receita

2
Bacallau de verán Ingredientes (5 persoas): Un lombo de bacallau desalgado dous pementos vermellos dous pementos verdes olivas negras olivas verdes ceboliñas pequenas en vinagre dous ovos cocidos cinco patacas medianas un pouco perexil aceite, pementa e sal. Pasos: Asar os pementos no forno durante 45 minutos. Logo dese tempo, sacalos e tapalos con film para que non transpiren e se despegue mellor a pel. Cortar o lombo de bacallau en catro anacos grandes e cocelos en auga fervendo durante dez minutiños co lume apagado, só co calor da auga. Cocer unhas patacas coa pel e ó que arrefríen un pouco, pelalas e cortalas en rodas. Pelar os pementos e cortalos en tiras finas. Unha vez que tempere o bacallau, retirarlle a pel e as espiñas e desfacelo en lascas xeitosas. Dispoñer nunha fonte grande as patacas e por riba os pementos e as ceboliñas en vinagre. A continuación, colocar sobre esta cama as lascas de bacallau, os ovos cocidos cortados en anacos e as olivas. Rematar cun pouco perexil picado, un airiño de pementa e un aliño de aceite e vinagre. E con este prato de verán listo... todos á mesa!

Upload: anars

Post on 15-Sep-2015

228 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

bacallau veranego (Receita Larpeiros)

TRANSCRIPT

Bacallau de vernIngredientes(5 persoas): Un lombo de bacallau desalgado dous pementos vermellos dous pementos verdes olivas negras olivas verdes cebolias pequenas en vinagre dous ovos cocidos cinco patacas medianas un pouco perexil aceite, pementa e sal.Pasos: Asar os pementos no forno durante 45 minutos. Logo dese tempo, sacalos e tapalos con film para que non transpiren e se despegue mellor a pel. Cortar o lombo de bacallau en catro anacos grandes e cocelos en auga fervendo durante dez minutios co lume apagado, s co calor da auga. Cocer unhas patacas coa pel e que arrefren un pouco, pelalas e cortalas en rodas. Pelar os pementos e cortalos en tiras finas. Unha vez que tempere o bacallau, retirarlle a pel e as espias e desfacelo en lascas xeitosas. Dispoer nunha fonte grande as patacas e por riba os pementos e as cebolias en vinagre. A continuacin, colocar sobre esta cama as lascas de bacallau, os ovos cocidos cortados en anacos e as olivas. Rematar cun pouco perexil picado, un airio de pementa e un alio de aceite e vinagre. E con este prato de vern listo... todos mesa!

v