resume o inferno de marta

2
O INFERNO DE MARTA 1)INTRODUCCIÓN Este traballo trata do libro de Pasqual Alapont "O inferno de Marta"; o libro contén un estudo sobre os malos tratos tanto físicos coma psicolóxicos, ademais de recomendacións para os mozos e as mozas: como recoñecelos, como evitalos e como tratalos chamado "A máscara do amor" de Vicente Garrido. 2)TEMA O tema é a violencia de xénero e os malos tratos. 3)ARGUMENTO Trata dun psicópata que acosa a unha rapaza vulnerable que acaba de deixar unha relación con outro mozo, o psicópata a vai absorbendo ata conseguir que deixe a un lado os estudios, as amigas e se poña a traballar para él, todo isto o consegue enredándoa nunha tea de mentiras, dependencia e agresións tanto verbais como físicas. Todo se soluciona grazas a que a amizade é moi forte, as amigas non se rinden e conseguen liberala do agresor antes de que fora demasiado tarde. Marta sempre lembrará esta historia, entre outras cousas porque remata cun fillo de Héctor. 4)PERSONAXES Na novela aparecen as seguintes personaxes: 4.1) Principais *Marta: é a protagonista, unha rapaza que acaba de saír dunha relación e séntese culpable por elo, comeza a saír con Héctor e ámao cegamente ata que se da de conta de que non teñen unha relación de parella normal. *Héctor: é o antagonista, un psicópata que engana a Marta e vive á súa costa con toda clase de crapichos coa excusa de estar preparando unha tese que nunca existiu; agrede a Marta a todas horas, logo discúlpase e volve facelo, a separa das súas amigas, bebe en exceso e é un mentireiro. 4.2) Secundarias *Carme e Xulia: comparten o piso con Marta, ata que chega Héctor, que, adrede, compórtarse inadecuadamente e rompe a paz que reinaba no piso antes da súa chegada, rematan discutindo con Marta en múltiples ocasións e o piso divídese en dous bandos, Marta e Héctor a un lado e, ao outro, elas. Cando xa non poden aguantalo mais marchan pero non se rinden, ao final son elas quen aportan moita axuda para Marta. *Braulio: é un dos amigos das rapazas,coñece a Héctor momentos antes da chegada delas á discoteca onde quedaran, ten un sentido do humor un tanto sórdido, é a personaxe utilizada por Héctor para chegar a Marta; Tamén coñece a Vicente e iso ten unha grande importancia porque lle da os números de Xulia e Carme para poder axudar a Marta. *Vicente: é un antigo profesor de Marta e quen a salva chamando a Xulia e Carme para ir ao piso de

Upload: isabel-bello

Post on 13-Apr-2016

45 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

resumen del libro o inferno de Marta

TRANSCRIPT

Page 1: Resume o Inferno de Marta

O INFERNO DE MARTA

1)INTRODUCCIÓNEste traballo trata do libro de Pasqual Alapont "O inferno de Marta"; o libro contén un estudo sobre os malos tratos tanto físicos coma psicolóxicos, ademais de recomendacións para os mozos e as mozas: como recoñecelos, como evitalos e como tratalos chamado "A máscara do amor" de Vicente Garrido.

2)TEMAO tema é a violencia de xénero e os malos tratos.

3)ARGUMENTOTrata dun psicópata que acosa a unha rapaza vulnerable que acaba de deixar unha relación con outromozo, o psicópata a vai absorbendo ata conseguir que deixe a un lado os estudios, as amigas e se poña a traballar para él, todo isto o consegue enredándoa nunha tea de mentiras, dependencia e agresións tanto verbais como físicas.Todo se soluciona grazas a que a amizade é moi forte, as amigas non se rinden e conseguen liberala do agresor antes de que fora demasiado tarde. Marta sempre lembrará esta historia, entre outras cousas porque remata cun fillo de Héctor.

4)PERSONAXESNa novela aparecen as seguintes personaxes:

4.1) Principais

*Marta: é a protagonista, unha rapaza que acaba de saír dunha relación e séntese culpable por elo, comeza a saír con Héctor e ámao cegamente ata que se da de conta de que non teñen unha relación de parella normal.

*Héctor: é o antagonista, un psicópata que engana a Marta e vive á súa costa con todaclase de crapichos coa excusa de estar preparando unha tese que nunca existiu; agrede a Marta a todas horas, logo discúlpase e volve facelo, a separa das súas amigas, bebe en exceso e é un mentireiro.

4.2) Secundarias

*Carme e Xulia: comparten o piso con Marta, ata que chega Héctor, que, adrede, compórtarse inadecuadamente e rompe a paz que reinaba no piso antes da súa chegada, rematan discutindo con Marta en múltiples ocasións e o piso divídese en dous bandos, Marta e Héctor a un lado e, ao outro, elas. Cando xa non poden aguantalo mais marchan pero non se rinden, ao final son elas quen aportan moita axuda para Marta.

*Braulio: é un dos amigos das rapazas,coñece a Héctor momentos antes da chegada delas á discoteca onde quedaran, ten un sentido do humor un tanto sórdido, é a personaxe utilizada por Héctor para chegar a Marta; Tamén coñece a Vicente e iso ten unha grande importancia porque lle da os números de Xulia e Carme para poder axudar a Marta.

*Vicente: é un antigo profesor de Marta e quen a salva chamando a Xulia e Carme para ir ao piso de

Page 2: Resume o Inferno de Marta

Marta xusto antes de que Héctor a matara.*Jenny: é a prostituta que Héctor leva á casa, ali presencia como Héctor agrede a Marta.

5) TEMPO E ESPAZOO tempo na novela é a época contemporánea ao longo de oito meses nos que Marta e Héctor comezan a saír realmente.Esta historia sucede en Valencia.

6) OPINIÓN PERSOALA min este libro gustoume porque reflicte perfectamente a penosa situación dalgunhas mulleres.hoxe en dia, tamén resalta o feito de que este tipo de relacións non afecta únicamente ás mulleres sen estudos, xa que Marta viviu a situación sendo estudante de dereito. É tamén un libro moi práctico ao conter "A máscara do amor", que permite identificar malas relacións. Quizais o defecto máis salientable sexa a ausencia dos pais de Marta na trama, porque é curioso que os pais dunha filla única que iba todas as festas de Nadal a visitalos durante un tempo pasase, ao saír cun mozo novo, a ir unha soa vez a comer; por iso faise un pouco raro que os pais non se decatasen do que sucedía na vida privada da súa filla, ademais de que non chamaron nin unha soa vez para falar coa súa única filla.

7) BIBLIOGRAFÍA Imaxe da portada

O INFERNO DE MARTAPasqual Alapont