rosalía

15
ROSALÍA DE CASTRO

Upload: pecalamabiblio

Post on 11-Jul-2015

43 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Rosalía

ROSALÍA DE CASTRO

Page 2: Rosalía

Rosalía de castro(1837-1885)

Naceu en Santiago de Compostela, filla de pais descoñecidos.

Casou con Manuel Murguía, co que tivo 7 fillos.

Nunca tivo boa saúde; de feito morreu de cancro aos 48 anos na súa residencia de Padrón (museo actualmente).

Comezou a compoñer os seus versos aos 12 anos e os seus libros máis coñecidos en galego son Follas novas e Cantares gallegos.

Page 3: Rosalía

A súa obra é unha expresión da forma de ser da nosa sociedade. Supuxo un aporte fundamental para o rexurdir da conciencia galeguista.

Os seus poemas reflicten a realidade do seu tempo e teñen como protagonista ao pobo galego.

Denuncia as inxustizas socias e critica os novos valores da sociedade burguesa.

Cantares gallegos (1863): Está formado por 36 poemas, que teñen como protagonista a propia

Rosalía e moitos outros personaxes do mundo rural galego, sobre todo mulleres.

Page 4: Rosalía

Cantares gallegos comeza cun prólogo no que Rosalía anima a cantar a unha meniña.

Has de cantar,

que che hei de dar zonchos;

has de cantar,

que che hei de dar moitos

Page 5: Rosalía

Has de cantar,

meniña gaiteira;

has de cantar,

que me morro de pena.

Canta, meniña,

na veira da fonte,

canta, dareiche

boliños do pote,

Canta, meniña

con brando compás,

dareiche unha proia

da pedra do lar.

Page 6: Rosalía
Page 7: Rosalía

¡Qué feira,rapaza,

si cantas faremos…!

Festiña por fora,

festiña por dentro.

canta, si queres,

rapaza do demo;

canta, si queres;

dareiche un mantelo.

canta, si queres,

na lengua que eu falo.

Dareiche un mantelo.

Dareiche un refaixo.

Page 8: Rosalía

Co son da gaitiña,

co son da pandeireta,

che pido que cantes,

rapaza morena.

Co son da gaitiña,

co son do tambor,

che pido que cantes,

¡Meniña, por Dios!

Page 9: Rosalía

No epílogo Rosalía fala no nome da rapaza e descúlpase por non ter máis gracia cantando.

Page 10: Rosalía

Eu cantar , cantar, cantei,

A grasia non era moita,

Que nunca (delo me pesa)

fun eu meniña grasiosa.

Cantei como mal sabía

dándolle reviravoltas

cal fan aqués que non saben direitamente unha cousa.

Page 11: Rosalía

Pero dempois paseniño,

i un pouco máis alto agora,

fun botando as miñas cántigas

como quen no quer a cousa.

Eu ben quixera, é verdade,

que máis boniteiras foran.

Page 12: Rosalía
Page 13: Rosalía
Page 14: Rosalía
Page 15: Rosalía