proposta de actividades · 2020. 10. 3. · proposta de actividades lÓxico-matemÁtica “tapÓns...

14
C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected] PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES... AXÚDASNOS A POÑER UN POUCO DE ORDE?” MATERIAIS: o Tapóns o Cartóns o Tesoiras PROCEDEMENTO: Imos crear formas xeométricas con cartóns. Despois cada un pode decorar ao seu gusto: colorear, puntear co rotulador, pintar con témperas... o que se vos ocorra! Que vos parece se xa que temos as formas xeométricas aproveitamos para xogar e á vez traballar algún concepto? Algún exemplo podería ser... Dentro-fóra: colocamos os tapóns de cor gris dentro do círculo e os verdes fóra. Poucos-moitos: resulta que no cadrado queremos ter moitos tapóns e no triángulo poucos... Serás quen de conseguilo? Grande-pequeno: temos que colocar na forma pequena un tapón amarelo. Sabes cal é a forma máis pequena? Como se chama? Ves pola casa algo que teña esa forma? Agora na forma grande imos colocar moitos tapóns de cor branco. Cantos!! Fixéchelo súper ben! Encima de-debaixo de: concéntrate ben porque vas ter que poñer un tapón de cor verde encima do círculo e un branco debaixo. TALLER

Upload: others

Post on 14-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

LÓXICO-MATEMÁTICA

“TAPÓNS POR TODAS PARTES... AXÚDASNOS A POÑER UN POUCO

DE ORDE?”

MATERIAIS:

o Tapóns

o Cartóns

o Tesoiras

PROCEDEMENTO:

Imos crear formas xeométricas con cartóns. Despois cada un pode decorar ao seu gusto: colorear, puntear co

rotulador, pintar con témperas... o que se vos ocorra!

Que vos parece se xa que temos as formas xeométricas aproveitamos para xogar e á vez traballar algún

concepto? Algún exemplo podería ser...

▪ Dentro-fóra: colocamos os tapóns de cor gris dentro do

círculo e os verdes fóra.

▪ Poucos-moitos: resulta que no cadrado queremos ter moitos

tapóns e no triángulo poucos... Serás quen de conseguilo?

▪ Grande-pequeno: temos que colocar na forma pequena un

tapón amarelo.

Sabes cal é a forma máis pequena? Como se chama? Ves pola casa algo que teña esa forma?

Agora na forma grande imos colocar moitos tapóns de cor branco. Cantos!! Fixéchelo súper ben!

▪ Encima de-debaixo de: concéntrate ben porque vas ter que poñer un tapón de cor verde encima do

círculo e un branco debaixo.

TALLER

Page 2: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

▪ Cheo-baleiro: queremos ver o cadrado cheo de tapóns e o triángulo baleiro. Conseguiralo ti só/soa?

▪ Todos-ningún: todos os tapóns verdes teñen que estar no triángulo e no círculo non pode haber

ningún...

▪ Lonxe-cerca: conseguiremos colocar un tapón de cor branco cerca do cadrado e un amarelo lonxe?

▪ Máis que-menos que: isto é un pouco difícil... queremos ver no círculo máis tapóns que no cadrado.

Moi ben!! Agora sí que está todo un pouco máis ordenado! Grazas pola axuda!

Page 3: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

“BARCO PIRATA”

INGREDIENTES:

- 1 SOBRE DE XELATINA NEUTRA.

- COLORANTE ALIMENTARIO AZUL.

- 250 ML DE AUGA.

- 250 ML DE ZUME DE MAZÁ.

- ANACOS DE LARANXA.

- BANDEIRAS PIRATA.

- ESCARVADENTES.

- VASOS TRANSPARENTES PEQUENOS.

ELABORACIÓN:

1. BOTAMOS O SOBRE DE XELATINA NEUTRO NOS 250 ML DE AUGA FERVENDO E

REMEXEMOS POUCO A POUCO ATA QUE VAIA QUEDANDO HOMOXÉNEA.

2. ENGADIMOS UNHAS GOTIÑAS DE COLORANTE ALIMENTARIO AZUL E SEGUIMOS

REMEXENDO.

3. REMATAMOS BOTANDO 250 ML DE ZUME DE MAZÁ (SERVE CALQUERA ZUME QUE

TEÑA UNHA COR CLARA) E SEGUIMOS REMEXENDO.

4. UNHA VEZ LISTO, SERVIMOS NOS VASOS TRANSPARENTES E DEIXAMOS ENFRIAR.

5. ELABORAMOS UNHA BANDEIRA PIRATA, DEBUXANDO, COLOREANDO E RECORTANDO.

6. PEGÁMOSLLE UN ESCARVADENTES COMO NA IMAXE.

7. CORTAMOS UNHA LARANXA EN ANACOS.

8. MONTAMOS O BARCO E A DESFRUTAR PIRATA!!

COCIÑA

Page 4: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

EXPERIMENTO: “Como facer unha torre de densidade”

OBXECTIVO: que os nenos/as observen as distintas densidades dos líquidos e experimenten con

elas.

Para construír esta torre necesitarás un bo pulso e a axuda de un adulto. Debes facelo con moito

coidado para que as capas queden ben separadas. Despois de engadir cada líquido limpa ben a

perilla ou culler antes de facer a seguinte capa.

MATERIAIS: • Auga con colorante alimentario

• Leite

• Mel líquida

• Aceite Vexetal

• Deterxente Líquido

• Un vaso alto e recto

• Pelota ping-pong

• Tomate cherry

• Tornillo

CIENCIA

Page 5: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

• Perilla ou palliña ancha para usar a modo de perilla. Tamén se poden verter os líquidos

pouco a pouco usando o reverso dunha culler.

PROCEDEMENTO: 3

Vamos construir!!

Page 6: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

VAMOS CONSTRUIR!!!

Page 7: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ARTE ARTE

ESTA SEMANA ÍMONOS CONVERTIR EN “ESCULTORES” DA MAN DO ARTISTA JOAN MIRÓ.

ESTE ARTISTA NACEU EN BARCELONA. CANDO COMEZOU A IR Á ESCOLA DESCUBRIU QUE

LLE GUSTABA MOITO PINTAR. OS SEUS PAPÁS APUNTÁRONO A CLASES DE DEBUXO.

CANDO SE FIXO MAIOR DECIDIU ADICARSE Á PINTURA E APUNTOUSE NA ESCOLA DE ARTE.

VIAXOU A PARÍS, ONDE COÑECEU A PABLO PICASSO E FIXÉRONSE MOI, MOI AMIGOS E

CONVERTEUSE NUN PINTOR SURREALISTA.

DESDE ENTONCES, ADICOUSE Á PINTURA, ESCULTURA E CERÁMICA. PARA REALIZAR AS

SÚAS OBRAS, UTILIZABA O PINCEL, OS DEDOS E AS MANS.

AS SÚAS CORES FAVORITAS ERAN…

ESTAS SON ALGUNHAS DAS SÚAS ESCULTURAS.

CAL VOS GUSTA MAIS?

A ACTIVIDADE DESTA SEMANA CONSISTE EN

ESCOLLER A ESCULTURA QUE MAIS

VOS GUSTE E REPRODUCILA.

PODEDES UTILIZAR MATERIAL DE

REFUGALLO QUE TEÑADES POR CASA,

PLASTILINA, ARCILLA, FIMO, PASTA DE PAPEL,

PASTA DE SAL…..O QUE PREFIRADES.

DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN!!!!!!

LA MUJER Y EL PÁJARO

LA CARICIA DE UN

PÁJARO

MUCHACHA

EVADIÉNDOSE MUJER Y PÁJARO

PERSONAJE SU MAJESTAD

Page 8: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

COMO PREPARARNOS ANTES DE CADA SESIÓN

1. Necesitamos roupa cómoda que nos permita movernos correctamente (chándal, mallas,

pantalón curto, camiseta, …).

2. Buscamos na casa un lugar axeitado para realizar os distintos exercicios, lembra que ten

que ser cómodo e espazoso.

3. Poñemos música relaxante, que nos guste e nos permita concentrarnos.

4. Podemos prender algunha candea aromática ou incenso, pero sempre coa supervisión dun

adulto.

5. Colocamos unha esterilla ou alfombra, senón temos non pasa nada, facémolo sen ela.

6. Temos que utilizar calcetíns ou calzado que eviten escorregar no chan.

7. Antes de comezar o exercicio, temos que quentar as articulacións para non lesionarnos,

polo que movemos lentamente e de forma circular os nocellos, xeonllos, cóbados, bonecas,

brazos, cadeira e pescozo durante uns minutos.

O EXERCICIO DA SEMANA

8. Antes de realizar o exercicio, hai que adiviñalo: “O sol”.

Saio pola mañá,

Agóchome na noite.

Redondo, con luz e

calor,

Encho o día de

alegría.

Quen son?.

9. Podemos ver como se fai neste vídeo tan ilustrativo:

https://www.youtube.com/watch?v=iKfYvENTi40

10. Procedemos a facer a postura do “Saúdo ao sol”. Esta postura é algo máis complexa que

as anteriores, porque é a secuencia dinámica de 12 posturas, realizadas como un só

exercicio continuo no que se sincroniza o movemento coa respiración. Estas posturas

mencionadas son as traballadas nas sesións anteriores (Montaña, Can boca abaixo e

Cobra) e están unidas entre si. O principal beneficio do “Saúdo ao sol” é que axuda a

mellorar a coordinación, relaxarse e centrar a mente. Ademais, é especialmente

saudable para manter flexible a columna vertebral e as costas, así como para

estimular os diferentes órganos internos.

11. Utilizaremos esta postura para dar comezo a tódalas nosas sesións de Ioga, xa que nos vai

permitir cargar o corpo de enerxía. Repetirémola cantas veces queiramos, pero sempre

descansando en intervalos de 30 segundos mentres escoitamos a música relaxante.

IOGA

Page 9: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

DÍA DA FAMILIA: 15 DE MAIO

DIA DA RECICLAXE: 17 DE MAIO

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: DO 11 AO 15 DE MAIO

Esta semana, contamos con tres conmemoracións importantes: o día da familia, o día da reciclaxe e por

suposto, a Semana das Letras Galegas. Debido a iso, formulamos por unha banda as propostas para traballar

conxuntamente o día da familia e o día da reciclaxe, e por outra banda, a Semana das Letras Galegas.

DÍA DA FAMILIA E DÍA DA RECICLAXE

O Día da Familia (15 de maio de 2020) e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

conmemorativas que podemos celebrar conxuntamente, e rememorar deste xeito un pouco, o proxecto anual

de centro que versa sobre isto.

Para abordar ámbalas dúas temáticas, preséntanse dúas posibles actividades que podedes levar a cabo cos

cativos e cativas, pero previo a abordar ambas, cómpre que dialoguedes un pouco cos nenos acerca das

seguintes temáticas:

PREGUNTAS PARA INTRODUCIR AS TEMÁTICAS

FAMILIA RECICLAXE

• Que é a familia?

• Que persoas forman a túa familia?

• Son importantes para ti esas persoas? Por

que?

• Como son esas persoas?

• Como te sentes cando estás coa túa familia?

• É importante reciclar? Por que?

• Como podemos reciclar?

• Que cousas das que temos na casa nos serven

para crear outras novas?

• Para a natureza, é importante que todos

reciclemos? Por que?

Unha vez introducimos as dúas temáticas, podemos pasar a desenvolver calquera das dúas propostas que se

amosan a continuación:

CONMEMORACIÓN

Page 10: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

PROPOSTA 1

ADORNO DECORATIVO PARA A ENTRADA DA CASA

Esta actividade consiste en confeccionar un adorno

para a casa, que pode ser colocado na entrada, e onde

apareza reflexada a vosa familia.

Na súa elaboración, debedes empregar materiais

reciclados: cartóns, anacos de cartolina, cordas,

plastelina, témperas, pinturas, etc. Todo o que se vos

ocorra!

Animámosvos a que nos enviedes o resultado final!

PROPOSTA 2

ÁRBORE XENEALÓXICA

Esta é unha actividade que consiste en confeccionar

unha árbore xenealóxica, é dicir, unha árbore na que

se recolla unha representación dos ascendentes e dos

descendentes da vosa familia: avós e avoas, nai e pai,

fillos e fillas, tíos e tías, curmáns, etc.

De igual xeito que a proposta anterior, o importante

é que empreguedes materiais reciclados e que

teñades pola casa. Logo, podedes poñer as

fotografías dos vosos familias, poñer o seu nome, ou

mesmo deixar que sexan os propios nenos e nenas os

que os debuxen. Tamén vos animamos a que nos

enviedes o resultado!

Page 11: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

DO 11 AO 15 DE MAIO

Se hai algo que caracteriza a Galicia, é a súa Semana das Letras Galegas, que este ano está dedicada a Ricardo

Carvalho Calero.

IMOS A CONTARVOS UN POUQUIÑO DA SÚA VIDA...

Ricardo Carvalho Calero foi un gran escritor galego. Naceu na

cidade coruñesa de Ferrol e era o maior de seis irmáns. Seus pais

eran M.ª Dolores e Gabriel Ricardo.

De pequeno estudou en dúas escolas da súa cidade e de maior

marchou a estudar a Santiago de Compostela. Durante esta etapa da

súa vida Ricardo comeza a escribir, sobre todo poesía e teatro.

Defendeu o idioma galego, escribiu moitos libros no noso idioma e

traballou en moitas revistas galegas. Nunha época da súa vida,

traballou como mestre nun colexio de Lugo.

En outubro de 1933 casa con María Ignacia Ramos, antiga

compañeira de estudos da universidade. Na súa honra Ricardo

pasará a usar o pseudónimo de «Fernando Cadaval», en referencia

ao lugar de nacemento da

súa muller, O Cádavo, no concello lugués de Baleira.

Este ano 2020 a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras,

polo seu traballo en defensa do idioma galego e da nosa cultura.

Un dos seus libros máis famosos para os nenos e nenas é As pitas

baixo a choiva. Neste libro Ric ardo conta unha cousa que lle pasou

de pequeno cando quería recoller as galiñas que se mollaban coa

choiva e acabaron todos mollados como pitos: as galiñas, el e toda a

súa familia.

Page 12: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ACTIVIDADE 1. Intentade responder ao rosco de “Pasapalabra” con preguntas sobre a vida de

Ricardo Carvalho Calero. A continuación da actividade tedes as respostas.

• Comeza coa letra A: Título do libro escrito para nenos/as.

• Comeza coa letra B. Onde estaban as pitas?

• Comeza coa letra C: segundo apelido de Ricardo.

• Comeza coa letra D: En cantas escolas estudou de pequeno?

• Comeza coa letra E: cal era a súa profesión?

• Comeza coa letra F: Onde naceu este escritor?

• Comeza coa letra G: Que idioma defendía Calero?

• Contén a H: Primeiro apelido de Ricardo.

• Comeza pola I: Ricardo Carvalho Calero ten outros 5....

• Comeza pola L: Cidade na que traballou de profesor:

• Comeza pola M: Ricardo ademais de escritor era...

• Contén a N: Cidade a que foi estudar de maior.

• Contén a O: as gotiñas que caen do ceo cando está nubrado, é o que coñecemos como...

• Comeza pola letra P: que animal aparece no libro de Calero?

• Comeza pola R. Cal é o nome do escritor que estamos a traballar?

• Comeza pola S: cantos irmáns eran en total xunto con Ricardo?

• Comeza pola T: Cando Ricardo comezou os seus estudos en Santiago de Compostela, tamén comezou a escribir

poesía e...

• Contén a letra U: provincia á que pertence Ferrol.

• Contén a letra V: lugar onde naceu a muller de Ricardo.

• Contén a letra X: lugar ao que imos aprender cousas novas, reunirnos co mestre, cos compañeiros/as.

• Contén a letra Z: pasar a realizar algo que se expresa.

Page 13: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

RESPOSTAS:

• Comeza coa letra A: Título do libro escrito para nenos/as. As pitas baixo a choiva

• Comeza coa letra B. Onde estaban as pitas? Baixo a choiva

• Comeza coa letra C: segundo apelido de Ricardo. Calero

• Comeza coa letra D: En cantas escolas estudou de pequeno? Dúas

• Comeza coa letra E: cal era a súa profesión? Escritor

• Comeza coa letra F: Onde naceu este escritor? Ferrol

• Comeza coa letra G: Que idioma defendía Calero? Galego

• Contén a H: Primeiro apelido de Ricardo. Carvalho

• Comeza pola I: Ricardo Carvalho Calero ten outros 5.... Irmáns

• Comeza pola L: Cidade na que traballou de profesor: Lugo

• Comeza pola M: Ricardo ademais de escritor era...mestre

• Contén a N: Cidade a que foi estudar de maior. Santiago

• Contén a O: as gotiñas que caen do ceo cando está nubrado, é o que coñecemos como... Choiva

• Comeza pola letra P: que animal aparece no libro de Calero? Pitas

• Comeza pola R. Cal é o nome do escritor que estamos a traballar? Ricardo

• Comeza pola S: cantos irmáns eran en total xunto con Ricardo? Seis

• Comeza pola T: Cando Ricardo comezou os seus estudos en Santiago de Compostela, tamén comezou a escribir

poesía e...Teatro

• Contén a letra U: provincia á que pertence Ferrol. Coruña

• Contén a letra V: lugar onde naceu a muller de Ricardo. Cádavo

• Contén a letra X: lugar ao que imos aprender cousas novas, reunirnos co mestre, cos compañeiros/as. Colexio

• Contén a letra Z: pasar a realizar algo que se expresa. Comezar

ACTIVIDADE 2. Repasa o nome do escritor e debúxao.

Page 14: PROPOSTA DE ACTIVIDADES · 2020. 10. 3. · PROPOSTA DE ACTIVIDADES LÓXICO-MATEMÁTICA “TAPÓNS POR TODAS PARTES ... e o Día da Reciclaxe (17 de maio de 2020) son dúas actividades

C.E.I.P. PLURILINGÜE “SAN VICENZO” Rúa do Candil 19. VIMIANZO 15129 A CORUÑA

Telf – Fax 881866532 Correo electrónico: [email protected]

ACTIVIDADE 3. Colorea os debuxos das súas palabras que máis che gusten do noso idioma.

ACTIVIDADE 4. Animádesvos a descubrir O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero? Se é

así, pinchade no seguinte enlace e descubride un entretido xogo de “escape room”.

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-

2020?fbclid=IwAR3Dt84FalOZv-jz_lrAic2K_QOFIZ9d8vDt8J5EcK1eEbNG42aDEfhqrZE