resumo criterios

1

Click here to load reader

Upload: eva-garea-traba

Post on 23-Jun-2015

2.069 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Resumo criterios

PROGRAMACIÓN FILOSOFÍA E CIDADANÍA. CURSO 2013-2014

PRIMERO DE BACH

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN

4.8.1. Criterios de cualificación

A proposta de valoración numérica dos resultados da avaliación establecerase segundo as

pautas seguintes:

1. A observación da vida da aula suporá o 20 % da cualificación global (ata 2 puntos)

Para oter a cualificación máxima o alumnado deberá cumprir os seguintes ítems:

-atención na aula

-realización dos traballos propostos na aula nos momentos previstos para elo

-comportamento non disruptivo: no falar nos momentos de explicaión, non

interrumpir nin molestar aos compañeiros

2. A valoración dos traballos propostos na aula e os recollidos na aula virtual suporá o

40 % da cualificación global (ata 4 puntos).

3. A corrección das probas escritas sobre os contidos mínimos suporán o 40 % da

cualificación global (ata 4 puntos). Como mínimo realizarase unha proba ou exame

mensual.

4. A valoración de traballos opcionais, voluntarios ou de carácter extraordinario

(lecturas, ensaios, participación en actividades completementarias e extraescolares

organizadas polo Departamento, exposicións, etc.) alcanzará o 20% da cualificación

(ata 2 puntos).

Para alcanzar o nivel de suficiencia (5 puntos) nunha avaliación cómpre acadar alomenos o

nivel de suficiencia (metade da puntuación) nos apartados 1, 2 e 3, correspondentes a actitude,

traballos individuais e grupais e exames de contidos mínimos. De non obterse o nivel de

suficiencia nos tres apartados sinalados a cualificación máxima que se poderá obter será de 4

puntos.

A puntuación obtida no apartado 4, correspondente a traballos voluntarios e extraordinarios só

se suma no caso de ter alcanzado o nivel de suficiencia.

4.8.3. Criterios de promoción Para acadar o nivel de suficiencia final hai que ter unha media de cinco puntos nas cualificacións das

tres avaliacións.

De non acadarse o nivel de suficiencia na media das avaliacións pódese realizar un exame final da

materia.

A cualificación final da materia establecerase mediante unha avaliación individual que tomará como

base as cualificacións parciais das avaliación e do curso. Sobre esa base tomaranse en

consideración os aspectos actitudinais, manifestados no esforzo, a participación, o interese, a

implicación no traballo da aula e de grupos, o desenvolvemento das capacidades ao longo do curso,

etc. Asimesmo teranse en conta as circunstancias persoais e académicas que a xunta de avaliación

xulgue relevantes para a decisión de cualificación e promoción correspondente a cada alumno.