resumen do tema 5: a atmosfera€¦  · web viewresumen do tema 5: a atmosfera. a . atmosfera. é...

4
RESUMEN DO TEMA 5: A ATMOSFERA A atmosfera é a capa gasosa que, a modo de envoltura protectora, rodea a superficie da Terra. O 95% da masa atmosférica está nos primeiros 20 Km. O límite está a 10.000km. As funcións da atmosfera son: Absorve radiacións solares perigosas para a saúde. Contén gases necesarios para: a respiración (osíxeno), a fotosíntesis (CO 2 ). Manten unhas condicións climatolóxicas que permiten a vida porque algún dos seus gases atrapan o calor procedente do Sol. Ocorren a maioría dos fenómenos meteorolóxicos (sobre todo nos primeiros 10 Km) Protexe a superficie da Terra do impacto de meteoritos. A atmosfera primitiva estaba formada por vapor de auga, CO 2 , nitróxeno e hidróxeno; pero non tiña osíxeno. Dende entón: a Terra foise enfriando e o vapor de auga condensouse formando mares e océanos. Apareceron organismos fotosintéticos que liberaban osíxeno á atmosfera. Cando houbo moito osíxeno formouse a capa de ozono (O 3 ). Disminuiu a cantidade de CO 2 . A atmosfera actual está formada por: - unha mestura de gases chamada aire . Nitróxeno -------- 78% Osíxeno ----------- 21% Resto -------------- 1% - Partículas sólidas en suspensión chamadas aerosois . - Auga líquida (nubes e néboa) e auga sólida (neve) - Humidade: cantidade de vapor de auga. O aire admite unha cantidade máxima de humidade. Se excede esta cantidade entón o vapor de auga condensase. Canto máis quente está o aire máis vapor de auga admite. Se o aire enfría o vapor de auga condensase e fórmanse gotiñas de auga líquida ou sólida. ESTRUCTURA DA ATMOSFERA A atmosfera ten varias capas: (facer debuxo)

Upload: others

Post on 16-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: RESUMEN DO TEMA 5: A ATMOSFERA€¦  · Web viewRESUMEN DO TEMA 5: A ATMOSFERA. A . atmosfera. é a capa gasosa que, a modo de envoltura protectora, rodea a superficie da Terra

RESUMEN DO TEMA 5: A ATMOSFERA

A atmosfera é a capa gasosa que, a modo de envoltura protectora, rodea a superficie da Terra.

O 95% da masa atmosférica está nos primeiros 20 Km. O límite está a 10.000km.

As funcións da atmosfera son: Absorve radiacións solares perigosas para a saúde. Contén gases necesarios para: a respiración (osíxeno), a fotosíntesis (CO2). Manten unhas condicións climatolóxicas que permiten a vida porque algún dos

seus gases atrapan o calor procedente do Sol. Ocorren a maioría dos fenómenos meteorolóxicos (sobre todo nos primeiros 10

Km) Protexe a superficie da Terra do impacto de meteoritos.

A atmosfera primitiva estaba formada por vapor de auga, CO2, nitróxeno e hidróxeno; pero non tiña osíxeno.

Dende entón: a Terra foise enfriando e o vapor de auga condensouse formando mares e

océanos. Apareceron organismos fotosintéticos que liberaban osíxeno á atmosfera. Cando

houbo moito osíxeno formouse a capa de ozono (O3). Disminuiu a cantidade de CO2.

A atmosfera actual está formada por: - unha mestura de gases chamada aire. Nitróxeno -------- 78%

Osíxeno ----------- 21% Resto -------------- 1%- Partículas sólidas en suspensión chamadas aerosois.- Auga líquida (nubes e néboa) e auga sólida (neve)- Humidade: cantidade de vapor de auga. O aire admite unha cantidade máxima de humidade. Se excede esta cantidade entón o vapor de auga condensase. Canto máis quente está o aire máis vapor de auga admite. Se o aire enfría o vapor de auga condensase e fórmanse gotiñas de auga líquida ou sólida.

ESTRUCTURA DA ATMOSFERA A atmosfera ten varias capas: (facer debuxo)

TROPOSFERA: prodúcense os fenómenos meteorológicos.O límite chámase TropopausaESTRATOSFERA: aquí está unha capa de ozono chamada Ozonosfera.O límite chámase estratopausaMESOSFERA: prodúcense estrelas fugaces. As estrelas fugaces son meteoritos que debido ao rozamento coa atmosfera desintégranse e brilan.Límite:Mesopausa

Page 2: RESUMEN DO TEMA 5: A ATMOSFERA€¦  · Web viewRESUMEN DO TEMA 5: A ATMOSFERA. A . atmosfera. é a capa gasosa que, a modo de envoltura protectora, rodea a superficie da Terra

TERMOSFERA: aquí tamén hai estrelas fugaces e aparecen as auroras.(boreal e austral).Límite:TermopausaEXOSFERA: practicamente está baleira.Non ten limite.A medida que subimos na atmosfera baixa a temperatura, cada 100m baixa -0,65ºC

A PRESIÓN ATMOSFÉRICAA presión atmosférica é a forza que exerce o aire por unidade de superficie.

A presión a nivel do mar é: 1 atm(atmosferas) = 760 mmHg(milímetros de Mercurio) = 1013 mb(milibares)A presión varía duns lugares a outros debido a:

Altitude: a maior altura menor presión. (No alto da montaña hai menos presión que na praia)

Temperatura: A maior Tª o aire pesa menos e fai menos presión.Na superficie terrestre existen:

Borrascas = ciclóns: son zonas de baixa presión. Están relacionadas con tempo inestable.

Anticiclóns: son zonas de alta presión. Están relacionadas con tempo estable.

ISOBARAS: son liñas de igual presión atmosférica.Nun mapa de isobaras varían de 4 en 4 mb(milibares)

FENÓMENOS ATMOSFÉRICOSO vento é o movemento horizontal do aire. Vai dende os Anticiclóns ata as Borrascas.

Brisa mariña diurna: polo día o aire que está sobre a terra quéntase máis rápido que o que está sobre o mar. Ao quentarse ascende e o aire frío que está sobre o mar ven cara a terra para ocupar o seu lugar.

Brisa mariña nocturna: pola noite o aire que está sobre o mar quéntase máis rápido que o que está sobre a terra. Ao quentarse ascende e o aire frío que está sobre a terra ven cara o mar para ocupar o seu lugar.Debuxos brisas do libro

NUBOSIDADECando as masas de aire quecen ,expándense e fanse mais lixeiras,polo que perden presión.Esto fai que ascendan e se arrefrien e o vapor de auga se condense e se formen

as NUBES.

As nubes son: conxuntos de pingas de auga e pequenos cristais de xeo procedentes da condensación do vapor de auga sobre as partículas em suspensión.

TIPOS DE NUBES:Segundo o aspecto e altura diferéncianse en 5 tipos:

1. Cirros: nubes altas, fibrosas. Non traen chuvia2. Cúmulos: nubes baixas e medias, como algodón.Son de bo tempo.3. Nimbos: nubes baixas e medias, densas, grandes e grises.Traen bastante chuvia.4. Cumulonimbos: nubes como algodón, verticais, parecen setas.Producen chuvia e

tormentas.5. Estratos: nubes baixas e medias, planas como láminas, grises.Poden traer chuviscas.

Page 3: RESUMEN DO TEMA 5: A ATMOSFERA€¦  · Web viewRESUMEN DO TEMA 5: A ATMOSFERA. A . atmosfera. é a capa gasosa que, a modo de envoltura protectora, rodea a superficie da Terra

Facer o debuxo da páxina 96.

TEMPO ATMOSFÉRICO E CLIMA

TEMPO ATMOSFÉRICO: É o conxunto de fenómenos meteorolóxicos que se producen nun momento e lugar concretos. É estudado pola meteoroloxía.

CLIMA: é o conxunto de fenómenos meteorolóxicos que se producen nunha rexión a longo prazo. Caracterizan o estado medio da atmosfera nesa zona.

VARIABLES METEOROLÓXICAS: son aquelas condicións cuns valores que cambian tanto no espazo coma no tempo. As principais son: Temperatura, presión, humidade, vento e precipitacións. Mídense con:

Termómetro: mide a temperatura. Mídese en ºC. Barómetro: mide a presión atmosférica. Mídese en mb, mm

Hg ou atmosferas. Higrómetro: mide a porcentaxe de humidade atmosférica. Anemómetro: mide a velocidade do vento. Mídese en km/h ou

m/s. Pluviómetro: mide a precipitación caída nun lugar durante un tempo

determinado. Cataventos: indica a dirección do vento

CLIMOGRAMAS: son gráficos onde se representan o clima dunha zona A temperatura media mensual mediante unha liña Precipitación media mensual mediante barras verticais para os 12 meses do ano.

(Facer debuxo do climograma da páxina 105 exercicio 46)