redacción, publicidade e administración: edita: edicións...

20
Redacción, publicidade e administración: Rúa Galiano, 63 - 1º. 15402 FERROL. Tel.: 981 35 53 53. Fax: 981 35 18 99 | Edita: edicións embora | Directora: Carmela Mor | Deseño e Maqueta: Jose Farinós | Produción: Bucle Comunicación | Departamento comercial: Alicia Álvarez Lamas | Depósito Legal: C 4370-2007 | [email protected] | Nº 18 • Ano II A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión dos devanditos actos GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | XUÑO 2009 18 Luar na lubre , “Ao vivo” no Teatro Jofre Caixa Galicia mostra “Miradas, arte galega dende 1975” Narón recrea no Val a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras de flores

Upload: hoangdiep

Post on 03-Dec-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

Redacción, publicidade e administración: Rúa Galiano, 63 - 1º. 15402 FERROL. Tel.: 981 35 53 53. Fax: 981 35 18 99 | Edita: edicións embora | Directora: Carmela Mor | Deseño e Maqueta: Jose Farinós | Produción: Bucle Comunicación | Departamento comercial: Alicia Álvarez Lamas | Depósito Legal: C 4370-2007 | [email protected] | Nº 18 • Ano II

A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión dos devanditos actos

GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | XUÑO 200918

Luar na lubre,“Ao vivo” no Teatro Jofre

Caixa Galicia mostra “Miradas, arte galega

dende 1975”

Narón recrea no Val a lenda da Pena

Molexa

Ares elabora as tradicionais

alfombras de flores

Page 2: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

2 # XUÑO 09

Page 3: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

XUÑO 09 # 3

unha ameaza de derrubamento. Aí andan o construtor Florencio Pardo, a gobernanta do local, unha vella noiva que aínda lle quere, o intendente, o empregado, os músicos e os bailaríns. A estética da montaxe baséase na cultura popular dos setenta, no cómic, nas telenovelas e nas fotonovelas, e a música en directo (jazz, rap, fado e morna) supón unha parte importante da peza. Para Cadaval As dunas non é unha comedia: “Pode dar risa por ser cómica, irrisoria ou grotesca”, pero retrata “a paisaxe sinxela da infancia destruída, ironicamente, polo paraíso en cápsulas que é o turismo. A destrución do rostro dun país como unha catástrofe de cirurxía plástica, a ruína sentimental escenificada por un grupo de homes e de mulleres que procuran o amor enriba dunha onda de cemento”.No elenco, Paula Buján López, Evaristo Calvo, Paulo Oliveira, Manolo Cortés, Susana Dans, Christian Escuredo, “Mos”, Iria Pinheiro, Rodrigo Roel e Davide Salvado.

As dunas retrata a

destrución da paisaxe

da infancia nun país

no que a especulación

urbanística non é

delito

TEATROTeatro Jofre | 13.06.2009 | 20.30 h | 10, 8 e 3 euros

Manuel Lourenzo e Quico Cadaval unen o seu talento

Especulación nun spa luguésNUN PROMONTORIO PENDURADO SOBRE O MAR CANTÁBRICO, O CONSTRUTOR PARDO DECIDE ERGUER “AS DUNAS”, UN MODERNO

BALNEARIO MUSICAL QUE ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS DÍA E NOITE E PRETENDE TER COMO CLIENTES A AMANTES DE “PRACERES

PROLONGADOS”. AS DUNAS É UNHA OBRA SOBRE A ESPECULACIÓN INMOBILIARIA, OS IMPACTOS ECOLÓXICOS, OS ATENTADOS Á

PAISAXE E A FALTA DE RESPECTO Á NATUREZA “CUN POUCO DE CRÍTICA POLÍTICA, UN POUCO DE SEXO E UN POUCO DE RISA”

O Centro Dramático Galego pecha os seus primeiros 25 anos de vida coa posta en escena de As dunas, unha obra de Manuel Lourenzo (autor de máis de 50 obras de teatro e Premio Nacional de Literatura Dramática en 1997), escrita como dramaturgo residente da compañía pública galega. A conxunción do texto escrito por Manuel Lourenzo e a dirección de Quico Cadaval deu lugar a “un cabaré sobre o paraíso perdido”, en palabras de ambos os dous. A ambientación sitúa As dunas na Mariña luguesa, obxecto de desexo recente “dos depredadores do país”, en palabras de Lourenzo, precisamente nun país no que a especulación urbanística non é delito.Construtores, gobernantes, funcionarios e artistas pasean pola escena para a posta en marcha dun número artístico de contido erótico-musical para a inauguración do balneario, que se levanta nunha nave sobre a que, como tantas veces en Galicia, pende

Page 4: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

4 # XUÑO 09

TEATROTeatro Jofre | 05.06.2009 | 20.30 h | 10, 8 e 3 euros

BAILADELA DA MORTE DITOSATEATRO DE NINGURES ESCENIFICA A OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO, NA

QUE SE PRESENTAN SEIS ENCONTROS COA MORTE PROCURADOS SEMPRE

POLOS PERSONAXES E POR DIFERENTES MOTIVOS: ADIANTAR A PROPIA

MORTE PARA FUXIR DO SUFRIMENTO, ACHEGARSE A ELA PARA MATAR A

SOIDADE OU O FRACASO, ABRAZALA PARA ALIMENTAR OUTRA VIDA OU

ACABAR NOS SEUS BRAZOS COMO REMATE DUN CAMIÑO XA ANDADO

Un mozo atopouse coa morte, tras facerse amigo dela, pediulle un favor. Antes de vir buscalo tería que avisalo con tempo. Fecharon así o trato e, cando o mozo deu en avellentar, chamouno á súa beira a morte. Que me queres?, díxolle el. Veño por ti!, respondeulle a morte. Quedaches de me avisar con tempo!, retrucou o vello. E ben avisado estás!, replicoulle a Dona. Branqueouche o pelo? Branqueou! Caéronche os dentes? Caeron! Cansáronche as pernas? Cansaron! Perdiches as forzas? Perdín!.. E entón, que máis avisos querías? E dito isto, a morte marchou cara á noite e o vello, con ela, detrás.Despois de levar aos escenarios textos tan dispares como Tartufo, Misericordia e Emigrados –unha comedia clásica, unha aceda crítica social e unha obra contemporánea– Teatro de Ningures aposta por Roberto Vidal Bolaño para sacar adiante unha produción, Bailadela da morte ditosa que, a pesar do seu título, é un canto á vida, a unha vida digna, ao amor e á liberdade. Así é como a cualifica a propia compañía galega que na actualidade traballa en obras galegas contemporáneas que toquen temas de hoxe, que se acheguen aos conflitos máis fondos, e actuais, máis esenciais, tratando de despoxar as obras de referencias xeográficas ou específicas da época, porque entenden que se trata dun texto universal.Dous días antes da representación da obra, o día 3, o Teatro Jofre acollerá unha tertulia sobre Bailadela da morte ditosa, na que intervén Manuel Xestoso, crítico de teatro de A Nosa Terra (20.00 h).

MAXIAAuditorio de Valdoviño | 07.06.2009 | 18.00 h

O MAGO DANIESPECTÁCULO PARA TODA A FAMILIA NO QUE

A ORIXINALIDADE, A COMEDIA E O DRAMA

XÚNTANSE COA MAXIA DEMOSTRANDO QUE NA

MAXIA CASE TODO É POSIBLE

O Auditorio municipal de Valdoviño acolle un espectáculo do Mago Dani, incluído no programa Titirimaxia. Efectos de maxia coa mente, con alimentos e mesmo co propio corpo do mago, logran sacarlle un soriso ao público. Dende os clásicos máis perigosos da maxia ata o máis novidoso e disparatado que a mente do Mago Dani se lle pode ocorrer xúntanse neste espectáculo.infantil

MÚSICASala Run Rum | 05.06.2009 | 22.00 h | 10 euros

LORDS OF ALTAMONTROCK & ROLL RÁPIDO, RUIDOSO E FÓRA DE

CONTROL. A BANDA DE GARAGE-PUNK, UNHA DAS

MÁIS PRETIXIOSAS DE EUROPA, PRESENTA O SEU

ÚLTIMO DISCO THE ALTAMON SIN

Lords of Altamont son unha desas bandas capaces de recoller a crudeza do Punk dos 60 e transportala ata a actualidade a base dun rock & roll rápido e puro. Publicaron o seu primeiro disco en 2004 no prestixioso selo Sympathy For The Record Industry e dende entón convertéronse nunha das bandas máis recoñecidas do seu estilo, chamando a atención incluso de Michael Davis, o baixista dos lexendarios MC5, que se uniu á formación para participar no seu segundo disco, gravado en 2006.

Page 5: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

XUÑO 09 # 5

TEATROPazo da Cultura | 06.06.2009 | 20.00 h | 8 euros

ADOSADOS, DE DOUS EN DOUSNUN CHALET DE ADOSADOS VIVEN ELES, OS ACTORES JUAN MARGALLO

E PETRA MARTÍNEZ, ESPAZO NO QUE SE DESENVOLVE A SÚA ÚLTIMA

MONTAXE, ADOSADOS, UNHA COMEDIA NA QUE QUEREN FACER AO PÚBLICO

PARTÍCIPE FACENDO UNHA CRÍTICA, A VECES MORDAZ, DE CERTOS TEMAS DE

ACTUALIDADE

A compañía madrileña Uroc Teatro crea unha montaxe escrita e ideada polos seus dous protagonistas. Trátase dunha peza cargada de ironía e sentido do humor, na que o fío condutor o configuran temas de candente actualidade. De dous en dous, nun chalet de adosados viven eles, el e ela, e outros moitos dous. Estes son os máis adosados de todos, ata tal punto que non se podería distinguir moi ben quen é un ou a outra, ou a outra e o un, que ao non saber quen son, difícil sería saber quen se senta á esquerda e quen á dereita do espectador. Juan Margallo e Petra Martínez, dous actores cunha ampla traxectoria profesional, son o matrimonio protagonista deste espectáculo, no que comparten un chalet adosado. Postos a opinar, opinan sobre case todo. Sobre a emigración, a seguridade, os tránsfugas, a política e especialmente sobre o que está ocorrendo no momento: o teatro, que, de cotío, é tan falso como a vida mesma. As súas reflexións fúndense e confúndense chegando a ser incluso irracionais.Dirixida polo propio Juan Margallo e baseada nun texto de John Petrof, Adosados é, en palabras do seu protagonista, “unha comedia con elementos do teatro do absurdo na que sobre todo queremos que o público ría, pero tamén que reflexione sobre as críticas que facemos, iso sen ser demasiado transcendentes”.

EXPOSICIÓNAteneo Ferrolán | 05-30.06.2009

FOTOS DA NATUREZAFOTÓGRAFOS INTERNACIONAIS PARTICIPAN NO

CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE, QUE

MOSTRA CINCUENTA OBRAS NAS QUE SE RESALTA

A IMPORTANCIA DA NATUREZA

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Ateneo Ferrolán vén de organizar un certame de fotografía, que cumpre a súa décimonovena edición, e que se inaugura o día 5. Participan fotógrafos galegos, pero tamén de diferentes puntos de España e de Europa. As cincuenta obras que se mostran teñen en común o coidado da natureza e a denuncia das agresións que recibe o medio natural na sociedade actual. Versan ademais sobre a ecoloxía en cualqueira dos seus aspectos: paisaxes, fauna, flora...

TEATROC. Torrente Ballester | 12.06.09 | 20.30 h | 5 eur

EN TORNO Á ESTUPIDEZTEATRO ENSALLE REPRESENTA EN FERROL A SÚA

OBRA MÁIS ÍNTIMA, LA ESTRATEGIA DEL AVESTRUZ,

UNHA REFLEXIÓN SOBRE A ESTUPIDEZ HUMANA,

DIRIXIDA POR PEDRO FRESNEDA

La estrategia del avestruz, talvez a aposta máis íntima de Teatro Ensalle, presta especial atención á idiotez do ser humano, que “ás veces é mais forte do que pensa e acaba metendo a cabeza nun burato para non ver os seus actos”, explica o director da obra Pedro Fresneda. Catro personaxes mostran no escenario as súas obsesións máis persoais, dando vida a esta obra, moi conceptual e carente de fío argumental definido.

Page 6: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

6 # XUÑO 09

FESTASAres | 14.06.2009

ALFOMBRAS FLORAIS NO CORPUSO MUNICIPIO DE ARES FESTEXA UNHA DAS SÚAS TRADICIÓNS MÁIS

ARRAIGADAS, A ELABORACIÓN DOS TAPICES DE FLORES PARA CELEBRAR O

CORPUS CHRISTI, UN RITUAL QUE SE REMONTA A FINAIS DO SÉCULO XVII E

NO QUE PARTICIPAN CENTENARES DE VECIÑOS

Na madrugada do sábado 13 de xuño, centenares de veciños aproveitarán a noite para elaborar as tradicionais alfombras florais co fin de que pola mañá a vila amaneza vistosamente ornamentada. Queda detrás o arduo traballo dun mes, tempo necesario para recoller as flores e plantas, esmiuzalas e preparalas para a súa colocación nas principais rúas do pobo. Sobre os tapices –elaborados cunhas tres toneladas de pétalos– pasa a procesión (día 14, 17.00 h), tras a liturxia na igrexa de San José. Percorre un tramo de aproximadamente un quilómetro, polas rúas máis céntricas do municipio.O Concello deseñou ademais un programa de actos festivos para a xornada do domingo, con varias actuacións musicais que terán lugar despois da procesión. Por outra banda, a Policía local habilita espazos para o aparcamento dos vehículos, e recomenda que todos os visitantes acudan á avenida de Mugardos, dende a zona do Mazote ata o cruce coa rúa Celso Emilio Ferreiro.

DANZAC. Torrente Ballester | 19.06.09 | 20.30 h | 5 eur

DES-MEMORIA2BAIXO A DIRECCIÓN DE OLGA CAMESELLA E

ALFREDO GARCÍA, A COMPAÑÍA VIGUESA DISQUE

DANZA ESCENIFICA ESTA OBRA, UNHA REFLEXIÓN

SOBRE A IMPORTANCIA DAS LEMBRANZAS NA

CONDICIÓN HUMANA

Dous seres humanos en escena. Sábense humanos, pertencentes a esa especie ou cando menos diso lémbranse. Un aquel fai que se vaian confrontando entre eles na procura de lembrar como chegaron aquí, neste momento. Son un e unha, aínda que iso pode non ser relevante. Precisan explicarse para que se atopen a eles mismos. Lembran o pasado, porque se non poden perder a súa identidade.

Esta é a nova aposta da compañía Disque Danza, que mistura danza e teatro nunha evolución completamente natural que a leva a conseguir unha linguaxe claramente mestiza, facendo incursións en experiencias performáticas.

Page 7: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras
Page 8: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras
Page 9: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

XUÑO 09 # 9

MÚSICATeatro Jofre | 19.06.2009 | 20.30 h | 15, 12 e 10 euros

LUAR NA LUBRE AO VIVOUN DOS GRUPOS DE MÚSICA CELTA MÁIS INTERNACIONAIS DE GALICIA

PRESENTA O SEU ÚLTIMO TRABALLO, AO VIVO, O PRIMEIRO DISCO EN DIRECTO

DESPOIS DE MÁIS DE 24 ANOS SUBIDOS A ESCENARIOS DE TODO O MUNDO.

O CD RECOLLE 18 CANCIÓNS CON TODOS OS SEUS TEMAS CLÁSICOS E UN

INÉDITO

Luar na Lubre presentou en marzo o seu último traballo, Ao Vivo, que recolle as 18 cancións que interpretaron os días 22 e 23 de xaneiro, en dous concertos que encheron o Teatro Colón da Coruña. Este primeiro disco en directo do que está considerado como un dos grupos internacionais máis importantes da música celta, inclúe todos os seus temas clásicos, como Tu gitana, O son do ar ou Chove en Santiago, entre outros, e engade un inédito Axeitame polainiña. Os músicos de Luar na Lubre contaron ademais neste novo proxecto coa colaboración de Luz Casal (Camariñas), Diana Navarro (Romeiro ao lonxe) e Pedro Guerra (Memoria da noite). Hai dous meses que comezaron a súa xira que os trae ao Teatro Jofre o día 19, grazas á colaboración da Fundación Caixa Galicia co Concello de Ferrol. Os integrantes do grupo recoñecen que este era un dos mellores momentos que se lles plantexou para sacar á luz un disco diferente, no que se reflicte a esencia de Luar na Lubre, o grupo en estado puro, fuxindo da frialdade dos estudios. Non obstante, admitiron que no é sinxelo facer un traballo en directo, aínda que con el esperan acadar, ao menos, os mesmos resultados que cos seus discos anteriores. Queren, nas súas propias palabras, que este traballo “sexa un agasallo para o noso público e un testemuño para toda a xente que participou como espectador no nosos máis de 800 espectáculos, e que contribuíron para que Luar na Lubre sexa o que actualmente é.

EXPOSICIÓNFund. Caixa Galicia | Do 7.05 ao 27.09.2009

MIRADAS, ARTE GALEGAREALIDADES, EXPRESIÓNS, TRAMAS. ARTE EN GALICIA

DENDE 1975 É UNHA MOSTRA QUE REVISA AS

PRINCIPAIS TENDENCIAS DA ARTE GALEGA DENDE

1975 ATA A ACTUALIDADE

A sede da Fundación Caixa Galicia acolle entre o 7 de maio e o 27 de setembro a exposición Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia dende 1975, a terceira etapa do proxecto “Miradas”, unha iniciativa da primeira entidade financeira galega para celebrar o 20 aniversario da súa Fundación.

Comisariada por Iria Candela, unha galega que actualmente traballa na Tate Modern de Londres, esta exposición revisa as principais tendencias e manifestacións da arte galega contemporámea dende 1975 ata hoxe.

MÚSICAC. C. Torrente Ballester | 18.06.09 | 22.00 h | 2 eur

GRAHAM FOSTERGUITARRISTA DUNHA ASOMBROSA FINURA, AS

SÚAS MANEIRAS DE TOCAR SON ELEGANTES E

EXQUISITAS. O SEU TRABALLO SONORO TEN UNHA

POTENTE ESPECTACULARIDADE RÍTMICA

Graham Foster leva trinta e cinco anos subido a escenarios de todo o mundo. Velo tocar a súa vella Telecaster sen púa nin pedaleira é unha experiencia que adoita engaiar ao público dos seus concertos. De feito, boa parte deles son músicos aos que capta co seu viruosismo natural. É capaz de obter do seu instrumento os sons que tantos buscan pero que poucos atopan.Cando toca coa súa banda, The Graham Foster Trio, deleitan aos espectadores coa súa particular fusión de rock’n’roll rhythm & blues e country.

Page 10: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

10 # XUÑO 09

FESTALugar de Vilasuso, O Val (Narón) | 20.06.2009 | A partir das 18:00 h

A MOURA VOLVE Á PENA MOLEXAUNHA LENDA DE ORIXE PRECRISTIÁ DI QUE A PENA MOLEXA É, EN

REALIDADE, UNHA MOURA QUE UN ENCANTAMENTO CONVERTEU EN PEDRA.

NA NOITE DO SOLSTICIO DE VERÁN, A FADA REAPARECE. E HAI FESTA

No lugar de Vilasuso, no Val, está a Pena Molexa. E di unha lenda de orixe precristiá que a tal pena é, en realidade, unha moura petrificada por culpa dun feitizo. A asociación cultural Zarabanda e o Padroado da Cultura do Concello de Narón celebran a noite do 20 que ese día se desfai o encantamento e a pedra recupera a forma de fermosa muller de cabelos loiros para ofrecer ao que a vexa quedar con ela ou, se prefire, cos tesouros que agochou no monte. A celebración comeza ás seis da

tarde con xogos populares e probas de deporte rural, e

ás dez da noite actúa A Quenlla. Ás doce da noite

aparece a fada no alto da pena, nunha recreación

teatral da vella lenda. E media

hora despois volve todo o mundo á festa co prendido da lumieira e unha

repichoca de música popular

galega.

TEATROPazo da Cultura | 25.06.09 | 20.30 h.

ONDE ANDAS, KARL?OS ALUMNOS DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN

REMATAN O CURSO. POÑEN EN ESCENA A

ÚLTIMA OBRA DE RUBÉN RUIBAL, UNHA COMEDIA

MARXISTA DE ULTRATUMBA

Onde andas, Karl? é a obra escrita ex profeso este ano por Rubén Ruibal para a Escola de Teatro do Padroado de Cultura de Narón, que dirixe José Luis Prieto. Mortos ilustres –todos eles residentes ad eternan no londinense cemiterio de Highgate– pasean as súas penas entre as lápidas. Alí están Herbert Spencer (1820-1903), o liberal (en sentido económico) que fora director da revista The Economist e fundador do chamado darwinismo social; a novelista e poeta George Eliot, morta en 1880); Thomas Sayers, boxeador, primeiro campeón do mundo dos pesos pesados; Caroline Tucker, unha morta recente, e Clara Alice Prosser, empresaria de artigos deportivos. Todos eles forman parte do Triste Circo de Highgate, un cemiterio abandonadodurante anos. O que non aparece é Karl Marx (1818-1883), filósofo e pai do socialismo científico, sempre en boca de obreiros, empresarios veciños do cemiterio. No circo do cemiterio, Marx é o trapecista, máis ou menos como sería na vida real/global.

Page 11: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

XUÑO 09 # 11

TEATROC.C. Torrente Ballester | 26-27.06.2009 | 20.30 h | 5 euros

CORPOS DISIDENTES, DE NUT TEATROESPECTÁCULO MULTIDISCIPLINAR QUE MESTURA DIFERENTES CÓDIGOS COMO

A DANZA, A PERFORMANCE OU O AUDIOVISUAL CO TEATRO. NEL ABÓRDASE

A IDENTIDADE COMO CONCEPTO, DENDE UNHA PERSPECTIVA EN FEMININO

PARTINDO DA CONSIDERACIÓN DO CORPO COMO REALIDADE OBSOLETA

En Corpos disidentes, Nut Teatro reflexiona sobre o mundo tecnolóxico no que somos fundidos de máquina e organismo, no que cada vez somos menos corpo e máis virtualidade, próteses ou códigos numéricos e no que os virus informáticos, a sida ou o terrorismo marcan novas pautas (trans)políticas.Nut Teatro basea as súas propostas escénicas en misturar fórmulas especificamente teatrais con outras máis próximas ás performances.

DANZATeatro Jofre | 28.06.2009 |19.00 h | 15, 12 e 6 euros

MÚSICATeatro Jofre | 25.06.09 | 20.30 h

ORQUESTRA DE COLONIAA NOVA FILHARMÓNICA DE COLONIA, ÚNICA

FORMACIÓN SINFÓNICA INDEPENDENTE QUE

EXISTE EN ALEMAÑA, INTERPRETARÁ EN FERROL

UN PROGRAMA COMPOSTO POR PEZAS DE

VIVALDI, BACH E TSCHAIKOVSKY

Tras a súa xira por Nova Celandia, Australia, Reino Unido, Irlanda, Suecia e a habitual tempada en Alemaña, a Nova Orquestra Filharmónica de Colonia, baixo a batuta de Volker Hartung, ofreceu algúns concertos en varias cidades españolas. O día 25 estará no Teatro Jofre de Ferrol.A orquestra é unha agrupación de cámara que varias veces ao ano se transforma nunha orquestra sinfónica. Adminístrase a si mesma e non dispón de subvencións estatais. Co paso dos anos atopou un estilo de interpretación que destaca polo seu ímpetu cautivador e o seu temperamento innovador, sen deixar de lado nunca a lealdade á obra.

O COREÓGRAFO CESC GELABERT INTERPRETA “GLIMPSE”CESC GELABERT, UN DOS COREÓGRAFOS E BAILARÍANS MÁIS IMPORTANTES DA DANZA CONTEMPORÁNEA PRESENTA

GLIMPSE, UN SOLO DE DANZA, NO QUE AS IMAXES DE VÍDEO, PROXECTADAS NUN RETABLO OU MULTI-PANTALLA, DIALOGAN

CO BAILARÍN DURANTE A REPRESENTACIÓN, AMBOS OS DOUS ACOMPAÑADOS POLA MÚSICA DE CARLOS MIRANDA

Glimpse é un solo de vídeo, música e danza, de 40 minutos de duración, creado en colaboración co vídeo-artista Charles Atlas e co compositor Carlos Miranda. Neste innovador espectáculo, as proxeccións sobre as pantallas rompen a fronteira entre as reflexións internas do bailarín e aquilo que o espectador ve como resultado. Unha das partes máis importantes da obra a conforma o espazo virtual, a través do que aparecerán dous bailaríns sobre o escenario do Jofre, ou un bailarían e a súa sombra, ou o seu clon, como se se tratase dunha parella que está bailando. Ese diálogo entre ambas as partes é a esencia de Glimpse, como explica o propio Gelabert, Premio Max das artes escéncias por Zumzumka. Pero, para encaixar perfectamente este contido e a parte visual, é necesaria a composición musical, creada polo chileno Carlos Miranda, director da orquestra e da música para o desfile dos atletas nas cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de Barcelona.

Page 12: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

12 # XUÑO 09

EXPOSICIÓNCentro Cultural Torrente Ballester | 29.05 - 22.08.2009

TELEPROMPTER, APOSTA VANGARDISTAO CONCELLO DE FERROL VOLVE APOSTAR POLA INNOVACIÓN NESTA

NOVA MOSTRA NA QUE COMPARTEN ESCENARIO O DESEÑO GRÁFICO

A INFOGRAFÍA, A VIDEOPROXECCIÓN, A MÚSICA, A FOTOGRAFÍA E A

ESCULTURA. UNHA EXPOSICIÓN QUE REÚNE AS CREACIÓNS INÉDITAS DE SETE

PINTORES GALEGOS BAIXO A INFLUENCIA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O Centro Cultural Torrente Ballester volve a ser escenario da arte máis vangardista. Tras A Rebelión dos Xéneros, o Concello de Ferrol ofrece agora unha nova exposición comisariada por Ángel Cerviño, que pretende dar a coñecer ao público como os novos medios técnicos e as últimas tecnoloxías inflúen ou chocan co traballo tradicional dos pintores. Así, sete artistas –Bosco Caride, Chelo Matesanz, Nano4814, Álvaro Negro, Simón Pacheco, Isaac Pérez Vicente e o propio Cerviño– demostrarán cómo se pode seguir sendo pintor baixo a influencia das novas tecnoloxías, aínda que curiosamente o que expoñen non sexan pinturas en estado puro.Todas as obras que se mostran en Teleprompter son inéditas e unha boa parte delas fixéronse especificamente para este espazo. “Isto é –explica o comisario da mostra– pola súa composición non poderán exhibirse tras o seu paso polo Torrente Ballester”.

MÚSICAAuditorio | 26,27,28.06.09 | 20.00 (venr.), 19.00h

CERTAME DE CORAISO PADROADO DA CULTURA DO CONCELLO

DE NARÓN ORGANIZA A SEXTA EDICIÓN DO

CERTAME DE CORAIS NO QUE PARTICIPAN DEZ

AGRUPACIÓNS DURANTE TRES DÍAS

A sexta edición do Certame de Corais de Narón inaugúrase o venres 26 no Auditorio coa actuación da Coral Municipal de Narón. Inmediatamente despois subirá ao escenario a Coral Eterna Juventud, de Fene.

O sábado 27 está previsto que participen no certame as corais Añoranzas, de Langreo; a Polifónica Villa de Boal, de Asturias; a Alecrín, de Brión; e para rematar actuarán os integrantes de Lembranzas da Terrra, de Valdoviño.O domingo péchase esta exhibición de música coral con outros catro concertos, os das corais Eixil, de Cedeira; a Polifónica Ferrolana, a Polifónica de San Pablo, tamén de Ferrol, e a Areosa de Narón.

Page 13: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras
Page 14: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

14 # XUÑO 09

conservadores, van a asegurar e non apostan pola novidades, é una pescada que se morde a cola. Nótase nas relación sociais, no márketing e nos medios, e se non estás na boca da xente difícilmente se che fai caso. Posiblemente en Vigo non se enteran do que pasa en Ferrol pero haberá que traballar para que o fagan con ou sen axuda.AI. Levas catro anos con Babel de Sons. Nótase a crise?NM. A crise notouse pero tamén foi una excusa para recortar presupostos de cultura, que é a parte máis feble do sistema. Mira, hai concellos que están á espreita para ver se se baixan cachés, e a min paréceme ben se se fai con artistas grandes, pero cos que cobran 1.500 euros non me parece xusto.AI. Estás no estadio no que te chaman ou tes que apretar aos contratadores?NM. A estas alturas conseguimos que nos chamasen para as contratacións, pero costou traballo. Tiven que moverme moito, chamadas, emails, etc., e topar con moita falta de profesionalidade, entendida por seriedade, sobre todo na administración máis directa.AI. Unha produtora dá para vivir con dignidade?NM. Dá para vivir, por iso estou eu aquí, agora xa lle boto carne aos espaguetis, pero

Imaxes de Víctor Aneiros, Mariclown e Pablo Seoane

Narsés Mira“Úsase a crise como excusa para recortar presupostos para a Cultura”DESDE HAI CATRO AN OS FERROL CONTA CUNHA INSÓLITA EMPRESA DE PRODUCCIÓN DE ESPECTÁCULOS TEATRAIS E MÚSICA DE JAZZ. TRÁTASE DE BABEL DE SONS (WWW.BABELDESONS.COM) E O SEU RESPONSABLE É NARSÉS MIRA, QUE CONTA COMO É POSIBLE COMPETIR DESDE ESTA CIDADE TAN EXÓTICA NUN MUNDO TAN COMPLICADO COMO O DA PRODUCIÓN ARTÍSTICA

TEXTOS: Nicolás Vidal | FOTOS: Kiko Delgado

AI. Como se pasa de economista-contable ao mundo da produción de espectáculos?Narsés Mira. Foi un cúmulo de casualidades. Primeiro desde a Escola de Novo Circo, apetecíame divertirme, e pouco a pouco, na xestión da entidade xorde a posibilidade de facer a obra Día tras día para o grupo Mariclown. Aí comezamos a ver a posibilidade de adicarnos ao espectáculo dun xeito máis profesional. A partir de aí comezamos o traballo no pub Manchita Cosa, entre 2003 e 2005.AI. Unhas raíces inequívocamente ferrolás, pois.NM. Desde logo. Babel de Sons nace para dar forma aos espectáculos de Mariclown, e posteriormente a Víctor Aneiros, os dous grupos son a base inicial dunha produtora na que case todos os artistas son de aquí. Hay una aposta clara por Ferrol, eu sei que se estás en Vigo ou Santiago as posibilidades serían maiores, pero que pasa, que non se pode traballar desde aquí? Pois si que se pode.AI. Non axudan os medios de comunicación?NM. En xeral son crítico cos medios de comunicación porque son moi

ENTREVISTA

“En Vigo ou Santiago todo sería máis doado pero, por que non facelo desde Ferrol?”

Page 15: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

XUÑO 09 # 15

ENTREVISTA

Narsés Mira fai anualmente entre 40.000 e 50.000 quilómetros acompañando aos artistas da súa produtora

levo catro anos sen vacacións. Babel de Sons está nun punto en que necesita medrar, hai máis actividade e posibilidade de ter máis artistas na axenda, pero iso significa máis traballo e ter que contratar a máis xente. As empresas van para arriba ou van para abaixo e agora teño esa dúbida existencial de ver para onde tiro. Pero teño claro que o traballo que estou a facer noutra empresa non o farían menos de catro persoas.AI. Fas moitos quilómetros coa furgoneta?NM. Ao ano podo facer entre 40.000 e 50.000 quilómetros, por toda Galicia e por fóra, con meses de 15.000. Son catro anos sen vacacións e o máximo ao que aspiro agora mesmo é a desconectar. A ver agora no verán, porque os meus grupos non son

de pop-rock e no verán non traballan tanto, desde logo nada en festivais.AI. Que lle pides aos que traballan contigo? NM. A profesionalidade e un bo trato humano, que é o que teño agora mesmo con tódolos artistas de Babel de Sons, independentemente de criterios estéticos, porque eu traballo para que os artistas actúen nas mellores condicións: eles só deben de preocuparse de actuar, do demais xa me encargo eu.AI. Que se consegue coa implicación coa que ti traballas?NM. Pois que cada semana semana haxa polo menos dez grupos que piden os servizos de Babel de Sons, pero de momento na axenda estou con Víctor Aneiros, Mariclown, Terela Gradín & Manuel Gutiérrez, Roberto Somoza, Loba Loo e Pablo Seoane. Ao máximo que estou chegando é a facer colaboracións puntuais, con grupos como Super Ratones, a Vargas Blues Band, ou festivais como o Felipop.AI. En que punto estades agora?NM. Estamos a piques de estrear o novo espectáculo de Mariclown e despois de aguantar algunas cousas é moi posible que faga una discográfica para dar saída aos artistas como Pablo Seoane, que está gravar o seu novo traballo, para controlar todo o proceso.AI. Que é o máis duro de levar adiante á produtora?NM. O que peor se leva e a falta de profesionalidade dalgúns promotores, e niso están tan equilibrados os públicos como os privados. Un pode levarse sorpresas desagradables aínda que é certo que o traballo previo fai que se reduzan esas sorpresas e que todo estea máis controlado. Outra cousa é que moitas veces traballas con políticos nos que o problema xa non é que non saiban, é a falta de respecto, de cariño e de implicación.

“Son crítico cos medios de comunicación, non soen apostar polos artistas novos”

“A profesionalidade e un trato humano son as claves para traballar con Babel de Sons”

Page 16: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

16 # XUÑO 09

estrada que une Laraxe con Limodre, preto do castro de Prismos. O marco divide tamén as parroquias de Maniños e San Martiño do Porto. Na actualidade, o espazo máxico está ameazado pola expansión do polígono de Vilar do Colo, pero aínda contempla como visitantes que dan nove voltas ao seu redor piden ser librados do mal de ollo ou curar dalgunha dolencia. A naturalidade dos seus

poderes inspirou incluso un relato do escritor limodrés Sindo Seixido no seu libro “A gloria é un afiador” (Ediciós do Castro, 1992) con limiar de Neira Vilas. Poderes semellantes aos de San Lourenzo témolos no marco do Salto, que divide as parroquias de Eirís, Laraxe e O Salto.

Na era do ciberespazo hai quen aínda confía nas forzas telúricas para amañar os proble-mas cotiáns.

A próxima noite de San Xoán célébrase a duodécima edición da recreación da lenda da Pena Molexa, organizada polo Servizo Sociocomunitario Municipal, a Concellería de Cultura de Narón e a AVV Os Irmandiños no lugar de Vilasuso, en O Val, onde se reúnen centos de curiosos. Trátase dunha lenda re-petida no arco Atlántico celta: unha fermosa

A Pena Molexa, en Narón, un monumento megalítico onde a noite do solsticio de verán se celebra un ritual máxico

A comarca máxicaTEXTOS: Nicolás Vidal | FOTOS: Kiko Delgado

A segura o historiador André Pena que as comarcas de Trasancos, Bezoucos, Eume e Ortegal gardan a fonda

pegada celta das terras do extremo occidente ibérico que a ilustración do XVIII agochou pero non foi quen de eliminar. Restos da antropo-loxía céltica transfor-mados en santuarios, cruceiros, barcas de pe-dra e cidades asolagadas salferen unha xeografía na que fóra de tópicos e postais turísticas a fon-dura do pasado amósase a pouco que se rasque. A pegada do pasado máxico máis remoto é tal que incluso un pode casar en Cedeira polo rito celta (os interesados achéguense a www.galiciamagica.com).

Un percorrido iniciático por unha comar-ca onde a lenda está á vista pode comezar na parroquia cabanesa de Laraxe. Alí existen dous marcos que delimitan parroquias e teñen a particularidade de estar activos; isto é, o visitante pode ver pegadas de ritos que aínda se desenvolven desde o paganismo ata os nosos días de crise e Internet. O máis coñecido é o marco de San Lourenzo, na

REPORTAXE

Abundan as lendas de cidades asolagadas

como a de Valverde, en Doniños

Page 17: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

XUÑO 09 # 17

REPORTAXE

De esquerda a dereita, a lagoa de Doniños (Ferrol), próxima á praia do mesmo nome; Santo André de Teixido (Cedeira), o santuario máis antigo de Galicia, probablemente de orixe céltica; Ermida de Santa Comba na parroquia de Covas (Ferrol), onde Win Wenders rodou A letra escarlata.

moura de pelo dourado (os mouros son seres élficos, loiros pois e nada teñen que ver cos musulmáns) rodeada dun tesouro ofrécelle a un viaxeiro o máis valioso que ve. O viaxeiro escolle o ouro sen recoñecer á moura como o máis valioso, e deste xeito esta fica convertida nunha enorme pedra onde se garda o tesouro da galiña dos pitos de ouro. Así, ata que o milagre da vida faina regresar cada solsticio de verán, onde o camiñante volverá atoparse con ela, trabucarase na elección do tesouro e perpetuará o feitizo. Paga a pena pasear pola contorna da pena, polo monte do Castro, paraxe inspirador desta e outras lendas. Como a ermida de Santa Comba, en Covas, ubicada nun fermoso illote cando sube a marea, pai-saxe que engaiolou ao director Win Wenders para rodar en 1972 “A letra escarlata”. Conta a lenda que foi aquí onde a santa chegou nunha barca de pedra, tema recorrente no imaxinario popular galego e atlántico. O lugar foi un asentamento castreño como veñen de amosar as últimas excavación alí feitas.

Outro dos territorios que arrecenden a máxia na nosa contorna é o da lagoa de Doniños. O mito das cidades asolagadas, case sempre debido a un castigo divino por non ter axudado a unha persoa ilustre (un santo, Xesucristo, a Virxe María, etc.), está ben repre-sentado nas lendas comarcais. Hai coñecidos exemplos en cáse tódolos concellos: en Val-doviño, a cidade de Lucerna na lagoa da Riega no lugar de Marnela; Portonovo de Valverde (entre Ferrol, Narón e Serantes), a propia vila de Ares, etc. Porén quizais a máis famosa sexa esta da Lagoa de Doniños, recollida entre outros por Leandro Carré Alvarellos nas súas

�Lendas tradicionais galegas�. A lagoa, de dous quilómetros cadrados e unha profun-didade máxima de once metros, ten sido citada como a ubicación dunha mítica cidade chamada Valverde anegada polas augas por non dar acubillo a Xesucristo ou á Virxe María (segundo as versións que se consulten).

Pero se de lugares máxicos falamos, poucos gañan a Santo André de Teixido, ao que a un non lle queda máis remedio que visitar se non quere ser un morto camiñan-te. As lendas multiplícanse pero en esencia fálanos dun mito pagano que dá orixe a un santuario cristián que se xustifica na chegada nunha barca de pedra de San Andrés desde Palestina. A obriga á peregrinaxe posterior dos cristiáns foi un agasallo divino para que o santo non quedase só nese rincón apartado do mundo. Porén, investigadores como Pena Graña, Alonso Romero e outros atribúenlle unha orixe moi anterior, como punto de chegada da Vía Lactea ou Camiño Herácleo prerromano – así o chama nada menos que Aristóteles, xa que de Grecia chegaba ao Atlántico–. Este santuario de Santo André foi o punto de embarque a modo de Porto de Caronte, desde onde as almas subían á barca de pedra de San Andrés emprendendo logo de embarcadas e acomodadas unha viaxe fantasmal cara onde morre o sol, na illa da Eterna Mocidade e paraíso celta, que en días claros aínda hoxe semella verse desde os seus bravos cantís.

En calquera caso o mítico e o máxico danse a man neste lugar ao que as peregri-naxes de bermuda e alpargatas non foron quen de eliminar o engado. O pan, a auga da fonte dos tres canos e a herba de namo-rar non deben faltar no fardel de calquera peregrino ou romeiro, así como tampouco deixar pegada a base de pedriñas nos seus milladoiros e que o día do xuízo final se saiba que os romeiros cumpriron a súa promesa. Na despedida da súa reportaxe para National Geographic, “El camino mágico de los celtas”, Tom O´Neill exclamaba desde os cantís de Santo André: �Nada como a sensación de sentirse na casa”.

Tradición, maxia e pervivencia nunha terra que quere ser lóxica e racional pero que exemplos como estes e outros moitos poñen en cuestión.

Page 18: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

Escenificación do diálogo Noite e Recital do Poema Lembranzas de Fene. Ciclo de Conferencias. Unidade de Fene, 19.00 h.

FERROL

EXPOSICIÓN Luces do mundo, de Mario Llorca Loureiro. Inauguración. Galería Sargadelos, 20.00 h.EXPOSICIÓN Certame Fotográfico Medio Ambiente. Inauguración. Ateneo Ferrolán, TEATRO Bailadela da morte ditosa, Teatro de Ningures. Teatro Jofre, 20.30 h.MÚSICA Lords of Altamont, garaxe-rock de USA. Sala Run Rum, 22.00 h.

6 SÁBADO

FERROL

CINE Chicken Run: Evasión da Granxa. Ciclo Cinema Infantil. Ateneo Ferrolán, 12.00 h.MÚSICA Bohemios, presentación CD 20 aniversario. Jofre, 20.30 h.MÚSICA 7 puertas. Sala Run Rum, 23.00 h.

NARÓN

TEATRO Ados@dos, de Uroc Teatro. Pazo da Cultura, 20.00 h.

NEDA

INFANTIL Obradoiro de plastilina, personaxes 3D. Imparte Pablo Martínez, de Orballo. Casa da Cultura, 11.30 h.

7 DOMINGO

VALDOVIÑO

MAXIA Dani García, Acción. Auditorio, 18.00 h.

8 LUNS

FERROL

CINE A lenda do indomable, de Stuart Rosenberg. Ciclo Paul Newman. Fundación Caixa Galicia, 18.00 h (VDE) e 20.30 h (VOSE).

10 MÉRCORES

FERROL

CINE O pintor de ceos, de Jorge Morais Valle.

1 LUNS

FERROL

CINE Cortina rasgada, de Alfred Hitchcock. Ciclo Paul Newman. Fundación Caixa Galicia, 18.00 h (VDE) e 20.30 h (VOSE).CONFERENCIA Las redes sociales de los militares, por Prof. José María Imízcoz (Universidade País Vasco). Salón de actos do campus de Esteiro, 20.00 h.

2 MARTES

ARES

FESTAS Voto de Chanteiro, Misa e actuación do Grupo de Gaitas Trouleada. Ermida de Chanteiro, dende as 12.00 h.

3 MÉRCORES

FERROL

TEATRO Tertulia teatral, Bailadeira da morte ditosa. Teatro Jofre, 20.00 h.INFANTIL Contacontos, con Marisa Irimia. Para nenos de catro a dez anos. Biblioteca Municipal, 17.30 h.CINE Elevation, de Carlos Seijo Canosa. Wonderland, de Michael Winterbottom (VOS). Ciclo Primavera de Cine. Cines Dúplex, 20.30 h.

4 XOVES

FERROL

DANZA Quique Peón, Residencia artística. Ensaio aberto ao público. Teatro Jofre, de 12.00 e 19.00 h.MÚSICA Los eternos, Country-Bluegrass. Centro Cultural Torrente Ballester, 22.00 h.

FENE

HOMENAXE Centenario Pérez Parallé. Ofrenda floral, actuación dos grupos Bolboretas e Rondalla Estrelecer. Liga de Amigos de Barallobre, 19.00 h.

5 VENRES

FENE

HOMENAXE Centenario Pérez Parallé.

HORARIOS

Fundación Caixa GaliciaLuns a venres: de 12.00 a 14.00 h e 16.00 h a 21.00 h.Domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h.

Centro Cultural Torrente BallesterMartes a domingo: (incluído festivos) de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.Luns pechado.

Centro Cultural Carvalho CaleroLuns a venres:de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.

Ateneo FerrolánLuns a venres:de 11.00 a 13.30 h e de 17.00 a 21.00 h.Sábados: 10.30-13.30 h.

Real Coro Toxos e FrolesLuns a venres:de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 20.00 h.Sábados: de 12.00 a 14.00 h.

Galería SargadelosLuns a sábado:de 09.00 a 21.00 h.

Casa das Palmeiras de Neda: De luns a domingo: de 17.30 a 19.30 h.

Casa da Cultura de Valdoviño:De luns a venres: de 16.00 a 18.00 h.Luns e mércores tamén en horario de mañá:de 10.00 a 13.00 h.

Casa da Cultura de Fene:De luns a venres: de 16.00 a 21.30 h.Martes e xoves tamén en horario de mañá:de 10.00 a 12.30 h.

Harold and Maude, de Hal Ashby (VOS). Ciclo Primavera de Cine. Cines Dúplex, 20.30 h.

NEDA

MÚSICA Xogos tradicionais musicais para maiores, con Ánxela Loureiro. Programa Letras Vivas. Casa da Cultura, 11.00 h.

11 XOVES

FERROL

MÚSICA Najla&Lorenzo, Soul-Bossanova. Centro Cultural Torrente Ballester, 22.00 h.

VALDOVIÑO

INFANTIL Obradoiro de plastilina. Personaxes en 3D. Para nenos a partir de 6 anos. Biblioteca Municipal, 18.00 h.

12 VENRES

FERROL

TEATRO La estrategia de la avestruz, Teatro Ensalle. Centro Cultural Torrente Ballester, 22.30 h.

13 SÁBADO

FERROL

CINE Wallace&Gromit: A maldición das verduras. Ciclo Cinema Infantil. Ateneo Ferrolán, 12.00 h.TEATRO As Dunas, Centro Dramático Galego. Teatro Jofre, 20.30 h.

VALDOVIÑO

MÚSICA XXII Mostra de Canción Coral. Auditorio Municipal, 20.00 h.

14 DOMINGO

ARES

FERROL

TEATRO R.I.P. Marandaina, compañía O Bordelo. Teatro Jofre, 19.00 h.

15 LUNS

FERROL

CINE Veredicto final, de Sidney Lumet. Ciclo Paul Newman. Fundación Caixa Galicia, 18.00 h (VDE) e 20.30 h (VOSE).

17 MÉRCORES

FERROL

INFANTIL Contacontos, con Marisa Irimia. Para nenos de catro a dez anos. Biblioteca Municipal, 17.30 h.CINE Cores, de Jairo Iglesias Martínez. Lost Horizon, de Frank Capra (VOS). Ciclo Primavera de Cine. Cines Dúplex, 20.30 h.

18 XOVES

FERROL

DANZA Estudio de Danza Allegro. Teatro Jofre, 20.30 h.MÚSICA Grahan Foster, rock. Centro Cultural Torrente Ballester, 22.00 h.

19 VENRES

FERROL

MÚSICA Luar da Lubre, Ao vivo. Teatro Jofre, 20.30 h. DANZA Des-Memoria 2, Disquedanza. Centro Cultural Torrente Ballester, 20.30 h.

MÚSICA The Fishfuckers. Sala Run Rum, 23.00 h.

FESTAS Corpus Christi, alfombras florais. Procesión, parte da igrexa de San José, 17.00 h.

Page 19: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras

20 SÁBADO

FERROL

CINE Spirit: O corcel indomable. Ciclo Cinema Infantil. Ateneo Ferrolán, 12.00 h.DANZA Escola de Suso Pérez Lago. Teatro Jofre, 20.30 h.MÚSICA Dixie Town, rock. Sala Run Rum, 23.00 h.

MUGARDOS

TEATRO Chincha Rabincha, de A xanela do Maxín, Monicreques. Casino, 20.00 h.

NARÓN

FESTAS Lenda da Penamolexa. Vilasuso, O Val, a partir das 18.00 h.

21 DOMINGO

FERROL

DANZA Escola Mundo Danza. Jofre, 19.00 h.

22 LUNS

FERROL

CINE O gran salto, de Joel Coen. Ciclo Paul Newman. Fundación Caixa Galicia, 18.00 h (VDE) e 20.30 h (VOSE).

23 MARTES

NEDA

EXPOSICIÓN Pintura, da Asociación de Amigos da Arte. Inauguración. Casa das Palmeiras.

24 MÉRCORES

FERROL

CINE Teardrops, Pablo Portero. Happiness, de Todd Solondz (VOS). Cines Dúplex, 20.30 h.

25 XOVES

FERROL

MÚSICA Orquestra Nova Filharmónica de Colonia, Vivaldi, Mozart, Tschaikovsky. Teatro Jofre, 20.30 h.MÚSICA DeBosses, Homenaxe a Springsteen. C. C. Torrente Ballester, 22.00 h.

NARÓN

TEATRO Onde andas Karl, Escola de Teatro de Narón. Pazo da Cultura, 20.30 h.

26 VENRES

FERROL

DANZA O café da Estación, Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña. Teatro Jofre, 20.30 h.TEATRO Corpos desidentes, Nut Teatro. Centro Cultural Torrente Ballester, 20.30 h.

NARÓN

FESTAS VI Certame de Corais, Coral Municipal de Narón e Coral Eterna Juventud de Fene. Auditorio de Narón, 20.00 h.

27 SÁBADO

FERROL

TEATRO Corpos desidentes, Nut Teatro. Centro Cultural Torrente Ballester, 20.30 h.MÚSICA Sevigny. Sala Run Rum, 23.00 h.

MUGARDOS

TEATRO Lume, de Teatro Babaluva, Monicreques. Casino Progreso de Franza, 20.00 h.

NARÓN

FESTAS VI Certame de Corais, Coral Añoranzas de Langreo, Polifónica Villa de Boal, Alecrín de Brión, Lembranzas da Terra de Valdoviño. Auditorio de Narón, 19.00 h.

28 DOMINGO

FERROL

DANZA Glimpse, Gelabert Azzopardi. Teatro Jofre, 10.00 h.

NARÓN

FESTAS VI Certame de Corais, Coral Eixil de Cedeira, Polifónica Ferrolana, Polifónica de San Pablo, Areosa de Narón. Auditorio de Narón, 19.00 h.

VALDOVIÑO

MÚSICA Banda de Música de Negreira. Campo da Festa de Loira, a partir das 12.30 h.

EXPOSICIÓNS

FERROL

MIRADAS Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia desde 1975. Fundación Caixa Galicia, do 7 de maio ao 27 de setembro.

LUCES DO MUNDO Fotografías de Mario Llorca Loureiro. Galería Sargadelos, do 5 ao 30 de xuño.

MEDIO AMBIENTE Certame Fotográfico. Ateneo Ferrolán, do 5 ao 30 de xuño.

TELEPROMPTER Deseño gráfico, infografía, videoproxección, música, fotografía e escultura. Centro Cultural Torrente Ballester, do 29 de maio ao 22 de agosto.

ARES

PINTURAS Obras da Escola Municipal. Alianza Aresana, do 26 de maio ao 9 de xuño.

NEDA

MOSTRA DE PINTURA Asociación Amigos da Arte. Casa das Palmeiras, do 23 ao 27 de xuño.

Page 20: Redacción, publicidade e administración: Edita: edicións ...culturagalega.gal/imaxes/docs/ai_xunho_09_baixa.pdf · a lenda da Pena Molexa Ares elabora as tradicionais alfombras