recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 recursos e equipamentos de educación ambiental...

22
1

Upload: others

Post on 11-Aug-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

1

Page 2: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental2

Departamento de Pedagoxía e Didácticadas Ciencias Experimentais

Ineco, SAL

do 15 ó 22 de outubro de 2001

Facultade de Ciencias da Educación

Recursos e equipamentosde educación ambiental

Page 3: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

3

COORDINADORA:

Araceli Serantes Pazos. Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais

COMITE ORGANIZADOR:

Fernando Ramos García. Ineco, SALHéctor Pose Porto. Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias ExperimentaisAraceli Serantes Pazos. Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais

ENTIDADES ORGANIZADORAS:

Departamento de Pedagoxía e Didáctica-Facultade de Ciencias da Educación. Universidadeda CoruñaIneco, SAL

ENTIDADES COLABORADORAS:

Vicerrectorado de Relacións Institucionais e Postgrao. Universidade da Coruña

Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación. Universidade da Coruña

Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental. Consellería de Medio Ambiente-Xunta de Galicia

Dirección Xeral de Xuventude. Xunta de Galicia

CEIDA. Centro de Información Ambiental e Extensión UniversitariaCaixa Galicia. Urbana 6. Ferrol

Excma. Deputación Provincial da Coruña

Depósito Legal:I.S.B.N.: 84-688-2107-1Deseño da portada: INECO, SALDeseño/maquetación: Araceli SerantesFotografías: Araceli Serantes; fotografías de Cuba cedidas por Roberto PérezEdita: Comite Organizador do Seminario de Educación AmbientalImprime: Excma. Deputación da Coruña

Page 4: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental4

Indice

• Limiar ....................................................................................................................................................

• Recursos e equipamentos de educación ambiental. Unha aproximación á realidade galegaARACELI SERANTES e HECTOR POSE.Universidade da Coruña .............................................................. 7

• O CEIDA: un proxecto en marcha CARLOS VALES VAZQUEZ. Director do CEIDA e ARACELI SERANTES. Universidade da Coruña ..... 25

• Os equipamentos de educación ambiental como centros de dinamización local ANTONIO RODRIGUEZ CORBAL. Centro de Desenvolvemento Rural O Viso .......................................... 33

• Os equipamentos privados de educación ambiental: reflexións e aportacións do SeminarioPermanente de Castilla y LeonYOLANDA SAMPEDRO ORTEGA. Consejería Medio Ambiente ................................................................ 37

• Proxecto da «aldea ecolóxica»CDR Amayuelas de Abajo ................................................................................................................................. 53

• A interpretación ambiental como recurso e a función do guía-intérprete MIGUEL ANGEL PINTO CEBRIAN. Senda de la Naturaleza Fuentes Blancas ........................................ 55

• Proxecto dun pobo-escola Cooperativa «Del Río» ....................................................................................................................................... 61

• A educación ambiental como recurso para a conservación de espacios naturais OLGA CONDE CAMPOS. Concello de Zaragoza ........................................................................................... 63

• Novas funcións dos equipamentos de educación ambiental: a participación para asostenibilidade

Concello de Barcelona ....................................................................................................................................... 75

• Problemática e retos dos equipamentos de educación ambiental OSCAR CID FAVA. Camp d’Aprenentatge ...................................................................................................... 77

• As granxas escola: programas e actividades Granja Escuela Huerta La Limpia .................................................................................................................... 83

• Presentación da guía de equipamentos de educación ambiental: panorámicaxeral en España

CLOTILDE ESCUDERO BOCOS. CENEAM ................................................................................................ 85

• Os equipamentos para a educación ambiental en Cuba: experiencias, resultados eproxeccións do Grupo de Xestión Ambiental (GEA) no Complexo Científico Educacional«Ciudad Libertad» (Cuba)ROBERTO PÉREZ MORÁN. Profesor asistente da Universidad Pedagógica «Enrique José Varona» ...... 93

Page 5: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

7

Recursos e Equipamentos de EducaciónAmbiental.Unha aproximación á realidade galegaAraceli SERANTES PAZOS e Héctor M. POSE PORTO. Facultade Ciencias da Educación. Universidade da Coruña

A educación ambiental (EA) é «unha di-mensión da educación integral e global daspersoas e colectividades sociais, que nassúas diversas manifestacións e prácticas,promove o coñecemento, interpretación econcienciación respecto das diferentes pro-blemáticas ambientais, do seu impacto locale planetario, activando competencias e va-lores dos que se deriven actitudes ecomportamentos congruentes coa éticaecolóxica que se precisa para participar naconstrucción dun desenvolvemento humanosostible» (CITA, 2000, páx. 16)

Para desenvolver esta dimensión da educa-ción, as organización internacionais e os ex-pertos, institucionalizan a EA a través dosprogramas específicos, teñen recomendadoa elaboración de recursos e materiaisaxeitados1 .

En EA poderíamos definir o termo recursocomo «todo aquel instrumento ou estratexiacon corpo físico, conceptual ou metodolóxicoque facilita a consecución duns obxectivos.A súa función básica é a de mediadora daactividade educativa, ponte entre a realidadee a aprendizaxe. No ámbito da EA os recur-

sos deben permitir a adquisición decoñecementos, actitudes e habilidades rela-tivas ao contorno, deben fortalecer a sensi-bilización e a conciencia ambiental e debenpoñer á persona en disposición de actuarconstructivamente na resolución dos proble-mas ambientais». (Oscar CID, 1997a, páx.47)

Desde os modelos de ensinanza/aprendizaxe que se están a prácticar na EA,os recursos non establecen a marcha daactividade, senón que son os «mediadores»entre os obxectivos, os procesos e os resul-tados. Dentro do amplo abano de recursospara a EA cabe destacar pola súasingularidade e «impacto» os equipamentosde educación ambiental (EqEA).

Entendemos por EqEA as «iniciativasheteroxéneas de educación non formalque contan cunhas instalacións (fixas oumobis) axeitadas para o desenvolvementodun programa educativo, no que os seusfins e obxectivos son os propios da EA; ditoprograma é realizado por un equipo educa-tivo estable e profesionalizado, que contacunha serie de recursos e materiais para aexecución e avaliación das súas actividades,na maioria dos casos, creadas ou adapta-das polo propio equipo» (AraceliSERANTES, 2001, páx. 3). Estas iniciativasson xestionadas coherentemente cos prin-cipios da sostenibilidade.

1 Véxanse por exemplo os obxectivos específicos doPrograma MaB (París, 1971) (UNESCO, 1971, páx.8), os obxectivos do Programa das Nacións Unidaspara o Medio Ambiente PNUMA (1973) (UNESCO,1978, páx. 27), os obxectivos do Programa Internacio-nal de Educación Ambiental (1975) (UNESCO,1977,páx. 2), algunhas das recomendacións dirixidas a di-ferentes «actores» na Conferencia Intergubernamentalde Educación Ambiental de Tbilisi (1977) (UNESCO,1978, páxs. 28-55), ás recomendacións finais da Re-unión Internacional de expertos sobre Educación Am-biental (París, 1982), …

Page 6: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental8

1. Recursos para aeducación ambientalO mesmo que aconteceu coa EA, o concep-to de recursos para a EA, nunha primeiraetapa, estivo fortemente vinculado a escolae os procesos que se operaban nos centrosde ensino. Así, podemos atoparnos nunprimeiro momento cos listados nos que apa-rece a escola, o aula e o ambiente escolarcomo recursos; nos últimos anos apreciamoscomo os listados céntranse en clasificaciónsmáis abertas e heteroxéneas, fundamental-mente na EA «non formal»2. No Libro Blan-co da Educación Ambiental recóllese que aEA «dura toda a vida; e ten lugar en diferen-tes contextos: fogar, escola, ocio, traballo ecomunidade» (Susana CALVO e MónicaCORRALES, 1999, páx. 16). A este respec-to, algunhos autores recomendan «anecesidade de que a EA que se desenvolvenos contextos comunitarios abandone a súacatalogación como unha educación «no for-mal», carente de entidade e identidade pore en se mesma. Ben ao contrario, reclámase«formal» e «significativamente» constituidanos escenarios sociais e nas prácticaspedagóxicas» (José A. CARIDE e Pablo A.MEIRA, 2001, páx. 243).

Os recursos non son un valor en se mesmo,aínda que sexa fundamental garantir acalidade das súas propiedades intrínsecas;o seu valor real ven dado polo uso que selles dea. A súa función é mediadora. «A gran-de escaseza tanto en cantidade como encalidade dos recursos e materiais que seofrecen para a EA en España, é unha impre-sión bastante xeralizada» (Cristina HERRE-RO, 1989, páx. 143). Esta autora recoñecíano informe sobre EA en España -de 1987-que o deseño das publicacións e a divulga-ción das mesmas era precaria, e que nonexistían redes de distribución axeitadas, nin

centros de empréstamo das publicacións, oque facía que a maioría dos recursosestiveran dispersos. Hoxendía a análise noné moi diferente: «hai importantes lagoas encanto a recursos materiais existentes, temasescasamente abordados ou tratados super-ficialmente» (Mª RosarioGARCIA e YolandaSAMPEDRO, 2000, páx. 22).

Mais ¿que entendemos por recursos para aEA? Entendemos aqueles materiais,estratexias e persoas que facilitan odesenvolvemento de proxectos, programase accións de EA. Poderíamos enumeralosatendendo a distintas aportacións (AndréGIORDÁN, 1991, páxs. 119-129, SusanaCALVO e Eva GARCÍA, 1996, páxs. 172-188,Oscar CID, 1997a, páx. 52), da seguintemaneira (Ver Cadro 1):

1. o medio inmediato: o contorno, os espa-cios naturais protexidos e a paisaxe. Fun-damentalmente nos primeiros anosconstitúe o eixo central da praxe, centra-da «no coñecemento do medio natural edas formas de deterioro que presentaba,identificando os fins básicos da EA a pro-moción de valores vencellados á «conser-vación» e «protección» da natureza». (Pa-blo MEIRA, 1998, páx. 12)

2. a planificación do territorio: comoestratexia de ordenación, permite anali-zar e diagnosticar a capacidade de usos.

3. a interpretación do patrimonio: «Unhaactividade educativa que pretende reve-lar significados e interrelacións a travésdo uso de obxectos orixinais, polo con-tacto directo ou por medios ilustrativos,sen limitarse a dar unha simple informa-ción dos feitos» (Freeman TILDEN, 1977,páx. 8)

4. as publicacións : libros, revistas, boletíns,actas, teses, monografías,…Aspublicacións tamén son chamadas do-cumentos primarios ou fontes primarias(Jaume SUREDA, 1990, páx. 44; PabloMEIRA, 1998, páx. 20)

5. os materiais intermedios: de clase,curriculares, de laboratorio, de campo, deobservación, unidades didácticas,materiais para o profesorado, textos,guías, mapas, maquetas…

2 «Educación non formal (...) é toda actividade organi-zada, sistemática, educativa, realizada fora do marcodo sistema oficial, para facilitar determinadas clasesde aprendizaxe a subgrupos particulares da poboación,tanto adultos como nenos» (Philip COOMBS e ManzoorAHMED, 1975, páx. 27)

Page 7: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

9

6. as actividades de divulgación: charlas,exposicións orais, coloquios, debates, etc.

7. as actividades de formación: encontros,cursos, seminarios, xornadas, congresos,etc.

8. os diferentes xogos: xogos tradicionais,«kits» de experimentación, dinámicas,xogos de simulación, etc.

9. os materiais audiovisuais: vídeos, pelí-culas, documentais, diaporamas, fotogra-fías, etc.

10. as exposicións e exhibicións: de téc-nicas artísticas e artesanais, de proce-sos, de traballos e técnicas tradicionais,de modelos de investigación, etc.

11. os talleres e obradoiros de diversoscontidos e duración

12. as campañas monográficas, normal-mente arredor de problemas ambientais

13. os informáticos: programas, bases dedatos e xogos informáticos

14. roteiros guiados e autoguiados15. sinais, carteis e paneis, normalmente

de carácter divulgativo, moitos delesutilizando técnicas interpretativas

16. as saídas: viaxes, excursións, escolasviaxeiras, etc.

17. equipamentos de educación ambien-tal

18. medios de comunicación: radio, pren-sa, televisión,...

1.1. Evolución do concepto derecurso para a educación ambiental

Se facemos unha revisión bibliográfica so-bre como foi evolucionando o concepto derecurso no ámbito da EA podemos ter unhainteresante panorámica diste complexo tema,que é susceptible de ser analizada dende di-ferentes criterios: atendendo ao marco noque se desenvolven as actividades (formalou non formal), ás temáticas, aos destinata-rios, ao soporte, á localización, etc.

Como indicamos anteriormente, asenumeracións e clasificacións dos recursosforon «desescolarizándose» é dicir, pasaronde centrarse no ámbito do ensino para ter

ARACELI SERANTES e HECTOR POSE. Recursos e equipamentos de Educación Ambiental

máis proxección noutros ámbitos de interven-ción socioeducativa, concretamente máis vin-culadas á conservación dos EspaciosNaturais Protexidos, o tempo libre ou a mo-delos de turismo máis alternativo.

De todos os recursos, o que maior relevan-cia foi acadando foron os EqEA. Oequipamento é, ao mesmo tempo, o maiordinamizador e promotor doutros recursospara a EA: é dende os propios equipamentosque se están a desenvolver materiaiscurriculares, deseño de itinerarios, materiaisintermedios, xogos e simulacións, etc.

No estado español fixéronse esforzos paraachegarse ao tema, aínda que existenpoucos estudos específicos, quizáis por esaprimeira característica sinalada -a súacomplexidade- ou quizáis pola proliferaciónde inciativas que foron xurdindo. Dasaportacións para clarificar cuestións nesteámbito, a ben seguro que teríamos quesuliñar especialmente os traballos de Tere-sa FRANQUESA e Miquel MONGE (1983)

Recursos eneducación ambiental

o propio medio

planificación do territorio

interpretación do patrimonio

publicacións materiais

charlas encontros

xogos audiovisuais

exposicións

talleres campañas

informatica

roteiros sinais viaxes

equipamentos m. comunicación

Cadro 1: Recursos para a educación ambiental

Page 8: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental10

(Ver Cadro 2) e do Grupo de traballo de re-cursos e equipamentos para a educación am-biental integrado no Seminario Permanentede introducción da educación ambiental nosistema educativo promovido polo Ministe-rio de Medio Ambiente entre 1989 e 1993(Susana CALVO e Eva GARCÍA, 1996, páxs.157-216). Fagamos entón un percorridopolas aportacións de diferentes autores.

Comenzamos coa referencia a un texto «clá-sico» elaborado pola UNESCO para introdu-cir a EA nas escolas: atopámonos que nonexiste o concepto de recurso senón que di-ferencia entre as «estructuras favorables deapoio» (André GIORDAN, 1991, páx. 122) eas «axudas e apoios didácticos» (Ibid., páx.228). Baixo estos epígrafes o autor refíreseaos distintos recursos atendendo aosformatos dos mesmos (Ver Cadros 3 e 4).

Seguindo coa análise dende o sistema edu-cativo formal, Pedro CAÑAL, Jose E.GARCÍA e Rafael PORLÁN, identifican os re-cursos como «todo aquelo que sexa suscep-tible de ser utilizado como medio para lograrobxectivos. Nunha programación osobxectivos expresan o que se quere conse-guir, os recursos son o vehículo utilizado paraconseguilos» (Pedro CAÑAL et al., 1981,páx. 113). Eles fan unha clasificación con trescategorías: de contido ou informativa,materiais e metodolóxicos (Ver Cadro 5).

Cadro 4: Recursos didácticos para a EA. Baseado en AndréGIORDAN (1991)

AXUDAS E APOIOS DIDACTICOSlibros, manuales escolaresmedio a audiovisuais diapositivas e películasfichas e dossiers

ESTRUCTURAS FAVORABLES DE APOIOmuseos ó aire libre con interese científico e pedagóxico

que teñen por obxecto preservar omedio ambiente

camiños de interpre- roteiros guiados ou autoguiados entación e educación zonas rurais e urbáns con instala-mesolóxica cións de observaciónmaterial pedagóxico documentos escritos e audiovisuaise documentalmedios de comunica- radio, cine, libros, prensa, eción televisión.

Cadro 3: Recursos para a educación ambiental atendendo aoformato. Baseado en André GIORDAN (1991)

RECURSOS DEFINICIÓNItinerarios do medio Engloba itinerarios urbáns,

rurais e naturais.

Outros materiais Conxunto de materiais

pedagóxicos pedagóxicos que non teñen forma

de itinerario

Materiais diversos Materiais de divulgación ambiental

Libros e revistas Aportacións publicadas en forma

de libro ou revista.

Equipamentos Escolas de natureza, granxas-

escola e centros de interpretación.

Cadro 2: Tipoloxía de recursos segundo TeresaFRANQUESA e Monge MONGE (1983) tomado de JaumeSUREDA, Aina CALVO e Magdalena CORTÉS

Cadro 5: Categorización dos recursos para a educa-ción ambiental segundo Pedro CAÑAL, EduardoGARCÍA e Rafael PORLÁN (1981)

RECURSOS definiciónsde contido ou os programas das asignaturasinformativosmateriais de clase e de centro, arquivo de clase,

material de laboratorio, material decampo e equipamentos extraescolares

metodolóxico contacto coa realidade, interdiscipli-nariedade e metodoloxía investigativa

Anos máis tarde, María NOVO define os re-cursos como «elementos que, fora do cen-tro escolar (ou incluso tomando o mesmocentro como obxecto de estudo), podan serutilizados como estructuras de apoio para ac-tividades de EA, sendo creados case semprecon ese fin» (María NOVO, 1985, páx. 140)referíndose a continuación exclusivamentea EqEA, e incluíndo no apartado de«materiais» o que outros autores entendentamén como recursos. Cando fala da EA in-tegrada no curriculum escolar (María NOVO,1985, páxs. 116-117), no apartado dos «re-cursos didácticos e material», sinala tresgrandes grupos «como recurso didáctico»:a aula, o centro de ensino e a comunidade(Ver Cadro 6). Na revisión posterior a este

Page 9: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

11

No material aportado por CharoDOMINGUEZ no curso celebrado noCENEAM sobre «Los recursos para la edu-cación ambiental» atopámonos cunha clasi-ficación similar á da anterior autora, xa quediferencia entre os que non teñen localiza-ción fixa (publicacións, xogos e simulacións,medios audiovisuais, encontros, sendeirismocon acampadas, viaxes e desplazamentos,materiais de desfeito e escolas viaxeiras) eos que teñen localización fixa (itinerarios eEqEA), (1993, páxs. 9-12) Neste caso, ecomo aportacións, podemos comprobar quefai matizacións na clasificación respecto ósrecursos sen localización fixa e introuce ositinerarios como recurso con localización fixa.

Alberto PARDO tamén refírese aos recursosdende a óptica escolar, e establece unha di-ferenciación entre os recursos inmediatos eos recursos externos. Sinala unha interfaseentre ámbolos dous, referíndose ao mediono que se atopa ubicado o centro, (1995,páxs. 145-156) (Ver Cadro 8).

texto, a autora sigue traballando cos mesmoscriterios (María NOVO, 1995, páxs. 246-248)aínda que neste texto inclúe un novo apar-tado sobre a simulación e o xogo como re-curso para a EA (Ibid., páxs. 256-263).

Outra fonte de análise é a catalogación quepresenta Mª José MOSQUERA sobre EA nonformal. Sinala como unha primeiraposibilidade a diferenciación entre recursoshumáns e materiais, para introducir un novocriterio: «constatar se dispón ou non de lo-calización específica, entendendo así a exis-tencia ou ausencia de dotacións deinsfraestructura construída, instalacións esevicios» (1991, páx. 174). Diste xeito, esta-blece como recursos sen instalación fixa aspublicacións (guias e itinerarios naturais eurbáns, e rutas turísticas), os xogos de si-mulación, os xogos ambientais, os mediosaudiovisuais, as marchas de observación danatureza (actividades a pe, en bicicleta, enpiragua, veleiros ou semellantes, e a cabalo)e as escolas viaxeiras. Baixo o epígrafe deinstalación fixa engloba dez tipoloxías deEqEA (Ibid., páxs. 175-200).

ARACELI SERANTES e HECTOR POSE. Recursos e equipamentos de Educación Ambiental

Cadro 6: Recursos e materiais para a EA. Baseado enNovo (1985)

RECURSOS MATERIAISAulas da natureza TextosReservas ecolóxicas Guías educativas AudiovisuaisCentros de Educación Carteis sobre o Medio Mapas Ambiente Utiles de laboratorioEtc. Etc.

Outra das propostas é identificar os recur-sos de EA cos recursos e materiaisdidácticos ou medios técnicos. Dende estaperspectiva Albert CATALÁN e MiquelCATANY definen iste concepto como«calqueira medio que facilite a aprendizaxedos/as alumnos/as niste campo; iso incluiríaos equipamientos, programas e materiaispara a EA, pero tamén calquera elementodo medio susceptible de ser utilizado conesta finalidade (unha fábrica de zapatos,unha explotación agrícola, unha depuradorade augas, etc.)» (1996, páx. 201).

Oscar CID traballa con outros criterios paraagrupar os recursos. Fai unha primeira dife-renciación á hora de «ordenalos» atendendoaos fíns, e fai a súa clasificación en catroapartados: recursos creados no propio pro-

Cadro 8: Tipoxía dos recursos para a EA segundo Al-berto PARDO (1995)

RECURSOS inmediatos externoso centro educativo equipamentos dea organización espacial educación ambiental

Cadro 7: Tipoloxía de recursos para a EA segundo MªJosé MOSQUERA (1991)

sen INSTALACIÓN con INSTALACIÓN fixapublicacións Centros de Interpretación ouxogos de simulación Acollida de Visitantesxogos ambientais Aulas na Naturezamedios audiovisuais Escolas, aulas ou talleres demarchas de observación natureza da natureza Granxas-escolaescolas viaxeiras Cotos escolares e Aulas de

AcuiculturaHortos de OcioEscolas tallerCampos de traballoPobos abandonadosCentros de Medio Ambiente

Page 10: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental12

ceso de ensinanza-aprendizaxe, recursoscreados específicamente para odesenvolvemento da EA, recursos creadoscon múltiples e diversos fins, e recursos docontorno. Tamén establece outras catego-rías, esta vez atendendo as característicasformais que concreta en catro grupos: recur-sos con soporte físico, estratexias eprocedementos, recursos humáns e recur-sos do contorno. (Oscar CID, 1997a, páxs.51-52) (Ver Cadro 9).

terios: charlas e exposicións orais, debatese coloquios, medios audiovisuais, uso de ins-trumentos, excursións e visitas, expresiónsartísticas, exposicións e exhibicións, itinera-rios, representacións e expresións corporais,técnicas para a motivación, técnicas de sen-sibilización, técnicas de observación ecoñecemento do medio, e xogos ambientais.(Javier BENAYAS, Josechu FERRERAS eFrancisco GUERRA, 2000, páxs. 153-156).

O Consejo Ibérico para la Defensa de laNaturaleza, CIDN, cando fala de recursosenumera unha serie de EqEA (2000, páx. 19)e denomina «estratexias de EA» o que outrosautores entenderon como recursos, e queconsideran vías «para levar á práctica os ob-jetivos marcados nos proxectos de EA»(Ibid.,páx. 63) (Ver Cadro 10).

Por último, sinalar que no ámbito da Inter-pretación Ambiental entendese como recur-so os medios e os equipamentosinterpretativos, que son, por outra banda, aparte máis «visible» da interpretación. Aíndaque por estar baseada na “relación emocio-nal co medio” iste, o medio, convírtese noprimeiro e o máis importante dos recursos,que serán definidos como «os medios quepermiten a comunicación e que enfatizan atransferencia de ideas e relacións» (Sam H.HAM, 1992). Pola súa banda, Jorge MORA-LES identifica oito items na súa clasificación(1998, páx. 144) (Ver Cadro 11).

Como conclusión a iste apartado decer que,non existen tipoloxías únicas aceptadas polacomunidade de expertos, senón diversas ini-ciativas que, con criterios máis ou menosdiferenciados, definen a realidade dos re-

RECURSOS DEFINICIÓNRecursos con soporte Equipamentos físico Materiais: apoianse na impresión

gráfica, material fotográfico einformático.

Estratexias e Actuacións metodolóxicas,fe- procedementos rramentas de traballo para o

desenvolvemento e mantemen-tode programas e actividades.

Recursos humáns Parte da infraestructura ambien-tal.

Recursos humáns Equipos que fan posible a específicos creación, desenvolvemento e

mantemento de calqueira tipo derecursos.

Recursos humáns Participan como soporte ex- ocasionais terno nas actividades.Recursos do contornoEspacios naturaisEspacios construidos Distintos elementos e procesos

existentes na cidade.

Cadro 9: Recursos para a EA atendendo as súas caracte-rísticas formais, segundo Oscar CID (1997). Baseado enJaume SUREDA, Aina CALVO e Magdalena CORTÉS.

Responsables do programa ALDEA da Jun-ta de Andalucía, definen os «recursos domedio» como «aquelas posibilidades educa-tivas exteriores á escola» e dín que os re-cursos máis coñecidos son os EqEA.Coincidindo con outros autores, recoñeceque o primeiro recurso para a EA é propiocentro escolar, o barrio e máis a cidade. (Re-yes VILA, 1997, páx. 84)

Ao analizar as aportacións que aparecen nolibro coordinado por Javier BENAYAS paraa formación de monitores de natureza en An-dalucía, vemos que se presenta unha rela-ción dos recursos metodolóxicos máis utili-zados; concretamente, faise referencia a unlistado de categorías, sen agrupalas por cri-

Cadro 10: Listado de recursos e estratexias para a EAsegundo o CIDN (2000)

RECURSOS ESTRATEXIASAulas de Medio Ambiente - itinerarios interpretativosCentros de interpretación - talleres de medio ambienteEstacións científicas - exposiciónsCentros de documentación - xogos e dinámicasEcomuseos - cursos e seminariosAulas móbiles - congresos, conferencias,Campamentos e campos coloquios e xornadas de traballo - campañas

Page 11: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

13

cursos para a EA, o que nos axuda a entre-ver un ámbito moi rico, heteroxéneo e flexi-ble aínda sen estructurar.

Os recursos para a EA intentan dar respostaás crecentes demandas de información, for-mación, ocio, etc., dunha poboación cada vezmáis motivada e sensibilizada pola proble-mática ambiental e polos procesos dedesenvolvemento equitativos coas persoase co medio ambiente, o que conleva a apari-ción de propostas máis complexas e varia-das, influenciadas polos avancestecnolóxicos e das estratexias de comunica-ción, polo que as posibilidades de acotar esteámbito resultan cada día máis difíciles.

2. Equipamentos deeducación ambiental

Nos últimos 30 anos asistimos ao nacementode diversas iniciativas que, a través de di-versas instalacións, teñen como obxectivoinformar e divulgar os valores naturais eculturais das zonas nos que están circuns-critos; noutros casos o seu obxectivo édeseñar o uso correcto de aqueles lugaresque precisan conxugar o disfrute e/ou aaprendizaxe coa conservación; ou ben, mos-trar aos escolares e aos visitantes as posibi-lidades didácticas e de ocio dos espacios; enoutros, incluso favorecer a participación ac-tiva na mellora dos contornos: estamos a falardos centros ou equipamentos de educa-ción ambiental (EqEA).

A principios dos anos 80 o profesor JaumeTERRADAS xa vía a transcendecia que po-dían ter estas iniciativas: «estase a abrir aporta dun campo novo, que pode contribuira cambiar moitas cousas na escola e nasociedade, en beneficio dunha actividadeeducativa máis difusa no contexto social enon tan pechada nas súas propias parcelas»(1983, páx. 12).

Probablemente sexa o recurso máiscomplexo, completo e singular que ten a EA,capaz de fomentar modelos de intervencióndiferentes e formas de aprendizaxe distintasás que acontecen noutros ámbitos educati-vos e, por iso, é necesario reconocerlle unhaidentidade propia. As numerosas iniciativasque foron xurdindo no Estado, moitas delascapaces de consolidarse, e as que seguenaparecendo, dan proba do que estamos adicir. En Galicia, na actualidade, podemosidentificar 40 instalacións que poderíamosconsideralas como EqEA.

Mais, niste ámbito tan dinámico, tamén po-demos comprobar como foi evolucionandoo concepto de equipamento. Hoxendía nonexisten criterios únicos para definir estas ini-ciativas, aínda que estéan bastanteconsensuados algúns dos criterios básicospara identificalos e diferencialos doutros re-cursos.

RECURSOS INTERPRETATIVOSitinerarios interpretativos guiadositinerarios interpretativos autoguiadospublicacións interpretativassinais interpretativoscarteis interpretativosexhibicións interpretativasinterpretación ambulanteequipamentos

Cadro11: Recursos para a Interpretación Ambien-tal segundo Jorge MORALES (1998)

ARACELI SERANTES e HECTOR POSE. Recursos e equipamentos de Educación Ambiental

Page 12: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental14

Dende definicións tan vagas como a querecolle a Estratexia Galega de EducaciónAmbiental, «todas aquelas instalacións ouinfraestructuras que acollan actividades es-pecíficas diste campo, especialmente no eidonon formal» (CITA, 2000, pax. 70), que per-mitirían clasificar como tal, iniciativas que nonson propiamente dito un EqEA (unha esta-ción de tren ou un mercado poden acollerpuntualmente unha actividade de EA, aíndaque non sexan equipamentos), atadefinicións máis elaboradas capaces de iracotando o ámbito.

Unha adicación especial por intentar delimi-tar e definir estos centros atopámosla enautores como José GUTIÉRREZ, Oscar CID,o Grupo de traballo de recursos eequipamentos para a educación ambientalou o Seminario Permanente de Equipamientosprivados de Educación Ambiental. A continua-ción imos presentar algunha destasaproximacións.

2.1. Definicións de equipamentospara a educación ambiental

«Grupo moi diverso de centros educativosperiescolares que dispoñen, xeralmente,dunha infraestructura de aloxamento e/oumanutención que permite albergar grupospara a realización de estancias curtas (1 día)ou longas (3-5 días). Nalgúns casos admite,tamén, grupos de adultos» (Oscar CID, 1992,páx. 20).

«Un EqEA é todo espacio arquitectónicoextraescolar dotado de infraestructura sufi-ciente como para fomentar ideas, hábitos eactitudes conservacionistas co contorno na-tural e urbán» (José GUTIERREZ, 1995, páx.23).

«Conxunto de instalacións extraescolaresdotadas de infraestructura e recursos sufi-cientes como para desenvolver actividadesque sirvan aos fíns e propósitos da EA baixoun modelo de funcionamiento pedagóxicomarcadamente non formal» (JoséGUTIERREZ, 1995, páx. 24).

«Constitúen un fin en sí mesmo na sociedadeespañola actual, non poden ser considera-dos como un recurso específico ao serviciodas estructuras formais do sistema educati-vo, nin tampouco unha forma complementa-ria de ocupación lúdica do tempo libre da in-fancia» (José GUTIERREZ, 1995, páx. 25).

«Entendemos por «equipamiento para laeducación ambiental» un conxunto de recur-sos organizados que ofrecen ao visitante:- uns espacios físicos (aulas, talleres, labo-

ratorios, mediateca, etc.) para a realizaciónde actividades pedagóxicas

- un escenario pedagóxico organizado (iti-nerarios, audivisuais, horto escolar, etc.)

- un proxecto pedagóxico explicitado quecontempla: o marco teórico e os principiospedagóxicos ambientais que o forman, adefinición de obxectivos que se pretendenacadar (…), a descripción dos ámbitos detraballo e experiencia (…), os distintos pro-gramas e actividades (…) e a explicitacióndos recursos e a metodoloxía que se utili-za, e os criterios, técnicas e momentos daavaliación do proceso» (Susana CALVO eEva GARCIA, 1996, páx. 182).

«Determínase o concepto de EqEA (ouEquipamiento Ambiental), que debe incluir,polo menos, as seguintes características: unlugar fixo de referencia con certasinstalacións educativas, un programa de EAe un equipo cualificado que desenvolva ditoprograma educativo». (SEMINARIO DEEQUIPAMENTOS PRIVADOS DE EDUCA-CION AMBIENTAL, 1996, páx. 1)

“Baixo o termo EqEA englóbanse todasaquelas iniciativas que, contando coninstalacións axeitadas e equipos educativosespecializados, ofertan programas e activi-dades específicas de EA relacionadas cocontorno no que se ubican.” (GRUPO DETRABAJO DE EQUIPAMIENTOS DE EDU-CACION AMBIENTAL, 1998, páx. 9)

«Estas iniciativas extra-académicas estánregularmente orientadas por metodoloxíaspedagóxicas non directivas, flexibles, lúdicase participativas; do mesmo modo, poñen encontacto directo aos visitantes nenos,

Page 13: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

15

xóvenes ou adultos con procesos primariosdo mundo que nos rodea, con elementos eciclos naturais que regulan o funcionamentodos ecosistemas biolóxicos e sociais e coasestructuras físico-químicas ou organizativasnas que se sustenta a vida cotiá. Nistos con-textos intensifícanse as vivencias afectivas dosusuarios, actívanse as relacións socio-emocionais dos grupos sociais involucrados,discútense e constrúense conceptos científi-cos, os problemas do medio ambiente naturale construido e se promoven recursos eestratexias didácticas para o entendimento dosmodelos que explican o funcionamiento e or-ganización do contorno socionatural e históri-co que nos rodea». (José GUTIÉRREZ, Ja-vier BENAYAS e Teresa POZO, 1999, páx.49).

En Galicia, posteriormente á aprobación daEstratexia Galega de Educación Ambiental,existiu un esforzo por definir e caracterizaras funcións dos EqEA; proba diso é a apro-bación do Rexistro de Entidades e Centrosde Educación Ambiental de Galicia (DOG:Decreto 32/2001) e a Carta Galega deCalidade dos centros de educación ambien-tal (DOG: Orde do 28 de marzo de 2001),aínda que dito regulamento non levou aintervencións posteriores ao respecto.

No Rexistro de Entidades e Centros de edu-cación ambiental faise unha distinción entreEntidades e Equipamentos, que na ordechámanse Centros de educación ambiental:

• «Entidade de educación ambiental: todapersoa xurídica ou unidade administrativaconstituída mediante acordo formal queteña como finalidade principal a realizaciónde actividades de educación ambiental, nomarco dos principios e obxectivos enuncia-dos no artigo 4º, con sede en Galicia e queteña como ámbito de actuación a totalidadeou parte do territorio galego.

• Centro de educación ambiental: aquela ins-talación estable situada en Galicia que reali-za como actividade principal a educaciónambiental e que para estes efectos conta cuninmoble, recursos materiais e didácticos,persoal e un programa educativo coinciden-te cos principios e obxectivos enunciados no

artigo 4º.» (DOGa, 2001, páx. 1958)

2.2. Algúns elementos paracaracterizar os equipamentos

A maioría dos autores parecen coincidir enque os EqEA son un conxunto heteroxéneode espacios e instalacións que están ubica-dos en espacios ben diversos (naturais,rurais, urbáns, industriais…), aínda quemoitos deles podemos atopalos no contornode espacios naturais con algún tipo de pro-tección (Parques naturais, zonas Ramsar ouZepas, zonas de interese xeral, zonaspropostas para a Rede Natura 2000,…)

Pola súa oferta de programas e actividades,a maior parte deles están directamente rela-cionados co contorno máis próximo, aíndaque moita da información que tratan fannode forma xeralista, poñamos por caso, en vezde centrarse na protección do Espacio Na-tural concreto, fálase en xeral dos EspaciosNaturais Protexidos en Galicia.

Na actualidade, xa non están vinculados ex-clusivamente co sistema educativo, comonos seus inicios, senón que a maoiria delesatenden as necesidades de diferentestipoloxías de usuarios/as: universitarios/as,cursos de formación regrada e non regrada,formación do profesorado, asociacións, gru-pos de persoas adultas, visitantesocasionais, grupos familiares, etc.

Existe unha grande pluralidade de obxectivosespecíficos, aínda que a maioría recoñeceperseguir a promoción de actitudes coheren-tes co respecto e protección do medio, asícomo a difusión de contidos de carácter bio-científico e ecolóxico; aínda son excasos oscasos os que declaran como intencionalidadeexplícita o desenvolvemento sostible e aequidade.

Inicialmente a maioría dos equipamentos ti-ñan titularidade privada; na actualidade exis-te unha proliferación de equipamentos pro-movidos polas distintas administracións:

ARACELI SERANTES e HECTOR POSE. Recursos e equipamentos de Educación Ambiental

Page 14: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental16

Consellerías, Deputacións, Concellos e fór-mulas de carácter mixto (público-privado).

Todos os EqEA teñen como finalidade prin-cipal a faceta educativa, aínda que esta sexacompatible con outros servicios: ocio recrea-tivo, turismo rural, turismo verde, ecoturismo,turismo cultural, deportes na natureza, de-porte de aventura, etc.

A maioría das iniciativas novas (fundamen-talmente as públicas) teñen unha oferta deestancias dun día de duración, fronte as ini-ciativas primeiras que contemplaban oaloxamento dos usuarios durante 3 ou 5 días,o que implicaba programas máis ambiciosose que posibilitaban profundizar mellor encontidos, favorecer a convivencia e a inmer-sión nun contorno diferente ao habitual.

As metodoloxías que se desenvolven nestescentros son menos académicas e directivas,baseándose fundamentalmente na observa-ción do medio, no análise, na participación ecooperación, con modelos de ensinanza-aprendizaxe democráticos e constructivistas.

Os profesionais que dirixen, xestionan, co-ordinan e/ou desenvolven as actividadesteñen diferentes perfís formativos, que vandende a formación no ámbito das cienciasnaturais ou sociais, ata persoas cunha amplaexperiencia como naturalistas ou no tempolibre e sen formación pedagóxica ou científi-ca académica.

2.3. Tipoloxías de equipamentos

Granxas-Escola, Aulas e talleres deNatureza, Escolas e centros de natureza,Centros de Interpretación, Centros deAcollida aos visitantes, Campos deAprendizaxe, Aulas activas, Aulas do mar,Centros de medio ambiente, Pobos Escola,Campos de traballo na natureza,Ecomuseos, Sendas da natureza, Aulas deecoloxía urbán, … constitúen un abano deiniciativas plurais e, fundamentalmente,heteroxéneas, tanto polo seu ámbito detraballo (natural, rural ou urbán), como polosseus promotores (públicos, privados, consor-

cios privado-público, público-público, etc.), asúa oferta educativa (visitas de 1 día, estan-cias de 3 a 5 días, campamentos, activida-des guiadas ou autoguiadas, exposiciónsinterpretativas, itinerarios, ….), ou como po-los usuarios (escolares, profesionais, visitan-tes ocasionais, grupos en formación,…), etc.Tamén é moi diferente a formación daspersoas que desenvolven o seu traballonistes equipamentos, como son desiguais osprezos que teñen que asumir os usuarios eusuarias, a proposta de actividades econtidos, os servicios que se prestan, etc.

Foron bastantes os intentos e propostas deartellar tipoloxías de equipamentos quepermitiran ordenar, organizar e regular esteámbito que segue a crecer e a ofertar cadavez iniciativas máis complexas e plurais. Porpoñer algún dos exemplos máis interesan-tes aportamos a continuación tres propostasde tipoloxías de equipamentos (Ver Cadros12, 13 e 14).

2.4. Os equipamentos de educaciónambiental en Galicia

O primeiro que sorprende cando falamos deEqEA en Galicia é a ausencia de estudossobre o ámbito; cando se está a elaborar aEstratexia Galega de Educación Ambiental(primeiro trimestre 1999) faise un estudo noque só se recollen aquelos equipamentosque ten a Xunta de Galicia; nin tan siqueraelabórase un informe sobre o estado dosequipamentos en Galicia cando se plantexaa elaboración da Carta de calidade para osmesmos, aínda que si foi sinalada estanecesidade (Araceli SERANTES, 2000, páx.02.241).

Para ter unha visión global de como foronevoluíndo e consolidando as distintas expe-riencias, podemos remitirnos ás aportaciónsfeitas por distintos autores a través de Ac-tas, Guías e estudos, e deste xeito observarcomo é a súa traxectoria e a importanciacuantitativa dos mesmos. «As fontesdocumentais permiten, ademais, facer unseguimento diacrónico das cuestións que

Page 15: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

17ARACELI SERANTES e HECTOR POSE. Recursos e equipamentos de Educación Ambiental

EQUIPAMENTOS DEFINICIÓNSAlbergues de natureza Non foron deseñados para a EA, permiten estancias de varios días.Aulas de natureza A duración da estancia é flexible, destinados á poboación escolar.Campo de aprendizaxe Serven como centro de recursos, dispoñen dun programa de estancias con acti-

vidades.Centro de Estudios do Mar Conxunto de recursos e equipamentos ponte entre a poboación mariñeira e a

urbán.Centro de interpretación Destinados ó grande público, asociados a espacios protexidos.Escola de natureza Poden ter posibilidade de aloxamento, permiten o contacto co medio.Escola-taller Formación ocupacional en profesións artesanais desaparecidas ou pouco valo-

radas relacionadas co patrimonio cultural ou natural.Granxa-escola Instalacións no medio rural nas que os alumnos deben colaborar na xestión, as

estancias poden oscilar entre un día ou varios.Museo Visitas de menos dun día. Pode asistir a exposicións e realizar itinerarios.Plan experimental de recupe- Campos de traballo para alumnos de ensinanza superior; estancias de veránración de pobos abandoadosParque natural/nacional Dispoñen de equipamentos destinados a informar ó visitante, as veces contan

con monitores para realizar actividades cos escolares.

Cadro 12: Proposta elaborada pola Societat Catalana de Educació Ambiental, en Jaume SUREDA, Aina CALVOe Magadalena CORTÉS

EQUIPAMENTOS DEFINICIÓNCentros e equipamentos - Con vocación naturalista para público escolar: escolas de natureza e escolas do

mar- Nos espacios naturais protexidos: menor duración das actividades, dirixido ópúblico en xeral e escolares (variante: aulas urbáns)- Granxas-escola: participación dos asistentes no manteñemento, contacto coavida rural.- Cos plantexamentos máis pedagoxistas: o contorno é un recurso pedagóxico:campos de aprendizaxe, centros de experimentación e innovación pedagóxica,escolas e centros ambientales.

Itinerarios Percorridos de curta duración organizados para o estudo interdisciplinar do me-dio.

Museos, parques e Destinados en principio ao público en xeral, fóronse adaptando as súas activida-equipamentos culturais des ó público escolar.Outros Aqueles que incorporan principios e actividades de EA.

Cadro 13: Proposta elaborada por Oscar CID, en Jaume SUREDA, Aina CALVO e Magadalena CORTÉS

IMPACTO SOCIAL EQUIPAMENTOSAlto Granxas-escola; aulas, talleres, escolas e centros de natureza;

campos de aprendizaxe; centros de recuperación de avifauna;aulas do mar e aulas urbanas; centros de recepción/ interpretación ambiental;escolas-taller de medio ambiente; ecomuseos ou museos da natureza;centros de experimentación e innovación escolar;colonias de verano/campamentos; aulas activas e pobos-escola.

Baixo Pousadas escolares; albergues;xardíns botánicos; aulas-xardín;centros de turismo rural para escolares;hortos-escola; casa de labranza; etc.

Cadro 14: Proposta elaborada por José GUITIÉRREZ, en Jaume SUREDA, Aina CALVO e Magadalena COR-TÉS

Page 16: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental18

Fraga DGMA Navarro e Fraga Benayas e Ba- Gutiérrez Peña CENEAM Xunta Serantes

(1987) (1989) Pérez (1989) (1990) rroso (1997) (1995) (1997) (1998) (1999)

1985 1986 1987 1988 1994 1995 1997 1998 1999 2001

3 5 1 4 9 7 26 10 16 40

Cadro 15: Baseado en Araceli SERANTES (2001)

preocupan en cada momento histórico aosprofesionais e/ou estudiosos dunha discipli-na, traslucindo as distintas interpretacións darealidade e os distintos modelos implícitosou explícitos que pugnan por orientar a praxeeducativo-ambiental» (Pablo MEIRA, 1998,páx.18)

Baseándonos na información do Cadro 15,poderíamos pensar que houbo pouca pre-sencia de equipamentos na nosacomunidade ata remates dos anos 90,producíndose un considerable incrementonestos tres derradeiros anos. Asímesmo,tamén poderíamos decatarnos facilmente dogrande grao de variabilidade dun ano paraoutro; unha análise máis repousada,baseada nos listados de equipamentos queaportan os diferentes autores e autoras, per-mítenos comprobar que non existía un crite-rio homoxéneo para definir os EqEA, así haiautores que consideran como tales Museose outros inclúen os observatorios de aves.

Cabe sinalar que a maioría dos estudos foronfeitos a través de enquisas remitidas por co-rreo, sendo o grao de «mortandade» dasmesmas moi significativo, e iste dato -o nú-mero de enquisas enviadas non só as remi-tidas- non aparece reflexado en ningures,sendo ben certo que non só existen os quecontestan, polo que o dato final desvirtúa opanorama real.

Sinalar que en 1.999, na Estratexia Galegade Educación Ambiental sinánlase só a exis-tencia de 16 equipamentos, aparecendocomo tal os equipamentos que ten a Xuntade Galicia. Araceli SERANTES identifica 29nesas mesmas datas, porque recolleademais os equipamentos de titularidade pú-blica (municipal) e os privados.

Na actualidade non existe aínda un Rexistropúblico con todas as iniciativas, pese á Ordeque no 2001 fixo a Xunta de Galicia; de feitono mes de abril do 2002 no Rexistro de Cen-tros e Entidades de EA só tiñan inscrito unCentro (consultar en: http://www.xunta.es/conselle/cma/CMA08h/CMA08hb/p08hb02.htm).Máis pódese dicir que existen diferentesaproximacións cara o que é a realidade dosequipamentos de educación ambiental enGalicia, como as realizadas polo empresaTEIXUGO, Coop. (material policopiado); cosseus datos podemos predecir que en poucotempo vanse incrementar considerablemen-te o número de iniciativas, xa que en abril do2001 tiñan detectados 22 novos proxectosde Equipamentos en Galicia.

A nosa valoración respecto á situación ac-tual en Galicia, baseándonos na Estratexiagalega de Educación Ambiental e en estu-dios propios, e baseándonos na análise de28 iniciativas (Ver Cadro 16), poderíamos ca-racterizar os EqEA en Galicia do seguintexeito:

• A meirande parte dos equipamentosgalegos atópanse no medio natural ou ásaforas de núcleos rurais, fundamentalmen-te nos contornos dos espacios naturaisprotexidos. Existen escasas iniciativas lo-calizadas nas cidades e ningunha delasadícase á temática urbán.

• Son unha minoría os equipamentos concapacidade de acollida dos usuarios porvarios días (menos do 25%, e só dous sonde carácter público ), característica que de-finía nos anos 80 a maioría das iniciativasno Estado español

• O 68% das iniciativas son de carácter pú-blico, aínda que a xestión dos programasque se desenvolven son en moitos doscasos levadas adiante por iniciativas pri-

Page 17: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

19

1. Acuaciencia2. Granxa Escola Belelle3. Aula da natureza O Cabalar4. Centro de Interpretación das Fragas5. Aula de Natureza Fluvial-Chelo6. CEIDA7. Aula da Natureza de Abegondo8. CIELGA9. Aula Activa do Mar10. Centro de Interpretación da Siradella11. Aqcuavisión12. Centro de Interpretación das Ons13. Granxa Escola Serantellos14. Aula de Natureza San Xulián

15. Granxa Escola Yuca16. Centro de Visitantes das Illas Cíes17. Centro de Inf. das Ribeiras do Louro18. Centro de Información Monte Aloia19. Aula da Nat. do Castelo de Sobroso20. Centro de Vis. do Xurés-Baixa Limia21. Albergue Rural A Escola22. C.D.R. O Viso23. Aula da Natureza Invernadeiro24. Aula de Natureza de Moreda do Caurel25. Granxa Escola Barreiros26. Aula de Natureza Os Ancares27. Aula/Centro de Interp. de Toques28. Aula da Natureza O Veral

Granxas EscolaAulas de naturezaCentros de VisitantesOutros

Cadro 16: Sobre o mapa forestal de Galicia recóllense iniciativas susceptibles de ser consideradas EqEA, utilizandocomo criterio de inclusión o feito de ter unha instalación e declarar que o seu fin é a EA. Tamén aparecen sombreadosos espacios naturais propostos para a Rede Natura 2000. (Mapa: Consellería de Medio Ambiente)

29. Centro EA Outeiro30. Aula da Natureza no Belelle31. Aula da Natureza de Culleredo32. Aula da Natureza Casa da Ría-Ribadeo33. Aula de Natureza de Trives34. Aula etnográfica del mar35. Centro de Interpretación de Avifauna36. Granxa-Horto dos Regos37. Albergue Alvarella38. Aula Forestal de Guitiriz39. Parque eólico de Sotavento40. Aula de natureza o Coudillo

Araceli SERANTES (2001)

ARACELI SERANTES e HECTOR POSE. Recursos e equipamentos de Educación Ambiental

Page 18: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental20

vadas a través da cesión das instalacións,non sempre por concurso.

• O persoal que traballa nos equipamentosten na maioría dos casos contratos de tipoeventual e discontínuos, nalgúns casos nintan siquera existe relación contractual, oque pon de manifesto a precariedade la-boral que existe no sector.

• Pese ás recomendacións da EstratexiaGalega de Educación Ambiental, aConsellería de Medio Ambiente non está afomentar medidas en prol da estabilidadee dignificación laboral dos profesionais dosequipamentos; proba disto é a Convocato-ria para xestionar os equipamentosdependentes do CITA nos anos 2001-02,

cunhas condicións que só permiten a con-tratación de educadores por uns meses, enalgúns dos casos só a tempo parcial.

• O sector privado é económicamente débile atópase con serias dificultades para so-brevivir con programas de EA, principal-mente porque as Institucións Públicasteñen unha oferta gratuita de actividadesnoutras instalacións e ningunha liña deapoio aos mesmos (Vésaxe os programasde EA que distintas Conselleríasdesenvolven puntualmente nos Alberguesde Xuventude en vez de ofertalos nosEqEA existentes).

• Maioritariamente as instalacións non estánabertas todo o ano; en moitos casos oshorarios e días de apertura coinciden coaxornada laboral dos funcionarios,permanecendo pechados fins de semana,festivos, etc. polo que seu uso é moi limi-tado.

• A excepción dun caso, a utilización das ins-talación e servicios dos equipamentos pú-blicos é gratuita.

• O contacto previo cos grupos xeralmentelimítase a concretar data e hora daactividade ou estancia; no caso dos EqEAda Xunta de Galicia nin tan siquera o fanos profesionais do propio equipamento. Aplanificación de aspectos pedagóxicos cosresponsables do grupo é excepcional.

• As actividades están orientadas fundamen-talmente ao coñecemento do medio natu-ral; a máis ofertada son os itinerarios dunhapoucas horas de duración.

• Son escasos, case inexistentes, osmateriais específicos para o profesorado eresponsables dos grupos; os materiais nonestán adapatados aos diferentes tipos deusuarios/as senón que son xeralistas.

• A duración media de ocupación por partedun grupo é de media xornada.

• Os principais usuarios son escolares dosúltimos cursos de primaria e de secunda-ria obligatoria; ocasionalmente de educa-ción infantil -sector que incrementasignificativamente- e grupos homoxéneos(monitores/as en formación, alumnado decursos puntuais, grupos da terceiraidade…).

• A maior parte dos visitantes proceden damesma provincia na que está localizada a

Cadro 17: Caracterización dos EqEA en Galiciaatendendo a diferentes criterios de análise. AraceliSERANTES (2001)

Notas para a caracterización dosequipamentos de educación ambiental en Galicia

TIPOLOXIASGranxas-escola Aulas de natureza Centros de visitantes Outros

5 21 12 2

LOCALIZACIÓN NO CONTORNOMedio natural Zonas rurais Zonas urbáns

23 8 9

CONTIDOSRelación home-medio Naturalísticos Outros

16 23 1

TITULARIDADEPrivada Publica:local Pública:autonómica Mixta

11 7 19 3

XESTIÓNPrivada Publica:local Pública:autonómica Mixta

21 7 10 2

PERSOALNingún 1 persoa 2 persoas 3 ou + persoas

9 14 6 11

DURACIÓN1 día 3 días 5 ou + días

30 2 8

LOCALIZACIÓN por PROVINCIASA Coruña Lugo Ourense Pontevedra

16 6 7 11

Page 19: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

21

instalación.• O acceso ás instalacións son doadas na

maioría dos casos, aínda que é significati-vo o número de EqEA ao que non se podeacceder cun autobús grande; a sinalizaciónpara achegarse é bastante deficitaria enxeral.

• Para os usuarios e usuarias é moi difícilatopar información sobre os diferentesEqEA: non hai ningún organismo nin publi-cación que dea unha información global,nin detallada, dos mesmos.

2.5. As Cartas de calidade dosEquipamentos de EducaciónAmbiental: o caso de Galicia

Esta panorámica diversa e rica non sempreé un valor positivo. As veces xera problemasque é necesario atallar, así como artellarsolucións dun xeito negociado e participativo:o intrusismo, a competencia desleal, as ini-ciativas puramente comerciais e lucrativas,a falla de calidade nas ofertas, etc. sonalgunhas das razóns que levan a plantexarpropostas conxuntas e coordinadas cara acalidade dos equipamentos.

Partimos das numerosas tipoloxías, e moitosautores coinciden en propoñer «a homolo-gación distos modelos de equipamentos asícomo a demanda de apoio institucional ásexperiencias en funcionamento» (CristinaHERRERO, 1989, páx. 144) como unha po-sible vía de solución.

En algunhas comunidades do Estado xurdea proposta de elaborar unha Carta decalidade para os Equipamentos de Educa-ción Ambiental ou, cando menos, indicadoresde calidade, criterios mínimos de calidadeeducativo-ambiental ou criterios de calidadedesexables (é o caso de Cataluña, Andalu-cía, Castela-León, Pais Basco, País Valenciáe Galicia), proposta abandeirada nunprimeiro momento por, entre outros, OscarCID e José GUTIÉRREZ, e que é debatidanas III Jornadas de Educación Ambiental ce-

lebradas en Pamplona (1999). Deberíamosentender a calidade «como meta dun proce-so autorregulado polo propio equipamentode EA antes que como una regulacióninstitucional» (Oscar CID, 1998a).

As Cartas de calidade para os equipamentosde educación ambiental teñen comoobxectivo «establecer criterios mínimos desupervisión e control de calidade das expe-riencias de manera que os usuarios podanelexir con coñecemento de causa» (JoséGUTIERREZ, Javier BENAYAS e TeresaPOZO, 1999, páx. 57), e se concreta nunhaserie de indicadores «que nos permitancoñecer como funcionan os EqEA, detectarproblemas e elaborar estratexias de cambio»(Araceli SERANTES, 2000, páx. 02.241).Indicadores aplicables ás diferentestipoloxías: tería que ser unha tarefa«amplamente compartida, discutida econsensuada polo maior número posible deresponsables de equipamentos e usuariosdirectos dos mesmos» (José GUTIÉRREZ,1999, páx. 48).

Se nos remitimos ó Modelo Europeo deXestión da Calidade para os Centros deEnsino comprobaremos que o obxectivo é«a satisfacción dos usuarios do servicio pú-blico da educación, dos profesores e dopersoal non docente, e o impacto nasociedade acádase mediante un liderado queimpulse a planificación e a estratexia do cen-tro educativo, a xestión do seu persoal, dosseus recursos e os seus procesos cara a con-secución da mellora permanente de resulta-dos» (LOPEZ, 1997)

Galicia faise eco desta necesidade e, trasun precipitado proceso que non foi conclui-do como estaba previsto4, apróbase o docu-mento definitivo con carácter de Orde (DOG:Orde do 28 de marzo de 2001).A Carta de

4 Análise dos equipamentos existentes, creación dunrexistro de equipamentos, consensuar os criteriosde calidade, avaliación interna/externa dosequipamentos, creación da Rede Galega deequipamentos e deseño de instrumentos deseguimento e avaliación da calidade. (AraceliSERANTES, 2000, páx. 02.241)

ARACELI SERANTES e HECTOR POSE. Recursos e equipamentos de Educación Ambiental

Page 20: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental22

Calidade para regular os centros de educa-ción ambiental en Galicia publícase sen de-tectar realmente cantos centros existen naComunidade, sen coñecer as súas ofertaseducativas, sen achegarse a súa problemá-tica e sen establecer uns mínimos que per-mitan homologar a súa actividade con crite-rios de calidade, e non simplemente excluiriniciativas sen garantir nada a cambio ás quepasen todos os «filtros» regulamentados.

Preténdese «que (a Orde) defina os dife-rentes tipos de centros e determine os re-quisitos mínimos para cada tipo de instala-ción» (DOG, 2001b, páx. 4707), obxectivoque nunca poderá acadarse cun instrumen-to pensado exclusivamente para a homolo-gación, e no que non se determinanestratexias nin ferramentas para definir ta-les tipoloxías.

A carta de calidade foi proposta como un pro-ceso de participación das persoas que con-figuran os equipos educativos dos centros,así como sas persoas responsables daxestión dos mesmos: «entendémola comounha ferramenta consensuada que garanti-za uns mínimos na oferta, realización exestión dos EqEA, e que permite á Adminis-tración Autonómica apoiar iniciativa coheren-tes cos fins que se perseguen» (AraceliSERANTES, 2000, páx. 2.241). Nistes mo-mentos síntese como necesario contar cunha«norma» que regule o funcionamento, códi-gos de conducta e servicios, que permitaademáis denunciar o intrusismo, o oportu-nismo e os abusos.

Baseándose nun documento marco elabo-rado por Araceli SERANTES (1999) arequerimento do Centro de Información eTecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia,no mes de Xaneiro fíxose o primeiro encontropara debatir dita proposta que regularía ofuncionamento de aqueles Equipamentosque desexasen formar parte da Rede Galegade Educación Ambiental5.

En abril do ano 2000 vólvese convocar áspersoas que están a traballar nosequipamentos en Galicia para consensualo;unha vez aprobado por unanimidade os pa-sos a seguir serían a avaliación interna e ex-terna dos equipamentos, a creación da Redede equipamentos cos centros que cumpriranun mínimo de criterios e o deseño dun ins-trumento de seguimento e avaliación. Ditoproceso foi paralizado; na actualidade exis-te unha Rede sen función algunha e unhaCarta que non se está a cumplir.

A Carta de calidade ten sentido se é o sinalde identidade dos EqEA e da súa actividadecomo gremio profesional, é dicir:

- posibilite que dende os equipamentosfágase EA

- abonde na profesionalización dos educa-dores e educadoras que neles traballan

- garanta a defensa dos intereses e dereitosdos usuarios e usuarias

- apoie unha práctica educativa de calidade- promova o cambio de determinados hábi-

tos, a promoción de actitudes críticas e aparticipación democrática na mellora e con-servación do medio

- sexa unha ferramenta de control para asinstitucións que patrocinan as actividades

A Carta de calidade dos centros de educa-ción ambiental de Galicia está baseada noscinco grupos de criterios que dixemos defi-nen ós Equipamentos: o proxecto educati-vo, as instalacións, os recursos, o equipoeducativo e a xestión.

O rexistro de equipamentos de educaciónambiental da Consellería de Medio Ambien-te no momento que sexa operativo e se lledestinen recursos (económicos e materiais)probablemente permitirá constituir a RedeGalega de Centros de Educación Ambien-tal, na que terían que ter cabida osequipamentos públicos e privados que asu-man e desenvolvan os criterios defuncionamento recollidos na Carta deCalidade, superando a división actual entreo público/privado que non conduce aningures e explorando «novas formas dexestión racional que permitan optimizar os

5 Máis información sobre a Xornada en http://www.xunta.es/conselle/cma/CMA04d/CMA04di/p04di01.htm

Page 21: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

23

recursos e garantan a consolidación dosequipamentos de EA. Tan negativa pode serunha xestión pública ineficiente como unhaxestión privada voraz» (Oscar CID, 1998b,páx.6).

As ventaxes de pertecer a dita Rede segun-do documentos da propia Consellería deMedio Ambiente (CITA, 2000, páxs. 73-74),serían:

- oferta conxunta e coordinada por parte dapropia Consellería

- ampliación dos períodos de apertura,ofertándoos ao longo do ano en campa-ñas escolares, estivais e fins de semana

- ampliar a oferta educativa a todos ospotenciais usuarios

- realizar investimentos na ambientalizacióndos centros e na actualización dos recursos

- plan de formación e actualización dos edu-cadores ambientais

- ampliar os orzamentos para odesenvolvemento das actividades de EAnos equipamentos

Fora da nosa Comunidade se dí que “algose está a mover en Galicia” e os feitos pare-cen indicar que estamos a presenciar un pro-ceso importante e necesario no ámbito dosEqEA, onde somos pioneiros neste compro-miso: a avaliación dos resultados esperemosque nos confirmen que a vontade e a apostada Administración Autonómica permite a con-solidación diste movemento educativo.

Referencias bibliográficas

• BENAYAS, Javier e Clara BARROSO (1997):«Aproximación al análisis y evaluación de la situa-ción de la Educación Ambiental en Canarias» enPedro MIGUEL e Mª Luz AGUILÓ (Coord.). I Jorna-das. La Educación Ambiental en Canarias. Cuida-mos el presente para el futuro... Santa Cruz deTenerife: Gobierno de Canarias. Páxs.: 172-183

• BENAYAS, Javier, Josechu FERRERAS e Francis-co GUERRA (2000): «Diseño de programas de co-municación, educación e interpretación ambiental enlos Espacios Naturales», en Javier BENAYAS(Coord.): Manual de Buenas Prácticas del Monitorde Naturaleza: Espacios Naturales Protegidos de An-dalucía. Sevilla: Junta de Andalucía. Páxs.: 145-213.

• CALVO, Susana e Mónica CORRALES(Coord.)(1999): Libro Blanco de la Educación Am-biental en España. Madrid: Ministerio de Medio Am-biente.

• CALVO, Susana e Eva GARCIA (Coord.) (1996): Se-minarios permanantes de educación ambiental. Ma-drid: Ministerio de Medio Ambiente.

• CAÑAL, Pedro, Eduardo GARCIA e Rafael PORLAN(1981): Ecología y Escuela. Teoría y práctica de laeducación ambiental. Barcelona: Laia e Cuadernosde Pedagogía.

• CARIDE, José A. e Pablo A. MEIRA (2001): Educa-ción ambiental y desarrollo humano. Barcelona: Ariel.

• CATALAN, Albert e Miquel CATANY (1996): Educa-ción ambiental en la enseñanza secundaria. Madrid:Miraguano.

• CENEAM (1998): Guía de equipamientos de educa-ción ambiental. Base de datos.

• CID, Oscar (1992): «Equipamientos escolares» en Cua-dernos de Pedagogía, nº 204. Páxs.: 18-22.

- (1997a): «Recursos para la Educación Ambiental»,en Pedro MIGUEL e Mª Luz AGUILÓ (Coord.). I Jor-nadas . La Educación Ambiental en Canarias. Cui-damos el presente para el futuro... Santa Cruz deTenerife: Gobierno de Canarias. Páxs.: 36-81

- (1997b): «Educación Ambiental en los EspaciosNaturales Protegidos» en Rosa MENDOZA (Coord.),Actas de la VII Aula de Ecología. Educación Am-biental. Murcia: Instituto de Estudios Almerienses eDeputación de Almería. Páxs.: 51-60.

- (1988): «Equipamientos para la educación ambien-tal: nuevos retos» en Ciclos, nº 3. Páxs.: 4-8.

- (2002): “La heterogeneidad como resultado de la faltade planificación. El voluntarismo se paga. La depen-dencia también”, en Carpeta Informativa delCENEAM, enero. Páxs.: 09.184-09.186.

• CITA (2000): Estratexia Galega de Educación Am-biental. Santiago: Consellería de Medio Ambiente.

• CONSEJO IBERICO PARA LA DEFENSA DE LANATURALEZA (2000): Guía de Educación Ambien-tal: recursos y estrategias. La experiencia del Con-sejo Ibérico para la Defensa de la Naturaleza. Ma-drid: CIDN e Obra Social Caja Madrid.

• COOMBS, Philip H. e Manzoor AHMED (1975): Lalucha contra la pobreza rural. El aporte de la educa-ción no formal. Madrid: Tecnos.

• DIRECCION GENERAL DE MEDIO AMBIENTE(1989): Educación Ambiental. Situación y Estrate-gia internacional. Madrid: MOPU.

• DOG (2001a): Decreto 32/2001, do 25 de xaneiro,polo que se crea o Rexistro Xeral de Entidades eCentros de Educación Ambiental de Galicia e se re-gulan as condicións de inscrición. Santiago: Xuntade Galicia. Nº 32, mércores 14 de febreiro de 2000.Páxs.: 1958-1963.

- (2001b): Orde do 28 de marzo do 2001 pola que seaproba a Carta Galega de Calidade dos centros deeducación ambiental. Santiago: Xunta de Galicia. Nº70, luns 9 de abril de 2001. Páxs.: 4706-4709.

• DOMINGUEZ, Charo (1993): Los recursos para laeducación ambiental. Valsaín: CENEAM. Materialpolicopiado.

• FRAGA, Xosé A. (1987): «Equipamentos e recur-sos en Educación Ambiental» en I Xornadas galegas

ARACELI SERANTES e HECTOR POSE. Recursos e equipamentos de Educación Ambiental

Page 22: Recursos e equipamentos - araceliserantes.com · 2 Recursos e equipamentos de educación ambiental Departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais Ineco, SAL do

Recursos e equipamentos de educación ambiental24

de Educación Ambienta. Vigo: AS-PG e ADEGA. Pp.:23-32.

- (1990): «Pasado e presente da educación ambien-tal en Galicia», en Manuel P. BRAÑAS et al. (Coord.),Encontro sobre Educación Ambiental en Galicia.Ponencias e Comunicacións. Santiago: Xunta deGalicia. Páxs.: 9-30

• FRANQUESA, Teresa e Miquel MONGUE (1983):«Recursos i materials per a l’educació ambiental al’Estat Espagnol: primera aproximación». Cuaderd’ecologia aplicada, nº 6. Páxs.: 31-108.

• GARCIA, Mª Rosario e Yolanda SAMPEDRO (2000):Estrategia de Educación Ambiental en Castilla yLeón. Un reto colectivo. Documento para el debate.Consejería de Medio Ambiente.

• GIORDAN, André (Coord.) (1991): Educación am-biental: principios para su enseñanza y aprendizaje.Madrid: Ministerio de Obras Públicas y Transportes.

• GRUPO DE TRABALLO DE EQUIPAMENTOS DEEDUCACION AMBIENTAL (1998): Diagnóstico delos Equipamientos de Educación Ambiental en Anda-lucía. Sevilla: Junta de Andalucía.

• GUTIERREZ, José (1995): Evaluación de la calidadeducativa de los Equipamientos Ambientales. Ma-drid: Ministerio de obras Públicas, transportes yMedio Ambiente.

- (1996): «La calidad educativa de los equipamientosambientales, un debate necesario» en 2ª Jornadasde Educación Ambiental en Castilla y León. Segovia:Consejería de Medio Ambiente y Ordenación delTerritorio. Páxs.: 35-51.

- (1999): «Estatuto de calidad para los equipamientosambientales» en Francisco HERAS e MercedesGONZALEZ (Coord.): 30 reflexiones sobre educa-ción ambiental. Madrid: Ministerio de Medio Ambien-te. Páxs.: 43-50.

- Javier BENAYAS e Teresa POZO (1999): «Modelosde calidad y prácticas evaluativas predominantes enlos equipamientos de educación ambiental» en Tópi-cos en Educación Ambiental, 1 (2). Páxs.: 49-63.

• HAM, Sam H. (1992): Interpretación Ambiental. Unaguía práctica para gente con grandes ideas y presu-puestos pequeños. Colorado: North American Press.

• HERRERO, Cristina (Coord.) (1989): «La educaciónambiental en España, en 1987. Balances y perspec-tivas» en DGMA, Educación Ambiental: Situación Es-pañola y Estrategia internacional. Madrid: MOPU.Páxs.: 85.165.

• LOPEZ, L. (1997): Modelo Europeo de Gestión deCalidad. Guía para la autoevaluación. Madrid: Mi-nisterio de Educación y Cultura.

• MEIRA, Pablo A. (1998): Educación ambiental.Fontes e recursos documentais. A Coruña: Concellode Oleiros.

• MORALES, Jorge (1998): Guía práctica para la In-terpretación del Patrimonio. El arte de acercar el le-gado natural y cultural al público visitante. Madrid:Consejería de Cultura. Junta de Andalucía.

• MOSQUERA, Mª José (1991): «Educación Ambien-tal no formal: caracterización y recursos» en José A.CARIDE, Educación ambiental: realidades y perspec-tivas. Santiago: Tórculo. Páxs.: 159-206.

• NAVARRO, Miriam e Albert PEREZ (1989):

«Equipamientos para la Educación Ambiental enEspaña» en DIRECCIO GENERAL DE MEDIO AM-BIENTE, II Jornadas de Educación Ambiental. Ma-drid: MOPU. Vol. 3. Páxs.: 87-290.

• NOVO, María (1985): Educación Ambiental. Madrid:Anaya.

- (1995): La educación ambiental. Bases éticas, con-ceptuales y metodológicas. Madrid: Universitas.

• PARDO, Alberto (1995): La educación ambientalcomo proyecto. Barcelona: ICE Universitat de Bar-celona e Horsori.

• PEÑA, Francisco (1997): «A necesidade dun pro-grama de educación ambiental en Galicia, en Se-gundas Xornadas Galegas de Educación Ambien-tal. Conferencias e Comunicacións. Santiago: Xuntade Galicia. Páxs.: 23-30.

• SEMINARIO DE EQUIPAMENTOS PRIVADOS DEEDUCACION AMBIENTAL, (1996): «Actas de la IReunión».www.jcyl.es/jcyl/cmaot/dgca/semianrios/privadas/acta_priv1.html

• SERANTES, Araceli (1999): Carta de calidade paraa Rede Galega de Centros de Educación Ambientalde cara a súa homologación e seguimento, CITA (In-édito)

- (2000): «La carta de calidad de los equipamientospara la Educación Ambiental en Galicia: un procesoen marcha» en Carpeta informativa CENEAM, fe-brero 2000. Páxs.: 2.240-2.242

- (2001): «Equipamentos de Educación Ambiental noMedio Natural» en Curso de Postgrao de Especia-listas en Dirección de Actividades Educativas naNatureza. Lugo: Universidade de Santiago. Materialpolicopiado.

• SUREDA, Jaume (1990): Guía de la educación am-biental. Fuentes documentales y conceptos básicos.Barcelona: Anthropos.

- Aina CALVO e Magdalena CORTES: Unidad sobreequipamientos de educación ambiental. http://mediamweb.uib.es/dceweb/rem/equipaments/menu.html

• TERRADAS, Jaume (1983): «Presentació» enDEPARTAMENT D’ENSENYAMENT, Intineraris yescoles de la natura de Catalunya. Barcelona:Generalitat de Catalunya.

• TILDEN, Freeman (1977): Interpreting our heritage.USA: The University of North Carolina Press.

• UNESCO (1977): Seminario Internacional de Edu-cación Ambiental (Belgrado, 1975). Informe final.Doc. ED-76/WS/95. París: Unesco/Pnuma.

• VILA, Reyes (1997): «Programa ALDEA» en RosaMENDOZA (Coord.), Actas de la VIII Aula deEcología. Educación Ambiental. Murcia: Instituto deEstudios Almerienses e Deputación de Almería.Páxs.: 75-88.