recomendaciones verano 2017

2
CHUPETES DE LUNA Thule Ediciones Jose Urriola Marcela non quere deixar o chupete. É o día en que os astronautas viaxarán por primeira vez á Lúa a bordo do Apolo 11 e os pais da nena cren que se colocan o chupete sobre o televisor no momento do despegamento do foguete poderán conven- cer a Marcela de que o seu chupete foise á Lúa cos astronautas. Problema resolto para sempre, pensan eles. Pero as cousas, ás veces, dan unhas voltas insólitas… HASTA EL INFINITO Kveta Pacovska Factoría K de Libros Podes considerar este libro de diferen- tes formas: como un libro clásico, mi- rando as súas páxinas, como unha escultura de papel pola que poidas pasear... Podes observar cada letra, tocala, lela en voz alta... Cada unha ten o seu propio son, a súa propia forma e a súa propia cor... Unha verdadeira obra de arte! PRIMEIRA SEMANA NA ESCOLA DE VACAS Andy Cutbill Patas de Peixe É o primeiro día de Daisy na escola de vacas, e os becerriños pásano pipa, pero Daisy non se acaba de afacer. As outras vacas e touros pregúntanse se Daisy é unha vaquiña normal, ata que as pitas deciden tomar cartas no asunto! Unha historia para escachar ca risa. COUSAS DE PAPÁ Raúl Gómez Pato Edicións Xerais Libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoi- ra, constrúe hidroavións de papel, esco- rrenta os pesadelos e domina á perfec- ción a linguaxe da fantasía. Das dezase- te composicións que conforman o poe- mario, dez están musicadas por Héctor Lorenzo no CD que acompaña o libro. Prelectores “Pensaron algunha vez que se non fose por todos, ninguén sería nada?” -QUINO- Email: [email protected] Blog: http://bibliotecapdb.blogspot.com.es/

Upload: bibliobrozos

Post on 24-Jan-2018

1.278 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendaciones verano 2017

CHUPETES DE LUNA Thule Ediciones Jose Urriola Marcela non quere deixar o chupete. É o día en que os astronautas viaxarán por primeira vez á Lúa a bordo do Apolo 11 e os pais da nena cren que se colocan o chupete sobre o televisor no momento do despegamento do foguete poderán conven-cer a Marcela de que o seu chupete foise á Lúa cos astronautas. Problema resolto para sempre, pensan eles. Pero as cousas, ás veces, dan unhas voltas insólitas…

HASTA EL INFINITO Kveta Pacovska Factoría K de Libros Podes considerar este libro de diferen-tes formas: como un libro clásico, mi-rando as súas páxinas, como unha escultura de papel pola que poidas pasear... Podes observar cada letra, tocala, lela en voz alta... Cada unha ten o seu propio son, a súa propia forma e a súa propia cor... Unha verdadeira obra de arte!

PRIMEIRA SEMANA NA ESCOLA DE VACAS Andy Cutbill Patas de Peixe É o primeiro día de Daisy na escola de vacas, e os becerriños pásano pipa, pero Daisy non se acaba de afacer. As outras vacas e touros pregúntanse se Daisy é unha vaquiña normal, ata que as pitas deciden tomar cartas no asunto! Unha historia para escachar ca risa.

COUSAS DE PAPÁ Raúl Gómez Pato Edicións Xerais Libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoi-ra, constrúe hidroavións de papel, esco-rrenta os pesadelos e domina á perfec-ción a linguaxe da fantasía. Das dezase-te composicións que conforman o poe-mario, dez están musicadas por Héctor Lorenzo no CD que acompaña o libro.

Pre– lectores

“Pensaron algunha vez que se non fose por todos,

ninguén sería nada?” -QUINO-

Email: [email protected]

Blog: http://bibliotecapdb.blogspot.com.es/

Page 2: Recomendaciones verano 2017

OPERACIÓN FRANKENSTEIN Fermín Solís El Patito Editorial Boris, Aclamación e Elsa son tres irmáns que nunca se aburren xa que sempre están a preparar algunha trasnada. Un encontro casual fai que se lles ocorra un novo experimento que vai traer consecuencias inespera-das...

EL DULCE HOGAR DE CHI Konami Kanata Editorial Glenat España Unha gatiña gris e branca con raias negras afástase da súa nai e irmáns un día mentres gozan dun paseo ao aire libre. A gata esfórzase por buscar á súa familia e no seu lugar atópase co pequeno Youhei e a súa nai. A familia lévaa a casa pero no seu edificio non se admiten animais. Reticentes a des-facerse da súa nova mascota deciden cambiar de vivenda.

ANIMALARIO COTIÁN... María Lires Editorial Xerais Aos nosos irmáns querémolos, pero ás veces en vez de chamalos polo seu nome, facémolo co dun animal: Osiño Xeitosiño, Bolboreta Requetecoqueta... E cando nos enfadamos, os animais xa non son tan bonitiños e pasan a ser: un Coello Fedello, unha Saltona Ma-malona...

PEQUEÑOS GRANDES GESTOS… POR LA LIBERTAD DE EXPRE-SIÓN Francisco Llorca Alba Editorial Libro que rende homenaxe a unha serie de persoas que loitaron por dar voz aos que non a tiñan e a todos aqueles que, aínda hoxe, son perse-guidos por expresar o que pensan.

LILA TROTAMUNDOS Teresa Radice Editorial Dibbuks Lila é a filla dun domador de insectos e da muller bala que traballan en Le Cirque de la Lune. Aos seus doce anos, é unha nena curiosa, alegre e fascinada pola beleza das pequenas cousas. Dado o oficio dos seus pais, a vida de Lila é algo diferente á dos demais mozos e dedícase a viaxar e coñe-cer outros países e culturas.

LOS FANTASTIBULOSOS MUNDOS DE ROALD DAHL Stella Caldwell Editorial Uranito Novo libro oficial, que se publica no cen-tenario do nacemento de Roald Dahl e que ofrece unha extraordinaria nova mira-da aos máis adorados (e máis odiados) personaxes e relatos. Reúne as asombro-sas creacións de Dahl e as icónicas ilus-tracións de Quentin Blake con reprodu-cións inéditas de cartas, carteis e artefac-tos imaxinados, e moito, moito máis...

AVIÓNS DE PAPEL Xavier Estévez Editorial Xerais Grazas a un avión de papel coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto, que compartían o amor pola lectura e aos que lles gustaba escribir, a el histo-rias e a ela poemas. Mais o que lle puña cara de alegría a Sara eran o debuxo e a pintura, que se converterían nun fío máxico para a súa amizade. Como aquel primeiro graffiti de Hopper na alameda, o do neno co papaventos.

GUÍA DE CIUDADES Editorial SM Quen non soña con dar a volta ao mun-do? Con este extraordinario atlas poderás mergullarche nunha magnífica viaxe por 30 cidades difíciles de esquecer. Edificios emblemáticos, personaxes famosos, monumentos históricos, lugares sorpren-dentes e mil horas de diversión.

SOLOS Fabien Vehlmann / Gazzotti Editorial Dibbuks Un novo día empeza como cada mañá en Fortville, pero... nada é como antes. Os que se espertaron esta mañá deambulan por unha cidade deserta ata descubrir que só quedan cinco deles. Que puido pasar? Onde están os seus pais e os seus amigos? Os nosos protagonistas uniranse para enfrontarse aos numerosos e perigosos obstáculos que xurdirán na súa procura dunha explicación do ocorri-do. Xuntos!

PERCY JACKSON: EL LADRÓN DEL RAYO Rick Riordan Editorial Salamandra Que pasaría se un día descobres que, en realidade, es fillo dun deus grego que debe cumprir unha misión secreta? Pois iso é o que lle sucede a Percy Jackson, que a partir dese momento disponse a vivir os acontecementos máis emocionan-tes da súa vida.

PITUXA, A FANTÄSTICA NENA DA CACA DE OURO Marcos López Concepción Editorial Galaxia A Pituxa ninguén lle fai caso A súa familia é pobre. Pero moito! Mais un día empeza a facer unha caca moi espe-cial. De ouro! E agora todos queren a Pi-tuxa. Sobre todo, certos banqueiros e al-gunhas persoas emocionadas pola súa... particularidade

DEBAJO DE LA TIERRA, DEBAJO DEL AGUA Aleksandra Mizielinska Ediciones Maeva Emocionante viaxe que nos levará a lugares afastados dos nosos ollos que se atopan baixo terra e no máis profun-do do mar a través de espectaculares ilustracións.

Primeiros Lectores Lectores Autónomos Lectores Expertos