receitas

17
1. Entrantes 2. Primeiro prato 3. Segundo prato 4. Sobremesa 5. Establecementos Colaboradores.

Upload: nobicodalingua

Post on 02-Jul-2015

438 views

Category:

Travel


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Receitas

1. Entrantes

2. Primeiro prato

3. Segundo prato

4. Sobremesa

5.Establecementos Colaboradores.

Page 2: Receitas

1.-Entrantes. POLBO A FEIRA.

INGREDIENTES: • Polbo.• Sal grosa. • Aceite de oliva virxe.• Pimentón picante.

ELABORACIÓN:

Nunca pota poñemos auga a ferver , cando ferva engadimos o polbo e cando volva ferver deixámolo 20 minutos.Apagamos a lume e tapamos a pota . Deixámolo repousar durante 25 minutos.Sacamos o polbo e poñémolo nunca fonte. Cortámolo en anacos pequenos e servímolo nun prato de madeira.Para servilo botámoslle sal grosa , aceite de oliva virxe , pimentón picante e listo para comer .

Este prato foi ofrecido polo establecemento A illa.Recollido polas alumnas: Eva, Patricia, Sofía, Gabriela e Odhra.

Page 3: Receitas

CHÍCHAROS ESTUFADOS

INGREDIENTES

• 200g de chícharos sen casca

• Media cullerada de fariña

• Unha ceboleta • 25ml de Tío Pepe

(viño de Xerez)• 10ml de viño branco • Sal • Maiorana • Caldo de polo• Xema de ovo• Sal Maldon

ELABORACIÓN:

Picar unha ceboleta ben fina e estufar con un pouquiño de aceite de oliva. Cando a ceboleta estea estufada engadir os chícharos e remover durante dous minutos aproximadamente, logo incorporarlle media cullerada de fariña, revolver un momento e botar o viño de Xerez, viño branco e sal; mesturar ben todo isto e deixar que evapore o alcohol. Despois poñer unhas follas de menta e maiorana. Engadir o caldo de polo ata que os chícharos estean tenros.Rectificar sal.Servir nun prato sopeiro cunha xema no centro e gratinar un minuto, poñer sal Maldon na xema. Observacións: Esta receita só se pode elaborar con chícharos do tempo.

Page 4: Receitas

Este prato foi concedido polo establecemento: Prado ViejoFoi recollido por Jacobo e Fátima do IES A Paralaia o día 14/12/201

2- Primeiro prato

ARROZ CON LUBRIGANTES

INGREDIENTES:

• Dous lubrigantes de 700gr.

• Cebola • Pirixel• Allo• Loureiro• Pemento vermello e verde• 500gr.de arroz • Sal

ELABORACIÓN:

Primeiro faise un caldo coas patas pequena do lubrigante, pirixel e loureiro e gárdase para despois.Nunha paelleira ponse; un chorriño de aceite,dous dentes de allo partidos á metade, media cebola, un pemento verde e outro vermello,picados. Refóganse uns cinco minutos.

Cando as verduras estén pochadas engádese o lubrigante e movese ata que se poña vermello. Deixase cocer uns cinco minutos tapado e engádese o arroz e dúas veces e media a medida do caldo. Botaselle azafrán e sal e cócese quince minutos.

Page 5: Receitas

Este prato foi ofrecido polo establecemento bar canario.Recollido polas alumnas cris,sara e zeltia do ies a paralaia o dia 23 de outubro do 2010.

Page 6: Receitas

ROBALIZA D’CARLA

INGREDIENTES:

• 2 lombos de robaliza• 2 ceboliñas• 2 unidades de chalota• 75 gramos de ovas de

ourizo • de mar• 75 gramos de spaguetti

de mar• Espárrago trigueiro (opcional)• Un vasiño de viño Branco• Aceite• Sal.

ELABORACIÓN:

Refógase a chalota; cando colla un ton transparente, régase co viño Branco. Marcamos os lombos de robaliza e engadimos un pouco de caldo, as ovas e as algas.Rematamos no forno a 200º C, máis ou menos 8 minutos.Decoramos con espárragos trigueiros ao vapor.

Este prato foi ofrecido polo establecemento: D’CarlaFoi recollido polos alumnos: Aarón Tobío Sequeiros e Daniel Martínez Martínez, na data: 20/10/10.

Page 7: Receitas

ARROZ CON LUBRIGANTES

INGREDIENTES:

• Dous lubrigantes de 700gr.

• Cebola • Pirixel• Allo• Loureiro• Pemento vermello e verde• 500gr.de arroz • Sal

ELABORACIÓN:

Primeiro faise un caldo coas patas pequena do lubrigante, pirixel e loureiro e gárdase para despois.Nunha paelleira ponse; un chorriño de aceite,dous dentes de allo partidos á metade, media cebola, un pemento verde e outro vermello,picados. Refóganse uns cinco minutos.

Cando as verduras estén pochadas engádese o lubrigante e movese ata que se poña vermello. Deixase cocer uns cinco minutos tapado e engádese o arroz e dúas veces e media a medida do caldo. Botaselle azafrán e sal e cócese quince minutos.

Este prato foi ofrecido polo establecemento bar canario.Recollido polas alumnas cris,sara e zeltia do ies a paralaia o dia 23 de outubro do 2010.

Page 8: Receitas

3.-Segundo pratoCALLOS A GALEGA

INGREDIENTES:

• Garbanzos• Pata• Callos• Morro de

tenreira• Chourizo• Pan fritido• Especias de

callos • Sal• Pementón• Allo• Cebola

ELABORACIÓN: Póñense os garbanzos a remollo a noite anterior cun chico de sal.Escúrrense os garbanzos e póñense a cocer en auga quente unha horaou hora e media máis ou menos.retíranse do lume ó estar a punto. Noutra cacerola coceranse as carnes e ó estar ben cocidas pícanse en anacos e engádeselle a auga dos garbanzos.

Nunha Tixtla engádese 250cl. De aceite de oliva e frítese o pan en anacos co allo picado,retírase nun morteiro e machácase ben. No mesmo aceite frítense dous chourizos e unha cebola picada, cando estea ben apagase e engádeselle unha cullerada

Page 9: Receitas

de pimentón doce e outra de picante e as especias. engádese todo á cacerola cos garbanzos sazónase ó punto e retírase do lume.

Este prato foi ofrecido polo establecemento Alén bar.Recollido polas alumnas cris,sara e zeltia do IES a Paralaia o día 23 de outubro do 2010.

Page 10: Receitas

COCIDO GALEGO

INGREDIENTES:

• 1 quilogramo de lacón • 1/2 tira de costela salgada• 1 trozo de touciño salgado• 4 chourizos.• 1/2 quilogramo de

entrecosto de tenreira.• 8 patacas• 1 repolo ou 2 feixes de

grelos• 1/2 quilogramo de garavanzos cocidos.• Poden empregarse outras partes do porco (orella,rabo…)

ELABORACIÓN:

Poñemos a cocer toda a carne xunta en moita auga e cando estea case cocida ( de 1 hora e media a 2 ) sácase para outra pota caldo suficiente para cocer as patacas e a verdura.

Se non empregamos garavanzos previamente cocidos, deberíamos poñelos en remollo máis ou menos 12 horas e facelos con caldo de cocer a carne ata que se poñan tenros.Cando estea todo cocido, escórrese e sérvese.

Este prato foi ofrecido polo establecemento Parrilladas Montevideo.Recolllido polas alumnas: Odhra Victoria Di Martino Fermín, Sofía Portela Diéguez, Gabriela García Blanco, Eva Pena Fandiño y Patricia Meira López do IES A Paralaia o día 1/12/2010

Page 11: Receitas

AÑO ASADO

INGREDIENTES:

• año• aceite de oliva• aceite de xirasol• cebola • laurel• pemento vermello• perejil• cravo• cementa branca• viño Branco• coñac.

ELABORACIÓN:

Tállase o cordeiro quitándolle a graxa, adúbase con allo, aceite de oliva, e azafrán. Logo dourase con aceite de xirasol, e bótase a unha tarteira. Despois retirase o aceite de xirasol, e botamos bastante aceite de oliva nunca tixola cun pouco de cebola. Cando o aceite estea quente, bótaselle por enriza ao cordeiro que está na tarteira. A seguir engadimos dúas cebolas cortadas, unha folla de laurel cortada, pemento vermello,cravo, cementa e dous vasos de viño. Deixase a facer lentamente ata que se vexa o óso solto da carne. Para acabar pódeselle botar un pouco de coñac e poñelo no forno a dorarse. Se se quere pódeselle engadir unhas patacas fritidas.

Este prato foi ofrecido polo establecemento: La Batea

Page 12: Receitas

Recollido polos alumnos: Adrián De Matos, Sergio coloret y Ali Boutinguiza do IES A Paralaia. O día 22/10/10.

Page 13: Receitas

4.-Sobremesa

TARTA DE LIMÓN

INGREDIENTES:

• 500g de nata.• 150g de azucre. • 1 vaso de auga.• Caramelo líquido.• Queixo Philadelphia

ou similar.• Biscoito ou galletas.

ELABORACIÓN:

Untamos o molde co caramelo, se o caramelo o fas ti, que o molde non sexa de plástico.Nun bol semimontamos a nata co azucre, non fai falla que se monte de todo, cun pouco é suficiente. Poñemos nun cazo a auga co sobre de xelatina e ferver, unha vez que ferva, retírase do lume e déixase arrefriar un pouco.Mentres, engadímoslle o queixo á nata e mesturámolo ben, sen que queden grumos cando vexamos que está ben disolto o queix, engadímoslle a xelatina e remexemos todo ben mesturado.Vertémolo no molde e cubrímolo coas galletas e o biscoito.Metémolo na neveira unhas tres horas.

Este prato foi ofrecido polo establecemento : Fonte das Donas. Recollido polos Alumnos/as: Patricia, Gabriela, Eva, Odhra e Sofía.

Page 14: Receitas

TORTA DE TURRÓN

INGREDIENTES:

• Doce ovos• Cento cincuenta gramos

de manteiga• Trescentos gramos de

fariña de améndoas• Un Royal• Cen gramos de azucre• Cincocentos mililitros de

nata• Catro follas de xelatina• Media libra de turrón brando• Cincuenta gramos de améndoas garrapiñadas• Media libra de chocolate

ELABORACIÓN:

Bater seis ovos co azucre, unha vez montados, engadir lentamente a fariña de améndoas, despois engadimos a manteiga e o Royal, mesturámolo nun molde e ó forno durante trinta minutos a cento setenta grados.

Mousse: Por outra parte montamos as claras de seis ovos a punto de neve con catro culleradas sopeiras de azucre. Montamos a nata con catro culleradas de azucre e mesturámolo todo lentamente coas claras. Unha vez mesturado debemos engadir o turrón en anacos moi pequenos, case desfeitos, e o chocolate derretido, mestúranse ben, lentamente, e engádese a xelatina previamente derretida ( estas métense en auga e quéntanse no microondas), mestúrase e acábase de montar á man, lentamente.

Unha vez feito todo, tan só queda montar a torta. Ábrese o biscoito pola metade e reénchese coa mousse e as améndoas.

Page 15: Receitas

Tápase a torta e recóbrese coa mousse ben estirada. Gardámolo na neveira durante tres horas e listo para servir.

Este prato foi ofrecido polo establecemento O Portovelo, recollido polos alumnos Cristina,Sara e Zeltia do I.E.S A Paralaia o día 23.10.2010

Page 16: Receitas

5.-Establecementos colaboradores

-Fonte das Donas:

R/Donato Bernárdez S/N36950 MoañaTlfno: 986393176

-Montevideo:R/Xunqueira, 4. Baixo36950 MoañaTlfno: 98631513

-A Illa:Porto de Meira.36950 MoañaTlfno: 663040607

-Con Tapas:R/Daniel Castelao,2836950 MoañaTlfno:986312305

-O AlénR/ Alcalde Fandiño, 8 O Rosal 36956 MoañaTlfno:986134162

-CanarioR/ Ribeira, 3536955 Meira, MoañaTlfno:927418861

-PortobeloL. Samertolameu de Meira. Porto, 936950 MoañaTlfno:986311831

Page 17: Receitas

-Xente NovaAvda. Ramón Cabanillas, 2 Baixo36950 MoañaTlfno:986313192

-RamonaAvda. Concepción Areal, 22636950 MoañaTlfno:986314394

-Bar EladioBaixada á Guia. Meira 36955Tlfno: 986315036

-La BateaAvda. Concepción Arenal 22236950 MoañaTlfno: 986311073

-D’CarlaA Guía 214 Baixo36955 Meira-MoañaTlfno: 986312960