regulamento da asemblea pola unidade

12
O seguinte regulamento recolle o funcionamento das distintas asembleas que conforman Asemblea pola Unidade. Distinguirase entre Asemblea Xeral e Asemblea de Veciñal. Asemblea Xeral Este regulamento vai encamiñado ó bo funcionamento da Asemblea Xeral regulando os aspectos que conformen esta. Funcións e participación A Asemblea Xeral será o órgano de maior decisión dentro da Asemblea pola Unidade. Terá como funcións principais marcar as liñas políticas da organización e aprobar os cronogramas de actuación. Particularmente, correspóndelle á Asemblea Xeral a aprobación e modificación dos Estatutos, a política de alianzas con outras forzas políticas e movementos sociais cidadáns de calquera ámbito, así como aprobar a composición da Coordinadora Xeral. As decisións aprobaranse pola maioría das persoas participantes, e sempre previo debate e co criterio de tratar de integrar posicións. A participación estará aberta a toda a veciñanza maior de 16 anos de idade, tendo dereito a presentar propostas, con voz e voto na Asemblea Xeral. Considerarase veciñanza a tódalas persoas residentes que vivan en Cangas polo menos 6 meses ó ano. A estes efectos tense por tal condición á xente que estea de forma temporal desprazada por motivos laborais ou de estudos e que sigan tendo en Cangas a súa residencia principal de referencia, aínda que non residan na mesma 6 meses. Da súa convocatoria

Upload: asemblea-pola-unidade

Post on 21-Jul-2016

216 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: REGULAMENTO DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

O seguinte regulamento recolle o funcionamento das distintas asembleas que conforman Asemblea pola Unidade. Distinguirase entre Asemblea Xeral e Asemblea de Veciñal.

Asemblea Xeral

Este regulamento vai encamiñado ó bo funcionamento da Asemblea Xeral regulando os aspectos que conformen esta.

Funcións e participación

A Asemblea Xeral será o órgano de maior decisión dentro da Asemblea pola Unidade. Terá como funcións principais marcar as liñas políticas da organización e aprobar os cronogramas de actuación. Particularmente, correspóndelle á Asemblea Xeral a aprobación e modificación dos Estatutos, a política de alianzas con outras forzas políticas e movementos sociais cidadáns de calquera ámbito, así como aprobar a composición da Coordinadora Xeral.

As decisións aprobaranse pola maioría das persoas participantes, e sempre previo debate e co criterio de tratar de integrar posicións.

A participación estará aberta a toda a veciñanza maior de 16 anos de idade, tendo dereito a presentar propostas, con voz e voto na Asemblea Xeral. Considerarase veciñanza a tódalas persoas residentes que vivan en Cangas polo menos 6 meses ó ano. A estes efectos tense por tal condición á xente que estea de forma temporal desprazada por motivos laborais ou de estudos e que sigan tendo en Cangas a súa residencia principal de referencia, aínda que non residan na mesma 6 meses.

Da súa convocatoria

A Asemblea Xeral convocarase por iniciativa da Coordinadora Xeral, como mínimo unha vez ó ano, e será ratificada pola Asemblea de Veciñal. A convocatoria terá que marcar a data, lugar, hora de comezo, duración da mesa e a orde do día que a conformará.

A veciñanza da Asemblea pola Unidade poderá convocar unha Asemblea Xeral a través da Asemblea de Veciñal, sempre que se aprobe por maioría simple. De igual maneira, a convocatoria terá que marcar data, lugar, hora de comezo, duración da mesa e a orde do día que a conformará.

En ámbolos dous casos, a convocatoria ten que ser como mínimo de 15 días de antelación. A hora de comezo e o lugar de celebración poden ser modificados por motivos de forza maior, podendo ser alterados ata 3 días antes da súa celebración.

Page 2: REGULAMENTO DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

O grupo de traballo de Organización será o responsable de buscar o lugar idóneo para a realización da Asemblea Xeral.

O grupo de traballo de Comunicación será o encargado de subir toda a información que se presente, en tempo e forma, ó blog da Asemblea pola Unidade.

Orde do día

A orde do día elaborarase por parte da Coordinadora Xeral e será ratificada pola Asemblea de Veciñal. No caso de ser unha moción presentada nunha Asemblea de Veciñal, esta deberá de constar da orde do día e presentarse por escrito en dita asemblea para ser abordada debidamente polo conxunto dos membros que acudan.

A orde do día será pública con 15 días de antelación e poderá sufrir inclusións ou alteracións se fose necesario en aras dunha maior efectividade. En todo caso, os membros da Asemblea pola Unidade permanecerán informados.

Presentación de documentos

Os documentos que se presenten a Asemblea Xeral para o seu debate e aprobación deberán estar expostos no blog cando menos 10 días antes da asemblea.

A responsabilidade de elaborar os textos base será a Coordinadora Xeral ou as persoas que presenten a correspondente solicitude na Asemblea de Veciñal.

Os textos faranse públicos no blog de Asemblea pola Unidade.

Emendas

As emendas poden ser totais ou parciais. As totais serán aquelas que modifiquen por completo un texto presentado, mentres que as parciais serán para engadir ou suprimir algún punto concreto.

As emendas poderanse presentar ata 3 días antes da celebración da Asemblea Xeral.

As emendas serán públicas no blog da Asemblea pola Unidade.

Organización da Asemblea

A asemblea contará con unha mesa de control constituída por unha persoa moderadora, outra que se responsabilice de organizar as quendas de fala e outra que levante acta. Estes postos poden ser renovados durante o transcurso da Asemblea se esta é de duración longa, maior a dúas horas. As persoas encargadas destas tarefas serán

Page 3: REGULAMENTO DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

propostas pola Coordinadora Xeral e os relevos serán voluntarios ou propostos polos asistentes á Asemblea Xeral.

O grupo de traballo de Organización encargarase de preparar o espazo elixido, os instrumentos necesarios para o bo funcionamento (cadeiras, mesas, encerado, proxector,...) e a adecuación decorativa e propagandística do lugar.

Tempos de intervención e votación

Os tempos dividiranse entre os puntos da orde do día de forma que a Asemblea non se prolongue máis de dúas horas e media.

O tempo nos puntos dividirase da seguinte maneira:

- Presentación por parte do poñente: 10 minutos. No caso de existir emendas o tempo será tamén de 10 minutos por emenda.

- Primeira quenda de intervención pechada: 2-3mintutos/ persoa.

- Resposta á primeira quenda de intervencións: 5 minutos/ poñente.

- Segunda quenda de intervencións pechada: 2-3minutos/persoa.

- Resposta á segunda quendade intervencións: 5 minutos/ poñente.

- Votación.

A votación realizarase a man alzada co uso de cartolinas e diferenciando por cores, sendo o vermello o SI e o azul o NON. As persoas responsables do reconto serán os encargados da mesa de control. No caso de empate a votos, abrirase unha nova quenda de intervencións e repetirase a votación. No caso de volver a empatar o punto quedará anulado.

Asemblea de Veciñal

Este regulamento vai encamiñado ó bo funcionamento da Asemblea de Veciñal regulando os aspectos que conformen esta.

Funcións e participación

A Asemblea Veciñal será o órgano de maior decisión entre Asembleas Xerais. Terá como funcións principais debater e aprobar as propostas da Coordinadora Xeral e as que presente a veciñanza así como as posturas a defender diante dos puntos da orde do día dos plenos municipais

Page 4: REGULAMENTO DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

As decisións aprobaranse por maioría das persoas participantes, e sempre previo debate e co criterio de tratar de integrar posicións.

A participación estará aberta a toda a veciñanza maior de 16 anos de idade, tendo dereito a presentar propostas, voz e voto na Asemblea Xeral. Considerarase veciñanza a todos os residentes que vivan en Cangas polo menos 6 meses ó ano. A estes efectos considéranse persoas veciñas ás que estean de forma temporal desprazadas por motivos laborais ou de estudos que sigan tendo en Cangas a súa residencia principal de referencia, aínda que non residan na mesma os 6 meses.

Convocatoria

A Asemblea de Veciñal celebrarase, en principio, unha vez por mes dous días antes do pleno mensual, como mínimo. Se fixesen falta, de forma extraordinaria, dúas ou máis asembleas nese mes, convocaranse debidamente.

A Coordinadora Xeral pode convocar unha Asemblea de Veciñal sempre que considere necesario notificar, aprobar documentos, propostas ou facilitar información á veciñanza. Deberá de incluír data, lugar, hora de comezo, duración da mesa e a orde do día que a conformará.

A veciñanza da Asemblea pola Unidade poderá convocar unha Asemblea de Veciñal através dunha solicitude coa inscrición de cando menos un 10% de xente veciña estea inscrita como membro na Asemblea pola Unidade e, en podendo ser, que concorra asiduamente ás asembleas. De igual maneira, a convocatoria terá que marcar data, lugar, hora de comezo, duración da mesa e a orde do día que a conformará.

En ámbolos tres casos, a convocatoria ten que ser como mínimo de 7 días de antelación. A hora de comezo e o lugar de celebración poden ser modificados por motivos de forza maior, podendo ser modificados ata 2 días antes da súa celebración.

O grupo de traballo de Organización será o responsable de buscar o lugar idóneo para a realización da Asemblea Xeral.

O grupo de traballo de Comunicación será o encargado de subir toda a información, que se presente en tempo e forma, ó blog da Asemblea pola Unidade.

Orde do día

A orde do día elaborarase por parte da Coordinadora Xeral, no caso de ser unha solicitude, esta deberá de constar da orde do día e presentarse por escrito en dita asemblea.

Page 5: REGULAMENTO DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

A orde do día será pública con 7 días de antelación.

Presentación de documentos

Os documentos que se presenten a Asemblea Xeral para o seu debate e aprobación deberán estar expostos no blog a lo menos 5 días antes da asemblea.

Os responsables de elaborar os textos base será a Coordinadora Xeral ou as persoas que presenten a solicitude da Asemblea de Veciños.

Os textos faranse públicos no blog de Asemblea pola Unidade.

Emendas

As emendas poden ser totais ou parciais. As totais serán aquelas que modifiquen por completo un texto presentado, mentres que as parciais serán para engadir ou suprimir algún punto concreto.

As emendas poranse presentar ata 2 días antes da celebración da Asemblea Xeral.

As emendas serán públicas no blog da Asemblea pola Unidade.

Organización da Asemblea

A asemblea contará con unha mesa de control, con moderador, responsable de turnos e tomador de acta. Estes postos poden ser renovados durante o transcurso da Asemblea se ésta é de duración longa, maior a dúas horas. As persoas encargadas destas tarefas serán propostas pola Coordinadora Xeral e os relevos serán voluntarios ou propostos polos asistentes a Asemblea Xeral.

O grupo de traballo de organización encargarase de organizar o espazo elixido para a súa ubicación, os instrumentos necesarios para o bo funcionamento (cadeiras, mesas, pizarra, proxector,...) e a decoración do lugar.

Tempos de intervención e votación

Farase diferenza entre os puntos que son informativos dos que se presenten para aprobación

Puntos informativos:

- Presentación por parte do poñente: 10 minutos.

Page 6: REGULAMENTO DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

- Primeiro turno de intervención cerrado: 2-3mintutos/ persoa.

- Resposta ó primeiro turno de intervencións: 5 minutos/ poñente.

- Votación.

Puntos a aprobación:

- Presentación por parte do poñente: 10 minutos. No caso de existir emendas, o tempo será tamén de 10 minutos por emenda.

- Primeiro turno de intervención cerrado: 2-3 mintutos/ persoa.

- Resposta ó primeiro turno de intervencións: 5 minutos/ poñente.

- Segundo turno de intervencións cerrado: 2-3 minutos/persoa.

- Resposta ó segundo turno de intervencións: 5 minutos/ poñente.

- Votación.

A votación realizarase a man alzada co uso de cartolinas e diferenciando por cores. Sendo o vermello o SI e o azul o NO. Os responsables do reconto serán os encargados da mesa de control. No caso de empate a votos, abrirase un novo turno de intervencións e repetirase a votación. No caso de volver a empatar o punto quedará anulado.

Coordinadora Xeral

Este regulamento vai encamiñado ó bo funcionamento da Coordinadora Xeral. Regulando os aspectos que conformen esta.

Funcións e participación:

A Coordinadora Xeral será o órgano responsable de coordinar o traballo previo á realización das Asembleas Veciñais. Será o responsable de elaborar a convocatoria, a orde do día e os textos base de cada punto a tratar.

Será responsable de coordinar os grupos de traballo e as súas propostas. Recollerá a información ou propostas pola veciñanza ou organizacións locais que fagan achegas.

Os membros da Coordinadora Xeral serán elixidos en votación na Asemblea Xeral, a duración da Coordinadora Xeral será anual. Poderán presentar candidatura a Coordinadora Xeral toda a veciñanza maior de 16 anos de idade, tendo dereito a presentar propostas, voz e voto na Asemblea Xeral. Considerarase veciñanza a todos os residentes que vivan en Cangas polo menos 6 meses ó ano. A estes efectos considéranse

Page 7: REGULAMENTO DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

veciños aos que estean de forma temporal desprazados por motivos laborais ou de estudos que sigan tendo en Cangas a súa residencia principal de referencia, aínda que non residan na mesma 6 meses.

A coordinadora estará formada por 9 persoas entre as cales deberán empeñar, a lo menos, as seguintes funcións:

-Coordinador/a, responsable de xestionar e dirixir as xuntanzas da Coordinadora Xeral.

-Responsable de Comunicación, encargado de comunicar a veciñanza e os medios de comunicacións as resolucións adoptadas pola Asemblea de Veciños.

-Tesoureiro/a, persoa encargada de xestionar a contabilidade da Asemblea por la Unidade.

Convocatoria

A coordinadora Xeral terá que reunirse cada 15 días. Sendo responsabilidade do coordinador/a facer chegar a convocatoria os demais membros a lo menos con 3 días de antelación, indicando a orde do día, lugar e hora. De igual maneira poderase convocar unha xuntanza da Coordinadora Xeral por solicitude de 3 membros.

Orde do día

A orde do día elaborarase por parte do coordinador/a, no caso de ser unha solicitude, esta deberá de constar da orde do día e presentarse por escrito en dita asemblea.

A orde do día será pública con 2 días de antelación.

Presentación de documentos

De haber documentos a debater deberán ser enviados ós integrantes da Coordinadora Xeral a lo menos dous días antes da celebración da xuntanza, garantindo o seu estudio polo resto dos integrantes.

Tempos de intervención e votación

O coordinador/a velará polo bo funcionamento da xuntanza, garantindo os principios básicos da democracia participativa, dando pé a debate e replica por parte dos membros.

A votación será a man alzada, procurando sempre a aprobación por unanimidade, de non poder lograrse será por maioría simple.

Page 8: REGULAMENTO DA ASEMBLEA POLA UNIDADE

Son dereitos da veciñanza

1. Recibir con tempo a convocatoria.

2. Coñecer con antelación a orde do día e os documentos informativos que expliquen, xustifiquen ou inflúen nas propostas que realiza a coordinadora ou calquera outro propoñente. Se o debate non é informado non é democrático. Todas as propostas deben de conter un documento que se quere aprobar e unha xustificación clara e directa.

3. Participar con voz e voto nas asembleas.

4. Presentar proposicións nas asembleas, que poderán ser votadas na propia sesión ou nunha posterior.

Son deberes da veciñanza

1. Cumprir e facer cumprir os Principios Éticos e Políticos aprobados na Asemblea pola Unidade.

2. Defender o carácter individual e apartidario da Asemblea.

3. Defender o carácter asembleario da organización.

4. Promover o interese xeral e o ben común tanto na asemblea como fora dela.