proposta de actividades para o dÍa 16 de abril do 2020 · 2021. 3. 1. · pois como xa temos unhas...

4
Cra Coristanco-Santa Comba PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020 HORARIO ACTIVIDADE 09:00 Aséome e preparo o meu almorzo 10:00 Lecto escritura: ALIKE (Igualiños) 11:00 Aséome e preparo o miña merenda 12:00 Xogo libre/xogo só 13:00 Música: Varias propostas 14:00 Aséome e axudo a preparar a comida e poñer a mesa AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS

Upload: others

Post on 01-Apr-2021

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 1. · Pois como xa temos unhas maracas e unha guitarra, que tal se esta semana construimos un tambor? Ata a semana

Cra Coristanco-Santa Comba

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020

HORARIO ACTIVIDADE

09:00 Aséome e preparo o meu almorzo

10:00 Lecto – escritura:

ALIKE (Igualiños)

11:00 Aséome e preparo o miña merenda

12:00 Xogo libre/xogo só

13:00 Música:

Varias propostas

14:00 Aséome e axudo a preparar a comida e poñer a

mesa

AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS

Page 2: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 1. · Pois como xa temos unhas maracas e unha guitarra, que tal se esta semana construimos un tambor? Ata a semana

CRA de Coristanco – Santa Comba

CURTAMETRAXE “ALIKE”

https://www.youtube.com/watch?time_continue=15&v=kQjtK32mGJQ&feature=emb_title

Hoxe traemos esta curta premiada co Goya á mellor curta de animación na pasada edición,

espero que vos guste, e sobre todo que nos faga reflexionar sobre a situación de confinamento

que estamos a vivir e que nos dea forzas para continuar o curso cheo de COR, SOÑOS E

PROXECTOS PROPIOS.

Nunha vida estreada, Copi, é un pai que intenta ensinar o camiño correcto ao seu fillo Paste.

Pero... Que é o correcto? Deixa de xogar e ponte a traballar! Ésta é a típica frase que

adoitamos dicirlles aos nenos e nenas, non só na casa, senón tamén na escola. Esta curta,

déixanos unha mensaxe, non deixes atrás o nen@ creativ@ que levamos dentro.

Fai a proba, pregunta ao teu nen@, dá igual a idade, que pensan do que ven. Diranos moito de

como entenden o mundo.

Que facemos para non matar a creatividade?

A música, a pintura, o xogo, a danza, a escritura, as manualidades, o teatro… Hoxe traemos

unha proposta centrada na ESCRITURA, na PINTURA e na MÚSICA:

1. Despois de ver a curta preguntámoslles de que cores son os protagonistas?

Por que teñen esa cor? Logo pedirémoslles que DEBUXEN aos membros da

súa familia. De que cor os pintamos hoxe?

2. En que lugar os pintamos? Imos PINTAR o lugar no que máis vos gusta estar

coa vosa familia. O lugar favorito de Paste era á árbore vermella onde soaba

todos os días o violín.

Page 3: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 1. · Pois como xa temos unhas maracas e unha guitarra, que tal se esta semana construimos un tambor? Ata a semana

CRA de Coristanco – Santa Comba

3. Imos practicar a escrita como fai o protagonista ESCRIBINDO os nomes da

nosa familia pero como ti queiras! Simplemente sé distint@! (Maiúsculas,

minúsculas, con puntos, raias, curvas distintas cores, formas, cara arriba, cara

abaixo, formando un debuxo con elas, con forma de animais, …)

“Un adulto creativo é un nen@ que sobreviviu”. Ursula K. Le Guin

Page 4: PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 1. · Pois como xa temos unhas maracas e unha guitarra, que tal se esta semana construimos un tambor? Ata a semana

CRA de Coristanco – Santa Comba

Actividades de música para o 16 de abril do 2020

Ola, amigos! Volvemos ao ataque com novas propostas de actividades. Escoita esta canción que fala sobre os traballos que e fan no campo durante todo o ano. Lembras o nome dos meses do ano? Coñeces todas as palabras que aparecen? Seguro que nom. A ver se averiguas o significado dalgunha delas.

https://www.youtube.com/watch?v=JG2XEBuuId8 Mira que música máis tola a desta curta. O instrumento principal é un violín. A que família de instrumentos pensas que pertence? Corda, vento ou percusión?

https://www.youtube.com/watch?v=badHUNl2HXU Que che parece se aproveitamos estes días para... Aprender a atar os cordóns dos zapatos! Así será moito mais fácil bailar!

https://youtu.be/d-rS8zMqLRE Pois como xa temos unhas maracas e unha guitarra, que tal se esta semana construimos un tambor?

https://www.youtube.com/watch?v=RR7JupIJxKg&t=190s Ata a semana que vén!