proxecto do plan director de banda larga de galicia (2010-2013)

16
Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013) Santiago de Compostela, Xaneiro 2010

Upload: amtega

Post on 30-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

O Plan Director de Banda Larga definirá a estratexia de despregue máis axeitada, a levar a cabo nos próximos catro anos, co obxecto de que a meirande parte dos cidadáns e empresas galegas dispoñan dun acceso de calidade á banda larga á conclusión do mesmo. Deste xeito, enmarcaranse as actuacións a levar a cabo nunha estratexia global de despregue e emprego de infraestruturas que permita unha verdadeira optimización dos recursos a través dun despregue ordenado e eficiente, do que ata o de agora Galicia carecía.

TRANSCRIPT

Page 1: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

Santiago de Compostela, Xaneiro 2010

Page 2: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 2

Actualmente, atopámonos inmersos nunha Sociedade da Información e o Coñecemento onde a dispoñibilidade de Tecnoloxías da Información e Com unicación posibilita o acceso áinformación e, por tanto, a mellora na calidade de vida dos cidadáns e a competitividadedas nosas empresas .

Neste senso, a existencia dunha axeitada infraestrutura tecnolóx ica é condición necesaria para garantir que a Sociedade da Información chegue a todos os cidadáns e empresas , poñendo ao seu alcance os beneficios e vantaxes inherentes da utilización das novas

tecnoloxías.

É por dito motivo que, dende a Xunta de Galicia o investimento en novas tecnoloxías – e, especificamente, en infraestruturas de telecomunicación – considérase un instrumento esencial para promover a igualdade e sustentabilidade dos ser vizos públicos, o equilibrio socioeconómico e territorial e a mellora da competi tividade dos sectores produtivos.

Contextosociedade da información

Page 3: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 3

Plan Director Banda Largadefinición

De feito, como unha das liñas do Plan de Medidas Urxentes da Xunta de Galicia en materia

da Sociedade da Información, estableceuse a elaboración do primeiro Plan Directo r de Banda Larga de Galicia (PDBL).

O PDBL definirá a estratexia de despregue máis axeit ada, a levar a cabo nos próximos catro anos, co obxecto de que a meirande parte dos cidadáns e empresas galegas dispoñan dun acceso de calidade á banda larga á concl usión do mesmo .

Deste xeito, enmarcaranse as actuacións a levar a cabo nunha estratexia global de despregue e emprego de infraestruturas que permita unha verdad eira optimización dos recursos a través dun despregue ordenado e eficiente, do que a ta o de agora Galicia carecía.

A presentación do PDBL realizarase a finais de xane iro do 2010 e contará cun investimento público para a execución do despregue de 102 M€ durante o período

2010-2013.

Page 4: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 4

Plan Director Banda Largainvestimento

Actuación Procedencia 2010-2013

Plan Director de Banda Ancha de Galicia 3

Xunta de Galicia 1 94M€

Medio Rural 2 8M€

TOTAL 102M€

1 1ª adenda ao convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a comunidade autónoma de Galicia para

o desenvolvemento de infraestruturas de telecomunicacións no eido do Plan Avanza Actuación nº1: "Despregue dunha rede de acceso a internet de banda ancha"

2 Procedentes do Programa de desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, cofinanciado polo FEADER, polo ‘Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño’ e pola Xunta de Galicia. Supeditado a ampliacións priorizando estas no Programa de desenvolvemento Rural.

3 Complementando con investimentos previstos doutros organismos (Deputacións, Concellos, …)

O investimento público previsto para a execución do despregue ascenderá a 102 M€durante o período 2010-2013, investimento que se distribuirá do seguinte xeito:

Page 5: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 5

Plan Director Banda Largaobxectivos estratéxicos

� Proporcionar a capacidade de acceder á banda larga a todos os galegos, cunha calidade de servizo e custe axeitados, asegurando así a vertebración do noso territorio como elemento de in clusión social e de loita contra a fenda dixital.

� Contribuír á modernización dos servizos públicos esenciais , empregando toda a potencialidade que ofrecen as novas tecnoloxías.

� Asegurar un despregue baseado na eficiencia e na co operación , derivados da visión global das infraestruturas existentes e da coordinación de todos os axentes implicados co fin de aunar os orzamentos de fondos públicos cos esforzos inversor es de capital privado .

� Extraer o máximo aproveitamento das posibilidades d as novas tecnoloxías como dinamizadoras económicas e xeradoras de competitivi dade e innovación nos diferentes sectores produtivos chaves para Galicia.

O Plan Director de Banda Larga de Galicia é un instrumento esencial e necesario para a

definición das políticas de infraestruturas de telecomunicación de Galicia que permitirá, entre outros:

Page 6: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 6

Pública Residencial Empresarial

Públicas Operadores

Priorización de zonas de cobertura

demanda potencial

infraestruturas

Análise demanda vs. infraestrutura

plan de despregamento

Análise de factores de contorno

medidas de acompañamento

Plan Director de Telecomunicacións

F1 - Recopilación

F2 - Análise

F4 – Factores de contorno

F3 - Priorización

F1

F2

F4

F3

Plan Director Banda Largaesquema de elaboración

Para a elaboración do Plan Director de Banda Larga de Galicia seguíronse as fases do seguinte esquema:

Detalle de elementos de infraestructura de telecomunicacións existentes en Galicia.

Detalle de todos os elementos de demanda existentes en Galicia.

Análise de factores de contorno que poden condicionar as políticas de telecomunicacións da Xunta de Galicia.

Elaboración e aplicación de algoritmos que permitan determinar as prioridades de cobertura.

Análise comparativa de demanda vs. oferta de infraestrutura.

Page 7: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 7

Elaboración do Plan Director BLrecopilación da información

� Co obxecto de dar un carácter totalmente transversal ao Plan Director de Banda Larga, na súa elaboración considerouse toda a tipoloxía e conxunto de elementos de demanda de banda larga existentes en Galicia, segundo unha tripla óptica: sector residencial, empresarial e público.

Para levar a cabo a estimación dos posibles puntos de demanda de band a larga (usuarios residenciais, empresas, puntos de especial interese dos servizos públicos: xulgados, farmacias, centros educativos, centros de saúde, xestores administrati vos, …) contouse coa colaboración de todas as Consellerías da Xunta de Galicia, dos concellos gal egos, deputacións provinciais e organismos ou entidades públicas de ámbito local ou provincial .

� Do mesmo xeito para conseguir coordinación e eficiencia no futuro despr egamento de infraestruturas de banda ancha contempláronse todas as infraestruturas de telecomunicacións (fibra activa, fibra escura, antenas, equipos transmisores,…), existentes en Galicia, xa fosen de carácter público ou privado.

Neste senso, contouse coa colaboración das operadoras de rede pr esentes en Galicia , dando como resultado o mapa de zonas de dispoñibilidade de banda larga e o nivel de conectividade de cada núcleo .

F1F2

F4

F3

Page 8: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 8

Elaboración do Plan Director BLanálise da información F1

F2F4

F3

Unha vez recopilada a información precisa, se levou a cabo a análise de oferta, demanda e demanda estimada non satisfeita do servizo de banda larga en Galicia no ano 2009 - sendo a primeira ocasión na cal se levaba a cabo unha aná lise deste tipo na nosa comunidade -co obxecto de coñecer a realidade da situación actual na que nos atopamos neste ámbito.

Definiuse, por tanto, a demanda estimada non satisf eita coma o cruce da dispoñibilidade do servizo coa estimación da demanda. Considerando a demanda estimada non satisfeita ao total da demanda daqueles núcleos nos cales non existe oferta de servizo de banda larga.

A continuación, amósanse as conclusión máis destacables da análise realizada para o sector

residencial e dos servizos públicos e empresariais.

Page 9: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 9

Como pode observarse, os resultados obtidos (informe recogido en http://imit.xunta.es) dan boa conta da necesidade de elaborar un plan de traballo que mellore a situación.

� 17.211 núcleos nos que residen 564.262 habitantes n on teñen posibilidade de acceso á banda larga.

� Dentro dos núcleos con acceso á banda larga estímase que 221.990 habitantes non poden acceder ao servizo por diferentes motivos (calvas de cobert ura).

Distribución da dispoñibilidade de banda larga

Os puntos vermellos representan núcleos de poboación sen posibilidade de acceso á banda larga .

Pola súa banda, os puntos azuis representan núcleos nos cales si existe a posibilidade do acceso á banda larga.

Porcentaxe estimada de demanda non satisfeita

por concellos

sect

or r

esid

enci

al

Os Concellos en

laranxa e vermello

son aqueles que

presentan unha

maior demanda

estimada

insatisfeita.

Elaboración do Plan Director BLconclusións máis destacables da análise F1

F2F4

F3

Page 10: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 10

sect

or e

mpr

esar

ial

sect

or p

úblic

o

� A demanda empresarial non cuberta estímase nun 16,9 0% da demanda empresarial total , segundo os datos dispoñibles.

� Existen cuantiosos centros dependentes da administr ación situados en zonas sen servizo de banda larga.

� Dos máis de 450 centros sanitarios existentes en Galicia, actualmente calcúlase que en torno a 120 conta cun acceso insuficiente a banda larga, e 20 non contan con posibilidade de BL. Isto supón aproximadamente un 25% dos centros sanitarios sen dispoñibilidade de a cceso axeitado .

� No caso dos centros educativos , no total de máis de 1200 centros pertencentes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, existen actualmente cando menos 300 nos cales non existe dispoñibilidade de banda larga ou ben esta é deficie nte.

� Polo que respecta aos servizos municipais, un 53% das casas consistoriais galegas carecen dun acceso a Internet da capacidade axeitada para a súa xestión administrativa e o despregue da e-administración local.

� No caso das explotacións gandeiras, un 64% das mesmas atópanse ubicadas en zonas onde non existe posibilidade de conexión de banda larga .

� No eido do turismo rural as carencias na conectividade afectan ao 51% das casas de turismo rural .

Elaboración do PDBLconclusións máis destacables da análise F1

F2F4

F3

Page 11: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 11

Aspectos normativos aplicables.

Tendencias tecnolóxicas actuais

Impacto medioambiental

Incentivos para a demanda

Compartición de infraestruturas

Na elaboración do PDBL tamén se están a ter en conta unha serie de factores de contorno que poden condicionar as políticas de telecomunicacións da Xu nta de Galicia en xeral, e en particular do despregamento de infraestruturas. Esta análise permite definir as medidas de acompañamento ao propio plan de despregue que son necesarias para favorecer o mesmo. Así, contémplanse entre outros:

F1F2

F4

F3

Elaboración do Plan Director BLfactores de contorno

Page 12: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 12

Medidas encamiñadas a minimizar o impacto medioambi ental

Impleméntanse medidas que favorecen a integración , co obxectivo de minimizar o impacto ambiental (compartición, mimetización, reutilización,…).

Medidas encamiñadas á compartición de infraestruturas

Defínense medidas para a compartición de infraestruturas , xa que facilitarán o despregamento ademais de minimizar tempos e custos derivados do mesmo.

Tendencias tecnolóxicas actuais

As tecnoloxías actuais están evolucionando de cara a m odelos que permiten maior largo de banda e por tanto maior calidade de servizo . Impleméntanse medidas que teñen en conta as tendencias de evolución nas mesmas xa que poden ser as solucións do futuro despregue en Galicia.

F1F2

F4

F3

Elaboración do Plan Director BLfactores de contorno: exemplos

Page 13: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 13

F1F2

F4

F3

Incentivos para a demanda

A infraestrutura non serve de nada se non existe de manda de servizos . Por este motivo, defínense actuacións que equilibran o despregamento e a demanda.

Accións sobre a normativa aplicable

A normativa ten un impacto decisivo no ritmo de despregamento de novas redes de telecomunicacións, no nivel de desenvolvemento de novos servizos, e, consecuentemente, no acceso dos cidadáns a eses novos servizos de telecomunicacións. Por estes motivos, avaliouse o establecemento de actuacións neste ámbito que favorecen o despregamento .

Elaboración do Plan Director BLfactores de contorno: exemplos

Page 14: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 14

A SXMIT, consciente da importancia de optimizar recursos , está a tomar medidas para a coordinación cos concellos e administracións de carácter supramunicipal co obxecto de non duplicar esforzos por parte das diferentes administ racións .

Outras actuacións da SXMITcoordinación co resto de administracións públicas (1/2)

� Recentemente a SXMIT puxo en marcha a ‘Oficina eConcellos’ que servirá como ferramenta de apoio e asesoramento aos concellos ga legos no eido das iniciativas que desenvolvan no ámbito local en mate ria das tecnoloxías da información e comunicación e, concretamente, no ámbito das solucións para a extensión de banda larga, velará para que por parte das entidades locais non s e solapen actuacións coas levadas a cabo por parte da SXMIT.

� Adicionalmente, a SXMIT publicou unha serie de recomendacións para a definición de proxectos a solicitar en materia de infraestrutu ras de innovación e desenvolvemento tecnolóxico no marco do FEESL 2010 . E por outra banda, a Oficina e Concellos publicou unha guía de boas prácticas na implantación dunha rede municipal sen fíos , para que, no caso de que un concello desexe levar a cabo este tipo de proxecto, estes poidan desenvolverse con éxito concluíndo coa posta en marcha de servizos de calidade, ben acollidos polos seus habitantes.

Page 15: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)

| 15

� Ademais, o propio PDBL tamén definirá actuacións a desenvolve r co obxecto de fomentar a coordinación cos diferentes grupos in volucrados no despregue da banda larga, como é o caso dos concellos e admini stracións de carácter supramunicipal.

� Con todo, dende a SXMIT empregaranse mecanismos para informar ás entidades locais e deputacións provinciais das actu acións que se levarán a cabo como resultado do Plan Director de Banda Larga e, do mesmo xeito, para recabar información das actuacións levadas a cabo po r estas que complementen as actuacións do plan.

Neste senso, a SXMIT asinou convenios coas deputacións provincia is para coordinar as actuacións que se leven a cabo neste á mbito , para o que xa se mantiveron as primeiras reunións e se está a proceder ao intercambio de información por parte das mesmas.

Outras actuacións da SXMITcoordinación co resto de administracións públicas (2/2)

Page 16: Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)