revista quincenal de crentes galegosasociacion-irimia.org/iri/irimia_779_web.pdfremanece no nadal,...

16
R E V I S TA Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 779 - Do 29 de decembro ao 18 de xaneiro de 2009 FELIZANOESPERANZADOTENROVERDEE- LECTORALECUMENICOPACIFICOFEMININOSIN- XELOACOUGADOCREATIVORISEIROMILITANTE- AGARIMOSOREVELADORPARIDEIROXUSTOINS- PIRADODISCRETOHUMIDOTEPEDOAUSTERO- SENSUALREPOLUDOCOMPASIVOLINDOENERXI- COMATERNALRURALECOLOXICOROMAXEIRO- SUSTENTABLEGOZOSOEXPLORADORTRANQUI- LOMELLORABLE NOVO REVOLUCIONARIO- MISTICOOCEANICOCRENTEINOCENTEFECUN- DOANIMADOMOTIVADOSABIOBAILARINSOLI- DARIOLIMPOCUMPRIDOGRATUITOIDILICOCOM- PARTIDOCRITICOINCONFORMISTAEMOCIONA- DOSANOIRREVENRENTEUTOPICORELAXADOI- LUSTRADOAPAIXONADOMACANUDOEXCELEN- TERECONCILIADOCONSCIENTEFRESCOBENFEI- TOAGRADABLEROMANTICOIRIMEGO

Upload: others

Post on 29-Feb-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A ter ra va i dando f ro i to por s i mesma

ANO XXIX • Nº 779 - Do 29 de decembro ao 18 de xaneiro de 2009

FELIZANOESPERANZADOTENROVERDEE-LECTORALECUMENICOPACIFICOFEMININOSIN-XELOACOUGADOCREATIVORISEIROMILITANTE-AGARIMOSOREVELADORPARIDEIROXUSTOINS-PIRADODISCRETOHUMIDOTEPEDOAUSTERO-SENSUALREPOLUDOCOMPASIVOLINDOENERXI-COMATERNALRURALECOLOXICOROMAXEIRO-SUSTENTABLEGOZOSOEXPLORADORTRANQUI-LOMELLORABLENOVOREVOLUCIONARIO-MISTICOOCEANICOCRENTEINOCENTEFECUN-DOANIMADOMOTIVADOSABIOBAILARINSOLI-DARIOLIMPOCUMPRIDOGRATUITOIDILICOCOM-PARTIDOCRITICOINCONFORMISTAEMOCIONA-DOSANOIRREVENRENTEUTOPICORELAXADOI-LUSTRADOAPAIXONADOMACANUDOEXCELEN-TERECONCILIADOCONSCIENTEFRESCOBENFEI-TOAGRADABLEROMANTICOIRIMEGO

Page 2: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

Afoto que fala

Sanedrín que te vinOtrasnoDaniel López Muñoz

Nasía pa desfilá.

cultura actual de que a Igrexa representaunha postura insignificante –sen significadopara a sociedade moderna-, allea aosprocesos que fan humanizar as sociedadeslaicas –as emancipadas da súa únicainfluencia-, e que segue centrada encriterios e formas que non teñen que ver coque debería xustificar a súa existencia, queé a humanización e a liberación do home...eda muller.

Entristece esa deriva sectaria dos xerarcas,que non queren ver o que vemos todos: aautoridade moral en mínimos históricos,perdendo os últimos trens, sen merecerenatención da xente nova, cada vez máisinsignificantes, como unha seita máis, condereito a existir, pero da que case ninguénespera nada, ou si, quizais algún “numerito”extra, de ganchete coa dereita, e coa“familia agraviada” polos masóns comodesculpa.

A esperanza vive, seguro, pero na fronteira,no lugar dos censurados, das expulsadas,dos que conectan co home e a muller dehoxe, ao tempo que camiñan na historia poresa senda común, laica e universal daigualdade, da liberdade e da fraternidade.Non hai outra: o Sanedrín non cambia. Acausa do axustizado tampouco.

2

Se quedamos na anécdota non apreciamoso importante. Federico Lombardi, voceirodo Vaticano, desmentiu que aquel estado –predemocrático, si, pero estado- estea encontra de que a homosexualidade deixe deser considerada un delicto. Días antes osmedios dixeran o contrario. Iso si, o voceirovaticano matizou, con sutileza cardenalicia,que a proposta de resolución da ONU vaidemasiado lonxe, pois abre portas aorecoñecemento de máis dereitos para aspersoas homosexuais, posibilidades de vida,en positivo, digamos. Por iso non apoian aresolución. Seica de momento vai chegandocon que non os maten.

Seguro que esa postura ten que ver coasempiterna prudencia histórica amosadaxa, con anterioridade, no feito asombrosode que o Vaticano tampouco teña asinadoata o de agora a Declaración Universal dosDereitos Humanos. E non porque non oscelebre, que algunha celebración si lles fixo,senón porque deben considerarse algo asícomo nunha orde superior da realidade.

Esas son as cuestión de fondo. O si peronon, o distanciarse, con esa santa soberbia,do mundo mundanal e as súas perralleirascausas xustas ...ese é o problema. Golpe agolpe, argumento a argumento, vaiseagrandando a conciencia que existe na

Page 3: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

3

Editorial Entroido electoral

Rumores de esperanza

As eleccións galegas, o primeiro de marzo, significan que a campaña será, dalgún xeito, parte doEntroido. Non está mal, pero aínda que por veces sexan sospeitosamente semellantes, deberían sercousas distintas.

Hai nerviosismo.Antes da crise as tendencias indicaban que o PP perdía catro, que se repartirían máisou menos por igual entre BNG e PSOE. Boa colleita para os primeiros que conseguirían desmarcarsedo seu fatal destino cando cogobernan co PSOE; a norma era que os réditos políticos ían para esteúltimo. Pobre colleita, en troques, para os socialistas, que rebaixarían as súas pretensións hexemónicas.

Aínda máis, parece que esas tendencias tiñan un matiz: o PSOE quitaríalle os votos ao PP nas cidades eo BNG daría ese mesmo paso nas provincias máis rurais.

Pero ultimamente a crise e os seus efectos son unhaincógnita que pon nerviosos ao partido que preside ogoberno galego e central. De momento os novos ecos das

sondaxes disque recortan aquela vantaxe inicial, e que o BNG, porén, non é, en principio, prexudicadopola crise. Inmediatamente ponse a andar a maquinaria de La Voz de Galicia. Nada é casual de todo.Aincerteza e o nerviosismo explican esa reacción dese grupo xornalístico nas últimas semanas: un ataquesistemático, unha tras outra, a todas as consellería nacionalistas. Todo vale en precampaña. E se ademaisestán molestos pola saída do “Xornal de Galicia”, un competidor que vén petando forte, máis aínda.

O escándalo do voto emigrante tamén está aí. E pode decidir un ou dous deputados.Ademais docontrol dos medios, esa é a outra baza.

Así as cousas, Feijoo, o gran descoñecido polo electorado, levanta cabeza. E aparte da campaña paradarse a coñecer á xente, fai unha afirmación “O presidente electo o próximo 1 de marzo será o últimoque se elixirá con máis de 300.000 galegos, un 15% dos votantes, en depositar o seu voto en urna e ninsequera seren identificados”. Ese si é un bo Entroido, que faga esa afirmación de ética electoral unpartido que se beneficiou dese mesmo sistema durante quince anos.

E como esa, as que están por vir.

Xan Guillén

Todo vale en precampaña

Cando leas este artigo estarás pouco antes (ou despois se o teuservizo de correos é tan malo coma o meu) de contar as uvaspara acompañar as badaladas da noite de fin de ano.

Velaí van doce motivos para felicitarnos nesa noite:

1. Pola boa xente de Cáritas que loita por mellorar adignidade da xente que o pasa mal nestesdías. Polos usuarios desta obra.

2. Por todos os colaboradores de Irimiaque facemos esta revista. Sobre todopolos da mesa de redacción.Vaiacholliño teñen.

3. Por toda a xente que dignifica astradicións e costumes nosos.Recordade o meu artigo sobre a billarda.

4. Por Taizé e tantos sitios que buscan odiálogo relixioso.

5. Pola Romaxe. Pola da Pastoriza, pola de Aghiño...pola de Arousa 2010? (Eu comezo a campaña).

6. Polos bancos de tempo. Por toda a xente que sededica a facer compañía uns a outros.

7. Polo novo xornal. De momento unha alternativa aoque xa había e con maior presenza do galego. Quedure.

8. Polos clubes de lectura que empezan a agromar porGalicia. Por todas as iniciativas que pretenden quehaxa xente que goce lendo.

9. Polo departamento de marketing de Irimia, que seguefacendo publicidade da revista. Xa van dúas vecesque se fala dela en Padre Casares.

10. Pola investigación médica que vai avanzando paraacadar éxitos e curar a persoas.

11. Por aquela xente que se lanza a falar galego aíndaque non sexa a súa lingua (os neofalantes), sencomplexos, sen colocar de momento ben os pronomese sen estar obrigadas por fantasmas inexistentes deimposicións.

12. Polo que tes ao lado no momento de comer as uvas.Porque este ano foi especial porque el/ela estivo aí,aturándote.

Agora, coa boca chega de uvas, levantemos a copa coabebida escollida e digamos que o 2009 teña berros deesperanza. Saúde

Page 4: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

4

O 2009, ANO DAASTRONOMÍA,conmemora os 400 anos dainvención do telescopio porGalileo. Percibir que omovemento aparente do sol seaxusta a un ciclo temporal foiun descubrimento lento. Ocalendario naceu en Exipto hai7000 anos. A semana de 7días e a hora de 60 m. enBabilonia. Na prehistoria,celebraban o SOLSTICIO DEINVERNO, coma se ve no Chanda Ferradura, no Amoeiro deOurense, na aliñación depetroglifos, castros, rochas…,un sinal de observaciónastronómica, pola banda dosseus artífices. Comademostraron no ObservatorioRamón M. Aller. Agoradescubriron un novo planeta, oBb, nunha distancia máisgrande cá que hai entre terra esol. Coordinados polo directordo Observatorio, Xosé A.Docobo, na foto, nainauguración das II Xornadas“Vedra en Ciencia”. Están adescubrirse exoplanetas, fórado sistema solar, que xiranarredor de estrelas moiafastadas.

O BACALLAU popular,sobre todo no Nadal, foi moisocorrido nos tempos recios daposguerra. En Hío (Cangas),dende hai 3 anos, “Os últimosde Terranova” celebran unhaxesta alongada nos tempos,dende comezos do s.XVI,cando nesta illa, medraron ossecadoiros. Primeiro foron osbascos. Canadá expulsounosdespois de 4 séculos. Acomezos dos 70, faenaban 72parellas e 19 bous, uns 2000mariñeiros, a maioría doMorrazo. Hoxe son 4 parellas e2 bous pescando en Noruega.Un peixe esquilmado polasobrepesca. No 1992principiou a súa veda, queafectou a 40.000 traballadoresde Terranova. Tres anos despoisestoupou a “guerra do fletán”.Non hai abondo recursos, paradar peixe a 1000 millóns que oconsumen a diario, pescado oucriado en granxas por 42millóns de persoas, o 75% deAsia. Pero tamén hai piratasque pescan dun xeito ilegal enmáis de 1000 barcos. Na fotoun bacallaeiro no xeo deTerranova.

O mercadoMEXILLONEIRO baixouun 46% e o seu valoradquisitivo dos produtoresdescendeu a niveis de hai 10anos. Houbo tensións costransformadores, pois só selevan un 10% do produtoenvasado. A Politécnica deLugo estuda o uso das cunchascoma fertilizante en terreosforestais, só ou mesturado conlodos de depuradoras, asícoma material de construciónou asfalto…. Sempre utilizadaspolos labregos para mellorar ossolos, son na actualidade unproblemaaaa, pois son máis de80.000 tas. As 67 empresasconserveiras dan traballo a11.950 traballadores, o 5% doemprego galego. Asexportacións medraron no ano2007, un 7,7%. O sector datransformación exportou114.943 tas. (o 60% en ACoruña) de conservas,preparados, etc., o 65% deatún. Están ainternacionalizarse: 200pesqueiros faenan noscaladoiros de América, e variasconserveiras están a facer ospreparados alí.

A TOPONIMIA bíblicaremanece no Nadal, pero sobretodo a implicación de Xesús cospobres, denunciando afalsidade dun mundo, onde25.000 persoas morren ao díade fame, mentres os do G8cean 19 pratos na xuntanza deXapón. 4 días de guerra deIraq reducirían a fame. Haiexcedentes cando só se traballao 44% da terra cultivable. Brasilé o 2º exportador de alimentos,e con outros do terceiro mundoproduce o 50% da pesca,aínda que só consuman unhacuarta parte. Na foto, o xesuítaFernando López, acollido natribo yanonami. Con el imos, o28, a BELEM do Pará, a rexióntikuna de 25.000 indios, e aoseu corazón, á Nova Jordania,á Asemblea de MovementosSociais da Amazonia, previaao Foro Social, o 26 deXaneiro (o 1º foi no PortoAlegre no 2001), que vaireivindicar o dereito áautodeterminación de naciónscoma Palestina, desterrada noseu territorio.

A peneira

1

1 2 3 4

3

42

Page 5: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

5

O Nadal vívese de distintosxeitos, como na literaturanavideña, a anglosaxona dunDickens: “Un conto de Nadal”(Ed. Xerais), ou a filosofía dunTournier, “Os Reis Magos” (Ed.Xerais). Pero, os evanxélicos ouos 6200 Testigos de Xehová deGaliza, non celebran aNavidade coma os católicos.O CONSELLOEVANXELICO DEGALIZA coordina a uns10.000 fieis. Preto de 700deles escolleron esta relixión naescola. Outros cristiánscelébrana o 6 de Xaneiro, oDía de Reis, coma os coptos deExipto e Etiopía, os ortodoxosde Serbia, Rusia, etc., poisseguen o calendario xuliano,que nós trocamos pologregoriano no s.XVI. Para elesa Epifanía, dedicación daCatedral dos patriarcas deMoscova, é o 19 de Xaneiro.Na foto un grupo de ortodoxosucranianos cantan panxoliñaspreto de Kiev. Para os 5000musulmáns de Galiza, taménten outro senso, Só 10 cativoscursan nos colexios os contidosda súa crenza.

O CONSUMO medra noNadal. O 36% de familias, as quecontan con fillos menores de 14 anosgastan o 70% do total. Arrastran aospais a mercar. Destinatarios dapublicidade (120 millóns €), o 19%papa televisión 3 horas/dia e o 11%2 horas sentados coas consolas. Moiconsumidores: 22 comercios/1000habitantes (Lugo e A Coruña 25),mentres no estado son 21. Unconcello ten 79 bares (en Pontevedra123 e en A Coruña: 116), fronte ámedia de 40, e máis coches: 454 por432. Un 30% máis de bares e tendas.Pero hai 387.000 galegos cun 48%da capacidade de compra da mediaestatal. Galiza conta con 34 centroscomerciais de máis de 5000 m2 e asúa superficie comercial vai medrarun 57% nos próximos 3 anos. Polacontra, o 25% dos nenos sofren baixaalimentación. Mentres, hai quen loitacontra as discriminacións comerciais.Jeni Rodríguez, na foto, gañou aedición de ideas empresariaisinnovadoras da USC, coa proposta defabricar xoguetes para nenos coneivas auditivas, visuais, etc.,adaptados ás súas minusvalías,porque os negocios escapan dunmercado restrinxido. Ata o 7, naCova da Terra de Lugo podemos ver aexposición “Consume ata morrer”, deEcoloxistas en Acción.

O 1 de xaneiro do 1959 Fidelentrou na Habana, culminandoa verdadeira independenciaque principiara 140 anosantes. Moitos galegosparticiparon en Serra Mestra,antes e despois. Celebrámolocoas fotos de Alberto Díaz (AHabana 1928-París 2001),sobre a Revolución cubana(1959-1968), recollidas en“KORDA, coñecido,descoñecido”. Pioneiro dafotografía submariña,mergullouse, nos fondos mariñosda Illa, durante 10 anos,rexistrados no “Atlas de coraiscubanos”. Foi fotógrafo nasviaxes de Fidel. Autor dun dos10 mellores retratos da historia,o do Che, no enterro dos caídosna sabotaxe do barco Le Coubrepola Cia, en 1960, o máisreproducido no mundo. No flashdunha nena humilde, sentiu acrudeza da ditadura de Batista, edecidiu dedicarse á xesta queinmortalizou en 50.000negativos: “Nese momento lem-breime do discurso de Fidel,cando dixo que coa Revoluciónnon ía haber nenas sen mon-ecas…”. 185 países volveron aesixir a fin do bloqueo na ONU,votando en contra só EEUU,Israel e Palau.

Os xudeus celebran o “Hanukkah”,festa das luminarias, o 25, arecuperación do Templo deXerusalén na dominación grega. Oano novo foi en outubro, comendomazás con mel, para que o anosexa doce. Os meses axústanse ásfases da lúa. O ano 0 foi aliberación de Exipto. No día doHOLOCAUSTO, o 27 dexaneiro, lembramos as irmás Lola,Xulia e Amparo Touza, na foto…,da cantina da estación deRibadavia, que axudaron aescapar aos xudeus perseguidospolos nazis, vía Portugal. Dalífuxían a América, Norte deÁfrica... A súa xenerosidadelevounas, na guerra civil, a atenderaos presos da cadea, fronte á súavivenda, na xudería que están arestaurar, lembradas na placacomo “loitadoras pola liberdade”,pola que foran detidas. Asolidariedade foi tan exemplar, quequixeron soterrarse na liña“medianeira” que separaba ocemiterio do espazo reservado a“non católicos”, coma o seucompañeiro e cómplice contra osfascismos, o intérprete, PérezParada, de crenza evanxelista. Senesquecer tantos galegos quemorreron nos campos deMauthausen, Dachau, etc.

5 6 7 8

5

6

7

8

Alfonso Blanco Torrado

Page 6: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

6

Pedro Pedrouzo Devesa

Ese é o nome que recibe a norma básica que regula o urbanismo de cadaconcello que, aínda que é modificable ao longo da súa vixencia, serve parafixar os criterios urbanísticos dun municipio. Neste documento aparece tantoa forma na que crecerá a cidade coma que porcións dos núcleos rurais sonurbanizables. De aí que un PXOM (Plan Xeral de ordenación municipal)sexa o lugar onde se defina a nosa forma de entender o cemento.

Mais, os PXOM non son só iso, senón que ademais son un dos instrumentosde maior calado de distribución da riqueza nun Concello. Pensemos comoafecta a economía dunha persoa titular dun solar que este sexa urbanizableou sexa rústico. De aí que cada vez que se aprobe un PXOM, os criteriosque indican por onde pode crecer o municipio e por onde non, que terrasson edificables e cales non, deben ser criterios obxectivos e claros. Se esescriterios non están moi claros é cando se evidencia a desprotección quesufriron moitos propietarios ao veren que eles non poden construír e o seuveciño si. É certo que nalgún sitio hai que poñer os lindes que separendistintos tipos de terreo, pero os urbanizables non poden aparecer comaflores de primavera onde menos o esperas.

Os PXOM sufren un dilatado proceso de elaboración por ser competentespara a súa aprobación tanto os Concellos como a Xunta. Ademaisnumerosos organismos teñen que informalos para ditaminar sedeterminados aspectos están ben recolllidos e suficientemente protexidos(augas, elementos patrimoniais, infraestruturas, etc).

A urbanización dos municipios é tarefa de todos. Tradicionalmente forondocumentos que se elaboraban de costas aos veciños que, por mor da súacomplicación técnica eran (e son) inintelixibles. Porén, cada ano que pasanos damos conta que cómpre coñecelos, porque non só os propietarios desolares están afectados por eles, todos os cidadáns gozarán ou padeceránun PXOM unha vez sexa aprobado definitivamente. Todos deben esforzarseen coñecelo cando aínda se está a tempo de mudar, é o momento dachamada exposición pública: momento que vai desde a aprobación iniciale a provisional ámbalas dúas feitas polo Pleno municipal. Ese é o intre noque hai que acudir ás dependencias municipais para comprobalo. Duranteese prazo de información pública que pode dura entre 1 e 2 meses, oscidadáns podemos presentar alegacións (pequenas protestas) para tentarmudar aquilo co que estamos en desacordo; aínda que só sexa aocomprobar que un peto de ánimas non figura recollido no catálogo deprotección dese PXOM.

Feliz e saudable urbanismo para 2009

Os PXOM: urbanizando un municipio

Page 7: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

7

Rubén Aramburu

OPeto do SantoAntónAcabei o ano retirado no ermotrapense de Armenteira. Compartínsilencio e oración coas 10 irmáns doCíster, algunha xa velliña pero outrasben mozas, como Luján que fixo votostemporais nunha fermosa e sinxelacelebración das vésperas. A naipriora sentou nunha cadeira emantivo un diálogo con Luján, senpalabras fachendosas, todo con moitahumildade e alegría. Non houbo máisfesta que os bicos que a nova irmánfoi dando as compañeiras e algunhabágoa que discorría como unhaoración agradecida e fuxitiva . haimais de 20 anos que estas monxaschegaron desde o mosteiro de Alloz,en Navarra para revivir o espírito deSan Ero na aba do Castrove. Sabesunha cousa que me gustou moito?Que estas monxas sendo case todasde fóra de Galiza teñen unha gransensibilidade cara a nosa lingua emesmo van a clases de galego. Variosdías celebran a misa en galego, ecantan as antífonas á virxe en galegoe moitas das oracións dos oficios.

Ía moito frío fóra do Mosteiro emirábanse moitos cumios nevadosdesde o alto do Castrove. Andei pormoitos camiños e quedeiimpresionado pola cantidade deregatos e fontes que rodean omosteiro. A auga cantareira brincapor todas partes como acompañandoa loanza das relixiosas. Atopei ocamiño de San Ero e fun por alí por semiraba o famoso paxaroadormentador. Pero os mozos debenconfundir o de Ero con Eros porqueestá todo ciscado desas porcalladasde látex, ti xa me entendes…co doadoque é preservar a natureza! Amoladovolvín ao cenobio.As veces tamén miro friaxes desde aexperiencia da vida; hai moita dor emoito desconcerto na xente.Naceunos unha meniña que se chamaEsperanza e de Armenteira levo unhafrase: “O trato con Deus ensina a seramigo da xente”. Debe ser verdade,as monxas de Armenteira teñen unhachea de amigos e amigas. Que haxaventura!

Page 8: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

8

Para axudar a esclarecer o tema,penso que hai que partir darealidade. E a realidade é queEspaña é un país definida epredominantemente católico na súahistoria. O factor relixioso fixo que,sen anular un pluralismo relixiosoexistente e ata o fenómeno dun certoateísmo, a vida e a historia de Españaconfiguráronse baixo a inspiracióndo Cristianismo, cobrando enormerelevo na súa tradición cultural:literaria, filosófica, teolóxica,arquitectónica, artística, etc. Nestesentido, pódese entender que aConstitución no seu Preámbulo fale“de protexer a todos os españois epobos de España no exercicio dassúas culturas e tradicións” e taménque “os poderes públicospromoverán o enriquecemento dopatrimonio histórico, cultural eartístico e dos bens que o integran”(Art. 46).Na nosa situación actual, Españaconsolidou un Estado Democrático ede Dereito, dentro do cal “todos os

españois son iguais ante a lei sen quepoida prevalecer discriminaciónalgunha por razón de relixión” (Cap.II, Art. 14), polo que “ningunhaconfesión terá carácter estatal. Ospoderes públicos terán en conta ascrenzas relixiosas da sociedadeespañola e terán as consecuentesrelacións de cooperación coa Igrexacatólica e as demais confesións”(Cap. II,Art. 16,3).

Todos somos laicosObviamente, por debaixo daaconfesionalidade do Estado, estácomo soporte e categoría ontolóxica,a laicidade, en virtude da cal todos osespañois son e gozan dunha mesma

condición cidadá, sustentada na súadignidade de persoa -con dereitos edeberes derivados- . Somos poistodos laicos, tamén os católicos, comoo son os demais crentes e noncrentes. Dicir laicos neste caso queredicir que todos somos iguais ante alei e todos temos dereito á liberdaderelixiosa.Ao mesmo tempo, esta igualdadequere dicir que rexeita toda sorte defundamentalismo excluínte (sexarelixioso, ideolóxico, ateo), pois odereito a obrar individual epublicamente de acordo coas súascrenzas é de todos. Ninguén podereclamar que, en nome do dereito apensar e expresarse con liberdade, senegue a outros ese mesmo dereito.Eu católico, ti mulsumán, ti xudeu, tibudista, ti ateo, tes dereito a facervaler o teu dereito á liberdaderelixiosa e non permitir que ninguénche impoña o seu denegando o teu.Na práctica, desde a realidadepluralista en que vivimos, isto queredicir que todos debemos traballar

cunha visión de conxunto, humilde erealista: non estamos sós, convivimoscon outros que en parte pensan eobran doutro xeito. Debemos vixiarpolo dereito e o deber de todos: senunha situación determinada alguénsente lesionado no seu dereito, debereclamalo e lograr que llo atenda erespecte. Pero ten o deber de noninvocar a priori a negación do seudereito, para denunciar e negar odereito dos demais.Tal realidade pluralista é a que nosimos atopar a diario en proporciónsvariables, moi variables, sen quepoida arbitrarse unha sentenzauniforme para todas.Se cumprimos, como estamos

Debate abertoBenjamín Forcano

LAICISMO E SÍMBOLOS RELIXIOSOS

Aínda é frecuente ver crucifixos nas esco-las públicas

A tafera do Estado é asegurar o ben común

Page 9: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

9

obrigados, e educamos como di aDeclaración Universal dos DereitosHumanos “para fortalecer osdereitos humanos e as liberdadesfundamentais e favorecer acomprensión, a tolerancia e aamizade entre todos os gruposétnicos e relixiosos” (Art. 26,2),entón está claro que toda situación -singular e irrepetible- deberá seranalizada, valorada e resolta dandovalidez ao dereito de cada un e decada grupo, co criterio básico deintegrar a todos, dentro dos valoresque nos unen e diferénciannos.Tal solución é tarefa de cantosparticipan e son responsables nasociedade, pero máis directamentede quen a exercen dentro dunCentro, Colexio ou Entidadeequivalente. Afirmar o propiodereito faise afirmando o dereito dosdemais. É aí, na pluralidade tal cal sedá, onde poderemos todos, endiálogo, concordar unha solución quesexa democrática, xusta e pacífica.

O estado como garante de dereitosQue o Estado sexa aconfesional nonquere dicir que sexa anticonfesional.O estado debe velar para que todosos cidadáns poidan ver respectadosos seus dereitos e cumprir cos seusdeberes. “Toda persoa ten dereito áliberdade de relixión; este dereitoinclúe a liberdade de cambio de

relixión ou de crenza, así como aliberdade de manifestar a súarelixión ou crenza, individual ecolectivamente, tanto en públicocomo en privado, polo ensino, apráctica, o culto e a observancia”(Declaración Universal dos DereitosHumanos,Art. 18).Este asegurar o ben común, é tarefado Estado. Pero isto, non lle esixe ircontra o dereito de ninguén, ninestablecer unhas normas xeraisríxidas, igualmente válidas para todosos lugares, pois serían seguramenteinadecuadas e inxustas, senón queseguindo o principio desubsidariedade, correspóndelleconfiar na laicidade e dignidadecomún de todos os cidadáns,“tratando de asegurar aos pais que osseus fillos reciban a formaciónrelixiosa e moral, que estea deacordo coas súas conviccións”(Constitución, Cap. II, Art. 27, 3) edese xeito contar coaresponsabilidade de quen, desde arealidade inmediata, mellor coñecena situación e poden resolvela conrealismo e prudencia.

Cara a unha cultura de comprensión,tolerancia e integraciónBaixando ao terreo concreto, pensoque as situacións plurais non debesenconverterse en situacións conflitivas,se existe, como se supón, bo sentido,respecto, intelixencia, diálogo evontade de concordia entre todos.Neste sentido, non entendo comoadecuadas e positivas as sentenzasxudiciais que, en determinados casos,estanse dando con carácter supresor,simplemente porque algún ou outroscidadáns protestan ou din sentirseferidos no seu dereito á liberdaderelixiosa e non respectar o carácteraconfesional do Estado. Eles teñendereito a esixir o seu dereito, aprobar se se lesiona e esixir que llorespecte na práctica. Pero non arequirir que, pola súa ideoloxía oucrenza diferente, se retiren por

exemplo os crucifixos da escola(cultura, costume, tradición, dereitodoutros)/doutros).Non é esa a cuestión. Quen pensanou cren doutro xeito deben reclamarconxugar o seu dereito e deber cosdos demais.Mentres un se atope librepara obrar e manifestar como pensa,e así sexa respectado, non ten porque esixir que a outros se lles prohibao que el reclama para si. A mincrente, non me ofende que un ateopoida expresarse como tal, pois un eoutro podemos compartir, aparte asnosas diferenzas, principios e valoresbásicos sobre a dignidade e dereitoshumanos. Xunto á imaxe de Xesús deNazaret, gábome de ter a imaxe doChe (chamado un Cristo político),pois entendo que ambos os dousconcordan en valores de granimportancia e iso fai que os poidaencomiar e ter xuntos como exemplo.A min, ateo, non me ofende a imaxedun Crucificado nunha aula colexial,por significar e recordarme unhavida coherente ata o extremo coaxustiza, a igualdade, a liberdade e oamor aos máis pobres; nin a min,crente, me ofende a imaxe dun Chena mesma aula, pois me sobrecolle aheroicidade da súa loita que lle levouata dar a súa vida pola xustiza e aliberación dos máis pobres.Esta cultura de comprensión,tolerancia activa e integración é caraa onde camiñamos. Vimoscertamente dun pasado onde ascousas eran doutro xeito, pero pormoitos e bos motivos fomoscambiando, fixémonos menosdogmáticos e excluíntes, e acabamosentendendo que uns e outros somoslibres - nada vale moralmente seracha esa liberdade - e que podemosconvivir pacificamente no respecto,diálogo e cooperación, sennecesidade de excluírmonos ninenfrontarmos.Porque se é verdade que é moito oque nos diferencia, é moito máis oque nos une e nos fai irmáns.

Os ateos defenden cada vez máis publi-camente a súa condición

Page 10: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

10

Manifesto en defensa dosReisMagos

Apoio aos nosos queridos reis magos, marxinados e esquecidosgrazas a un invasor repoludo produto do consumismo compulsivo

Estes tres pobres venerables anciáns levan dous milanos coa súa PEME, tendendo unicamente ao mercadoespañol e sen intención de expandirse e están sufrindounha agresión que ameaza con destruílos, polo calreivindicamos a figura dos Reis Magos por:

1. Os Reis Magos son un símbolo da multiracialidade enunca tiveron problemas de inmigración.

2. Os Reis Magos son fashion total, a súa elegancia novestir non pasou de moda en dous milenios.

3. Se non existisen os Reis Magos, as vacaciónsacabaríanse o 2 de xaneiro.

4. Os Reis Magos son ecolóxicos, utilizan vehículos detracción animal que co seu esterco contribúen afertilizar o chan patrio (nada de trineos voando ninparvadas que non existen).

5. Os Reis Magos xeran unha chea de postos de traballoentre paxes, carteiros reais e multitude de xente quevai na cabalgata.

6. De Papá Noel pode facer calquera mixiricas, peropara facer de Reis Magos necesítanse polo menos tres.

7. Os Reis Magos fomentan a industria do calzado eensinan aos nenos que as botas débense limpar polomenos unha vez ao ano. Pola contra, o Papá Noelesixe que se deixe un calcetín, peza proclive a servirde acomodo da roña, cando non de indecorosostomates.

8. Os Reis Magos planifican detalladamente o seutraballo e retíranse discretamente cando acaban afunción.

9. Santa Claus vive no Polo Norte e por iso é unamargado, os Magos son de Oriente, berce dacivilización e por iso dunha elegancia non decadente.

10. Os Reis Magos tiveron un papel destacado no Nadal,Santa Claus é un trepa que trata de aproveitarse donegocio e que non participou en nada nosacontecementos do Nadal.

11. Os Reis Magos son dos poucos usuarios quemanteñen en pé a minería do carbón en Asturias. Nono cambiaron por gas natural nin por lámpadascharramangueiras.

12. Os Reis Magos sábeno todo. Santa Claus non sabeoutra cousa que axitar estupidamente unha campaíña.

13. Santa Claus é un zoquete que non respecta ossentimentos dos renos de nariz colorado. Non haidocumentado ningún caso de malos tratospsicolóxicos por parte dos Reis Magos cara aos seuscamelos.

14. Os Reis Magos son agradecidos, sempre se comen aslambetadas que lles deixamos no prato.

15. Sen os Reis Magos non se inventaría o Roscón deReis.

16. Finalmente, Santa Claus pásase a vida dicindo ?¡Jo,jo, jo!?. Risa forzada e sen sentido. Sinal de estupidez.

Page 11: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

11

Page 12: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

12

“Paco Roca fala da dexeneración senil e doAlzheimer. Emilio, un anti-go executivo bancario, é “aloxado” nunha residencia pola súa familia.(…) Lémbrase da súa infancia, esquece o que acaba de ler, síntese des-colocado… Arrugas conta con precisión a batalla contra a vellez. Unhabatalla sen armas pero non exenta de bágoas.”

Yves-Marie Labé. LE MONDE

Paco Roca: Arrugas. Ed.Astiberri. Premio Nacional de Cómic 2008.

Entre os días 6 e 10 de decembro celebrouse en Santiago un congreso internacional

sobre “Autonomía e Educación”, organizado pola universidade.Voces galegas dentre

os participantes reclamaron unha meirande e millor atención ó ensino do galego que

aínda non está regularmente implantado nas escolas e institutos e ó ensino en galego.

(…) Pero se o goberno galego ten moita responsabilidade non é menor a dos pais e

da sociedade galega. Coma cristiáns, as festas da encarnación de Deus son unha

chamada a non desencarnar a nosa vida. Dar vida á nosa raíz humana, que é galega,

dar nova vigoría ó noso idioma e con el ó noso pobo, é unha boa maneira de seguir o

camiño de Xesús, que pra ser universal non lle foi obstáculo pertencer a un pobo

pequeno, nen falar unha lingua de minorías.

Ás furtadelas http://

Comodiciamos onte...

http://www.cuentameunaopera.com/Páxina adicada á difusión da ópera entre os

máis pequenos. Os argumentos operísticosaparecen coma contos que se poden ir lendomentras se escoita a melodía. Ademais,tamén atopamos entrevistas con intérpretes,debuxos e recomendacións bibliográficas.Unha boa idea!

http://www.bancomundial.org/Sabemos que é unha organización moi con-testada, pero na súa páxina podemos atoparmultitude de datos e informes de interéssobre aspectos de actualidade. É recomen-dable tamén a sección “You Think”, adicadaaos máis novos.

http://www.combonianos.com/editorial/

Dentro da páxina xeral de MisionerosCombonianos está a sección adicada a súaeditorial “Mundo Negro”, con máis dun cen-tenar de publicacións moi variadas: pode-mos atopar desde unha gramática de suahiliata un estudo da fauna africana.

Page 13: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

13

BoaNova

Epifanía significa manifestación, darse a coñecer. Esta festividade cristiá que sexeneralizou na Igrexa a partir do s. IV, pouco tempo despois da fixación dafestividade do Nadal, tivo a súa orixe entre as comunidades cristiás da parteoriental do Imperio romano. Estas comezaron a tradición de celebrar amanifestación de Xesús coma Fillo de Deus nunha data na que se superpoñíana outras antigas celebracións pagás que festexaban o solsticio de inverno.Dende este momento a Igrexa celebra a revelación de Xesús ao mundo pagán.Deste xeito, sen ter que pasar pola tradición xudía, o mundo pagán podeachegarse a Xesús e recoñecelo como salvador da humanidade. Os magos,unha terminoloxía que remite posiblemente a sacerdotes simbolizan a esespagáns que na súa busca se achegan a Xesús. A tradición acabaríaentronizándoos coma “Reis Magos”, seguramente pola lectura que se fixo dosalmo 72, 10-11. Boa proba do éxito desta festividade, a historia dos magosfoise complicando con moitos detalles que non aparecen no texto de Mateo, oúnico evanxelista que recolle esta historia: así os seus nomes ou as súascaracterísticas físicas, así como a tradición de agasallar, coma fixeran osmagos con Xesús, aos máis pequenos nesta festividade, que se ben é coñecidaen toda a Igrexa, ten unha especial relevancia no mundo hispano.

José A. Martínez

AC

LAV

EDOMINGO 4 DE XANEIRO DE 2009.EPIFANÍA DO SEÑORMt 2, 1-12Xesús naceu en Belén de Xudea, en tempos do reiHerodes. E nisto uns magos de Oriente chegarona Xerusalén preguntando: “Onde está o Rei dosxudeus que acaba de nacer? Porque vimos saír asúa estrela alá no Oriente, e vimos para llerendermos homenaxe”. Oíndo isto, o rei Herodesalporizouse, e con el toda Xerusalén. Convocou atodos os sacerdotes e letrados do pobo, para llespreguntar onde tiña que nacer o Mesías. Elesresponderon: “En Belén de Xudea, que así odeixou escrito o profeta (...)”. Entón Herodes, ásagachadas, chamou aos magos, para se informarben de cando lles aparecera a estrela. Logomandounos a Belén, dicíndolles: “Ide einformádevos ben do que hai dese neno; e unhavez que o atopedes, avisádeme, para ir eu taména lle render homenaxe”.Eles, despois de oíren ao rei, puxéronse encamiño. E, velaí, a estrela que viran saír doOriente foinos guiando ata se deter enriba deonde estaba o neno. Grande alegría sentiron aoveren saír de novo a estrela. E cando entraron nacasa atoparon o neno con María, súa nai.Postráronse e rendéronlle homenaxe; logo,abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle comaregalo ouro, incenso e mirra. Logo, avisados ensoños de que non volvesen por onda Herodes,saíron para a súa terra por outro camiño.

APA

LAB

RA

Os Reis Magos existen, disto non haidúbida, pero a súa historia carece de todacredibilidade. E non é que cuestionemos queá fin do s. I a.C., uns misteriosos personaxeschegados de Oriente fosen guiados por unastro até a unha pequena vila de Xudeapara adorar e agasallar a un meniño queacababa de nacer, senón que nestes temposque corren, de guerras preventivas e totaiscontra o terrorismo yihadista internacional,tres persoas, por moi magos que sigansendo, sexan capaces de atravesar oconvulso oriente medio e, sobre todo,ingresar no europeo espazo Schegen coassúas restritivas leis de extranxeiría. Contodo, continuaremos a buscar aquilo quenos deixaron cada 6 de xaneiro.

OE

CO

Page 14: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

1414

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia CamposChan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé LoisVilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara PazQuiñones, Agustín Bueno, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea,Xerardo Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar,Mariano Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu.

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEGAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

Festa do Lume 2009:Crise de sistema, crise de utopías. Alternativas

O sistema recórdanos, nunca das súas crises recorrentes, todas as súas miserias.

No en tanto, a cultura da esquerda arrastra, a súa vez, unha crise de identidadede longo percorrido.

Os grandes relatos foron empequenecéndose e a disidencia refuxiouse enpequenas causas, tanxibles, locais, relativas. Semella que as organizaciónsclásicas só sobreviven na medida en que simbiotizan o poder. Fálase derecomposición do movemento alternativo. Hai tal?

A fe en clave de liberación participa do escenario. Comunidades de base,movementos de inculturación e relectura da fe desde o outro lado da historia–o que lle corresponde por nacemento- , sofren esa mesma crise deplausibilidade entre as novas xeracións. O retorno do relixioso prodúcese poroutras vías: intimismo, autosanación, new age. Cal é o sentido de todo isto?

Compromiso de liberación e identidade cristiá e galega son aspectos nuclearesda experiencia de IRIMIA. Queremos estar contra o síndrome NNA (Non hainingunha alternativa). Pero participamos dos desconcertos culturais domomento: Cal é? Cales son? Por onde apuntan esas alternativas no social, nopolítico, no relixioso?

Na festa do lume desde ano, para contribuír a unha reflexión sobre estesaspectos, botaremos man de dous amigos: Camilo Nogueira Román e VictorinoPérez Prieto.

Desde enfoques e traxectorias distintos e complementarios estimularán odebate necesario. Ide facendo sitio na axenda: Pazo de Galegos, 7 de febreiro.

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A ter ra va i dando f ro i to por s i mesma

ANO XXIX • Nº 779 - Do 29 de decembro ao 18 de xaneiro de 2009

FELIZANOESPERANZADOTENROVERDEE-LECTORALECUMENICOPACIFICOFEMININOSIN-XELOACOUGADOCREATIVORISEIROMILITANTE-AGARIMOSOREVELADORPARIDEIROXUSTOINS-PIRADODISCRETOHUMIDOTEPEDOAUSTERO-SENSUALREPOLUDOCOMPASIVOLINDOENERXI-COMATERNALRURALECOLOXICOROMAXEIRO-SUSTENTABLEGOZOSOEXPLORADORTRANQUI-LOMELLORABLENOVOREVOLUCIONARIO-MISTICOOCEANICOCRENTEINOCENTEFECUN-DOANIMADOMOTIVADOSABIOBAILARINSOLI-DARIOLIMPOCUMPRIDOGRATUITOIDILICOCOM-PARTIDOCRITICOINCONFORMISTAEMOCIONA-DOSANOIRREVENRENTEUTOPICORELAXADOI-LUSTRADOAPAIXONADOMACANUDOEXCELEN-TERECONCILIADOCONSCIENTEFRESCOBENFEI-TOAGRADABLEROMANTICOIRIMEGO

Page 15: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

15

Utopía

A terra vai dando froito por si mesma [Mc 4, 28]

Page 16: REVISTA QUINCENAL DE CRENTES GALEGOSasociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_779_WEB.pdfremanece no Nadal, pero sobre todo a implicación de Xesús cos pobres, denunciando a falsidade dun

16

Falando da lingua Turismo lingüísticoLidia e Valentina

Doutores en economía ten Irimia que hansaber valorar axustadamente a decisión doParlamento Europeo de parar a xornada de65 horas semanais. Nós, namentres, fixámo-nos na letra pequena dos xornais cando dinque Gadisa –a empresa que vive coma galegapero que non vende leite de Feiraco- foi multa-da con 50000 euros por conculcar os dereitosdos seus traballadores e ameazar os que que-rían presentar a súa candidatura sindical polaCIG. Gadisa non está soa nesta teima. Haipouco eran os traballadores de Froiz os que sereviraron contra o seu xefe; outras empresas

de alimentación con matriz alemá seica ataimpiden falar as súas empregadas coa dacaixa do lado –nin sequera en linguas maio-res. Dicía atinadamente o trasno hai uns anosnestas páxinas que a empresa privada funcio-na razoablemente ben cando é unipersoal,pero de aí para riba a cousa xa non tenamaño. Tanto ten que o empregado teña quecomer un bocadillo na esquina da tenda ouque o indonesio cobre 300 euros por ir aomar. Vivamos coma galegos: explotemoscoma neoliberais!

A.Q.

O Fachineiro dos dereitos laborais

Tódolos anos nestas datas dedicamos o noso espazo a cantares de reis epanxoliñas e por iso mesmo, para non resultar cansinas, ímosvos facer unhaproposta para este tempo no que moitos teredes uns diíñas libres.Aproposta consiste en facer “viaxes lingüísticas”, si, si, unha nova modalidadeque imos promover de cara a este Nadal e, se nos dicides que funciona, imospropoñerlle ás axencias de viaxes de cara ó 2009 que metan nas súas ofertaspara épocas de crise o turismo lingüístico, que é aquí pretiño, podemos ir encoche, autobús ou tren e practicalo en fin de semana.A que vén isto a conto? Pois ocorréusenos ó ver o gran descoñecido que é onoso idioma, nas súas diferentes variantes dialectais pero sobre todo nassúas variantes de fóra do territorio autónomo, o que se chama “galegoexterior” e do que xa falamos o outro día.A xente chámanos abraiada paracomunicarnos que non sabían que se falaba galego no Bierzo... pois isto haique remedialo.Viamos no número anterior que o territorio da antiga Gallaecia romana,onde o latín evolucionou cara ó galego, era máis amplo do que é hoxeGalicia. Chegaba ó río Navia en Asturias e ocupaba todo o Bierzo e uncacho do que hoxe é Zamora e mais o norte de Portugal (ata o Douro). Oterritorio do Miño cara ó sur seguiu unha evolución diferente nun paísdiferente, pero no resto do territorio da Gallaecia seguiuse falando galego, ogalego chamado “exterior”, que é o que se fala no occidente de Asturias, noBierzo e nas parroquias zamoranas de Lubián e Hermisende.Pero aínda hai máis, porque tamén en Extremadura se fala galego! Non noscredes? probade a facer ese turismo que propoñemos e ir falar coa xentiñade tres concellos, no norte de Extremadura, na parte occidental que lindacon Portugal e Salamanca, que se chaman Ellas, San Martín de Trebelle eValverde do Fresno onde se fala o galego medieval, o que eles chaman aFala. Neses lugares ides atopar un galego algo arcaico, cunha sonoridadesemellante ó asturiano que se conserva desde hai case nove séculos nesastres aldeas que foron repoboadas con galego na reconquista encabezada porFernando II e Alfonso IX de León e Galicia.Veña, abrigarse e a viaxar para falar coa xentiña deses lugares ... e xa noscontaredes!