romeo e xulieta

5
ROMEO E XULIETA Fai moitos, moitíííísimos anos, vivía en Verona un mozo chamado Romeo. Romeo estaba namorado do amor, tan namorado que sufría día e noite por ese amor que nuuuuuunca chegaba. Sae Romeo a escena con música de fondo. - Romeo: Ai de mín, as horas tristes parecen tán largas! Por que será o amor tan doce a simple vista e tan duro e amargo cando se proba? O meu corazón cheo de pena pésame coma un chumbo! Romeo a miúdo pasaba longas horas buscando a soedade para poder pensar tranquilamente na súa amada. O seu primo Benvolio estaba moi preocupado. Sae Benvolio a escena. Diríxese a Romeo. -Benvolio: Dime primo Romeo, que tristura alarga as túas horas? Estás namorado? -Romeo: Si, primo si. Pero ela, Rosalina, a bela Rosalina, non quere saber nada de mozos. Ai de mín!! ¡shhhh! Aí a ven. Entra Rosalina en escena dando un paseo. Romeo corre a axeonllarse aos seus pes e cóllea da man. -Romeo: Rosalina, eres a luz dos meus ollos.

Upload: loaira

Post on 10-Jul-2015

176 views

Category:

Technology


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Romeo E Xulieta

ROMEO E XULIETA

Fai moitos, moitíííísimos anos, vivía en Verona un mozo chamado Romeo.

Romeo estaba namorado do amor, tan namorado que sufría día e noite por ese amor que nuuuuuunca chegaba.

Sae Romeo a escena con música de fondo.

- Romeo: Ai de mín, as horas tristes parecen tán largas!

Por que será o amor tan doce a simple vista e tan duro e amargo cando se proba?

O meu corazón cheo de pena pésame coma un chumbo!

Romeo a miúdo pasaba longas horas buscando a soedade para poder pensar tranquilamente na súa amada. O seu primo Benvolio estaba moi preocupado.

Sae Benvolio a escena. Diríxese a Romeo.

-Benvolio: Dime primo Romeo, que tristura alarga as túas horas? Estás namorado?

-Romeo: Si, primo si. Pero ela, Rosalina, a bela Rosalina, non quere saber nada de mozos. Ai de mín!! ¡shhhh! Aí a ven.

Entra Rosalina en escena dando un paseo. Romeo corre a axeonllarse aos seus pes e cóllea da man.

-Romeo: Rosalina, eres a luz dos meus ollos.

Page 2: Romeo E Xulieta

Rosalina mírao con desprecio e segue o seu camino. Sae da escena.

-Romeo: O meu querido primo! Que tristura teño no meu corazón! Sinto que morro!

-Benvolio: Vouche dicir unha cousa. Esquécete dela!!!

-Romeo. Pero non podo!!

-Benvolio: Que te olvides dela!!!

-Romeo: Non podo!!

Foi así que o primo Benvolio empezou a idear un plan para facer que Romeo deixara de sufrir.

Convénceo para ir a una festa, onde, ademáis de estar Rosalina, van ir moitas mozas guapas.

Levántase o telón e aparecen sentadas varias mozas e mozos, todos moi engalanados e engalanadas.

Entra Romeo con Benvolio e dan una volta pola festa. De repente, Romeo ve a Xulieta e queda prendado dela.

-Romeo: Quen é esa muller tan fermosa?

-Benvolio: É Xulieta, a filla dos Capuleto!

Xulieta era una moza moi romántica e pasaba longas horas pensando no que sería o amor da súa vida.

Page 3: Romeo E Xulieta

Xulieta levántase da festa e acércase ao xardín ou ventá ela sola. Música de fondo. Mirando ao ceo.

-Xulieta: Eu soño con atopar algún día o amor da miña vida, un mozo guapo e cariñoso, que saiba traballar e lle guste troular.

Oh meu amor ,cando vas a vir? O meu corazón latexa por ti.

Pero…. quen é ese que ven por alí?

Aparece Romeo en escena e axeónllase aos pes de Xulieta.

-Romeo: Xulieta, os teus ollos parecen soles e os teus dentes diamantes, dime Xulieta, queres casar comigo?

Nese momento entra Rosalina en escena acercándose a eles .

-Rosalina: Romeo, quen é esa muller?

-Romeo: É Xulieta, a luz dos meus ollos!!

-Rosalina: Oh meu Deus!!! O meu corazón rompeu.

Rosalina vai saíndo da escena e xusto antes de saír cae o chan desvanecida coa man no peito.

-Romeo: Xulieta, queres casar comigo?

-Xulieta: Oh Romeo!! O meu corazón latexa por ti pero temos un problema, os meus país endexamáis consentirán que case cun Montesco.

Romeo e Xulieta pertecían a dúas familias moi importantes da cidade: os Montesco e os Capuleto.

Page 4: Romeo E Xulieta

Dende sempre estas familias odiábanse entre elas e vellos rencores asolaban os seus corazóns.

Non era a primeira vez que corría sangue polas rúas de Verona debido as frecuentes pelexas entre Montescos e Capuletos.

De esta maneira cando o primo de Xulieta, Tibalt, viu como Romeo lle declaraba o amor á sua prima, montou en cólera e retouno a un dó a morte.

Sae Tibalt e ataca a Romeo. Pelexan cas espadas dando unha volta completa e finalmente Romeo mata a Tibalt. Cae o chan.

-Xulieta: Oh meu querido primo! Oh meu Deus que desgracia tan grande! Cómo pode brotar ou nacer o amor da tumba do meu primo! Oh meu Deus, que desgracia!

Pero Romeo, como poidestes matar ao meu primo Tibalt?

-Romeo: Antes prefiro morrer que perder este amor. Calquera cousa faría por ti. Pero non podo vivir sen ti.

-Xulieta: Eu tampouco pouco podo vivir sen ti Romeo, qué podemos facer?

Romeo e Xulieta quedaron prendados do seu amor sen saber que facer, pero……..

-Xulieta: Teño un plan Romeo. Ven comigo.

Page 5: Romeo E Xulieta

-Xulieta: Bebámos pois este veneno para que nada nin nadie poida nunca máis separarnos.

Beben o veneno e caen xuntos ao chan.

Foi así que de este xeito tráxico rematou a fermosa e triste historia de amor de Romeo e Xulieta.

Álzase a música e finaliza a obra. FIN