quen son eu? (i)

12
Novas tecnoloxías aplicadas á educación Dto. Didáctica e organización escolar Prof. D. Eulogio Pernas Morado Quen son eu? Antía González Ben Segundo de Mestre, Educación Musical Quen son eu? Primeira actividade: auto-presentación Marzo de 2008 [Contén música de fondo]

Upload: antia-g-ben

Post on 29-Jun-2015

1.024 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Auto-presentación de Antía González Ben.

TRANSCRIPT

Page 1: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Quen son eu?Primeira actividade: auto-

presentaciónMarzo de 2008

[Contén música de fondo]

Page 2: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Son Antía González Ben

Page 3: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Como son?

Nacín en Burela, pobo de pescadores emprazado na Mariña Lucense.

Teño dez e nove anos e son filla única. Meu pai é mariño mercante, miña nai traballa na casa.

Os que me coñecen, din que son botada para diante, despistada e perfeccionista.

Fisicamente, teño os ollos grandes, o nariz, recachado, e os pés, planos. Penso que é isto o que máis me caracteriza.

Page 4: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Que me preocupa? (I) As actitudes intransixentes que se obstinan en negar a

riqueza do pluriculturalismo. Os conflitos intra e internacionais, fronte aos que se

debe fomentar unha convivencia baseada en relacións pacíficas, comprensivas e solidarias.

Todas aquelas accións que camiñan na dirección oposta a un desenvolvemento humano e sostíbel, agravando a fenda entre unha pequena elite que monopoliza os recursos e o resto das xentes, cada vez máis empobrecidas.

A conservación e o respecto polo medio ambiente para, cando menos, frear a contaminación e o deterioro do noso medio natural.

Todos aqueles problemas de saúde que nos afastan dun «statu quo» de óptimo benestar físico, mental e social, e que se ven agravados nas zonas deprimidas dos países desenvolvidos e, en xeral, nos máis pobres.

Page 5: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Que me preocupa? (e II) A extensión efectiva dos dereitos humanos

fundamentais á infancia de todo o mundo, ás minorías discriminadas, ás persoas con algunha minusvalía, á terceira idade e, como non, a esa metade da humanidade que conformamos as mulleres.

E, para rematar, a necesidade minimizar o risco de desigualdades derivadas da actual sociedade da información a través da capacitación de tódalas persoas para unha asimilación construtiva do coñecemento científico e tecnolóxico grazas á utilización eficaz dos instrumentos que permiten o acceso a el. E, á par, a obriga de asegurar o seu uso só para o fomento do progreso humano, económico e social.

(Rosales López, 2007).

Page 6: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Que me gusta? (I)

A música, como ben se pode deducir. Ademais, son estudante de violín (vaia sorpresa, non si?).

As viaxes: outros lugares, outras xentes, outras culturas. De feito, a fotografía non é casual: París é a cidade que máis me gusta das que coñecín até o de agora. E sospeito que non é preciso comentar o fotoxénica que son…

A literatura, a través da cal coñezo asemade outras formas de vida e outras perspectivas sobre o mundo.

Page 7: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Que me gusta? (e II)

A natureza, con cuxa cadencia me gusta empatizar para distanciarme dos apuros e as preocupacións que rexen o meu día a día. En consecuencia, fáiseme difícil pasar moitos días en Compostela sen poder quedarme ensimismada mirando para o mar, ulíndoo, escoitándoo, sentíndoo, como tanto me gusta facer desde o meu cuarto. Non obstante, recoñezo que esta cidade tamén está chea de ancanto.

A educación, a través da cal agardo canalizar as miñas inquedanzas sociais. Hai moito aínda por facer!

Page 8: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Cales son as miñas expectativas?

En primeiro lugar, rematar este curso o mellor que poida.

Logo, rematar a miña carreira, a nosa carreira. Despois, seguramente seguir formándome

(Pedagoxía, quizabes?). Máis tarde, traballar. En que? Se podo, en algo

relacionado con aquilo para o que me formei. Se non, no que atope. Iso coma todos, imaxino.

E vai ser mellor parar, que construír semellante castelo no aire non é demasiado fiábel.

Page 9: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Cales son as miñas experiencias previas

coas Novas Tecnoloxías? Xamais recibín unha clase de

informática. O que sei neste eido deriva de ir facendo probas, enganándome e tamén acertando. Polo tanto, tratouse dunha aprendizaxe intuitiva e non sistematizada que, de seguro, está chea de lagoas que debería emendar se quero dar un bo exemplo na miña «futura labor docente».

Agora é un bo momento para facelo.

Page 10: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Que agardo desta materia?

Moito. As TIC son hogano unha aprendizaxe instrumental imprescindíbel para calquera docente. E, do que vexo a cotío nas nosas escolas a o que vín en Ariño, Teruel, aínda nos queda un longo treito por percorrer.

Aínda que, doutra banda, son consciente das tremendas limitacións temporais coas que conta toda materia cuadrimestral.

Page 11: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Adeus…

Logo de ter contado un pouco quen son, como son, que é o que me gusta e cales son as miñas expectativas de futuro, logo de ter falado sobre que coñecementos previos teño sobre Novas Tecnoloxías e cales agardo adquirir con esta materia, estimo que vai sendo hora de pasar a escoitar o que vós me contades.

Escoitar, bonita verba, non si?

Page 12: Quen son eu? (I)

Novas tecnoloxías aplicadas á educaciónDto. Didáctica e organización escolarProf. D. Eulogio Pernas Morado

Quen son eu?Antía González Ben

Segundo de Mestre, Educación Musical

Cita: ROSALES LÓPEZ, C. (2006). A cooperación entre familia e escola como factor decisivo na calidade educativa. En FERNÁNDEZ TILVE, M.D. (Coord.). Familia e escola: encontro vs desencontro (53-69). Santiago de Compostela: Tórculo.

Música: TCHAIKOVSKY, P.I. Trepak (Danza rusa) e Danza do mirlitón. En O Crebanoces. Dispoñíbel en: http://www.archive.org/download/TrepakdanzaRusaEDanzaDoMirlitn/Antia1.mp3 [Consulta: 28 de marzo de 2008].

Fondo: GERASIMOV, V. Violin. Dispoñíbel en: http://www.vladstudio.com/wallpaper/?542 [Consulta: 2 de marzo de 2008].