proxecto lector ceip porto-cabeiro

44
PROXECTO LECTOR DE CENTRO CURSO 2.009 – 2.010 CEIP PORTO CABEIRO VILAR – REDONDELA

Upload: ceip-porto-cabeiro

Post on 21-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

PROXECTO LECTOR ELABORADO POLO CEIP PORTO-CABEIRO.

TRANSCRIPT

Page 1: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

CURSO 2.009 – 2.010

CEIP PORTO CABEIRO VILAR – REDONDELA

Page 2: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

2

ÍNDICE:

1.- INTRODUCIÓN: A RAZÓN DE SER DO PROXECTO LECTOR DE CENTRO. 2.- FASES NA ELABORACIÓN DO PROXECTO LECTOR. 2.1.- Fase previa de motivación. 2.2.- Fase de elaboración do Proxecto. 2.3.- Fase de desenvolvemento. 2.4.- Fase de Avaliación. 3.- ANÁLISE DA SITUACIÓN DA LECTURA NO CEIP PORTOCABEIRO: 3.1.- Situación actual: Enquisas ao profesorado e alumnado 3.2.- Prácticas lectoras e de escrita do alumnado. 3.3.- Avances e dificultades. 3.4.- Análise e metodoloxías empregadas. 3.5.- Recursos materiais e humanos: - Biblioteca Escolar - Necesidades de formación do profesorado neste ámbito. 4.- OBXECTIVOS, FUNDAMENTOS E ORGANIZACIÓN: 4.1.- Obxectivos para a formación de lector@s competentes. 4.2.- Creación e consolidación de hábitos de lectura. 4.3.- Competencia literaria. 4.4.- Lectura de todo tipo de textos en todo tipo de soportes. 4.5.- Guía da Biblioteca: Creación de ambientes lectores. 5.- SISTEMATIZACIÓN DE ACTUACIÓNS: 5.1.- Plan Anual da Biblioteca Escolar. Implicación das familias e do contorno e integración das TIC. 5.2.- Actividades de comprensión lectora en todas as áreas. 5.3.- Fomento da lectura en todas as áreas. 5.4.- Actividades de educación documental.

Page 3: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

3

1.- INTRODUCIÓN: A RAZÓN DE SER DO PROXECTO LECTOR DE CENTRO. O Proxecto Lector de Centro é o documento que integra todas as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. Procura a adquisición das competencias básicas, especialmente: - A comunicación lingüística. - O tratamento da información e a competencia dixital. - A competencia cultural e artística. - A competencia para aprender a aprender. A L.O.E., nos seus artigos 19.2/24.7/25.5, establece a obrigatoriedade de que a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual e as tecnoloxías da comunicación e da información se traballen en todas as áreas. E no seu artigo 19.3 recolle que se dedique un tempo diario á lectura para procurar o seu fomento. O Decreto 130/2007, do 28 de xuño, establece o currículo da Educación Primaria en Galicia, e no seu artigo 6º manifesta que, “coa finalidade de fomentar o hábito da lectura, os Centros elaborarán e aplicarán un Proxecto Lector, asegurándose como mínimo media hora diaria”. A lectura é unha actividade fundamental tanto nas diversas etapas educativas como na vida cotiá. Coa adquisición de hábitos lectores o alumnado desenvolve as súas capacidades cognitivas e mellora a súa vida social. Adquire habilidades que se poden desenvolver nun conxunto de esferas complementarias que podemos describir: a.- Dimensión formativa: O coñecemento humano baséase na “intelixencia lingüística”. O coñecemento da lecto-escritura dota dunhas competencias instrumentais que permiten afondar en todo tipo de coñecementos. b.- Dimensión social: O ser humano vive nun mundo de signos. A lectura e a escritura forman parte da realidade cotiá. c.- Dimensión cívica: A lectura amplía a nosa visión do mundo e con ela a nosa capacidade de elixir. d.- Dimensión lúdica: O bo/a lector/a establece unha comunicación activa, dialoga cos textos, reflexiona sobre os mesmos; durante a lectura convértese en co-creador/a, enriquece o seu tempo libre. É unha alternativa de lecer que concibe a lectura como unha ventá aberta a “mundos posibles” e permite gozar dunha das actividades humanas máis pracenteiras. e.- Dimensión estética: Por medio da lectura, o/a neno/a define os seus gustos e desenvolve a súa sensibilidade.

Page 4: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

4

O noso Proxecto Lector considerará a lectura en toda a súa amplitude: a lectura para aprender, para facer un resume, para resolver un problema, para confeccionar un traballo, para buscar datos, e tamén a lectura pracenteira que ten como único obxectivo o goce dun texto literario. 2.- FASES NA ELABORACIÓN DO PROXECTO LECTOR. No noso Proxecto Lector podemos concretar diversas fases: As primeiras corresponderanlle ao Equipo da Biblioteca e as últimas desenvolveranse na actividade diaria das aulas. Podemos citar as seguintes Fases:

- Fase previa de motivación. - Fase de elaboración do Proxecto. - Fase de desenvolvemento. - Fase de avaliación.

2.1.- Fase previa de motivación. * Co intercambio de experiencias, a través da información do que fan os distintos Ciclos e que está recollido no seus respectivos Plans Anuais de Lectura. * Coas achegas doutros documentos referidos ao fomento da lectura aportados por Ciclos, Departamentos e polo Equipo de Biblioteca do Centro. * Co coñecemento doutros Proxectos Lectores de Centros. * Co acceso á bibliografía sobre o tema. 2.2.- Fase de elaboración do Proxecto. O noso Proxecto Lector de Centro foi elaborado, no seu primeiro borrador, polo Equipo de Biblioteca e posteriormente participou na súa redacción todo o profesorado do Centro, a través dos: * Equipos de Ciclo. * Departamento de Orientación. * Equipo de Normalización Lingüística. * A Comunidade Escolar, a través das propostas dos seus representantes no Consello Escolar. A coordinación do Proxecto Lector correspondeulle á persoa dinamizadora da Biblioteca Escolar; a supervisión, á Comisión de Coordinación Pedagóxica; a aprobación ao Claustro e ao Consello Escolar. Pretendemos que o noso Proxecto Lector:

• Responda ás necesidades do alumnado do Centro e da Comunidade Educativa.

• Tome como punto de partida o que xa se está a facer.

Page 5: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

5

• Sexa consensuado polo profesorado das distintas áreas e ciclos, para que as actividades previstas se integren nas diferentes programacións.

• Facilite o traballo docente. O Proxecto ten en conta os seguintes aspectos: * O currículo: tratamento da lectura na programación das distintas áreas. * Os enfoques didácticos e a organización escolar. * Os contidos a desenvolver no tempo específico da “hora de lectura”. * As Bibliotecas de Centro e de Aulas. * O contexto familiar e social: actuacións coas familias e colaboración con outras Institucións (Bibliotecas Municipais...). * As novas tecnoloxías da información e da comunicación. 2.3.- Fase de desenvolvemento. O Proxecto Lector desenvolverase anualmente, a través do Plan Anual de Lectura que se inclúe na Programación Xeral Anual. Dende a aula, co apoio do Equipo de Biblioteca, trátase de: * Concretar obxectivos. * Organizar espazos e tempos para a lectura. * Dinamizar a Biblioteca de Centro e das aulas. * Deseñar actividades para a “Hora da Biblioteca” e para a “Hora de Ler”. * Deseñar itinerarios lectores. * Facer campañas de lectura. * Programar actividades puntuais: obradoiros, exposicións, concursos, encontros con autor@s, celebracións (Día da Biblioteca Escolar, Día do Libro, Día da Paz, Día da Muller Traballadora, Día das Letras Galegas...). * Procurar recursos e materiais. * Ler en familia: actividades para a implicación das familias. * Seguimento e Avaliación. De calquera xeito consideramos que unha transmisión paulatina do gusto por ler debe contemplar aspectos afectivos e intelectuais, xa que o descubrimento do pracer lector ten que se basear en procedementos lúdicos e creativos que eviten a tentación imperativa. Preocúpanos compartir e transmitir o pracer da lectura e ser sensibles aos valores que irradian os textos para incentivar a reflexión e o espírito crítico. Queremos promover a participación mediante estratexias lúdicas que activen a imaxinación e xerar ambientes que faciliten esta tarefa. Partimos, para iso, dos gustos e intereses do alumnado procurando vencer obstáculos como poden ser: os contextos familiares que vivan de costas á lectura; o “tópico” que considera a lectura como seria e aburrida, que non distrae e que

Page 6: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

6

obriga a pensar; a propensión do alumnado a asociar os libros con traballos e deberes, ou a tendencia a automatizar as habelencias na lecto - escritura que desatenden a vertente comprensiva. 2.4.- Fase de Avaliación Levarase a cabo unha avaliación continua dos progresos e das dificultades, da posta en marcha do Proxecto e das súas concrecións nos Plans Anuais de Lectura. O Equipo de Biblioteca recollerá información entre o profesorado sobre o desenvolvemento do PLC nas distintas aulas, concretando aspectos que haxa que revisar e propostas de mellora. A posta en marcha deste Proxecto Lector considerarase positiva se é quen de garantir: - O uso da lectura comprensiva e expresiva como ferramenta de aprendizaxe en calquera tipo de textos. - O uso privado da lectura como un medio para satisfacer os intereses persoais no tempo de lecer. - O uso da escritura como instrumento para realizar as creacións propias. - O uso das novas tecnoloxías da información en todas as áreas. - A capacidade de facer traballos documentais seguindo pautas. - O coñecemento dos procesos habituais de consulta e catalogación. 3.- ANÁLISE DA SITUACIÓN DA LECTURA NO CEIP PORTOCABEIRO: 3.1.- Situación actual: Enquisas ao profesorado e alumnado. Para partirmos da nosa realidade comezamos esta análise pasando un cuestionario ao profesorado e ao alumnado (a partir de terceiro de Primaria) sobre a práctica lectora no Centro (Anexos 1 e 2). Analizados os resultados das enquisas podemos extraer as seguintes conclusións:

- En xeral, en todas as aulas de Infantil e Primaria, trabállase de xeito permanente a oralidade, habendo unha interacción lingüística continua a través de distintas actividades segundo a idade do alumnado (asemblea, conversas, comentarios de láminas, explicacións, debates, exposicións orais...)

- En canto á lectura, faise de xeito individual e colectivo diariamente en todas as clases (lectura nos libros de texto, libros específicos de lectura, enunciados de exercicios e problemas, esquemas e resumes de textos lidos...). Hai que salientar que o 82% do alumnado manifesta que nalgúns momentos ten problemas de comprensión e un 50% recoñece que ten dificultades para facer resumes.

Page 7: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

7

- Competencia en comunicación lingüística: En xeral, na fala, o alumnado emprega a lingua castelá, aínda que, na lectura, a competencia é moi semellante nas dúas linguas.

- Experiencias literarias: Todas as clases dispoñen dunha Biblioteca de Aula e a maioría do alumnado inclínase por ler Literatura Infantil e Xuvenil (Os Bolechas, Kika Superbruxa...), habendo tamén grande interese polos cómics.

Á pregunta de se a lectura está entre as súas afeccións, o 56% do alumnado responde afirmativamente. O 63% que respondeu á enquisa utiliza habitualmente a Biblioteca Escolar, participando no préstamo de libros un 60%. O 70% manifesta adicar menos dunha hora á semana á lectura por gusto e o 40% adica só unha hora semanal á lectura para o estudo. Pretendemos mellorar sensiblemente estas porcentaxes, partindo da consideración de que é un obxectivo factible, posto que só desde o curso 2009/10 funciona e organiza actividades a Biblioteca Escolar, pechada ata o de agora (e desde hai varios cursos) por mor da realización de obras en todo o Centro. - Tecido sociocultural: Nas enquisas reflíctese que a meirande

parte das familias (80%) mércanlles libros aos seus fillos/as, aínda que unicamente o 48% dos pais/nais, segundo manifesta o alumnado, le con regularidade. No tocante ao uso das novas tecnoloxías, o 80% manifesta que non utiliza internet para facer traballos escolares. Unicamente o 15% do alumnado é socio doutras Bibliotecas Públicas.

A apertura da Biblioteca á súa utilización por parte das familias (incluíndo as novas tecnoloxías das que dispón), é unha das medidas coas que se intenta mellorar a situación actual. 3.2.- Prácticas lectoras e de escrita do alumnado. Dende o principio da escolarización en primaria, as prácticas lectoras e escritoras do alumnado constitúen unha das nosas prioridades. Ao avaliar os obxectivos propostos en relación á escritura e á lectura pode constatarse que a súa mecánica e instrumentalización en xeral conséguese con certa facilidade, mais non é así cando nos referimos á comprensión, produción de textos e, en definitiva, uso funcional da linguaxe nos diferentes soportes. 3.3.- Avances e dificultades. O PLC é un proxecto global que pretende desenvolver a competencia lectora e literaria, educar no uso crítico da información, fomentar os hábitos de lectura e, en definitiva, apoiar a adquisición das competencias básicas, xa que: - A lectura é unha competencia básica na sociedade actual.

Page 8: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

8

- Hai unha clara conciencia social de que é necesario mellorar a competencia lectora. Consideramos que, no noso Colexio, o alumnado se achega a lectura, en liñas xerais, con grandes expectativas, que nalgúns casos se ven frustradas ao tempo que aparecen as primeiras dificultades. É polo que concluímos que o proceso lector require de moita práctica e constancia. Como dato positivo importante podemos dicir que, no 1º trimestre do curso 2009/10, unha vez reaberta a Biblioteca Escolar, fixéronse un total de 250 préstamos ao alumnado, sendo as súas instalacións moi usadas no tempo dos recreos, sobre todo polo alumnado dos primeiros cursos de primaria. Con respecto ás dificultades, estas son maiores a medida que aumenta a idade dos nenos/as: As carencias na comprensión lectora, na atención e a falta de práctica fan que o proceso lingüístico camiñe con eivas. Outra dificultade, referida á Biblioteca, é a falta de amplitude dos diferentes espazos creados: TIC, audiovisuais, lectura individual, zona de traballo, espazo de infantil, etc. o que obrigou, por exemplo a situar os fondos para adultos noutra zona do Colexio.

3.4.- Análise e metodoloxías empregadas. Pretendemos sistematizar todas as accións que levamos a cabo dende a Biblioteca Escolar e dende as aulas para mellorar a competencia lectora. O traballo a desenvolver a prol da lectura comprensiva ten que ser progresivo e continuado. Usaremos todo tipo de textos: literarios, narrativos, xornalísticos, publicitarios, gráficos...; en soporte impreso ou electrónico. Ensinaranse estratexias de comprensión lectora en todas e cada unha das áreas educativas a partir dun documento elaborado polo Departamento de Orientación no curso 2008/ 09: ACTIVIDADES DE MELLORA DA COMPRENSIÓN: AS PALABRAS. Temos que dicir que as actividades que propoñemos debemos facelas primeiro de forma oral e logo, naqueles niveles que sexa adecuado, de forma escrita. A filosofía que hai detrás destas actividades é a de desmenuzar primeiro todo o texto para despois poder chegar á comprensión total da proposta. Comprensión oral: 1.- As palabras que han de ser lidas comprensivamente deben ser comprendidas antes a nivel oral ( estudo do vocabulario, palabras que non sabemos o seu significado...).É recomendable comezar con aquelas palabras que o neno/a xa comprende a nivel oral ou que forman parte do seu vocabulario usual.

Page 9: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

9

2.- Nos niveis máis baixos de comprensión lectora son necesarias as axudas visuais como debuxos asociados ás palabras, ditado de debuxos, substituír un debuxo pola palabra representativa... 3.- De xeito inmediato, cando unha palabra é comprendida de forma illada, debe ser incluída nunha frase coa fin de vincular esta fase da comprensión coa seguinte. 4.- Saber os déficits que están na base das dificultades comprensivas que presenta o alumno/a. Se hai un déficit de memoria visual ou auditiva as actividades débense centrar nese aspecto.Por exemplo: 4.1.- Recoñecer unha palabra que non pertence á serie que se dita. 4.2.- Enumerar palabras que pertencen a unha categoría. 4.3.- Asociar palabras aos debuxos correspondentes. 4.4.- Xerar familias de palabras. 4.5.- Localizar auditiva e visualmente as palabras máis usuais. 4.6.- Comprender o significado das palabras máis usuais, expresadas de forma oral. 4.7.- Unir palabras escritas e os seus correspondentes significados. 4.8.- Dicir frases a partir dunha palabra coñecida. 4.9.- Completar unha frase á que lle falta unha palabra. 1.- Actividades de recoñecemento auditivo das palabras. 1.- Recoñecemento dunha palabra que pertence a unha categoría e que se dixo dentro dunha serie ( Dentro da serie “ papoula, burro, mono, vermello, xasmín, oso, azucena...” o alumno/a deberá recoñecer a cor que se dixo nesa serie). 2.- Recoñecemento dunha palabra que non pertence á serie que se está a dicir ( Que palabra non pertence á serie de flores: “papoula, caravel, rosa, home, xasmín, azucena...). 3.- Realización de correspondencias orais, de maneira que o profesor/a di unha palabra e o alumno/a deberá dicir o feminino. Pódese facer con diminutivos, plurais... 4.- Enumeración de palabras que pertencen a unha categoría dada ( Dicir animais...). 5.- Realización de correspondencias con antónimos e sinónimos dunha palabra dada. 6.- Completar unha frase á que lle falta unha palabra ( Oralmente). 7.- Terminación de frases xa iniciadas ( “ O sol sae de día e a lúa sae de...). 8.- Definición funcional dunha palabra dada ( O profesor/a di “garfo” e os alumnos/as deberán dicir que é e para que se usa). 9.- “Adiviñación” da palabra que corresponde coa función que explica o profesor/a ou un alumno/a.

Page 10: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

10

10.- Xeración de analoxías ( O mestre/a di “ a cabeza témola arriba e os pés témolos...). 2.- Actividades de recoñecemento visual das palabras. 1.- Localización dentro dunha lista dunha palabra, en concreto da que dixemos o significado ou a súa función. 2.- Asociación de columnas de palabras cos seus debuxos correspondentes. 3.- Asociación de palabras con outra que teña relación (Por exemplo: árbores cos seus froitos, profesións e produtos...). 4.- Asociar as palabras cos seus sinónimos, os seus antónimos, coas súas derivadas... 5.- Localización das palabras que forman parte dunha mesma categoría (Que palabras das seguintes son árbores: rosa, amendoeira, oliveira, oliva, mono, vermello, piñeiro, piña...). 3.- Actividades de completar palabras e frases. 1.- Substitución do debuxo que se atopa nunha frase pola palabra que lle corresponde. 2.- Completar palabras ás que lles falta unha letra ou sílaba. 3.- Localización da palabra ( dunha lista) que falta nunha frase. 4.- Finalización dunha frase xa iniciada e á que lle falta unha palabra. 5.- Completar unha frase á que lle falta unha palabra. 4.- Actividades de comprensión de contrarios e os iguais. 1.- Asociación de dúas columnas de palabras, nunha das cales se atopan palabras e na outra os seus sinónimos. 2.- O mesmo exercicio anterior pero con antónimos. 3.- Escribir, sobre unha columna de palabras, outra columna con sinónimos. 4.- O mesmo pero escribindo antónimos. 5.- Realizar xogos con antónimos e sinónimos, como pode ser o tenis de palabras. 5.- Actividades de asociación de significante e significado. 1.- Emparellamento dunha lista de palabras cunha columna de debuxos. 2.- Escribir a palabra correspondente a un debuxo. 3.- Establecemento de correspondencias entre un debuxo e unha palabra. 4.- Busca do significado dunha palabra no dicionario.

Page 11: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

11

5.- Realización de ditados de palabras de maneira que o mestre/a non ditará palabras senón que ensinará debuxos e o alumnado escribirá a palabra correspondente. 6.- Escritura de frases a partir dunha palabra dita polo profesor/a ou por un compañeiro/a. 6.- Actividades de xeración de palabras. 1.- Dada unha serie de palabras, escribir ou dicir palabras que teñan relación con ela. 2.- Xerar unha ou máis palabras, de forma oral ou por escrito, que comecen pola mesma sílaba ou letra que unha dada. 3.- Buscar palabras que rematen pola mesma letra ou sílaba. 4.- Dicir ou escribir palabras que reflictan ou manifesten estados de ánimo, sentimentos. 5.- Xeración de palabras derivadas dunha dada. 6.- Continuación, de forma oral, dunha serie de palabras que previamente iniciou o profesor/a. 7.- Xogos de comprensión lectora. 1.- Adiviña que é: O profesor/a definirá ou explicará a función que exerce esa palabra e o alumnado terá que adiviñala. 2.- Acerta o contrario: O mestre/a dirá unha palabra e o alumno/a deberá dicir a palabra que signifique o contrario. 3.- Os fillos/as desta palabra son... : O profesor/a dirá unha palabra e o alumnado deberá ir dicindo palabras que teñan relación. 4.- Busca o erro: O profesor/a dirá unha frase na que existe un erro e o neno/a deberá localizalo e corrixilo no seu caderno. 5.- Que lle corresponde? O profesor/a pode dicir un oficio e o alumno/a deberá dicir o que fan, ferramentas que utilizan... Igualmente pódese aplicar ao xénero,ao número... 3.5.- Recursos materiais e humanos: - Biblioteca Escolar: Facendo un pouco de historia, hai que dicir que o CEIP foi obxecto, durante todo o curso 2006/07, dunha fonda remodelación, que mesmo continuou nese verán e ata o comezo do curso 2007/08, remodelación contemplada en dúas fases de actuación, das que a primeira afectou ao edificio principal onde se atopan as aulas e outras dependencias administrativas e educativas, entre as que está a Biblioteca Escolar. Isto obrigou a gardar en caixas, durante o período mencionado anteriormente, todo o material do Centro, incluído o da Biblioteca, para evitar o seu deterioro durante o tempo que durasen as obras,

Page 12: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

12

que se desenvolveron á par da actividade escolar, o que obrigou a pechar certas dependencias, entre as que estaba a citada Biblioteca. Algúns dos materiais quedaron gardados nun almacén anexo ao edificio escolar ata ben avanzado o curso 2007/08, xa que a prioridade, claro está, era impartir as clases. Segundo as necesidades de servizo do Centro, íanse desembalando as caixas e devolvendo as súas pertenzas ás distintas dependencias. É polo que, a Biblioteca permaneceu sen funcionar un tempo durante o curso 2007/08, á espera de poder trasladar e desembalar o material e colocar, tanto o mobiliario como os fondos bibliográficos. Ao principio do 2º trimestre dese mesmo curso, empezou a funcionar, se ben nunhas condicións precarias. Ao comezo do curso 2008/09 fíxose patente a necesidade de acometer unha profunda reorganización da Biblioteca, non só para distribuír de xeito máis racional os espazos e os fondos, senón tamén para incorporar o material que a esas alturas aínda permanecía gardado nunhas corenta caixas. É polo que, na Programación Xeral Anual dese curso, se recolleu a necesidade de crear un Equipo de Biblioteca e de proceder ao seu peche durante o tempo necesario para acometer a tarefa de pór en marcha unha xestión centralizada de todos os seus fondos e unha organización que permitise o seu aproveitamento por parte de toda a Comunidade Escolar. Esta necesidade foi subscrita polo Consello Escolar do Centro, nun desexo, non só de volver á “normalidade” anterior, interrompida polas obras, senón de dar ese pulo necesario para conseguir os obxectivos que marca a LOE. Durante o tempo que a Biblioteca tivo que permanecer pechada decidiuse dinamizar as Bibliotecas de Aula, que podían coller préstamos da Central. A Biblioteca reabriuse parcialmente, cunha serie de actividades, no mes de abril de 2009, aproveitando a celebración da Semana do Libro. A partir do curso 2009/10 consideramos a situación da Biblioteca Escolar plenamente normalizada. Contamos con algúns máis de cinco mil exemplares como fondo, perfectamente catalogados e a disposición de toda a Comunidade Educativa. Queda por realizar a informatización de todos os fondos, para o que se usará o Programa Meiga. Respecto aos recursos humanos, hai un Equipo de Biblioteca integrado por representantes de todos os ciclos e unha persoa responsable/dinamizadora que leva a coordinación dese Equipo. - Necesidades de formación do profesorado neste ámbito. Existe unha predisposición, por parte do profesorado en xeral e do que se ocupa da Biblioteca en particular, de tentar mellorar a súa formación a través de distintos cursos propostos, ben polo CEFORE, ben cursos de PLATEGA de formación on-line.

Page 13: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

13

Coa chegada de novo profesorado ao Centro no inicio de cada curso académico, coidamos que sería preciso, durante a primeira quincena de setembro, realizar algunha sesión de formación de usuarios, coa fin de coñecer e saber utilizar a Biblioteca Escolar e poderlle quitar o maior rendemento posible de cara á cada titoría e cada aula. 4.- OBXECTIVOS, FUNDAMENTOS E ORGANIZACIÓN: 4.1.- Obxectivos para a formación de lector@s competentes: A finalidade principal do Plan Lector ten que ser fomentar o hábito e o gusto pola lectura e conseguir formar lector@s competentes que teñan unha serie de habilidades como: - Empregar os coñecementos previos para lle dar sentido á lectura. - Dirixir de xeito autónomo a súa lectura: Lectura silenciosa, lectura en voz alta, rápida, selectiva, lenta... e para facelo por pracer, por deber, por interese, por necesidade... - Recoñecer diferentes tipos de textos escritos: Textos literarios, científicos, técnicos, descritivos... - Ser capaz de ler en diferentes soportes: Xornais, enciclopedias, monitores de ordenador... - Empregar estratexias para acadaren a comprensión: revisión, insistencia. - Distinguir o importante do que non o é. - Resumir o lido como estratexia de comprensión. - Realizar inferencias: comprensión de termos polo contexto. - Realizar preguntas sobre o lido. Obxectivos xerais do Plan Lector:

- Potenciar a comprensión lectora desde todas as áreas do currículo.

- Aumentar o interese do alumnado pola lectura como un elemento de goce persoal.

- Fomentar, a través da lectura, unha actitude reflexiva e crítica sobre o contorno e sobre o mundo.

- Incorporar as TICs ao día a día do Centro, de xeito que o alumnado aprenda, de xeito crítico, a súa utilización nos diversos ámbitos.

- Potenciar actividades de escrita de diferentes textos en diferentes soportes, así como a procura de documentos para a elaboración de traballos.

Obxectivos da hora semanal da Biblioteca e da “Hora de ler”:

- Mellorar a expresión oral. - Ler de xeito expresivo.

Page 14: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

14

- Desenvolver estratexias para ler coa fluidez e a entoación axeitadas.

- Utilizar a lectura como medio para ampliar o vocabulario e fixar a ortografía correctamente.

- Comprender distintos tipos de textos. - Usar a lectura comprensiva como ferramenta para obter

información de distintas fontes. - Acceder ao descubrimento de distintos mundos: físicos, de

pensamento ou imaxinación. - Desenvolver habilidades de lectura crítica. - Ler de xeito autónomo e con asiduidade. - Aprezar o valor dos textos literarios e utilizar a lectura como

fonte de gozo e información. - Desenvolver actitudes positivas cara ao uso da lectura no

tempo de lecer. - Utilizar as ferramentas e recursos da Biblioteca Escolar. - Establecer, a través da escritura, unha vía de diálogo con

outr@s lector@s. - Usar as TIC como fonte de consulta e medio de expresión. - Realizar tarefas de investigación e elaboración de traballos

documentais. - Participar de xeito activo na dinámica do Centro.

Obxectivos da Biblioteca Escolar:

A).- OBXECTIVOS XERAIS 1.- Consolidar un Plan anual de fomento da lectura e do uso da Biblioteca a través da:

- Creación e consolidación de hábitos de lectura e de escritura mediante a selección de textos que se adecúen aos intereses e coñecementos do alumnado.

- Promoción da lectura como fonte de aprendizaxe, información e pracer para educar nunha utilización saudable do tempo de lecer.

- Lectura como técnica instrumental para adquirir as competencias nas áreas do currículo.

- Asimilación de estratexias de comprensión lectora (reler, consultar dicionarios, comentar impresións, dialogar sobre o lido, preguntar dúbidas, redactar resumes...).

- Exercitar a lectura expresiva (adecuando ritmo, entoación, pronunciación...).

- Afondamento no dominio das linguas, nas súas estructuras e destrezas básicas (escoitar, falar, ler, escribir...) para que o alumnado non teña dificultades de comprensión lectora.

- Afianzamento da sensibilidade, a imaxinación e a creatividade mediante a lectura.

- Animación á produción propia de textos sinxelos.

Page 15: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

15

- Lectura como medio para a adquisición de actitudes e valores persoais. 2.- Apoiar os programas de ensino - aprendizaxe, procurando metodoloxías educativas activas e cooperativas que fomenten unha aprendizaxe autónoma. 3.- Asegurar o acceso igualitario de todos/as os/as usuarios/as aos diferentes servizos e recursos. 4.- Axudar ao alumnado a manexar os diferentes soportes documentais: educación documental. 5.- Apoiar ao alumnado con necesidades educativas específicas. 6.- Instaurar a figura do bibliotecario/a como responsable - dinamizador do Equipo da Biblioteca que coordinará aos restantes membros do mesmo, coas súas competencias e horario. Asemade coordinará o deseño e posta en práctica do Proxecto Lector de Centro. 7.- Abrir a Biblioteca do CEIP á toda a comunidade educativa para uso e goce xeral, relacionándose co contorno social e cultural e colaborando con outras Institucións (Bibliotecas Municipais) así como comunicándose coas Bibliotecas doutros Centros Educativos aproveitando as novas tecnoloxías da comunicación. 8.- Facer partícipes ás familias co obxectivo de relacionar a lectura e a vida cotiá, evitando relegala ao ámbito escolar. 9.- Continuar co proceso de informatización e catalogación dos fondos que se vaian incorporando cada ano. 10.- Integrar as TIC na recollida e tratamento da información. B).- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: 1.- Vivir a Biblioteca como lugar de encontro cos libros e co resto da Comunidade Educativa. 2.- Crear un entorno axeitado para que o alumnado sinta o desexo e a motivación de ler e perciba a lectura como un acto de pracer ao mesmo tempo que unha necesidade. 3.- Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe ter na Biblioteca. 4.- Familiarizarse coa organización dos fondos e de todos os materiais, sendo capaces de buscar, organizar e aproveitar a información dispoñible, de acordo co nivel do alumnado. 5.- Iniciar ao alumnado no funcionamento e organización da Biblioteca para que poidan participar voluntariamente en tarefas de axuda. 6.- Espertar e expandir o gusto pola lectura, organizando todo tipo de actividades na procura da súa promoción.

Page 16: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

16

4.2.- Creación e consolidación de hábitos de lectura. Propoñemos os seguintes obxectivos, contidos e actividades de acordo coas idades do alumnado, etapas e ciclos educativos:

NIVEL

PERÍODO

APRENDIZAXE

CONSOLIDACIÓN

FUNCIONALIDADE

IDADE

3 - 5 ANOS

6 – 7 ANOS

8 – 9 ANOS

10 – 11 ANOS

PERÍODO

E. INFANTIL

E. PRIMARIA

E. PRIMARIA

E. PRIMARIA

CICLO

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO

OBXECTIVOS

Sensibilizar

Aprendizaxe lectora

Consolidación da aprendizaxe

lectora. Adquisición do hábito lector.

Consolidación de

capacidades. Funcionalidade

lectora.

CONTIDOS

Coñecer a súa

existencia. Pre requisito

de maduración

lectora

Capacitación

lectora: Decodificación e identificación

ideográfica.

Consolidación

das capacidades lectoras.

Estratexias comprensivas

Integración do contido literario

ACTIVIDADES

Integración social e

madurativa. Lúdicas con

textos.

Lecturas acompañadas en voz alta: entoación.

Pronunciación e comprensión de

textos.

Lectura: Entoación.

Capacidade de comprensión,

fluidez, memoria. Xogos de lectura.

Animación á lectura.

Actividades lectoras que permitan a

estruturación do pensamento para a comprensión. Ampliación de coñecementos

literarios. Actividades de

expresión literaria persoal.

Para consolidar os hábitos de lectura é necesario tempo e constancia; por iso debemos aproveitar todas as ocasións posibles para animar a ler. Para conseguilo estableceremos unha serie de textos de lectura obrigada en cada Ciclo a xeito de “itinerarios lectores” (Anexo 3).

Page 17: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

17

En Educación Infantil lévase a cabo un plan de estimulación á lectura o máis precoz posible, xa que o amor aos libros é a maior fiestra á cultura, xa que, canto antes se produza o salto de “querer saber ler” a “querer ler”, antes se iniciará o percorrido cara a unha lectura crítica, comprensiva e pracenteira. Desenvólvense distintos tipos de actividades, algunhas de realización diaria e outras ocasionais:

- Obradoiro de poesía, aprendendo a facer poesía a partir de palabras aportadas nos distintos centros de interese.

- Xornadas de poesía de intercambio cos nenos/as do Primeiro Ciclo de Primaria: memorización de breves poemas e recitado.

- Sistematización do proceso da “hora do conto”, coas fases de motivación, observación (portada, encadernación, autor/a...), presentación ou lectura propiamente dita e fase de actividades posteriores (diferenciación ou invención de cubertas, reconstrución do conto traballando a orde temporal, realización con plastilina de obxectos ou personaxes do conto, realización de murais, memorización de cancións...)

- Outras persoas contan contos: pais, nais, avós, outros mestres, outros alumnos/as maiores, ou os propios nenos/as...

- Votación e reconto democrático de votos dos resultados á pregunta: Que conto contamos hoxe?, a elixir entre dous títulos.

- Cada neno/a trae un conto da casa: lese, fotocópiase a cuberta, pónselle título, e con todos, formamos un “conto de contos”, que pasará á Biblioteca de Aula.

- Redacción e ilustración dun conto creado entre todos/as. - Asistencia a unha audición e/ou visionado de “contacontos”. - Programas de vídeos de contos para ordenador. - Utilización do guiñol para a dramatización de contos. - Uso das novas tecnoloxías para presentar contos gráficos e

poesías en “power point”. - Decoración da aula con personaxes de contos tradicionais. - Participación en propostas que impliquen a exercitación

“literaria”. - Audición e memorización de poesías, adiviñas, refráns... - Confección dunha carta e escritura de receitas de cociña. - Narración ordenada de vivencias e/ou historias disparatadas. - Creación de pareados cos nomes de compañeiros/as. - Xogos nos que é preciso ler para realizalos (sopa de letras...) - Lectura de novas dos xornais pola profesora e confección

ilustrada das mesmas para a aula e para o taboleiro do Centro. - Participación na revista do Centro “As nosas cousas”. - Creación dunha panxoliña de felicitación do Nadal con toda a

Escola para ser enviada por internet a outros Colexios da zona. - Funcionamento dinámico da Biblioteca de Aula, con libros para

levar para a casa.

Page 18: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

18

No Primeiro Ciclo de Primaria as lecturas deben ser sinxelas, con letra grande e frases curtas. Empezaremos a traballar a lectura expresiva para identificar e pronunciar correctamente os sons, respectar as pausas marcadas por puntos e comas, distinguir as frases enunciativas das exclamativas e interrogativas e os diálogos da narración. É dicir, as habelencias que permiten comprender o sentido global do lido, recoñecer os seus protagonistas, secuenciar accións (introdución, nó, desenlace), compartir opinións, enriquecer o vocabulario, escribir oracións simples. Unha vez que os nen@s se manexen ben na lectura mecánica, propoñemos consolidar os recursos asimilados e incidir na comprensión lectora; tamén se poden realizar debuxos para non esquecer a importancia das ilustracións. Os maiores xa poden facer fichas do libro: Título, editorial, autor/a, ilustrador/a... Tanto no primeiro como no segundo e terceiro Ciclos, todos os días hai un momento específico de lectura, a decidir por cada titoría en función do seu horario: “A Hora de ler”, cunha duración de quince minutos aproximadamente durante os cales alumnado e profesorado estarán lendo en silencio, gozando da lectura. Cada neno/a escolle a lectura que quere realizar ou tamén se pode facer lectura colectiva segundo instrucións do mestre/a. Polo Nadal, cada nen@ merca un libro do mesmo título (por ciclo ou curso) para facer lectura colectiva nas clases e actividades conxuntas de comprensión. Todos os cursos traballan cos xornais para elaborar un “Taboleiro de novas” exposto no recibidor do colexio. Ditos traballos coas súas ilustracións son a base para a edición da Revista Escolar do noso Centro, actividade que pretende fomentar a creatividade e o traballo en grupo. No terceiro ciclo, coincidindo coas vacacións de Nadal e Semana Santa, o alumnado leva un libro da Biblioteca de Aula para a súa casa para ler e facer un traballo previamente establecido segundo unha ficha (Anexo 4). A continuación facemos unha suxestión de actividades de motivación lectora que se poden desenvolver nas aulas: - Dramatización de contos, poemas, lecturas: Preténdese vivenciar as lecturas e traballar a comunicación non verbal. - Composición de adiviñas: Familiarizar aos nenos/as coas adiviñas populares e ser quen de crear outras novas. - Comentarios de finais alternativos: Para potenciar a imaxinación e a actitude crítica ideando desenlaces diferentes para unha historia e comentar que implica un final ou outro. - Álbum de imaxes (Debuxando escenas de lecturas): Identificar personaxes e accións e relacionar texto e imaxe. - Antoloxía de poemas (Elaborar un caderno con poemas seleccionados ou escritos polo alumnado con ilustracións propias): Desenvolver o gusto estético.

Page 19: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

19

- Quen é quen? (Un alumno/a pensa nun personaxe e formula preguntas para adiviñalo): Estimular a memoria, a atención e a comprensión lectora. - Poemas colectivos (Listado de palabras que rimen e compóñense frases con elas): Ampliar vocabulario e desenvolver a imaxinación. - Escritura colectiva de contos: Traballar a imaxinación creativa en grupo. BIBLIOTECAS DE AULA: No noso Centro funcionan en cada unha das clases. Están fornecidas con libros mercados co orzamento do Centro, pedíndolles tamén ás familias que cada alumno/a traia un libro de lectura da súa casa, que permanecerá na aula durante o curso escolar. Cada titor/a tamén pode coller libros da Biblioteca Escolar en réxime de empréstito. As Bibliotecas de aula, funcionan de xeitos diversos, podendo levar o alumnado libros para as súas casas. Propoñemos a posibilidade de realizar actividades sobre os libros lidos, como poden ser: - Cubrir a ficha do libro: autor/a, título, editorial... - Descrición e/ou debuxo dos personaxes. - Resume do libro xeral ou por capítulos. - Xogos de comprensión: ler catro ou cinco liñas e recoñecer o libro lido; ler un diálogo, omitindo os personaxes, para saber de que libro se trata... - Elaboración dun catálogo de libros da biblioteca de aula para promover o seu uso. - O taboleiro dos lectores/as, exposto na corcheira da aula para expresar os gustos propios, facer comentarios de lecturas... - Cargo rotatorio de bibliotecario/a para fomentar a responsabilidade e o coidado dos libros comúns. 4.3.- Competencia literaria. Ademais da competencia lectora, tamén procuraremos que o noso alumnado adquira certa competencia literaria, formando lectores literarios: nenos e nenos que gozan dos libros, en especial da narrativa, da poesía, do teatro, da ficción... Queremos acadar os seguintes obxectivos:

- Ler Literatura polo pracer de ler. - Ler Literatura para realizar determinadas tarefas para traballar

contidos curriculares. - Traballar diversos tipos de textos.

Pensamos que para conseguir estes obxectivos é conveniente determinar unha lista de textos en cada Ciclo: Son os “itinerarios lectores”, unha selección de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función dos obxectivos

Page 20: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

20

recollidos neste Proxecto Lector. Esta listaxe pode ser aberta, cunha duración media de dous anos. (Ver Anexo 3). 4.4.- Lectura de todo tipo de textos en todo tipo de soportes. O noso alumnado vai precisar ao longo da súa vida ser lector/a competente en calquera tipo de soporte. Deberá ser quen de manexar unha páxina web, de facer un uso axeitado de internet, de blogs... Para iso, ademais do horario específico de informática, parécenos moi importante que todas as aulas teñan un equipo informático no que os/as nenos/as poidan aumentar a súa competencia lecto – escritora escribindo, lendo, corrixindo... Evidentemente, este é un obxectivo que se tentará conseguir a medio prazo. Con relación aos textos, usaremos distintos tipos segundo os diferentes niveis: narracións, poemas, cancións, cómics, gráficos, textos informativos, esquemáticos, xornalísticos, publicitarios... para aprender os distintos códigos: escritos, visuais, sonoros, etc. 4.5.- Guía da Biblioteca: Creación de ambientes lectores. Para posibilitar a existencia de ambientes lectores, que favorezan o achegamento aos libros, necesitamos fixar espazos e tempos que o propicien: Polo tanto, na Biblioteca Escolar, cada curso disporá dunha hora á semana para esta fin. Na aula, dentro do horario lectivo, tamén se fixará un tempo de quince minutos para a lectura, a maiores da práctica diaria que se realice dentro das distintas materias do currículo. O horario da Biblioteca é ininterrompido durante o período lectivo e, no tempo do recreo, está atendida pola persoa responsable da mesma para a realización dos préstamos dos fondos. O alumnado de E. Infantil pode coller libros na hora que o seu curso ten asignada. A Biblioteca Escolar estará aberta, ademais, os luns, mércores, xoves e venres, inicialmente de 16 a 17 horas, para as familias, que poden vir cos seus fillos/as e para ex-alumnos/as do Centro. O horario, para o curso 2.009/10 é: SESIÓNS LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

3ª SEXTO A CUARTO TERCEIRO SEXTO B

4ª ATENCIÓN BIBLIOTECA

ATENCIÓN BIBLIOTECA

QUINTO ATENCIÓN BIBLIOTECA

ATENCIÓN BIBLIOTECA

5ª SEGUNDO INFANTIL 4 ANOS

INFANTIL 5 ANOS

INFANTIL 3 ANOS

PRIMEIRO

Page 21: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

21

GUÍA DA BIBLIOTECA: Documento aprobado no Curso 2009/10 dentro da Programación Xeral Anual. USUARIOS: Son usuarios da B.E. todos os alumnos e alumnas do Centro, o profesorado, os pais e nais do alumnado e os ex-alumnos/as do mesmo. O único requisito para que os usuarios/as poidan darse de alta na B.E. é estar en posesión do carné da Biblioteca. O alumnado obtén o carné directamente, dende o momento en que pertence ao Centro. Os pais, nais e ex-alumnos/as teñen que solicitalo á B.E. Os carnés do alumnado gárdanse na Biblioteca, ao finalizar o curso. O resto dos usuarios o manteñen na súa posesión. ESPAZOS: Na nosa B.E. contamos coas seguintes zonas ou espazos:

A) Zona de xestión e préstamo. B) Zona de lectura para o alumnado de primaria. C) Zona de consulta. D) Zona de traballo en equipo. E) Zona de lectura para os máis pequenos. F) Zona de consulta por ordenador. G) Expositor de novidades e exposicións temáticas. H) Zona de material audiovisual: cds e dvds (audio, vídeo, libro

CD). I) Zona de publicacións periódicas. J) Zona de lecturas colectivas e de lecturas noutros idiomas. K) Corcheira de novas. l) Zona de libros para adultos (fóra do espazo da Biblioteca)

SERVIZOS:

A B.E. ofrece a todos os seus usuarios/as diversos servizos: A) Lectura. B) Consulta. C) Préstamo individual. D) Préstamos ás aulas. E) Acceso a Internet. F) Visionado de vídeos e DVDs...

RECURSOS MATERIAIS:

A) FONDOS: Ata o momento a B.E. conta con algo máis de 5000 fondos

rexistrados. Estes fondos inclúen: * libros de lectura ou ficción. * cómics. * libros de consulta e divulgación.

Page 22: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

22

* dicionarios e enciclopedias. * libros e material didáctico (na sala de profesores). * material de produción propia. * publicacións periódicas. * películas en vídeo e en DVD. * cd (na aula de música) B) MOBILIARIO: * 8 mesas de traballo en grupo e/ou individual. * 2 mesas para ordenadores de usuarios. * 1 mesa - mostrador para xestión e préstamo. * 1 mesa – carro para a devolución de libros. * 1 arquivador-expositor de publicacións periódicas. * 3 estanterías-expositores de películas. * 1 expositor de novidades e temáticas. * 3 estanterías para os máis cativos/as.

* 6 estanterías para libros de consulta e enciclopedias. * 1 estantería para lecturas colectivas. * 1 estantería para traballos de elaboración propia. * 4 estanterías para libros de lectura de primaria. * 2 estanterías para libros de adultos (na planta baixa do Centro).

C) EQUIPOS TIC * 1 ordenador para xestión e préstamo * 2 ordenadores para consulta. * 1 impresora multifunción. * 1 televisión con vídeo e DVD. RECURSOS HUMANOS. A B.E. conta cunha persoa responsable da mesma e que

ademais coordina o EQUIPO da BIBLIOTECA. Este equipo é o encargado de: * Organización e xestión da B.E. * Elaborar un proxecto anual da B.E. e a súa memoria. *Programar, elaborar e informar das actividades de

dinamización. * Difundir os fondos e recursos da B.E. * Atender o servizo de préstamo. * Asesorar ao profesorado nas tarefas de animación e fomento

da lectura, formación de usuarios e educación documental. A Biblioteca conta ademais cun grupo de alumnado colaborador

de 5º e 6º de primaria, que axuda ao profesorado encargado nas tarefas de xestión do préstamo durante os recreos.

Page 23: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

23

HORARIOS: A B.E. está aberta todos os días, de luns a venres, durante o

horario lectivo: de 9 h. ás 14 h., para o alumnado e profesorado e polas tardes (non sendo os martes), en horario extraescolar, de 16:00 a 17:00, para toda a comunidade educativa.

Cada curso conta cunha hora semanal para acudir á Biblioteca. Durante esta hora estarán acompañados polo seu titor/a e nela poden realizar actividades de animación á lectura, lectura, consulta, etc.

A B.E. está tamén aberta durante os recreos atendida por profesorado responsable da mesma. Durante este horario realízanse os préstamos.

O/A responsable da B.E. conta ademais cun horario específico para a atención e organización da mesma.

Existe tamén un horario de atención no recreo do equipo de alumnos colaboradores.

ORGANIZACIÓN DOS FONDOS: Cada volume leva adosada unha “etiqueta branca de posición”

que indica o seu lugar na biblioteca (moble, andel e nº de orde no andel). Para os lectores/as de primaria, nos andeis de lingua castelá hai un distintivo amarelo, nos de lingua galega, azul claro e nos de lectura colectiva, publicacións periódicas, traballos propios, materiais audiovisuais, coleccións e cómics, o distintivo é verde. Os lectores/as de infantil teñen o seu propio recanto.

a) Sección Infantil/Xuvenil: Os libros de lectura e ficción se catalogan por idades, marcados

con etiquetas de cores: � Etiqueta azul: prelectores, de 3 a 6 anos (Ed. Infantil). � Etiqueta vermella: primeiros lectores, de 6 a 9 anos (1º, 2º

Ciclo de Primaria). � Etiqueta verde: lectores autónomos, 9 a 12 anos ( 2º, 3º

Ciclo de Primaria). � Etiqueta amarela: lectores adultos. (Familias) b) Libros de consulta e divulgación: Non teñen etiqueta de cor, mais manteñen a “etiqueta de

posición”. Os dicionarios e enciclopedias non se prestan. c) Outro material: As revistas, películas, CD, etc. están colocados en mobles

específicos e facilmente recoñecibles, marcados co xa citado distintivo verde.

Page 24: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

24

PRÉSTAMO: Os usuarios/as deben contar cun carné de Biblioteca para poder

acceder ao servizo de préstamos e cunha carpeta específica para transportar os libros.

O préstamo na nosa B.E. estará xestionado mediante o Programa Meiga, no que figurarán todos os datos dos fondos e dos usuarios da B.E.

O préstamo é realizado polo profesorado responsable e por alumnado colaborador.

Cada usuario da B.E. debe facerse responsable dos fondos que leva, coidando o material e devolvéndoo nas mesmas condicións. Se algún usuario estraga ou extravía un libro, deberá repoñelo mercando un exemplar igual. a) Préstamo individual:

Todos os usuarios da B.E. poden utilizar o servizo de préstamo, utilizando o carné da Biblioteca.

O número de fondos que cada usuario pode levar prestado é de 1 exemplar.

Os fondos prestados poden ser libros de lectura, de divulgación ou publicacións periódicas. Non se prestan os dicionarios, as enciclopedias, os libros de consulta, os de coleccións nin as “novidades recentísimas”.

A duración do préstamo é de 15 días, prorrogables outros 15 previa petición expresa. Mentres non estea operativo o sistema de empréstitos utilizando o Proxecto Meiga, farase un rexistro en papel.

b) Préstamo ás aulas: A selección dos fondos é feita polo titor/a e a duración deste

empréstito será tamén de 15 días, prorrogables por outros 15 segundo as necesidades da aula.

Existe un rexistro en papel dos fondos prestados ás aulas. c) Préstamo nos recreos: O alumnado acode co seu carné e solicita á persoa responsable

da biblioteca o préstamo do libro elixido. O carné queda no arquivo da biblioteca. Se xa ten un libro emprestado, debe necesariamente entregalo e recuperar o seu carné antes de coller outro. O profesorado e alumnado colaborador encargarase de todo o proceso.

* O alumnado de E. Infantil pode retirar os libros, acompañado pola súa titora, na hora semanal asignada á súa aula.

d) Préstamo ás familias: As familias poderán, presentando o seu carné, retirar libros

identificados co distintivo de adultos, nas mesmas condicións que o alumnado e no horario xa especificado anteriormente.

Page 25: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

25

NORMAS: Na biblioteca pódense facer moitas actividades: ler, consultar,

utilizar internet, coller libros en préstamo... Facer todo isto implica cumprir unha serie de normas para o bo

funcionamento da biblioteca: - Estar en silencio ou falar, se é necesario, cun ton axeitado

para non molestar aos demais. - Coidar os libros e o material, que son de todos e todas. - Deixar os libros do préstamo dentro da mesa - carro colocada

ao efecto. - Non se poderá merendar na biblioteca. - Deixar todo recollido antes de saír, incluídos libros ou outro

material e cadeiras. * Os días de choiva, nos que non se poida saír ao exterior no recreo, a biblioteca estará aberta para préstamos e para o uso dos ordenadores solicitado previamente, mais non para ningunha outra actividade de lectura ou consulta. USO DOS ORDENADORES: Na Biblioteca hai, de momento, tres ordenadores, un deles para

a xestión exclusiva da mesma polo profesorado responsable e os outros dous para o uso dos usuarios/as.

Estes últimos poden ser utilizados para consultar enciclopedias, buscar información en internet, realizar traballos de clase ou de investigación e visitar web e xogos educativos.

Pódese facer uso dos ordenadores durante o horario da biblioteca sempre que estea un profesor presente, ben sexa o titor/a ou o profesorado do equipo da biblioteca.

Non se poden usar os ordenadores para chatear ou mandar mensaxes.

Para usar o ordenador hai que anotarse nas follas que hai no mostrador da biblioteca. Cada día pódense anotar catro alumnos (dous por cada un dos ordenadores). De non poder usalo, o día que ten reservado, o alumno/a comunicarallo aos responsables da biblioteca para que poidan avisar ao seguinte usuario da lista.

Para usar estes servizos terá que estar presente sempre un profesor/a. 5.- SISTEMATIZACIÓN DE ACTUACIÓNS: 5.1.- Plan Anual da Biblioteca Escolar. Implicación das familias e do contorno e integración das TIC. Cómpre sistematizar as actividades que, ao longo de todo un curso, e desde a Biblioteca, se van realizar para a dinamización da lectura. Para iso, cada ano académico se incluirá na Programación Xeral Anual, un Plan para a Biblioteca escolar que desenvolverá actividades arredor dun Proxecto que será definido curso a curso.

Page 26: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

26

Desenvólvese a continuación o Plan Anual da Biblioteca Escolar para o curso 2.009/10, que, mesmo suxeito a variacións en anos sucesivos, manterá, non obstante, os seus eixes fundamentais.

PLAN ANUAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR “Unha morea de contos”

INTRODUCIÓN: O Proxecto que aquí se presenta nace para ser posto en marcha neste curso 2009/10 e con vocación de continuidade nos cursos posteriores, e tenta elaborar un Plan de Centro para o funcionamento e utilización da Biblioteca Escolar, cunha xestión centralizada de todos os fondos documentais e unha organización que permita o seu aproveitamento por parte de toda a Comunidade Educativa. A xustificación desde Proxecto ven dada pola necesidade de potenciar a Biblioteca Escolar como instrumento fundamental cara á formación integral do alumnado e mesmo de toda a comunidade, necesidade recollida na propia lexislación educativa vixente: - A Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación que, no seu artigo 113 fai unha mención específica das Bibliotecas Escolares. - O Decreto 130/2007 do 28 de xuño, que regula as ensinanzas de Educación primaria, e que recolle que a utilización dos recursos da Biblioteca Escolar supón un importante factor para o logro da competencia en comunicación lingüística, para aprender a aprender, para a competencia no tratamento da información e para a competencia cultural e artística, sendo un recurso moi útil tamén na adquisición das restantes competencias básicas. Este decreto, que facemos noso e asumimos totalmente por recoller as inquedanzas do noso Centro, manifesta que a Biblioteca Escolar é un instrumento imprescindible para a posta en práctica do Proxecto Lector, polo que será un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe. Asemade, a Biblioteca servirá de canle para a integración das tecnoloxías da información e ofrecerá a posibilidade de acceso igualitario aos bens culturais, actuando como axente de compensación social. É un espazo privilexiado para o achegamento á lectura pracenteira de textos literarios e informativos, sexan en formato impreso, audiovisual ou multimedia, e para a adquisición paulatina do hábito lector. Para conseguir acadar os obxectivos marcados pola antedita lexislación pretendemos que a nosa Biblioteca cumpra as seguintes funcións: a.- Catalogar e organizar todos os recursos para que estean ao alcance tanto do alumnado, como do profesorado e das familias. Iniciarase o seu proceso de informatización, que facilitará o seu uso, coa idea de completalo no primeiro ano de vixencia deste proxecto. b.- Apertura diaria da Biblioteca durante os recreos e nun horario dunha hora á semana como mínimo por cada curso para a

Page 27: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

27

realización de empréstitos, procura de información, realización de traballos, utilización de medios audiovisuais, etc. c.- Difundir, entre todos os membros da Comunidade Educativa, información para satisfacer as distintas necesidades culturais, curriculares, pedagóxicas, etc. d.- Gardar todo tipo de traballos, revistas escolares e outras publicacións confeccionadas pola Comunidade Escolar e por outros Centros do Concello de Redondela. e.- Desenvolver todo tipo de actividades que fomenten a lectura. ACTUACIÓNS POR TRIMESTRES. a) Xestión técnica e organización: 1º TRIMESTRE

- Iniciar a informatización dos fondos e rexistralos na base de datos do programa MEIGA. - Confección do horario (semanal) para todos os

cursos, para os préstamos e para a celebración de actividades conxuntas.

- Establecemento das condicións para os préstamos persoais e de aula.

- Elaboración dos carnés de lector/a e distribución entre o alumnado, familias e ex-alumnos/as.

- Publicación dunha guía informativa sobre o uso da Biblioteca destinada á Comunidade Educativa en xeral.

- Confección dun calendario de actividades relacionadas coas distintas celebracións escolares ao longo do curso: Día das Bibliotecas, Magosto, Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día da Muller traballadora, Día Mundial da Poesía, Día do Libro, Letras Galegas...

- Elección de motivos decorativos para ambientar a Biblioteca.

- Priorización das necesidades e adquisición de fondos.

- Forrado e catalogación de novos fondos que se adquiran.

2º TRIMESTRE

- Avaliación das actividades desenvolvidas no 1º Trimestre e análise das conclusións.

- Seguir coa catalogación e informatización na base de datos MEIGA.

- Participación en actividades externas: Visita a unha Biblioteca Pública do contorno.

- Aumentar o nº de ordenadores para os usuarios/as.

Page 28: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

28

3º TRIMESTRE

- Avaliación das actividades desenvolvidas no 2º Trimestre e posibles reaxustes.

- Seguir coa catalogación dos materiais e co seu rexistro informatizado.

- Participación en actividades propostas desde a escola ou desde organismos externos.

- Avaliación dos resultados, realización da Memoria e propostas para o curso seguinte.

b.- Dinamización: 1º e 2º

TRIMESTRE 1º e 2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

FORMACIÓN DE USUARIOS

* Contacto inicial coa Biblioteca. * Normas de uso e colaboración. * Familiarizarse co código de cores e cos espazos . * Traballar o respecto á Biblioteca.

* Formación do alumnado de sexto nivel para as tarefas de axuda. * Elaboración de guías de uso. * Traballar como desenvolverse nunha Biblioteca Pública.

* Colaboración do alumnado de quinto nivel no préstamo. * Afondar no respecto e coidado da Biblioteca.

TRIMESTRE 2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

EDUCACIÓN PARA O ACCESO Á INFORMACIÓN

* Sistemas e métodos de consulta. * Selección da información: Técnicas de resume.

* Practicamos a busca de información para a realización de traballos. * Traballamos cos portais de Internet.

* Traballos de investigación. * O correo electrónico. * Comunicación entre Centros.

Page 29: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

29

1º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

PROXECTO LECTOR E FOMENTO DA LECTURA. O elemento aglutinador das actividades de dinamización será “UNHA MOREA DE CONTOS”.

* Traballamos coa prensa: taboleiro de novas. * Contos clásicos da Literatura universal. * Lectura en voz alta e expresión plástica. *Guías lectura. * Contacontos.

* Traballamos coa prensa. * Contos populares galegos e do mundo *Contacontos: os nosos maiores. *Lectura en voz alta e expresión plástica. * Día Mundial da Poesía: Creación e exposición de Poesías hiperbreves

* Traballamos coa prensa. * Divulgamos contos inventados polo alumnado do Centro. * Elaboramos contos novos. *Recitais poéticos. * Lectura en voz alta e expresión plástica. * Encontros con autores/as: Traballo sobre eles/as.

1º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

APOIO AO ESTUDO E COMPENSACIÓN DESIGUALDA- DES SOCIAIS

* Apertura tardes. * Contactos coas familias. * Motivación e asesoramento para os préstamos.

* Horario tardes. *Invitación familias uso recursos da Biblioteca. *Uso de internet polas familias.

* Horario tardes. * Axuda para uso dos recursos. *Asesoramento nas lecturas.

O Esquema anterior non é máis que un resume das moitas actividades que queremos desenvolver desde a Biblioteca e das que facemos unha relación máis detallada a continuación: • Publicidade dos fondos da Biblioteca e do seu

aproveitamento pedagóxico: - Edición e distribución dos carnés entre os /as usuarios /as.

- Elaboración de normas de uso da Biblioteca: Editar unha guía de uso (ANEXO 5).

- Reapertura no curso 2009/10: o 24 de outubro (Día Mundial das Bibliotecas).

- Establecemento dun proxecto de información bibliotecaria, publicando unha folla informativa coas novas adquisicións,

Page 30: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

30

actividades que se van desenvolver, etc., para colocar no taboleiro da Biblioteca e repartir entre as distintas aulas. (Buscar un lugar nas cortizas das aulas e no Taboleiro de Noticias do recibidor para a información da Biblioteca).

- Establecemento dun horario de apertura da Biblioteca: Permanecerá aberta durante o horario escolar, reservándose, polo menos, unha hora semanal para cada clase. Tamén se contemplarán tempos para o reagrupamento entre cursos, co fin de levar adiante charlas, proxeccións, obradoiros... Polas tardes, a Biblioteca estará aberta ao resto da Comunidade Educativa os luns, mércores, xoves e venres en horario de catro a cinco. É importantísima a implicación das familias, para que o acto de ler se asocie a moitas tarefas diarias e para que na casa exista unha biblioteca doméstica que permita que o fomento da lectura non se limite ao ámbito escolar. Pais e nais deben ter presente que son modelos de conduta para os seus fillos. Se os nenos/as os ven ler será máis doado que valoren a lectura como algo positivo.

Cada ano repartirase, entre as familias do alumnado de nova matriculación, unha carta, “A FAMILIA PROPICIADORA DA LECTURA-IDEAS PARA QUE OS FILLOS/AS SE ACHEGUEN AOS LIBROS”, para implicalas no proceso lector dos seus fill@s (ver Anexo 6). Outra iniciativa nese sentido será a das “MOCHILAS VIAXEIRAS”, con diversos fondos documentais, axeitados a distintas idades que irá casa por casa para voltar despois ao Colexio. (Ver Anexo 7).

- Realización de actividades para a aprendizaxe do uso de dicionarios, enciclopedias, atlas e outras obras de consulta.

- Utilización das novas tecnoloxías como medio de acceso á información.

- Programa de formación de usuarios, adaptado a cada ciclo educativo:

Para todos os cursos: - Visitas en grupos á Biblioteca para coñecer o seu

funcionamento. - Realizar prácticas sobre a disposición dos libros nos diferentes mobles e andeis para buscar e atopar documentos concretos. - Manexo da información nos distintos soportes en que se

atopa. Para Educación Infantil:

- Explicar que é unha Biblioteca. Esta experiencia pódese realizar montando a propia biblioteca de aula. - Buscar libros sobre un tema: Os libros poden deixarse expostos riba das mesas da Biblioteca, logo, pedirlles aos nenos/as que debuxen o que máis lles gustou.

Page 31: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

31

Para Primeiro Ciclo de Primaria: - Explicar que é unha Biblioteca. O mesmo que en Infantil pódese realizar esta actividade montando a biblioteca de aula. - Pódese visitar unha Biblioteca Pública e unha librería. - Buscar libros sobre un determinado tema. O alumnado pode debuxar portadas alternativas das diferentes obras e, segundo a súa competencia lectora, completar fichas elaboradas polo profesorado encamiñadas a manexar índices, editoriais, nº de páxinas, autor/a, etc.

Para Segundo Ciclo de Primaria: - Coñecer a Biblioteca e manexar libros. - Buscar información sobre diferentes temas,completando fichas máis amplas e traballando pequenos resumes.

Para Terceiro Ciclo de Primaria: - Coñecer a Biblioteca e manexar libros.

- Recompilar información sobre temas traballados nas diferentes áreas do currículo. - Buscar bibliografía sobre determinados temas propostos, en equipos ou grupos de traballo.

• Actividades de animación á lectura: - Lecturas individuais e lecturas compartidas. - Lecturas de imaxes secuenciadas. - Lecturas e narracións orais para os máis cativos. - Xogos de lectura e presentación de letras co ordenador. - Exposición de libros e guías de lectura. - Presentación de novidades bibliográficas ou libros de temática

específica. - Colocación no taboleiro de información literaria que se atope

nos xornais, revistas, etc. - Catálogos de distintas editoriais. - Listas de libros por idades. - A hora do conto. Traballar o seu contido facendo

dramatizacións. - Utilización dos “maiores” como contacontos puntuais. - Confeccionar listas dos libros máis lidos ou que máis gustan. As

listas, colocadas no taboleiro, poden ir acompañadas de comentarios voluntarios do alumnado.

- Concursos participativos de portadas de libros, carteis relacionados coa lectura, murais literarios.

- Librofórum: Charlas e debates sobre libros lidos. - Encontros con autores/as e/ou ilustradores/as. - Dramatización de pequenas obras de teatro ou marionetas. - Obradoiros de cómics, poesía... - A Revista Escolar. - Traballos sobre as noticias dos xornais ou revistas. Elaboración

dun taboleiro de novas.

Page 32: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

32

- Celebración do Día das Bibliotecas e do Día do Libro con actividades específicas.

- Creación dos “Clubs de Lectura”, que é unha actividade de animación dirixida ao alumnado de Primaria. Podémolos agrupar por temáticas: misterio e aventura, humor, contos, poesía... As actividades do Club poden ser: poñerlle un nome e crear unha mascota que o identifique; elixir o libro para ler e comentar posteriormente no Club; asistir ás reunións fixadas normalmente en horario de recreo...

• Utilización das TIC na Biblioteca:

- Informatización da Biblioteca mediante o programa MEIGA, empregando os programas de rexistro, catalogación, empréstitos, devolucións...

- Incentivar a utilización dos ordenadores como ferramenta didáctica.

- Usar programas informáticos que axuden á aprendizaxe lecto - escritora.

- Uso pedagóxico de internet como fonte de información. - Emprego dos buscadores e navegación por páxinas web. - Utilización do correo electrónico. - Celebración do “Día de Internet”, mandando correos

electrónicos a outros Centros cos que se manteña algún tipo de vínculo.

- Recomendación para que a Comunidade Educativa empregue e consulte a páxina da Biblioteca de Redondela www.biblioteca.redondela.es. e outras.

Outros:

- Participación da responsable da Biblioteca e outro profesorado do equipo de apoio en actividades de formación específica.

- Colaboración coa Biblioteca Pública de referencia así como con outras do Municipio.

- Publicitar unha relación de servizos ofrecidos pola Biblioteca e o seu posible uso por distintos sectores da Comunidade Educativa.

- Elaboración, por parte do Equipo de Biblioteca, dun plan de adquisicións, escoitando as suxestións e atendendo as necesidades dos diversos ciclos e departamentos do Centro. Consultaranse as orientacións da “Guía para a selección de materiais para as Bibliotecas Escolares de Infantil e Primaria”, que está no Portal Educativo (Sección Bibliotecas Escolares) e no enderezo www.edu.xunta.es/biblioteca.

ORGANIZACIÓN:

Para a consecución de todos os obxectivos propostos, está constituído un Equipo de Biblioteca formado por unha profesora como responsable-dinamizadora e outro profesorado de apoio pertencente

Page 33: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

33

aos distintos ciclos e departamentos do Centro. Para a súa coordinación este Equipo manterá, como mínimo, unha reunión trimestral ademais dunha ao comezo e outra ao remate do curso; as súas decisións ou acordos seranlles comunicados ao Claustro. Contará, o Equipo de Biblioteca, co apoio de alumnado voluntario do terceiro ciclo de primaria, que será instruído para desenvolver eses labores de apoio. (Ver Anexo 8)

PROCEDEMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Ao remate do curso 2009/010, concretaremos a avaliación final do cumprimento do proxecto nunha Memoria tomando as pertinentes decisións para manter ou modificar o planeamento do seguinte curso. A avaliación terá un carácter continuo e, a tal fin, o Equipo de Biblioteca reunirase cando menos unha vez por trimestre, para facer balance das actuacións, e estudar a posible introdución de modificacións, facendo partícipe dos resultados ao Claustro de Profesores e, no seu día, ao Consello Escolar. O Proxecto avaliarase a través da observación e da toma de datos que se realicen de cada unha das actividades desenvolvidas. Por exemplo, enquisas dos libros máis atractivos para o alumnado, cómputos de préstamos mensuais por cursos e temas, confección de listas dos libros máis lidos... Tamén se farán enquisas e cuestionarios aos usuarios/as da Biblioteca para determinar o grao de satisfacción dos mesmos/as e atender posibles suxestións de mellora. Os criterios de avaliación serán:

- Existencia dun profesor/a que exerza a función de responsable da Biblioteca, con dedicación horaria suficiente, apoiado por un equipo de entre o profesorado.

- Grao de colaboración dos alumnos /as na organización da Biblioteca.

- Melloras conseguidas no mobiliario. - Nivel de utilidade e aproveitamento dos distintos espazos

proxectados. - Inventario e catalogación de todos os recursos da Biblioteca,

mesmo que estean situados noutras dependencias escolares. - Grao de cumprimento do rexistro de libros e usuarios/as

empregando o programa MEIGA. - Grao de formación dos usuarios/as e de competencia para a

correcta utilización de todo o material da Biblioteca. - Nivel de posta en práctica de actividades de animación,

comprobando as melloras nos hábitos lectores do alumnado. - Nivel de utilización da Biblioteca polo alumnado e tamén polas

familias. - Grao de satisfacción dos usuarios/as con respecto á Biblioteca.

Page 34: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

34

5.2.- Actividades de comprensión lectora en todas as áreas. Para a comprensión dos textos escritos cómpre ter en conta:

- O coñecemento previo que nos permite comprender un texto lido.

- Os obxectivos ou intencións da lectura. - A actividade ten que ter sentido: a lectura dun texto terá

sentido para un lector/a se o seu contido conecta cos seus intereses e se a tarefa responde a unha finalidade.

Antes da lectura

- Activar o coñecemento previo sobre o que se vai ler. - Establecer predicións sobre o texto. - Fomentar as preguntas sobre o texto.

Durante a lectura

- Lectura individual e silenciosa previa a calquera actividade de lectura expresiva.

- Lectura exemplificadora do profesor/a. - Formular predicións sobre o texto que se está a ler. - Facerse preguntas sobre o que se leu. - Aclarar dúbidas sobre o texto. - Resumir ideas do texto. - Textos con erros, para identificar. - Textos con lagoas, para completar. - Completar textos, engadir finais, reescritura segundo diversos

criterios.

Despois da lectura - Idea principal. - Elaboración de resumes. - Formulación de preguntas. - Ensinar a formular e responder preguntas sobre un texto é

unha estratexia esencial para unha lectura activa: preguntas de resposta literal; preguntas para “pensar”; preguntas de elaboración persoal...

- Actividades que fomenten a creatividade e o pensamento diverxente.

- Actividades que formen lector@s crític@s. - Actividades que desenvolvan a afectividade.

5.3.- Fomento da lectura en todas as áreas. Ademais das xa especificadas noutros apartados anteriores, propoñemos algunhas outras actividades para fomentar a lectura en todas as áreas:

- Consolidación de mecanismos lectores: vocabulario e correspondencia grafo-fónica.

Page 35: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

35

- Lectura de textos narrativos: lectura de imaxes, ampliación de vocabulario, textos con lagoas, cuestionarios de lectura silenciosa, ordenación de frases e parágrafos...

- Lectura de textos explicativos e descritivos: memorización, inferencia, completar debuxos explicativos, clasificación de datos, execución de instrucións...

- Lectura de investigación sobre situacións matemáticas: comparación lóxica de imaxes, interpretar listados, correspondencia gráfico – debuxo, explicar por partes o enunciado, cuestionario a partir do enunciado, completar enunciados, interpretar planos...

- Lectura de táboas: construír táboas, completar táboas con datos, interpretar táboas, identificar erros...

- Lectura en voz alta: fonetización de sons, erradicar rasgos silábicos, poesía (ritmo), fábula (xesticulación), resume comentado...

5.4.- Actividades de educación documental. A elaboración de traballos de investigación documental constitúe unha grande oportunidade de traballar moitas competencias lingüísticas, preparando ao alumnado para o reto de “aprender a aprender”. A procura e selección de información require o uso de múltiples habilidades: analizar as necesidades, localizar os materiais e seleccionalos, analizar os contidos e extraer o máis interesante, organizar a información que imos usar e presentala. É polo que nos parece interesante potenciar as actividades de procura documental, cando menos no terceiro Ciclo de Primaria. Podemos orientar ao noso alumnado para unha correcta elaboración deste tipo de traballos: a) Establecer con exactitude que se quere investigar: O profesorado ten que establecer con claridade o que quere que sexa investigado e deberá aportar unha bibliografía básica para a elaboración, así como páxinas web que puidesen servir. Pode tamén achegar un esquema para que o alumnado teña unha guía para a confección do traballo. b) Procura e selección da información documental: O alumnado deberá procurar nos andeis da Biblioteca ou na rede os documentos que lle poidan ser máis útiles. Elixirá os documentos máis axeitados. c) Obtención da información: O alumnado terá que ler os documentos, seleccionar a información e tomar notas para unha posterior elaboración, o que resulta fundamental para a selección dos contidos máis relevantes dos documentos.

Page 36: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

36

d) Síntese da información: As informacións recollidas terán que ser resumidas e organizadas dun xeito lóxico. e) Presentación da información: Haberá que escoller, en cada caso, entre distintos tipos de presentacións posibles: exposicións orais, escritas, paneis informativos, montaxes audiovisuais... No caso de optar por un traballo escrito, este deberá ter unha presentación axeitada: deberá presentarse cunha portada, na que se indique o autor/a, título e data; tamén debería ter un índice ou sumario onde se vexa a súa estrutura e os puntos abordados; o desenvolvemento do traballo e, por último, deberá aparecer a bibliografía e as fontes documentais consultadas.

Page 37: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

37

ANEXO 1

ELEMENTOS DE AVALIACIÓN

REALIDADE DO CENTRO. CICLOS

PROPOSTAS PARA MELLORAR

1.- Oralidade Tempo adicado a falar, explicar, preguntar, debatir… cos nenos/as

2.- Metodoloxía. Como se ensina a ler? Utilización de preguntas orais ou escritas de comprensión dun texto, fichas, cadernos…

3.- Tipoloxía de textos. Tipos e variedade de materiais para a práctica lecto-escritora en todas as áreas (libros de texto, cadernos, fichas…)

4.- Educación documental. Lectura e escritura doutros textos e noutros formatos: imaxes, gráficos, xornais, murais TICs…

5.- Recursos. Materiais e humanos. Utilización da Biblioteca escolar, de aula, xornais, aula de informática e outros recursos.

6.- Agrupamentos. Individualmente, pequeno grupo, gran grupo…

7.- Itinerarios lectores. Libros de lectura que se aconsellan ler en cada nivel.

8.- Familias. Implicación das familias no desenvolvemento das competencias lingüísticas.

Page 38: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

38

ANEXO 2                       BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO

CUESTIONARIO PARA O ALUMNADO

1. Vas normalmente á Biblioteca do colexio? ….................... 2. Levas libros prestados da biblioteca? …………………………… 3. Es socio dalgunha biblioteca pública? ………………………… 4. Canto tempo dedicas semanalmente a ler por gusto? ….. ………………………………………………………………………………….. 5. Canto tempo dedicas semanalmente a ler para estudar? …………………………………………………………………………………. 6. Que tipo de libros les? Cómis/tebeos ……………………… De consulta ………………….. De literatura infantil e xuvenil …………………………………. 7. A quen consultas para que te suxiran lecturas? …………… ………………………………………………………………………………….. 8. Canto tempo dedicas ao día a ver TV …………………………… 9. Escribe o título dos tres últimos libros que leras enteiros e que che gustaran moito : 1. ……………………………………………………………………………….. 2. ……………………………………………………………………………….. 3. ……………………………………………………………………………….. 10. Fas algunha vez resumos de textos? ……………………………. 11. Cústache comprender o que les? …………………………………. 12. Realizas actividades empregando Internet? ……………… 13. En que materias tés máis dificultades? ………………………. …………………………………………………………………………………. 14. Cómpranche os teus pais libros? ………………………………… 15. Lenche os teus pais en voz alta? …………………………………. 16. Len os teus pais con regularidade? ……………………………. 17. Que len? Libros ……… Revistas ……. Xornais …………. Nada………… 18. Está a lectura entre unha das túas aficións? ………………

Page 39: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

39

ANEXO 3

ITINERARIOS LECTORES

EDUCACIÓN INFANTIL: 3 ANOS: “Os tres osiños”, “Carapuchiña Vermella” e “A eiruga larpeira”. 4 ANOS: “Os tres porquiños”, “Garbanciño” e “Orellas de bolboreta”. 5 ANOS: “As sete cabritiñas e o lobo”, “A ratiña presumida”, “O coelliño branco” e “A cebra Camila”. PRIMEIRO CICLO PRIMARIA: “Contos de ratiños”, “Peter Pan”, “Micifú e os seus amigos”, “Gorgorín e Cabezón” e “La liebre y la tortuga”. SEGUNDO CICLO PRIMARIA: “Quen me quere adoptar?”, “Xan e Pericán”, “Fantasmas no comedor” e “O gaiteiro e o rato Pérez”. TERCEIRO CICLO PRIMARIA: “Nace un campión”, “A lagoa das nenas mudas”, “Escolma poética de Rosalía de Castro”, “Andanzas de Don Quijote y Sancho” e un libro a escoller cada ano do autor/a homenaxeado/a no Día das Letras Galegas.

Page 40: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

40

ANEXO 4

FICHA DE LECTURA: FICHA TÉCNICA

- Título: - Autor/a: - Editorial: - Ano de publicación: - Número de páxinas: - División en capítulos (con título se o teñen):

FICHA LITERARIA

- Narrador/a (3ª ou 1ª persoa): - Personaxes:

- Principais (quen son e pequena descrición): - Secundarios (algúns):

- Tempo: - Espazo (lugar ou lugares da acción): - Resume:

- Valoración persoal:

NOTA: A extensión máxima da ficha será de dous folios escritos por unha soa cara; a extensión mínima, será dun folio escrito por unha soa cara.

Page 41: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

41

ANEXO 5   

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO

GUÍA DE USO

SERVIZOS: Lectura e consulta

Préstamo individual e ás aulas. Acceso a Internet.

Visionado de vídeos e DVD...

BIBLIOTECA ESCOLAR: A Biblioteca Escolar é un espazo educativo que está ao servizo

dos procesos de ensino-aprendizaxe. É o centro de recursos do noso colexio: nela habemos

centralizar todo o material informativo. É a encargada de organizar, facilitar e difundir, entre o profesorado e o alumnado, todos os fondos existentes para un uso eficaz dos mesmos, tanto no tratamento da información como no fomento da lectura.

Non só é un lugar para atopar os recursos necesarios para a realización de traballos ou para o estudo, senón tamén para o entretemento, a imaxinación, para gozar de historias, visitar lugares e épocas...

USUARIOS/AS: É usuario todo o alumnado, o profesorado, os pais/nais e os ex-

alumnos/as do Centro. O único requisito para que os usuarios/as poidan darse de alta

na BE é estar en posesión do carné da Biblioteca. O alumnado obtén o carné directamente, dende o momento en

que pertence ao centro. Os pais, nais e ex-alumnos/as teñen que solicitalo á BE.

Os carnés do alumnado gárdanse na Biblioteca, ao finalizar o curso. O resto dos usuarios o manteñen na súa posesión.

Page 42: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

42

HORARIOS:

A BE está aberta todos os días, de luns a venres, durante o

horario lectivo: de 9 h. ás 14 h., para o alumnado e profesorado e

polas tardes (non sendo os martes), en horario extraescolar, de

16:00 a 17:00, para as familias e ex-alumnos/as.

Cada curso conta cunha hora semanal para acudir á Biblioteca, que está tamén aberta durante os recreos, atendida por profesorado responsable da mesma. Durante este horario realízanse os préstamos.

PRÉSTAMOS: Todos os usuarios da BE poden utilizar o servizo de préstamo,

utilizando o carné da Biblioteca. O número de fondos que cada usuario pode levar prestado é de

1 exemplar. Os fondos prestados poden ser libros de lectura, de divulgación

ou publicacións periódicas. Non se prestan os dicionarios, as enciclopedias, os libros de consulta, os de coleccións nin as “novidades recentísimas”.

A duración do préstamo é de 15 días, prorrogables outros 15 previa petición expresa.

As familias poderán, presentando o seu carné, retirar libros identificados co distintivo de adultos, nas mesmas condicións que o alumnado. CÓDIGO DE CORES PARA PRÉSTAMOS:

� Etiqueta azul: prelectores, de 3 a 6 anos. � Etiqueta vermella: 1º lectores, de 6 a 9 anos. � Etiq. verde: lectores autónomos, 9 a 12 anos. � Etiqueta amarela: lectores adultos (Familias).

NORMAS: - Estar en silencio ou falar baixiño, se é preciso. - Coidar os libros e o material, son de todos/as. - Non se pode comer na Biblioteca. - Deixar recollidos libros e cadeiras antes de saír

USO DOS ORDENADORES: Na Biblioteca hai tres ordenadores, un para a xestiónda mesma

e dous para uso dos usuarios/as, que poden ser usados para consultar enciclopedias, buscar información en internet, realizar traballos e visitar webs e xogos educativos.

Non se poden usar os ordenadores para chatear ou mandar mensaxes.

Lembrade que para usar estes servizos terá que estar presente sempre un profesor/a.

  

Page 43: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

43

ANEXO 6    BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP PORTO CABEIRO Queridas familias: Durante este curso poremos en práctica “A HORA DE LER”, un tempo diario específico de lectura que coidamos que influirá positivamente na formación do noso alumnado. Comezaremos a partir do luns 26 de outubro. A HORA DE LER consistirá en adicar quince minutos diarios á lectura. Neste tempo o alumnado e o profesorado estarán lendo en silencio, gozando da lectura. Os nenos/as poderán coller libros da Biblioteca de Aula ou do Centro, ou traer dos que teñan na casa. É polo que pedimos a vosa colaboración para que cada neno/a traia un libro de lectura dos que ten na casa, que levará de volta en xuño, ao remate do curso. A FAMILIA PROPICIADORA DA LECTURA - IDEAS PARA QUE OS FILLOS/AS SE ACHEGUEN AOS LIBROS: 1.- DAR EXEMPLO: O desexo de ler non se pode impor, conséguese por imitación… A mellor táctica é o exemplo. Pais e nais son modelos de conducta para os seus fillos/as. Se os nenos/as vos ven ler será máis doado que valoren a lectura como algo positivo. 2.- CREAR ESPAZOS PARA OS LIBROS: Ter libros na casa fai que os rapaces/as se afagan a eles e os consideren como un obxecto máis. Un estante con libros axeitados aos seus intereses e idade estaría ben no cuarto dos fillos/as. 3.- PEDIR CONSELLO: Os mestres/as, bibliotecarios/as, as librerías... serán bos colaboradores/as. 4.- EDUCAR NA RESPONSABILIDADE: As Bibliotecas son un excelente lugar gratuíto para o gozo. Eduquemos aos nosos fillos/as na responsabilidade de coidar os libros e respectar os prazos de devolucións. 5.- O LIBRO COMO ENTRETEMENTO E FORMA DE ACCEDER Á CULTURA: Un libro é como unha película, un vídeo ou un xogo: puro divertimento. É un modo máis de ocio, pero ademais é unha forma excepcional de achegarse ao saber. Aconsellarlles que gasten unha parte dos seus aforros en mercar libros. Tamén vós os podedes agasallar con libros no Nadal, en Reis, nos seus Aniversarios... 6.- COMPARTIR CON ELES AS LECTURAS: Participar nas súas lecturas, falar con eles/as do que leron, intercambiar opinións... 7.- DEDICARLLE UN TEMPO DIARIO: Só fan falta uns minutos para preguntar polo libro que están lendo e interesarse polo seu contido. A lectura compartida resulta gratificante.

Equipo da Biblioteca Escolar

Page 44: PROXECTO LECTOR CEIP PORTO-CABEIRO

44

ANEXO 7

MOCHILA VIAXEIRA 2.009/ 2.010

QUE É ISTO? É unha “mochila viaxeira” con diversos fondos documentais: libros, CD, DVD, xogos de ordenador... que pasará casa por casa e volverá á Escola.

PARA QUE? Para que as familias participedes no proceso lector dos vosos fillos e fillas, o que incidirá positivamente na súa formación. Invitámosvos a usar os materiais da mochila e a compartir un tempo de lectura cos vosos nenos/as.

COMO SE FAI? A titora dálle a cada alumno/a a mochila. Dentro hai unha carpeta con esta folla de instrucións e un “diario viaxeiro” no que anotará o nome do neno/a e as datas de entrega e devolución da mochila.

QUE TEN QUE FACER CADA FAMILIA? - Se o desexades, podedes escribir as opinións que vos suxiran os materiais que leva. - Podedes tamén facer suxestións e os nenos/as poden facer debuxos sobre as lecturas. - Podedes incorporar fotos da familia compartindo a actividade. - Comprobade que o contido da mochila está ben coidado e que non falta nada. - Devolvede puntualmente a mochila na data apuntada no diario.

Un saúdo do Equipo da Biblioteca. C.E.I.P. Porto Cabeiro