proxecto matemático

3
PROXECTO MATEMÁTICO: As matemáticas e o deporte As temidas matemáticas teñen que deixar de ter esa consideración. Para iso, imos de vez en cando realizar pequenos proxectos, ou tarefas integradas, onde buscaremos a presenza e relación das matemáticas con algunha temática próxima aos nenos e nenas. Desta vez tócalle ao deporte. Parece fácil, non si? Pois imos establecer uns puntos a ter en conta para o noso traballiño. Cada un escollerá un deporte. Deberá informarse, sobre todo, de datos numéricos: o Medidas do campo. o Número de xogadores. o Tempos de xogo. o Puntuacións no xogo. o Figuras xeométricas no lugar de xogo (campo, pista, tramo…). o Récords. o Xeometría do material empregado: balón, vallas, bicicleta, raqueta… Tamén se pode averiguar o gasto enerxético en diversas actividades deportivas. http://www.sectormatematica.cl/deportes/gasto_calorico.htm l Procurarase que haxa 21 deportes. Cada alumno/a traballará sobre un. Entre a diversidade de prácticas deportivas, podemos optar por: o Natación (libres, sinconizada…) o Esquí (acuático, neve) o Baloncesto. o Balonmán. o Fútbol (sala, praia) o Tenis (en pista, de mesa) o Ciclismo (contrarreloxo, de montaña…) o Hockei (na herba, en pista, con patíns, en xeo) o Halterofilia.

Upload: amtaboada

Post on 10-Feb-2017

325 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Proxecto matemático

PROXECTO MATEMÁTICO: As matemáticas e o deporte

As temidas matemáticas teñen que deixar de ter esa consideración. Para iso, imos de vez en cando realizar pequenos proxectos, ou tarefas integradas, onde buscaremos a presenza e relación das matemáticas con algunha temática próxima aos nenos e nenas.

Desta vez tócalle ao deporte. Parece fácil, non si?

Pois imos establecer uns puntos a ter en conta para o noso traballiño.

Cada un escollerá un deporte. Deberá informarse, sobre todo, de datos numéricos:

o Medidas do campo.o Número de xogadores.o Tempos de xogo.o Puntuacións no xogo.o Figuras xeométricas no lugar de xogo (campo, pista, tramo…).o Récords.o Xeometría do material empregado: balón, vallas, bicicleta, raqueta…

Tamén se pode averiguar o gasto enerxético en diversas actividades deportivas. http://www.sectormatematica.cl/deportes/gasto_calorico.html

Procurarase que haxa 21 deportes. Cada alumno/a traballará sobre un.

Entre a diversidade de prácticas deportivas, podemos optar por:

o Natación (libres, sinconizada…)

o Esquí (acuático, neve)o Baloncesto.o Balonmán.o Fútbol (sala, praia)o Tenis (en pista, de mesa)o Ciclismo (contrarreloxo,

de montaña…)o Hockei (na herba, en pista,

con patíns, en xeo)o Halterofilia.o Atletismo (salto de

lonxitude, salto de altura, lanzamento de disco, xabalina, carreira…)

o Artes marciais: kung fu, taekwondo, iudo…)

o Patinaxe.o Bádminton.o Xadrez.o Boxeo.o Beisbol.o Hípica.o Petanca.o Piragüismo.o Rugbi.o Tiro con arco.o Surf.o Triatlón.o Vela.o Voleibol.o Waterpolo.o Esgrima.o Golf.

A listaxe é moi longa, podedes decidirvos por algún que non apareza.

Se varios nenos/as elixen o mesmo deporte, procederemos ao desempate.

Page 2: Proxecto matemático

O traballo debe cumprir cos seguintes apartados :

Portada. Imaxes e/ou debuxos. Información solicitada. Boa presentación.

Non hai unha extensión establecida. É o primeiro traballo escrito que van presentar.

Os obxectivos que se persiguen con esta actividade son:

Buscar información (empregando as TIC e outras fontes directas e indirectas) Seleccionar a relevante e organizala coherentemente. Obter conclusións. Comunicar oralmente e por escrito. Atender ás intervencións dos e das demais, sen interromper. Expresarse cunha pronuncia e dicción correctas. Presentar os traballos atendendo ás pautas proporcionadas, con orde, estrutura e

limpeza.

Calquera dúbida, consultade coa titora, Belén.

Ánimo!!