reglamento de comedor escolar...o horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as...

11
1 REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR ANPA ABRENTE IES RAMÓN OTERO PEDRAYO A CORUÑA Contido I. INTRODUCIÓN: NATUREZA E ESTABLECEMENTO DO SERVIZO ..................................... 2 II. OBXETIVOS DO SERVIZO DE COMEDOR ....................................................................... 2 III. RÉXIME DE UTILIZACIÓN E HORARIO .......................................................................... 3 IV. INSCRICIÓN DE USUARIOS ........................................................................................... 3 V. OBRIGACIÓNS DOS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS .......................................................... 4 VI. OBRIGACIÓNS DOS ALUMNOS/AS .............................................................................. 5 VII. PERSOAL DE COMEDOR.............................................................................................. 6 VIII. CONDUTAS CONTRARIAS Á CONVIVENCIA NO COMEDOR ESCOLAR ....................... 7 IX. MEDIDAS DE CORRECCIÓN .......................................................................................... 8

Upload: others

Post on 17-Aug-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

1

REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR

ANPA ABRENTE IES RAMÓN OTERO PEDRAYO A CORUÑA

Contido

I. INTRODUCIÓN: NATUREZA E ESTABLECEMENTO DO SERVIZO ..................................... 2

II. OBXETIVOS DO SERVIZO DE COMEDOR ....................................................................... 2

III. RÉXIME DE UTILIZACIÓN E HORARIO .......................................................................... 3

IV. INSCRICIÓN DE USUARIOS ........................................................................................... 3

V. OBRIGACIÓNS DOS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS .......................................................... 4

VI. OBRIGACIÓNS DOS ALUMNOS/AS .............................................................................. 5

VII. PERSOAL DE COMEDOR .............................................................................................. 6

VIII. CONDUTAS CONTRARIAS Á CONVIVENCIA NO COMEDOR ESCOLAR ....................... 7

IX. MEDIDAS DE CORRECCIÓN .......................................................................................... 8

Page 2: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

2

I. INTRODUCIÓN: NATUREZA E ESTABLECEMENTO DO SERVIZO

O comedor escolar é un servizo educativo complementario, que ofrece o Instituto e que ten como principal misión a de atender as necesidades alimenticias e educativas do alumnado cuxos pais, nais ou titores legais non podan facelo por circunstancias derivadas dos seus horarios laborais ou distancia do seu domicilio ao centro educativo.

O comedor escolar debe proporcionar a consolidación duns hábitos de saúde e hixiene, tamén debe permitir traballar outros valores como son a solidariedade, a cooperación e a tolerancia.

O comedor escolar deberá cumprir as esixencias establecidas na lexislación vixente en materia de seguridade alimentaria e en concreto o regulamento CE 852/2004, de 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios, o Real Decreto 3484/2000 de 29 de decembro polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas e o Real Decreto 202/2000 de 11 de febreiro, polo que se regulan as normas relativas aos manipuladores de alimentos.

Estará xestionado pola ANPA do centro, polo que será a responsable da contratación da empresa que preste o servizo de catering para o comedor escolar.

A ANPA informará aos interesados no servizo, dos tipos de menús, do proceso de inscrición, dos prezos e da cota de alta no servizo aprobada. A estes efectos, informará previamente á dirección para o informe do Consello Escolar e posteriormente, no mes de xuño, publicará un calendario coas actuacións necesarias para a solicitude e asignación de prazas, que cando menos recolla o prazo para presentar as solicitudes e o horario de atención no local da ANPA, data de publicación das listaxes de admitidos, excluídos e de agarda.

II. OBXETIVOS DO SERVIZO DE COMEDOR

O comedor escolar como servizo educativo complementario, debe atender obxectivos de diversa índole, no eido da saúde, da convivencia e da educación para o lecer; podemos distinguir:

Obxectivos a cumprir durante o uso da sala de comedor

a) Garantir una dieta equilibrada.

b) Promover e desenvolver hábitos alimenticios e de hixiene saudables: comer de todo, mastigar ben, acabar a comida, lavado de mans e dentes.

c) Manter posturas correctas na mesa e facer un uso adecuado dos utensilios relacionados coa comida.

d) Lograr un comportamento correcto e un ambiente axeitado sen moito ruído.

e) Fomentar a colaboración nas tarefas do comedor e nas relacións con seus compañeiros dende a perspectiva da igualdade de xénero.

Obxectivos a cumprir durante oo tempo de lecer

a) Desenvolver hábitos de convivencia.

b) Desenvolver o compañeirismo, o respecto e a tolerancia

Page 3: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

3

c) Aprender a utilizar o tempo libre participando en xogos igualitarios e non sexistas.

d) Utilizar correctamente os materiais e espazos, logrando un hábito saudable.

III. RÉXIME DE UTILIZACIÓN E HORARIO

O servizo de comedor escolar comezará o primeiro día lectivo do mes de setembro e finalizará o último día lectivo do mes de xuño.

Dado o reducido tamaño da sala, fixado nun aforo de 40 comensais simultáneos, e de ser necesario, pódense habilitar dúas quendas de comida atendendo ás idades do alumnado.

O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán baixo a tutela do persoal de comedor que serán os seus responsables.

Ao terminar o comedor os alumnos deberán ser recollidos polos seus pais/nais ou titores legais agás autorización expresa para que abandone o instituto só ou soa, ou que o/a alumno/a quede ás actividades.

No tempo que dure o servizo de comedor os alumnos/as poderán facer uso dos servizos sanitarios, do pavillón e o patio do centro. Non poderán utilizar nin deambular polo resto das dependencias do centro.

Disporá dun diario de comedor para o rexistro de incidencias no servizo, xa sexa referidas ao menú ou aos usuarios, estará dispoñible para a súa consulta pola directiva da ANPA e pola dirección do centro.

IV. INSCRICIÓN DE USUARIOS

Poden acollerse ao servizo de comedor todo o alumnado matriculado no centro que así o solicite, se comprometan a cumprir as normas deste regulamento e sempre que haxa prazas vacantes.

Os documentos de inscrición, solicitudes de alta, de baixa ou de modificación, e os de domiciliación de pagos, facilitaranse pola ANPA.

A inscrición no servizo de comedor ten carácter anual, farase para días fixos da semana ou para a totalidade desta, e formalizarase mes de xuño anterior ao curso no que se desexe facer uso do servizo. Consideraranse validas só as inscricións que estean debidamente cumprimentadas, seladas e rexistradas.

No caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios de preferencia para a obtención de praza:

- Socios da ANPA.

- Solicitude para toda a semana.

- Irmáns.

- Data da solicitude.

- Menor idade.

Page 4: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

4

No caso de empate, determinarase por sorte, nun acto público polo/a presidente/a da ANPA en presenza do Director/a do centro.

Corresponde ás familias acreditar documentalmente os criterios de preferencia alegados no momento da solicitude.

As solicitudes non atendidas por superar a oferta de prazas, pasarán a listaxe de agarda que serán atendidas de producirse algunha baixa.

As solicitudes presentadas fora de prazo, atenderanse por data de presentación da mesma, dándoos de alta no caso de que haxa vacantes e, no caso contrario, incorporándoas a listaxe de agarda.

Os requisitos para gozar dunha praza de comedor son os seguintes:

1. Presentar a solicitude de inscrición ou documento de alta no servizo.

2. Ser socio da ANPA ou aboar o importe de 50€ correspondente ao concepto “matrícula de comedor”

3. Formalizar os documentos de domiciliación bancaria a favor da empresa concesionaria que preste o servizo.

4. Pagar o Seguro de Comedor, que pasará co 1º recibo da empresa concesionaria.

O incumprimento de calquera dos requisitos de pago, sen que sexa preciso requirimento de emenda, determina a falta de efectos de solicitude de praza no comedor.

Poden facer uso do comedor alumnado de forma puntual ou eventual se hai prazas. Para acollerse a esta modalidade, será imprescindible comunicalo por teléfono antes das 10.30h do día e efectuando o pago correspondente como estime oportuno a ANPA ou a empresa que presta o servizo.

V. OBRIGACIÓNS DOS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS

Os pais, nais ou titores legais dos alumnos usuarios do comedor, respectarán e aceptarán o presente regulamento, colaborando no seu adecuado cumprimento e fomentando nos seus fillos ou titorados actitudes de colaboración, solidariedade e convivencia. Así mesmo, comprométense a aboar as cantidades estipuladas e estar ao corrente dos pagos.

O incumprimento da obrigación de pagamento determinará, previa comunicación telefónica e unha vez por escrito, a perda do dereito ao servizo. Ademais a xunta directiva da ANPA poñerao en coñecemento da dirección do centro no caso de que se trate dunha posible situación irregular ou de abandono, para que adoptar medidas que legalmente procedan.

PAIS/NAIS TERÁN EN CONTA:

- Se por algunha causa, un comensal non vai asistir ao comedor un día determinado, debe comunicalo por escrito ou ao responsable de comedor, directamente ou ao través do centro. En casos excepcionais por teléfono á empresa ou ao responsable.

Page 5: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

5

- Se un/ha alumno/a ten que saír do centro en horario de comedor pola razón que sexa, deberán recollelo persoalmente os seus proxenitores ou titores legais, ou presentar previamente a autorización expresa para saír só ou soa.

- Co fin de que as familias poidan programar as ceas informarase trimestralmente a estes dos menús que se van a servir.

- Os medicamentos son perigosos. Por iso deben de organizar as tomas en horas que non coincidan coas de comedor, no caso de ter que tomar ou de administrarlle algún medicamento os pais/nais/titores legais terán que informar ás oficinas da empresa concesionaria ou ao encargado do comedor. (ver anexo 1)

- Cada alumno/a deberá ir provisto co necesario para a súa hixiene bucal.

- As familias serán informadas puntualmente no caso de que algún comensal non realice a súa alimentación, non sexa adecuadamente, ou por calquera outra incidencia.

- Se algún usuario sufrise un accidente ou se encontrara mal avisaríase á familia, se é de gravidade ou o require avisaríase aos servizos sanitarios, por ese motivo é moi importante actualizar os números de teléfono co fin de poder estar en contacto.

VI. OBRIGACIÓNS DOS ALUMNOS/AS

Durante o servizo de comedor (comida e recreo) son de aplicación as normas de convivencia do centro e polo tanto deberán ser respectadas. Ademais establécense as seguintes normas específicas de funcionamento do comedor: aseo, entrada, conduta e hábitos:

- Respectarán as quendas de comida e recreo.

- Obedecerán as indicacións dos monitores.

- Deixarán as mochilas e abrigos nos sitios indicados.

- Ao comedor deben entrar debidamente aseados e sempre cos mans lavadas.

- Entrarán e sairán en orde, sen correr, sen empurrar e sen berrar.

- Esperarán con paciencia e compostura a que se sirva a comida e ao finalizar esta a que se lles indique a saída.

- Permanecerán correctamente sentados nas cadeiras, respectando o espazo asignado a cada comensal e non se levantarán sen permiso ou causa xustificada.

- Comerán con corrección, usarán correctamente os utensilios de comedor e non tirarán comida ao chan.

- Pedirán as cousas por favor e darán as grazas. Levantarán a man para captar a atención do monitor e esperarán a que poida atendelos. Non se gritará para pedir as cousas.

- Durante a comida manterán un ton de voz baixo, evitando falar entre mesas, a fin de comer nun ambiente tranquilo e relaxado, sen facer ruídos nin xogar.

- Hai que comer de todo o que se sirve, aínda que só sexa un pouco, a fin de adquirir bos hábitos de alimentación.

Page 6: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

6

- Despois do xantar colaborarán recollendo as mesas e deixando ordenadas as mesas e as cadeiras.

- Non se pode sacar comida do comedor (pan, iogures, batidos ….)

- Non se pode introducir ningún tipo de alimento no comedor nin consumir petiscos ou lambetadas no horario do recreo do comedor (chicles, chupa chups ...)

- Durante o tempo de lecer, deben permanecer no recinto do instituto e nos espazos asignados, propoñendo e participando nas actividades lúdicas de distinta índole.

O incumprimento por parte dos alumnos comensais das normas funcionamento e convivencia do comedor escolar poden chegar a supoñer a baixa do mesmo de forma temporal ou definitiva.

VII. PERSOAL DE COMEDOR

O persoal de comedor, será nomeado pola empresa concesionaria do servizo e deberá reunir os requisitos e titulación esixidos pola normativa vixente.

O persoal do comedor forma parte da comunidade educativa, polo que débeselle o mesmo respecto e consideración. Son a maior autoridade do comedor, durante o xantar e nos período de lecer, ata a recollida dos alumnos/as polos seus proxenitores ou a hora de inicio de actividades extraescolares e a entrega aos monitores.

A súa responsabilidade céntrase na atención xeral de todos os usuarios deste servizo, educándoos na adquisición de hábitos saudables, de alimentación, de hixiene, de aproveitamento e goce do tempo libre.

As funcións principais son:

- Estimular, favorecer e coordinar hábitos correctos de alimentación e hixiene, establecendo pautas e normas básicas de comportamento e organización dos comensais.

- Establecer un ambiente de respecto entre os comensais e co persoal.

- Vixiar o tempo de hixiene, permanencia no comedor ou de lecer, acompañar ao alumnado e guiando no uso correcto das instalacións e fomentando os valores de respecto e de colaboración cos demais.

- Corrixir as faltas leves no momento que se produzan apercibindo ao comensal e aplicándoo as medidas establecidas co capítulo IX deste regulamento.

- Marcar as directrices de utilización das instalacións e os espazos a ocupar no tempo de lecer. Velando para que o recinto permaneza pechado durante o servizo.

- Axudar ao alumnado que por necesidades asociadas ás condicións persoais especificas de discapacidade, necesite a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.

- Asistir e acompañar aos usuarios de comedor que estean enfermos, mesmo no seu traslado a un centro hospitalario. Se algún alumno/a sufrise algún golpe ou indisposición, chamarán por teléfono aos pais/nais/titores legais, permanecendo co alumno/a ata que cheguen os familiares, ou ben, chamando ao servizos de

Page 7: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

7

emerxencia, nos caso de gravidade e urxencia, ou se o consideran necesario e oportuno.

- Informar á ANPA de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo de comedor. Comunicarán por escrito á ANPA á Dirección as condutas contrarias ás normas xa sexan leves o graves que se produzan.

- Rexistrar as incidencias e asinar no diario do comedor.

VIII. CONDUTAS CONTRARIAS Á CONVIVENCIA NO COMEDOR ESCOLAR

1. Son condutas leves contrarias á convivencia aquelas que vulneren o establecido no capitulo VI, que non sexan suficientemente importantes como para consideralas gravemente prexudiciais para a convivencia.

2. Consideraranse condutas gravemente prexudiciais para a convivencia, todas aquelas que recollidas no epígrafe 7.3 do Plan de convivencia sexan de aplicación ao comedor escolar.

a) As agresións físicas ou morais, inxurias u ofensas graves, as ameazas e as coaccións a membros do comedor, tanto usuarios como persoal encargado.

b) Actos de discriminación grave contra membros do comedor.

c) Os actos de indisciplina grave, como a desobediencia ás indicacións directas do persoal encargado.

d) A gravación e a difusión de imaxes ou informacións que atenten contra os dereitos á honra, a dignidade da persoa, a intimidade persoal e familiar e a propia imaxe dos demais membros do comedor.

e) As actuacións que constitúan acoso escolar.

f) A apropiación de bens do comedor ou pertenzas dos usuarios ou do persoal do comedor.

g) Os danos graves causados polo uso indebido e intencionado no material ou nas instalacións do comedor e demais dependencias do instituto postas ao servizo do comedor.

h) Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do comedor.

i) As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros do comedor, ou a incitación a elas.

j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde e a integridade persoal dos membros do comedor.

k) A reiteración de 5 faltas leves en un prazo de 30 días naturais.

l) O incumprimento dunha sanción imposta por calquera conduta considerada como gravemente prexudicial para a convivencia no centro.

m) Saír do recinto escolar en horas de comedor sen permiso dos proxenitores ou titores legais ou sen telo comunicalo ao persoal encargado.

Page 8: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

8

IX. MEDIDAS DE CORRECCIÓN

a. Principios e gradación das medidas correctoras.

As medidas de corrección que se apliquen, respectarán os principios e requisitos establecidos no epígrafe 8.2 do Plan de convivencia, entre outros, deben respectar a proporcionalidade entre a medida e a conduta corrixida.

En ningún caso privarán, como castigo, da ración completa de comida que está establecida no menú. Baixo ningún concepto e por ningún motivo aplicarán castigos físicos nin ningún outro que supoña vexación moral ou discriminación do usuario/a.

As condutas contrarias ao establecido no capitulo VI consideraranse faltas leves ou graves atendendo ás circunstancias das mesmas, segundo o establecido no epígrafe 8.3 do Plan de convivencia, como: a intencionalidade, a reincidencia, o recoñecemento espontáneo da conduta incorrecta e a reparación espontánea dos danos, e tendo en conta a idade e as súas circunstancias persoais, familiares e sociais.

Os usuarios están obrigados a reparar o dano que cause e a restituír o subtraído como establece o epígrafe 8.4 do Plan de convivencia. Ademais esta reparación é compatible coas correccións que correspondan.

As correccións comunicaranse á ANPA e a dirección do centro.

As condutas leves prescriben ao mes e as graves aos catro meses da súa comisión.

As medidas correctoras das condutas leves contrarias á convivencia prescriben aos catro meses da súa imposición e as de condutas graves ao ano da resolución en firme.

b. Correccións de condutas leves.

As correccións por condutas contrarias á convivencia poden consistir nunha ou máis das seguintes medidas:

a) Amoestación verbal privada ou por escrito.

b) Realización de tarefas que contribúan a mellorar o desenvolvemento do comedor.

c) Cambio de mesa de comedor ou de quenda ata unha semana.

d) Separación das actividades de recreo do comedor por un período de ata dúas semanas.

e) Suspensión da asistencia ao comedor durante un período de ata dúas semanas.

As medidas correctoras de condutas leves levaranse a cabo polo persoal do comedor no momento que sucedan, deixándoas rexistradas no diario do comedor a efectos de considerar unha posible reincidencia, e comunicándoas á familia polo medio que se considere máis oportuno

Para a aplicación da suspensión do servizo compre comunicalo por escrito á familia, mediante un parte que deberán devolver asinada ao persoal de comedor ou ao centro. Informarase así mesmo, á ANPA e á dirección do centro. (ver anexo 2)

c. Correccións de condutas graves.

As condutas gravemente prexudiciais poden ser corrixidas coas seguintes medidas:

a) Realización de tarefas que contribúan a mellorar o desenvolvemento do comedor

b) Cambio de mesa de comedor ou quenda.

Page 9: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

9

c) Separación das actividades de recreo do comedor por un período de ata un mes.

d) Suspensión da asistencia ao comedor durante un período de ata un mes.

e) Suspensión da asistencia ao comedor.

Ademais todas aquelas condutas que poidan poñer en perigo a integridade física de membros do comedor, tanto usuarios como persoal encargado do mesmo, que atenten contra a dignidade persoal como consecuencia de calquera tipo de discriminación, será corrixida coa suspensión do dereito de asistencia ao comedor durante un período mínimo dunha semana.

Así mesmo, a reiteración de dúas faltas graves nun prazo de 30 días naturais, tamén será corrixida coa suspensión do dereito de asistencia ao comedor durante un período mínimo dúas semanas

A reiteración de tres faltas graves cometidas nun período de 60 días naturais, será corrixida coa suspensión do dereito de asistencia ao comedor durante un período dun mes ou a suspensión de forma definitiva do dereito de asistencia ao comedor.

A corrección de condutas graves corresponde á dirección do centro, previa instrución dun procedemento de corrección segundo o capítulo 9 do Plan de convivencia.

Este regulamento foi aprobado no consello escolar o día 30 de outubro de 2018

Page 10: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

10

ANEXO 1

ADMINISTRACIÓN DE MEDICAMENTOS

Cando un alumno/a usuario do comedor teña que tomar algún medicamento antes, durante ou inmediatamente despois das comidas, ou requira da administración por parte do persoal encargado, permitiráselle, ou administraráselle, só cando os proxenitores ou titores legais o teñan comunicado por escrito á persoa encargada do comedor da seguinte forma:

Esta comunicación farase mediante escrito datado e asinado, con identificación do pai/nai/titor legal, do alumno usuario do comedor e indicando de forma clara o medicamento, a dose e a hora de administración e duración do tratamento.

No caso de requirir da administración por parte do persoal encargado, autorizarano a administrarlle dito medicamento eximíndoo de calquera responsabilidade derivada da administración do mesmo; neste caso, a familia será responsable de achegar a medicación ao encargado do comedor, do control da vixencia do medicamento, da súa non caducidade e da súa reposición en tempo e forma.

Así mesmo, poderase requirir o informe médico no que conste tanto o problema de saúde como a dose a subministrar e a forma de facelo.

Calquera medicamento que un alumno/a leve ao comedor sen ter seguido o procedemento anterior, será retirado inmediatamente polo responsable do comedor, quen se porá en comunicación co pai/nai/titor legal do alumno/a para informalos do feito.

D/Dª __________________________________________, con D.N.I. nº _______________, con

domicilio en ____________________________________________________, nai/pai/titor/a do

alumno/a ___________________________________________, que cursa estudos do ___ curso

da ESO no IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña, e sendo meu fillo/a pupilo/a usuario/a do

servizo de comedor escolar do centro.

EXPÓN,

- Que o meu/miña fillo/a foi diagnosticado/a de ____________________________________. Achégase informe médico.

- Que como consecuencia do anterior, prescribíuselle a seguinte medicación:______________ __________________________________________________.

- Que esta medicación prescrita debe ser administrada coa comida.

SOLICITA que se permita a toma da medicación indicada.

AUTORIZA a que se proceda á administración da medicación segundo se indica por parte do persoal encargado do comedor escolar, exonerando ao mesmo, á empresa encargada e ao centro educativo da responsabilidade que poida orixinarse pola administración da medicación por parte do persoal no sanitario e comprometéndome a facilitar a medicación sinalada e a renovala nos supostos de caducidade e/ou terminación do medicamento.

En ____________, a _____ de __________ de 20___

Asdo. _____________________

Page 11: REGLAMENTO de COMEDOR ESCOLAR...O horario de comedor será de 14.15 h ás 16.00 h, os martes ata as 16.20 h por mor de ter xornada escolar pola tarde. Neste horario, os alumnos estarán

11

ANEXO 2

COMUNICACIÓN DE CONDUTA CONTRARIA ÁS NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR

Alumno/a ..........................................................................................................

Don/a ..............................................................................................., encargado/a do comedor escolar,en referencia á/ao alumna/o e usuaria/o deste servizo, comunícolle os seguintes feitos:

...........................................................................................................................................................................................................

...........................................................................................................................................................................................................

...........................................................................................................................................................................................................

...........................................................................................................................................................................................................

...........................................................................................................................................................................................................

...........................................................................................................................................................................................................

Considerando que estes feitos son tipificados como condutas leves contrarias á convivencia no centro segundo o capítulo 7.2 do Plan de convivencias letra/s .................... e/ou no punto primeiro do capítulo VIII do Regulamento do Comedor Escolar.

En aplicación do capítulo IX b) do Regulamento do Comedor Escolar, a/o alumna/o foi sancionado coa seguinte medida:

Amoestación privada ou por escrito.

Realización de tarefas …………….....................................................................................

Cambio de mesa de comedor ou quenda por un período de .............................................................

Separación das actividades de recreo do comedor por un período de .........................................

Suspensión da asistencia ao comedor durante un período de ............................................................

A Coruña, ........ de ......................... de 20....

O/A ENCARGADO/A Asdo.:................................................

Recibín: ....... / ................. / ........... O/A PAI/NAI OU TITOR LEGAL Asdo.:................................................