reuniÓn do 21 de outubro de 2014 - usc · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de...

24
1 de 24 Comisión de Enxeñaría Informática REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 A Comisión da Titulación do Grao en Enxeñaría Informática reúnese en segunda convocatoria, ás 12:10 horas na SALA DE XUNTAS X3.1 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, coa asistencia dos membros: D. Antonio Mosquera González, Presidente D. Francisco J. Pena Brage D. José Carlos Cabaleiro Domínguez D. José Varela Pet, Secretario Ausencia xustificada: D. Manuel Lama Penín Ausencia: D. Martín Coego Pérez D. Eduardo M. Sánchez Vila para tratar os asuntos indicados na orde do día da convocatoria que se achega como anexo a esta Acta. ACORDOS 1. Aprobación das actas das reunións do 18 e o 25 de xuño de 2014 Apróbanse por asentimento as actas das reunións do 18 e o 25 de xuño de 2014, remitidas previamente por correo electrónico. 2. Informes do Coordinador O coordinador da titulación da conta das diversas reunións que tiveron lugar ao longo do presente mes cos grupos de interese da titulación. Por unha banda, os días 2 e 3 de outubro reuníronse os alumnos de primeiro curso cos seus titores do Programa de Titorías Personalizadas (PTP). O nivel de asistencia foi óptimo (superior ao 70%) e tratáronse temas como os programas de mobilidade, a Aula Profesional, as prácticas en empresa, as especialidades previstas no grao ou as bolsas de administración das aulas de informática.

Upload: others

Post on 23-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

1 de 24

Comisión de Enxeñaría Informática

REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014

A Comisión da Titulación do Grao en Enxeñaría Informática reúnese en segunda convocatoria, ás 12:10 horas na SALA DE XUNTAS X3.1 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, coa asistencia dos membros:

D. Antonio Mosquera González, Presidente D. Francisco J. Pena Brage D. José Carlos Cabaleiro Domínguez D. José Varela Pet, Secretario

Ausencia xustificada:

D. Manuel Lama Penín

Ausencia:

D. Martín Coego Pérez D. Eduardo M. Sánchez Vila

para tratar os asuntos indicados na orde do día da convocatoria que se achega como anexo a esta Acta. ACORDOS 1. Aprobación das actas das reunións do 18 e o 25 de xuño de 2014

Apróbanse por asentimento as actas das reunións do 18 e o 25 de xuño de 2014, remitidas previamente por correo electrónico.

2. Informes do Coordinador

O coordinador da titulación da conta das diversas reunións que tiveron lugar ao longo do presente mes cos grupos de interese da titulación.

Por unha banda, os días 2 e 3 de outubro reuníronse os alumnos de primeiro curso cos seus titores do Programa de Titorías Personalizadas (PTP). O nivel de asistencia foi óptimo (superior ao 70%) e tratáronse temas como os programas de mobilidade, a Aula Profesional, as prácticas en empresa, as especialidades previstas no grao ou as bolsas de administración das aulas de informática.

Page 2: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

2 de 24

O día 2 de outubro tivo lugar asemade unha xuntanza entre os representantes dos alumnos do GrEI (delegados e subdelegados de curso, compoñentes da Xunta de Escola e membros do Claustro Universitario) e o coordinador do título. Entre as cuestións discutidas, cómpre destacar:

A demanda dunha mellor difusión de información relativa aos Traballos de Fin de Grao e ás Prácticas Externas.

A queixa de que se está a invadir o horario reservado da Escola con actividades académicas dalgunhas materias.

A desconformidade con certos aspectos da convocatoria de cambio de grupo, novidade no centro para o presente curso académico.

A protesta con respecto aos prazos de entrega de tarefas nalgunhas materias.

A suxestión de consultar cos alumnos, a través dunha enquisa, os seus intereses en canto á temática das actividades a programar na Aula Profesional.

Por outro lado, o 20 de outubro celebrouse unha reunión entre o coordinador do título e os profesores implicados na súa docencia, na cal se trataron polo miúdo tres temas de gran relevancia:

A notificación de plaxios de traballos prácticos: clarexouse o proceso que se artella cada vez que se recibe unha nova incidencia.

A mellora dos procedementos relativos á realización de Traballos de Fin de Grao: recibíronse varias suxestións en canto á extensión máxima das memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible para alumnos e profesores, á composición de tribunais, á documentación necesaria para a valoracións dos traballos, á mecánica de defensa ou á publicación de cualificacións.

O plan de melloras que haberá de adoptarse conforme ao recollido no autoinforme de seguimento do título para o curso 2013/14, ao estar próximo a rematar o prazo para o seu envío á ACSUG.

3. Ratificación de acordos por procedemento de urxencia

Ratifícanse por asentimento os acordos aprobados por procedemento de urxencia dende a última reunión da Comisión:

Validación de materias solicitada por D. Denis Romasanta Rodríguez (data de aprobación: 30/7/2014).

Matrícula a tempo parcial solicitada por D. Fernando Rubio Salgado (data de aprobación: 19/9/2014).

Proposta de Curso Ponte para D. Víctor Sande Veiga (data de aprobación: 19/9/2014).

Page 3: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

3 de 24

Validacións de materias solicitadas por D. Miguel Alonso Castro, D. Ismael Castiñeira Vázquez, D. Martín Dacosta Salgado e D. Armando Nogueira Río (data de aprobación: 23/9/2014).

Validación de materias solicitada por D. Carlos Almuíña Varela (data de aprobación: 29/9/2014).

Validación parcial de estudos estranxeiros solicitada por D. Muhammad Bilal (data de aprobación: 30/9/2014).

Validación de materias solicitada por D. Fernando Rubio Salgado (data de aprobación: 3/10/2014).

Validación de Prácticas Externas en base á súa experiencia laboral, por D. Francisco Javier Domínguez Martínez (data de aprobación: 7/10/2014).

Recoñecemento de equivalencia estudos estranxeiros solicitada por D. Elvio Esposito (data de aprobación: 7/10/2014).

Validacións de materias solicitadas por D. Sergio Manuel Juncal Rodríguez e D. Javier Justo García (data de aprobación: 14/10/2014).

Corrección da proposta de validación parcial previamente aprobada para D. Muhammad Bilal (data de aprobación: 14/10/2014).

Validación de materias solicitada por D. David Sánchez Silva (data de aprobación: 21/10/2014).

No apartado de anexos pódese atopar información pormenorizada relativa á maioría destes acordos.

4. Convenio CEPRAL

O presidente da Comisión informa de que o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) contactou co centro para ofrecer o servizo de Certificación na Experiencia Profesional para o Recoñecemento Académico e profesionaL (CEPRAL) para perfís na área da Enxeñaría Informática. De acordo co previsto no R.D. 861/2010, a USC pode outorgar aos seus estudantes o recoñecemento académico da experiencia profesional (RAEP): “la experiencia laboral y profesional acreditada podrá ser también reconocida en forma de créditos que computarán a efectos de la obtención de un título oficial, siempre que dicha experiencia esté relacionada con las competencias inherentes a dicho título.”

A proposta do presidente da Comisión é que a USC subscriba un convenio co CPETIG para que o RAEP no GrEI se faga a través da certificación CEPRAL do solicitante emitida polo CPETIG. Feitas as aclaracións oportunas pola súa banda e á vista da documentación presentada, apróbase por asentimento informar favorablemente con respecto da subscrición deste convenio.

Page 4: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

4 de 24

5. Plaxio de traballos prácticos

Con data do 17 de xullo de 2014 recibiuse notificación asinada por dous profesores da materia ‘Enxeñaría do Coñecemento’ en canto á detección de evidencias importantes de plaxio na entrega das prácticas obrigatorias na oportunidade de xullo. Cinco dos casos descritos correspóndense a entregas altamente coincidentes cos traballos entregados por outros compañeiros na primeira oportunidade, mentres que a sexta incidencia débese á gran similitude entre as entregas de dous alumnos na mesma oportunidade de xullo. No informe emitido descríbense polo miúdo as circunstancias de cada caso.

Os docentes solicitan, ademais, que se promova unha revisión da normativa de cualificacións da USC, xa que actualmente existe a obriga de manter a cualificación da primeira oportunidade e, consecuentemente, a acción fraudulenta acaba por non ter repercusión no expediente académico.

Non existindo reincidencia en ningún dos casos, apróbase o envío dunha carta a cada un dos seis alumnos implicados por parte do presidente da Comisión, advertindo das consecuencias que podería carrexar verse envoltos nunha nova comunicación de plaxio.

6. Informe de Seguimento do GrEI para o curso 2013/14

O presidente da Comisión e o coordinador do Grao expoñen os factores que determinan o enfoque co cal se está a traballar na redacción do autoinforme de seguimento do GrEI para o curso 2013/14. Particularmente, estase a procurar unha fonda reflexión con respecto a dúas das cuestións que xa foron as de maior preocupación nos autoinformes dos cursos anteriores: a docencia en inglés e a taxa de abandono en primeiro curso. En canto ao segundo destes aspectos, o profesor Francisco Pena sinala que podería ser de utilidade coñecer o grao de correlación entre esta taxa e a nota de acceso dos alumnos afectados. O profesor Antonio Mosquera transmite que, se ben a sensación xeneralizada parece ser que o obxectivo marcado na Memoria do Título (10% como máximo para a taxa de abandono) é ambicioso de máis, non debería promoverse a súa reconsideración sen ter antes abordado unha análise en maior fondura.

O presidente defende a necesidade de que paulatinamente os membros da Comisión se vaian facendo corresponsables das diferentes tarefas propias de dita Comisión, reforzando así a acción do coordinador do título. Isto é aínda máis relevante ao terse confirmado que o GrEI será sometido ao proceso de reacreditación pola ACSUG no presente curso 2013/14.

7. Rolda aberta de intervencións

Sen intervencións.

Page 5: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

5 de 24

Ás 13:05 remata a reunión, da que como Secretario estendo a presente Acta. Asinado: D. José Varela Pet Secretario da Comisión

Vº e Pr. D. Antonio Mosquera González Presidente da Comisión

Page 6: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

ANEXOS

Page 7: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

Comisión de Enxeñaría Informática

CONVOCATORIA Por indicación do Presidente da Comisión, compráceme convocar aos membros da Comisión de Enxeñaría Informática a unha reunión ordinaria, o día 21 de OUTUBRO de 2014 na SALA DE XUNTAS 3.1 da ETSE, ás 12:00 h. en 1ª convocatoria e ás 12:30 h. en 2ª convocatoria, coa seguinte ORDE DO DIA 1. Aprobación das actas das reunións do 18 e o 25 de xuño de 2014 2. Informes do Coordinador 3. Ratificación de acordos por procedemento de urxencia 4. Convenio CEPRAL 5. Plaxio de traballos prácticos 6. Informe de Seguimento do GrEI para o curso 2013/14 7. Rolda aberta de intervencións

Santiago de Compostela, 15 de OUTUBRO de 2014

José Varela Pet Secretario da Comisión

Page 8: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

ACORDOS ADOPTADOS POR PROCEDIMENTO DE URXENCIA

Page 9: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Romasanta Rodríguez, Denis ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Química (GrEQ) CENTRO: Escola Técnica Superior de Enxeñaría, USC MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada no GrEQ ECTSFísica * 9Matemáticas 9Estatística 6Ecuacións Diferenciais 6Economía de Empresa 6TOTAL 36* Tívose en conta que ten superadas tamén as materias ‘Electrotecnia’, ‘Ciencia de Materiais’ e ‘Automática Industrial’ para descartar ‘Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática’ do grupo de materias de FB que debe cursar.

MATERIAS QUE TEN QUE CURSAR PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar no GrEI ** ECTSProgramación I 6Programación II 6Sistemas Dixitais 6Fundamentos de Computadores 6TOTAL 24** O conxunto de contidos e competencias recollidas na materia ‘Simulación e Optimización’ do GrEQ reforza a idea de non incluír na proposta materias de FB do módulo de Matemáticas do GrEI.

OUTRAS MATERIAS RECOÑECIDAS: Materia cursada no GrEQ ECTS Materia do GrEI ECTSMatemáticas Ecuacións Diferenciais Simulación e Optimización

96

4,5

Cálculo e Análise Numérica 6

RECOMENDACIÓNS DE FORMACIÓN COMPLEMENTARIA: Materia de FB do GrEI Recomendación de estudo Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática

Os temas relacionados coa implementación de sistemas dixitais microelectrónicos

Fundamentos de Matemáticas

Os tres primeiros temas de lóxica

Matemática Discreta Todos os temas excepto o número 4 (grafos) Álxebra Os temas que recollen os contidos non tratados no

tema 1 da materia ‘Matemáticas’ do GrEQ

Page 10: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

MATERIAS NON RECOÑECIDAS: Materia cursada no GrEQ Motivación Informática Os contidos e competencias non son

suficientes para acadar o recoñecemento da materia ‘Programación I’ do GrEI

Sistemas de Produción Industrial

Sen equivalente no GrEI

Xestión da Calidade Os contidos e competencias non son suficientes para acadar o recoñecemento da materia ‘Calidade do Software’ do GrEI

Proxectos e Deseños de Instalacións

Sen equivalente no GrEI

Page 11: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

Proposta de CURSO PONTE para D. Víctor Sande Veiga:

Administración de Sistemas e Redes (6 ECTS) Desenvolvemento de Aplicacións Web (6 ECTS) Computación Distribuída (6 ECTS) Enxeñaría de Computadores (4,5 ECTS) Enxeñaría do Coñecemento (6 ECTS) Compiladores e Intérpretes (4,5 ECTS) Seguridade Informática (6 ECTS) Xestión de Proxectos Informáticos (4,5 ECTS) Traballo Fin de Grao (16,5 ECTS)

Page 12: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Alonso Castro, Miguel ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Informática CENTRO: Facultade de Informática, Universidade da Coruña MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada na UDC ECTSCálculo 6Programación I 6Programación II 6Álxebra 6Informática Básica 6Matemática Discreta 6Tecnoloxía Electrónica 6Fundamentos dos Computadores 6Estatística 6Administración e Xestión de Organizacións 6TOTAL 60 OUTRAS MATERIAS RECOÑECIDAS: Materia cursada na UDC

ECTS Equivalente na USC

ECTS

Redes 6 Redes 6

Page 13: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Castiñeira Vázquez, Ismael ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Informática CENTRO: Facultade de Informática, Universidade da Coruña MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada na UDC ECTSInformática Básica 6Programación I 6Programación II 6Álxebra 6Matemática Discreta 6Estatística 6Administración e Xestión de Organizacións 6TOTAL 42 MATERIAS QUE TEN QUE CURSAR PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar na USC ECTSFundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática 6Sistemas Dixitais 6Fundamentos de Computadores 6TOTAL 18

Page 14: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Dacosta Salgado, Martín ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Informática CENTRO: Facultade de Informática, Universidade da Coruña MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada na UDC ECTSCálculo 6Programación I 6Programación II 6Álxebra 6Informática Básica 6Matemática Discreta 6Tecnoloxía Electrónica 6Fundamentos dos Computadores 6Estatística 6Administración e Xestión de Organizacións 6TOTAL 60

Page 15: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Nogueira Río, Armando ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Informática CENTRO: Facultade de Informática, Universidade da Coruña MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada na UDC ECTSCálculo 6Programación I 6Programación II 6Álxebra 6Informática Básica 6Matemática Discreta 6Tecnoloxía Electrónica 6Fundamentos dos Computadores 6Estatística 6Administración e Xestión de Organizacións 6TOTAL 60

Page 16: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Almuíña Varela, Carlos ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática CENTRO: Escola de Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada na UVigo ECTSÁlxebra e estatística 9Cálculo I 6Introdución á Xestión Empresarial 6Expresión gráfica 9Informática para a enxeñaría 6TOTAL 36 MATERIAS QUE TEN QUE CURSAR PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar na USC ECTSMatemática Discreta 6Programación II 6Sistemas Dixitais 6Fundamentos de Computadores 6TOTAL 24 MATERIAS RECOMENDADAS PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar no GrEI ECTSFundamentos de Matemáticas 6Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática 6Programación I 6TOTAL 18

Page 17: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE CONVALIDACIÓN PARCIAL DE ESTUDOS ESTRANXEIROS PARA CONTINUACIÓN DE ESTUDOS SOLICITANTE: Bilal, Muhammad ESTUDOS: Computer Systems Engineering CENTRO: Mehran University of Engineering & Technology (Jamshoro, Pakistán) MATERIAS RECOÑECIDAS: Universidade de orixe Cr.

* GrEI ECT

S Laplace Transform and Discrete Mathematics Applied Calculus

44

Fundamentos de Matemáticas 6,0

Laplace Transform and Discrete Mathematics

4 Matemática Discreta 6,0

Statistical Methods and Estimation 4 Estatística 6,0Computer Programming 6 Programación I 6,0Digital Logic and Design 6 Sistemas Dixitais 6,0Data Structures and Algorithm Analysis 6 Algoritmos e Estruturas de Datos 6,0Object Oriented Paradigm 6 Programación Orientada a

Obxectos 6,0

Computer Architecture and Design Concepts

4 Arquitectura de Computadores 4,5

Database Concepts 6 Bases de Datos I 6,0Operating Systems Design Concepts 6 Sistemas Operativos I 6,0Computer Graphics 6 Computación Gráfica 4,5Web Development 6 Desenvolvemento de Aplicacións

Web 6,0

System Programming and Compiler Design

6 Compiladores e Intérpretes 4,5

Operations Research 6 Investigación de Operacións 4,5E-Marketing and Management 4 Organización e Xestión

Empresarial 6

TOTAL - TOTAL 84* Cada crédito na titulación de orixe implica 13 horas presenciais MATERIAS NON RECOÑECIDAS: Universidade de orixe Motivación Linear Algebra and Analytical Geometry

Contidos insuficientes para obter o recoñecemento de ‘Álxebra’

Applied Calculus Differential Equations and Fourier Series

Contidos insuficientes para obter o recoñecemento de ‘Cálculo e Análise Numérica’

Electronic Engineering I Electronic Engineering II Electronic Workshop

Contidos insuficientes para obter o recoñecemento de ‘Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática’

Page 18: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

Electrical Circuits Basic Electrical Engineering Database Management Systems Data Warehousing

Contidos insuficientes para obter o recoñecemento de ‘Bases de Datos II’

Computer Communication and Networking

Contidos insuficientes para obter o recoñecemento de ‘Redes’

Nota: a corrección aprobada o día 14/10/2014 figura en cor azul.

Page 19: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Rubio Salgado, Fernando ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Informática (Facultade de Informática, UDC), Ingeniería Técnica en Informática de Gestión (Universidad de Salamanca) MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB da UDC (recoñecidas da USAL) ECTSProgramación I 6Álxebra 6Tecnoloxía Electrónica 6Estatística 6Administración e Xestión de Organizacións 6Cálculo 6Fundamentos dos Computadores 6Informática Básica 6TOTAL 48 MATERIAS QUE TEN QUE CURSAR PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar na USC ECTSProgramación II 6Sistemas Dixitais 6TOTAL 12 OUTRAS MATERIAS RECOÑECIDAS: Materia recoñecida na UDC ECTS Equivalente na USC ECTSBases de Datos 6 Bases de Datos I 6 Deseño Software 6 Deseño de Software 6 Redes 6 Redes 6 Interfaces Persoa-Máquina 6 Interacción Persoa-Ordenador 6 Lexislación e Seguridade Informáticas

6 Aspectos Legais e Normativos das TIC

6

Materia cursada na USAL Cr. Equivalente na USC ECTSMatemática Discreta Estadística

6 9

Matemática Discreta

6

Sistemas Operativos 6 Sistemas Operativos I 6 Seguridad Informática 4,5 Seguridade Informática 6 Informática Gráfica 4,5 Computación Gráfica 4,5 Programación Orientada a Objetos

6 Programación Orientada a Obxectos

6

MATERIAS NON RECOÑECIDAS: Materia cursada na USAL Cr. Motivación Sistemas de Bases de Datos 4,5 Sen entidade suficiente para o

Page 20: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

recoñecemento de ‘Bases de Datos II’ Cálculo Diferencial 6 Non hai posibilidade de maior

recoñecemento Cálculo Integral 7,5 Non hai posibilidade de maior

recoñecemento Unidades Funcionales del Computador 9 Non hai posibilidade de maior

recoñecemento Sistemas Informáticos 6 Sen equivalente no GrEI da USC Álgebra Computacional 6 Non hai posibilidade de maior

recoñecemento Gestión de Procesos Integrados por Ordenador

4,5 Sen equivalente no GrEI da USC

Sistemas de Entrada/Salida 4,5 Sen equivalente no GrEI da USC Derecho e Informática 4,5 Non hai posibilidade de maior

recoñecemento Ingeniería del Software I Ingeniería del Software II

6 6

Deron lugar ao recoñecemento de ‘Deseño Software’ na UDC (o cal permite a validación de ‘Deseño de Software’ na USC) pero non presentan entidade suficiente para o recoñecemento de ‘Enxeñaría do Software’

Page 21: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Juncal Rodríguez, Sergio Manuel ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Civil CENTRO: Escola Politécnica Superior, Universidade de Santiago de Compostela MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada no GrEC ECTSMatemáticas I 6Física I 6Expresión Gráfica na Enxeñaría 9Debuxo Técnico asistido por Ordenador 4,5Informática 4,5TOTAL 30 MATERIAS QUE TEN QUE CURSAR PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar no GrEI ECTSMatemática Discreta 6Estatística 6Programación II 6Sistemas Dixitais 6Fundamentos de Computadores 6TOTAL 30 MATERIAS RECOMENDADAS PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar no GrEI ECTSFundamentos de Matemáticas 6Álxebra 6Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática 6Organización e Xestión Empresarial 6TOTAL 24

Page 22: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Justo García, Javier ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Mecánica CENTRO: Escola de Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada na UVigo ECTSÁlxebra e estatística 9Cálculo I 6Expresión gráfica 9Informática para a enxeñaría 6Física II 6TOTAL 36 MATERIAS QUE TEN QUE CURSAR PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar na USC ECTSMatemática Discreta 6Programación II 6Sistemas Dixitais 6Fundamentos de Computadores 6TOTAL 24 MATERIAS RECOMENDADAS PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar no GrEI ECTSFundamentos de Matemáticas 6Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática 6Programación I 6Organización e Xestión Empresarial 6TOTAL 24

Page 23: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

SOLICITUDE DE ADAPTACIÓNS/VALIDACIÓNS SOLICITANTE: Sánchez Silva, David ESTUDOS: Grao en Enxeñaría Informática CENTRO: Facultade de Informática, Universidade da Coruña MATERIAS DE FORMACIÓN BÁSICA RECOÑECIDAS: Materia de FB cursada na UDC ECTSProgramación I 6Programación II 6Informática Básica 6Matemática Discreta 6Tecnoloxía Electrónica 6TOTAL 30 MATERIAS QUE TEN QUE CURSAR PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar na USC ECTSÁlxebra 6Estatística 6Fundamentos de Matemáticas 6Fundamentos de Computadores 6Sistemas Dixitais 6TOTAL 30 MATERIAS RECOMENDADAS PARA COMPLETAR A FORMACIÓN BÁSICA: Materia de FB a cursar na USC ECTSOrganización e Xestión Empresarial 6 OUTRAS MATERIAS RECOÑECIDAS: Materia cursada na UDC ECTS Equivalente na USC ECTSDeseño Software 6 Deseño de Software 6 Sistemas Operativos 6 Sistemas Operativos I 6 Redes 6 Redes 6 Concorrencia e Paralelismo 6 Sistemas Operativos II 4,5 Interfaces Persoa Máquina 6 Interacción Persoa-Ordenador 6 Lexislación e Seguridade Informática

6 Aspectos Legais e Normativos das TIC

4,5

Administración de Redes Redes

6 6

Tecnoloxía de Redes 4,5

MATERIAS NON RECOÑECIDAS: Materia cursada na UDC Motivación Proceso Software Abrangue só unha parte de ‘Enxeñaría do

Software’

Page 24: REUNIÓN DO 21 DE OUTUBRO DE 2014 - USC · memorias, ao formato das mesmas, á modificación de formularios, aos prazos previstos para os trámites asociados, á información dispoñible

Sistemas Intelixentes Abrangue só unha parte de ‘Enxeñaría do Coñecemento’

Xestión de Proxectos Abrangue só unha parte de ‘Xestión de Proxectos Informáticos’

Internet e Sistemas Distribuídos

Presenta coincidencias con ‘Desenvolvemento de Aplicacións Web’, ‘Deseño de Aplicacións Web Avanzadas’ e ‘Arquitecturas Orientadas a Servizos’ pero non permite acadar recoñecemento algún