recomendacións

2
EDUCACIÓN PRIMARIA 2º CICLO En GALEGO: “Muk” (Editorial OQO) Neste libro, Wilhelm Hauff fainos reflexionar sobre a tolerancia e o respecto aos demais. É a historia dun home pequeno e desgraciado, cun cabezón enorme, pero que co seu humor e inxenio acabará sendo admirado por todos. Zalgum ( (Editorial OQO) Neste conto tradicional bereber, escrito por Luisa Morandeira, non falta de nada: seres terribles, animais que falan, mulleres que rexeitan o seu destino... En CASTELÁN: “Diecisiete cuentos y dos pingüinos” (Editorial Anaya) Neste libro, Daniel Nesquens, amósanos dezaoito contos: os pingüíns parolan sobre idiomas? Porque o oito vai despois do sete? Por que os coches non teñen rabo? Tocando a frauta, pódese embruxar uns espaguetes e deixar abraiada a unha vaca da India? “Días de clase” ( Editorial Anaya) Na súa clase, Daniel Nesquens, fala cando o número nove, hai catro mil anos, xogaba na rúa. O seu mellor amigo era o número cinco. Agora pasa a vida continuamente en sumas, restas, multiplicacións, divisións....Como rematará este número? EDUCACIÓN PRIMARIA 3º CICLO En GALEGO: “A viaxe de Omoh” (Editorial Xerais) Jaume Terradas fainos vivir fantásticas aventuras a través do protagonista deste libro: Omoh. Con el atoparemos unha balea ferida, participaremos nunha abordaxe a un barco pirata, viaxaremos como polizón nun barco que vai a San Francisco.... “Lúa do Senegal” (Editorial Xerais) Este libro, do que é autor Agustín Fernández Paz, recibiu un premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Cóntanos a historia de Khoedi, unha nena de dez anos que tivo que abandonar a súa casa en Senegal para vir vivir a Vigo, a cidade na que o seu pai leva varios anos emigrado. Alí non coñece a ninguén e todo é tan diferente... En CASTELÁN: “Puré de guisantes”. (Editorial Anaya) O protagonista deste conto, cóntanos que o golpe foi tremendo, que todo foi moi rápido.El ía en bicicleta e apareceu un camión; viu o camión pero non viu o burato. Todo isto provoca un accidente. Acabaremos nun hospital cunha perna ferida. Alí atoparase cun compañeiro de habitación chamado Aarón. Estade preparad@s porque o autor, Daniel Nesquens, ten un remate espectacular. “Palabras de caramelo” ( Editorial Anaya) Kori é un r apaz de oito anos que vive nun asentamento saharaui. Vai a unha escola especial, xa que é xordomudo. Ten un gran amigo, chamado Caramelo. Dito amigo é un camelo. Kori quere moito a Caramelo, xa que cre que é o único que o entende. Neste libro, Gonzalo Moure, nos amosa ata onde pode chegar a amizade entre Kori e o camelo. AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP RECIMIL Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono/Fax 981 312846 http://www.centros/ceiprecimil.edu.xunta.es

Upload: zongalo-quirico

Post on 29-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Libros recomendados

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións

EDUCACIÓN PRIMARIA2º CICLO

En GALEGO: “Muk” (Editorial OQO)

Neste libro, Wilhelm Hauff fainos reflexionar sobre a tolerancia e o respecto aos demais. É a historia dun home pequeno e desgraciado, cun cabezón enorme, pero que co seu humor e inxenio acabará sendo admirado por todos.

Zalgum ( (Editorial OQO)

Neste conto tradicional bereber, escrito por Luisa Morandeira, non falta de nada: seres terribles, animais que falan, mulleres que rexeitan o seu destino...

En CASTELÁN:“Diecisiete cuentos y dos pingüinos” (Editorial Anaya) Neste libro, Daniel Nesquens, amósanos dezaoito contos: os pingüíns parolan sobre idiomas? Porque o oito vai despois do sete? Por que os coches non teñen rabo? Tocando a frauta, pódese embruxar uns espaguetes e deixar abraiada a unha vaca da India?

“Días de clase” ( Editorial Anaya)

Na súa clase, Daniel Nesquens, fala cando o número nove, hai catro mil anos, xogaba na rúa. O seu mellor amigo era o número cinco. Agora pasa a vida continuamente en sumas, restas, multiplicacións, divisións....Como rematará este número?

EDUCACIÓN PRIMARIA3º CICLO

En GALEGO: “A viaxe de Omoh” (Editorial Xerais)

Jaume Terradas fainos vivir fantásticas aventuras a través do protagonista deste libro: Omoh. Con el atoparemos unha balea ferida, participaremos nunha abordaxe a un barco pirata, viaxaremos como polizón nun barco que vai a San Francisco....

“Lúa do Senegal” (Editorial Xerais)

Este libro, do que é autor Agustín Fernández Paz, recibiu un premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Cóntanos a historia de Khoedi, unha nena de dez anos que tivo que abandonar a súa casa en Senegal para vir vivir a Vigo, a cidade na que o seu pai leva varios anos emigrado. Alí non coñece a ninguén e todo é tan diferente...

En CASTELÁN: “Puré de guisantes”. (Editorial Anaya) O protagonista deste conto, cóntanos que o golpe foi tremendo, que todo foi moi rápido.El ía en bicicleta e apareceu un camión; viu o

camión pero non viu o burato. Todo isto provoca un accidente. Acabaremos nun hospital cunha perna ferida. Alí atoparase cun compañeiro de habitación chamado Aarón. Estade preparad@s porque o autor, Daniel Nesquens, ten un remate espectacular.

“Palabras de caramelo” ( Editorial Anaya)Kori é un r apaz de oito anos que vive nun asentamento saharaui. Vai a unha escola especial, xa que é xordomudo. Ten un gran amigo, chamado Caramelo. Dito amigo é un camelo. Kori quere moito a Caramelo, xa que cre que é o único que o entende. Neste libro, Gonzalo Moure, nos amosa ata onde pode chegar a amizade entre Kori e o camelo.

AS SUXERENCIAS DE ZONGALO QUIRICO

BIBLIOTECA E EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

DOCEIP RECIMIL

Vivendas Protexidas s/n

Ferrol 15403 A Coruña

Teléfono/Fax 981 312846

http://www.centros/ceiprecimil.edu.xunta.es

Page 2: Recomendacións

ZONGALO QUIRICO deséxavos unhas boas vacacións de VERÁN e por suposto tamén unhas boas lecturas.

Este curso 2009-2010, a vosa mascota, marchou de viaxe polo mundo adiante. Estivo en moitos países e lugares. Alí mercou libros para a súa biblioteca. Tamén coñeceu a uns personaxes que moito teñen que ver cos libros. Cales serán? Pois por suposto, as dúas visitas que tivemos no cole: DANIEL NESQUENS ( escritor) e ABRAHAM CARREIRO (escritor e ilustrador).

Este tríptico vai adicado a eles. Aquí tedes algúns libros destes autores e tamén os

que o voso galo vos recomenda. Son libros de:- Aventuras - Animais- Lugares - Culturas- Viaxes -........- Razas - Humorísticos

Zongalo Quirico, asesorado polos mestres e mestras do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Normalización Lingüística seleccionou algúns libros que vos poden interesar pero sen olvidar que sodes vós, lectores, os que decidides que queredes ler.

Boas vacacións, boas lecturas e ata.......... o vindeiro curso.

EDUCACIÓN INFANTIL3 ANOS

En GALEGO: “Teño ganas de...” (Editorial Kalandraka)

Cando eu era pequeno levaba cueiros. Era moi cómodo, non había que ir ao servicio. Pero os cueiros son para os bebés... Manuela Olten recrea esta situación cotián dun xeito didáctico.

En CASTELÁN: “Una nube” (Editorial Anaya)

No ceo había unha nube e da nube caeu unha gota de auga, a gota foi polo tellado e pouco a pouco ploooooof! Como seguirá este libro de Daniel Nesquens? Comeza cunha gota e remata............

EDUCACIÓN INFANTIL4-5 ANOS

En GALEGO: “A pel de crocodilo” (Edicións A Nosa Terra)

Sabías por que os crocodilos teñen a pel tan enrugada e non sacan máis que os ollos e o fuciño fóra da auga?

Se queres descubrilo tes que ler este fermoso conto de Abraham Carreiro. Xa verás que ben o pasas!

En CASTELÁN:“ Pingüino y penguin” ( Lynx Edicións) Daniel Nesquens cóntanos unha fermosa historia sobre animais. Pingüino e penguin son uns animaliños moi pero que moi especiais.

Penguin levántase unha mañá cunha idea metida na cabeza: quere voar.........Se queres saber máis......... abre o libro e disfruta.

“Papá tenía un sombrero ”(Editorial Anaya) En todas as casas, hai un can, un gato........Nesta casa hai un sombreiro moi especial, só hai que meter unha man e aparecen flores, raquetas de tenis, larpeiradas de cores e un oso nada soso. Outro libro de Daniel Nesquens e as súas aventuras.

EDUCACIÓN PRIMARIA1º CICLO

En GALEGO: O cazador de Camboia (Edicións A Nosa Terra)

Un conto popular de Cambodia escrito por Abraham Carreiro e protagonizado por un cervo, unha garceta chinesa e unha tartaruga que intentan fuxir dunha trampa na que caeron na selva. Pero o perigo está por vir...

“Latcho Drom” (Edicións A Nosa Terra)

Abraham Carreiro sorpréndenos con este conto popular protagonizado por un familia de orixe xitano que ten que irse da India nun carro tirado por un cabalo para buscar un lugar onde vivir mellor. Na súa viaxe atravesan Asia, África e Europa. Imaxina cantas cousas poderás aprender!

En CASTELÁN: “Kirikú y la bruja”(Editorial Kókinos)

Chámome Kirikú. Así contestou este homiño nada máis nacer.Grazas a el, o seu pobo será liberado da influencia da bruxa Karabá. Subiremos á Montaña Perdida e....que final nos terá preparado o seu autor, Micel Ocelot?

“Kirikú y las bestias salvajes” (Editorial Kókinos)Esta vez, o noso heroe, pequeno pero valente enfrentarase a un misterioso búfalo con cornos de ouro, viaxara sobre unha xirafa e tamén chegará a disfrazarse de fetiche. Entrade, xunto co seu autor, Michel Ocelot, neste mundo do pequeno Kirikú.