ñecido os heroes do relato e telosaínda diante dos ollos. É unha tristehistoria doutrora, bañada por un plá-cido raio de sol e alegrada con algúnssorrisos. Os descendentes dos heroespasean aínda polos mesmo lugaresca eles. O drama das dores resigna-das desenvólvese con todo vigor nasanimadas páxinas. Vese desde logo,que as boas almas de que se trata vi-viron en realidade e pasaron por estemundo tan só para gañar o outro.

En El caballero de las botas azules, sonmáis notorias estas cualidades e veseque están levadas a un grao de per-fección, que acusa un verdadeiro pro-greso nas facultades do escritor. Es-tán estas ben de manifesto; moi cegoha de ser quen non as vexa. Unha fá-bula nova, curiosa, que obriga a pen-sar nalgo máis que no que se le, un-has escenas habilmente presentadas,un diálogo inimitábel e uns tiposacabados; eis o que se encontra na-quel libro, ao cal faltou tan só nacer atempo para ter a fortuna que acada-ron outros, ben distantes por certodo seu valor e transcendencia.

Neste irmán menor de El doctorLañuela, a máis fría ironía sazona assúas páxinas, mais moi en especial odiálogo entre o home e a musa, quevai no libro á maneira de introdución.Non creo que se escribira entre nós enos nosos días cousa que o iguale.Non parece obra dunha muller. A nonser por algúns toques delicados e porcompleto femininos que o esmaltan,diríase fuxido da pena de H. Heine.Non hai máis sarcasmo en Atta Froll-ni, tampouco máis poesía.

No seu conxunto o libro presentaalgunhas desigualdades, polo xeral fi-llas do asunto e maneira de o tratar;mais capítulo por capítulo e personaxepor personaxe, é dunha unidade e

Dossier | Rosalía-Murguía

se non estivese convencida de quehabían de pasar anos, antes que a se-mente deitada no suco, puidese xer-molar, crecer, ondular ao paso dosventos propicios e por fin madurar aespiga aos raios dun sol de liberdade.

Caracteriza a poesía desta escri-tora, o ser eminentemente persoal,elexíaca, ora chea de abismos, oracasta e inocente como deusa queapenas desata o seu cinto de ouronin descinxe a túnica. Natureza poresencia sensíbel, é como harpa sus-pendida en que xemen os ventos; or-ganización moral que das máis no-bres, todo canto toca imprégnao darectitude da súa alma compasiva.

Aquelas estrofas, breves e caden-ciosas, que parecían ter agromadodun golpe baixo o ceo de Grecia, en-cerran os apaixonados acentos dunhamusa entre xermánica e do mediodía.Están cheas da esencia das súas dores. Asúa graza e ondulación feminina tém-planse e colorean ás veces cos trazosdun humorismo en que desabafa asangustias dun corazón eternamenteaflixido. Sinxela e pura, até reproduciren todo o seu candor e realidade aprodución popular, ten acentos apai-xonados que saen do íntimo e comu-nica aos demais o lume que abrasa assúas entrañas: semellante ao raio, que

fende os espazos e encende e queimacanto encontra ao paso. Por isto nonse acha nada de indeciso nos seus ver-sos: fillos dunha inspiración real, le-van o selo do seu enérxico carácter eda súa alma chea de tenrura. A expre-sión é sempre exacta, poética abun-dante; o movemento natural; a formapura, sen énfase, simple e grandiosano medio dunha sinxeleza purísima. Aversificación fluída; o metro rico e va-riado, caprichoso case; a rima espon-tánea. Pódese dicir que xamais poetaningún na nosa terra posuíu, en máisalto grao o poder da forma.

É esta condición esencial en to-das as obras marcadas co selo pode-roso dunha personalidade poética.Non hai ningún gran escritor que nonposúa a forma en máis ou menosgrao, nin ningún poema famoso quecareza dela. A pureza e serenidade deGoethe transparéntase nuns versosque teñen a limpidez das claras co-rrentes e dos ceos azuis. Byron colo-rea as ardentes estrofas, rápidas, ner-viosas, coa luz que escintila da súaalma de lume.

Nunha palabra, o fondo e a formaalíanse de tal maneira nas obras doxenio, que son como a alma e o corpo;non poden separarse sen perigo demorte, nin existir cada unha de por si.Aínda que non en tanto grao comonas artes plásticas, a forma é un ele-mento esencial na produción literaria:a mesma poesía non pode pasarse senos encantos da medida e da rima.

Non o dubidedes, pois; cando unpoeta posúe a forma en toda a súavariedade e riqueza, posúe tamén ovigor e a forza necesaria para animaro bloque inmaterial e producir asobras, xa que non se digan inmortais,duradeiras ao menos.

A nosa escritora publicou taménalgúns libros en prosa. Os principaisson; Ruinas, El caballero de las botas azu-les, e El primer loco. Cada un pertence aun xénero dado, mais en todo se des-cobre a poderosa orixinalidade dasúa autora. Non se parecen a nada;non teñen antecedentes, nin hai moi-tos capaces de seguilos.

O mesmo amor á terra natal que inspirou os seus versos galegos, anima tamén os que escribiuen castelán. Todo é neles igual, a nota, a cor, o perfume, a luz, mesmo o triunfo acadado

Busto de Manuel Murguía na Coruña.

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 98

Page 99: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 99

dunha realidade tal, que seduce e en-cadea. Casualmente nisto estriba todoo seu encanto, e que o lector esteaconstantemente esperando o impre-visto. Que ao final se pregunte estredubidoso e confiado, se é verdade queo comprendeu e aínda que pretendasaber o que quixo facer a autora, nes-te, por algo chamado conto estraño,nada importa. Outro tanto sucede conEl doctor Lañuela e con todos os fillos le-xítimos do humorismo; pérdense noinexplicábel. O mesmo agridoce deque se di posuidora a burlona musaque inspira o home que ha de pór oaxóuxere ao gato, baña as páxinas to-das deste libro por completo orixinal.Que sexa o bo cabaleiro a personifica-ción do século presente, ou que sirvatan só para agrupar ao seu arredor e fa-cer resaltar algunhas figuras dun cómi-co perfecto; que unha constante ironíanon permita distinguir ben o que haide transcendental na obra, non é cou-sa que deba preocupar a ninguén, poisficando aberto o campo á curiosidadenon satisfeita, cumpre de todo o pro-grama que a musa burlona trazou aodas botas azuis. –Que será? Que nonserá? Pregúntanse a cada momento ospersonaxes todos da obra: non con-clúe tan mal esta, cando o lector ao pe-char o libro ten tamén que se pregun-tar. –Que será? Que non será?

Non se dá igual caso ao ler as ar-dentes páxinas de El primer loco: traba-llo breve, apaixonado, cunha finalida-de, e aínda puidera dicirse cun obxectopráctico que escapou á crítica. Máisque un conto, é un estudo psicolóxico,en que, á maneira que empeza agora ase entender que deben ser escritas asnovelas, descríbese un estado da almae estúdase unha paixón. Non hai ver-dadeira fábula polo tanto, e a que haiestorba. Flota o heroe entre o real e oideal, entre o que é e o que cre ser, en-tre o sentimento da suprema xustizaque o anima e goberna, e a inxustizadeclarada dalgunhas das súas accións.Mais no fondo, aparece en toda a súaplenitude e sufrindo as consecuenciasdo seu estado moral, como un homeque toma as súas visións por realida-

des, e cuxa diaria e viva exaltación,raiana da loucura, non lle permite por-tarse como cordo.

As contadas páxinas en que sedesenvolve a acción, son ás vecesdunha elocuencia magoante. A almavehemente do heroe preséntasenosatormentada por unha constante vi-sión: para el non hai no mundo máisque unha idea, un punto claro e bri-llante, ela. É un atleta que loita bra-zo a brazo cun inimigo imaxinario,ao cal non é posíbel que venza. Por-que este inimigo invisíbel, maissempre presente, é o seu propio corazón.

O mesmo amor á terra natal queinspirou os seus versos galegos, ani-ma tamén os que escribiu en caste-lán. Todo é neles igual, a nota, a cor,o perfume, a luz, mesmo o triunfoacadado: triunfo que xa non pode teraos seus ollos os dourados resplan-dores doutrora, pois achouna de no-vo triste, ferida polo mal, prostrada esen consolo. Estas poesías, escritasao pé do río que baña os campos enque pasou a súa infancia e nos calesse reflicten como nas ondas as paisa-xes que bordan as súas beiras, estáncheas das antigas amarguras que pa-recían presaxiar as dores que hoxe aaflixen. As rosas da súa infancia me-dran nas roseiras que coida baixo osceos amados, os ventos da ría deloi-ran a veiga, os montes que ve desde asúa xanela son os mesmos que víanoutros tempos; todo é igual, só quefaltan ao seu arredor algúns seres, eno seu corazón moitas esperanzas; sóela, sendo a mesma, é distinta. Nosseus ollos non se reflicte xa outra luzque a do mal que a consome e ani-quila....................................................�

1 Naceu na casa do Camiño Novo, que fai

esquina á estrada de Conxo, casa que,

sendo propiedade dos avós do Sr. Ro-

mero Ortiz, é posíbel que nacese nela ta-

mén aquel home público. En Padrón vi-

viu na rúa que leva o nome do poeta

máis insigne que produciu esta vila, do

autor de El siervo libre de amor.2 Ernestina Dronet.- A un sceptique.3 O galego non é dialecto do castelán, se-

nón idioma. Se se quere considerar co-

mo tal dialecto, faise forzoso dicir que o

é do portugués.4 F. de Paula Canalejas, no seu artigo críti-

co dos Cantares, saudou a autora como

unha esperanza da lírica española. Follas

Novas e En las orillas del Sar, dirán se aquel

ilustre e malogrado escritor se equivo-

cou no seu xuízo.5 Tamén detiveron á autora os límites

impostos polo editor, que non quería

arriscarse a máis do posíbel, cun públi-

co ao cal se daba por primeira vez un

volume de versos en galego. A non ser

por esta especial circunstancia, o seu

libro tería acadado aquel desenvolve-

mento necesario, para que respondese

por enteiro aos propósitos que abriga-

ba a autora, que non eran outros que

os de dar vida e acción ás múltiplas es-

cenas, paisaxes e mariñas de Galiza,

así como a todo canto se refere ás cou-

sas dos homes que a poboan e ás pai-

xóns que os dominan.6 Non hei de calar que moitos dos seus

versos pasaron de tal xeito ao dominio

público, que entre os contos populares

que recollín viñeron bastantes dos seus,

atribuídos xa á musa popular. Nun ser-

món de entroido na Coruña, intercalan-

do o seu autor nel a glosa de S. Antonio

bendito, a moitedume, que descoñecía se-

mellantes versos, desatouse en aplau-

sos, e pediu unha e dúas veces a súa re-

petición. E digo descoñecía, porque

aínda non se fixera a segunda edición do

libro, e a primeira apenas corría máis

que entre uns poucos. Outro tanto acon-

teceu en Madrid. Representábase o sai-

nete de Don Juan de la Cruz Las castañeras

picadas, e ao que facía o papel de mozo

de corda ocorréuselle recitar en certa es-

cena, no canto dos versos do autor, os

de Adios rios, adios fontes, que se fixeron re-

petir catro veces por xentes alleas ao

país galego.

Rosalía-Murguía | Dossier

Última foto coñecida de Manuel Murguía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 99

Page 100: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

100 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

Toda a miña vida lembrarei aque-la inesquecíbel noite en que se deu aprimeira representación de Dalila, dra-ma inmoral segundo uns, moral aténon sei onde, segundo outros, maispara ti, para min, fermoso sempre ecompleto no seu conxunto e os seuspormenores, e sobre maneira grato ásnosas almas polas lembranzas, quenelas erguían e pola doce auréola depoesía que o circunda. A obra de Oc-tavio Feuillet, era entón analizada ediscutida con igual encarnizamentoque hoxe as de Zola. As mesmas quei-xas, os mesmos argumentos, a mes-ma defensa. Non se dirá que os tem-pos cambian, nin que o home é unanimal mudábel por propia vontade.

Eu falárache xa do Proverbio e odrama non era máis que aquel, des-cartado dalgunhas escenas imposí-beis no teatro; polo mesmo, candoconcluído o primeiro acto me ache-guei ao teu palco e a conversa se fixoxeral e falouse, como se falaba da-quela da obra, puiden preguntarche.

-Que che parece?-Gústame moito! Dixéchesme, e

entón ocupámonos do primeiro actoe as nosas obervacións dirixíronseaos personaxes do drama, ao que co-ñeciamos de antemán, eu polo Prover-bio, ti o que del che falara.

Desde logo conviñemos en que afilla de Sertorio o mestre de música, éunha fermosa e xemente figura quepasa sobre o libro como unha brancasombra, prestando o perfume e casti-dade necesarios ao cadro terríbel quese desenvolve nas súas páxinas e aocal, faltando ela, falta a poesía, faltatodo o bo, a alma purísima daquelcorpo corrompido.

Falamos de Carnioli, innobre fi-gura, a un tempo de bufón e de in-sensato, destinada polo autor a de-rramar sobre as máis tristes escenasun raio de alegría, a lle dar o seu for-te claro-escuro, a pór unha nota so-rrinte naquela grave sinfonía. Ao ou-vilo non sabe un dicirse, se debechorar ou rir, se ha de se queixar ounon, cando as súas palabras lixeirascomo o epigrama grego, e punzantes

como unha verdade desconsoladora,caen rápido sobre o noso corazóndeixando nel cravada a vivente frechada súa ironía. Da princesa… da prin-cesa dixemos pouco e esquecémolaaxiña: mais ao pronunciar o seu no-me, lembramos a Roswein, artista aquen o luxo e a fermosura embriaga-ron un momento. E digo un momen-to, porque o xenio pode pór o pé noabismo e deixarse tragar por el, maisiso, só de repente, cando os ollos ce-

gos para o perigo non o visen, candoa súa alma non se teña podido dar asi mesma a voz de alerta.

Carnioli achara o artista nas mon-tañas de Albania cando Roswein nonera outra cousa que un pobre pastorde ovellas, un rapacete bastante torpepara que, a pesar dos doces sons quearrincaba á súa frauta, deixasen de seafastar do seu carón e de esquecelo;porque nin atraía o gando, como ospastores das églogas, nin detiña os

IgnotusA. R. C.

Manuel Murguía

[Tradución de Diego Pardo Amado]

Cadro de Murguía conservado na Casa-Museo de Rosalía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 100

Page 101: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 101

Rosalía-Murguía | Dossier

viaxeiros que cruzaban polos salvaxese poéticos desfiladeiros albaneses.Precisábase un Carnioli, un monoma-niaco, que arrincase á miseria e ao es-quecemento, aquela perla cuberta deterra e abandonada no corazón dun-has montañas descoñecidas.

-Meu Deus! –díxenche cando fala-mos da verosemellanza e realidadedaquela primeira figura do drama-cantos xenios como Roswein se teránperdido, por non ter achado no seucamiño ninguén que os comprende-se, e soubese o que valían, e moitasveces porque eles mesmos non se co-ñecían sequera! – Tanto é iso certo,respondeches, que che vou contar oque presenciei en Santiago no tristí-simo inverno de 1853, ano fatal paraGaliza, en que a fame fixo baixar ásnosas cidades, como verdadeiras hor-das de salvaxes, homes que xamaispisaran as rúas dunha poboación,mulleres que non coñecían outroshorizontes que os que se estendíanperante as choupanas erguidas namáis afastada soidade: verdadeiroslobos que non abandonan o seu to-bo, senón nos días das grandes deso-lacións. Todos os días, novas horasde angustias traían ás nosas prazas erúas, bandas de infelices famentos,que de porta en porta, ían deman-

dando pan para os seus fillos mori-bundos, para as súas mulleres exte-nuadas pola miseria e o duro da esta-ción. Os seus xemidos chegaban aomáis fondo e conmovían os corazónsmáis insensíbeis. Era unha escena dedor que se renovaba a cada momen-to, unha ferida que o tempo ensan-chaba, recrudecía e facía insoportá-bel. Caían polos camiños, e nas rúasda cidade. Outros morrían na soidadeda súa casa deserta. Fai falta velo pa-ra saber o que era aquela multitude,sempre crecente, sempre famenta eescuálida, que, como as ondas domar, ruxía xordamente erguendo asmans en aceno de súplica, mostran-do desesperada as chagas que a cu-brían. Nin un anaco de pan para sesustentaren, nin un farrapo para cu-brírense, nin unha esperanza no seuceo para se animar e soportar o azou-te que a dezmaba. Repetíase a eternalección na nosa historia, e as herbasdos campos voltaban a servir de ali-mento á xente campesiña. A gran ca-ridade dos seus irmáns non era sufi-ciente. Aos que perdoaba a fame,dezmábaos a febre; aos que Deus da-ba forzas para resistir, non lles deixa-ba bágoas nos ollos para chorar asdiarias aflicións. Non sei como puidoresistir o noso país tan supremas do-

res. Fai falta pensar que este pobosufrido encerra tan gran dose deenerxía e de recursos que lle é permi-tida a seguridade de non sucumbirxamais ao dobre flaxelo da fame e dapeste: que é tan sensato, que sabesoportar as maiores desgrazas senque a ameaza veña aos seus labios.Porén, confeso que se durase máistempo todo, non sei o que vomitaríaaquel preñado de tempestades; o quedarían de si aqueles días sombrizos esen consolo posíbel. Queira o ceoque non volten a amañecer para Gali-za! porque estou seguro que acabadaxa a paciencia, se os indecisos che-gan a se arriscar, darán ao mundo unterríbel exemplo e dirán con dolorosaelocuencia do que son quen, candoestouran as cóleras dos pobos quesen se queixaren, sufriron tanto comoo noso. Asegúroche que é posíbeldescribir, con toda verdade, aquelesrostros descoñecidos, aqueles seresque falaban unha xerga1 inintelixíbel,até para os que falabamos galego.Comprendo desde aquela, o estuporda Europa romana, cando os bárba-ros se desbordaron sobre ela, igualque un río caudaloso saído da marxe.Traxes, costumes, fisonomías, modu-lación de voz, todo era novo para nós.As montañas de Galiza, ben o sabes,

A prensa da emigración estivo sempre atentaá figura de Rosalía e Murguía polo querepresentaban de recuperación da identidadee autoestima dos galegos

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 101

Page 102: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

102 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

son un deserto a onde non se cheganunca e do cal todo se ignora. Dixé-ronme que alí se garda en toda a súapureza os nosos antigos costumes, ecréoo: ouvín daquela cantos popula-res que daban a coñecer un pobo po-eta. Cantos cheos de sensíbel tenru-ra, descoñecida entre nós. Ouvín osseus aires ¡que música máis en con-sonancia coa letra! e que máis bendixese aos que saben sentir, de quelugares era orixinaria! Flotaba ao no-so arredor como o rumoreo da tarde,xemía como o vento que pasa por undesfiladeiro; tiña toda a frescura da-queles cumios cubertos de neve, eramisteriosamente sinxela, como oscostumes das xentes que as habita-ban. Que novos mundos se descubri-

ron ás miradas investigadoras quetodo o observaban, mídeno todo enada esquecen!... Aqueles días deloito serviron moito ao noso país:acostumárono a confiar menos naprovidencia, que sen ser menos xus-ta por iso, púxoa máis unha vez ábeira do sepulcro.

En tan amargos días achábameeu na miña casa, onde se reuniranalgúns amigos da familia, e falábasedaquela dos temores que se abriga-ban de que unha nova desgraza vi-ñese a facer maior a que estabamosa sufrir. Despois da fame, a peste asúa irmá xemelga, despois delas aemigración.

Sorprendeunos aquel día, candomáis enguedellados estabamos na

conversación, unha música estraña enunca ouvida. Os sons saían dun ins-trumento máis descoñecido que amesma música. Parecía unha frauta,mais os seus acentos eran máis apa-gados, non parecían modulados porun ser humano. Escoitamos todos;era aquilo un verdadeiro tesouro deinspiración. Notas arxentinas, caen-do como perlas sobre un escudo demetal sonoro, vibraban, estendíanse,semellaban o vento a xemer entre aspólas, ondas que batían contra as ro-chas en solitario lugar, paxaros quecruzaban polo oculto dun bosqueque non pisa pé humano. Músicaideal, fresca, nova, que tomaba assúas imaxes da natureza, mais dunhanatureza virxe e descoñecida paranós. Asomamos á xanela, porque osestraños sons viñan da rúa, mais arúa estaba deserta; ollamos as xane-las das casas de enfrente, mais esta-ban abertos e baleiros os cuartos.Voltamos a escoitar e desta volta cri-mos que a música soaba dentro danosa mesma casa: novas e inútilesinvestigacións case nos fixeron des-istir do empeño de achar o misterio-so modulador de tan sublimes can-tos. Houbo un momento en que nosdixemos. –É forzoso saber de ondeveñen tan harmoniosos sons!

E asomámonos á xanela. A rúaestaba deserta, só un neno farrapen-to, un aldeaniño de quen ninguén fa-cía caso, acurrunchado ao pé da nosaporta, tendía a sucia man aos transe-úntes. Non dicía unha palabra, pare-cía faltarlle a un tempo a vontade e avoz para demandar a esmola, no no-me daquel que tanto ama as súascriaturas.

Non sei quen dixo: -Será ese neno?Estas palabras chamaron ao meu

corazón dunha maneira tal que medixen: -Si, ese é!

Deixei a sala, baixei sorrindo eachegueime ao pobre neno, e tocán-dolle no ombro pregunteille. –Quefas aí?

O pobriño volveu a cabeza e fi-toume cos seus grandes ollos. Xa-mais esquecerei a expresión de estra-

Fai falta pensar que este pobo sufrido encerra tangran dose de enerxía e de recursos que lle épermitida a seguridade de non sucumbir xamaisao dobre flaxelo da fame e da peste

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 102

Page 103: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 103

o que lle daba un verdadeiro aspectosalvaxe, -e non creas que exaxeroeran os seus cabelos encrispados co-mo as púas dun porco espiño. Pobreneno!

Vestido xa coa roupa que lle de-mos, e o que era mellor para el, re-posto algún tanto o seu estómago, fi-xémolo asubiar, cousa doada para oinocente, cando iso era o seu oficio.Daquela foi cando voltamos ouviraquela música nunca ouvida que tan-to nos sorprendera, aqueles sons do-císimos que non criamos puidesensaír de semellantes labios. Que no-tas! Que ritornellos! Que vibracións!aseguro que non ouvín xamais cousaparecida. Os aires máis populares donoso país tiñan dobre encanto ouvín-dollos a el. Os das súas montañas,eran melodías fresquísimas, que a uncorazón sensíbel, levábano, atento,comprimido, anhelante, dun lado aooutro seguindo as ondulacións docanto.

Mais o que nos conmoveu fonda-mente, o que fixo sentir algo máisque a compaixón que inspiraba aquelpobre aldeaniño, foi, cando esque-cendo todo, o sitio e a ocasión, cren-do acharse nas súas soidades, soñan-do con elas talvez, tivo un momentode inspiración e deixou ouvir as igno-tas e melancólicas harmonías. Nadahabía nelas que lembrase outros mo-tivos, era unha música nova, un ver-dadeiro tesouro de agarimo, de va-guidade, de tristeza. Así a deberancompor as súas primeiras melodíasos primeiros músicos de todos os po-bos! Que sinxeleza! Canta poesía na-quelas notas soltadas ao acaso poraquel paxaro errante que unha vez fó-ra do niño, soña con el e deixa fuxir oseu queixume, a súa pregaria, o seucántico de amor, para que o homenon o esqueza xamais.

-Estas son cousas que eu fago!Respondeu sinxelamente aos quepasmados de ouvilo, preguntábanllequen lle aprendera todo aquilo. Asídebeu de responder Zurbarán, candoera pastor aos que lle fixeron igualpregunta ao ver os seus debuxos.

Rosalía-Murguía | Dossier

ñeza e de ansiedade que se reflectiuna súa mirada. Apenas puido erguer-se, e murmurou, mellor dito berroualgunhas palabras das cales só en-tendín, pan, nai, Deus. Santa Trindadeen quen o desventurado puxera todaa súa esperanza.

Collino da man e subín con el,máis contento que se acabase de ato-par un tesouro. Metino na cociña, fí-xeno tomar algúns alimentos, e aquelpobre neno sentiu que a vida voltabaa animalo.

-De onde es? pregunteille. -Da montaña,-respondeume.-Quen te trouxo aquí, meu fillo?-Ninguén! Morreu miña nai que

andaba a pedir2 e nós viñemos porquena aldea ninguén nos daba.

Díxome despois que tiña un ir-mán que menos idade ca el; desgra-zados nenos, fillos da miseria, queamargamente mercan as vosas nais opracer da maternidade!

-Que facías á porta?-Nada!-Non pedías?-Non señora. Púxenme a asubiar

como facía na montaña para que nosdesen pan. Mais ninguén se achegoua min. Tiña fame e sono e non pui-den seguir asubiando: non me da-ban nada… E os ollos daquel infelizasolagáronse de bágoas. –Tiña me-do, lembrábame de miña nai, prose-guiu…

Eu non puiden resistir a tan sin-xela expresión de dor, e chorei ta-mén. Aquelas palabras, triste queixadun inocente e dun desamparado,

caeron sobre o meu corazón comopingas de lume.

Presenciei despois escenas con-movedoras, en que o sufrimento eratan grande que parecía que o corazónía estourar en mil anacos, mais esesufrimento só trouxo á miña alma omedo, nunca aquela doce simpatía,aquela santa compaixón e vaga tris-teza que se apoderou da miña alma ávista daquel infeliz… Apenas se osfarrapos cubrían as súas carnes quei-madas pola intemperie,… mais dixenmal as súas carnes, cando el na reali-dade non era máis que un esqueleto,cuberto con algo que o fixese menosrepugnante á vista.

Cando entrei na sala, todas asolladas se dirixiron cara a min comoa preguntar:

-Que é iso?-Aquí está señores, dixen daque-

la, o músico sublime a quen hai pou-co desexaban coñecer.

E erguéronse e arrodeárono e fi-xéronlle mil preguntas, e o que foipara el máis axeitado apresuráronsea deixar na súa manciña, algunhasmoedas de cobre que poucas vecesvira xuntas e outras de prata que nonvira nunca. Foi para el a mellor colec-ta da súa vida; estou seguro que nonvolveu ter outra igual na vida.

Era preciso velo para saber ossentimentos que podía inspirar. Asúa figura traía o riso aos labios a pe-sar da gran compaixón que a súa soavista facía nacer nas nosas almas. Erapequeno, fraco, a cabeza máis desen-volvida do debido, a mirada inteli-xente, viva aínda que envurullada porun non se sabe que de precoz queafundira nas súas órbitas os grandesollos negros que tanta expresión da-ban ao seu rostro. O nariz era fino eben delineado, a boca grande, páli-dos os labios, a cor indefiníbel. Mais

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 103

Page 104: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

104 terra e tempo xullo-decembro 2008

E porén, estrañáronse da súaresposta, ollándose os uns aos ou-tros, como quen pide permiso paracrer nas palabras daquel neno, quedescoñecía a gloria do xenio e a ne-cidade dos que queren pasar por ta-les. Eu pola miña banda nondubidei, era demasiado neno e de-masiado salvaxe, para coñecer a vai-dade. Ficaba porén unha dúbida namiña alma.

-Será un inspirado, díxenme, ví-ronse tantos que empezaron destexeito!

E para me asegurar separeime doseu carón e collendo unha guitarrainglesa que tiña ao lado preludiei afermosísima barcarola da Estranxei-ra. Naquel instrumento máis sonoroque a nosa guitarra, as notas parecí-an vibrar sobre a auga adquirindo asídobre flexión e por tanto maior har-monía e encanto. Ao escoitar as pri-meiras notas, o salvaxe rapazestremeceuse como asombrado, bus-cando coa vista o que tocaba, e ven-do que era eu púxose resoltamentecabo de min, sen que o detivese o re-ceo do sitio e das xentes entre quense achaba. Escoitando atento e convisíbel emoción, mirábame cos seusgrandes ollos, e parecía dicirse algo asi mesmo, caéndolle as bágoas unha

a unha, ao longo das súas descarna-das meixelas.

Ah! Suspirei entón, este neno éun verdadeiro músico!3 E para meconvencer máis puxen sobre o sofá aguitarra e fixen aceno a todos paraque o deixasen só.

Saímos e el ficou na sala. Ben axi-ña vímolo ollar atentamente pero senatreverse a pór sobre ela as súasmans, aquela caixa sonora onde aca-baban de resoar os conmovedoressons, despois feriu de golpe as cor-das e lanzaron estas o seu longoqueixume. Un movemento nerviosoaxitou os seus músculos, as bágoassaían dos seus ollos máis abundan-tes e cando a última onda sonora seapagou e ficou todo en silencio, vol-tou a ferir unha corda. Vibrou esta, unson longo e cadencioso deixouse ou-vir, o salvaxe artista escoitou atenta-mente, e despois voltou a ferir outracorda e tornou a escoitar e así bas-tante tempo.

A miña proba era segura, paramin aquel aldeán era un verdadeiromúsico.

Houbo entre os circundantesquen falou de que semellante tesou-ro non debía perderse, que debía fi-car na cidade e aprenderlle que sei eucantas cousas máis!... O único quesei é que ao saír da miña casa xa seesqueceran.

Só nós lle dixemos:-Virás xantar aquí todos os días.E voltou, mais estou tentado a

crer que non tanto na procura de ali-mento, como para ouvir aquelas es-trañas melodías que tanto o encanta-ran. Porque entre todas nós, a minera a quen procuraba e prefería. Émeimposíbel lembrar agora as palabrase as súplicas con que me rogaba quetocase, nin a atención con que escoi-taba, nin a fidelidade con que garda-ba na súa memoria a música que llefaciamos ouvir; só lembro que téndo-lle preguntado nunha ocasión a quenquería máis de todas nós, respondeusen vacilar que a min. Excusado serádicir o porqué da súa predilección.

Unha mañá veunos dicir, adeus!

Non sei que vaga tristeza se apo-derou da miña alma, pois todo me di-cía que era a última vez que o vía.Non dubidei un momento de queaquel xenio inculto, que arreboladopolas ondas, chegara unha vez ás ri-beiras do mundo, se perdía para sem-pre, o día en que voltase ao seu mar,ás súas montañas, ao seu esquece-mento eterno.

Queres saber a onde ía co seu ir-mán cativo, aquela alma poética,aquel artista vagabundo?

A apañar espigas, como Ruth, nocampo do rico!... �

1 O Sr. D. Xoán Manuel Pintos, que mere-

cía, polos seus grandes coñecementos,

ser o autor, do noso descoñecido Diccio-

nario gallego, confesábame, que xamais fi-

xera maior acopio de voces que naquel

tristísimo ano da fame. Se esta ocasión ti-

vese sido aproveitada para coñecer o no-

so Folk-lore, seguramente que teriamos

hoxe podido presentar á consideración

de todos, un pasado poético, superior

até ao dos mesmo pobos que pasan por

poéticos por excelencia.2 Frase peculiar con que os mendigos das

nosas catro provincias dan a entender

que viven de esmola.3 Non é este de quen falamos, o único mú-

sico, que puidera chamarse inculto, que

produciu Galiza. En Santiago, cuxo cabi-

do custea unha cátedra de música, vive

talvez a estas horas, mais de todos mo-

dos vivía cara a 1880, un rapaz como de

catorce anos de idade, cuxa graza e sen-

timento para o canto e cuxo volume de

voz era tal que chamaba grandemente a

atención de cantos o ouvían. Por se vive

aínda en dita cidade, direi que por aquel

tempo tiña a súa cova na rúa dos Lagar-

tos, e que daquela coidaba dos cabalos

dos coches, na Tenencia. Os soldados

dábanlle do seu rancho e os rapazotes

da súa idade do pan que tiñan, para que

cantase. Non se dirá que falta ao pobo o

instinto da arte e que non gosta das sú-

as dozuras. Lémbrense os principios de

Gayarre, de Uetan, e no noso mesmo pa-

ís os da Cepeda, e pénsese no que pui-

dera chegar a ser o rapaz compostelán

de quen falamos.

Dossier | Rosalía-Murguía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 104

Page 105: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 105

Rosalía-Murguía | Dossier

1. Que a poeta galega Rosalía deCastro (1837-1885) foi a máis precla-ra figura da poesía en lingua galegaata os nosos días, e, a carón da cu-bana Gertrudis Gómez de Avellanadae da estremeña Carolina Coronado,cima da poesía feminina do séculoXIX en lingua española, é cousa quexa ninguén discute. As incontábeisedicións que das súas obras poéticasfundamentais, tanto en galego (Can-tares gallegos, 1863; Follas novas, 1880)como en castelán (En las orillas del Sar,1884), ou das súas novelas, ou doconxunto da súa escrita, seguen a vera luz un ano tras outro son testemu-ña incontestábel da pervivencia deRosalía, con independencia do seuinmenso significado como represen-tante exemplar e guieiro ideal de to-do un pobo, a nación galega, dende oseu tempo até hoxe en día.

Rosalía segue interesando, apro-ximadamente un século e mediodespois da xestación e publicacióndas súas obras. Segue a ser lida, esegue a engaiolar as mentes. No en-tanto esa lectura debe facerse á luzdos moitos avances que a investiga-ción sobre ela experimentou nos úl-timos cincuenta anos. Nese tempofoise superando a famosa queixa, re-petida unha e mil veces, de que nonposuímos unha biografía fiábel daescritora, debido por riba de todo áexistencia de grandes lagoas de in-formación, que se refiren entre ou-tros aspectos á nenez de Rosalía, cer-tos pormenores da súa mocidade,vicisitudes dos primeiros tempos dematrimonio, natureza e cronoloxíadas múltiples e diferentes enfermi-dades que poboan a súa existencia,penurias económicas do seu lar. Moi-tas destas lagoas na información de-ron pé, por moitos anos, a teoríasmáis ou menos verosímiles, e máisou menos importantes, que van den-de os momentos en que se especula-ba encol da data auténtica do nace-mento de Rosalía, da identidade deseu pai, un crego, do número e donome dos fillos e das fillas que tivo,etc. Non é preciso lembrar que son

moitos os aspectos que agora pode-mos coñecer con seguridade, sobretodo grazas á procura e descubri-mento de documentos orixinais porparte dunha serie de fervorosos e fer-vorosas rosalianistas, cuxos nomes etítulos aparecen sempre en publica-cións da nosa autoría sobre Rosalíade Castro, porque a honestidade nainvestigación sempre nos pareceuunha norma primordial e inescusá-bel; pero aquí só recordaremos tales

nomes en casos imprescindibles, porrazóns de espazo.

Imos presentar e comentar so-mente unha pequena selección dedatos novos, coñecidos nestes últi-mos anos, e que proceden da investi-gación que vimos facendo en colabo-ración dende hai máis de trinta anos,e, por suposto, tamén da realizadapor outros colegas. De nosa colleitalembraremos, polo seu carácter xeral,os tres longos volumes bibliográficos

Para lermos axeitadamente a Rosalía no terceiromilenio

Aurora López e Andrés Pociña

Universidade de Granada

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 105

Page 106: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

106 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

Rosalía de Castro. Documentación biográ-fica y bibliografía crítica (1837-1990)1, anosa edición crítica, a primeira eúnica até o presente, da súa Poesíagalega completa2, e de forma especial onoso libro Rosalía de Castro. Estudiossobre a vida e a obra3. Das achegasdoutros salientaremos de momento,como esencial, a publicación dosdous primeiros volumes das Cartasde Murguía, editados por X. R. Barrei-ro, actual Presidente da AcademiaGalega, e X. L. Axeitos4, investigadore Académico: nelas atopamos, a mi-údo por primeira vez, cantidade dedatos sobre a vida de Rosalía e asúa familia, acontecementos priva-dos, publicación das súas obras,opinións de personalidades con-temporáneas, etc. As contribuciónsdeste material deben obrigarnos adesmentir, a cambiar, a matizar, ve-llas afirmacións sobre a vida e a per-soa Rosalía, que axudarán paraconstruírmos unha imaxe máis au-téntica da muller e da escritora e pa-ra modificar en aspectos fundamen-tais a interpretación da súa escrita.

2. Con relación á sempre chea deinterrogantes, problemática e contro-vertida nenez de Rosalía, contamosagora cun dato fundamental, descu-berto hai só dez años e aínda non su-ficientemente divulgado, que pode-mos resumir dicindo que en data de17 de setembro de 1842, cando Rosa-lía era unha meniña de só cinco anos,vivía xa coa súa nai, dona Teresa deCastro y Abadía, na vila de Padrón.

Este precioso dato foi descubertonun rexistro de poboación do Conce-llo de Padrón, no ano 1996, por Ma-nuel Pérez Grueiro, bibliotecario doConcello de Neda (A Coruña); alí apa-rece rexistrada como residente en Pa-drón unha unidade familiar compos-ta por estas tres mulleres: Dª Teresade Castro, a súa filla Rosalía de Cas-tro (sic), e a criada María Martínez; in-dícase tamén que o estado civil deDona Teresa é o de solteira, e queconta 36 anos de idade.

Daquela é obrigatorio corrixir oerror tradicional de afirmar como ver-dade incontrovertíbel que a meniña,despois de ser bautizada no Hospitaldos Reis Católicos de Santiago, na-quel tempo hospicio da cidade com-postelá, pasara ao coidado da familiado seu pai, criándose en Ortoño, atéque anos despois, en data imprecisa,se fixera cargo dela a súa nai. Sabe-mos agora con absoluta seguridade esen discusión posíbel que ós cincoanos vivía Rosalía xa coa súa nai, queprobablemente nin sequera chegou asepararse da pequena; e coa mesmaseguridade é falso que Dona Teresanon a recoñecera como filla e non alevara a vivir con ela até os dez, doceou máis anos de idade, como decotese dicía e se escribía. Este error sobrea nenez de Rosalía, sobre a supostacovardía e dureza da súa nai (quecontrastaba tanto co inmenso cariñoque lle profesaba a poeta, posto demanifesto, por exemplo, no libriñopoético A mi madre, publicado no 1863con motivo do pasamento de dona

Teresa), e sobre supostos traumas in-fantís derivados da privación de pai ede nai durante a maior parte da in-fancia, son moeda corrente nas bio-grafías sobre Rosalía, e mesmo enpublicacións recentes, xa que logomoi posteriores ao importantísimodescubrimento de que falamos, cou-sa absolutamente inadmisíbel.

Deste modo, tocante á nenez deRosalía segue vixente o serio proble-ma de ser filla de solteira, e para col-mo froito dunhas relacións cun crego,mais de ningunha maneira filla dun-ha nai inhumana, que por vergonza ecovardía a abandonaría nos anos de-cisivos da nenez. Moi ao contrario:aos cinco anos vivía Rosalía coa súanai, que a fai constar como filla au-téntica no padrón do Concello de Pa-drón, e coa súa filla, aínda moi nova,muda dona Teresa a súa residencia aSantiago, quizais coa razón funda-mental de que a nena poda recibirunha educación axeitada, moi supe-rior á que naqueles tempos era nor-mal nunha muller, mesmo de familiafidalga. Moitas afirmacións sobre ocarácter de Rosalía e aspectos da súaescrita deben corrixirse á luz destesdatos.

3. Até hai pouco, sabiamos dagran afición de Rosalía polo teatro,posta de manifesto por algunhas ac-tuacións dramáticas súas, xa dendemoi nova. En 1916, no seu Discurso deingreso en la Real Academia Española, queversou sobre a nosa escritora, Augus-to González Besada escribía (segun-do a tradución de María Pilar GarcíaNegro): “Deron-lle unha educaciónmoi superior á que se costumaba darás xovens do seu tempo, ainda ás denobre estirpe e posición moi folgada,e ela, esta educación. permitiu-lle, enidade moi temperá, coñecer correcta-mente o francés, debuxar con facili-dade, tocar o piano e a guitarra e can-tar con afinación. É fama que aosquince anos fixo parte nunha funciónteatral, que, para fins benéficos, orga-nizou a Sociedade “Liceo de Santia-go”, e aos dezasete interpretou o pa-

Casa museo de Rosalía de Castro

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 106

Page 107: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 107

Rosalía-Murguía | Dossier

pel de protagonista da Rosmunda, deGil y Zárate, arrebatando ao público,que lle botou frores e pombas”5.

Ademais das dúas representa-cións aludidas, tiñamos moi ben do-cumentada6 unha famosa actuaciónde Rosalía, no ano 1860, un ano e tresmeses despois da voda con ManuelMurguía e cando Alejandra, a primei-ra filla da parella, tiña tan só sete me-ses de idade. Foi en Santiago, o 31 dexaneiro, actuando Rosalía no dramahistórico Antonio de Leiva, de Juan deAriza, representado a prol dos feridosen África. O xornal La Joven Galicia deSantiago, do día 5 de febreiro, relata-ba acontecementoo deste xeito: “Laautora de ‘La Hija del Mar’, la notableescritora gallega ha dado en la nochedel martes una cumplida prueba desu talento artístico que el público hasabido apreciar con repetidos aplau-sos, llamándola al final al foro a don-de se le arrojaron palomas, coronas yle leyeron un bellísimo soneto del jo-ven señor Paz y una composición delseñor Seijas que fue unánimementeaplaudida. Leyéronse también unanotable composición del señor Cas-tro Pita, que se repartió impresa, yotra del señor Alonso”. Aínda pode-mos ver agora o Programa da repre-sentación (por exemplo, na Bibliote-ca da Fundación Penzol en Vigo).

Até o ano 2000, isto era canto sesabía sobre as actuacións teatrais deRosalía. No entanto, nesa data, unestupendo descubrimento realizadopola investigadora María Victoria Ál-varez7, deu á luz o dato importantísi-

mo de diversas actuacións de Rosa-lía, situadas en datas imprecisas,mais dentro do bienio 1855-1856: enE. H., comedia nun acto, adaptada aescena española por Mariano Pina;queda a dúbida se Rosalía fixo o pa-pel de doña Casta ou o de Luisa; en¡¡Vaya un par!!, comedia nun acto,adaptada do francés por Manuel Gar-cía y González; a poeta desempeñouo papel de Luisa, único personaxe fe-minino da obra; en Un par de alhajas,comedia nun acto, de Enrique de Cis-neros, deu vida ao personaxe da pro-tagonista, doña Petra; en Un dóminecomo hay pocos, comedia nun acto,adaptada por Juan del Peral; Rosalíafixo o papel de Julia de Mendoza; enEl preceptor y su mujer, comedia endous actos, adaptada do francés porLuis Olona; Rosalía interpretou o pa-pel de Clara; en La verdad en el espejo,comedia en tres actos e en verso, deAntonio Hurtado; Rosalía encarnou aprotagonista, doña Isabel de Velasco.Daquela, na actualidade, sen necesi-dade de supor nada nin facer arrisca-das conxecturas, sabemos que Rosa-lía non só amaba o teatro, senón quesubiu moitas veces ós escenarioscando era nova; sabemos, tamén, daestupenda acollida das súas interpre-tacións polo público.

Isto lévanos a unha conxecturade moito interese biográfico: segun-do é sabido, no mes de abril de 1856Rosalía marchaba para Madrid, ondeía vivir na casa da súa parente donaJosefa Carmen García Lugín y Castro,na rúa da Ballesta, número 13, baixo,perto do actual edificio da Telefónica.Algunhas veces pensárase que qui-zais Rosalía fora a Madrid coa inten-ción de probar fortuna no teatro co-mo actriz. Agora pensamos con maiorrazón que é moi posíbel. É certo quenon era unha profesión axeitada paraunha rapaza de boa familia, de castafidalga para sermos precisos exactos;mais cómpre non esquecer que Rosa-lía foi sempre unha adiantada defronte ás normas do seu tempo.

De todas as maneiras, malia nonconservarmos obra teatral escrita por

Rosalía, a súa habelencia para a ex-presión en diálogo, tanto na obra enverso como en prosa, cadra moi bennunha escritora que, como sabemosagora con toda seguridade, amabaprofundamente o teatro, e a miúdosubiu aos escenarios como intérprete.

4. Tocante á formación cultural deRosalía de Castro, resulta claro que éasunto de enorme transcendencia,sobre todo dende que, xa ao poucodo seu pasamento en 1885, comezoua desfigurarse a súa imaxe auténtica,que sempre resultou politicamenteperigosa, para convertela na “santi-ña”, na cantora inspirada das belezasde Galicia, na mulleriña puro senti-mento e pouca formación, que escri-bía insuperábeis poemas só por puraintuición e inspiración divina, etc.Belezas deste teor escribíronse enmoitas biografías e ensaios sobre Ro-salía; o peor e que aínda seguen es-cribíndose, mesmo en publicaciónsde data moi recente.

No ano 1959, aparece en Lugo unlibriño, Contribución ao estudo das fontesliterarias de Rosalía, que era o Discursode ingreso na Real Academia Galega,lido o día 17 de maio de 1958, pordon Ricardo Carballo Calero8, o mei-rande investigador de Rosalía de to-dos os tempos. O insigne profesor es-tuda e rastrexa na escrita da nosapoeta a pegada das súas lecturasdestes autores: Espronceda, Aguirre,Murguía, Trueba, Camoens, Heine,Bécquer, Campoamor, Selgas, Hoff-mann, Ros de Olano, Byron, Lérmon-tov, Poe, George Sand, Díaz Corbelle,Ferrán, Ruiz Aguilera, e aínda algúnsmáis. Daquela, despois do documen-tadísimo Discurso de Carballo Caleroe despois da súa publicación, nin-guén que tivese, ou que teña, un chis-co de sentidiño podía ou pode seguirfalando da incultura de Rosalía.

Xa naquelas datas sostiña Carba-llo Calero, moito antes de ser achadoo documento sobre a nenez de Rosa-lía que antes comentamos: “Hai unintre en que dona María Tereixa daCruz de Castro e Abadía asume púbri-

La hija del mar, primeira novela en Castelán

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 107

Page 108: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

108 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

ca e valerosamente os seus deberesde nai, e Rosalía reside en Santiago.Bouza Brey cree que denantes de1852 debéu de comenzar a recibireducación en Compostela, e sospeitaque durante a súa estancia nisa cida-de poido frecuentar as aulas da So-ciedad Económica de Amigos del Pa-ís, que sustentaba, con moitasoutras, cadeiras de música e deseño.En 1853 Rosalía sabía tanxer a guita-rra, segundo a testemoia de Murguía,e amosaba grande interés pola músi-ca. Sabemos tamén que deseñaba,afeición que trasmitiu aos seus fillosAleixandra e Ovidio. Rosalía frecuen-ta o Liceo de San Agustín, onde se re-laciona con Aurelio Aguirre, EduardoPondal, Luis Rodríguez Seoane, e, se-gundo iste derradeiro, co propio Ma-nuel Murguía [...]. Se é verdade queescribía versos dende os oito ou osonce anos, é natural que continuaraescribíndoos ininterrumpidamente”9.

Daquela non a menor dúbida so-bre a gran cultura de Rosalía, seme-llante á dos escritores-homes do seutempo e, dende logo, moito máisgrande do que era normal nunha mu-ller do século XIX. Isto que estamos adicir xa se sabía a mediados do sécu-lo XX, e que algunha xente persistaen escribir que Rosalía era unha po-

bre aldeá de escasas letras, mais deinmensa inspiración, produce vergo-ña e rabia.

Agora dispomos, ademais dotestemuño principal sobre a súa cul-tura que é o conxunto da súa escri-ta, de moitos datos que amosan orespecto que espertaban nos tem-pos de Rosalía as súas obras, a súacultura, a súa autoridade literaria.Proceden en boa parte das Cartas aMurguía de que falamos antes, sobretodo do volume II, que comprendeas cartas correspondentes aos anos1868 a 1885.

Dende sempre sabiamos que omáis culto dos tres grandes poetasdo Rexurdimento da literatura gale-ga, Eduardo Pondal, tiña verdadeiradevoción pola persoa e pola obra deRosalía. En Cartas a Murguía atopa-mos varias dirixidas por Pondal a Ro-salía e ao seu home nas que o bardobergantiñán confesa o respecto e ad-miración que sente pola autoridadeliteraria de Rosalía. Recordaremos sódúas mostras:

Carta do 31 de marzo de 1864(Pondal a Rosalía): “Por lo demás,mucho deseo que U. siga buena, cu-rada completamente de sus antiguosmales, para que U. pueda ser feliz ydedicarse a trabajar en nuevas pro-

ducciones; pues por lo que a mí toca(y mi juicio valdrá poco), doy a U. elprimer lugar entre los jóvenes galle-gos que se dedican a la literatura ytambién entre la mayor parte de loshombres que en nuestro país se dedi-can a ella. Si está pues buena, y no lehace daño, trabaje, y denos a leerbuenas cosas”10

Carta do 18 de maio de 1884, pou-co despois de publicarse En las orillasdel Sar (Pondal a Rosalía): “Mi muyestimada y distinguida amiga: ávida-mente, y con un placer indecible, heleído las estrofas de su última colec-ción poética, En las orillas del Sar. /Excuso decir a V. que todas, todas,me parecieron muy bellas; y auncuando sus brillantes trabajos ante-riores no vinieran en su abono, el queahora nos presenta, bastaría por sísolo a manifestarla, no como poetisa,sino como poeta insigne. / Da a V.,pues, su mas cumplida enhorabuenay las más expresivas gracias por su fi-na atención este su sincero amigo”11.

Desta consideración tan devotade Pondal, pasamos á expresada pordúas mulleres moi significativas nopanorama cultural español do séculoXIX. A primeira delas é nada menosque Pilar Sinués de Marco (1835-1893), escritora que ten o mérito, re-levante sobre todo para o seu tempo,de dirixir a famosa revista El Ángel delHogar, publicada en Madrid. Véxasecon canto interese pide a Murguíaque interceda ante Rosalía para quelle mande unha colaboración para asúa revista, en carta do 18 de marzode 1866: “Terminado ya este asunto,quiero pedir a U. el favor de que meenvíe alguna cosa para El Angel, y se-rá doblada la merced si la acompañaalguna otra de su apreciable Sra., cu-yo talento he admirado siempre quehe visto alguno de sus libros y tiernaspoesías: suplico a U. ofrezca mi con-sideración y amistad e interpongasus buenos oficios para que favorezcaalguna vez mi pobre semanario, queenviaré a Ustedes”12.

A outra muller importante á quealudimos é Emilia Serrano, Baronesa

Dende sempre sabiamos que o máis culto dos tresgrandes poetas do Rexurdimento da literaturagalega, Eduardo Pondal, tiña verdadeira devociónpola persoa e pola obra de Rosalía

Rosalía segue a ser un punto de referencia central da nosa cultura

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 108

Page 109: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 109

Rosalía-Murguía | Dossier

de Wilson (1845-1922), escritora e un-ha das mulleres máis destacadas doseu tempo no eido cultural e político.Nunha carta a Murguía do 20 de mar-zo de1867, loaba deste xeito os Canta-res gallegos de Rosalía: “He tenido oca-sión de leer algunas entregas de sunotable Historia de Galicia y tambiénen Lugo, tuve un gran placer en leerlos cantares gallegos de su esposa, enlos cuales y en particular en su intro-ducción, hay mucho amor a su país ynobles y elevados pensamientos”13.

Poderíamos seguir moito tempoamosando casos de escritores e ho-mes famosos na vida cultural galega eespañola do século XIX que gaban aRosalía como muller esencial na lite-ratura e na cultura daquel tempo. Nontemos o espacio preciso, mais lembra-remos dúas testemuñas ignoradas ataagora, que corresponden aos cultospais de dúas figuras primordiais da li-teratura española, Ramón del Valle-In-clán e Antonio Machado.

Entre xuño e xullo de 1867 apare-ce en Lugo a mellor das novelas deRosalía, El caballero de las botas azules,na que a escritora brilla como exce-lente coñecedora e crítica da socieda-de española non galega e do Madriddo seu tempo. Aa novela supuxo unavanzo moi importante da narrativaespañola do século XIX, e agora, cadavez máis, acada eloxios nos estudiosde historia da literatura, malia quesegue a ser unha obra de lectura nonsempre comprendida. Por eso, resul-ta moi sorprendente a loanza que lletributa, medio ano despois de publi-cada, Ramón del Valle Bermúdez, opai de Valle-Inclán, nunha carta aMurguía do 24 de xaneiro de 1868;nela, con moito tino, supón que a no-vela vai resultar polémica: “Mi muyquerido amigo: al acabar de leer ayernoche la interesante novela El caballe-ro de las botas azules, que no había teni-do el gusto de ver antes porque se-pultado en este destierro he ignoradomucho tiempo esa publicación, habíaformado el propósito de escribir a U.hoy, [...] tenga la bondad de felicitar asu Sra. por el excelente libro que aca-

ba de publicar. Ignoro cual pueda serla acogida que halle en el público ycual fuese el juicio que de él hubie-sen hecho los críticos, lo que importamuy poco tratándose de expresar laimpresión que he sentido al leerlo,en lo que por lo demás no hubieraninfluido aquellas circunstancias nipoco ni mucho; pero creo que si nome ciega el afecto o no soy muy ne-gado, ese libro tiene que alcanzar unéxito extraordinario”14.

Doutra parte, no volume II dasCartas a Murguía temos estupendasmostras da gran amizade epistolarque manteñen Manuel Murguía e An-tonio Machado Álvarez, pai do famo-so poeta homónimo. Desas cartaslembraremos só unha, do 20 de abrilde 1881, escrita en Sevilla, que reflic-te a súa crítica positiva do meirandelibro poético de Rosalía, Follas novas,aos poucos meses de ser publicado:“Recibí a su tiempo su larga y afec-tuosa e instructiva carta y bastantedespués el magnífico libro Follas novasque hice anunciar repetidas veces enla Enciclopedia y que trasladé a undistinguido literato amigo mío paraque hiciese un extenso juicio de ella,siendo esta la hora en que ni ha he-cho el juicio ni fuera devuelto el libro.Dé U. en mi nombre un millón de gra-cias a su Sra. y pídale un millón deperdones por mi falta de energía deno haber arrancado el libro de miamigo y haber hecho yo su crítica,aunque fuera más desautorizada”15.

Rematamos este aspecto, anquepagaría a pena falar moito máis del,

pois non debe aturarse tantas inexac-titudes e parvadas que seguen a di-cirse con relación á cultura de Rosa-lía. A este propósito, preguntamosaos que dubidan dela e, cousa aíndapeor, atrévense a dicilo por escrito:¿que figura literaria “inculta”, do sé-culo XIX, colabora, ou é obxecto derecensións eloxiosas, xa en vida, entantas revistas literarias e culturaiscomo o foi Rosalía? Velaí senón a lis-ta cronolóxica das revistas nas quepublicou, ou que falaron dela e dasúa obra: La Discusión (Madrid), El Mu-seo Universal (Madrid), La Iberia (Ma-drid), Galicia (Madrid), El Contemporá-neo (Madrid), El Avisador. Diarioindependiente (A Coruña), La SoberaníaNacional (Madrid), El Angel del Hogar(Madrid), Revista de España (Madrid),Lo Gay Saber (Barcelona), El Correo deGalicia (editado en Ourense), RevistaGalaica (O Ferrol), El Heraldo Gallego(Ourense), La Renaixensa (Barcelona),La Ilustración Gallega y Asturiana (Ma-drid), Revista de Galicia (Santiago), Farode Vigo (Vigo), Gaceta de Madrid (Ma-drid), Gaceta de Galicia (Santiago), LaIllustració Catalana (Barcelona), La Vozde Galicia (Montevideo), Los Lunes delImparcial (Madrid), La Nación Española(Buenos Aires), Época (Madrid), ElPorvenir. Diario democrático-progresista(Madrid), e, por último, a revista ita-liana La Rassegna Nazionale (Firenze),que publicou o 1 de xullo de 1885 un-ha noticia moi gabanciosa de En lasorillas del Sar, que chegou á casa deRosalía, en Padrón, o mesmo día doseu pasamento, segundo relata Ma-nuel Murguía.

5. No ano 1985 celebrouse o Cen-tenario da morte de Rosalía cunhaserie de homenaxes, entre os que bri-llou de modo especial o “CongresoInternacional sobre Rosalía de Castroe o seu tempo”, tido os días 15 a 20de xullo en Santiago de Compostelae outras cidades galegas; as Actas deCongreso, publicadas en tres volumes,quedan como testemuño imperece-doiro da importancia daquel aconte-cemento, e como xoia da bibliografía

Pondal escribindo a última estrofa dos Eoas.Sinala a revista na que sae a foto a curiosidadede que este autor escribía de pé as súascomposicións poéticas

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 109

Page 110: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

110 terra e tempo xullo-decembro 2008

ción desta estrofa ía outra que resul-taba absolutamente crítica da situa-ción social do pobo galego. Dicía así:

Por xiadas, por caloresDesde qu’amañece ó diaDou á terra os meus sudores,Mais canto esa terra criaTodo... todo é dos señores.Sirva como exemplo e testemuño

da moita e profunda denuncia socialque hai non só en Follas novas e En lasorillas del Sar, mais tamén en Cantaresgallegos, que, non obstante, acostumapresentarse como un libro meramen-te folclórico. En tan supostamentefolclórico libro atópase a declaraciónnacionalista más grande e máis sen-tida que se escribiu nas poesía gale-ga do século XIX:

Probe Galicia, non debesChamarte nunca española,Qu’España de ti s’olvidaCando eres ¡ay! tan hermosa.Cal si na infamia naceras,Torpe, de ti s’avergonza,Y á nay qu’un fillo despreçaNay sin coraçon se noma...Veñamos agora aos nosos días.

Ollando cara a un pasado non moi re-moto, as bases do nacionalismo gale-go atópanse, entre outros escritores eideólogos, en dúas figuras de princi-pios rexionalistas, dun lado ManuelMartínez Murguía, doutro Alfredo Bra-ñas, autor do libro El regionalismo, Bar-celona, 1889. Pois ben, dende a pers-pectiva política actual, a figura deMurguía é admirada, defendida e rei-vindicada polas forzas progresistas, ede modo salientable polo BNG, men-tres que a figura de Brañas parece aveces terse convertido en “propieda-de” da dereita máis cavernícola, sobretodo do PP. Por contra, resulta curio-so comprobar de que maneira lóxica enatural tanto Murguía como Brañassenten un fondo respecto e admira-ción pola obra de Rosalía, pois vennela un vehículo das ideas rexionalis-tas que, cada un á súa maneira, de-fenden e propugnan. Agora, despoisda publicación das Cartas de Murguía eoutros documentos, teremos que es-tudar de novo de que maneira Mur-

guía influíu en aspectos da obra dasúa dona, porque sabía dende sempreque por medio dela podían espallarsede modo moi axeitado aquelas ideasrexionalistas, defensoras dunha pa-tria galega propia, que compartían edefendían Rosalía e Murguía �

1 A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la

Maza Conde de Fenosa, 1991-1993.2 Rosalía de Castro, Poesía galega completa I

Cantares gallegos, Edición de Andrés Poci-

ña e Aurora López, Santiago, Sotelo

Blanco, 1992; Poesía galega completa II Follas

novas, Poemas soltos, traduccións, Santiago,

Sotelo Blanco, 2004.3 Santiago, Edicións Laiovento, 2000. Da-

tos novos ten a versión española, publi-

cada pola mesma editorial en 2004.4 Cartas a Murguía I, Edición, introducción

e notas Xosé Ramón Barreiro Fernández

e Xosé Luís Axeitos, A Coruña, Funda-

ción Barrié, 2003; Cartas a Murguía II, Ed.,

intr. e notas X. R. B. F. e X. L. A., A Coru-

ña, Fundación Barrié, 2005.5 Texto galego segundo a edición de Mª

Pilar García Negro, Vigo, Promocións

Culturais Galegas, 2004, p. 41; o orixinal

é: A. González Besada, Discursos leídos ante

la Real Academia Española en la recepción pú-

blica del Excmo. Sr. D. Augusto González Besa-

da el día 7 de mayo de 1916, Madrid, Impr.

Clásica Española, 1916, p. 36.6 Vede o noso Rosalía de Castro. Estudios so-

bre a vidae a obra, cit., pp. 36-37, onde co-

mentamos a abundante documentación

existente sobre esta representación.7 Mª V, Álvarez Ruiz de Ojeda, “Rosalía de

Castro, actriz: noticias e documentos”,

Rev. de Estudios Rosalianos 1 (2000), pp. 11-

43.8 R. Carballo Calero, Contribución ao estudo

das fontes literarias de Rosalía, Lugo, Edicio-

nes Celta, 1959.9 R. Carballo Calero, Op. cit., pp. 23-24. 10 Cartas a Murguía, cit., vol. I, pp. 231-232.11 R. Carballo Calero, “Referencias a Rosa-

lía en cartas de sus contemporáneos”,

Cuadernos de Estudios Gallegos 18 (1963),

pp.303-313.12 Cartas a Murguía, I, p. 363.13 Cartas a Murguía, I, p. 493.14 Cartas a Murguía, II, p. 18.15 Cartas a Murguía, II, pp. 389-390.

Dossier | Rosalía-Murguía

rosaliana. É por aqueles tempos can-do estudiosos, mais sobre todo estu-diosas, do mundo enteiro comezan ainsistir na reivindicación do feminis-mo de Rosalía, moi presente na súaobra, cousa que agora, vinte anosdespois, xa conta con moitos estu-dios serios e profundos. Falta aínda,en cambio, unha revisión máis amplae axeitada do papel de Rosalía comopropulsora de ideas nacionalistas.Digamos algo a este respecto.

Xa dende a publicación de Canta-res gallegos, en 1863, Rosalía comezoua ser obxecto de unha mitificación eunha deformación moitas veces re-cordadas, porque ela resultaba políti-camente “perigosa”. Nós tivemos afortuna de que nos fose confiada aedición crítica, realmente a primeiraedición crítica, de toda a poesía gale-ga de Rosalía, que foi publicada endous volumes por Edicións SoteloBlanco, en 1992 e 2004. Pois ben,Cantares gallegos sae en Vigo, en 1863,mais o cantar 15, “Adios, rios; adios,fontes”, aparecera dous anos antesen Madrid, na revista El Museo Univer-sal, onde levaba por título “¡Adiosqu’eu voume!”. No poema, o eu-poé-tico que lamenta que ten que aban-donar Galiza, na edición de 1863 di:

Mais son probe e ¡mal pecado!A miña terra n’é miña,Qu’astra lle dán de prestadoA veira por que camiñaÔ que naceu desdichado.No entanto, no texto publicado

en El Museo Universal, a queixa eramoito máis dura, pois a continua-

Xa dende a publicación de Cantares gallegos, en1863, Rosalía comezou a ser obxecto de unhamitificación e unha deformación moitas vecesrecordadas, resultaba políticamente “perigosa”

Manuscrito de poemas de Rosalía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 110

Page 111: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Manuel Murguía, ao contrario queRosalía, tivo unha longa vida, aden-trándose 23 anos no século XX. Oprolífico historiador, ensaísta e arqui-veiro, conviviu en matrimonio cunhamuller de “enérgico carácter”, segun-do el (Rosalía de Castro, en Los Precurso-res, 1885). Perseguida pola desgraza,camiñou sobre “el abismo de sus pro-pios pensamientos” (ibidem). O esposonon poupou clareza en termos abs-tractos, recoñecendo os poucos díade felicidade dos que a súa mullerdesfrutou en vida, os contratempos egolpes de maltrato que padeceu. Nunmomento histórico no que as mulle-res debían ser “sin hechos ni biogra-fía”, admitía que Rosalía era unhaalma feminina “atormentada”, tor-mento que, tratándose dunha muller,sempre resultaba maior por incomu-nicábel socialmente. As mulleres degrandes dotes intelectuais, como eraa súa esposa, tiñan que aceitar unha“muerte gloriosa (...) el día que entranen el hogar conyugal para ser égida”(ibidem)

Murguía aludiu ao mar de contra-riedades que perseguiron a Rosalía,especialmente após 1877. Nós pode-mos constatar que, a partir desa datasobre todo, hai fenómenos políticose económicos, sucesos familiares quecontribúen a que a sensación rosalia-na sexa de maior derrota e desespe-ranza. Estamos no réxime da Restau-ración, previo fracaso do sexeniorevolucionario. Entre moitos desen-cantos, Rosalía ve como se esvae aposibilidade dun Estado Españolplurinacional. O seu corazón é atrave-sado pola dor derivada da morte enaccidente do seu fillo Honorato Ale-jandro, antes de cumprir os dousanos. As dificultades económicas pa-ra facer fronte ás necesidades fami-liares abren o umbral da pobreza senrequilorios. Murguía afástase pormáis tempo do fogar. Malia o seu si-lencio e recollemento, padece ata-ques de menosprezo como muller eescritora. Sente o deterioro físicoprogresivo e irreversíbel: a súa últimafilla, Valentina, nace morta, pasados

a penas tres meses do accidente mor-tal de Honorato. Murguía recoñeceque as adversidades acabaron pordobregar “alma tan enérgica y apasio-nada” (ibidem). Desafortunadamentenon escribiu o libro que Rosalía me-recía, malia ser consciente de que osescritos entusiastas a ela referidosdescoñecían o que fora a súa alma.Así o afirmaba á altura de 1917 (De laimportante influencia que en su tiempo tuvoen Galicia la obra literaria de Rosalía deCastro, en La Temporada en Mondariz, 22de xullo 1917).

Xa que logo, Murguía era cons-ciente da dignidade persoal, da pode-rosa capacidade intelectual, da bon-dade e enerxía da muller con quencasara. Asemade subliñou a disposi-ción rosaliana a recoñecer a Galizacomo “la única patria y la patria desus hijos” (Los Precursores). Para Ro-salía a única saída non convencionalestaba na profesión de escritora, ten-do en conta a súa capacidade poéti-ca. Murguía é reiterativo indicando o

desencanto sentimental sufrido porRosalía na mocidade. Alude ao seudesamparo nun Madrid no que nonvía horizontes. O seus status socio-económico, a falta de contactos ade-cuados, o seu carácter nada procliveao disimulo e á notoriedade, coutabaas súas ansias de intervir socialmen-te. O coñecemento persoal mutuoacabou en matrimonio, xa encintaRosalía. Como lembraba AugustoGonzález Besada (Rosalía Castro. Notasbiográficas, 1916), a parella estaba tansobrada de capacidades intelectuaiscomo escasa de recursos. Nestas cir-cunstancias, ela estaba abocada aunha especie de ansiedade autorial:tiña dificultades para publicar e sem-pre por intercesión do marido; eraproclive a indagar ou desvendar oque había de estraño ou anormal narealidade, actitude que era fonte deconflito, a comezar pola súa adhesiónpatriótica a un país, a un pobo, des-prezado. Proclive a expresarse con in-tencionalidade na escrita, como in-

xullo-decembro 2008 terra e tempo 111

Rosalía-Murguía | Dossier

Rosalía, matrimonio e opción afectivo-sexual

Francisco Rodríguez Sánchez

A morte de Rosalía (cadro da súa casa-museo)

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 111

Page 112: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

112 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

tervención pública rexeneradora, es-taba á vez premida polo coidado e asnecesidades dunha familia numero-sa, nada menos que seis fillos a ali-mentar e educar. Independente noseu criterio, era sensíbel ao dardomaledicente e á ameaza social, candoevidenciaban inxustiza e hostilidadecontra a dignidade de Galiza e a ca-pacidade de pensamento libre damuller. Consecuentemente, a comu-nicación de Rosalía con Murguía pro-ducíase no campo das ideas, no acti-vismo das urxencias a prol darexeneración do país e da restaura-ción da súa lingua e literatura, papelno que ela tiña un valor relevante einsubstituíbel. Nesta función semprecontou co amparo intelectual e o res-peito do marido, que admiraba a súacapacidade e talento artísticos. EnMadrid, lonxe da patria, ela con sen-sación de desterro e sen perspecti-vas, coñecéranse, seguramente tendonoticias un da outra previamente. Ro-salía non era precisamente unha mo-za vulgar no Santiago da década dos50. Actriz, recitadora e cantante, decomportamento aberto e sen prexuí-zos, incluíndo a amizade con mozos,non pasaba inadvertida nos círculosdemocráticos ou conservadores san-tiagueses. Rodríguez Seoane, Aurelio

Aguirre, Eduardo Pondal, entre ou-tros, partillaban con ela actividades eamizade.

O inconveniente para Rosalía, co-mo muller que non quería limitarse a“ocupaciones propias de su sexo”, tal ecomo o padrón e a documentación pú-blica aludían ás mulleres casadas, nondesapareceron pola comuñón espiri-tual e a axuda social de Murguía. As li-mitacións e inconvenientes proviñandun sistema instaurado socialmente ede grande peso obxectivo. A comezarpolo feito de que, actuando Murguíacomo mascarón de proa perante as ca-sas editoriais para lograr a publicaciónda obra da súa muller, alimentaba aopinión de que era el quen a inspirabae mesmo quen a escribía. Convertíaseasí Rosalía no seu produto, opiniónque foi mesmo debidamente contesta-da, con ironía punzante, por ela (“LasLiteratas”, Almanaque de Soto Freire para1866). En efecto, amizades do matri-monio, vinculadas ao mundo editorial,deron a luz as súas obras, inicialmenteen ámbitos democráticos e progresis-tas especialmente: J. Compañel, LaCrónica de Ambos Mundos, El Museo Uni-versal, Diario de La Coruña, Soto Freire, LaPropaganda Literaria de AlejandroChao... Obrigados a unha convivenciafamiliar irregular por mos dos avatares

políticos e das dificultades económi-cas, esta irregularidade agudizouse so-bre todo coa Restauración, desde1875, o que coincide coa visión máisproblemática do mundo e coa angus-tia e o desacougo máis punzante enRosalía. Os fillos sempre estiveron acargo dela, contando sempre ao seucarón con familiares maternos e cria-das da súa confianza.

Poren, xa a partir de 1871, Rosa-lía detecta maiores dificultades paraabrirse paso no mundo editorial,xusto no momento no que non haicensura. Lémbrese que Follas Novastarda case 10 anos en ver a luz unhavez xestada, por certo, gran parte de-la no desterro de Simancas, e non re-sulta o éxito que tiña significadoCantares Gallegos, cando menos nasminorías cultas e na emigraciónamericana. Hai aquí un punto de in-flexión en relación á súa participa-ción activa na creación dunha litera-tura nacional en lingua galega: acélebre deserción da que tanto seten falado e que, sen lugar a dúbidas,foi provocada pola hostilidade exter-na, como moi ben recoñece Murguíatamén nos dous textos xa citados. Oslibros que seguen a Follas Novas, ElPrimer Loco (1881) e En las Orillas delSar (1884), expresan a derrota, a súaposición actitudinal, a dignidade, orecollemento social, sen renunciar aun patriotismo aceirado. Son taménintentos de procurar ingresos nunmercado en lingua española, quetampouco lle foi nunca favorábel.Rosalía deixa de escreber prólogosen prosa para xustificar ou explicaros seus libros de poemas, porque xanon hai nada que explicar nen quexustificar. Só existe a convicción dedeixar constancia dunha experienciahistórica e psico-social.

Rosalía conxugou sempre o abis-mo do seu pensamento, o desacougoe a dor proprias cunha grande capaci-dade de identificación e comuñón co-as dores e os sufrimentos colectivos.Así se converteu nunha especie de hi-póstase do pobo galego como pobonegado, das súas clases populares,

Rosalía conxugou sempre o abismo do seupensamento, o desacougo e a dor proprias cunhagrande capacidade de identificación e comuñóncoas dores e os sufrimentos colectivos

Manifestación contra a escolas laicas en Santiago a principios de século. A atmósfera defundamentalismo relixioso afogará a creatividade aínda durante décadas logo da morte de Rosalía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 112

Page 113: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

xullo-decembro 2008 terra e tempo 113

afectos, con claras insinuacións ho-mo-eróticas entre personaxes mascu-linos e con potente crítica do signifi-cado dos estereotipos heterosexuaispara as mulleres burguesas. Moitosmisterios, moito do inefábel presenteen poemas de Follas Novas ou En lasOrillas del Sar está vinculado á angus-tia que provoca o desexo que non seasume socialmente. O amor que nonse atreve a dicer o seu nome está li-teralmente aludido por Rosalía en“Santa Escolástica”, o primoroso epotente poema claramente biográficode En las Orillas del Sar: a expresiónapaixonada dun amor en chave ho-mofílica, enlevo perante a fermosuradunha santa e insinuante significadosimbólico de querubíns e serafíns naimaxinaría católica. Un seu amigo eadmirador, Alfredo Vicenti, na críticaa El Primer Loco (La Ilustración Gallega yAsturiana, número 14, 18 de maio de1881) fala ás claras de que o protago-nista é un personaxe travestido: uncorpo de home que esconde alma demuller. O inefábel en Rosalía podeconcretarse a través do traballo deaproximación e de esforzo desvenda-dor representado pola súa escrita li-teraria.

Cantas mulleres foron capaces,como ela, de revelar os paradoxos, ascontradicións e o desacougo que, anivel persoal e colectivo, padecía ahumanidade? Cantas, naquel contex-to histórico, o fixeron e, en particulardo seu status económico, da súa pro-cedencia social e dentro dun matri-monio con múltiples fillos e necesi-

dades? Cantas desde unha perspecti-va ideolóxica similar? Cantas escrito-ras padeceron os abismos da incom-prensión pública e de ameaza socialaté tal extremo ? Cantas chegaron,pese a ser tan mostrativa dun dramavivido persoalmente, a seren tan sim-bólicas dunha nación?. Desde logonen Pardo Bazán no século XIX nenVirginia Woolf no XX poden compa-rárselle. A primeira non tiña o seustatus económico-social e estaba in-tegrada na Restauración. A segunda édoutro tempo histórico moi poste-rior, e polas súas posicións psíquicase sociais máis individualista. Posibel-mente si teñan pontos de contactoRosalía e Virginia por unha certa ten-dencia á autodestrución, mesmo aosuicidio, e o que xa denominamosansiedade autorial.

A biografía rosaliana vaise debu-xando devagar, saíndo das brétemasda normatividade falsificadora, parapasar a exteriorizar o conflito e a es-trañeza, o pasmo polo non asumidonen permitido. O desacougo polodesexado e non logrado. Estamos in-mersos nunha fase crítica de longopercurso. Temos de lograr máis coñe-cementos biográficos externos aíndaocultos e censurados. Temos que se-guir indagando na súa obra literaria.O pobre Murguía, á altura de 1862, noseu Diccionario de Escritores Gallegos, re-feríase sintomaticamente á escritoraRosalía como “madre y esposa aman-te, como fue hija cariñosa”. Xa entónpretendía agachar o que el mesmosabía e estaba a cada paso máis ac-tuante na obra literaria da súa muller:os abismos do seu pensamento. Nonmentía Murguía. Só ocultaba unhaparte substancial da verdade. Nos de-rradeiros anos da súa vida, recorreu afacelo en grao máis considerábel: ha-bía que lograr recoñecemento e inte-gración para Rosalía. Subliñando osaspectos máis problemáticos e hete-rodoxos non o lograría, para alén dedescubrir os segredos máis doloro-sos que o afectaban ou recoñecer aexistencia de abismos para el inefá-beis... �

Rosalía-Murguía | Dossier

como desprezadas, das mulleres co-mo marxinadas, do anormal no terreoafectivo-sexual, do non oficial e pos-tergado no terreo cultural e lingüísti-co. As circunstancias tiveron unhagrande importancia na evolución deRosalía e nas posibilidades de desen-volvemento das súas capacidades,como sen dúbida o tiveron na posibi-lidade dunha vida libre e feliz paramoitos sectores do xénero humano.Falámos de que nela cobra moita im-portancia a explicación-revelación doestraño. Non se calibrou aínda debi-damente o feito de que toda a súaobra está tinxida polo afán de inda-gación e revelación desde o pasmoperante o estraño, o ignorado, o inex-plicábel, o tabú, o presentido peronon exteriorizado nen concretado.Neste aspecto falta aínda moito porclarificar. Rosalía revela con símbo-los, exposición de situacións chocan-tes, angustias, conflitos da concien-cia e externos, entre outros, o quepoderíamos denominar unha terceiraopción afectiva e sexual, a que non sereduce ao binomio home/muller he-terosexual. Curiosamente é na déca-da dos 60 do século XIX cando algúnsintelectuais alemáns, sen dúbida pa-ra salvaren os homosexuais da perse-cución e do pecado, chegaron a falardun terceiro sexo. Rosalía, concreta-mente en El Caballero de las Botas Azules,representa a Musa, a inspiradora donovo mundo, nun ser andróxino, unterceiro sexo. Ao longo da novelaasistiremos precisamente a lecciónsde tolerancia e apertura no terreo dos

Virginia Woolf

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 113

Page 114: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

114 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

O QUE VÍAS NO ESPELLO

Daquelas que cantan as pombas e as frores …Rosalía

Ouh rosa, Rosalía, ao outro lado, un nomeorballando palabras na fervenza das horaspara dicir o abraio do que vías no espello:Estadea de escravas, toda a noite no rostro,todo o mundo nas costas, collidas na arañeirade paixóns e velenos no amor que inventaron.

Oh rosa, Rosalía, a ser alén dos mortospor fin dona de ti, do lume das avoase das nais e das fillas por séculos infindos.Por séculos e séculos de mulleres sen nome,e tamén sen palabra, que verteron carraxe no teu cuspe e un berro no teu berro acedísimo.

Oh rosa, Rosalía, que o lume das avoase das nais e das fillas, o que xa está contigo,sexa sempre connosco, desbote a negra sombra,asombre a noite negra da xeira desigual,do pago desigual, da vontade cativa.

E que voen as pombas e que murchen as flores:Somos donas de nós para sermos mulleres.

VELAÍ A MULLER

Mais ve que o meu corazóné unha rosa de cen follas.

Rosalía

Velaí a muller que baila soano cavorco da noite:Verte entre os pés a rosa de cen follascomo unha chuvia maina desfollada,e ondas dun mar de cinsavan e veñen nas praias da cintura.Velaí a muller que canta soanos oídos do vento:A gorxa ensanguentada e o alarido,o salmo e o murmurio e o salouco,o eco e o silencio,o tanxer dunha cítara sen cordas.

Velaí a muller que vai ao portoe chama polos barcos:Veñen coa proa rota no horizonte,chegan coa treboada nas enxarcias,ela sempre vixíae pon velas de soños polos mastros.

Velaí a muller que está parindoun país coa palabra:

Nai en verbo de amor a encherlle a bocaque ten leite de seu para crialo,terra ou Rosalía,clara estirpe de nós cara ao futuro.

HAI UNHA MOITEDUME

“... i alí onde o corvo pousasoia enterrada está”.

Rosalía

Tecías, tecelá, señora Rosalía,fíos de sombra para o teu asombronun ritual sen pombas e sen flores,igual que un suicidio.

Pendurabas da lúa,como un cadro tristísimo, a canseira dos días,todo o abraio de ser, toda a carraxede vivir nun país deshabitadopolos seus moradores hora a hora.

Soa diante do espello, eras ti e eras todasa recontar moedas de desgraciaou doas dun tesouro envelenado e falso.

Camiño do areal... e ninguén te esperaba,botoute fóra o mar...

Mais somos multitudecegada pola luz da Negra Sombraa salmodiar un nome: R o s a l í a.

LENDO A ROSALÍA

Se desangro o delirio no viño da palabravés da idade distante, toda a morte vadeas.Apartando sudarios e fitas e coroasacodes ao meu porto e eu teño sobre a mesaa vida que nos deches: Follas Novas, Cantares,o teu sangue ancorado nesta beira da ausencia.

Chegas, falas e acendes a candea de novo,alentas ao meu lado, dásme luz a manchease tamén me dás sombra, e tamén me dás medoe unha dor que me abrangue e me afoga e me medra.

E sinto que te quero, que es da miña casa,miña nai, miña amiga, a miña compañeira.E dóiome de ti e quero acalentarte,pero xa te me vas para baixo da pedra.

Non acho crisantemos para enganar a mortecando cala a túa voz ferida de camelias.

(1996)

Sombra do meuasombro

Marica Campo

Terra tempo147_48 3/2/09 14:07 Página 114

Page 115: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Os cadernos activos

Baixo este título iniciamos unha colección de folletos e DVDs sobre diver-sos temas que contribúan a unha maior formación nos fundamentos donacionalismo galego. Cada folleto acompañarase dun DVD de 30 minutosque será unha entrevista co autor ou autora de cada Caderno, respodendoa preguntas que se lle faga sobre o tema tratado. Comezamos o primeirosobre o idioma.

Edita | Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Clasificada de interese cultural e declarada de interese galego por Orde da Consellaría de Cultura,

Comunicación Social e Turismo do 23 de novembro de 2004 (D.O.G. 17/12/2004). Inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego co número 2004/20 | Xunta

Directiva do Padroado da Fundación | Bautista Álvarez Domínguez (Presidente), María Pilar García Negro (Directora Xerente), Xoán Carlos Garrido Couceiro (Director do Terra e

Tempo), Lois Diéguez Vázquez (Director de Programación de Cursos e Publicacións), Xosé Ramón Ermida Meilán (Director de Arquivos), Hadrián Gómez Vázquez (Secretario) e Roberto Vilameá

Ponte (Tesoureiro) | CIF G-15947450 | Corrección lingüística | Robert Neal Baxter | Redacción, publicidade e subscricións | Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 Santiago de

Compostela, Galiza. Telf. 981 57 02 65 | Páxina web | www.bautistaalvarez.org | Correo electrónico | [email protected] | Imprime | Litonor, S.A.L. | Deseño | seteseoito

| ISSN | 1575-5509 | D.L. | C-1361-1995 | © Permítese a reprodución citando a fonte | Tiraxe | 1.200 exemplares | Feche de edición | 2 de febreiro de 2009.

Opinión

[ María Pilar García Negro ]

[ Xoán Carlos Garrido Couceiro ]

Entrevista

Teresa Alvajar[ Carme Vidal Laxe e Xoán Carlos Garrido Couceiro ]

Economía

Achega ao sistema financeiro galego[ Clodomiro Monteiro Martínez ]

O turismo: unha actividade estratéxica para o desenvolvemento económico de Galiza[ Xesús Pereira López ]

Cultura

Algunhas ideas sobre a figura e a obra de Carlos Maside[ Rosalía Pazo Maside ]

Galiza cara a Australia onte e hoxe[ María Jesús Lorenzo Modia ]

Pensamento

De Rosalía de Castro a Castelao: o rosto verdadeiro da Galiza[ María Pilar García Negro ]

Internacional

A nova esquerda nos Estados Unidos. Onde está?[ Kathleen March ]

Viaxes

O canto das pedras[ Xosé Vázquez Pintor ]

DOSSIER | Rosalía-MurguíaRosalía de Castro-Murguía[ María Pilar García Negro ]

Rosalía de Castro[ Manuel Murguía ]

Ignotus[ Manuel Murguía ]

Para lermos axeitadamente a Rosalía no terceiro milenio[ Aurora López e Andrés Pociña ]

Rosalía, matrimonio e opción afectivo-sexual[ Francisco Rodríguez Sánchez ]

Sombra do meu asombro[ Marica Campo ]

4

6

1926

35

50

59

6878

89

Nº 147 • 148 • XULLO-DECEMBRO 2008

sumario

6

68

89

26

Publicacións • [email protected] • 981 570 265

Revista Terra e tempo

Unha das actividades da Fundación BautistaÁlvarez de Estudos Nacionalistas é a edi-ción de revistas, primordialmente da cabeceirahistórica Terra e Tempo editada pola Unión doPovo Galego (UPG) desde 1965 até o 2003.

O Terra e Tempo, desde xullo de 2004, pasa a editarse dun xeito autónomo da UPG, o que lle permite un ritmo de traballopropio. Ao mesmo tempo segue a liña editorial que viña mantendo desde a súa fundación, animado polo ideario nacionalista, ede aí que recuperemos a súa numeración que, sumando os das diferentes etapas (105 na súa primeira, 1965-1994, e 24 nasegunda, 1995-2003), arrancou de novo a partir do número 130. O obxectivo actual é recoller achegas para clarificármonosna comprensión do acontecer actual das máis variadas temáticas desde unha óptica galega

Producción de audiovisuais

O pensamento e as imaxes deben e teñen quecomplementarse na súa función divulgativae/ou instrutora.

Xa son varios os audiovisuais que teñen saídoda factoría nacionalista.

Libros

A Fundación Bautista Álvarez quere, a través da edición da súa colección de libros,iluminar cuestións cardinais da historia do nacionalismo contemporáneo e da Galizano seu conxunto.

Bautista Álvarez. 40anos da UPG, 40perguntas de MaríaPilar García Negro

Peregrinaxes, Viaxando con Manuel María

A derradeira leccióndo mestre

Bautista Álvarez, unhavida para unha nación

CCCV, Cine Clube Carlos VarelaVeiga 1945-1980 (en coprodución)

terratempo port147_148 3/2/09 14:29 Página 2

Page 116: ROSALÍA-MURGUÍA DOSSIER - terraetempo.gal · Aladino. Úrxeme, portanto, dar canto antes unha explicación a quen ten a paciencia de me ler. O tema do artigo veume suxe-rido pola

Achega ao sistema financeiro galego

Algunhas ideas sobre a figura e obra deCarlos Maside

Galiza cara a Australia onte e hoxe

De Rosalía de Castro a Castelao: o rosto verdadeiro de Galiza

A nova esquerda nos Estados Unidos. Onde está?

DOSSIER | ROSALÍA-MURGUÍA

Entrevista aTeresa Alvajar

Nº 147 • 148 • XULLO-DECEMBRO 2008 • 9 €

Nº 1

47 •

148

• XU

LLO

-DEC

EMB

RO 2

008

DO

SSIE

R | R

OSA

LÍA

-MU

RGU

ÍA

terratempo port147_148 3/2/09 14:29 Página 1