pv marzo 2012
TRANSCRIPT
Palabra de VidaPalabra de Vida
Marzo 2012
Marzo 2012
«« Señor, onda quen imos ir? Señor, onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna»Ti tes palabras de vida eterna»
(Xn 6,68).
Á multitude que acudía a El, Xesús faláballes do Reino de Deus. Facíao con palabras sinxelas, mediante parábolas
tomadas da vida cotiá; e aínda así, as súas palabras tiñan un atractivo
moi especial. A xente quedaba impactada pola súa ensinanza
porque ensinaba como alguén que ten autoridade, non como os escribas.
Incluso os gardas que foron arrestalo,
cando os sumos sacerdotes e os
fariseos lles preguntaron
por que non tiñan executado as
ordes, responderon: «Ninguén falou xamaiscoma este
home».
O Evanxeo de Xoán refire
coloquios luminosos con
algunhas persoas,
como Nicodemo ou a samaritana.
Cos seus apóstolos Xesús profundiza aínda máis: fala abertamente do Pai e das cousas do Ceo sen recorrer xa
a símiles. Conquistados polas súas palabras, non dan marcha atrás nin sequera cando non as comprenden
totalmente oucando estas parecen demasiado esixentes.
«Esta ensinanza é inadmisible», dixéronlle algúns discípulos cando oíron que lles ía dar a comer o seu
cuerpo e a beber o seu sangue.
Vendo que osdiscípulos se
botaban atrás e xa non ían con El,
Xesús preguntoulles aos doce apóstolos: «Tamén vosoutros
queredes deixarme?» Pedro, cativado xa para
sempre e fascinado polas palabras que lle oíra pronunciar
desde o día en que o coñeceu,
respondeulle no nome de todos:
«Señor, onda quen imos ir? «Señor, onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna»Ti tes palabras de vida eterna»
(Xn 6,68).
Pedro comprendera que as palabras do seu
Mestre eran diferentes ás dos demais mestres. As palabras que
proceden da terra, son da terra e
teñen na terra o seu destino.
As palabras de Xesús son espíritu e vida porque veñen do Ceo, son unha luz que descende do Alto e ten o
poder do Alto.Posúen unha riqueza e unha profundidade que as
demais palabras non teñen, xa sexan de filósofos, de políticos, ou de poetas. Son palabras de «vida
eterna» porque conteñen, expresan e comunican a plenitude dunha vida
que non ten fin porque é a mesma vida de Deus.
Xesús resucitou e está vivo. Aínda que pronunciou as súas palabras hai tempo, non son un simple recordo, senón palabras que hoxe nos dirixe a
todos nós e a cada persoade calquera tempo e cultura: palabras universais,
eternas.
As palabras de Xesús! Deberon de ser a súa maior obra de arte, por así dicilo. O Verbo falando en
palabras humanas...Que contido, que intensidade, que acento, que voz!
Conta, por exemplo, san
Basilio o Grande: «Un día, como
espertándome dun longo soño, mirei a luz marabillosa da
verdade do Evanxeo e
descubrín a vaidade da
sabedoría dos príncipes deste
mundo».
E Tareixa de Lisieux escribe nunha carta do 9
de maio de 1897: «Ás veces, cando leo certos tratados espirituais..., o
meu pobre espírito fatígase moi
axiña, pecho o douto libro que me quebra a cabeza e me deseca o corazón e tomo nas
miñas mans a Sagrada Escritura. Daquela todo
me parece luminoso, unha soa palabra abre
na miña alma horizontes infinitos,
a perfecciónparéceme fácil».
Si, as palabras divinas sacian o espírito, feito para o infinito; iluminan interiormente non só a mente senón
todo o ser, porque son luz, amor e vida.Dan a paz ‑ a que Xesús chama súa:
«A miña paz» ‑ incluso nos momentos de turbación e de angustia.
Dan alegría plena incluso no medio da dor que a veces atenaza a alma. Dan forza, sobre todo cando
sobreveñen o abatemento ou o desánimo.Fannos libres porque abren o camino da Verdade.
«Señor, onda quen imos ir? «Señor, onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna»Ti tes palabras de vida eterna»
(Xn 6,68).
A Palabra deste meslémbranos que o único
Mestre ao que queremos seguir é Xesús, aínda que as súas palabras poidan
parecer duras ou demasiado esixentes: ser
honestos no traballo, perdoar, poñerse ao
servizo do outro en lugar de pensar egoistamente nun mesmo, permanecer
fieis navida familiar, asistir aun enfermo terminalsen ceder á idea da
eutanasia...
Hai moitos mestres que nos incitan a solucións fáciles, acompoñendas. Queremos escoitar o único mestre e
seguilo porque só El di a verdade e as súas palabras «dan vida eterna».
Así poderemos repetir nós tamén as palabras de Pedro.
Neste tempo de Coresma no que nos preparamosá gran festa da Resurrección, debemos seguir de verdade a ensinanza do único Mestre e facernos
discípulos seus.
Tamén en nós debe nacer un amor apaixonado
pola palabra de Deus: acollámola atentamente cando se proclame nas
igrexas, leámola,estudiémola, meditémola...
Pero sobre todoestamos chamados
a vivila tal como ensina a Escritura
mesma: «que poñades en práctica esa palabra e non
simplemente que a oiades,
enganándovos a vós mesmos». Por iso
cada mes fixámonos nunha en particular
e deixamos que penetre en
nós, que nos moldee, que “nos
viva".
Ao vivir unha palabra de Xesús
vivimos todo o Evanxeo, porque en cada palabra
súa El se dá completamente, vén El mesmo a
vivir en nós.
É como unha pinga de
sabedoría divinado Resucitado que
lentamente penetra e
substitúe o noso modo de pensar, de querer e de
obraren todas
as circunstanciasda vida.
«Señor, onda quen imos ir? «Señor, onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna» Ti tes palabras de vida eterna»
(Xn 6,68).
““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,
Texto de: Chiara Lubich, publicado en marzo de 2003.
Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,
Texto de: Chiara Lubich, publicado en marzo de 2003.
Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é
“A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:
“Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que
lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se
proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.
Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús!
e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.
“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así nos
evanxelizaremos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico:
[email protected]). GRAZAS.